jueves, 6 de junio de 2013

SURCANDO EL MIÑO -I-




O libro
SURCANDO EL MIÑO
de
José Valiño Trabada,
fillo preclaro de Montecubeiro.



A fonte do Fato, hoxe en día, doación do Cura Valiño Trabada.

-.-

Recompilacións de

Xosé María Gómez Vilabella



Así está actualmente
a túa querida fonte.

Ai Valiño, Valiño, que sorte tes de estar no Ceo,
nese lugar, ou nesa situación,
na que xa non se padece,
pois,
se volveses ao teu lugar,
á túa fonte,
coa auga encanada directamente,
agora constituída en depósito do que lles estorba nas casas,
por Santo que foses, que o eras,
ías botarlles catro tacos aos novos veciños!
-.-



Falando de fontes: A do noso Miño,



Pedregal da Irimia. Meira. Lugo. O Miño atreveuse a nacer cos coios da morea por cueiros.



Por esta portada saíron, fóronse, os nosos frades, coa Desamortización foral ao lombo, pero deixaron semente; principalmente Curas: Os Gómez, Luna, Valiño, Trabada, Reigosa... ¡Vaia sementadores que tivemos neste Couto de Montecubeiro, pois, para tal afirmar, chega con citar ao que logo sería Cardeal, Manuel García y Gil, aquel gran teólogo que lle deu brillo ao Concilio Vaticano I, co Papa Pío IX, deixando unha impronta na parroquia que a temos recollida naqueles manuscritos que dicían: “Dios premiou tantas virtudes / qu´o seu premio sempr´alcanza / ós que traballan na viña / e ós que sudan para labrala”! Xa de Cardeal, en Zaragoza, díxose del que os vinte e catro Prelados que compoñían a Comisión de Fide proclamárono como “el primer teólogo del mundo”, e hai quen pon nos beizos do Cardeal Rampolla o máis grande eloxio que pode merecer un Prelado: “que aos traballos do Arcebispo de Zaragoza nas Congregacións particulares debeuse a declaración dogmática da infalibilidade do Romano Pontífice, con un éxito tan grande que, só dous dos 535 Prelados que votaron se opuxeron a ela”. Con sementadores desta categoría, cómo non ía dar froitos o noso convento, o daqueles dominicos de Montecubeiro!



Fondo do convento, con reformas estúpidas.


Cardeal García y Gil

Dos Gómez, dous tíos de meu avó, só direi, por modestia persoal, que moitos feixes, herba, verzas, nabos..., teño depositado na súa cambariña, na que eles durmiron, a un lado da nosa cociña vella, exactamente debaixo das escaleiras do sobrado. ¡Ao pé da lareira, lugar quente; un privilexio familiar! Un daqueles Gómez asistiu, con Misa, aos funerais da nai do que sería, ¡sería, non, que xa o era, iso si, in pectore!, San José María Díaz Sanjurjo, Bispo de Platea e mártir en Tong-King; quedou constancia de que non lles cobrou estipendios porque, ¡entre santos non hai gastos!

Do Cura Luna, 


José María Valcarce Luna

¿que máis, nin que mellor se pode dicir que, sendo párroco, en Santa Cristina, Areas, (Antas de Ulla), prendérono os civís por opoñerse a que lle quitasen a súa única vaquiña a uns labregos, como sanción por non pagar uns Consumos abusivos, ¡Consumos a quen non tiña, ou pouco, que consumir, e para máis inri, nun reparto subscrito coa firma dun descoñecido! Aquel si que era Cura, aqueles si que eran caciques! O crego Luna tamén merece canonización, e pola contra, aqueles caciques…, lume eterno!

Ao Cura Valiño deixareino para logo, que tamén hai moito que dicir da súa personalidade. Para a portada retratei a fonte que lles fixo aos veciños do seu lugar, no Fato de Montecubeiro. ¿Acórdanse del? ¡Teño as miñas dúbidas, xa que, nin conservan a fonte que lles fixo, nin o libriño que lles puxo nas mans…; sequera é pequeneiro, e pouco lles estorbaba, así fose no fondo da hucha! (As huchas dedicáronas a garda-lo trigo).

Os Trabada, primos de José Valiño Trabada. ¡Outros santos, a cal máis! Ao rapaz da casa aínda o coñecín eu, que con el saquei de procesión ao noso Ecce Homo, na festa do Santo do ano 1948:



Nunha procesión de Montecubeiro, co sobriño do Cura Trabada.

O Trabada pai, que era curmán de Valiño e irmán do crego Trabada, non subiu ao presbiterio, pero tamén o merecía: competían el e meu pai no recitado dos Calvarios, que ámbolos dous se sabían, ¡de memoria!, tres ou catro. ¡A semente dos nosos frades!

¿Que poño dos Reigosa, Rogelio e Manuel? Tería tanto que dicir, que enxalzar, que os deixarei para outra ocasión. De Don Rogelio apunto que ben me gustaría saber qué pasou con tantos documentos antigos como seica coleccionou, recolleu máis ben, na bisbarra, parroquia por parroquia, e que, ao de hoxe, que eu saiba, seguen inéditos, acaso na caixa forte, na secreta, dalgún dos seus herdeiros? Do irmán, de Don Manuel, quedoume a pena de non tirarlle unha foto aquel día que nos visitou aquí en Coruña; só anticiparei que non aceptou probar os pasteis…, polo azucre, doce que era aquel señor!

Para hoxe, os meus laurus nobilis, ¡tantas loureiras que temos en Montecubeiro, e tan mal empregadas, que acaban, as follas nos pistos, e as ramas no lume das chemineas!, irán á lembranza daquela cabeciña tan sensible, tanto, que por onde pasaba rimaba; a José Valiño Trabada os versos saíanlle algo inxenuos, case de rapaz da escola, pero, a música? O seu espírito, o fondo deles, soa a música de anxos, premonición da que lle esperaba Aló Arriba, arriba do seu / do noso Miradoiro. A métrica serve para conxugar sons, e por veces, sen ton nin son, metendo verbas a calzador, traídas do dicionario, iso si, pero só con concordancia rítmica, sen lóxica nin sentimentos auténticos, como fixeron, como adoitaban facer, unha boa parte deses que chamabamos Poetas, Poetas de Maiúscula, aí atrás, polo XX arriba; Valiño era doutra raza: o seu non era a mecánica, nin a mecánica nin a grandilocuencia, que todo se lle ía, e todo o circunscribía, ao corazón, á emoción, ao sentir xeneroso, á vez que agradecido: do Deus Creador, das belezas creadas, dos fregueses evanxelizados…; ¡en definitiva, mentalidade de Pastor, dun bo pastor, medio a medio da natureza, que ese é o campo dos pastores! 

     
SURCANDO · EL MIÑO

Na tapa puxo:

Corregido y aumentado
y en su precio rebajado,
¿quién me compra?
Por lo que a mi toca
bien pensado va, pero si acerté
otro lo dirá.

(¡Si, señor, dígoo eu, que tamén nacín en Montecubeiro, e dou fe de que acertaches nos teus retratos, pero o malo é que os miopes non te viron, nin a ti, nin as túas visións pictóricas!)

Sin regateo 1,50 pesetas

Año 1944
Gráficas Gerardo Castro
San Pedro 20
Lugo

(Publicar no ano 44 xa era valentía, xa, que daquela pouco máis se lía co Catecismo: Uns, por analfabetos; outros, porque nin unha peseta tiñan para comer e medicarse; e logo que o galego estaba prohibido fóra do círculo familiar, así fose intercalado, amén de que era pecado toda liña que non fixese, que non contivese, unha alusión gloriosa, vitoriosa, ao franquismo entón imperante; iso, imperante, e ademais de imperante, mangante!)

-.-



SURCANDO · EL MIÑO

(¡Ai Valiño, Valiño, como se che nota que viñas do arado, de sucar co romano, pois daquela nin ferro había para facer os tales; se non ti, teu pai, e con el, o resto dos teus veciños; ti, con vocación de sementador, tiñas claro que a semente precisa sucos, pero fuches máis aló, que ata sucaches o Miño, no Miño!)

En la parte doctrinal
ahora censura lleva,
y si aconteciese quiebra,
queda a salvo mi ideal.

El buscar inútil fue
un principio adecuado,
después de haber trabajado
a mi honor situé
en lugar aventurado.

Y aunque a esto me arrastró
una recia osadía,
desde luego comprendía
que en letargo se quedó
una insana cobardía.

J. Valiño Trabada


Introducción

Ruda tarea parece
pintar bien los colores,
si pintarlos no quisiere
quien supo pintar las flores.
Poeta yo no nací.
arte métrico no sé,
clemencia, lector, imploro,
pues que me llamo José.
Al publicar este sueño
confieso ser atrevido,
y si otro así lo dice,
no me doy por resentido.
Sin la pluma ni el pincel
esta obrita fue hecha:
cuánto va desaliñado
grano es de mi cosecha.

(¿Que, que non eras pintor? ¡Eu afirmo que si, un poeta pintor, ou tamén, un pintor poeta, pois, quen tal cousa de si expresa, ou confesa, humilde é, que á vista salta, aínda que non foses atrevido!)

Prólogo

De ti quisiera implorar,
¡oh mi muy caro lector!,
gran indulgencia y con creces,
que sepas disimular
de un anciano sus chocheces.
Por eso ya te anticipo
un sinnúmero de gracias
y no las midas escasas;
cuando esto fuere un hecho
me daré por satisfecho.
Juzgar de los actos propios
me parece peligroso:
a quién de ellos bien contare
le llamarán vanidoso,
y a quién de ellos mal hablare
le tendrán por sospechoso.
No lo digo con segunda,
pues si algo lleva que sirva
fruto es de otra lira,
que la mía es infecunda.



(Oínte desde a miña aldeíña, e iso que estaba aló abaixo, lonxe da túa lira. Tomeite por un bardo, que non todos usaban bigote, nin daquela nin antes!)

Al sumergido en error
le amo yo con denuedo,
quien malvado fuere hoy
mañana puede ser bueno.
Y tú, joven comunista,
huye de lo pernicioso:
vicio es muy denigrante
aparecer codicioso.

(¡Tamén nisto tiñas razón, pois a metade dos comunistas o que querían era reparto..., comezando por colmar o seu prato, que a experiencia histórica así o demostrou!)


Un sueño

Para serviros, Señor,
en tu presencia
me encuentro hoy,
repitiendo con amor:
Viva quien dijo
yo soy el que soy.
Vivamos todos
buenos y malos
que ya viene el sol
iluminarnos:
Un Rey llamado
Cristo, que es fiel,
siempre más dulce
que la pura miel.
De las naciones
una por una
la España nueva
será tu cuna.
¡Cuán jubilosos
le exaltaremos,
y en paz y pan
rebosaremos!

(Se vises a Franco baixo palio, e aos estraperlistas do pan negándollelo aos pobres, daquela esta utopía, dada a túa discreción, non che baixaría da cabeza á pluma, así que non cha tomo en consideración! Foi un espellismo…, dalgúns, por contaminación ambiental, que se di!)


Mientras dormí
así soñé
más cantó el gallo
y desperté.

(¡Claro, así se explica: estabas soñando, e os soños, como dixo Calderón, aquel da Barca, soños son!)



El anciano consejero

Desde que el hombre perdió
la razón en el edén

ya no podrá encontrarla
aunque la busque muy bien.
Todo hombre bien nacido
y que grite Viva España,
mil bendiciones reciba
durante su fiel campaña.

(Aquí teño que censurarte respectuosamente, meu querido e admirado Valiño, porque tiveches un lapsus calami na túa estilográfica: Daquela, a principios dos 40, o berro non debía ser “Viva España”, senón, e máis ben, ¡Que resucite España!, enloitada como estaba con aquel millón de mortos sen piedade…, uns de fame, e outros a fusil!)

  
Al que Uno y Trino es
erguirás tu corazón
y obtendrás buen galardón
cuando cuenta no te des.
No pases la vida en vano,
una voz así sonó:
si no mueres temprano,
viejo serás como yo.
Al Santo Cristo de Limpias
dirigid cordial mirada
al decir el Señor mío ...,
por la noche y la mañana.
De diez a doce minutos
en el rosario emplearás
y sin descuento ninguno
gracia sin cuento hallarás.
De mil años excede ya,
dos mil aun no cumplidos,
cuando Jesús muy bien supo
con su muerte redimirnos.
Nosotros, aunque de barro
débil y tan quebradizo,
ofrezcamos nuestra vida
en aras de sacrificio.
Joven que naciste ayer
no te adhieras a un lema:
cuanto hoy fuere halagüeño
mañana cambiará de tema.

(¡Agora dixéchelo ben: recapacitaches, e volviches ao rego!)

No siendo anti-religioso,
nunca digas bien ni mal,
porque en juzgar, cada cual
siempre fue muy caprichoso.
Si en esta penosa vida
te acontece un extravío
por venturoso sendero
volverás al buen camino.

(Mellor será non extraviarse…, por se acaso; non si, camiñante? Aos de Montecubeiro sempre se nos deu ben iso de andar, fose a pé, ou dacabalo, adestrados que estabamos nas nosas corredoiras, nestas paisaxes…, montaraces!)


A los Santos Antonios

En tiempos no muy lejanos,
tiempos de mucha alegría,
apareció la Paloma
que los espacios lucía.
Ignoraban los humanos
el mensaje que traía:
era repartir gracia
según bien le parecía.
Uno oriundo de Padua,
que por nombre Antonio tenía,
y heredero de ella fue
en alta categoría.
Bonito como una flor,
de virtudes gran dechado,
al niño Jesús sostiene
en su bracito doblado.
Otro San Antonio hay
como sol de medio día,
sin yerro ni descontento
mientras rigió su Abadía.

Quien de San Antonio quiera
algún favor alcanzar,
su responso ha de rezar
en la ocasión primera,
y si aun pretendiera
obtenerlo más seguro,
eleve otra plegaria
en honor del Taumaturgo.
¿Qué es eso de Taumaturgo,
sí tú, niño, preguntares?
Un Santo que obra milagros,
cada día a centenares.


Responso de San Antonio de Padua:

Si buscas milagros mira
muerte y error desterrados,
miseria y demonios huidos,
leprosos y enfermos sanos.

El mar sosiega su ira,
redímense los encarcelados,
miembros y bienes perdidos
recobran mozos y ancianos.

El peligro se retira
los pobres van remediados;
cuéntenlo los socorridos,
díganlo los Paduanos.

El mar sosiega su ira
redímense ...

Gloria al Padre, gloria al Hijo, gloria al
Espíritu Santo.

El mar sosiega su ira
redímense ...

Ruega a Cristo por nosotros
Antonio glorioso y Santo
para que dignos así
de sus promesas seamos.
Amén.

Padrenuestro, etc.

(Na miña crianza ensinábannos a falar recitando o Responso de San Antonio;
seica viña dos frades, pero a túa xeración fixo por conservalo, que á vista está!)



Al Este de Lugo

En la giba de una sierra
que se llama la Herradura
cierto castillito hubo
en la pasada centuria.

(Castelo, si, na pasada, pero, na seguinte, cando viñeron os alemáns levantando planos calculáronlle a altura, e ao rexistrar 1029 m. sobre o nivel do mar, que fixeron? ¡Deixárono marcado como “Vértice xeodésico”, orientativo para mapas e avións. Tempo adiante, no sitio do castelo, os de Incendios ergueron unha atalaia, pero, con iso e con todo, segue habendo pirómanos na bisbarra. ¡Ensaian para cando vaian ao inferno!)




Por cuantos mirado era
celebraban su hechura,
artística era su forma
y quince codos su altura.
Cincuenta años hace ya
que una mano destructora,
(acaso fuese pastora),
ignorando lo que hacía
deshizo su gallardía.

A cuatro leguas de Lugo,
omitiendo toda curva,
se encuentra dicha Herradura,
por donde el lucero sale
con toda su galanura.

A partir de Eiladrán,
por un camino sendero,
paso a paso paralelo,
se escala la alta cumbre
que se llama El Miradero.
Desde aquel encumbramiento
el hombre observador
mira todo alrededor
haciendo mil conjeturas
y eliminando aventuras
cuando no es emprendedor.
Quien a la cúspide ascienda,
de un monte tan elevado,
cuando estuviere nevado
huya con celeridad
para no morir congelado.



Al Patrono San Esteban

La Iglesia muy bien supo
a cada parroquia dar
un patrono o titular
que vele por sus vasallos
en el campo y el hogar.

También a la de la Mota,
que mirando está al Miño,
le asignó un patrono
que no es viejo ni es niño.
Es un joven bien nacido
con su frente muy erguida
y mirada tan modesta
que a todos edifica.
De Diciembre el veintiséis
es su fiesta religiosa,
a poco no coincidió
con otra la más grandiosa.
Por eso los de la Mota
le amamos con delirio,
fue el primero que logró
la gran palma del martirio.

A dicho patrono ruego
cada vez que arriba miro,
que tienda a todos, todos,
la palma del patrocinio.
Hagamos votos al Cielo,
forasteros y paisanos,
no olvide ricos ni pobres
ni tampoco a los medianos.


Valga do eremitorio Santo Estevo, en Montecubeiro, na actualidade.

(Ilustre Valiño, comprendo que non podías ter, abarcar, tódalas ideas, tódalas lembranzas, asemade, xuntas, no intre do teu recitado, da túa plegaria, pero agora que estás Arriba, e non me deixarás mentir, lémbroche que ao Santo Estevo tamén estivo dedicado un eremitorio do noso Montecubeiro, ubidado nun rego que baixa ao Azúmara, entre Veiga e Maxide. Ti, nas alturas, poderás velo, pero o resto dos mortais xa non, porque o achaiou unha pá sacrílega, daquelas da Concentración Parcelaria. A culpa non foi da pá senón dos controladores, ou de quen por alí andivese, daquela, que non lles advertiu que achaiaban en sagrado)


En tierra leonesa

Terreno villafeilíno,
mal hecho, como de encarga,
si te falta la castaña
ya puedes cultivar vino.
Eres un viejo collar
en que abundan los diamantes,
topacios y otros brillantes;
para quien apreciar sepa,
eres flor sin marchitar.
Y tus cristalinas aguas
fuente de la Redondela
desarrolla fresca hierba.
¡Oh paisaje tan hermoso,
que mirando está los jardines
allá de Sotogayoso.
Dando vuelta por Verjeo,
limítrofe con Pandelo
éste sí que es rico suelo,
¡oh tierra tan venturosa,
de Villafranca del Bierzo!
Un poco más adelante,
siguiendo el camino real,
se encuentra la rectoral
con su escalan que era huerta,
para frutas delirante.
Y un poquito más abajo,
sin perder la misma vía,
se tropieza con la iglesia,
de construcción muy antigua.
En ella un bendito Cristo
siempre por mi adorado;
tomé, pues, por un milagro
el buen favor que me hizo
un día determinado.
Corazones afligidos
encomendaos a El
que es más dulce que la miel
y a quien convertirse quiera
pone en calma sus gemidos.
En el atrio un árbol hay
lo cual resulta un portento,
cuenta unas tres centurias,
que en Galicia y en Asturias
no hay tejo más corpulento.

(¿Pero, de quen es, amigo Valiño, de Santiago ou de Prisciliano? ¡Ámbolos dous amaron esta terra, e non foi ningún milagre en ti, senón unha proba de bo criterio! Apelidáronte Valiño, e quedáronse curtos, pois ti, evidenciado tes, que do Val Grande es, do maiúsculo! Por bo vate que foses, de verbo fácil e preclaro, como aquí demostrado deixas, meu Cura Valiño, dos Valiño do Fato, os teus lectores temos que tirar a conclusión de que uns encomios tan abertos e rotundos como dedicaches ás túas parroquias, obviamente evidencian que as pastoreaches ben, e de paso, que elas, todas, a porfía, foron unha grea agradecida, xa que boas lembranzas che deixaron. ¡Está claro que fuches un Cura cura penas, que tamén iso dos bos pastores se espera!

Aquí se duerme la musa,
de despertar no hay manera
para narrar dos palabras
sobre el lugar de Quintela.
Quintelita, que al abrigo
de dos montañas te encuentras,
tienes muy hermosas huertas
y parrales que dan vino.
A tu regazo convergen
dos regueros más un río;
sí tus campos sienten sed
beben a su albedrío.
El río que por tu tierra,
en truchas muy abundante,
despacio va murmullante
sirviendo agua por doquiera;
y tu frondosa pradera
de producción sin rival,
que ahí vive cada cual
en continua primavera.
Os ruego por vuestro honor,
¡oh muchachos de Quintela!,
que con tanta carretera
no olvidéis que Vilafeile
es vuestra iglesia primera.
Y a los de la Lamagrande
que vivís en alta sierra,
cerquita hubo la guerra,
cuidado, mucho cuidado
no os dañe alguna fiera.

(¿Rendéronche honores, fixéronche monumentos en todos e cada un destes lugares, de ti tan eloxiados, tan amados? ¡En cada lugar, o seu, por suposto! ¿Que non? ¡Perdóalles, Páter; e de paso ábrelles os ollos..., para que te volvan a ver, á vez que piden perdón por tamaña omisión!)


Caridad

Cierto que una virtud hay,
teológica llamada,
por muchos muy evocada,
pero de pocos conocida,
y por menos ejercitada.
Poseer esta virtud
en su conveniente grado
es bastante delicado,
y también sostener en vigor
el amor preceptuado.
Quien pudiera practicar
el amor del que aquí hablo,
antes hoy que mañana,
que es la caridad cristiana
de la que escribió San Pablo.
Conste pues que me conduelo,
sin ser esto novedad
supuesta mi cortedad,
de no poder definir
el amor de caridad.
Acaso la Magdalena,
dada ya su conversión,
supiese dar alguna razón
en que consiste el amor
nacido del corazón.
Ni siquiera Salomón,
con su ciencia tan preclara,
mientras corrió su jornada
no consta que haya dejado,
de amor, definición clara.
De amor gran Maestro fue
San José el carpintero
sirviendo, pues, de modelo
cuando besaba a Jesús
Hijo de Dios verdadero.
En Asís hubo un Francisco
a quien Dios privilegió;
en humildad y en amor
nada corto se quedó,
y abrazado al Crucifijo
sus cinco llagas copió.
Hay quien dice amo, amo,
y en su error continúa
con una mente tan ruda
que, olvidando al Criador,
prefiere la criatura.



(San Francisco e mailo lobo da Vacariza,
cando o de Asís pasou por Vilabade (Castroverde) camiño de Santiago)

-.-

Otro tema

¡Oh jóvenes muy amados,
seáis rojos o azules,
no recelo bendeciros
sí cargáis con vuestras cruces!
La más pesada de todas,
bien sé quién la portó,
con ayuda cirinea
en el Monte la encumbró.
¡Oh esencia del amor
lo que causa admiración
que por unos y por otros
inmoló su Corazón!
Aprovechemos la gracia,
cese ya la ingratitud,
pues cuanto de bueno existe
fue merecido en la Cruz.



(O Cruceiro do Campo de San Cibrao, no adro do convento dominico de Montecubeiro)


De surco en surco

Hay un Ser ilimitado,
pues que Infinito se llama;
nadie puede comprenderlo,
aunque se piense con calma.

En Quien principio tiene,
Uno y Trino a la vez,
sin que quepa en mi rudez,
creer a ciegas conviene.
Quien de Padre careciendo,
y siendo de todos Padre,
y también de una gran Madre
que nos está protegiendo.
Aunque los sabios no saben
descifrar lo que es el Hijo,
pero se sabe de fijo
ser igual al mismo Padre;
y de ambos Otro procede
a Quien ninguno engendró.
Quien tal vez le negó
se tiene por un hereje.
María, mística flor,
gala de ameno jardín,
más hermosa que el jazmín
y más radiante que el sol.
Mas el Verbo no cambió
tomando carne en el tiempo,
y sin sufrir detrimento
quien a Jesús alumbró.
Famoso mes de diciembre
que en mitad de noche fría
de Belén surgió una luz
de más brillantez que el día.
Muy escogido concejo,
de embajada pastoril,
adora con besos mil
al Ángel del gran consejo.
Desde el Oriente tres Magos,
al nuevo Rey de Judá
vinieron homenajearle
en su tiernecita edad.
Guiados por una estrella
y en medio de tantas gentes
con humilde reverencia
ofreciéronle presentes.
Cuando tan hermoso Niño
de años seis pares tenia
formaba ya el primer miembro
de la Sagrada Familia.
En Jerusalén, en fiestas,
María con su esposo
preguntaban por su Niño
sin poder darse reposo.



Tan pronto como le hallaron
sentado entre los doctores
recobraron en sus caras
los primitivos colores.

Al orador buen Jesús
parece que le estoy viendo
en cuspidica montaña
primer sermón emitiendo.
Indescriptible parece
cuanto en el Tabor pasó:
el monte subió al Cielo
o el Cielo allí bajó.
Estando entre mortales
nos propuso esta lección:
aprended de Mi que soy manso
y humilde de corazón.
Que todo lo hiciese bien
más de uno yo no sé:
fue el hijo putativo
del glorioso San José.
Si el día de mañana
quieres estar a buen lado,
levanta tu corazón
a Jesús crucificado.


Al santo de mí nombre

Cosa nueva ya no es, no,
el buen nombre de José,
pues como enseña la fe
siglos hace que sonó.
Uno de los patriarcas
de ley semianticuada
cuenta un hijo sin rival
que por amor así llama.
Joven que tener no supo
ni molicie ni pereza,
día y noche trabajaba,
por conservar la pureza.
En borrascosa ocasión
le tiraron de la capa
al que por no extraviarse
la deja caer y escapa.
Aunque su integridad
era cosa tan notoria,
no obstante la calumnia
era su perseguidora.
Con el transcurso de tiempo
dicho José pierde raza,
otro nuevo se asoma
que con creces le aventaja.
Como sol por el Oriente
entre leyes aparece
un Varón que enaltece
a su país renaciente.
Y el José de nueva ley
al Cielo se consagró
desposándose de hecho
con la Flor de Jericó.
De gracia el Distribuidor
su Esposa le confía:
¡merécele garantía!
Hombre puro no hay mejor;
por eso le suponemos
arriba bien situado,
de castidad protector
y de moribundos amparo.
Lucero de la mañana
cuan radiante es tu luz
por el que murió en la Cruz
defiéndenos en campaña.
A quien hago alusión
elévole mi plegaria,
por primicias de mañana
esperando el galardón.
Modestia muy singular
a San José distinguía,
imitarla yo querría
y no pretendo igualar.
Así es que me propuse
de mi casa en un rincón
erigirle un rico altar
dentro de mi corazón,
¡oh San José muy querido,
gran foco de luz divina,
para darle sabatina
al tentador atrevido!
Joseíños, Josefinas,
o xa falado, mais agora
moito amor a castidade,
esa virtude que nunca sobra.

-.-

Pasa a
SURCANDO EL MIÑO
-II-
Xosé María Gómez Vilabella


 

 

No hay comentarios: