IRMANDAMENTO
CO CASTRO VERDE DE
PORTUGAL
Xosé María Gómez
Vilabella
Indo á primeira causa, prima causa,
do irmandamento dos Castro Verdes peninsulares hai que botarlle a culpa ao
causante, ¡Zeca Afonso!
O meu fillo, Pedro Paulo, ardía
en desexos de coñecer “Grándola, esa vila morena”, canción – consigna á que
tanto lle debe a democracia en Portugal.
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena.
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada esquina, um amigo
Em cada rosto, igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.
Em cada esquina, um amigo
Em cada rosto, igualdade
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto, igualdade
O povo é quem mais ordena.
À sombra duma azinheira
Que já nâo sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola, a tua vontade.
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
 sombra duma azinheira
Que já nâo sabia a idade.
Pasada Grándola, Castro Verde
quedáballe cerca, e aló se foi, ¡de explorador!
Devoto que sempre foi da terra de seu pai, tróuxome estes presentes,
acreditativos do seu descubrimento.
Devoto, tamén, da nosa cultura irmá, veu cargado de libros, traendo, entre
outros relicarios, o aderezo do
Instituto de
Cultura Portuguesa
Secretaría de
Estado da Cultura
Ministerio de
Educaçao e Cultura
LISBOA
do cal fixo uso para pedirlles material divulgativo, e que o remitisen á Espalladoira do noso Castroverde, que
non dubido o conservarán cos honores correspondentes.
Contaxiados do seu entusiasmo, súa nai e mais eu veraneamos aquel ano en
Portugal, baixando ata o distrito de Beja, para saturarnos de verde, ¡o noso
verde do Sul!
Alí fomos magnífica, cordial e liberalmente, atendidos, en particular polas
autoridades locais, así como pola Asociación cultural Cortiçol.
Retornados na Coruña, escribinlle ao Presidente da Câmara agradecéndolle
aquelas atencións e propoñéndolle establecer relacións culturais entre as dúas
povoaçôes. Esta foi a súa contestación, ¡todo un documento diplomático!
Coa carta, e segundo me anunciaba nela, recibín unha amplísima
documentación informativa do seu Castro Verde, da que saquei copia, que lla
levei o Alcalde de entón (o médico D. David), propoñéndolle, ou máis ben
pedíndolle, que tomase a decisión de propoñer, e realizar, un irmandamento
oficial, con tódalas da lei. ¿Resposta? ¡Nin daquela, nin despois! Pola miña
parte acordeime daquel dito tan popularizado: “O que só sabe medicina, é que
nin medicina sabe!”.
Cando o amor é fondo, fondo e quente, non hai xerra de auga fría que o
apague, así que quixen demostralo con este artigo que me publicou El Progreso
(27 de Outubro 1991, domingo).
De Castroverde a
Castro Verde
Terei que transcribilo, para facelo lexible:
Fun aló expresamente. Xa tiña coñecido o Castroverde de Campos, pero
descubrir outro Castro Verde alén as vellas fronteiras patrias é vital para
quen ame á súa terra. ¡É unha tentación..., para compara-los verdes!
Dixen vellas fronteiras porque mal se lle pode chamar fronteira a unha raia
que se pasa sen DNI, mentres que aquí, no propio país, pediránnolo calquera día
para cruza-la rúa do Progreso.
Se Lugo ten que ver con Dinan, irmandade indiscutiblemente aceptada, no meu
siloxismo díxenme: ¡Hai outros paralelos, máis ou menos secundarios, pero están
sen descubrir ou sen recoñecer! E con esas, funme ó paralelo sureño do meu
Castroverde, que o atopei aló abaixo de Lisboa, pasando pola Grándola, aquela
da “... Vila Morena”. Concretamente, na zona sur do distrito de Beja; bisbarra
do lexendario Ourique.
¿Gustoume? ¡A fuer de sincero, si; moitísimo! Pero gustáronme máis aínda as
súas xentes, a súa poboación; máis có solar en si. É verde, naturalmente; ¡tiña
que se-lo, con ese nome!; un verde con matices amarelos, estremeños; en cambio,
as xentes..., esas son máis ben morenas; un si é non é aceitunadas, de tanta
oliva, supoño; e un tanto rechonchas.
¡Todos a eito mestres de cortesía! Tamén o son os do meu Castroverde
lugués; moi corteses, afellas que si, ¡pero máis que aqueles irmáns portugueses
do Castro Verde, dito en dúas palabras, iso xa imposible! Francamente, non me
sería doado devolverlles ó cento por cen as súas atencións se viñesen por aquí,
por Lugo, e me pedisen, ou lles tivese que ofrecer, os meus servicios de cicerone.
Preguntáronme aló, nas rúas, nos establecementos, nas fábricas de mobles,
nas de mantas de lá, na propia Cámara Municipal, en todas partes, polo seu
homónimo, polo Castroverde galego; preguntáronme todos aqueles ós que ensinei o
meu DNI co nome do meu pobo natal; e a todos aqueles irmáns díxenlles o mesmo:
O Castroverde de Lugo é un gran solar verdinegro, que muxe vacas en lugar de
ovellas; no resto, que era moi homologable, aínda que con outras actividades
predominantes. ¡Mentira piadosa! ¡Que máis quixéramos nós!
Para mostra, vou dar algúns datos do Castro Verde, do separado: 7.400 habitantes
en 567 quilómetros cadrados. Como xa estamos niso do Mercado Común, os demais
datos vounos dar en portugués, para afacernos a entende-los veciños; e, de
paso, sacámoslle partido á poliglosia galaica.
Brasao de armas: castelo de verde, simboliza a própia povoaçao. Os
escudetes com as cinco quinas referem-se a D. Afonso Henriques e ao milagre da
batalha de Ourique. A cruz de Santiago alude á importante comenda da ordem de
que foi Castro Verde.
A agro-pecuária constitui a principal actividade económica de Castro Verde.
Para além dela haverá a destacar o seitor da construçao civil e obras públicas
(cujo incremento registado nos últimos anos se deve fundamentalmente á açao da
autarquía e em certa medida aos investimentos realizados pelos emigrantes),
-¡Tomemos boa nota, que xa vai sendo hora de parar con iso de abrir tabernas,
como se non valésemos para outra industria!-, e aínda o do comércio,
administraçao pública e serviços de saúde e ensino.
Paralelamente, mantém-se algumas formas de artesanato regional, e neste
dominio destacamos o fabrico das tradicionais mantas de lá, de cadeiras em
buinho, de queijos de ovelha, e de doçaria.
Anualmente realizam-se trés feiras em Castro Verde: a Feira de San
Sebastiao (a 20 de Janeiro), a Feira de Maio (dia 5), e a Feira de Castro (no
terceiro domingo de Outubro). Esa, criada em 1621 por Filipe III, atrai
anualmente 60 a 70.000 visitantes.
¿Que? ¡Pois non está tan lonxe, e se queremos turismo recíproco, haberá que
darnos a coñecer!
Non coincidín nestas feiras, pero informáronme delas; que o artesanado
rexional, iso que estamos a perder aquí en Galicia, resiste con teimosía fronte
á invasión dos plásticos e dos gadgets;
que, particularmente na feira de Castro, amais do gran artesanado, as
transaccións abarcan ós froitos secos, améndoas, noces, castañas, figos, e un largo etcétera.
¡Nada, que se nós corremos, eles voan!
Bendicións
Aínda que teño que abreviar neste fachineiro aberto ó mundo circundante,
tan mercado común coma nós, non me resisto a calar unha expresión que fixen
repetir para anotala literalmente. Estiven nunha casa onde me invitaron a
presencia-la fabricación do pao caseiro,
e alí, despois de amasado e de xunta-lo fermento, deseñaron unha cruz na masa,
e bendecírono; así: “Deus te acrescente, que é para muita xente”.
¡Persoas así son a esperanza do mundo occidental; e paga a pena viaxar, que
sempre se aprende algo dos veciños, que nós, os do Norte, non témo-la ciencia
infusa, por máis que adoitemos crelo!
Outro si digo: como é notorio, ós portugueses encántalles o intercambio
cultural. Por se alguén o dubida, ten fácil a comprobación. E se de paso mercan
o libro “Historia de Portugal en disparates”, de Mascarenhas Gaivao; daquela,
ademais de goza-la paisaxe, vanse rir a cachón, cousa moi sana, por certo.
-.-
-.-
¡Por fin! Por fin atopei quen me crese, na persoa do
Presidente da nosa Asociación (Amigos do Patrimonio de Castroverde), vello
amigo a quen tamén lle debo a honra de que este servidor fose declarado “Socio
de Honra” da mesma. Grazas, querido Muñiz, por tantas atencións. Tratarei de
merecelas. Muñiz non se cansou de facer xestións..., e conseguiuno: O
irmandamento dos Castro Verde!
-.-
Castroverde
se hermana en Portugal
(El Progreso, domingo, 9 de abril
de 2006)
Redacción – Lugo
“La asociación Amigos do Patrimonio
de Castroverde está de viaje en Castro Verde de Portugal, con el fin de
celebrar el primer acto del hermanamiento entre estos dos pueblos homónimos. La
expedición, que partió ayer, sábado, hacia tierras lusas, está compuesta por un
total de 11 personas, entre ellas, un representante del propio Ayuntamiento de
Castroverde.
“Los actos del hermanamiento tendrán lugar hoy, a las once y media de la
mañana, con la presencia de la asociación portuguesa Cortiçol y los responsables de la Cámara Municipal de Castro Verde.
“Estas actividades cuentan con el apoyo del Concello lucense de
Castroverde, de la Consellería de Innovación e Industria y del Plan Xacobeo.
“Con este encuentro, la asociación Amigos
do Patrimonio pretende revalorizar y divulgar la riqueza patrimonial del
municipio lucense, así como el Camiño Primitivo.
“El regreso de la expedición está previsto para la noche del próximo
martes, día 11, y el colectivo espera hacer una parada para visitar Lisboa.
“Los lucenses también confían en que el hermanamiento se realice con otros
dos Castroverde de Castilla-León, uno es Castroverde de Campos (Zamora) y el
otro Castroverde de Cerrato (Valladolid). Los contactos con estos dos pueblos
ya tuvieron lugar en el pasado mes de febrero, resultando muy satisfactorios
para ambas partes.
“La asociación lucense espera que el municipio luso, en el distrito de
Beja, devuelva la visita el próximo mes de julio”.
-.-
Fotografías – documentos da visita de
irmandamento ao
Castro Verde de Portugal
De apeados, mesmo ao chegar
Diante do escudo
Ao entrar na Cámara
Cos de Cortiçol
-.-
O meu artigo no El Progreso, que saíu
precisamente estando
nós de viaxe para o irmandamento.
Domingo, 9 de abril de 2006
DE CASTROVERDE A CASTRO VERDE
Así, exactamente así, titulei un artigo que me
foi publicado no El Progreso do día 21-10-1991. Pero daquela os tempos
aínda non foran chegados, e iso que Xeca Afonso xa falaba de fraternidade no
seu Grándola, vila morena... Pasaron
tres lustros, case que unha xeración, así que veu a seguinte, unha máis, e por
fin houbo alguén que se atufase para
realizar, de momento unha excursión, e máis tarde o que se terce! Estoume
referindo a unha excursión-recoñecemento que está organizando a Asociación de Amigos do Patrimonio do
noso Castroverde para contactar cos nosos irmáns
de Portugal, neste caso cos de Castro Verde do distrito de Beja.
Se con Felipe II fomos inimigos, ou case, por
obra e graza do seu furibundo centralismo, e despois pasamos á fría categoría
de veciños, hoxe en día, abrazados nesta familiaridade da CE, non podemos por
menos que ser, que volver a ser, irmáns. Se dos castros vimos, é que celtas
somos, e por tanto, parentes, en consanguinidade, ademais e aparte da ligazón
política, social e económica que nos proporcionou esta nova feira á que demos
en chamarlle Mercado Común. Aló iremos, Deus mediante, salvo que se esgote o
petróleo..., que para ir a cabalo, desde aquilo de Santiago, -que llelo emprestamos
ós de Castro Verde daquela da súa Batalha de Ourique, no lonxano 1.139-, os
cabalos aquí foron a menos, e menos mal que quedan cabaleiros!
Santiago na Batalha de Ourique
Falando de cabaleiros, naquel artigo dixen, e
sosteño, que estes a menos non foron: “¡Todos a eito mestres de cortesía! Tamén
o son os do meu Castroverde lugués; corteses, afellas que si, pero, máis que
aqueles irmáns portugueses do Castro Verde, iso xa é imposible!”. Corren tempos
de irmandamento, de comprensión, de apreciación recíproca, sen desprezar as
diferenzas, que aí está precisamente o sal deste mundo, o sal da democracia:
Ser diferentes e levarse ben!
A nosa asociación proponse dar este paso inicial,
e faino, tamén, na seguridade de que lles agradará ós irmáns devolvernos esta
visita, darse unha volta pola vella Gallaecia tida conta de que, utilizando
verbas do seu Álvaro Siza “Para un Portugués una viagem à Galiza constitui
experiência singular. Sente-se em casa. Contudo, tudo é ligeiramente ou mesmo
muito diferente. A lingua tem a mesma origem e as mesmas palavras, mas dela é
inconfundivel a música e a expressâo; é simultaneamente mais áspera e mais
terna, nâo raro o discurso pautado por diminutivos -adeusinho, Alvariño...-.
Despois a presença do granito, que parece eterna, e as súas texturas, ou a cor,
igualmente um pouco diferentes: mais dourada ou mais esverdeada ou mais
negra...” ¡Pois diso se trata, de compara-los verdes, estes verdes dos nosos
castros verdescentes!
Por vía de presentación, de identificación, aportemos
os nosos escudos, presentemos armas, que tamén teñen algo, moito, en común.
Castroverde de Lugo: Dous cuarteis
en campo de sinople, verde; un castelo de prata, mazonado de sabre e aclarado
de goles. No segundo, en campo de goles, roxo, un cordeiro de prata, deitado,
acompañado no cantón sinistro de xefe, dun bolo de ouro. Timbrado de coroa
real.
Iso do bolo e mailo año simbolizan, lembran,
aquel señor do noso Castroverde que, cando o mouro Al Mansur sitiou Lugo, o de
Castroverde, doído da fame que pasaban os de Alá naquel asedio interminable das
nosas murallas, saíu delas conducindo un rabaño de ovellas, e levándolles, de
paso, unha fornada de pan. Cóntase que o Almanzor, pasmado e agradecido por
tanta xenerosidade, deulle as grazas ó Sidi, nada menos que cunha boa aperta,
dicíndolle: “Está escrito: Se o teu Señor houberse querido, tería feito dos
homes unha comunidade única, pero (eles/nosoutros) non cesan (non cesamos) de
opoñerse (de opoñernos)”. Al Quran, aleia 120/118 da azora XI). Desistindo
daquela “oposición” a-fraterna, o Al Mansur levantou o cerco e marchouse para
Santiago, pero fíxoo sen propósito de emenda, que seguiu de razzia, quitándolles as campás porque se
lle antollou presumir delas na súa mesquita de Córdoba; e non secuestrou as
reliquias do Señor Sanct Iago porque un frade seica se sentou enriba do
sartego, tapando a cova co propio saial! Algo así deberan facer os portugueses
de Braga cando o noso bispo Xelmírez lles arroubou aquelas osamentas sacras.
(Se queremos paz, paz recíproca, haberá que empezar por recoñece-los pecados
históricos).
Castro Verde de Portugal: Armas de prata, castelo de verde, aberto e iluminado
de vermelho. Em chefe, à dextra, cinco escudetes de azul postos em cruz com os
dois flancos virados para o centro e todos carregados de cinco besantes de
prata. Em chefe, à sinistra, cruz de Santiago de vermelho. Em contra-chefe,
dúas espigas de terigo de amarelo torrado cruzadas e sobrepostas a uma picareta
de mineiro de negro colocada ao eixo do escudo. Escudo Nacional encimado por
uma coroa mural de quatro torres de prata. Listel Branco com letras a negro:
Municipio de Castro Verde.
Simbologia: Armas falantes:
Castelo de verde, simboliza a própria povoaçao (O castro veterano, o máis
antigo). Os escudetes com as cinco quinas referem-se a D. Afonso Henriques e ao
“Milagre da Batalha de Ourique”. A cruz de Santiago alude à imporante comenda
da ordem de que foi Castro Verde. As espigas simbolizan a regiâo e os seus
aspectos sócio-económicos. A picareta de mineiro refere-se à riqueza do
subsolo.
A todo isto, desde o noso Castroverde, démoslle
as grazas a Deus polo abatemento das fronteiras; de todas, de todo tipo, que xa
ía sendo hora de que todo sexa para o pobo pero
co pobo, que sen el demasiado
tempo se gobernou, ou máis exactamente, se tiranizou. E que ninguén nos borre
da fronte, endexamais, aquel principio do dereito público romano: “Salux pópuli
suprema lex est!”. Saúde non é só a do corpo senón, e máis ben, a dos
espíritos, pola felicidade que irradia!
Xosé María Gómez Vilabella
-.-
¡O que está de
Deus non o leva o demo!
Pídolle ao meu caro lector, se é que algún teño, ou me
queda, que acepte estas confesións subxectivas, coa promesa de non ser
reincidente, pero neste caso foi tan fonda a ferida persoal que me deixou
cicatrices. Iso si, tiven un bo médico, un tal Manuel Muñiz Besteiro, amigo,
¡Presidente!, de Amigos do Patrimonio do noso Castroverde, e meu tamén.
Salvando distancias cósmicas, pasoume algo parecido
que ao noso paisano Colón, pois encima de descubrir as Indias Occidentais,
nunha viaxe directa, (o daquel italiano, aquel Américo, veu despois), puxérono
en ridículo, e incluso o castigaron polas consecuencias do seu descubrimento.
Eu sabía que existía, -xa o deixo dito-, ¡ou logo para que están os mapas, os
mapas e maila Historia, particularmente aquilo da Batalha de Ourique,
compartindo as mercés do noso Patrón -daquela, común- Santiago!, pero non
puiden ir ao Além-Tejo ata o ano 1987.
Tamén me interesaba Grándola, esa “Vila Morena,
madriña da Liberdade”, pero, sobre todo, o noso tocaio, o noso irmán, ese
CASTRO VERDE sureño, alentejano. Aló que me fun, coa miña inseparable Estrela,
e tan ben fomos recibidos, e tanto interese puxeron no que lles referín do
noso, do Castroverde norteño, que nada máis regresar ás terras da Gallaecia
Norte, da nosa, coa man de escribir ao alcance dos dedos, ¡pois daquela iso dos
e-mail aínda estaba lonxe de min, escribinlle a don Fernando de Sousa
Caeiros, que daquela era o Presidente da súa Cámara, suxeríndolle, ou máis ben
preguntándolle, acerca das posibilidades, pola súa parte, dun recoñecemento
fraterno.
A súa contestación, inmediata, -arriba retratada-, con
data do 27 de Agosto do ano 1987, ¡casualmente no meu 50 aniversario!, acompañada
dunha xenerosa e inxente cantidade de material informativo. Foi o mellor
agasallo dos que recibín aquel ano, naquel cumpre, PERO..., ¡o pero estivo no
pasotismo, por nomealo con benevolencia,
do meu propio Concello! Ríronse das miñas xestións e da miña proposta, e xa non
fosen parar aqueles documentos, para min históricos, sagrados, ¡aqueles tamén!,
ao vertedoiro municipal.
Aquela ferida quedoume sangrando ata o día en que o
xeneroso Muñiz asumiu o temón cultural do noso Castroverde..., e logrou, -¡bo
diplomático, por certo!-, que se nos tomase en serio, facendo realidade aquela,
xa antiga, proposta de irmandamento. O propio D. Fernando, -que seguía á fronte
da Cámara-, veu ao noso Concello para facer realidade a promesa que nos fixera
21 anos antes, e que por culpas alleas a nolos dous estaba pendente de
realizarse, segundo el mesmo expuxo -recordou- diante dos Alcaldes dos outros
Castros.
¡Que razón tiñan os nosos vellos, con aquela fe de
entón, cando se rexían pola crenza de que, O que está de Deus non o leva o
demo!
Xosé María
Addenda
¡Vaia
que se hai parentesco con Portugal, pois ata eu, servidor, teño tocaios, aló,
tamén descendentes do suevo “Goma”, se ben de distinta profissâo!
Xosé
María Gómez Vilabella
IRMANDAMENTOS
Xosé
María Gómez Vilabella
No hay comentarios:
Publicar un comentario