viernes, 14 de septiembre de 2012

MANUEL CORDERO PÉREZ




Xosé María Gómez Vilabella
  
Unha débeda histórica

Nesta ocasión, aínda que as miñas columnas leven, e conserven, habitualmente, un chisco de humor, pido que se me tome en serio, que nunca máis o estiven, nin estarei:

Abro unha subscrición, cun euro, como aporte simbólico,
inicial,
para erixir unha placa, ou un monumento,
en Castroverde,
ao noso insigne paisano


MANUEL CORDERO PÉREZ






Igrexa de Riomol


Fágoo non só en honor do homenaxeado, senón, e tamén, da muller galega, obxecto directo daquela intervención súa, tan oportuna, tan positiva como xusta e precisa, que non me cansarei de evocar, de repetir:

“Hay una tierra -¡que bella es!-, Galicia, en donde la mujer rinde a la familia y a la sociedad más esfuerzo que el hombre. Éste, sugestionado por la leyenda del bienestar de América, unas veces, impulsado por la necesidad siempre, vino emigrando, dejando a la mujer al frente de la hacienda y de la familia. Y cumplía su cometido con tal heroísmo, que bien merece nuestra admiración...”

Estas verbas, emocionadas e emocionantes, de Manuel Cordero Pérez, sendo Deputado Xefe da Minoría Socialista, con ocasión da súa defensa do voto feminino nas Cortes Constituíntes da Segunda República, -que foron o complemento decisivo da proposta que fixo a santanderina Clara Campoamor Rodríguez, saltándose a disciplina de voto do PSOE-, foron recollidas por Alberto Vilanova Rodríguez na súa biografía do noso paisano, –nado en Castroverde no 1883-, e atópanse no tomo 11 da Gran Enciclopedia Galega. ¡Convenceu, e aprobouse, na sesión do día 1º de outubro do ano 1931!

Hoxe, agora que se celebra o Día da Muller, a reflexión máis íntima ten que levarnos, débenos levar, a min polo menos, ás débedas contraídas coa muller en xeral, pero dun xeito máis persoal e directo ás da miña/nosa bisbarra, das que..., ¡das que sempre tiven complexo, polo listas e polo traballadoras que son, que sempre o foron!

¡Que razón tiña Manuel Cordero Pérez, e iso que non viviu a nosa Guerra no seu berce, no seu Castroverde, que lle cadrou estar do outro lado!

Cos homes chamados a filas, como en tempos de Cordero o foran á emigración, casadas e solteiras agarráronse ao temón...; ¡non do barco, senón do arado, que é máis duro, máis forte, menos manexable! E sen deixar de leva-los ovos, os queixos e maila manteiga, á feira, coa outra man tiraban da corda do xato, e/ou da vaca, da niñada dos porquiños, da pata do carneiro marón... ¡O malo do caso foi que veu a requisa, as taxas, así que, máis que vender, tiveron que regalar!

Por falta de paxelos para mercar, ¡todas elas costureiras!, esganifaron sacos, e fixeron calzóns, ou batas, para a súa prole. Tiraron de tesoiras e raparon as ovellas; fixéronse con liñaza, e volveron aos teares; axugaron as vacas, e botáronse ao monte..., ¡precisamente ao monte onde se escondían algúns daqueles homes, daqueles fuxidos!, dándolle á fouz ca súa débil musculatura, para arramplar un carro de toxos; e tras dos toxos, apeitar co saco para o muíño; e amasar, e roxar, e face-la bola..., ¡para que non lles faltase un codeliño de pan saboroso aos seus fillos!

Se choraban, que o farían, iso foi a soas, que os nenos, na súa enteireza e no seu exemplo, nunca tal lles vimos. ¿Amazonas? ¡Non tal, que as nosas andaban a pé, polas corredoiras; e para ir á feira, e á Misa, que non as fosen tomar por roxas! Case sempre co feixe na cabeza, que cando non era o feixe era a sella, aquela dos aros marelos...!




A Guerra, oficialmente, durou tres anos, pero as quintas tardaron en licenciarse, un, dous, tres..., ¡segundo os casos! Cando volveron os homes, ¡os que volveron, que algún foise aos luceiros, e outros metéronse a Gardas!, viñan derreados, amargados, ou malferidos; con outro adestramento... Pero a muller non decaeu: Os nenos íanlles a escola, e cando non abría a Oficial, a do Estado, ben que se preocuparon de buscar mestres daqueles do “ferrado”, que xa non cobraban/non cobrabamos, en ferrados, pero si que lles cabía/que nos cabía nun ferrado a pouca ciencia que acadáramos. Os Curas das parroquias, ¡con tal de que a familia non tivese tacha de roxa!, facilitaron o ingreso de moitos rapaces nun dos Seminarios, Lugo ou Mondoñedo. O resto, en toda casa de certos posibles, ao Instituto, ou á Escola de Comercio. En canto ás nenas, con tanta escola desatendida, fose por depuración ou por mobilización do Mestre, a Escola Normal abriulles a porta grande..., ¡e saíron dez mestras por cada mestre!

Se Cordero merece unha placa, cousa que afirmo con toda a miña alma, as Mestras do rural, particularmente aquelas da posguerra, merecen..., ¡o Ceo! Mais, como o teñen ben merecido, xeralmente aceptado, esas non precisan do EURO para a súa placa conmemorativa, que lles darán, que lles daremos, a Gloria, de todo corazón, ofrendándolles espiritualmente este recoñecemento, esta evocación, esta admiración.

Se non é unha figura retórica aquilo de que Eva..., tal e cal, a muller, todas en xeral, ao longo da Historia, ben se leva redimido, ben leva estudado e traballado, particularmente nesta bisbarra onde contamos, hoxe en día, con mulleres que nos igualan, e que incluso nos superan, en moitos casos, nas máis diversas actividades e disciplinas. Fixérono, lográrono, dun xeito meritorio, individual, esforzado, dignísimo! ¡Por algo lles chamamos “donas”, por algo! O problema, de aquí en diante, pode ser que, de subidas ós altares, ¿que mozo se atreverá a casar con esas deusas que tanto se parecen ás Musas, a Ceres, a Cibeles, a Diana, a Minerva, a Venus...? ¡Igual é cousa de ir pensando que Deus é Mater, e non Pater, como sempre se nos dixo!

Manuel Cordero Pérez. Nado en Castroverde, Lugo 1883 – Bos Aires (Arxentina) 1941. Chegou a Madrid de rapaciño, onde foi mozo de recados, nunha taberna; despois, nunha tenda de ultramarinos, e finalmente panadeiro. Non sei como chegou a coñecer a miña tía Ramona, nora do ex-presidente Nicolás Salmerón y Alonso, familia que protexeu a Cordero e lle facilitou o acceso á Casa del Pueblo, onde estudiou a todo meter. Dirixente da Federación das Artes Brancas da Unión Xeral de Traballadores. Deputado socialista por Madrid en 1931. Membro da Comisión Executiva da UXT desde 1914 a 1932- Membro da Comisión Executiva do PSOE desde 1931 a 1939. Autor do libro Los socialistas y la revolución. 1932. E mil cousas máis.

Foi membro da directiva da Internacional Socialista e acudiu a Xenebra en varias ocasións como Delegado da Oficina Internacional do Traballo. Pertencía, ademais, á xunta executiva do Partido Socialista e da UXT (Unión Xeral de Traballadores). Durante a Guerra Civil permaneceu en Madrid, onde continuou traballando no Concello e na Deputación Provincial. Ó remata-la guerra puido fuxir a Francia; despois trasladouse a Casablanca, e finalmente marchou para Arxentina, en decembro do ano 1940. En Bos Aires colaborou en varias publicacións, mentres a súa esposa traballaba de modista para poder subsistir.

É monumental un artigo seu, xa exiliado, pura autobiografía, que llo publicaron en Buenos Aires, en La Vanguardia. Resumido:

“¿De qué creen ustedes que me acusaban aquellos mercenarios de la pluma, subvencionados por el contrabandista y banquero Juán March?, ¿de haber robado?, ¿de haber cometido algún delito de cohecho? No, qué disparate. Me acusaban de ser un enchufista. Yo he sido, según decían esos mercenarios de la pluma y profesionales del chantaje, el primer enchufista de la República Española. Que sé yo la cantidad de cientos de miles o de millones de pesetas que me llevaban a casa diariamente…

Tras enumerar os varios cargos de carácter electivo que viñera desempeñando gratuitamente e o único retribuído ó que tiña dereito calquera cidadán español, Cordero aborda así a orixe daquela miserable campaña:

“Las derechas decidieron la ruina moral y el desprestigio de la República. ¿Cuál sería el mejor procedimiento de conseguirlo? No había otro camino que el de acudir a la calumnia y a la injuria de los hombres de la República. Y mientras adulaban a Alejandro Lerroux, hombre de moral tarada, atacaban violentamente a Azaña, a Marcelino Domingo y a otros hombres de conducta moral intachable. Yo tuve la suerte y el alto honor de ser el primero de los atacados. ¿Por qué? En mi conducta al frente de la Comisión de Responsabilidades hay que buscar la explicación. Yo no soy hombre cruel, pero soy inflexible en el cumplimiento de mi deber. Me ha tocado presidir el enjuiciamiento del ex rey, de sus consejeros, que eran todos o casi todos duques, marqueses y generales. Desempeñé mi gestión sin ensañamiento, con objetividad absoluta, pero sin dejar torcer o retorcer el procedimiento judicial. Tuve la desgracia de que cayera bajo la jurisdicción de la Comisión Juan March, hombre de gran poder económico y de una fuerza corrosiva ilimitada. Juan March había acumulado su fortuna haciendo contrabando de tabaco en el Mediterráneo, es decir, robando al Estado. Su flotilla de contrabandistas se hizo famosa en las suaves y azules aguas de aquel mar. Sus agentes cayeron miles de veces en manos de la justicia, pero el soborno de los jueces les salvaba siempre. Y cuando eran condenados, las condenas eran siempre leves; él les pasaba su sueldo en la cárcel, pagando así su silencio. Juan March fue procesado y encarcelado. Intentó sobornar a la Comisión que le enjuiciaba, pero no lo logró. Y entonces resolvió pagar las campañas de calumnias e injurias. Este es el origen de aquella campaña…”

Anécdota persoal:

En certa ocasión, visitando en Mallorca un dos palacios da familia March, foime presentada unha neta de don Juán. Falamos das belezas e das fealdades de Mallorca, e nisto, así, de socato, díxenlle: -Mire que pequeño es el mundo, que yo soy natural del pueblo de Manuel Cordero Pérez...

Non me deu ocasión de seguir, pois, daquela mesmo, coma un lóstrego, deixoume só..., ¡que nin que lle lembrase a Satanás! ¡Que ben informada estaba dos seus avatares familiares!

-.-




Documentos que localicei, uns no Concello de Castroverde, e outros no Bispado de Lugo:

Manuel Cordero Pérez




E no Bispado de Lugo a súa Partida de Bautismo, que é a seguinte:


na que consta, en nota marxinal, o seu falecemento en Buenos Aires.

-.-
  
No meu “Miscelánea II”, publiquei:




Vidas paralelas:

Manuel Cordero Pérez e Jordi Solé Tura

Os estremeños tócanse, foi o título dunha famosa obra de teatro, unha comedia musical de Pedro Muñoz Seca, levada ao cine por Alfonso Paso. Pero hoxe, aquí, vou falar de algo máis serio, moitísimo máis, ¡de dous extremos coincidentes! Un, galego, do finisterrae hispano; e o outro, catalán, do Mare Nostrum. De punta a punta, pero con grandes coincidencias, que non deben pasarnos desapercibidas; así que, hoxe, Día da Constitución, tómome a liberdade de ufar un: ¡Vivan por sempre, (na nosa lembranza, obviamente), os Constitucionalistas, os fautores das Constitucións!

Mal estaríamos sen constitucionalistas, pois, por mal que as fagan, peor estaríamos nunha anarquía, ou nunha ditadura. Unha constitución, toda constitución, como toda obra humana, e máxime estas, nadas, sempre, dunha tirapuxa entre mentalidades e actitudes coexistentes, é, pode ser, debe ser, mellorable. O que non poden ser é esquecidas, nin elas nin os seus autores.

Daquela, ¿por qué esquecemos, maiormente as mulleres, que aínda non lin a primeira que dedicase un agradecemento escrito ao noso Manuel Cordero Pérez, codefensor con Clara Campoamor, nas Constituíntes de 1931, e á contra dos temores do seu propio partido, que a muller tivese voto, un voto igualitario cos homes?
Os cataláns berraban aquilo de, ¡Esperta, ferro!, pero aquí non sobraría un, ¡Esperta, Castroverde!

Ambos, o catalán e mailo galego, empezaron de panadeiros; ambos foron parte activa, decisiva, en sendas constitucións. ¿Caben dúas vidas con máis paralaxe?
A diferenza vai estar, está, en que os paisanos de Solé Tura, calquera que sexa a súa ideoloxía, están honrando a memoria do seu..., ¿e nós? ¡No comment, que dixo o inglés!

Xosé María Gómez Vilabella
-.-


   
Restos da casa natal de Cordero, en Riomol (Castroverde).

Noutro dos meus “Miscelánea”:
Cordero, un home de prol arquivado,
definitivamente arquivado?
Aquí tedes, agora no interior doutra casa,
en Riomol,
a ventá pola que tantas veces albiscou o amencer
aquel gran home ao que lle debe a muller española
o seu amencer político.

Polos seus veciños, si; polas súas favorecidas, si, tamén; pero alguén queda que o relembra, polo menos nas ocasións propicias. Advertíunolo o propio Cristo cando afirmou aquilo de que ninguén é profeta na súa terra!
Casualmente na semana pasada (este artigo publicouse en Galicia Dixital en Marzo do 2011), comendo no "Pereira" co Cura de Riomol, e tamén co Profesor Serafín Tellado López, de Romeán, falando de violencia de xénero recordamos ao noso Manuel Cordero Pérez, o mellor defensor que tivo a muller en España; aquel Deputado que, apoiando a Clara Campoamor nas Constituíntes da República, ¡fai agora oitenta anos!, logrou / lograron que a muller deixase de ser criada pasando a ser señora, ¡a ser "compañeira" e non "serva"! Detrás veu Franco, que as relegou á Sección Feminina, pero iso é outro cantar, un subcantar do Cara al Sol. Poño aos dous de testemuñas de que comentei con eles, escandalizado, que aínda non houbese unha placa conmemorativa no exterior desa casa de Riomol cando tanto se proliferan, ab hoc et ab hac, incluso pola simple inauguración dun camiño ou dunha pista de mala morte.
Máis agradecidos son outros, que onte mesmo, (9-3-2011), botaron na TVE 1, a película "Clara Campoamor. La mujer olvidada", (pola rama paterna, de Cantabria e de Asturias, e pola materna, de Madrid e de Toledo), na que o guionista, o director, etcétera, ben se coidaron de presentar ao noso veciño, ao antigo panadeiro, Manuel Cordero, en tres ou catro tomas de primeiro plano, subliñando, recalcando, que se Clara Campoamor logrou sacar adiante a súa proposta de voto feminino foi grazas a Cordero, á súa nobreza, nun ambiente de dúbidas e de traizóns.
¿Que máis podo engadir eu, servidor, que tantos anos levo insistindo no noso desagradecemento, no noso esquecemento, particularmente no das propias mulleres, no das propias beneficiadas? ¡En vez desa placa, desa lauda, a Cordero, igual habería que poñérllela a elas, particularmente ás de Castroverde, para botarlles en cara a súa deslealdade, o seu desagradecemento!
Xosé María Gómez Vilabella
-.-

    
En:
Amigos do Patrimonio de Castroverde

 das tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
·         INICIO
·         GALERÍA
·         ESTATUTOS E XUNTA DIRECTIVA
·         PLANOS DOS ROTEIROS
·         ¿QUERES FACERTE SOCIO?
·         WEBS DE INTERESE
·         X ANIVERSARIO
·         POSTAIS NADAL
·         PRENSA
Se as pedras falasen…

Isto foi unha ventá, -hoxe incrustada, internada, nas edificacións dun veciño-, da casa onde naceu, e se criou, en Riomol, o noso ilustre paisano D. Manuel Cordero (ou Cordeiro) Pérez. ¡Don, hoxe, que daquela seguro que eses veciños lle dixesen, simple e lisamente, “Manueliño”!

Non sei, nin lle preguntei ao dono da casa actual, se esta conservación a fixo por devoción a Cordero, á súa lembranza, ou simplemente por pura economía de obras e de material; en todo caso, foi un acerto, un acerto digno de mención e de aplauso.

¡Aí o teñen, aí o temos: un auténtico santuario! Aínda que igual lle causamos molestias ao señor, pois, en particular as mulleres, se son agradecidas de canto fixo por elas Manuel Cordero reclamando que se inserise o sufraxio universal naquelas Constituíntes do ano 1931, o máis probable, o máis xusto, será que comecen a levarlle ramos de flores ao seu titor, para poñerllos nesa ventá desde a que tantas veces vería, ou presentiría, o futuro lexislador castroverdense, unha fugaz alba de gloria do noso país. Fugaz, xa que ese dereito tan natural foi suprimido, aos poucos, por D. Hermenegildo, aquel ditador ferrolán que tanto nos aferrollou, e non se reactivou o voto feminino ata a Constitución actual.

Para que ninguén poda entrar en discusión ou en dúbidas acerca da autenticidade do berce do noso home de prol, que non nos pase coma co señor Besteiro do Corgo, ¡que non hai, nin houbo, tantos como para esquecelos!, tomeime a molestia, ¡grata molestia!, de mete-lo nariz en dous santuarios fidedignos: O Rexistro Civil de Castroverde e mailos Arquivos do bispado de Lugo. Non foi doado, pero, ¡aquí están! Empezarei polo de Castroverde onde tiven a dificultade, a desorientación, de que eu partía da data de nacemento que aporta a Gran Enciclopedia Galega, que o dá como: “…Político e dirixente sindical socialista que naceu en Castroverde (Lugo) no ano 1881…”
Como a caligrafía non está aló moi lexible que digamos, coido que será cousa de mecanografalo:



Á marxe: “Núm. 2729 Manuel Antonio Cordeiro y Pérez”. Texto: “ACTA DE NACIMIENTO. (O folio é 189 v).- En la villa de Castroverde, distrito de este nombre, a las nueve de la mañana (¡polo sol!), del día veinte de Agosto de mil ochocientos ochenta y cinco, ante D. José María Fernández de la Vega, Juez Municipal, y D. José Fórneas Cartea, Secretario, compareció Francisco Cordeiro Teigeiro, natural de Riomol, término municipal de Castroverde, provincia de Lugo, casado, labrador, domiciliado en la parroquia de su naturaleza, casa nº  957, según lo hace constar con la cédula personal que exhibe y vuelve a recoger, expedida a su favor con el número mil doscientos, presentado con objeto de que se le inscriba en el Registro Civil un niño, y al efecto, como padre del mismo, declaró: que dicho niño nació en la casa del declarante el día diez y nueve del corriente mes, a las cuatro de la tarde.- Que es hijo legítimo de Francisco Cordeiro Teigeiro, natural del Riomol, término municipal de Castroverde, provincia de Lugo, de veinte y siete años de edad, profesión labrador, y domiciliado en la parroquia de su naturaleza, y Dª Francisca Pérez, natural de Barreiros, témino municipal de Castroverde, provincia de Lugo, de veinte y siete años de edad, dedicada a las labores de su sexo, y domiciliada en el de su marido; que es nieto por línea paterna de Manuel Cordeiro, natural y domiciliado en el referido Riomol, casado en segundas nupcias y labrador, y de María Teigeiro, natural del mencionado Riomol, difunta; y por línea materna de Antonio Pérez Veiga, natural y domiciliado en el precitado Barreiros, casado, y labrador, y de Manuela González Ferreiro, naturla de Pumarega, en este término, casada, labradora, y domiciliada en el de su marido. Y que al expresado niño se le había puesto el nombre de Manuel Antonio.- Todo lo cual presenciaron como testigos D. Domingo y Pedro Seijas, naturales y domiciliados en el pueblo de Arcos, en este término municipal, casa número mil quinientos treinta y tres, cuarto imnumerado, mayores de edad, aquel casado y este viudo, y labradores, según sus cédulas personales.- Leída íntegramente este ACTA, e invitadas las personas que deben suscribirla a que la leyeran por si mismas, si así lo creían conveniente, se estampó en ella el sello del Juzgado Municipal, y firmaron el Señor Juez, el declarante, y los testigos, y de todo ello, como Secretario, certifico: (Conclúe coas sinaturas dos arriba citados)”.

O outro alicerce, a outra columna deste monumento histórico, é a seguinte reprodución da Partida obrante nos arquivos do bispado de Lugo.

Vexamos:
Á marxe: Riomol. Manuel Antº. hijo de Francº Cordeiro – Falleció en Buenos Aires.- (¡Alguén, outra letra, outra tinta, tivo a amabilidade de consignar neste documento este dato adicional!)”.- No texto: “En veinte de Agosto de mil ochocientos ochenta y cinco, el infrascrito cura párroco de San Pedro de Riomol y unidas, bauticé solemnemente en la parroquia de Riomol un niño que nació a las cuatro de la tarde del diez y nueve que rije, hijo legítimo de Francisco Cordeiro y Teijeiro y de Francisca Pérez, labradores, vecinos de San Pedro de Riomol, y naturales él de la referida parroquia, y ella de San Cosme de Barreiros. Abuelos paternos Manuel Cordeiro y María Teijeiro, difunta, vecinos que el es y ella fue del repetido Riomol; maternos Antonio Pérez y Manuela González, vecinos de San Cosme de Barreiros; púsele nombre Manuel Antonio, fueron padrinos el abuelo paterno y su mujer Antonia Pérez. Y para que conste lo firmo fecha ut supra.- Firma: Bernardo Fuentes González”.

¡Ben consignado, e con boa caligrafía! Este cura non era dos de carreira curta, ¡seguro! O neno empezou pobre, pero ben apadriñado, que ás probas me remito.

As pedras non falan, pero lembran, fannos lembrar. Os papeis, en cambio, dino todo. O malo é que de Cordeiro (ou Cordero, que era como se poñía desde que se amadrileñou), quedounos pouco, así que, o que temos cómpre gardalo, polo menos ata que as autoridades competentes caian na conta de que este home de prol, este paisano noso, merece…, ¡como pouco, poñe-la súa filiación en letras de bronce!

Xosé María Gómez Vilabella
-oOo-

No hay comentarios: