Xosé María
Gómez Vilabella
Unha débeda histórica
Nesta
ocasión, aínda que as
miñas columnas leven, e conserven, habitualmente, un chisco de humor, pido que
se me tome en serio, que nunca máis o estiven, nin estarei:
Abro unha subscrición, cun euro,
como aporte simbólico,
inicial,
para erixir unha placa, ou un monumento,
en Castroverde,
ao noso insigne paisano
inicial,
para erixir unha placa, ou un monumento,
en Castroverde,
ao noso insigne paisano
MANUEL CORDERO PÉREZ
Igrexa de Riomol
Fágoo non só en honor do homenaxeado,
senón, e tamén, da muller galega, obxecto directo daquela intervención súa, tan
oportuna, tan positiva como xusta e precisa, que non me cansarei de evocar, de
repetir:
“Hay una tierra -¡que bella es!-, Galicia, en donde la mujer rinde a la familia
y a la sociedad más esfuerzo que el hombre. Éste, sugestionado por la leyenda
del bienestar de América, unas veces, impulsado por la necesidad siempre, vino
emigrando, dejando a la mujer al frente de la hacienda y de la familia. Y
cumplía su cometido con tal heroísmo, que bien merece nuestra admiración...”
Estas verbas, emocionadas e
emocionantes, de Manuel Cordero Pérez, sendo Deputado Xefe da Minoría
Socialista, con ocasión da súa defensa do voto feminino nas Cortes
Constituíntes da Segunda República, -que foron o complemento decisivo da proposta
que fixo a santanderina Clara Campoamor Rodríguez, saltándose a disciplina de
voto do PSOE-, foron recollidas por Alberto Vilanova Rodríguez na súa biografía
do noso paisano, –nado en Castroverde no 1883-, e atópanse no tomo 11 da Gran
Enciclopedia Galega. ¡Convenceu, e aprobouse, na sesión do día 1º de outubro do
ano 1931!
Hoxe, agora que se celebra o Día da
Muller, a reflexión máis íntima ten que levarnos, débenos levar, a min polo
menos, ás débedas contraídas coa muller en xeral, pero dun xeito máis persoal e
directo ás da miña/nosa bisbarra, das que..., ¡das que sempre tiven complexo,
polo listas e polo traballadoras que son, que sempre o foron!
¡Que razón tiña Manuel Cordero
Pérez, e iso que non viviu a nosa Guerra no seu berce, no seu Castroverde, que
lle cadrou estar do outro lado!
Cos homes chamados a filas, como en
tempos de Cordero o foran á emigración, casadas e solteiras agarráronse ao
temón...; ¡non do barco, senón do arado, que é máis duro, máis forte, menos
manexable! E sen deixar de leva-los ovos, os queixos e maila manteiga, á feira,
coa outra man tiraban da corda do xato, e/ou da vaca, da niñada dos porquiños,
da pata do carneiro marón... ¡O malo do caso foi que veu a requisa, as taxas,
así que, máis que vender, tiveron que regalar!
Por falta de paxelos para mercar,
¡todas elas costureiras!, esganifaron sacos, e fixeron calzóns, ou batas, para
a súa prole. Tiraron de tesoiras e raparon as ovellas; fixéronse con liñaza, e
volveron aos teares; axugaron as vacas, e botáronse ao monte..., ¡precisamente
ao monte onde se escondían algúns daqueles homes, daqueles fuxidos!, dándolle á
fouz ca súa débil musculatura, para arramplar un carro de toxos; e tras dos
toxos, apeitar co saco para o muíño; e amasar, e roxar, e face-la bola...,
¡para que non lles faltase un codeliño de pan saboroso aos seus fillos!
Se choraban, que o farían, iso foi a
soas, que os nenos, na súa enteireza e no seu exemplo, nunca tal lles vimos.
¿Amazonas? ¡Non tal, que as nosas andaban a pé, polas corredoiras; e para ir á
feira, e á Misa, que non as fosen tomar por roxas! Case sempre co feixe na
cabeza, que cando non era o feixe era a sella, aquela dos aros marelos...!
A Guerra, oficialmente, durou tres
anos, pero as quintas tardaron en licenciarse, un, dous, tres..., ¡segundo os
casos! Cando volveron os homes, ¡os que volveron, que algún foise aos luceiros,
e outros metéronse a Gardas!, viñan derreados, amargados, ou malferidos; con
outro adestramento... Pero a muller non decaeu: Os nenos íanlles a escola, e
cando non abría a Oficial, a do Estado, ben que se preocuparon de buscar
mestres daqueles do “ferrado”, que xa non cobraban/non cobrabamos, en ferrados,
pero si que lles cabía/que nos cabía nun ferrado a pouca ciencia que
acadáramos. Os Curas das parroquias, ¡con tal de que a familia non tivese tacha
de roxa!, facilitaron o ingreso de moitos rapaces nun dos Seminarios, Lugo ou
Mondoñedo. O resto, en toda casa de certos posibles, ao Instituto, ou á Escola
de Comercio. En canto ás nenas, con tanta escola desatendida, fose por
depuración ou por mobilización do Mestre, a Escola Normal abriulles a porta
grande..., ¡e saíron dez mestras por cada mestre!
Se Cordero merece unha placa, cousa
que afirmo con toda a miña alma, as Mestras do rural, particularmente aquelas
da posguerra, merecen..., ¡o Ceo! Mais, como o teñen ben merecido, xeralmente
aceptado, esas non precisan do EURO para a súa placa conmemorativa, que lles
darán, que lles daremos, a Gloria, de todo corazón, ofrendándolles
espiritualmente este recoñecemento, esta evocación, esta admiración.
Se non é unha figura retórica aquilo
de que Eva..., tal e cal, a muller, todas en xeral, ao longo da Historia, ben
se leva redimido, ben leva estudado e traballado, particularmente nesta
bisbarra onde contamos, hoxe en día, con mulleres que nos igualan, e que
incluso nos superan, en moitos casos, nas máis diversas actividades e
disciplinas. Fixérono, lográrono, dun xeito meritorio, individual, esforzado,
dignísimo! ¡Por algo lles chamamos “donas”, por algo! O problema, de aquí en
diante, pode ser que, de subidas ós altares, ¿que mozo se atreverá a casar con
esas deusas que tanto se parecen ás Musas, a Ceres, a Cibeles, a Diana, a
Minerva, a Venus...? ¡Igual é cousa de ir pensando que Deus é Mater, e non Pater, como sempre se nos dixo!
Manuel
Cordero Pérez. Nado en
Castroverde, Lugo 1883 – Bos Aires (Arxentina) 1941. Chegou a Madrid de
rapaciño, onde foi mozo de recados, nunha taberna; despois, nunha tenda de
ultramarinos, e finalmente panadeiro. Non sei como chegou a coñecer a miña tía
Ramona, nora do ex-presidente Nicolás Salmerón y Alonso, familia que protexeu a
Cordero e lle facilitou o acceso á Casa del Pueblo, onde estudiou a todo meter.
Dirixente da Federación das Artes Brancas da Unión Xeral de Traballadores.
Deputado socialista por Madrid en 1931. Membro da Comisión Executiva da UXT
desde 1914 a 1932- Membro da Comisión Executiva do PSOE desde 1931 a 1939.
Autor do libro Los socialistas y la
revolución. 1932. E mil cousas máis.
Foi membro da directiva da
Internacional Socialista e acudiu a Xenebra en varias ocasións como Delegado da
Oficina Internacional do Traballo. Pertencía, ademais, á xunta executiva do
Partido Socialista e da UXT (Unión Xeral de Traballadores). Durante a Guerra
Civil permaneceu en Madrid, onde continuou traballando no Concello e na
Deputación Provincial. Ó remata-la guerra puido fuxir a Francia; despois
trasladouse a Casablanca, e finalmente marchou para Arxentina, en decembro do
ano 1940. En Bos Aires colaborou en varias publicacións, mentres a súa esposa
traballaba de modista para poder subsistir.
É monumental un artigo seu, xa
exiliado, pura autobiografía, que llo publicaron en Buenos Aires, en La
Vanguardia. Resumido:
“¿De qué creen ustedes que me
acusaban aquellos mercenarios de la pluma, subvencionados por el contrabandista
y banquero Juán March?, ¿de haber robado?, ¿de haber cometido algún delito de
cohecho? No, qué disparate. Me acusaban de ser un enchufista. Yo he sido, según
decían esos mercenarios de la pluma y profesionales del chantaje, el primer
enchufista de la República Española. Que sé yo la cantidad de cientos de miles
o de millones de pesetas que me llevaban a casa diariamente…
Tras enumerar os varios cargos de
carácter electivo que viñera desempeñando gratuitamente e o único retribuído ó
que tiña dereito calquera cidadán español, Cordero aborda así a orixe daquela
miserable campaña:
“Las derechas decidieron la ruina
moral y el desprestigio de la República. ¿Cuál sería el mejor procedimiento de
conseguirlo? No había otro camino que el de acudir a la calumnia y a la injuria
de los hombres de la República. Y mientras adulaban a Alejandro Lerroux, hombre
de moral tarada, atacaban violentamente a Azaña, a Marcelino Domingo y a otros
hombres de conducta moral intachable. Yo tuve la suerte y el alto honor de ser
el primero de los atacados. ¿Por qué? En mi conducta al frente de la Comisión de
Responsabilidades hay que buscar la explicación. Yo no soy hombre cruel, pero
soy inflexible en el cumplimiento de mi deber. Me ha tocado presidir el
enjuiciamiento del ex rey, de sus consejeros, que eran todos o casi todos
duques, marqueses y generales. Desempeñé mi gestión sin ensañamiento, con
objetividad absoluta, pero sin dejar torcer o retorcer el procedimiento
judicial. Tuve la desgracia de que cayera bajo la jurisdicción de la Comisión
Juan March, hombre de gran poder económico y de una fuerza corrosiva ilimitada.
Juan March había acumulado su fortuna haciendo contrabando de tabaco en el
Mediterráneo, es decir, robando al Estado. Su flotilla de contrabandistas se
hizo famosa en las suaves y azules aguas de aquel mar. Sus agentes cayeron
miles de veces en manos de la justicia, pero el soborno de los jueces les
salvaba siempre. Y cuando eran condenados, las condenas eran siempre leves; él
les pasaba su sueldo en la cárcel, pagando así su silencio. Juan March fue
procesado y encarcelado. Intentó sobornar a la Comisión que le enjuiciaba, pero
no lo logró. Y entonces resolvió pagar las campañas de calumnias e injurias.
Este es el origen de aquella campaña…”
Anécdota persoal:
En certa ocasión, visitando en
Mallorca un dos palacios da familia March, foime presentada unha neta de don
Juán. Falamos das belezas e das fealdades de Mallorca, e nisto, así, de socato,
díxenlle: -Mire que pequeño es el mundo, que yo soy natural del pueblo de Manuel
Cordero Pérez...
Non me deu ocasión de seguir, pois,
daquela mesmo, coma un lóstrego, deixoume só..., ¡que nin que lle lembrase a
Satanás! ¡Que ben informada estaba dos seus avatares familiares!
-.-
Documentos que localicei, uns no Concello
de Castroverde, e outros no Bispado de Lugo:
Manuel Cordero Pérez
E no Bispado de
Lugo a súa Partida de Bautismo, que é a seguinte:
na que consta, en
nota marxinal, o seu falecemento en Buenos Aires.
-.-
No meu “Miscelánea
II”, publiquei:
Vidas paralelas:
Manuel Cordero Pérez e Jordi Solé Tura
Os estremeños tócanse, foi o título dunha famosa obra de teatro, unha comedia musical de Pedro Muñoz Seca, levada ao cine por Alfonso Paso. Pero hoxe, aquí, vou falar de algo máis serio, moitísimo máis, ¡de dous extremos coincidentes! Un, galego, do finisterrae hispano; e o outro, catalán, do Mare Nostrum. De punta a punta, pero con grandes coincidencias, que non deben pasarnos desapercibidas; así que, hoxe, Día da Constitución, tómome a liberdade de ufar un: ¡Vivan por sempre, (na nosa lembranza, obviamente), os Constitucionalistas, os fautores das Constitucións!
Mal estaríamos sen constitucionalistas, pois, por mal que as fagan, peor estaríamos nunha anarquía, ou nunha ditadura. Unha constitución, toda constitución, como toda obra humana, e máxime estas, nadas, sempre, dunha tirapuxa entre mentalidades e actitudes coexistentes, é, pode ser, debe ser, mellorable. O que non poden ser é esquecidas, nin elas nin os seus autores.
Daquela, ¿por qué esquecemos, maiormente as mulleres, que aínda non lin a primeira que dedicase un agradecemento escrito ao noso Manuel Cordero Pérez, codefensor con Clara Campoamor, nas Constituíntes de 1931, e á contra dos temores do seu propio partido, que a muller tivese voto, un voto igualitario cos homes? Os cataláns berraban aquilo de, ¡Esperta, ferro!, pero aquí non sobraría un, ¡Esperta, Castroverde!
Ambos, o catalán e mailo galego, empezaron de panadeiros; ambos foron parte activa, decisiva, en sendas constitucións. ¿Caben dúas vidas con máis paralaxe? A diferenza vai estar, está, en que os paisanos de Solé Tura, calquera que sexa a súa ideoloxía, están honrando a memoria do seu..., ¿e nós? ¡No comment, que dixo o inglés!
Xosé María Gómez Vilabella
-.-
Restos da casa natal de Cordero, en
Riomol (Castroverde).
Noutro dos
meus “Miscelánea”:
Cordero, un
home de prol arquivado,
definitivamente arquivado?
definitivamente arquivado?
Aquí tedes,
agora no interior doutra casa,
en Riomol,
a ventá pola que tantas veces albiscou o amencer
aquel gran home ao que lle debe a muller española
o seu amencer político.
en Riomol,
a ventá pola que tantas veces albiscou o amencer
aquel gran home ao que lle debe a muller española
o seu amencer político.
Polos seus
veciños, si; polas súas favorecidas, si, tamén; pero alguén queda que o
relembra, polo menos nas ocasións propicias. Advertíunolo o
propio Cristo cando afirmou aquilo de que ninguén é profeta na súa terra!
Casualmente na semana pasada (este artigo publicouse en Galicia Dixital en
Marzo do 2011), comendo no "Pereira" co Cura de Riomol, e tamén co
Profesor Serafín Tellado López, de Romeán, falando de violencia de xénero
recordamos ao noso Manuel Cordero Pérez, o mellor defensor que tivo a muller en
España; aquel Deputado que, apoiando a Clara Campoamor nas Constituíntes da
República, ¡fai agora oitenta anos!, logrou / lograron que a muller deixase de
ser criada pasando a ser señora, ¡a ser "compañeira" e non
"serva"! Detrás veu Franco, que as relegou á Sección Feminina, pero
iso é outro cantar, un subcantar do Cara al Sol. Poño aos dous de testemuñas de
que comentei con eles, escandalizado, que aínda non houbese unha placa
conmemorativa no exterior desa casa de Riomol cando tanto se proliferan, ab
hoc et ab hac, incluso pola simple inauguración dun camiño ou dunha pista
de mala morte.
Máis agradecidos son outros, que
onte mesmo, (9-3-2011), botaron na TVE 1, a película "Clara Campoamor. La
mujer olvidada", (pola rama paterna, de Cantabria e de Asturias, e pola
materna, de Madrid e de Toledo), na que o guionista, o director, etcétera, ben
se coidaron de presentar ao noso veciño, ao antigo panadeiro, Manuel Cordero,
en tres ou catro tomas de primeiro plano, subliñando, recalcando, que se Clara
Campoamor logrou sacar adiante a súa proposta de voto feminino foi grazas a
Cordero, á súa nobreza, nun ambiente de dúbidas e de traizóns.
¿Que máis podo engadir eu, servidor, que tantos anos levo insistindo no
noso desagradecemento, no noso esquecemento, particularmente no das propias
mulleres, no das propias beneficiadas? ¡En vez desa placa, desa lauda, a
Cordero, igual habería que poñérllela a elas, particularmente ás de
Castroverde, para botarlles en cara a súa deslealdade, o seu desagradecemento!
Xosé María
Gómez Vilabella
-.-
En:
Amigos do Patrimonio de Castroverde
das
tradicións populares do CONCELLO de CASTROVERDE (LUGO)
·
INICIO
·
GALERÍA
·
PRENSA
Se as pedras falasen…
Isto foi unha ventá, -hoxe incrustada, internada, nas edificacións dun
veciño-, da casa onde naceu, e se criou, en Riomol, o noso ilustre paisano D.
Manuel Cordero (ou Cordeiro) Pérez. ¡Don, hoxe, que daquela seguro que eses
veciños lle dixesen, simple e lisamente, “Manueliño”!
Non sei, nin lle preguntei ao dono da casa actual, se esta conservación a
fixo por devoción a Cordero, á súa lembranza, ou simplemente por pura economía
de obras e de material; en todo caso, foi un acerto, un acerto digno de mención
e de aplauso.
¡Aí o teñen, aí o temos: un auténtico santuario! Aínda que igual lle
causamos molestias ao señor, pois, en particular as mulleres, se son
agradecidas de canto fixo por elas Manuel Cordero reclamando que se inserise o
sufraxio universal naquelas Constituíntes do ano 1931, o máis probable, o máis
xusto, será que comecen a levarlle ramos de flores ao seu titor, para poñerllos
nesa ventá desde a que tantas veces vería, ou presentiría, o futuro lexislador
castroverdense, unha fugaz alba de gloria do noso país. Fugaz, xa que ese
dereito tan natural foi suprimido, aos poucos, por D. Hermenegildo, aquel
ditador ferrolán que tanto nos aferrollou, e non se reactivou o voto feminino
ata a Constitución actual.
Para que ninguén poda entrar en discusión ou en dúbidas acerca da
autenticidade do berce do noso home de prol, que non nos pase coma co señor
Besteiro do Corgo, ¡que non hai, nin houbo, tantos como para esquecelos!,
tomeime a molestia, ¡grata molestia!, de mete-lo nariz en dous santuarios
fidedignos: O Rexistro Civil de Castroverde e mailos Arquivos do bispado de
Lugo. Non foi doado, pero, ¡aquí están! Empezarei polo de Castroverde onde
tiven a dificultade, a desorientación, de que eu partía da data de nacemento
que aporta a Gran Enciclopedia Galega, que o dá como: “…Político e dirixente
sindical socialista que naceu en Castroverde (Lugo) no ano 1881…”
Como a caligrafía non está aló moi lexible que digamos, coido que será
cousa de mecanografalo:
Á marxe: “Núm. 2729
Manuel Antonio Cordeiro y Pérez”. Texto: “ACTA DE NACIMIENTO. (O folio é 189
v).- En la villa de Castroverde, distrito de este nombre, a las nueve de la
mañana (¡polo sol!), del día veinte de Agosto de mil ochocientos ochenta y
cinco, ante D. José María Fernández de la Vega, Juez Municipal, y D. José
Fórneas Cartea, Secretario, compareció Francisco Cordeiro Teigeiro, natural de
Riomol, término municipal de Castroverde, provincia de Lugo, casado, labrador,
domiciliado en la parroquia de su naturaleza, casa nº 957, según lo hace constar con la cédula
personal que exhibe y vuelve a recoger, expedida a su favor con el número mil
doscientos, presentado con objeto de que se le inscriba en el Registro Civil un
niño, y al efecto, como padre del mismo, declaró: que dicho niño nació en la
casa del declarante el día diez y nueve del corriente mes, a las cuatro de la
tarde.- Que es hijo legítimo de Francisco Cordeiro Teigeiro, natural del
Riomol, término municipal de Castroverde, provincia de Lugo, de veinte y siete
años de edad, profesión labrador, y domiciliado en la parroquia de su
naturaleza, y Dª Francisca Pérez, natural de Barreiros, témino municipal de
Castroverde, provincia de Lugo, de veinte y siete años de edad, dedicada a las
labores de su sexo, y domiciliada en el de su marido; que es nieto por línea
paterna de Manuel Cordeiro, natural y domiciliado en el referido Riomol, casado
en segundas nupcias y labrador, y de María Teigeiro, natural del mencionado
Riomol, difunta; y por línea materna de Antonio Pérez Veiga, natural y domiciliado
en el precitado Barreiros, casado, y labrador, y de Manuela González Ferreiro,
naturla de Pumarega, en este término, casada, labradora, y domiciliada en el de
su marido. Y que al expresado niño se le había puesto el nombre de Manuel
Antonio.- Todo lo cual presenciaron como testigos D. Domingo y Pedro Seijas,
naturales y domiciliados en el pueblo de Arcos, en este término municipal, casa
número mil quinientos treinta y tres, cuarto imnumerado, mayores de edad, aquel
casado y este viudo, y labradores, según sus cédulas personales.- Leída
íntegramente este ACTA, e invitadas las personas que deben suscribirla a que la
leyeran por si mismas, si así lo creían conveniente, se estampó en ella el
sello del Juzgado Municipal, y firmaron el Señor Juez, el declarante, y los
testigos, y de todo ello, como Secretario, certifico: (Conclúe coas
sinaturas dos arriba citados)”.
O outro alicerce, a outra columna deste
monumento histórico, é a seguinte reprodución da Partida obrante nos arquivos
do bispado de Lugo.
Vexamos:
Á marxe: Riomol. Manuel Antº. hijo de Francº Cordeiro –
Falleció en Buenos Aires.- (¡Alguén,
outra letra, outra tinta, tivo a amabilidade de consignar neste documento este
dato adicional!)”.- No texto: “En
veinte de Agosto de mil ochocientos ochenta y cinco, el infrascrito cura
párroco de San Pedro de Riomol y unidas, bauticé solemnemente en la parroquia
de Riomol un niño que nació a las cuatro de la tarde del diez y nueve que rije,
hijo legítimo de Francisco Cordeiro y Teijeiro y de Francisca Pérez,
labradores, vecinos de San Pedro de Riomol, y naturales él de la referida
parroquia, y ella de San Cosme de Barreiros. Abuelos paternos Manuel Cordeiro y
María Teijeiro, difunta, vecinos que el es y ella fue del repetido Riomol;
maternos Antonio Pérez y Manuela González, vecinos de San Cosme de Barreiros;
púsele nombre Manuel Antonio, fueron padrinos el abuelo paterno y su mujer
Antonia Pérez. Y para que conste lo firmo fecha ut supra.- Firma: Bernardo
Fuentes González”.
¡Ben consignado, e con boa caligrafía! Este cura non era dos de carreira
curta, ¡seguro! O neno empezou pobre, pero ben apadriñado, que ás probas me
remito.
As pedras non falan, pero lembran, fannos lembrar. Os papeis, en cambio,
dino todo. O malo é que de Cordeiro (ou Cordero, que era como se poñía desde
que se amadrileñou), quedounos pouco, así que, o que temos cómpre gardalo, polo
menos ata que as autoridades competentes caian na conta de que este home de
prol, este paisano noso, merece…, ¡como pouco, poñe-la súa filiación en letras
de bronce!
Xosé María Gómez Vilabella
-oOo-