..../...
Coa vista á fronte,
pois para olla-la
terra non é preciso abaixala,
os Campos de Cirio,
os meus!
Si, os meus, e non os
de Ciro,
pois ao centurión, ao
Ciro, déronllos, asignáronllos,
en premio dunha
matanza;
e a min, os actuais, déronmos sen darmos,
auto asignados,
para regalo dos meus
ollos,
polo feito amoroso de
cruzalos cen veces
camiño de Rois,
¡o meu xeito de ir ás
mozas!
-.-
-.-
Pensar non é o mesmo
que matinar:
Matina aquel parvo
que goza co lodo dos
pensamentos impuros,
ou tráxicos, ou
fatalistas, ou…,
torpes, en
definitiva!
Pensar é sinónimo de
voar,
de voar ao Ceo sen
quita-los pes da terra,
sen aborrece-las
realidades, sen desesperarse por elas,
estando con elas,
nelas.
Pensar é utilizar o
corpo,
este cerebriño tan
pesado que, por veces,
ata nos doe a cabeza
de soportalo.
Pensar,
a capacidade de
pensar,
é,
ante todo, por encima
de todo,
esa facultade que nos
deu o propio Creador,
por días de vida,
para que o imitemos
creando,
elaborando,
aínda que só sexa coa
imaxinación!
Pensar tamén é
agradecemento,
pois aquel que non se
digna pensar,
¡desagradecido!,
está repudiando unha
facultade sobrenatural.
Os matinadores
afúndense,
non nadan,
por iso, porque son…,
nada!
A Pondal emocionábao
o simple renxer de
catro piñeiros,
de catro rumorosos;
¡que arpa tocaría se
chega a ter as bóvedas inxentes
destes carballos da
miña carballeira!
Daquela,
eu,
que non sei rimar,
nin arpa teño para cantar,
limitareime a pensar,
a pensar na regalía
que é ter
algo
no que se afanar.
Aos que non teñan
carballeira,
préstolles a miña
para que teñan onde rezar,
pois,
¡meus pobres!,
poucos hai que non
teñan un eucaliptal,
pero,
¿carballeiras?
¡Só a teñen, só a temos, aqueles
que, de corazón,
amamos o rural!
amamos o rural!
Para ter carballeiras
é preciso,
son indispensables,
uns avós que amasen a
prole, que amasen o lugar,
que se molestasen en
plantar futuro, en deixar herdanza;
é preciso ter druídas
fundadores,
devotos,
cada quen de cadanseu
lugar.
O presente é,
simplemente,
un crisol
onde se funden e
confunden os esforzos e mailos quereres
dos proxenitores.
¡Deu lle-lo pague,
amén, que ben o merecen
pois,
o que educa un fillo,
sexa propio ou alleo,
planta unha árbore, e
deixa algo para ler,
non pasa polo mundo
de baleiro,
que volo digo eu, que
son un alma agradecida,
que é o menos que,
nesta vida,
se pode ser!
-.-
Puxen unha argola no
portalón
para que as visitas
atasen a súa cabalgadura,
pero,
tantos cabalos traen
axugados ao seu carro
que non os dan
atado,
e coa mesma entran ao
meu recinto sacro
simplemente tocando a
bucina!
¿Pero non vedes que
estaba en reflexión,
illado do mundo,
alleo á súa
mecanización?
¡Ben se di que non
hai peor noxo có de terse confianza!
A vida é, por encima
de todo, intimidade;
convivencia si, por
suposto,
pero sen prexuízo de
que nos deixen vivir en paz,
en paz co ser,
pero tamén co noso
estar!
Ben o dixo aquel
veciño, e iso que era analfabeto,
ou precisamente por
iso:
“¡Non hai mellor vida
cá dun só…, levándose ben!”
¡Esa é a clave:
Levarse ben, con todo deus,
comezando por un
mesmo!
¡Que pobriños aqueles
cabaleiros
dun só cabalo,
por máis que lle
chamasen:
Águila, Auriga,
Babieca, Balius, Bayardo, Bucéfalo…;
ou Blanco, comezando
por Santiago e rematando polo de Napoleón.
Imperioso, Genitor…,
Palomo, Pegaso,
Rocinante, Stratego…!
Pero o meu preferido é un que vin retratado,
esculpido,
na calle Alcalá, fronte ao Retiro,
na calle Alcalá, fronte ao Retiro,
que se eu mandase
daquela quitaríallo a Espartero
de entre as pernas,
de entre as pernas,
para dárllelo ás
eguas madrileñas!
¡Hai
que vivir no deserto para darlles a súa
categoría ás árbores!
Teño unha receita especial
para aplicárllela aos
incendiarios dos bosques:
Vendelos como escravos aos
Polisarios do Sáhara
para que recollan os
dromedarios extraviados,
e os abeiren debaixo
dos argáns.
¡Con iso aprenderán, dunha vez
por todas,
o valor do que deixan queimado
aló atrás!
Pero,
de ben pensado,
penso que será mellor deixalos
no país
para que lles recorden aos
pecadores
a gravidade do inferno,
pois,
se inferno hai,
seguro que se parece ás súas
piras infernais!
¿Vedes cómo, por ben que
elaboremos os pensamentos,
sempre atopamos mellores
solucións
se seguimos rumiando
un pouco máis,
que por algo, e para algo, os
galegos inventamos esa filosofía do trasacordo,
do trasacordo xenial!
do trasacordo xenial!
-.-
Nunca direi que os carballos da
miña carballeira
me tapan a vista do ceo:
Achéganme a visión do Ceo,
iso si,
iso si,
pois mirando para eles, debaixo
deles,
e deténdome neses raios solares
que se coan por entre as ramas,
é como mellor se comprenden os
destelos da Gloria,
tan fortes e cegadores
que nos fan pensar que hai que
deixa-la carne,
os ollos da carne,
para que o espírito admita esa
luz especial,
para as pupilas, cegadora.
Con iso visto e sabido,
cómo pode haber persoas que lle
teman á morte?
¡Ás lagañas do pecado, á cegueira
carnal
é ao único que hai que temer
porque nos fan cambiar os ollos
polo rabo,
polo de Satanás!
-.-
Santa Festa do Santo
¡Deus, qué difícil é vivir sen contaminarse
Aprender
dos veciños nunca é malo,
salvo
que sexa nocivo o seu exemplo;
por
iso bendigo a envexa
cando
fai de roldana do noso pozo
miserento.
Aí
os tedes:
¡agradecidos
do seu porco nutricio!
¿Onde?
¡No
outro, no outro Castro Verde, no portugués!
¿No
noso, qué?
¡No
noso o único que lles facemos ás vacas
é
muxilas,
e
como premio soltalas polo monte arriba,
para
que engorden,
para
que rendan nas libras!
¿Qué sería de Galicia
sen vacas, sen toxos, sen carballos?
¡Ben o sei, que xa o
dixen: o deserto do Sáhara!
Para amar Galicia,
para comparar,
nada como pasarse
cinco campañas
na África
Occidental…,
abanicándose!
Pero…, iso xa non é
noso, quedou atrás!
¡Tedes, ho, tedes,
tedes remedio,
que aquí están as
miñas lembranzas…,
se é que me credes!
¡Mais, en vista diso,
a calar, que é hora de sestear!
Si, pero non,
que xa non estamos
naquela Hespéride,
unha “terra de ninfas
e de coellos”.
Houbo mutacións,
e pasamos de coellos
a leiróns:
¡dormentes, si, tanto
ou máis cá rapaza do conto!
¿Culpa de quen?
¡Un pouco polo clima,
e outro pola mestura racial,
pero máis, moito
máis,
por culpa daqueles
galeóns do ouro e da prata…,
arroubados, que non
gañados!
Despois diso viñeron
unhas riadas de emigrantes
emperrados en
transferirnos divisas
para que os dormentes
deste país seguisen…,
sesteando!
Ben o dixo Unamuno,
¡outro pensieroso, mellor cá min,
cen veces!,
¡outro pensieroso, mellor cá min,
cen veces!,
“¡Que inventen
ellos!”,
pero faltoulle
engadir:
¡Que inventen, que
traballen, que exporten,
eles,
pois en España
sobran traballadores, sobran pensadores,
sobran exportadores,
que por iso o exportaron
a onde mandaban daquela aos pensierosos,
¡a Fuerteventura!,
que alí tamén xogaban á
Lotería Nacional,
esa fortuna dos vagos
esa fortuna dos que
optan polo paro,
polo paro voluntario!
¡Señor,
apiádate desta España
dos osos preguizosos.
Amén!
-.-
Os Quiroga-Unamuno,
traballadores modélicos,
e por tanto, rara avis, bichos raros, nefastos:
perseguidos, desterrados,
ámbolos dous, don Miguel e mailo xenro.
Este rapaciño, que tamén lle
puxeron trabas na Universidade,
con dificultades pero deu
chegado a médico,
e foi o meu doutor, e tamén o meu
veciño;
un bo amigo,
¡tan escasos neste país da
comenencia!
Convivimos, porta con porta,
en Xixón, dez anos.
¡Victis honor!, honor aos
vencidos, que dicían os romanos,
e niso tiñan razón!
-.-
Santa Festa do Santo
As parroquias son as
netas dos castros,
medradas e
cristianizadas.
¡Bendita Institución
na que bebeu a miña
alma!
Os concellos son
entidades políticas,
artificiosas,
pero as parroquias
teñen un sentido familiar,
marcadamente relixioso.
¿A quen se invita nas
festas parroquiais?
Con preferencia á
parentela,
que é a mellor forma
de mantela unida,
adherida.
¡Só deixan de facelo,
só deixan de invitar,
aqueles morgados do
corazón axeado!
Saca-los Santos é a
forma que temos de invitalos
a participar nas
talladas festeiras,
e iso con
preferencia,
xa de mañá,
dándolles a dianteira
aos demais invitados.
¿Cabe un ritual máis
cristián?
-.-
In Memoriam
dos que se me
anticiparon no transo:
Avoíños,
Tanto os meus coma os
dos meus fillos,
que matabades un
carneiro ritual
pola festa do patrón,
tal e como facían
aqueles hebreos do rito pascual,
para celebra-las
festas con santidade,
en paz e grata
harmonía,
aquí me tedes, pois,
en reciprocidade,
inmolando verbas
nesta ara da
fraternidade,
dun xeito parecido a
como faciades co voso carneiro,
para que participedes
da miña festa,
da miña
conmemoración,
desde aquí abaixo,
desde a terra,
pero co espírito
alzado ao Ceo,
ao voso,
a esa residencia na
que residides de presente,
no presente, pero
tamén no eterno.
Chámovos, invítovos á
festa,
á miña, á vosa,
a esta patronal que
me ensinastes a celebrar
en reunión familiar.
¡Se vides,
se me vides visitar,
penso devolvervos
a visita…,
cando Deus me permita
transitar,
subir,
saír deste
correccional!
¡Deus, qué difícil é vivir sen contaminarse
nun mundo de
inmundicias,
tantas e tan
variadas!
Isto si que dá que
pensar, e nin así se lle dá atopado
solución,
que despois da
confesión volvemos a caer...,
nos mesmos pecados!
E digo eu,
que,
se confesasen as
mulleres,
pois as de agora son
máis listas e máis precavidas cós homes,
igual daban coa
receita vacinadora,
en particular de
escarmentadas, como se supón que están,
daquela experiencia
da mazá.
¡Cave ne cadas!,
lles advertían aos
Césares,
pero,
aínda así,
desmandábanse!
Os confesores adoitan
dicir que é conveniente
facer exame de
conciencia ao deitarse,
pero,
¿e se o diabro nos
manda o sono en forma de arrolo,
como facéndonos un
favor?
¡Que o diabro me coma
se o sei responder!
Daquela seguirei pensando,
pensando e rezando;
pedindo axuda,
ante todo ao meu anxo
da garda, pois teño para min que,
de tanto ignoralo,
igual se durmiu nos loureiros,
¡el tamén!
Veña falar da
contaminación ambiental,
así,
en singular, pero son
dúas, sendo a principal a social.
A do ambiente ataca
ao nariz, pero a social podrece a alma,
así que,
¿cómo podemos aspirar
a unha eternidade gloriosa levando,
deste curral,
o espírito sucio,
sucio e contaminado?
¡Xa llelo preguntei
aos Curas,
xa,
pero eles tampouco
deben estar limpos,
impolutos
pois ningún me tirou
pedras…,
e iso que os provoquei!
-.-
Pasa a
IL PENSIEROSO -III-
No hay comentarios:
Publicar un comentario