domingo, 4 de enero de 2015

XA QUE TEMOS A COMPOSTELA... -III-

.../...


Van Camiño de Xerusalén. Achegase o día das traizóns.



“Chegaron onda el uns fariseos (¡puñeteiros, sempre encordiando!) e preguntáronlle para poñelo a proba: -¿É lícito repudia-la muller por un motivo calquera? El respondeu: -¿Seica non sabedes que o Creador os fixo varón e femia desde o principio, e que dixo: “Por iso deixará o home a seu pai e mais a súa nai, unirase coa súa muller, e serán os dous unha soa carne? De xeito que xa non son dous, senón unha soa carne. Polo tanto, o que Deus xuntou, que non o separe o home”... “Asegúrovos que quen repudia a súa muller (sacado que estean malvivindo) e casa con outra, comete adulterio”.ºº
¿Receita? ¡Escoller con tino, de parte a parte, e a partires diso, ir limando, pois ata o ferro admite limas!
-.-

Insiste no dos nenos: “Deixade que os nenos se acheguen a min, non llelo privedes, porque deles é o Reino do Ceo”. ¡Xa, pero, como non podemos volvernos nenos, polo menos imitalos!
-.-

O perigo das riquezas, ¡o fume delas! “Entón díxolles Xesús ós seus discípulos: -Asegúrovos que lles vai ser difícil ós ricos entrar no Reino do Ceo”. Difícil non é igual que imposible, pero teñen que aprender a facer un bo uso das súas riquezas, e a xulgar polo comportamento duns cantos que coñezo, ¡meus pobres!, fáiselles costa arriba.
-.-

Tres veces lles anunciou o seu transo, pero eles, ao positivo, veña pedirlle enchufes para cando gañase as eleccións; así, meu Santiago, vosa nai, e cal non? “Entón achegóuselle a nai dos fillos do Zebedeo cos seus fillos, prostrándose como para pedirlle algo. El preguntoulle: -¿Que queres? Respondeu: Manda que estes dous fillos meus senten un á túa dereita e o outro á túa esquerda, no teu Reino. Respondeulle Xesús: -Non sabéde-lo que pedides. ¿Poderedes beber o cáliz que eu teño que beber? Respondéronlle: -Podemos. Xesús replicou: -O meu cáliz beberédelo; pero o de sentar á miña dereita ou á miña esquerda, iso non depende de min concedelo: é para quen meu Pai o ten preparado”. Como se celaron os outros dez, Xesús, sempre disposto a poñe-las cousas, ¡as cousas e mailas persoas!, no seu sitio, advertiulles: “Quen queira ser importante, que sirva ós demais, e quen queira se-lo primeiro, que sexa o máis servizal, porque o Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir e a entrega-la súa vida en rescate por todos”. 

(Será mellor que non lean isto os políticos de hoxe en día porque..., porque lles caería a cara, coa vergoña!).
 
Despois de curar dous cegos... ¿E a min, que, que tamén desexo distinguir entre verdades e mentiras, entre virtudes e vicios, pois andan por aí medio a escuras, confundidas?... Despois de cura-los cegos, o Humilde, aquel Xesús do Gran Poder, entrou triunfal en Xerusalén..., nunha burra! ¡Os cabalos tíñaos, usábaos, Poncio Pilato!

¡Que grande é a grandeza de Deus, co seu Fillo dacabalo dun burro,
e eu, que pretendo entrar no Ceo
dacabalo dos meus pecados,
feito un cazurro!

“Trouxeron a burra e mailo burriño, botáronlle enriba os mantos, e Xesús montou. Moita xente estendeu os mantos no Camiño; outros cortaron polas das árbores, e estendéronas tamén no Camiño. E a xente que ía diante e mailos que o seguían gritaban: -¡Hosanna ó fillo de David! ¡Bendito o que vén no nome do Señor! ¡Hosanna no Ceo!”
Meu Deus, Ti, que por mediación do teu Fillo tantos milagres fixeches naquel tempo, se non é moito pedir, pídoche que me aceptes un ramo de loureiros dos da miña finquiña...; é que quero participar activamente nesas loanzas..., agora que vén o Domingo de Ramos! Se me arrepinto das miñas faltas, ¿verdade que aceptas o meu ramo, e co ramo, un Hosanna?
-o-

Da Paixón,
¡voluntariamente aceptada!,

non vou dicir nada, que non me atrevo nin a comentala; tan só invitarvos a este Vía Crucis, Calvario, lles chamaba meu pai, que os andaba el en Montecubeiro, tres ou catro, ¡de memoria!, e aínda así perseguírono por “rojo”! ¡Foi a súa cruz, levada con tal resignación que nunca lle oín unha palabra que significase vinganza! ¡Deus, canto me obriga isto de ser fillo seu! Este Calvario atopeino nun Misal, e téñolle especial devoción porque coincide rigorosamente con un dos del!


Por la señal de la Santa Cruz...
Señor mío Jesucristo, que a todos los que queremos seguirte nos invitas a tomar cada uno la cruz que tu providencia nos destina en esta vida, y a llevarla con ánimo y abnegación detrás de ti, oh buen Maestro, que para darnos ejemplo tomas la más pesada de todas las cruces, y caminando delante de todos, nos incitaste a seguirte con nuestras cruces: danos tu luz y tu gracia, al meditar en este Vía Crucis tus pasos, para saber y querer seguirte. Y vos, oh Madre de los Dolores, inspíranos los sentimientos de amor con que acompañasteis en este Camino de amargura a vuestro divino Hijo.
I Estación. Jesús es condenado a muerte. –Señor mío Jesucristo, que quisiste ser condenado a muerte por mis pecados, para que yo fuese perdonado de ellos: te suplico que me perdones en vida mis culpas, y en el día del juicio me absuelvas de las penas eternas.
II Estación. Jesús toma la cruz. –Señor mío Jesucristo, que con tanto ánimo tomaste en tus hombros la cruz de mis pecados: te suplico me concedas resignación y ánimo para llevar por tu amor la merecida cruz de mis trabajos.
III Estación. Jesús cae por primera vez. –Señor mío Jesucristo, cuando yo caiga desfallecido y sin ánimos para cumplir con mi deber, te suplico me levantes y reanimes con tu gracia para seguir con mi cruz, cumpliendo hasta morir tu santa voluntad.
IV Estación. Jesús se encuentra con su Santísima Madre. –Señor mío Jesucristo, no sólo a ti, sino también a tu Madre, fui causa de dolor. En la calle de la amargura de mi vida, envíame el consuelo de encontrar a tu Madre; que con su presencia tendré más ánimo. Y vos, oh Virgen Dolorosa, Madre mía, perdonadme y no os apartéis jamás de mí.
V Estación. Jesús es ayudado por el Cirineo. –Señor mío Jesucristo, te suplico me des la gracia de que yo sea tu Cirineo, cooperando a la salvación de los hombres; que yo sea el Cirineo de los afligidos, pobres y necesitados, aliviando sus penas, y que seas nuestro Cirineo, para que perseveremos hasta el fin.
VI Estación. Jesús encuentra a la Verónica. –Señor mío Jesucristo, te suplico que grabes en mi corazón aquella imagen que dejaste a la Verónica en el lienzo con que enjugó tu rostro, para que, teniendo presente lo que sufriste por mí, me anime a sufrir por ti.
VII Estación. Jesús cae por segunda vez. –Señor mío Jesucristo, te suplico que, aunque yo caiga segunda vez y muchas veces en mi Camino, no me dejes, no me abandones caído. Ten paciencia conmigo; levántame, anímame, ayúdame, para que siga adelante, y con tu cruz, a tu lado.
VIII Estación. Jesús habla a las hijas de Jerusalén. –Señor mío Jesucristo, que a pesar de ser árbol florido y fructuoso, tan duramente fuiste castigado por mis culpas: dame tu santo amor, temor y humilde resignación para que, pues soy tronco árido y leño seco, acepte gustoso lo que tu providencia me envía, que es mucho menos de lo que merezco, sin comparación menos de lo que padeciste Tu por mí.
IX Estación. Jesús cae por tercera vez. –Señor mío Jesucristo, yo te suplico que, si es posible, me libres de las grandes tribulaciones y cruces, como la que te hizo caer tres veces; más si tu voluntad me las da y mis pecados las exigen, auxíliame con tu gracia, y levántame en mis desmayos con tu amor.
X Estación. Jesús es despojado de sus vestidos. –Señor mío Jesucristo, te suplico me concedas una gran conformidad con la pobreza, y profundo desprecio de los bienes de esta vida, de modo que, así como dejaste tus vestidos por mí, así yo me despoje al menos de lo superfluo y lujoso, por ti y por los pobres.
XI Estación. Jesús es crucificado. -Señor mío Jesucristo, aunque estás en la cruz humillado, ajusticiado, deshecho, eres mi Dios, mi Rey y mi Redentor. Como a mi Dios, te adoro con viva fe; como a mi Rey, te saludo y ofrezco cuanto poseo; como a mi Redentor, te amo con toda mi alma y te consagro todo mi corazón.
XII Estación. Jesús muere en la cruz. -Señor mío Jesucristo, que en la cruz mueres por mí: más me amaste a mí que a ti, pues quisiste morir por mí. Concédeme vivir y morir por ti como tú viviste y moriste por mí. Dame una buena muerte: morir en tu gracia, morir en tu amor, morir en tu voluntad, morir en tu cruz contigo.
XIII Estación. Jesús es bajado de la cruz. –Señor mío Jesucristo, muerto y deshecho por mí: yo venero tu santísimo y divino cuerpo reclinado en los brazos de tu piadosísima madre, y te suplico me concedas un vivo dolor de tanto como a ti y a tu madre os hice padecer por mis pecados, y gracia para enmendarme de todos ellos.
XIV Estación. Jesús es sepultado. –Señor mío Jesucristo, te suplico me concedas la gracia de morir de tal manera, que por haber participado de tu Pasión pueda al expirar participar de tu gloria y, en el día del juicio, de tu resurrección. Que tu cruz gobierne mi vida, y cobije mi muerte en el sepulcro.
-.-

¡Resucitou!


Despois destas reflexións trepidantes, volvo contigo, meu querido San Mateo. “Pasado o sábado, (¡os tres días anunciados!), na alborada, María Magdalena e maila outra María foron visita-lo sepulcro. (¡As mulleres, sempre en vangarda apostólica, e nin así as deixan subir ao presbiterio!). Entón produciuse un gran terremoto, xa que o anxo do Señor, baixando do Ceo, removeu a lousa e sentouse enriba dela. Tiña o aspecto dun relampo e o seu vestido era branco coma a neve. Os gardas tremeron co medo, ficando coma mortos. Mais o anxo díxolles ás mulleres: (¡Ás mulleres, señores cardeais, ás mulleres!) Non teñades medo, que ben sei que buscades a Xesús o crucificado. Non está aquí, que resucitou tal e como dixera. Vinde ve-lo sitio onde estaba. E ide axiña dicirlles ós seus discípulos: (¡Aos varóns, aos da segunda Compañía, esa de Destinos, esa da retagarda!) Resucitou de entre os mortos, e vai diante de vos para Galilea; alí o veredes”. 

Si con Él morimos,
con Él vivimos,
y con Él cantamos:
aleluya.
-.-
Querido Mateo, despois de darche as grazas polo moito que nos ensinaches,
e aínda que queda moito teu sen ler,
déixame pasar a Marcos,
outro cronista fiel:


Case que ao principio, ti tamén citas a curación da sogra de Pedro... ¡Fai o favor, baixa un momentiño, e repítelle-lo aos cardeais, pois teño a impresión de que o teñen esquecido; claro, natural, coas engurras, aos vellos encóllesenos a memoria!
-.-

Querido Marcos, non o tomes a mal, pero, en realidade de verdade, despois de lido Mateo sobrades ti, Lucas e Xoán. ¿Que por que? De ben situados na Historia, sen a menor dúbida da santidade absoluta de Cristo, palabras e milagres, todo clariño e perfecto, indubidable, certo, e por engado, marabilloso, alén das forzas humanas, quen pode vacilar en relixión, pero, de máis a máis, vosoutros, os catro, referendando, dando testemuño, etcétera, etcétera, ben incrédulo, ben animal diría eu, é aquel que non cre na palabra de Deus, do propio Deus!
 Outro si che digo: ¡Que teño a impresión de que fuches o Secretario de San Pedro, pois as túas actas non deixan episodio ou milagre que non recollan, que non confirmen! Estoume fixando nas firmas: “Estes foron os doce que designou: Simón, a quen lle puxo de nome Pedro; Santiago, o fillo de Zebedeo e mailo seu irmán Xoán, ós que lles puxo de sobrenome Boanerges, que quere dicir, fillos do Trebón; Andrés e Felipe; Bartolomeu e Mateo, Tomé e Santiago, o fillo de Alfeo, Tadeo e Simón o Zelota, e Xudas Iscariote, o traidor”.
-.-

¡Pero que letrados, ou máis ben que iletrados, aqueles falsarios que, para non crer, para resistirse á graza, para levar a contraria, atribuían a Belcebú os milagres do Fillo do Home! Pero Xesús, sempre oportuno, sempre ocorrente, fíxolles tragar a blasfemia: “Tende por seguro que todo se lles perdoará ós homes, os pecados e cantas blasfemias digan, pero a quen blasfeme contra o Espírito Santo, nunca se lle perdoará, e cargará eternamente co seu pecado”.
-.-

Para non ser reiterativo, sáltome as parábolas e mailas curacións, coincidentes coas que cita o teu colega, Mateo, pero algunha hai que me chama especialmente a atención polo seu simbolismo, tales que:
A semente. “... outra caeu en boa terra; naceu, creceu e chegou a dar froitos... Quen teña oídos para oír, que escoite”. ¡Outra verdade inconmensurable, que non todos, nin sempre, temos oídos para iso, para oír; orellas si, que tamén as teñen os burros, e por iso entenden o que lles convén! Daquela oíron, e agora lemos, lemos o que vosoutros os seus discípulos oístes, e oístelo porque estivestes atentos, todos, menos aquel Xudas, ¡meu pobre! ¡Que oportunidade perdeu! Pedro tirou de espada, e Xudas..., arrepentido, vomitou os trinta denarios! Algo é algo, que así, o Mestre, sempre sobrado de bondade, igual lle perdoou. ¡A min gustaríame que si, que todo se arranxase con uns aniños de purgatorio, precisamente por iso, porque sen un arrepentimento atroz aquel materialista nin tolo se suicidaría!
-.-

Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en tanto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar,

que tamén o di a nosa cantiga. O sementador sementa a Palabra. Os do Camiño son aqueles nos que se sementa a palabra, pero cando a escoitan vén Satanás e arrepúñallela. (Son os do camiño equivocado, o “camiño” con minúsculas). Da mesma maneira son aqueles que de seguida reciben a semente con alegría, pero pásalle-lo mesmo do que á sementada entre pedras: por non teren raíces e seren inconstantes, mal veñen as dificultades ou a persecución por causa da Palabra, e de seguida abandonan. A outros pásalles coma á semente caída entre as silvas: si escoitan a Palabra, pero moi axiña as preocupacións do mundo, o engano das riquezas e mailas ambicións, asolágana, afógana, e queda sen froito. Pero os que son coma a boa terra, escóitana, acóllena e dan moito froito”.

¿Que mestre dos nosos sería capaz de explicalo mellor? ¡Non coñezo a ningún, e fun a non sei cantas escolas, e non só á primaria! O problema está na miña silveira...
-.-

¡E volve a sementar; non se cansa! “-¿Con que compararémolo Reino de Deus? É coma o gran de mostaza, que cando se sementa na terra é a máis miúda de tódalas sementes. Pero despois de sementala, medra ata se-la maior de tódalas hortalizas, chegando a botar unhas polas tan grandes que na súa sombra poden vir aniñar os paxaros”. ¡Os que logo nos cansamos de oír somos os cristiáns, que adoitamos saír da igrexa a cen, antes incluso de que se retire o Celebrante..., non sexa o diabro que se acabe o viño na taberna!
-.-

“... Cando chegou o sábado, empezou a ensinalos na sinagoga. E moita da xente que o escoitaba dicía abraiada: -¿De onde lle veñen a este todas esas cousas? ¿Que sabedoría é esa que lle ensinaron, e como pode facer tantos milagres pola súa man? ¿Non é este o carpinteiro, fillo de María e irmán de Santiago, Xosé, Xudas e mais Simón, e as súas irmás non viven aquí connosco?”

Hai que insistir, para os retorcidos: Naquela época o concepto de fraternidade, a irmandade, abarcaba aos parentes máis próximos, tal que aos primos, e non no sentido estrito e limitativo actual; pero aínda hoxe se segue nas Ordes Relixiosas, frei, frai, irmá, irmán, etc.

“Estaban realmente escandalizados. Pero Xesús díxolles: -Non hai profeta máis desprezado que na súa terra, na súa casa, ou entre os seus parentes”. ¡Outra verdade, que aínda se cumpre hoxe, e van XX séculos de escola!
-.-

“Entón díxolles Xesús ós seus discípulos: Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga... Porque o Fillo do Home ha vir coa gloria de seu Pai entre os anxos; entón pagará a cada quen conforme á súa conducta”. Está claro: Os desertores non ganan batallas, así que, se somos listos, apostaremos a gañador, por pesada que sexa a Cruz!
-.-



“Alí transfigurouse diante deles; o seu rostro resplandecía coma o sol, e os seus vestidos viraron brancos como a luz”.
Señor, aquí abaixo, hai tanto barullo, tanta esmorga, tanta verborrea..., que non resulta doada a mística, pero, fainos tanta falta transformarnos, achegarnos a Ti, á luz da verdade!
A transfiguración. Todo o Evanxeo, os catro, a pouco que reflexionemos en cada un dos seus cadros, é unha revolución, o nunca visto; esperado, si, xa que o Mesías estaba anunciado, pero non resultou segundo imaxinaban, ¡unha especie de Emperador! O que lles veu / o que nos veu foi..., o propio Deus, desdobrado! É ben propia de Pedro aquela capitanía: “-¡Mestre, que ben estamos aquí! (É non ían estar: entraran no Ceo sen saír da terra!). “Imos facer tres tendas...” Non llo aceptaron, obviamente porque, “Tan asustado, (tan impresionado), estaba, que non sabía o que dicía. E unha nube cubriunos coa súa sombra, mentres saía dela unha voz: (¡Outra vez, coma no Bautizo!). –Este é o meu Fillo ben querido, escoitádeo!”.

¡Aí estaba o detalle, que o escoitaban pouco; a súa admiración era superficial: curaba enfermos, abría ollos, filosofaba coma ningún grego, pero..., nin con esas! Calquera de nós, incluso os de mellor vontade, ante tantas ofensas e tanta indiferenza dos homes, mulleres incluídas, houbese desequilibrado a terra para que chocase contra o sol, a ver se así deixaban / deixabamos de amolar, de ofender, de teimar!
-.-

Na entrada de Xerusalén aproximáronse, pero só iso: “¡Hosanna! (Iavé salva) ¡Bendito o que vén no nome do Señor!” ¡Cerca, cerca, pero só iso: Non veu no nome do Señor, non era un apoderado ao uso, senón o propio Deus, encarnado nunha Virxe! Se cadra, algún deses berraría ao día seguinte: ¡Crucifícale, crucifícale! ¡Somos así, unha raza de traidores, adictos ao Gran Traidor; e dámoslle que tecer ao propio Deus!
-.-

Os tendeiros do templo. Sempre os houbo, pero os posteriores non o foron por culpa da Igrexa senón por algún que outro explotador dela; hoxe os controis sociais fano máis difícil. “Chegaron a Xerusalén, e, entrando no templo, empezou a botar de alí aos tendeiros e compradores (¡ollo, que non só botou aos tendeiros!) derrubando as mesas dos cambistas e os postos dos vendedores de pombas. E non permitía que ninguén pasase polo templo carrexando cousas. E púxose a ensinar, dicindo: -¿Non está escrito: “a miña casa será casa de oración para tódolos pobos” Pois vós convertédela en cova de bandidos. Ó que o souberon, os sumos sacerdotes e mailos letrados, buscaban o xeito de acabar con el, pois tíñanlle moito medo, porque todo o mundo estaba admirado de canto ensinaba. E á tardiña saíu da cidade”.
¡Aínda non chegara o momento de entregarse, de deixarse entregar, pero a revolución estaba en marcha. Faltaba o principal: instituír a Eucaristía!
Lembremos: A purificación do templo esperábase que a fixese o Mesías. Xesús dá cumprimento pleno, como en tantas outras cousas, aos anuncios proféticos; neste caso Zac. 14, 20-21. 
-.-

Capítulo impresionante, nos tres, nos sinópticos, ¿e cal, non?, tamén foi este no que tratan da autoridade de Xesús.

“Chegaron de novo a Xerusalén, e mentres andaba polo templo, foron onda el os sumos sacerdotes, letrados e senadores, e preguntáronlle: ¿Con que autoridade fas estas cousas? ¿Quen che deu tal autoridade? Xesús respondeulles: Vouvos facer unha pregunta nada máis; respondédema e logo dígovos eu con que autoridade fago estas cousas. O Bautismo de Xoán, ¿era cousa de Deus ou dos homes? Veña, ide respondendo. Eles razoaban entre si, dicindo: “Se respondemos ´de Deus´, vainos preguntar: ´e daquela ¿por que non crestes no que dicía?´ ¿Responderemos entón: “dos homes”?”. Pero tiñan que andar con moito tino co pobo, que consideraba profeta a Xoán! (¡Pillados nas súas picardías, pois na “oposición” só tiñan un, pero..., nada menos que ao Fillo de Deus! Así, pillados en renuncio, contestáronlle a Xesús, evasivamente: “-Non sabemos”. Xesús devolveulles a pelota: “-Pois eu tampouco vos vou dicir con que autoridade fago estas cousas”. (Se puidésemos entrar na súa sabedoría, quizás descubriríamos que, en verbas de hoxe en día, o que lles estaba dicindo é que, que se fosen á porra, que non merecían o seu ensino!).
-.-

A parábola da viña é excelente; como todas, por suposto; pero esta ten un algo que nos vén como anel ao dedo, así que non vou ser tan egoísta como para sobala: Ide directamente a Marcos, 12, 1-12; ou a Mateo, 21, 23-46; ou a Lucas, 20, 9-19; e botádelle o seu tempo, que convén lela, relela, e meditala.
-.-
Igrexa / Estado. ¡Que pillines aqueles fariseos, e con eles os herodianos, pero non sabían con quen se metían, que lles daba leccións en todo, e de todo, incluso en cidadanía! ¡E logo hai quen ousa dicir que Xesús debera vir antes! ¡Ai si, ho, cando o pobo elixido, preparado polos Profetas, aínda estaba así de verde, que se lograría anticipándose? ¡Sería como ensinar a ler a un neno da teta; primeiro, de palabra, e despois, por escrito..., cando a escritura permitiu deixar constancia para a posterioridade, e aínda así, nin palpando as verdades!
Mandáronlle algúns fariseos e herodianos, para pillalo nalgunha pregunta. Ó que chegaron onda el, preguntáronlle: -Mestre, sabemos que es sincero, e non andas con miramentos, porque ti non te deixas levar polos respectos humanos, senón que ensina-lo verdadeiro camiño de Deus. ¿Está permitido pagarlle a contribución ó César, ou non? ¿Pagámoslla, ou non lla pagamos? Xesús, decatándose da súa hipocrisía, contestoulles: -¿Por que me queredes comprometer? A ver, traédeme un denario para que o vexa. E leváronllo, e el preguntoulles: -¿De quen é esta imaxe e de quen fala esta inscrición? Contestáronlle: -É do César. Xesús replicoulles: -Pois logo dádelle ó César o do César, e a Deus o de Deus. Ficaron pasmados”.
Agora pregunto eu: ¿Deus, como poderá haber xente, pobos enteiros, que, despois de coñecido e divulgado o cristianismo sigan aferrados a unha serie de absurdos e de contradicións; de boa fe, si, douno por suposto, pero, aferrados, asidos con ferros? ¡A culpa é nosa por non ter explicado, explicado e aplicado, con xeito, o Evanxeo de Cristo! ¡Tal parece que nos apetece reter a exclusiva da verdade; pois ese non é o Camiño, afellas que non; verdade que non, meu Señor Santiago? Agora que o digo: Ai que ver o ben que se leva o clero de Santiago con eses césares da Xunta!
-.-

¿O principal mandamento? ¡Esta si que é a pregunta do millón! “Un letrado, ..., (letrado, reviravoltas tiña que ser!), preguntoulle: ¿Cal é o máis importante de tódolos mandamentos? Xesús respondeulle: -O primeiro é: “Escoita, Israel: o Señor é o noso Deus, o Señor é único, e amarás ó Señor, ó teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma, con todo o teu entendemento e con tódalas túas forzas. O segundo é, Amarás ó teu próximo coma a ti mesmo”. Non hai mandamentos máis importantes cá estes”. ¡Está claro, pois os outros son desenrolo, consecuencia, destes dous! Pero non remata aquí a escena pois o letrado (¡mal letrado é o que non duplica ou replica!), insistiu: “Moi ben, Mestre, estás no certo cando dis que é único e non hai outro fóra del; e que amalo con todo o corazón, con todo o entendemento e con tódalas forzas, e ó próximo coma un mesmo, é máis importante do que tódolos sacrificios e holocaustos. Xesús, vendo que respondera con moito tino, díxolle: -Non estás lonxe do Reino de Deus. E ninguén se atreveu a facerlle máis preguntas”. ¿Para qué, digo eu, pois naquela resposta ían tódalas preguntas e tódalas respostas do cristianismo; o saber non ocupa lugar, pero saber e non facer iso si que é mortal!
-.-

Os letrados ou escribas eran moi reverenciados polo pobo, e tiñan dereito ós postos de honor, pero esa superioridade tamén os inducía á picaresca. (¡Xa daquela!). “El seguía ensinando (ensinando e aconsellando, diría eu, que son un aprendiz de teólogo!). “¡Coidado cos letrados! Gustan moito de pasearse con vestidos fachendosos (e menos mal que daquela no había Rolls-Royce!), e que lles fagan reverencias polas rúas; buscan os primeiros postos nas sinagogas e mais nos banquetes. E acábanlles cos bens ás viúvas, facéndose os piadosos. Pero serán xulgados como lles cómpre”. (Aí e nada: polo Supremo!).
-.-

Os sufrimentos. ¡Alerta, que xa veñen; veñen e van, porque son inevitables; croios do Camiño! “Estando outra vez sentado no Monte das Oliveiras, enfronte do templo, preguntáronlle á parte Pedro, Santiago, Xoán e Andrés: -Anda, dinos cando van pasar esas cousas, e como imos saber nós que todo isto vai acabar. Xesús empezoulles a dicir: -Estade atentos, para que ninguén vos extravíe. Moitos virán dicindo: “son eu”, e extraviarán a moita xente. Cando oiades falar de guerra, ou de rumores de guerra, non vos alarmedes; teñen que vir, pero aínda non será a fin. Erguerase pobo contra pobo, reino contra reino; haberá terremotos e fame en diversos lugares; será o comezo de grandes sufrimentos. Vós tede moito coidado, porque vos entregarán ós tribunais e máis ás sinagogas; zorregaranvos duro e hanvos levar ante reis e gobernadores pola miña causa; así daredes testemuño ante eles; De por parte cómpre que a Boa Nova se anuncie por todas partes. E cando vos leven para vos entregaren, non andedes agoniados polo que ides dicir; falade como vos veña a idea no momento, porque non seredes vós, senón o Espírito Santo quen fale. Haberá irmáns que entreguen os seus irmáns á morte; pais, que entreguen os seus fillos; fillos, que denuncien os seus pais, ata os faceren matar. Pola miña causa seredes aborrecidos por todos, pero o que persevere ata o final, ese hase salvar!”.

Señor, polo que a nin respecta, agora que estou chegando á final do Camiño, préstame o teu báculo!


-.-

A muller, “báculo da Igrexa”, e os homes facendo por arredala, pero tempos virán, volverán...! “Estando Xesús en Betania, na casa de Simón o Gafo, recostado na mesa (costume naqueles tempos) chegou unha muller con un frasco de alabastro cheo de perfume de nardo puro, moi caro; rompeu o frasco (debe estar mal traducido: será que o destapou) e unxiulle a cabeza. Algúns dos convidados comentaban indignados: -¿Pero a que vén este estrago de perfume? Podíase vender en trescentos denarios, e repartírllelos os pobres. E alporizábanse contra ela. (¡Coido que non era precisamente polos pobres, senón porque o xesto, aquela adoración, viña dunha muller, que se metía onde non a chamaban, miña pobre!) Pero Xesús dixo: -Deixádea, ¿por que a molestades? Ben está o que fixo comigo. Ós pobres tédelos sempre entre vós, e podédelos axudar cando queirades; pero a min non me ides ter sempre. Ela fixo o que puido. Adiantouse a unxi-lo meu corpo para o enterro. Asegúrovos que onde queira que se anuncie a Boa Nova, polo mundo enteiro, falarase, para honra dela, do que acaba de facer”.
¡Falar, falouse, e nos Evanxeos quedou, pero eses Cardeais...! Acaso por vellos, esquécense de que son fillos dunha muller, dunha muller que os unxiu, nada menos que nove meses, co seu líquido amniótico!
-.-
¡Vaia desgraza, que nunca falta un Xudas, e xa non sexa un cento  deles! “Xudas Iscariote, un dos Doce, foi onda os sumos sacerdotes, para lles entregar a Xesús. Eles alegráronse moito do que lles propoñía, e prometéronlle cartos. Andaba buscando o momento axeitado para entregalo...” Eu non podo evitalo: Dáme pena de Xudas, de tódolos xudas, que boa desgraza teñen con selo! ¿Que sería del? ¡É unha curiosidade, das importantes, que sempre a levei na miña maleta!
-.-

Nos cadros da Última Cea non pintan ás mulleres; ¿estaban na cociña, ou na casa do lado? Na miña parroquia, en Montecubeiro, os homes tiñamos bancos, á esquerda, ¡para sentarnos!, e as mulleres cadeiras, á dereita, ¡para axeonllarse! ¡Obvio, os catedráticos, as da cadeira, eran elas!


Isto tiña que teclealo de xeonllos, pero o ordenador non entende de xenuflexións. “Mentres estaban comendo, Xesús colleu pan, deu gracias, partiuno e déullelo, dicindo: -Tomade, isto é o meu corpo. E collendo unha copa, dando gracias tamén, pasóullela, e todos beberon dela. Díxolles: Isto é o meu sangue, o sangue da Alianza, vertido por todos”.
¡Agora tócame dicilo: Señor, non son digno..., pero..., QUERO RECIBIRTE, EN MEMORIA TÚA! Hoxe, baixo as especies sacramentais, e no seu día, recíbeme Ti, presentado por Xosé e por María,        meus padriños do Ceo, xa que os seus nomes levo!
-.-

“Despois de cantaren os Salmos... (Non só bendiciron a Mesa senón que cantaron os Salmos, e nós, a imitación súa, que? Nesta vosa casa sempre a bendicimos...; sempre, non, nas grandes ocasións!) Saíron para o Monte das Oliveiras. Díxolles Xesús: Todos ides tropezar na vosa fe, como está escrito: Ferirei ó pastor e espallaranse as ovellas. Pero cando resucite, irei diante de vós a Galilea. Replicoulle Pedro: Anque tropecen todos, en non caerei. Xesús respondeulle: Ten por seguro que esta mesma noite, antes de que o galo cante dúas veces, ti hasme negar tres”.
¡Oh, incomparable Pedro, meu admirado Pedro, que só o negaches tres veces; agora ponte deste lado, do meu...! A outra diferencia é que ti choraches; pídelle ao Mestre, de parte miña, que me inunde en bágoas..., das miñas, polas miñas!
-.-

“-Simón, ¿dormes? ¿Seica non podedes velar unha hora tan sequera? Estade atentos e rogade, para que non se vos someta a tentación. O espírito está disposto, pero a carne é débil”.
¡E tanto que o é; por min opino; que aínda non espertei! A ver se con esta visita a Santiago, e con tanto apostolado que alí se respira...
-.-

Xesús, na finca chamada Xetsemaní, nesta ocasión, para que se cumprisen as Escrituras, obrando como home, na mentalidade do home, do propio Fillo de Deus sufrinte, sacrificado por toda a humanidade, en redención dela, tremeu, ¡como non, infinito pois infinitas eran as culpas alleas, culpas a redimir na súa persoa! “Abba, meu Pai, ti pódelo todo, arreda de min este cáliz. Pero non se faga o que eu quero, senón o que queres ti”. Non é que non estivese disposto, xenerosamente disposto, senón que, en canto home, todo aquilo que se lle viña encima era abafante, desgarrado, terrible, indicible. ¡Meu Deus, e todo iso, gran parte diso, mea culpa! Para que nós volvésemos ao Paraíso, Ti coa cruz, na cruz! Porque iso foi a Redención: ¡Retornarnos ao Paraíso; puros, non; purificados, si!
-.-
“Tamén había mulleres mirando desde lonxe; (¡Porque non as deixaban achegarse aqueles machistas, obviamente, pois o que é por elas..., tan de cerca coma a Verónica); entre elas (¿Elas? Logo eran varias, máis que as citadas), María Magdalena, María a nai de Santiago o Menor e de Xosé, e mais Salomé, que o seguían e servían cando estaba en Galilea; e moitas outras (¡Iso: moitas!), que subiran con el a Xerusalén”.
-.-

Nota histórica
Tendo como fonte os Evanxeos, confirmados por traballos arqueolóxicos, a tumba estaba situada nun xardín próximo á rocha (montaña, ou montículo). Os Evanxeos din, lugar, -onde foi a crucifixión, chamado orixinalmente Gólgota, e despois Calvario (lat. Calvaria, calavera), ou en grego kranion (cráneo). Este lugar estaba próximo á muralla herodiana da cidade de Xerusalén, e incluso comunicado con ela por unha rúa, pero extramuros, xa que as normas xudías prohibían os enterramentos intramuros, salvo para o caso dos Reis.
-.-

Os discípulos, -dedúcese-, seguían aterrados, fuxidos ou fuxidíos, loxicamente por medo as represalias, pero as mulleres, ¡o afecto e maila tenrura femininas, que as afoutaban!, tiveron azos, así que, “Pasado o sábado, María Magdalena, María de Santiago, e mais Salomé, mercaron perfumes para iren embalsamalo. E moi cedo, no primeiro día da semana, despois da alborada, foron ó sepulcro. Ían comentando entre elas: -¿Quen nos vai arreda-la lousa da entrada do sepulcro? Pero, erguendo a vista, descubriron que a lousa estaba arredada, e iso que era moi grande. Entrando no sepulcro viron un mozo vestido de branco, sentado no lado dereito, e quedaron espantadas. Pero el díxolles: -Non vos espantedes. ¿Buscades a Xesús Nazareno, o crucificado? Non está aquí. Resucitou. Mirade o lugar onde o puxeron. Agora ídelles dicir ós discípulos (¡elas; elas a eles!) e mais a Pedro que El vai diante de vós a Galilea; alí o veredes, como vos ten dito”. Elas saíron, fuxindo do sepulcro, pasmadas e tremendo; e non lle contaron nada a ninguén, do medo que tiñan”. (O evanxelista di “medo” seguramente porque non atopou outra verba máis axeitada, máis descritiva, pero eu, e Deus me libre de corrixirlle a plana, coa linguaxe actual máis ben diría que, atónitas!
-.-

Aínda queda moito de Marcos, moito e importante, pero teño a Lucas, outro dos grandes, agardando pola súa quenlla; ademais de evanxelista, séxase, testemuña fiel, patrón de Médicos e de Artistas.


O profundo senso social que anima o Evanxeo de Lucas agroma por todas partes, tanto falando dos deberes chamados de estado como dos comportamentos sociais en xeral. Por algo lle chaman, o Evanxeo dos pobres, porque aparecen sempre como amigos preferidos de Xesús.
-.-

Comeza deténdose en particularizar o nacemento do Bautista, colaborador e parente de Xesús, (súas nais eran primas), para achegarse logo a Belén, de onde arranca a cristoloxía: “Ós seis meses (do milagre de Isabel) Deus mandou ó anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, onda unha mociña prometida (só prometida) a un home da casa (da descendencia) de David, que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María. Entrando onde estaba ela, díxolle: Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo. ... María contestou: -Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches. E o anxo marchou de onda ela”.
¡Xa temos Avogada, xa temos protectora, xa temos Nai; de Xesús, Fillo de Deus, e como tal, igualmente Deus, segunda persoa da Santísima Trindade, pero, á vez, por aquel designio do Calvario, Nai adoptiva, testamentaria, de toda a humanidade! ¡Oh, María, sen pecado concibida, rogade por nós, que recorremos a vós!


¡Creu, e admitiu!
¡Raíña, non houbo coroación máis excelsa cá túa;
desde aquel intre, Raíña do mundo,
xeración tras xeración!
-.-

“Envolveuno nuns capizos e deitouno nunha manxadoira, na corte das bestas, porque dentro da pousada non había lugar para eles”.
¡Sublime lección de humildade, no propio Fillo de Deus; cabe lección máis conmovedora? Pero..., nin con esas, tal é a nosa soberbia; luciferina, por suposto!
-.-

¡Máis humildade, máis: foron os pastores levarlle o cesto á Virxe! “Había naquela comarca uns pastores que pasaban a noite ó descuberto, vixiando o seu rabaño. Presentóuselles un anxo do Señor, e a gloria do Señor rodeounos co seu resplandor. Eles levaron un gran susto, pero o Anxo díxolles: -Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha gran alegría para todo o pobo. Hoxe, na vila de David, naceuvos un Salvador, o Mesías, Señor. Este é o sinal: atoparedes unha criatura envurullada e deitada nunha manxadoira, nunha corte. E, de súpeto, arredor do anxo apareceu unha multitude do exército celestial, que louvaba a Deus dicindo:
¡Gloria a Deus no Ceo
e na terra paz ós homes
que gozan do seu amor!

Cando os anxos se retiraron marchándose ó Ceo, comentaban os pastores entre eles: Vaiamos a Belén ve-lo que sucedeu e que o Señor nos manifestou. Foron ás carreiras e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura deitada na manxadoira. Ó que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño, deixando pasmados a cantos escoitaban o que tal dicían os pastores. María, pola súa parte, conservaba todas estas cousas no seu corazón. Os pastores regresaron glorificando e louvando a Deus por canto viran e oíran, tal como lles fora anunciado”.
-.-

Pasa a
XA QUE TEMOS A COMPOSTELA...
-IV-
Xosé María Gómez Vilabella
 

No hay comentarios: