lunes, 3 de noviembre de 2008

MEUS PADRIÑOS

 

MEUS PADRIÑOS:

XOSÉ E MARÍA

Xosé María Gómez Vilabella

Meus avós, padriños de pías, ¡nados e criados en Lugo!, tiñan a experiencia de que non hai nada tan útil como ter de padriño un cacique. Nisto pensaron:

-¿Quen mandará máis no Ceo; despois da Santísima Trindade, por suposto?

E miña madriña:

-¡A Virxe María; que me encomendo a Ela cada vez que esperto!

O avó, para non ser menos:

-Eu, que tamén levo unha caiada..., ¡a San Xosé!

Así conformes, en posesión da verdade, bautizáronme de..., ¡Xosé María!

-.-

¡Que grata obriga me impuxeron!

Agora, cando rezo, a imitación de meus padriños, dos terráqueos quero dicir, ¿a onde se me irá a imaxinación máis que ao Ceo, á Virxe María e ao San Xosé? San Xosé era carpinteiro; pois eu, a imitación súa, tamén lle din á madeira: ¡zoqueiro!

 

Dándolle á garlopa 

Este é o altar das miñas zocas, das últimas que fixen, que llelas ofrezo aos carpinteiros de Nazaret:

 

¡Ben querido San Xosé, por esta afinidade profesional, pídoche que me axudes a entrar no Ceo, sexa descalzo ou con zocas !

-.-

Para falar con miña madriña, coa Virxe María, quítome as zocas e póñome de xeonllos; ¡que menos!

Deus te salve,

Salve, Regina, mater misericordiae 
Vita, dulcedo, et spes nostra, salve.
Ad te clamamus, exsules, filii evae. 
Ad te suspiramus, gementes et flentes 
in hac lacrimarum valle. 

Eia ergo, Advocata nostra, 
illos tuos misericordes oculos 
ad nos converte. 
Et Iesum, benedictum fructum ventris tui, 
nobis post hoc exsilium ostende. 
O clemens, O pia, O dulcis Virgo Maria. 

Ora pro nobis sancta Dei Genetrix. 
Ut digni efficiamur promissionibus Christi. Amen.

O que non me cadra moito é iso de pedirlle a Deus que “salve” á Raíña; igual está mal traducido. Á Virxe salvouna Deus desde o principio, librándoa de toda sombra de pecado, co orixinal, co derivativo, incluído. ¿Non a tiña predestinada para nai do noso Redentor? Daquela, a primeira persoa redimida foi María, desde sempre, desde o principio.

Salve, no latín, era: “con saúde; en bo estado; saudable; ben; etc.”


"Dios inefable, (8 Dbre 1854; Pío IX: Ineffabilis Deus ...) habiendo provisto desde toda la eternidad la ruina lamentabilísima de todo el género humano que había de derivarse de la culpa de Adán, y habiendo determinado, en el misterio escondido desde todos los siglos, culminar la primera obra de su bondad por medio de la encarnación del Verbo (...), eligió y señaló desde el principio y antes de todos los siglos a su unigénito Hijo, una Madre, para que, hecho carne de Ella, naciese en la feliz plenitud de los tiempos; y tanto la amó por encima de todas las criaturas, que solamente en Ella se complació con señaladísima benevolencia…”

¡Pero que obtusos, que cegatos somos; demorar tantísimo na proclamación dun dogma de fe, que estaba superclaro!

Ata que alguén me aclare esa tradución, eu voulle rezar así: “Sálvanos, Raíña, Nai de misericordia; sálvanos!” A salvación universal debémoslla ao seu fillo, ao Fillo de Deus, pero a Virxe tamén colaborou accedendo á súa encarnación: “Fágase en min segundo a túa palabra...”

Lucas, 1: 26,38. “... Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, onda unha mociña prometida a un home da casa de David, (ollo, prometida, só prometida!), que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María.

“Entrando onde estaba ela, díxolle:

-Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo.

Ela turbouse con estas palabras, cavilando no que podería significa-lo saúdo aquel. O anxo continuou:

-Non teñas medo, María, porque ti atopaches gracia ante Deus; e, fíxate, vas concibir no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que poñerás de nome Xesús. Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.

María respondeulle ó anxo:

-¿E como pode ser iso, pois eu son virxe?

O anxo replicoulle:

-O Espírito Santo baixará sobre ti e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus. Aí te-la túa curmá Isabel, que concibiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban estéril, que para Deus non hai imposibles.

María contestou:

-Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches.

E o anxo marchou de onda ela”.

-.-

 


Expulsados do Paraíso; o diabro, entre eles, disimulou collendo unha forma de cabrito.

(Un erro enorme do pintor: Á Eva fíxoa o Creador dunha costela de Adán; por tanto non tiña embigo, non se lle pode pintar)

-.-

A Virxe María versus Eva.

¿Como sería a nosa avoa antes do seu pecado garrafal? ¡Para min está claro: outro encanto de muller, pero aquela..., unha golfa! Penso, teño para min, -terei que consultalo cos teólogos-, pois o Xénese non foi explícito, acaso para non escandalizar demasiado cunha descrición terrible, terrorífica, como foi aquela sedución, aquela infidelidade tan soberbia dunha Avoa soberbia. Ante todo, infiel a Deus, disposta ao que fose con tal de igualar, ¡non de imitar!, a Deus; e despois, aburrida do seu Adán, ¡un adán, que xa o di a verba!, irse aos brazos de Lucifer, bo mozo, si, pero..., un diabro, un traidor, outro desagradecido, sempre disposto a levarlle a contraria ao propio Creador.

Deus pasouse de bo co seu Adán pois ofrendoulle de compañeira unha criatura preciosa, guapísima, ben feita, ¡un auténtico anxo! ¿Un anxo? O perigo tamén estivo en que lle concedeu “libre albedrío”; ¡un exceso, do que se aproveitou o traidor, levándoa á soberbia de querer máis, e máis, e máis..., que de tanto aspirar acabou..., na lama, ou máis exactamente, na llama, no lume infernal!

¡Pobre Adán, que lle fixo caso, e encima diso, despois diso, deitouse coa pecadora, que así pasou aquel podre das súas almas ás dos fetos sucesivos! Menos mal que Deus, bondade infinita, apiadouse daqueles cavernícolas, e tan pronto os viu un tanto civilizados, capaces de ler e de escribir unha Biblia, unha historia da nosa Salvación, apuntou co dedo dos seus milagres a un matrimonio exemplar, Ana e Xoaquín, ¡que concibiron en estado de gracia, quere dicirse, perdoados dos antecedentes familiares! Así resultou Miriam, María, a da Concepción Inmaculada, tan grata a Deus que lle conferiu a maternidade do seu Fillo, Deus e Home, disposto a morrer crucificado por nós, para, ao terceiro día, abertas as portas do Ceo e pechadas as do Seo de Abraham, devolvernos ao estado de gracia..., sempre e cando fagamos por merecelo, cumprindo os seus mandatos, os seus mandamentos, iso si!

¡Deus, que antítese temos nestas dúas mulleres: Eva, unha golfa; e María, todo mérito, toda humilde a pesares de ser a nosa Corredentora, nai do propio Fillo de Deus! ¿Temos claro a quen hai que imitar, cal delas merece a nosa admiración, o noso respecto? A miña fe dime que Xesús, misericordioso ata o infinito, non deixou á Avoa nos brazos de Lucifer; que tamén lle perdoou, que tamén a subiu ao Ceo, limpiña das súas golfadas. ¡Por algo temos ao diabro tan anoxado, tan furioso, tenta que tentarás, día por noite, desesperado coa súa, enésima, derrota!

Cando rezo a letanía fáiseme a boca gloria, gloria pura, que mesmo degusto os laudos que lle dedico á miña, á nosa, Señora. Século a século fóronselle engadindo peticións e gabanzas, pero todas axeitadas, pois mellor Avogada cá do Ceo non a temos na nosa Galicia, neste viveiro dos avogados, e menos mal que os sobrantes veñen dedicándose á política!

-.-

A Virxe María, redentora da nosa avoa. Se Eva seguise viva naqueles días nos que o arcanxo lle anunciou a María que sería a nai do Redentor, daquela houbese morto de vergoña. ¡Ti, miña querida neta, pura, humilde, entregada en corpo e alma ao servizo de Deus, e eu, pobre de min, namorada de Satanás, e coma Satanás soberbia, cultivando o desacato de querer ser deusa, competindo co Creador...; trágame terra, que morro de vergoña!

Quero pensar que en Eva houbo arrepentimento, pero tardío pois o seu Adán compartiu a mazá, polo menos ata a gorxa.

¡Virxe María, Primavera de Nazaret, o teu froito, froito da túa amabilidade, da túa humildade, e da túa entrega absoluta, rotunda, ao Creador, ese si que nos foi propicio, tan misericordioso que aceptou, voluntariamente, o sacrificio da cruz para redimirnos da soberbia herdada, como non vas ser o espello das nais, de tódalas nais!

Xulgo ás outras pola miña: ante todo, queréndome ensinoume a querer. ¡Gracias, mamaíña; e como teño por seguro que desde as túas alturas me ves, me oes, e me lees, voucho repetir con maiúsculas: ¡GRACIAS! Tamén estou seguro de que Deus che pagou por min, ¡en gloria celestial, nada menos!

De meu pai non teño queixa, pero as nais son, sodes, ¡iso, nais!, así que non cabe mellor ditirambo que o de nomealas, lembralas, con todo cariño, co agradecemento debido.

No pecado de Eva, ademais de soberbia tamén houbo desagradecemento. O Creador xa lles dera moito, moito e bo: ¡un paraíso! ¿Agradecéronllo? A nai, nai + pai, deles, era Deus, o Deus que os criara, Señor, Omnipotente, Eterno... ¡Que menos que estarlle agradecidos!

-.-

A nai que nos pariu... ¿Como non vai ter a Virxe María, no Ceo, un Ministerio Máximo, Supremo, co xusto que é Deus, para coa nai que pariu, e criou, ao seu Fillo, co que representa a función sacrosanta dunha nai!

Levo ansias, que ata diría infinitas, de verme no Ceo, ¡se me deixan entrar!, coa miña xente, con todos aqueles aos que tanto quixen, e eles me quixeron, pero coido que a ninguén estrañará que, en primeiro lugar, ante todo, queira darlle unha aperta á nai que me pariu e me criou. Ireniña, moito me lembro de ti, e ata me figuro que ti tamén desexas verme libre dos avatares desta vida térrea, ¡e iso que agora xa non cavo nas bouzas!, para acollerme ao eterno descanso, nesa eternidade, ese descanso que, dun xeito tan intenso e tan eficaz, lle debemos á Virxe María.

-.-

Algo de Xosefoloxía

¡Pero que pouco falamos, nin falamos nin escribimos, daquel patriarca da caiada florida, cando non houbo outro equiparable na súa función de protector da Virxe María e do Neno Xesús; un portento de Santidade! Con verbas de actualidade: a min represéntaseme algo así como un Secretario de Estado, que fan o traballo técnico, pero quen sae nos periódicos é o seu Ministro.

¿Tamén se librou do pecado orixinal? ¡Quero pensar que si, pois Xesús non ía querer un protector sucio, embarrado pola soberbia xeracional!

¿Casto? ¡Sen a menor dúbida: porque, chamado por Deus para esposo da Virxe-Nai, nai do Salvador, el mesmo conservou, tamén, a súa virxindade, consagrándose ao Neno Deus no papel de protector, de coidador, que tiña asignado.

¿Asunción de San Xosé, tamén San Xosé? ¡E logo, quen salvou de tantos perigos ao Fillo de Deus feito home, ía podrecer aquí abaixo, como faremos os pecadores? Que eu saiba, aínda non é dogma de fe, pero todo se andará..., desde que nos paremos a pensalo! Entre outros, San Xerónimo e San Agustín ben que o consideraron virxe. ¿Que se fala de “irmáns” de Xesús? ¡Burros, analfabetos que somos: Daquela chamábanlles “irmáns” aos primos, que aínda nos quedou, aínda chegou a nós, iso de, “primos irmáns”!

¿Cando, onde e como morreu San Xosé? Xesús xa pasara dos 12 anos cando se quedou no templo de Xerusalén ¡predicándolles aos doutores! Lucas, 2: 48: “Ó velo ficaron moi impresionados, e súa nai preguntoulle: -¡Meu fillo! ¿Como te portaches así connosco? Mira que o teu pai (putativo) e mais eu andamos cheos de angustia en busca túa”. Etc. Nos anos da vida pública de Xesús xa non se menciona, así que, ¿cando, onde, e como? ¡O pai adoptivo seguro que morreu, foise, subiu ao Ceo, no colo do fillo! O fillo era agradecido, non si? ¡Daquela non puido ser doutro xeito!

Títulos. Meréceos todos, que miúdo currículo: Patriarca, Confesor, Esposo da Santísima Virxe María, Pai “adoptivo” de Xesús, Avogado da Boa Morte..., Patrón da Igrexa Universal, etc., etc. ¡Ah; que tamén lle deron/e lle damos, un alcume! O Santo silencioso, o máis caladiño de todos, porque aínda non chegaran os tempos de falar, de facer milagres, entre outros, aquelas vodas de Caná, nas que tampouco se falou de Xosé! ¿Asistiría a elas, pero xa desde o Ceo? ¡Seguro que si, e ben que gozaría vendo ao seu rapaz iniciarse co milagre de converter a auga en viño, en viño óptimo, tan bo como non volveu a haber outro! Naquela ocasión tamén se demostrou que o Fillo de Deus está polas vodas, polos casamentos ben celebrados, pero non por eses casoiros, por esas xuntanzas meramente carnais, ao estilo dos animais en celo.

Estirpe. Segundo Mateo, 1: 17-25. “Xosé, o seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente. Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: -Xosé, fillo de David, (descendente de David), non repares en levar contigo a María, á túa prometida; pois o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo. Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará ó seu pobo de tódolos seus pecados. Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta: Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poñeranlle de nome Emmanuel (que quere dicir, “Deus connosco”). Acordou Xosé do seu sono, e fixo tal e como lle mandara o anxo do Señor, levando consigo á súa prometida; sen que a tocase, ela deu a luz un fillo. E el púxolle de nome Xesús”.

Na súa humildade, a nobre liñaxe (da familia de David), <ASA<0000000Gnon lle impediu gañar o pan coa suor da súa fronte; ¡outros, xa daquela, gañábano coa suor..., dos de enfronte! E non só iso, senón que lle transmitiu o seu oficio, a carpintería, nada menos que ao Fillo de Deus.

A figura de Xosé. Foi contemplada e admirada desde Pais e Doutores da Igrexa ata pintores eximios, que o imaxinaron cunha cara, cunha expresión, tan mística, que xa invita a imitalo. Os teólogos detivéronse no seu estudio, coas poucas liñas que del quedaron escritas, e con iso, a partires diso, elaboraron a xosefoloxía. Unha exhortación apostólica témola na Redemptoris custos, escrita por Juan Pablo II, que foi publicada o 15 de agosto do ano 1989; ¡onte! Un fragmento dela:

“IV. EL TRABAJO EXPRESIÓN DEL AMOR

22. Expresión cotidiana de este amor en la vida de la Familia de Nazaret es el trabajo. El texto evangélico precisa el tipo de trabajo con el que José trataba de asegurar el mantenimiento de la Familia: el de carpintero. Esta simple palabra abarca toda la vida de José. Para Jesús éstos son los años de la vida escondida, de la que habla el evangelista tras el episodio ocurrido en el templo: «Bajó con ellos y vino a Nazaret, y vivía sujeto a ellos» (Lc 2, 51). Esta «sumisión», es decir, la obediencia de Jesús en la casa de Nazaret, es entendida también como participación en el trabajo de José. El que era llamado el «hijo del carpintero» había aprendido el trabajo de su «padre» putativo. Si la Familia de Nazaret en el orden de la salvación y de la santidad es ejemplo y modelo para las familias humanas, lo es también análogamente el trabajo de Jesús al lado de José, el carpintero. En nuestra época la Iglesia ha puesto también esto de relieve con la fiesta litúrgica de San José Obrero, el 1 de mayo. El trabajo humano y, en particular, el trabajo manual tienen en el Evangelio un significado especial. Junto con la humanidad del Hijo de Dios, el trabajo ha formado parte del misterio de la encarnación, y también ha sido redimido de modo particular. Gracias a su banco de trabajo sobre el que ejercía su profesión con Jesús, José acercó el trabajo humano al misterio de la redención.

23. En el crecimiento humano de Jesús «en sabiduría, edad y gracia» representó una parte notable la virtud de la laboriosidad, al ser «el trabajo un bien del hombre» que «transforma la naturaleza» y que hace al hombre «en cierto sentido más hombre»[34].

La importancia del trabajo en la vida del hombre requiere que se conozcan y asimilen aquellos contenidos «que ayuden a todos los hombres a acercarse a través de él a Dios, Creador y Redentor, a participar en sus planes salvíficos respecto al hombre y al mundo y a profundizar en sus vidas la amistad con Cristo, asumiendo mediante la fe una viva participación en su triple misión de sacerdote, profeta y rey»[35].

24. Se trata, en definitiva, de la santificación de la vida cotidiana, que cada uno debe alcanzar según el propio estado y que puede ser fomentada según un modelo accesible a todos: «San José es el modelo de los humildes, que el cristianismo eleva a grandes destinos; san José es la prueba de que para ser buenos y auténticos seguidores de Cristo no se necesitan "grandes cosas", sino que se requieren solamente las virtudes comunes, humanas, sencillas, pero verdaderas y auténticas»[36].

…”

(Eu levo na carteira esta copia do óleo de Antonio Allegri da Correggio, “Descanso en la huída a Egipto”, que me di moito xa que tamén fun un fuxido para África, -Ifni-, onde Franco soltaba, malgastaba, ¡ou retribuía!, o diñeiro que se precisaba na Península; era a súa forma de pagarlles a carne de canón aportada por aqueles ¿notables? á Guerra de España).


Xosé, excelso Garda de Corps.

Sen Xosé ao seu lado, aqueles fariseos non dubidarían en aplicarlle a María o capítulo 22: 20-21 do seu Deuteronomio. Meu querido San Xosé, xa sei que tes, e mereces, un milleiro de títulos, pero acéptame o meu, que cho recoñezo, e dou, con toda sinceridade, e con toda humildade: ¡Garda de Corps das Maxestades Celestiais, da Virxe e mais do Neno!

Salvador de Inocentes. Estoute vendo: A Virxe e mailo neno nunha burriña, e ti a pé, tirando do ramal..., para desandar o camiño de Moisés! Se en vez de fuxir para Exipto, ¡inocentes perseguidos!, lle pedises a Deus Pai que mandase un raio sobre a cachola de Herodes, asunto arranxado, pero a vosa humildade, a vosa bondade, era así, única, inimitable!

Santo da Paciencia. En Exipto, con toda seguridade facéndolle cadaleitos ao Faraón, aguantaches impertérrito ata que o demo se encargou daquel infanticida, daquel Herodes.

Santo da Prudencia. Por se acaso o Arquelao saía a seu pai, en vez de volver para Judea desviástesvos para Galilea (Nazaret). ¿Gallaecia terá algo que ver con Galilea? ¡Encantaríame que houbese afinidades compartidas!

¿Santo dos Pepes? ¡Tamén; parece que si! Hai varias opinións, pero eu opto pola de Jusepe, que vén a ser unha versión reducida daqueles nomes, pero en español.

Hai quen di que inventaches a garlopa, afeccionado que eras de puír na madeira, moito e ben. Ata sería certo xa que o seu nome actual parécese a “galopar”, ¡galopar na madeira!

-.-

San Xosé na Igrexa Católica

Aprecio que te temos algo esquecido, agora, polo XXI arriba. ¿Non será debido a que lles damos menos importancia aos carpinteiros, aos carpinteiros, pero tamén aos zoqueiros, unha vez inventadas esas máquinas que o fan todo, tanto na madeira como nos coiros, ou nos plásticos?

O diabro sempre xogou, sempre se aproveitou, da soberbia humana, así que, nesta era dos rañaceos, o seu trunfo está en facernos esquecer que o máis importante dos edificios é a primeira pedra. ¿Quen foi a primeira pedra do cristianismo? ¡Quen ía ser máis que a Sagrada Familia, aquela da Nazaret!

Como eu non o sabería dicir mellor cá ela, aquí vou anosar, ¡facer miña, que non traducir!, a definición que che deu Santa Teresa Sánchez de Cepeda y de Ahumada, no seu Libro de la Vida, cap. 6, nn.6-8:


“... 6. Y tomé por abogado y señor al glorioso San José y encomendeme mucho a él. Vi claro que así de esta necesidad como de otras mayores de honra y pérdida de alma este padre y señor mío me sacó con más bien que yo le sabía pedir. No me acuerdo hasta ahora haberle suplicado cosa que la haya dejado de hacer. Es cosa que espanta las grandes mercedes que me ha hecho Dios por medio de este bienaventurado Santo, de los peligros que me ha librado, así de cuerpo como de alma; que a otros santos parece les dio el Señor gracia para socorrer en una necesidad, a este glorioso Santo tengo experiencia que socorre en todas y que quiere el Señor darnos a entender que así como le fue sujeto en la tierra que como tenía el nombre de padre, siendo ayo, le podía mandar, así en el cielo hace cuanto le pide.

… 7. Procuraba yo hacer su fiesta con toda la solemnidad que podía, más llena de vanidad que de espíritu, queriendo se hiciese muy curiosamente y bien, aunque con buen intento. Mas esto tenía malo, si algún bien el Señor me daba gracia que hiciese, que era lleno de imperfecciones y con muchas faltas. Para el mal y curiosidad y vanidad tenía gran maña y diligencia. El Señor me perdone. Querría yo persuadir a todos fuesen devotos de este glorioso Santo, por la gran experiencia que tengo de los bienes que alcanza de Dios. No he conocido persona que de veras le sea devota y haga particulares servicios, que no la vea más aprovechada en la virtud; porque aprovecha en gran manera a las almas que a él se encomiendan. Paréceme ha algunos años que cada año en su día le pido una cosa, y siempre la veo cumplida. Si va algo torcida la petición, él la endereza para más bien mío.

…8.Si fuera persona que tuviera autoridad de escribir, de buena gana me alargara en decir muy por menudo las mercedes que ha hecho este glorioso Santo a mí y a otras personas; mas por no hacer más de lo que me mandaron, en muchas cosas seré corta más de lo que quisiera, en otras más larga que era menester; en fin, como quien en todo lo bueno tiene poca discreción. Sólo pido por amor de Dios que lo pruebe quien no me creyere, y verá por experiencia el gran bien que es encomendarse a este glorioso Patriarca y tenerle devoción. En especial, personas de oración siempre le habían de ser aficionadas; que no sé cómo se puede pensar en la Reina de los ángeles en el tiempo que tanto pasó con el Niño Jesús, que no den gracias a San José por lo bien que les ayudó en ellos. Quien no hallare maestro que le enseñe oración, tome este glorioso Santo por maestro y no errará en el camino. Plega al Señor no haya yo errado en atreverme a hablar en él; porque aunque publico serle devota, en los servicios y en imitarle siempre he faltado. Pues él hizo como quien es en hacer de manera que pudiese levantarme y andar y no estar tullida; y yo como quien soy, en usar mal de esta merced…”

...

Teresiña, eras, ¡es!, un encanto. Como xa na terra te levabas ben con San Xosé, aí no Ceo non pode ser menos, así que, xa que non puiden, nin podo, ser frade, pídoche que, desde que pase o exame de San Pedro, me admitas nesa Orde que seguro tes fundada, Aí Arriba, a de Servidores do noso Patriarca.

-.-

O rol paternal de San Xosé

Stricto sensu non houbo adopción, pero si paternalismo, dedicación absoluta. ¡Absolutamente exemplar! Nesta exemplaridade sempre quixen inspirarme; outra cousa, outro tema, é que lograse conseguilo; ¡se así non foi, meus queridos fillos, e tamén meus queridos netos, perdón, perdón e comprensión; neste caso non tomedes de min o mal exemplo; ¡tomade o bo, directamente, de San Xosé!

San Xosé, o elixido. ¿Ía elixir Deus para protector do seu Fillo, e da Nai que o ía xestar, parir, e criar, un patriarca que non merecese un báculo floreado?


San Xosé formando parte da Sagrada Familia. ¡Que ben sabía, e sabe, Deus, que unha familia sen pai visible, sen un pai respectable, é coma a rama dunha árbore zoupada polo vento! Deus sábeo, pero cando a humanidade se deshumaniza, danse casos de nais desagradecidas, e de pais sublevados, que renuncian ás súas cargas sen sequera pararse a pensar no que fan.

Polos seus feitos coñecerédelos! En Xosé ben se viu que adoraba a Deus, que lle fixo caso, absolutamente en todo, incluso en papeis difíciles.

O rol de pater familias. Sempre fixo falta. Non é que houbese que ensinarlle algo ao Neno Deus, ¡nada, en absoluto, que ben o demostrou no templo ensinando, El, aos doutores da Lei!, pero Xosé dáballe á Sagrada Familia un carácter serio, formal, e grato, que -penso eu- contribuiría a facelos respectables e apreciados pola veciñanza que tivesen daquela.

Líder na oración. Tan por seguro o dou, que lle pido ao propio San Xosé que me inspire, que me axude, para facerme imitar dos meus, nas nosas súplicas, na nosa piedade.

Protector na fuxida a Exipto. Non tiveron incidentes. En terra allea, o emigrante precisa como nunca exhibir a súa respectabilidade, e neste caso non cabe dúbida de que a Sagrada Familia non só foi respectada senón, e tamén, admirada.

Laboriosidade. En Exipto; e despois, en Galilea... Aquel carpinteiro e mailo seu axudante... ¡Cando podían vivir de milagres, fixeron o milagre de abaixarse a unha labor de pura artesanía! Todo neles é admirable; e nós, os pecadores, tan soberbios!

A familia que vivía, ¡e vive!, en Deus e con Deus. Nos tempos da miña crianza dicíase que as mulleres eran máis cristiás cós homes..., porque a elas nunca se lles escapaba un taco! Pois na Sagrada Familia todo era unísono, uniforme, e unícromo: ¡eran, formaban, un cacho do Ceo! A esa familia pídolle, devotamente, que perfeccione na miña, que nos dea prácticas relixiosas, e nos libre das imperfeccións ateas!

En materia de comportamento cristián, eu, tal e como lles recomendaba Paulo aos colosenses, pídolle á Sagrada Familia que na miña se cumpra, de sempre e para sempre, que:

“Mulleres, sede dóciles ós vosos homes, como lle acae a unha muller cristiá. Homes, amade ás vosas mulleres, e non sexades ríspetos con elas. Fillos, sede ben guiados en todo cos vosos pais, que isto é cousa agradable ó Señor. Pais, non asoballéde-los fillos, para que non saian coitados”.

A humildade de San Xosé. Co noso carácter, santos incluídos, de vernos investidos da autoridade conferida ao Patriarca Xosé, vestiríamos de púrpura, ¡que nin cardeais! En cambio, Xosé, acotío, dándolle á garlopa...!

Sufriu polos que amaba. O embarazo de María, a viaxe a Belén, as refugas nas pousadas, a circuncisión, a profecía de Simeón, Herodes, O Neno perdido... Sufría e calaba, presto a servir, presto a cumprir coa misión encomendada. O amor mídese pola capacidade de sufrir polos seres queridos, non si?

-.-

A paz familiar..., anticipo do Ceo!

Afortunadamente non temos que esperar a que nos abra San Pedro as portas do Ceo para ter unha idea, para albiscar a felicidade que nos agarda: ¡Chega con vivir en familia, nunha familia feliz!

Tampouco fai falta ser a Virxe María, nin o Patriarca San Xosé, nin o Neno Xesús...; non, iso non, que ademais sería imposible, pero o que si é factible, poñendo cada quen algo da súa parte, é unha imitación, preciosa, pacífica, relixiosa: ¡A Sagrada Familia é o noso modelo; só temos que imitala; iso si, na oración, pero tamén nos feitos!


A felicidade tamén require estudio pois os tempos actuais, modernos, globalizados e globalizadores, preséntannos, acotío, unha serie de atraccións falseadas, falsificadas, que non pasan de ser puros, ¡impuros!, espellismos, deses que tanto abundan se vivimos un deserto, no deserto. A felicidade que nos quere Deus, a que debemos pedirlle é esa da paz interior; ¡da paz interior que teñen as conciencias ben cultivadas, pois as outras son..., toxeiras, con algunha flor e moitas espiñas!

O caso é que hai exames para todo, incluso para conducir o carro, ¡os de agora son a motor!, pero o máis importante de todos consiste en estudiar ben a parella pola que nos inclinamos, aínda que iso non poucas veces remata en suspenso; agora chámanlle divorcio, divorcio ou diverxencia, que eu traduzo por, ¡fuxir do carro!, ou, ¡o carro das responsabilidades, para o outro!

Entenderse tampouco significa empatar, igualar, que por algo e para algo nos criou Deus macho e femia; o importante é complementarse, comprenderse. Dito noutras verbas: aceptar as correccións do/da cónxuxe, para tender a unha complementariedade satisfactoria. Se empeza mal o matrimonio, se non “casan” as súas pezas, milagre será, e non cativo, que os cativos saian, e se críen, como Deus manda, dereitiños como varas.

Sintetizando: O camiño da felicidade non admite gráficas, non se pode marcar nun mapa topográfico; está en nós mesmos, no fondo da nosa vontade, e por tanto, da nosa bondade. O compás deste camiño está, pois, nas nosas conciencias, nas cultivadas; monte a través, tirándose ao monte, só se vai á cova do lobo, ao paraíso das feras.

-.-

“Cada quen é tan desgraciado como se imaxina ser”. Isto foi o que dixo Séneca, pero se eu coincido con el no Ceo, argüireille: ¿E por que non, tan feliz como se imaxine ser?

Se fósemos estoicos diríamos que a felicidade nace, xurde, brota, da conformidade íntima entre o que se quere e o que se vive. Daquela, cando se rompe esta unidade, aparece, sentimos, un oco, un baleiro, un desgarro, que convén saturar. Dixo un pensador co que non estou de acordo noutras cousas, pero nestas si, que, dada a fraxilidade humana, con frecuencia prodúcense certas feridas que é preciso “grampar” coa aceptación da debilidade propia e co perdón da allea. Pasarán os anos, e poderemos ter a existencia zurcida de cicatrices, pero gozando á vez dunha gran felicidade. Parece paragóxico, pero é certo.

¿Medicinas para estas enfermidades? ¡Buf; infinitas, pois hainas boas e malas, pero son tan subxectivas que cada quen irá experimentando as súas, deténdose en eliminar as contradicións que lle resulten. O antídoto máis perfecto, de aplicación xeral, é a fe, a fe relixiosa, a resignación de que procedemos do pecado, e aínda que fomos redimidos, cada quen terá que cargar coa cruz que lle corresponda..., segundo imos camiño do Ceo, iso si!

Estoume lembrando, e fágoo a miúdo, daquilo que dicía meu avó, sempre tan sereno e tan fondo, que, “Os padecementos desta vida hai que saber aceptalos e  administralos, pois teñen a virtude de anticiparnos o purgatorio, que é máis levadeiro e máis meritorio padecelo nesta vida que na outra; isto de agora levarémolo ganado e aforrado!”. Coa de desgracias e de padecemos que tivo el, -casa partida, fillos e fillas na emigración, co morgado durmindo na pedreira dos sapos, das cobras e das pinchorras, para esconderse dos franquistas, etc.-, estou seguro de que pasou directamente, sen retencións!


Con meu avó, rezando diante da cruz do Zarro Novo, onde se enterraban antigamente os abortiños, ¡porque os curas non querían no cemiterio parroquial nenos sen bautizar!

A miña devoción por Escrivá de Balaguer frustrárona algúns materialistas que se dicían “seguidores seus”, pero conservo apuntadas algunhas das súas verbas que son, para min, de auténtico credo: “O segredo da felicidade conxugal está no cotián, non en soños. Está en atopar a ledicia escondida que dá a chegada ao fogar; no trato cariñoso cos fillos; no traballo de tódolos días, no que colabora a familia enteira; no bo humor ante as dificultades, que hai que afrontalas con deportividade, etc.” ¡Pois iso!

Os obstáculos forman o noso carácter; a molicie defórmanos.

Parece un absurdo, unha contradición, pero é certo. Igual que o pan necesita da calor do forno para esponxarse, para facerse comestible, un tanto así precisa o ser humano da calor do fogar para curtirse, para facerse asimilable, aceptable.


Pan no forno.

Calor de dous tipos, que vén a ser como brasas e lapas; calor de cariño, do amor paterno-filial, coas lapas dalgunha que outra reconvención, pois, onde non hai afecto, apego, querencia, pouco nos importa que se malcríen as crías. ¿Roñámoslles aos fillos porque non os queremos? ¡Exactamente ao contrario: roñámoslles cando os adoramos, cando gozamos enderezando neles, cando sufrimos e nos irritamos coas súas desviacións, coas súas torceduras! Ás árbores poñémoslles esteos para enderezalas, para que medren con rectitude, ¿e non imos facer outro tanto cos nosos gromos, cos nosos garabullos, coa nosa descendencia?

No forno, no lar familiar, no seo da familia, o amor é lume, e todo lume é amor. O que veño dicindo: a luz e maila calor baixan do Ceo a por nós, ao propio lar, ao altar familiar. Se o fogar non fose divino, celeste, Deus houbese escollido outra forma, outra fórmula, para instalar na terra ao seu propio Fillo, noso Redentor; pero quixo, a maiores, que se criase atendido por unha muller e por un home... ¡Pensemos nisto, que é moita lección de Deus como para desentendernos dela!

Criar fillos atidos aos preceptos divinos, ¡eses dez, que aínda concretados en dous seguen sendo dez!, non é tarefa doada, pero si que é posible amparándonos na protección divina (fe, esperanza e caridade); outra cousa é, ¡maldita cousa!, se nos botamos á bartola, se nos deixamos levar pola corrente libertaria e materialista deste mundo, afumado, e afumados nós tamén, polas súas vaidades. ¡Non volvamos a caer naquela soberbia da Eva, pois non somos deuses; nin queremos nin podemos selo! Un consello paternal; recibido, que non meu: Fai todo o que estea ao teu alcance para vivir cerca de Deus, que xa El fará morada no teu corazón. ¡Xa que nos quere, razón de máis para querelo!

-.-

Volvendo os ollos a Belén...

Cando montamos un “Nacemento” nunca sobra lembrar, evocar, como foi o noso (o propio, en base ao que diso nos teñan dito), o dos fillos, o dos netos..., e daquela repasar o camiño seguido desde entón..., ¡para decatarnos de se imos cara, ou contra, Belén! Se houbo soberbia, presunción, fachenda nos banquetes..., ¡pois igual é que estamos lonxe, separándonos, da humildade de Xesús, e coa de Xesús, a da súa Sagrada Familia!

Por se alguén non o ten lido, a este respecto vou reproducir o que me parece esencial dunha charla que deu o profesor Lickona, na Fundación Familia Unida, que a titulou,

Diez claves para formar un hijo con carácter:

El carácter se define a partir de 10 virtudes, pero éste se forma a través del ejemplo, siendo padres con autoridad moral y educando la conciencia.

 El carácter forjará el destino. Así de simple y así de complejo. Por eso no es menor el trabajo que hagan los padres, fundamentalmente, y el colegio, en educar a los niños para que puedan formar su personalidad guiados en valores.

1.- El desarrollo del carácter debe tener la más alta prioridad y para ello hay que saber, antes, qué es un buen carácter. Éste se define a partir de 10 virtudes esenciales.

Sabiduría, para tener buen juicio y poder discernir entre lo bueno y lo malo.

Justicia, que es el respeto a la dignidad de toda persona, incluido uno mismo; de ella emanan la tolerancia y la honestidad.

Fortaleza, que implica paciencia, perseverancia, virtud esencial para que no se frustren.

Autocontrol o templanza.

Amor, que se entiende como sacrificarse por los demás y que va más allá de la justicia pues tiene que ver con la empatía y la generosidad.

Actitud positiva.

Trabajo duro.

Integridad, que es lo contrario a la auto decepción; es ser consistente con uno mismo.

Gratitud, que es el secreto de la vida feliz, y es una elección.

Humildad, que es un deseo de ser mejor.

Considerando todo lo anterior, se tiene que crear una cultura intencional dentro de la familia para formar el carácter; es decir, se deben tomar acciones deliberadas para establecer ciertas reglas tales como: no nos quejamos, ni buscamos excusas, no mentimos, ni robamos, y cuando cometemos un error aprendemos de él, vivimos con una actitud de gratitud.

2.- Ser padre con autoridad moral y tener un fuerte sentido de ello, o sea, tener claro que se tiene la razón como para que los hijos nos obedezcan. Los padres deben tener cero tolerancia con las faltas de respeto verbales y conductuales y por eso se debe aplicar la advertencia y la consecuencia frente a un acto equivocado.

Agregó que los padres pueden encontrar 45 razones para decir NO y permanecer en esa postura.

Hay tres estilos para educar: autoritario, es decir padres poco cálidos, buenos para gritar; permisivos, o sea padres inseguros y débiles; y con autoridad, que son los más efectivos, son afectuosos pero seguros, utilizan el razonamiento y pueden dialogar.

3.- Amar a los hijos ya que cuando ellos logran apego emocional se relacionan mejor con la autoridad del padre y son más receptivos a los valores. Amar implica tres cosas: tiempo, comunicación y sacrificio.

4.- Enseñar a través del ejemplo ya que los niños están siempre observando. Por eso, si se produce una discusión en la pareja, deben saber, y luego, reparar. Además escuchan las opiniones que sus padres dan sobre diferentes temas de la vida y deducen de ellos la moral. Los niños tienen que ver que sus padres son firmes en sus convicciones.

5.- Manejar el entorno moral, o controlar el ambiente en que los hijos se desenvuelven. Ello implica que no sólo hay que conocer sus amistades, sino las familias de sus amistades. Un punto esencial tiene que ver con los medios de comunicación, que saturan la existencia. Los niños deben tener claro que los medios como TV, computador, Internet, etc.,  son un privilegio, no un derecho, y por lo tanto su uso requiere de permiso y presencia de los padres. Debe existir un pacto de confianza entre padres e hijos para su correcto uso, porque son los primeros los que tienen el control.

6.- Enseñar directamente para formar hábitos y educar la conciencia, lo que implica dar mensajes claros y con intención. Esta debe incorporar la explicación de por qué algunas cosas son buenas y otras malas. Una de las formas de enseñar en forma directa puede hacerse utilizando libros o artículos del modo de poner el tema de conversación.

7.- Disciplinar con sabiduría o enseñar a los niños a tomar buenas decisiones. Esto implica hacerlos entender porque algunos actos son buenos y otros malos, y que ellos aprendan a cuestionarse esos actos con preguntas tales como ¿me gustaría que alguien me hiciera esto a mí? O ¿qué sentirían mis padres si descubrieran esto? O la prueba de la fe o de la conciencia como, ¿me sentiré culpable después?

8.- Resolver los conflictos en forma justa, que implica poder detectar el problema, hablar sobre éste y luego encontrar una solución.

9.- Darles oportunidades de practicar las virtudes ya que éstas se desarrollan en la práctica. Esto significa que no basta que sólo se hable de ellas, sino que se entreguen responsabilidades en la vida familiar que les permitan aplicarlas.

10.- Buscar el desarrollo espiritual de los hijos ya que hay estudios que demuestran que los niños que dicen que la fe es importante para ellos tienen niveles más altos de altruismo, y menos involucramiento en actividades riesgosas como el alcohol, las drogas o el sexo.

¡Estes tamén son “Mandamentos”! ¿Non si?

-.-

“Capilla, palomar y ciprés, pazo es!”. ¡Xa; pero eu teño todo iso nunha soa peza: A miña alcoba!

¿Capela? ¿E logo, non é pouca capela ter na parede da cabeceira unha imaxe da Virxe, con un cadro a cada lado, da Virxe Milagrosa e da Sagrada Familia, que son as miñas devocións predilectas?

¿Palomar? O pombal é o fogar familiar das pombas; non si? Pois eu teño, ¡temos, que por algo e para algo nos casamos a gananciais!, o retrato que fixemos en Lugo, cando volvemos para visitar os nosos lares, aos dous anos de casados por poderes, ¡un martes e trece!, en plena lúa de mel. ¿Quen tivo unha lúa de dous anos, séxase, toda unha “campaña colonial”? Noutra parede están as fotos da primeira comuñón de Pedro Paulo e de Estela, imaxes sacrosantas, insuperables; ¡e que Deus os conserve, sempre, así, así cerca de Deus!

¿Ciprés? ¿Cabe, existe, unha árbore máis familiar cós retratos dos nosos entregos? Un deles transmítenos, e consérvanos, a imaxe de como eran de guapos e felices os pais da miña Estrela; se tal non fosen, ¿podían ser capaces de xerar unha estrela? Noutro cadro, o señor Xosé María de Gómez e maila súa Irene dos Vilabella, culpables de que eu sexa o que son, un fillo agradecido.

Pero non para aí a cousa pois aínda quedou sitio para miña prima Mercedes.

Só tiven unha prima, esta, pero valía por dez: avogada, actriz, xefa de prisións en Madrid, no cárcere das mulleres, etc. Ademais de tela na miña capela ben merece dála a coñecer neste libriño; meréceo tanto ou máis cá célebre Venus de Milo. ¿Non si?

Querido Xefe: Desde esta capela, e con toda devoción, pídoche: Que borres as miñas faltas na miña folla de servizos, tanto as de acción como as de omisión, que as terei das dúas clases. Pídocho, tamén, para compracer aos meus entregos, que seguro me esperan na Porta de San Pedro, esperanzados e confiados nos meus arrepentimentos; igualmente para non decepcionar aos meus fillos, que me teñen por boa persoa, ¡ou iso din!, así que por nada deste mundo quero ocasionarlles unha decepción!. ¡Amén!

-.-

Mal podemos educar se non o estamos os pais! Oremus, digo, reflexionemos:

Iso da “compenetración”... A RAE dinos, na súa 3ª acepción, un tanto superficialmente, que “compenetrarse es identificarse las personas en ideas y sentimientos”. ¡Pois non, non exactamente, xa que non fai falta identificación, identificación plena, para que funcionen os matrimonios! Na “penetración”, de dous queda un, un só, ¡e con iso xa hai reprodución! Pero o matrimonio, tal e como entendemos os matrimonios, é máis ben comprensión; ¡comprender, para seguidamente puír, axustar!

O matrimonio ten, debe ter, unha función de lixa, de puímento; e para iso as asperezas do áspero debe puílas o forte, o maduro..., ¡con razoamentos, e non con rozamentos! ¿Cal é o maduro? Obviamente o que razoe mellor, o de moral máis alta, o de conciencia máis apegada ao estilo da Sagrada Familia: todo paz, todo concordia, todo amor; séxase, exemplaridade.

Analicemos as 8 etapas que propón Laura Dawn Lewis, tida como experta no tema da compenetración das parellas. Di que:

1ª. Atracción física. Nisto dáa como relativa, pois, ademais da aparencia física, ten que atraernos como pensa, como fala, como actúa e como trata aos demais. Eu digo que si, pero tamén que a atracción física intervén, ¡moito!, pois os rapaces/as rapazas, somos de carne, ademais do espírito, e danse no outro sexo certos imáns interactivos, potentísimos, que, sen entender o por que, incéndiannos os ollos, e cos ollos o resto do corpo.

2. Compatibilidade. Se nos gusta o mesmo tipo de música, roupa, comida, arte, e demais compoñentes da vida diaria. Tamén o vexo relativo pois a miña Estrela era unha bailona, e eu apenas souben marcar o paso na “mili”; máis ben pode ser que admiremos certas calidades nel/nela, acaso porque o outro careza delas.

3. Compenetración recreativa. Ter os mesmos gustos nas actividades a realizar no tempo de ocio (cine, deporte, etc.). Eu, que sempre apartei as pedras para non darlles unha patada, moito admiro que os meus netos, e con eles os seus amigos/as gocen tanto vendo / e facendo, iso de darlles patadas ás pelotas. ¡Hai que aceptar as afeccións do próximo, con tal de que sexan lícitas e morais!

4. Compenetración intelectual. Opinións, crenzas, valores, puntos de vista e formas. Aquí a miña tolerancia é rotundamente negativa cos que son, ou se din, ateos; téñoos por falsarios, por mentireiros, pois, con só o que temos á vista, un deus fai falta. ¿Que se criaron noutras relixións? Daquela esmerarnos en darlles un bo exemplo, pois iso é o mellor apostolado que podemos facer os cristiáns. Os noivados son a ocasión de comprobar se nisto pode haber aproximación, pois, casarse con opostos, adoita levar, conducir, ao suicidio matrimonial, vulgo, divorcio.

5. Compenetración espiritual. Cando se acade este nivel a relación será eterna. ¡Que si, Laura, que este é o camiño máis seguro; para a parella, pero tamén para os fillos; e tras dos fillos, para os netos!

6. Compenetración emocional. É difícil aceptar a parella se ten grandes diverxencias, en defectos e/ou en calidades. Poucos matrimonios diverxentes chegan a converxer se empezan con grandes discrepancias; ¡aínda os outros, os aproximados, dan que tecer!

7. Compenetración sexual. A iso non hai que temerlle pois o instinto xa lles ensinará a “manera”, como din os mouros.

8. Amor incondicional. Sen condicións non resulta; a primeira xa é pasar polo sacramento, pois, sen sacramento, un ¿casoiro? vén a ser como leva a vaca ao touro do lugar.

En definitiva, que para educar hai que estar educados; e non é de boa educación tratar de convivir con quen, xa de entrada, estamos distanciados; como se di en xeometría, “opostos polo vértice”.

-.-

Nove meses son poucos..., para o curso prenatal. Antes xa tivéramos, ou debéramos ter, os cursos prenupciais. Pero non acaban aí as leccións pois os educadores, os educadores doutos, sosteñen que o neno / rapaz precisa de vinte anos educativos, e dez máis (dos 20 aos 30) de consolidación. ¡Nada, que pasamos a metade da vida estudiando, e a outra metade ensinando!

Xesús, ¡ese si!, naceu sabéndoo todo, ¡Fillo de Deus!, que así o demostrou, xa de rapaciño, discutindo / ensinándolles aos doutores do templo. Lucas 2: 47: “Todos os que o escoitaban (no templo, cos doutores) estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións”. Pero como daquela os 30 anos era a idade legal para cargos públicos, se cadra por esa circunstancia legal, temporal, ata os 30 non se enfrontou, non se puxo, ao ensino colectivo, plebeo.

Ás árbores teñen ao seu favor un montón de raiceiras que as ancoran na terra, pero as persoas, niso, somos inferiores pois hai tormentas capaces de movernos, de torcernos, desviándonos da rectitude, da verticalidade. ¿Que quero dicir con isto? Pois, sinxelamente, que nunca se enraíza demasiado, dándose casos de fillos, ou netos, desagradecidos, que se bambean a cambio de..., ¡de nada, moitas veces, pois nada lles pode / nos pode dar a fortuna máis enriquecedora, máis satisfactoria, que o agradecemento dunha educación de calidade, de apego ben sentido e ben querido.

¡Que torpes somos; canto tardamos en madurar, e para iso, daquela, en vésperas do catafalco!

-.-

Os do “Pobo de Deus”, publicación relixiosa, ben razoan pero poucos a len a xulgar polos exemplares que sobran nas nosas igrexas; nun deles dicían: “Importancia do testemuño persoal. É moi importante o papel dos pais na educación dos fillos; os demais podemos axudarlles, pero non suplantalos. Agora a educación non se realiza só a base de bos consellos ou de frecuentes reprensións. Educar é, ante todo, transmitir unha conducta, un modo de ser honrados, veraces, fieis, traballadores, xenerosos..., e isto transmítese de verdade tratando de ser así os propios pais e cantos por vocación estamos chamados a educar. Pero na familia tamén os fillos teñen uns deberes importantes e unhas responsabilidades concretas. O esforzo e mailo cariño duns pais debe ser correspondido polos seus fillos. É importante que estes vaian aprendendo, segundo medran, a pensar menos na pura diversión e máis en estudiar, en traballar, en colaborar, en prepararse para o papel de futuros pais e de educadores”.

O que escribiu isto, aínda que non sexa pai físico, que non o será, o que é como “pai” relixioso ben merece o Ceo pola exemplaridade e polo acerto das súas reflexións, dos seus consellos.

-.-

A Sagrada Familia de Nazaret, da que nunca nos cansaremos de falar..., pero, dos seus veciños, que? Se eu vivise daquela, tal que en Cesarea (¡outra Coruña, outra Gallaecia!), boa envexa lles tería.

Non vexo que se fale deles na Biblia, pero é imposible que as veciñas de María, ¡aínda sen saber que era Virxe, a perpetuis!, e mailos clientes “dos” carpinteiros non se sentisen cohibidos naquel convivio de virtudes. Aínda eu lles tiña envexa aos meus veciños da Casa Grande, ¡porque saían de zapatos mentres eu levaba zocas, tanto á Misa como á feira!, así que, ¿aqueles terráqueos, porta con porta cos celestes...?

Pois todo contaminación positiva, virtuosa, tivo que haber entre eles. Só os cegos ignoran a beleza aínda que a teñamos de fronte, iluminada e iluminándonos.

Mais, por outra banda, ¿os discípulos do Mestre, en particular os primeiros que tivo, eran coñecidos seus; quero dicir, da súa bisbarra? Penso, supoño, que moi abundantes non foron xa que o propio Xesús (en Xoán 4: 43,44), “Pasados os dous días, saíu de alí para Galilea (pois o mesmo Xesús afirmara que ningún profeta é honrado na súa Patria)”. Aínda que o admirasen na veciñanza, que non podía ser menos, entre veciños, e incluso parentes, dáse moito a envexa, así que, nesa loita do vicio contra a virtude, Satanás medra, afilia, e non se cansa de sementar desercións.

-.-

A celebración do bautismo.

Temos a febre de celebralo todo: O día do nacemento, a onomástica, os aniversarios da voda..., pero somos tan superficiais e tan desagradecidos que se nos esquece a máis importante: a data bautismal!

Non é importante o nacemento, pois, de xerados, nalgún sitio, nalgún lugar, temos que saír á luz do sol, salvo que houbese un aborto, natural ou provocado. Tampouco o é o lugar do parto pois todo iso é relativo; eu, por poñerme de exemplo, xerei a filla en Ifni, e estivo a punto de nacer no avión de Ifni-Las Palmas-Madrid; pero aguantou ata Lugo! ¿Quería ser galega? Este privilexio concedeullo Deus.

Como nin os propios pais son capaces, xeralmente, de lembrar onde foi xerada a criatura, traspasan esa importancia ao día e ao país do natalicio. ¡Non deixa de ser un truco!

O día importante, repito, é o do bautismo; e os padriños, no espiritual, son máis importantes que os propios pais. Ao bautismo debémoslle o máis transcendente: nacer á limpeza, coa limpeza; nacer para a vida eterna, coa alma limpa, depurada. ¿Que tamén foron redimidos os ignorantes do cristianismo? Teño entendido, e crido, que si, pois a Redención foi xenérica, xeral, pero Cristo, que nos invitou ao bautismo, deixou claro que o asistía o propio Espírito Santo, confirmando a filiación divina que recibimos no simbolismo da auga; ¡limpeza, retorno ao Paraíso! Fillos, todos; pero, predilectos, os bautizados.

Estas consideracións teñen que servir, tamén, para espertar a nosa memoria, e rezar, con toda devoción, polos nosos padriños. ¿Temos alguén, vivo ou defunto, a quen debamos unha obriga meirande?

-.-

Entre católicos: a función e maila responsabilidade dos padriños de pías.

Co Código de Dereito Canónico na man:

-Que o candidato a padriño/madriña estea maduriño, que teña cumpridos os dezaseis anos; coa excepción de que o bispo do lugar teña outras especificacións, ou que o párroco vexa causa xusta nalgunha excepción.

-Os padriños terán acreditada a súa madurez coa recepción dos tres sacramentos iniciáticos: Bautismo, Confirmación, e Eucaristía.

-O padriño, e igualmente a madriña, deben acreditar que pertencen á Igrexa Católica; e tamén que o seu vivir, a súa vida, está libre de escándalos; séxase, moral.

-Con razóns xustificadas, válenos un só padriño, ou unha madriña, pero nunca dous de igual sexo.

A auga de socorro. Costume fondamente católica, que non debe perderse: En caso de necesidade, de perigo inminente, bauticemos con auga de socorro, séxase, bautizo de emerxencia; así: “Con intención de bautizarte, bautízote (N.N.), no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo”. Non se diga “Amén”, pois a súa efectividade non é dubidosa. Iso si, leven ao neófito á igrexa o antes posible para confirmarlle o sacramento.


¿Que debe primar na elección dos padriños? ¿Aternos a esa experiencia caciquil de que, “O que ten padriños, bautízase”? ¡En absoluto; Deus nos libre de tal! Tras do bautizo vén a consagración relixiosa, ensino, educación, consello..., así que, ¿quen elixe un mal profesor téndoos, habéndoos, bos?

Para a Confirmación o costume é acudir á igrexa do Bautizo, pero poden darse circunstancias que aconsellen cambiar. ¡A vida dá moitas voltas en poucos anos!


Igrexa de Luaces (Pol)

A tal momento non consigo lembrar quen me apadriñou na miña confirmación, aló en Luaces, pero si teño clarísima unha anécdota daquel día. ¡As picardías tardan en evaporarse! Alí uns veciños, que xa foran confirmados, dixéronme: “¡Vai precavido, pois ao Bispo de Lugo encántalle dar hostias!”. E como xa me dera unha (unha labazada), por certo que ben sonora, o ¿dentista? de Trasín, Landriz, por sorpresa e como anestesia previa para arrincarme unha moa danada, o neno achegouse a Luaces con máis medo que vergoña! Tanto o Bispo coma o Párroco tratáronos tan paternalmente que incluso nos deron, a continuación, un chocolate quentiño, cun feixe de roscas, daquelas da Narnexa da Ribadauga. ¡Un anticipo do Ceo!

-.-

Eu teño un baleiro...

Só tiven un, unha afillada, e para iso por delegación de seus avós: María de África Blanco Mourenza, que a bautizamos na igrexa de Santa Cruz de Ifni. Ben bautizada saíu pois mereceu o Ceo nada máis termina-la súa adolescencia.


Na Coruña, á esquerda da miña filla.

¡Que baleiro me/nos deixou! Claro que agora me está vendo e lendo desde Aló Arriba; daquela voulle mandar unha mensaxe: Afriquiña, verdade que valeu moito a pena ser boa persoa? Como ti querías moito a teus irmáns (os da esquerda), e tamén aos meus fillos (os do centro), agora que tes mando en praza, pide por eles, que sigan imitándote nas túas virtudes, que eran moitas!

-.-

Lembranzas daqueles anos da miña crianza


En canto a obsequios de padriños a afillados, naqueles anos da miña crianza: Dos meus avós, padriños de pías, recibino todo xa que meus pais vivían con eles; ¡todo o mellor de canto tiñan! Neste caso nada teño que reseñar, ¡ou reseñalo todo! En canto aos outros avós, aos maternos, o seu regalo habitual, frecuente, eran aquelas moedas de 25 centavos, ás que tan adicto fun, e tan agradecido me sentín, que ata din en chamarlle ao avó, “o meu padriño dos furados”. ¿Que sabía aquel neno, naquel rural en guerra, con sete anos, como para distinguir entre céntimos, pesetas, frechas, e anos triunfais!

O que si viña observando eran aquelas cestas abarrotadas que lles traían, que lles levaban, ás paridas, e por ende, ás súas criaturas: pan de trigo, ¡bolas de Mondoñedo!, coellos, pitas, chocolate, queixos da facenda miúda... ¡O mellor de cada casa, e con iso, o mellor de cada feira!

Tamén fun descubrindo, segundo entrei en idade escolar, que nenos da miña idade, ou meirandes, había cinco ou seis en cada casa, en cada familia, pero, coma se viñese unha epidemia, os menores comezaron a escasear. ¿E iso...? ¡Cos proxenitores solteiros, fuxidos, ou na guerra, as festas familiares..., de coresma! Non preguntei, que ben se vía, ben se notaba, por neno e por inocente que foses!

Naquelas circunstancias, naquelas miserias, naquelas fames..., regalos? ¡Por non ter non tivemos nin Reis, nin Magos, nin dos outros!

-.-

A evolución dos regalos infantís.

-O barrelo. Facíanos os carpinteiros, anticipándose aos partos; así que os padriños, fosen ou non da casa, cando non os sabían facer eles, encargábanos a tempo. Unha anécdota: Con aquelas escasezas de Ifni, o “andador” do noso fillo regalóunolo o Mestre Jerónimo Sáenz, que lle valeu o enfado de Margarita (vella amiga de Pilar Primo de Rivera, casada co Mestre Cruz Conceso San Pablo), ¡porque o quería para o neno deles!

-A cuncha bautismal. Nalgunhas parroquias, maiormente nas costeiras, aínda usamos a cuncha ostrífera para a auga bendita; devólvellas o crego á madriña, para que as garde para o neno. Empezan a vir as de prata, nacaradas, etc.

-Medallas coa data e mailo nome do neófito/a, no reverso. Hainas coa imaxe do santo/da santa invocada, no anverso. Encárganse nas praterías, que as funden.

-Libro e/ou álbum do bautizo.

-Roupas do berce, e tamén elementos decorativos infantís.

¡Pero o mellor de todos foi/é a invitación que lle fan os padriños ao Espírito Santo, lembrándose do Xordán!

 


-.-

As “madriñas” de Guerra.

¡Desas si que comezou a falarse! Souben dese..., ¿oficio?, cando, nos domingos, íamos recoller o correo, á saída da Misa, e decateime da cantidade de cartas que recibían as mozas, ¡a feixe! ¿Madriña, quen lles escribe ás rapazas, pois elas non teñen fillos en América? ¡Non, meu neno, non, pero teñen afillados no inferno! ¿Morréronlles, de nenos; pero, do inferno, segundo predicou o señor cura, nin se volve  nin se escribe! Pepiño, vai calando, que tanto preguntas se hai xente diante coma se non; o inferno ao que me refiro comeza en Asturias, e por aí adiante; chámanlle guerra!

O “tema” chamoume a atención, moito, así que, de alí en diante, puxen a orella en toda ocasión propicia; isto é o que libei, ¡por se vos gustan os dramas, agora que tan de moda están as películas bélicas!

Unha madriña de guerra podía ser, ou non, a propia noiva, pero en xeral buscábanas, solicitábanas, de altura, de familia rica..., para que regalasen! (E incluso para presumir de foto, aló nas trincheiras).

O invento, segundo se me dixo, procedía da primeira Guerra Mundial; e na española incluso houbo periódicos que poñían anuncios:


¿De onde vén, pois, este servizo? Entre outros antecedentes, temos aquel anuncio, publicado o 10 de Outubro de 1924, no Noticieiro Extremeño, que dicía: “Madrina de guerra.- Nos escribe solicitando madrina de guerra el sargento de la primera compañía del batallón expedicionario de Castilla número 16, que se encuentra en Tetuán, don José Bala López”. ¡Mulleres, mulleres, que ata nas guerras sodes necesarias!

As madriñas, obviamente, foron de gran apoio, de gran estímulo, para os combatentes, ¡a saber que facían eles coas súas cartas, nas trincheiras, e sen papel hixiénico!, ademais de recibir presentes, apetecibles naquelas circunstancias, tal que tabaco, xerseis, mantas, comida, periódicos, etc. Incluso, as de familia caciquil, intercederon para lograr algún que outro permiso, traslado, etc. ¡Un choio!


¡Se foi importante a súa función, que incluso se lles dedicaron libros!

O bando franquista converteu á “madriña de guerra” nunha auténtica institución, tanto, que a correspondencia cos soldados foi gratuíta. Ao igual que as mulleres nacionalistas (do banco nacionalista, quero dicir), tamén as republicanas foron madriñas de guerra, pero moito máis tarde que as franquistas; as republicanas preferían empuñar armas, colaborar directa e persoalmente. Estas desapareceron enseguida, antes xa de terminada a guerra; ¿será que destruíron aquelas cartas para non comprometerse?

Unha anécdota, ou non tanto: Unhas rapazas de Villagarcía de Arosa, fixeron de “madriñas” para cuns republicanos asturianos presos no campo de concentración de Rianxo. Segundo se relata en “Asturias republicana”, no Nadal do ano 1937: “... fíxose en Villagarcía de Arosa unha colecta para os presos. Cruzaron a ría nunha lancha e leváronlles roupa, castañas, noces, viño, mazás e calzado. Nalgún dos petos desa roupa ían as direccións das rapazas que se ofrecían como “madriñas de guerra” daqueles presos...”

A Sección Femenina de Falange cultivou moito o xénero epistolar, ¡e despois dicían delas que eran uns marimachos! Ata o serían, xa que tanto se interesaban por aqueles voluntarios, por aqueles machotes, ¡que non lles importaba o frío, nin o frío nin a guerra! Para Rusia saíron, pero, ¿chegaron ao seu destino? Roupas de abrigo, guantes, bufandas, pasamontañas...; tamén, seica, abundaron os rosarios, as postais, libros relixiosos... Con aquelas cartas na man, os da Azul, ¡canto non darían por truca-las trincheiras por camas de matrimonio! Algún casoiro houbo, na postguerra; e máis que habería se se puidesen casar os mortos! En todo caso, debido ao mal funcionamento do Feldpost, algunhas cartas dos familiares da División Azul non chegaron aos seus destinatarios.

No campo galego, durante a guerra, e incluso nos anos posteriores, mentres as quintas foron interminables, as nosas mulleres máis que madriñas foron factótums,  marimachos á forza, rodeadas, máis que asistidas desasistidas, de vellos e de nenos.


O arado desta rapaza era dos lixeiros, chamados de “aricar”, que servían para refrescar a terra arada a fondo, de antemán, cos grandes, todo de ferro.

Para recoller


hai que sementar!


¡Que volo digo eu, de propia experiencia!

-.-



A pía vella, na que me bautizaron en Montecubeiro, pero volveron uns americanos, presumindo de riqueza, ¡e pareceulles pobre a pía na que foran bautizados, así que..., mercaron unha máis..., máis elegante, así que a nova foi para dentro da igrexa, e a vella, ¡a dos vellos!, no pórtico.

-.-

Xosé María Gómez Vilabella

-oOo-

Addenda

Do bautismo, con todo ser a chave do Ceo, se cadra preocúpanos máis a festa có sacramento. Démoslle un repasiño.

Catecismo da Igrexa Católica:

1213 El santo Bautismo es el fundamento de toda la vida cristiana, el pórtico de la vida en el espíritu ("vitae spiritualis ianua") y la puerta que abre el acceso a los otros sacramentos. Por el Bautismo somos liberados del pecado y regenerados como hijos de Dios, llegamos a ser miembros de Cristo y somos incorporados a la Iglesia y hechos partícipes de su misión (cf Concilio de Florencia: DS 1314; CIC, can 204,1; 849; CCEO 675,1): Baptismus est sacramentum regenerationis per aquam in verbo" ("El bautismo es el sacramento del nuevo nacimiento por el agua y la palabra": Catecismo Romano 2,2,5).

I. El nombre de este sacramento

1214 Este sacramento recibe el nombre de Bautismo en razón del carácter del rito central mediante el que se celebra: bautizar (baptizein en griego) significa "sumergir", "introducir dentro del agua"; la "inmersión" en el agua simboliza el acto de sepultar al catecúmeno en la muerte de Cristo, de donde sale por la resurrección con Él (cf Rm 6,3-4; Col 2,12) como "nueva criatura" (2 Co 5,17; Ga 6,15).

1215 Este sacramento es llamado también “baño de regeneración y de renovación del Espíritu Santo” (Tt 3,5), porque significa y realiza ese nacimiento del agua y del Espíritu sin el cual "nadie puede entrar en el Reino de Dios" (Jn 3,5).

1216 "Este baño es llamado iluminación porque quienes reciben esta enseñanza (catequética) su espíritu es iluminado" (San Justino, Apología 1,61). Habiendo recibido en el Bautismo al Verbo, "la luz verdadera que ilumina a todo hombre" (Jn 1,9), el bautizado, "tras haber sido iluminado" (Hb 10,32), se convierte en "hijo de la luz" (1 Ts 5,5), y en "luz" él mismo (Ef 5,8):

El Bautismo «es el más bello y magnífico de los dones de Dios [...] lo llamamos don, gracia, unción, iluminación, vestidura de incorruptibilidad, baño de regeneración, sello y todo lo más precioso que hay. Don, porque es conferido a los que no aportan nada; gracia, porque es dado incluso a culpables; bautismo, porque el pecado es sepultado en el agua; unción, porque es sagrado y real (tales son los que son ungidos); iluminación, porque es luz resplandeciente; vestidura, porque cubre nuestra vergüenza; baño, porque lava; sello, porque nos guarda y es el signo de la soberanía de Dios» (San Gregorio Nacianceno, Oratio 40,3-4).

 

Auga de socorro. Como bautizar en caso de urxencia.

 

El «agua de socorro» es una expresión propia de algunos países de Latinoamérica para hacer referencia al bautismo de emergencia.

Y este bautizo de emergencia se realiza o se debe realizar, única y exclusivamente, cuando un neonato o un bebé está en peligro real de muerte (aunque pueda que después sobreviva), y no hay posibilidad de recurrir al sacerdote para el bautismo formal.

Este bautismo de emergencia puede llamarse «en artículo de muerte» (cuando la muerte es inminente, próxima y cierta) o puede llamarse «en peligro de muerte» (cuando la muerte es una seria posibilidad).

Por tanto este rito de derramar el agua, o como también se dice «echarle el agüita», sobre la cabeza del bebé no debe nunca hacerse arbitrariamente o entenderse como un rito sustitutivo o complementario, anterior o posterior, al bautismo; o concebirlo como un rito para la buena suerte, o de protección, o como remedio a la enfermedad.

El agua de socorro tampoco es un símbolo del bautismo o de la relación con Dios.

Los padres no demoren o posterguen por descuido o por razones sin fundamento (conseguir los recursos para hacer una fiesta suntuosa, esperar mucho tiempo para conseguir los padrinos o para que estos lleguen, por ejemplo) el bautismo por meses, y menos aún por años, el bautizo de los niños.

Para evitar angustias o bautismos de emergencia se recomienda por tanto llevar al bebé al párroco y bautizarlo lo antes posible. El amor por el hijo o la hija empieza por aquí.

Padres, bauticen a sus hijos lo antes posible, ¡hay diferencia!

Lo que pide la Iglesia es bautizar a los niños cuanto antes, y esto por dos motivos:

Por la costumbre vigente en la Iglesia universal, que desde hace tiempo tiene fuerza de ley, de que no se difiera demasiado el bautismo de los neonatos.

Y porque el peligro de muerte es mayor en los niños que en los adultos.

Si el neonato o el niño no puede ser llevado a la iglesia con seguridad, debe llamarse al párroco para que administre el bautismo en casa o, en su defecto, al capellán estando en el hospital.

Si por algún motivo un bebé o un adulto sin bautismo corre algún peligro de muerte y no hay en absoluto la posibilidad de que lo bautice un ministro ordenado, cualquier persona que tenga la debida intención (Can. 861,2), aunque no esté bautizada, puede y debe bautizar.

Bautismo de emergencia

Cuando se dice «cualquier persona» es cualquier persona, varón o mujer, que tenga uso de razón; indiferentemente que tenga o no algún vínculo familiar con el niño o neonato. Puede ser incluso el padre o la madre.

Después de este bautismo de emergencia se procede a comunicarlo a la parroquia donde se ha realizado el bautismo para hacer lo conveniente (su debido registro, por ejemplo).

En el caso del bautismo de adultos siempre se requiere el consentimiento de los mismos, pues no debe realizarse contra su voluntad.

En este caso, quien va a ser bautizado, realizará piadosamente un acto de contrición y propósito de enmienda. Si el paciente está en estado de debilidad o en agonía podrá ayudarlo o rezarlo por él (pidiendo que lo siga en su interior) otra persona o quien lo va a bautizar.

Sin importar el lugar de bautismo y las circunstancias, las únicas condiciones para un bautismo de urgencia, son:

Pedir al familiar más próximo, o en su defecto a la persona bautizada más cercana, que haga de padrino o madrina. Si no hay nadie presente y/o con un mínimo de condiciones para que haga de padrino o madrina, no es indispensable la presencia de éste o ésta. Quedan excluidos de esta función, en todo caso, además de los ateos, los excomulgados; quienes en caso extremo harán de testigos. “Quien administra el bautismo procure que, si falta el padrino, haya al menos un testigo por el que pueda probarse su administración” (Can. 875).

Como se decía antes, a la hora de bautizar, hacerlo con la intención de hacer lo que hace la Iglesia católica. La persona al bautizar sea consciente de lo que hace: dándole el valor y el respeto debidos.

Derramar agua, aunque sea sin bendecir (Can. 853), sobre la cabeza del bautizando diciendo al mismo tiempo la siguiente fórmula: “N.N., yo te bautizo en el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo”. Sin decir amén ni agregar más palabras.

No usar otras fórmulas dudosas o ambiguas, pues esto invalidaría el bautismo. Tanto la fórmula como el rito en sí mismo son inmodificables.

Si el bebé no está aún registrado, se le puede imponer el nombre más conveniente (un nombre relacionado con la fe); y luego inscribir el nacimiento en el registro civil el nacimiento con dicho nombre.

No hay que hacer nada más, ni hacen falta más cosas (flores, velas, imágenes, oraciones, libros, etc.).

Si alguien sin bautismo -bebé, niño- está declarado muerto, clínicamente hablando (no se sabe el instante preciso de la separación del alma del cuerpo), se bautiza bajo condición.

¿Qué es el bautismo condicional?

En caso de un adulto se puede hacer cuando se sabe que este lo hubiera pedido o se cree que su bautismo no iría contra su voluntad.

En este caso quien bautiza debe verter el agua sobre la cabeza del bautizando diciendo simultáneamente: «Si vives, N.N., yo te bautizo en el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo».

El niño en peligro de muerte se puede bautizar lícitamente aun en contra de la voluntad de sus padres sean estos o no católicos (Can. 868,2).

Y esto se hace por precepto de caridad, si esto pudiese realizarse en ocasión oportuna y sin incitar o promover el odio a la Iglesia.

-.-

O que non vemos, nin vemos nin oímos, no Sacramento do Bautismo, pero existe, prodúcese:

 

O anxo da garda está co neno desde o intre da súa concepción, ¿ou ía permitir o Creador a existencia doutra alma sen padriño espiritual? Pero o diabro, que ía agochado nos xenes da parella, tamén está presente, agochado pero presente.

No intre do bautismo, ao caer a primeira gota da auga bendita sobre a cabeza do neófito, prodúcese unha conmoción anímica. Hai unha explosión, prodúcese un choque espiritual:

¿Pois...? Baixa o Espírito Santo, que é recibido polo anxo da garda, que está, e segue, de garda, sempre alerta. O Espírito Santo, ao achegarse, bérralle ao maligno: “¡Vade retro, Satana!” E o Satana lárgase, pero soltando un bufido, un bufido dos del, silencioso, que por iso non o oímos.  

  

¿Que o nome elixido non é o dun Santo/a?

¿Quen o dixo? Pode non estar no Santuario oficial, pero no Ceo si que estará, pois alí hainos con tódolos nomes, de tódalas razas, de tódolos xéneros. ¡Cando subamos, e os vexamos, entremos ou non, xa me daredes a razón!

-.-

Xosé María Gómez Vilabella






No hay comentarios: