SOLILOQUIOS
Todos somos pensadores; todos
podemos, queremos, e sabemos,
pensar.
-.-
Dedicados a ASPNAIS de Lugo,
que van cumprir os 50 anos
da súa fundación,
por se serven de estímulo aos seus
nenos.
Coido que todos valemos para algo,
e que somos útiles á humanidade...,
con tal de querer,
xa que,
¡querer é poder!
Xosé María Gómez Vilabella
O amencer da Coruña vén de Lugo
Son as sete...
¡Teño outro día de
prórroga!
Daquela..., a pensar,
e despois, teclear!
Deus, que digo
hoxe,
que me digo?
Para iso,
para ben dicir,
dáme verbas
axeitadas,
das que axudan a
medrar,
das que axudan a
rezar!
No que de min
dependa,
quixera ser
mestre,
para ensinar
verdades;
para ensinar a ser
persoas...,
ás persoas;
máis para iso cómpre
comezar por min
mesmo,
puírme, ilustrarme.
¿Fontes para
beber?
¡Xa que sei ler,
téñoas na Biblia,
e de Mestre,
Xesús de Nazareth!
-.-
Nas cartas antigas...
Onte, onte mesmo,
firmábase así:
“Este que lo
es...”
¿Sono, estou
seguro de ser quen penso ser?
Do único que estou
é
de que este traxe,
este do meu galán,
foi o que quitei
onte, onte mesmo.
¿Do resto?
¡Eu que sei!
Conta a miña
muller que,
de noivos,
despedinme nunha
carta poñéndolle:
“Eu son ese a quen
dis amar,
e que, á súa vez,
tamén te ama”.
Aquilo era certo
xa que...,
¡casamos!
¿O resto?
¡Co que levo
andado pola vida,
co que levo decidido,
feito e/ou
omitido,
como diantres vou
saber quen é,
nin como é,
este que vai
entrar no meu traxe,
no de onte,
no de onte mesmo!
Daquela,
¿de que vou falar,
de que vou tratar,
se nin a min mesmo
me coñezo!
-.-
Mais,
para que me teñades por amigo,
que iso quero ser,
presentareime:
Que saibades quen son e de onde veño,
para que non vos asustedes,
pois estades lendo
outro que tamén foi neno.
E case de neno,
Zoqueiro,
que moita honra
diso teño.
As primeiras zocas
non as gardei,
que as ía levando
á feira de
Castroverde,
onde as vendía
para mercar
libros,
libros e paxelos.
Estas que aquí
vedes,
xunto cos meus
libros
de Agricultura e
de Botánica,
son as últimas
que fixen,
e consérvoas
porque son os
brasóns
da miña historia
persoal,
da miña nobreza,
e tamén,
da miña pobreza!
-.-
O reloxo dos vagos
A clepsidra dos
vagos
non se dá
baleirado,
pero
cando os
traballadores se sentan enriba,
aceleran a caída.
Para os vagos non
existe
a vida,
non dan por sabido
que chegan oito
horas
para a durmida.
Inventáronse os
reloxos
pero deles non
tiñamos falta,
que xa nos avisa o
sol
pola ventá:
“Arriba, lacazán,
que xa cheguei
e non saes a
recibirme!”.
¡Que gran amigo é
o sol,
que nos esperta
amoroso
alargándonos a
vida!
-.-
Prosa / poesía?
Prosa / poesía,
equilibrio
corporal.
Corpo / espírito,
sensibilidade e
fortaleza.
Corpo e alma,
vida en
definitiva,
que nós, coma as
abellas,
libando,
¡coñecemos e aprendemos!
-.-
O corpo pide
flexións,
e a alma
reflexións.
Non son
contrarios, non son contraditorios;
é simplemente
unha cuestión
semántica:
¡cada quen
mantense
pola súa man!
As verbas saen do
corpo
pero fabrícanse na
alma;
do que se infire
que,
desalmados,
son os homes sen
palabra.
O gaiteiro sopra,
e fai notas,
pero a música sae
de dentro,
de dentro do fol.
¡Meu Deus; canta
harmonía
levamos no peito,
que complexos nos
fixo!
¿Para que?
¡Para
sobrevivirlle á morte,
nada menos!
-.-
O corpo mantense
con alimentos,
e o espírito con
pensamentos.
Os alimentos poden
ser crús,
pero os
pensamentos,
nunca,
nin crús nin
verdes,
e mellor aínda
se están remoídos
no propio caletre!
-.-
Para caletre o da
miña dona,
que baixou do Ceo,
¡era unha estrela!,
para casar comigo,
un martes trece,
e a maiores,
¡por poderes!
Ela di que se
namorou dos meus versos...,
pero a min
cativoume
a bondade
dos seus sorrisos
abertos;
e logo que os seus
ollos,
nunca choran para
fóra,
aínda que o fagan
por dentro.
O casamento e
maila mortalla
seica baixan do
Ceo,
pero, no meu caso,
¡palabra!,
fun eu o que subiu
a do as estrelas
estaban.
Daquela decidín:
¡Esta, a que
mellor rutila,
para min;
polos séculos dos
séculos,
Amén!
-.-
Quero pensamentos
limpos,
que me baixen
directamente do espírito,
pois,
para enlodalos xa
teño
a saliva bucal,
esa que molla e
remolla
os alimentos
manexados.
Quero pensar con
pensamentos de Adán,
con aqueles que
tiña,
con aqueles que
utilizaba,
antes de aprender
a pecar.
Quero mazás limpas,
do alto do pomar;
quéroas das ramas
altas,
desas ás que a
serpe
non puido chegar.
-.-
¿Somos agradecidos cós cireneos?
Se preguntásemos,
diríannos que si,
pero eu,
que levo moitas
leguas percorridas,
deses marcos pouco
atopei.
¿Onde están esas
leiras,
esas ofrendas,
esas paisaxes
idílicas?
¿Tódolos favores
son desinteresados,
ninguén os fai
agardando polos
réditos?
Daquela,
¿por que serei
malpensado,
e iso a pesares de
que vivo
nun mundo idílico
rodeado de
santos?
¿Rodeado de Santos?
¡Si, cando estou
na igrexa,
que os hai en
tódalas paredes,
pero aínda non vin
ningún
dedicado a San
Cireneo!
-.-
Eloí, Eloí, lamá sabactaní
Non foi Teu Pai,
Noso Pai,
o que te
abandonou,
que fomos nós,
teus irmáns adoptivos,
e Ti ben o sabes,
mais,
naquel intre de
angustia total,
abafado coa carga
do nosos pecados,
tan infinita que
mesmo che pareceu,
como home,
que teu Pai te
abandonara,
cando precisamente
máis amor che
demostraba,
nos demostraba,
utilizando ao seu
predilecto,
para cargar en Ti
a infinidade
das nosas faltas,
para que nolas
redimise
o único que facelo
podía,
o único que para
iso valía:
Nada máis e nada
menos que o
seu propio Fillo,
coma El, Deus,
Segunda Persoa
Trinitaria!
Grazas, Señor,
por esa angustia
incomparable,
miña,
miña e de meus
irmáns,
netos de Adán,
que aceptaches
cargala
nos teus ombros
humanos.
O Cireneo fuches
Ti,
Ti, e non para ti
mesmo,
que viñas de Deus,
que eras Deus,
que seguías
séndoo,
só que sufrindo e
padecendo polos homes,
na túa carne de
home:
Cireneo dos meus
pecados,
que mos redimiches
padecendo por min,
o indicible,
así que,
en vista de que
non cho sei agradecer,
só che pido una
cousa:
¡Que me perdoes…,
outra vez!
-.-
Teño a mente vagando.
Téñoa en branco,
que ata non sei
que pensar:
Non me gustan os
meus pensamentos
cando cheiran a
vago;
non me gustan
estas vaguidades
dos que falan, dos
que falamos,
por non estar
calados!
Quero ser
profundo,
quero profundar,
e para iso,
de broca,
só atopo un verbo:
¡Amar!
-.-
Meus padriños
Naquela pía de San
Cibrao
a auga estaba
fría,
e iso que era
agosto...
¡Auga limpa!
Tan limpa que
limpo me deixou,
pero...,
¡non durou!
Ensucieime eu
mesmo,
facendo diabruras;
ensucieime facendo
o que non debía,
facéndolles caso
ás tentacións,
ata que descubrín
que a segunda
lavadura
faise...,
con xabón penitencial!
¿Para que me
porían
Xosé e María,
antes de estar
seguros
de que os
imitaría?
Padriños, de todos
modos, grazas,
pois a culpa foi
miña...,
por non imitarvos!
¿Volveredes a
bautizarme na Porta do Ceo,
para entrar tan
limpo coma aquel día
de Montecubeiro?
-.-
Os poetas
Os poetas son uns
seres débiles
que non poden cos
seus pensamentos,
e por iso os
descargan,
a brazados,
rimando,
facendo medeiros,
asentando espigas e
ordenando letras!
¿Daquela, a palla?
¡Déixanllela aos
prosaicos,
para estra-las
cortes
do seu gando!
Os prosaicos somos
esterco,
que por algo nos
dedicamos ás hortas,
¡ás hortas das
verzas,
ás hortas da
prosa!
¿Onde se viu un
prosaico
abonando nas
roseiras?
-.-
Xa que de roseiras falo...
¿Por que terán
espiñas as roseiras,
e por que serán
tan pillas as mulleres,
que esa sona teñen?
En vista deses
perigos
inminentes
cómpre tratalas
ben,
e cheiralas de
lonxe,
non abusar delas.
Compre achegarse
soamente,
suavemente,
cando están de
boas,
que daquela
vólvense cara a
nós
tentadoras,
pedindo que as
recollamos,
que as libremos
das espiñas que as rodean.
Ofrécennos a súa
beleza;
daquela, si.
¡Deus, como se
parecen as mulleres
ás roseiras!
-.-
As cousas miúdas
Cousas miúdas
chámaselles ás que non se contan,
ás que non
queremos contar,
pero,
en verdade de
verdade,
miúdas son as
cousas grandes,
os segredos da
alma,
as peripecias da
vida,
os tormentos que
nos avergoñan.
Cando hai
confianza
dá noxo,
pois daquela
referimos
o que nos sobra,
deixando o que nos
desacouga
e falando por
falar.
Nestes casos,
¡que ben nos faría
vomitar!
-.-
Coa mente na lúa
Na de San Martiño,
¡non pensedes
mal!,
acordeime daquelas
mozas
que ían a Lugo
no coche de Trigo:
Todas na
dianteira,
xunto dos cregos,
cunha espeteira
que lle impedía ao
chofer
olla-la cuneta.
Nunha daquelas
viaxes
pregunteilles
se era de mel a
lúa delas:
Dixéronme:
As nosas lúas
témolas en Meira,
e se queres casar,
vémonos na feira!
-.-
Como queda de baleira unha casa...
cando se ausenta a
familia,
por temporalmente
que sexa.
Ata o aire se vai
con eles
e so queda,
acariñado nos
mobles,
a pátina dos
tempos.
Non hai afogo
semellante,
non hai baleiro
máis completo;
e non che digo
nada
cando se van para
non volver!
A familia é o máis
perfecto,
e desfacela un
crime,
dos de lesa
Patria.
A familia é un
anticipo do Ceo,
e desfacela un
favor do inferno!
A familia é,
en definitiva,
o único que é;
a familia é o
único que nos fai gozar do Ceo
estando na terra.
-.-
Hoxe vin un milagre
Si, a cheminea dos
veciños,
esa da
calefacción,
co fume subindo
dereitiño,
para perderse no
ceo.
Isto quere dicir
que non corría o vento...
¡Ai se pasase o
mesmo
cos falares da
xente,
cos chismes
saídos de aló por
dentro!
¡E menos mal que a
voz
pérdese
coa distancia,
que así non oímos
a maledicencia
da nosa veciñanza!
-.-
Silencios elocuentes
¿Que lle digo á
miña rapaza cando,
estando ao seu
lado,
non lle digo nada?
Daquela é cando
llo digo todo,
absolutamente,
porque,
de levarnos ben,
con ollarnos
chega!
Tamén é que non
atopo verbas
suficientes
para expresarlle o
moito
que a quero;
por outra parte,
se estamos
enfadados,
o silencio é a
cousa
máis elocuente!
-.-
Señardades, que non e igual a soidades.
Disto sabemos os
emigrantes;
disto, si.
Señardades son
certos capítulos,
íntimos,
das soidades,
uns baleiros
acentuados
que adoitamos
encher
coas lembranzas do
irrecuperable.
Esas sinais
parécense ás
cicatrices mal curadas,
e tanto avultan
que ata se notan
na cara.
Un detalliño
calquera
que teña algo que
ver co pasado
ráscanos na
memoria
e tráenos ao presente
eses desgarros da alma.
¡Pero non
busquedes a tradución
nos dicionarios,
que non está:
non é unha verba,
é una ferida atroz,
sanguenta!
-.-
Maldito racismo
¿Verdade, Shakina,
que te entendes con
nós?
¡Quen nolo ía
dicir,
que nos coidaría
de vellos
unha rapaza
da raza
daqueles que,
no cincuenta e
sete,
atentaron contra
nós
na estrada de
Safí!
A Historia é o que
ten,
que,
cos anos,
pon o mundo patas
arriba,
séxase,
do revés!
-.-
¡Fóra complexos!
Que non hai por
que telos,
xa que son
froitos,
espurios,
de cando nos
fracasa a autoestima.
Algúns véñennos da
soberbia
do próximo,
que nos trata de
inferiores,
pero outros son
de elaboración
propia.
¿Como se cambia o
produto?
Enxertándonos a
nós mesmos
pugas rotundas,
dignas:
¡Autoestima!
-.-
A soa das persoas de soa.
As persoas son,
somos,
coma as campás,
que soamos ao
lonxe
a pouco que nos
lembren.
Pero hai dous
sons,
ademais do neutro:
Aqueles feitos
que daríamos a
vida
por non telos
feito;
e logo están eses
acertos
que corren coma o
vento...,
só porque a xente
pensa
que teñen
merecemento.
-.-
Nostalxia do paraíso
Os coches deixaron
de pasar,
apagouse o seu
bruído,
pero os farois
seguen acesos
para que a xente
non poida
durmir.
Nesta durme vela
a mente non para
de transitar,
e a tan lonxe vai,
que a miña,
ata o paraíso,
non quixo parar.
Eva, miña avoa,
deitada co seu Adán
nun colchón de
herbas brandiñas
e collidos da man.
Noutro curro do xardín,
Lucifer,
¡un farol apagado,
ese si!,
enroscouse coma
unha serpe
para pasar
desapercibido.
Agarda que Eva
esperte do seu idilio
para violala,
para meterlle
palla en albarda.
¿Que, vaivos ben?
¡Do mellor!
Iso é porque vos
ten enganados o Señor,
ese que é un e
trino,
que seica non
admite cuartos,
pero esqueceuse de
arrincar a maceira
das mazás
poderosas;
¡esta!
¿E, saben ben?
¡Próbaas ti mesma,
pois ese Adán,
de gusto pouco,
que te ten virxe,
e os fillos sen
nacer!
¿Muller, que
fixeches,
sen contar comigo,
que son o teu
socio vitalicio?
¡A culpa foi de
Lucifer,
envexoso de que me
deitase contigo!
-.-
O cerebro non é o importante
A Deus achéganos o
corazón,
¡se é que no
corazón está
o amor!
A cabeza é tanto
máis perigosa
canto meirande é a
intelixencia
que abeira.
Daquela,
¿onde está o
perigo,
ese temoeiro que
nos leva por mal camiño?
¡Nas mentes
retortas,
sobradas de
intelixencia;
complexas,
complexas e mal
cultivadas!
Cultivemos o
corazón,
pois,
téndoo,
pouca cabeza precisamos
para salvarnos.
-.-
¿En que somos máis cá vosoutros?
Deberan
preguntarse
eses que se teñen
por preclaros!
Máis sodes na
soberbia
alardeada
se non tedes a
humildade
de recoñecer
que a grandeza non
é vosa:
Recibístela de
Deus,
¡prestada!
-.-
Deus naceu nun portal
E eu nun feixe de
pallas,
na cociña vella
de Bergland.
Grazas, meu Señor,
Xesús,
por darme esta
ocasión
de presumir,
que me parezo a
vos,
aínda que só sexa
pola compañía
daqueles pastores
do meu lugar.
Mais con iso e con
todo,
moito me custa
erguerme
coa dignidade que
corresponde
a un berce tan
alto.
-.-
Se ollades ao voso redor,
¿que vedes?
Brazos tendidos,
apertas,
mesturados con
algún que outro
pillabán.
Dos pillos non
falemos,
que xa o fará Deus
no día do Xuízo.
Cómpre falar das
apertas
dos irmáns,
deses que
demostran selo...,
cos feitos!
Nesta ignorancia
do mal,
do mal veciño,
eu só vexo o que
quero ver:
¡Fraternidade!
E daquela acórdome
de
“Grândola, vila
morena,
terra da
fraternidade”,
que así,
con esta cantiga,
comezou a
revolución dos
caraveis,
en Portugal.
¿Non si, “Zeca”
Afonso,
poeta lusitano?
Daquela fágoa
miña:
Grândola, Vila Morena
Terra da Fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade!
Dentro de ti ó cidade,
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, Vila Morena
Em cada esquina, um amigo
Em cada rosto, igualdade
Grândola, Vila Morena
Terra da fraternidade!
Terra da fraternidade,
Grândola, Vila Morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena!
Á sombra de uma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola,a tua vontade!
Grândula,a tua vontade,
Jurei ter por companheira
À sombra de uma azinheira
Que já nao sabia a idade!
Que já não sabia a idade!
Terra da Fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade!
Dentro de ti ó cidade,
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, Vila Morena
Em cada esquina, um amigo
Em cada rosto, igualdade
Grândola, Vila Morena
Terra da fraternidade!
Terra da fraternidade,
Grândola, Vila Morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena!
Á sombra de uma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola,a tua vontade!
Grândula,a tua vontade,
Jurei ter por companheira
À sombra de uma azinheira
Que já nao sabia a idade!
Que já não sabia a idade!
-.-
Subir polas escaleiras da vida
Non é igual
subir as
escaleiras que subir por elas;
pero na vida, si:
Subimos a vida,
a propia,
a particular de
cada quen,
pedra a pedra,
esforzándonos por
acomodalas
ben.
Subimos as
escaleiras da vida
xeralmente sen varanda;
como moito
arrimándonos
á parede contigua,
ao apoio dos nosos
protectores.
En definitiva,
que a vida é unha
escaleira
feita por nós
mesmos!
¿As pedras?
As pedras, igual
que na vida,
saen das penas!
-.-
Aquel carpinteiro...
Aquel carpinteiro
chamábase José,
e non houbo outro
con mellores
clientes:
Xesús e María.
Por se isto fose
pouco,
adoptou por fillo
ao Fillo de Deus,
e criouno a corpo
de Rei.
Traballando,
iso si,
para darnos
exemplo
de que non hai
oficio humilde
se o aprendemos
ben.
-.-
Contra desánimos..., ánimos!
Iso de tirar
forzas da fraqueza
é barato de dicir,
pero caro de
facer.
Non obstante,
estamos chamados a
vencer,
a subir,
a medrar coma unha
hedra
enroscados en nós
mesmos,
carballos auténticos.
Sempre podemos
máis,
moito máis
do que
aparentamos,
do que estamos
dispostos a ofertar
no altar da propia
vida.
¿Demostración?
Como estou seguro
diso,
para o ano que vén
volvo,
e preguntarei!
-.-
A responsabilidade nas decisións
Pasamos a vida
decidindo cousas,
así que,
nunca sobra a
preparación,
a formación,
o criterio
persoal.
¡Daquela merece
ser cultivado!
Cómpre aprender
para saber,
e saber para
decidir
co máximo acerto
posible.
¡Ximnasia mental,
amigos,
do fácil ao
difícil,
do elemental ao
complicado!
Pensemos;
pensemos que hai
decisións
sen marcha atrás,
así que procede ir
amodo,
Suai, suai,
que di o moro,
para te-la
posibilidade de variar de rumbo
se o camiño
se pon escuro.
-.-
Primeiro, pensar, e despois, falar.
¿Facémolo así?
Do que non,
cantas bobadas
diremos,
e cantas malicias
faremos,
deformándonos!
Nós, só somos nós,
cando facemos o
que pensamos,
despois de madurar
as ideas.
A froita deixámola
na árbore
ata poñerse en
sazón, non si?
¡Daquela copiemos
da natureza,
xa que natureza
somos!
-.-
PUÍDO DE DIAMANTES
Desde que vin
aqueles rapaces
do Caravel de
Bergondo
tallando
diamantes,
descubrín
que todo é posible
botándolle a
paciencia necesaria;
¡iso si, coa
ferramenta apropiada!
Todos valemos para
algo,
todos somos
axeitados
se temos xeito
no que facemos.
Todos somos
necesarios
para puír o mundo,
que é tan duro
coma os diamantes.
Se eu mandase,
mandaría
clasificar a
humanidade
non polo seu
talento
e si pola súa
utilidade,
pola paciencia que
lle boten
ao traballo
encomendado.
-.-
A dignidade é irrenunciable
Non está de máis
recordalo
pois
nos intres de
desalento,
máis que unha
virtude
é un peso.
A dignidade é
persoal e intransferible,
vennos do Deus que
nos fixo,
así que,
forma parte da
herdanza
divina.
Non cabe renunciar
a beneficio de
inventario,
que iso só é
admisible nos herdos dubidosos.
O noso está garantido,
salvo que lle hipotequemos
ao diabro
os dez mandamentos...,
e para iso,
con pacto de retro!
-.-
Os complexos,
enfermidade con vacina.
Para sentirme
acomplexado
terei que
compararme,
pero,
¿con quen o fago
se todos están
enfermos de algo?
O que estea limpo,
que tire a
primeira pedra...,
¡e con iso, fóronse!
A mellor vacina
é sentirme alguén,
xa que alguén son,
a moita honra.
¡Que cada quen se
mida a si mesmo:
os baixos, que se
estiren,
e para os altos, humildade,
pois as
desigualdades non se miden
co sistema métrico
decimal!
-.-
Respecto non é submisión
O respecto
merécese,
e a submisión
imponse.
Submisión ás leis
xustas,
e para de contar,
pois a que lle
debemos a Deus
máis ben se debe
chamar
respecto absoluto,
de fillo a pai, a
Pai celestial,
que non é igual.
O lema do respecto
ben sabedes cal é:
“Respecta se
queres ser respectado”.
Pois,
con isto dito,
todo nos queda
aclarado!
-.-
A ledicia do amencer
Cada amencer é
como volver a
nacer,
outra oportunidade
baixada do Ceo,
que nos serve para
recoñecer
que o día pode coa
noite,
e despois do
letargo
teremos outra
vida,
un renacer,
forzas anovadas
para seguir
loitando,
para mellora de
feitos e de ideas.
As néboas,
¡que tamén as
hai!,
son cortinas nas
ventás dos nosos ollos,
pero hai que
confiar
pois o sol sempre
pode con elas.
Se non é hoxe,
mañá será
e poderemos ver,
sorrirlle,
a un novo amencer!
-.-
Esta vida é un carreiro...
montaraz
que nos leva á
autopista
celestial.
Agonía é a espera
pola chegada do
bus
que nos leva á
capital;
pode ser larga e
lenta
pero sempre chega,
e de chegado
todo o esforzo se
dá
por ben empregado.
¡Seino porque isto
me pasaba a min,
pero,
de chegado...,
son feliz,
e iso que Lugo non
é eterno,
que foi fundado
por aqueles
romanos.
-.-
Na hora da balanza
Non importa o peso
natal,
senón o final,
aquel que sinale
a báscula
celestial.
¿Pesarannos, si,
de verdade?
¡Como hai Deus que
si,
¿ou é que
esperamos enganar a Deus
no peso das
virtudes aportadas?
É de esperar que
os tendeiros do Ceo
pesen por separado
vicios e virtudes,
resultando diso o pagamento,
se a balanza
desequilibramos
para mal.
¡Daquela é cousa
de ir preparados,
coa man na bulsa
dos padecementos
soportados...,
para así equilibrar!
-.-
A satisfacción da obra ben feita
enche o peito,
e ninguén nos
preguntará
canto tempo levou
facela.
Cando no saian ben
á primeira,
cambiar de moldes,
cambia-los feitos,
pero antes de
romper a ola
estudarlle os
defectos,
pois,
¡non vaia ser o
diaño
que repitamos o
deseño!
-.-
Os desagradecementos
¿Queremos
pertencer ao mundo
dos desagradecidos,
deses seres
inmundos
que todo o dan por
maldito?
¡Eu, non, e ti?
Todo o que
recibamos sen obriga do dador
sexa agradecido,
e poñámonos á
recíproca
agradecendo as atencións
con todo o
corazón,
que é o mellor
regalo
que esperan de
nós!
-.-
Unha horta mal coidada
desacredita ao seu dono;
daquela mírate no
espello,
no espello dos
teus actos,
e se algo podes
puír,
non o deixes para
mañá!
Non consiste en
ser guapo ou feo
por fóra,
senón na
pulcritude da alma:
¡Se me porto ben,
boa fama
merecerei,
e os demais,
se non ma dan...,
ao nabo de Lugo!
-.-
Os materialistas
Os materialistas son
precisamente iso:
¡materia,
materia corrupta,
moita cousa e
pouca persoa.
Daquela mírate ás
persoas, pois as cousas
pódense perder ou
destruír.
Todos necesitamos
delas
para sobrevivir,
pero hai que
pensar que é o máis importante,
Deus, ou os ídolos?
Pois,
xa que son fillo
de Deus,
para qué namorarme
do que vale
menos cá min!
-.-
Aprendamos a decidir
para facernos
respectar!
Aprendamos en por
nós,
para que non nos
leven
polo cabezal,
pois,
se ben razoamos, e
se ben decidimos,
homo sapiens seremos,
e por tales nos
terán!
-.-
O optimista
O optimista sempre
ten o sol
por diante,
por diante dos
ollos;
e se chove que
chova
pois o seu
paraugas do optimismo
tíralle a auga
fóra.
O optimista sempre
se atopa
con persoas
que precisan da
súa axuda,
e non vacila en
dárllela,
camisa incluída!
O optimista
desbota
os pensamentos
negativos:
Enfróntase aos
problemas de fronte,
conseguindo
que os obstáculos
se aparten,
per se,
do seu camiño!
-.-
Non hai galegos pobres
Non pode habelos,
pois os outros,
aínda que se teñan
por ricos,
non teñen de
alfombra
os prados verdes,
da verde
Gallaecia!
Pobres, non,
pero...,
verdes?
¡Refírome aos
prados;
non sexades mal
pensados!
-.-
Análises e propostas
Os meus análises
fágoos nocturnos,
coa almofada de
fiscal,
acusándome dos
tropezos
diúrnos.
¿Vou a mellor?
¡Iso é o que
pretendo,
pero tódolos días
teñen as súas tentacións,
os seus
desalentos!
En consonancia,
déixolle ao sono
facer de depurativo,
e á mañá seguinte
esperto,
decidido a
emendarme.
¿Consígoo?
¡Polo menos,
inténtoo,
que xa é algo
positivo!
-.-
Non é cómodo aprender...,
cando non se quere
saber.
¡Pero deses non
hai,
pois todos nacemos
coa ansia de
chegar,
de chegar a reinar,
en nós mesmos,
sen escravitude,
sen sometementos
inxustos.
A dignidade que dá
o aprender
é algo celestial,
así que merece o
esforzo
de erguernos
sobre nosoutros
mesmos.
¡Upa, arriba,
que non é difícil!
-.-
Destacar en algo
Non é doado
con tantos
competidores ao redor,
pero sempre se ten
algo
que lle falta ao meu
veciño:
¡ser eu, que xa
non é pouco!
Deus fíxome así,
así como son,
para que o mundo
sexa variado,
e deixemos de envexarnos
sen razón.
Non hai envexa
posible
sendo irmáns,
séxase,
herdeiros
universais
da mesma gloria,
da celestial!
-.-
¿Que lles fago aos erros?
Os do xiz pódense
borrar cun trapo,
pero as
trapisondas da vida
requiren humildade:
Recoñecer as
caídas,
e pedir axuda,
se é preciso,
para erguerse e
repoñerse,
para recuperar o
perdido.
Son tantos os
erros posibles
que error sería
definilos;
quedémonos conque
só son punibles
aqueles que
dimanan de accións,
ou de omisións,
voluntarias.
¿Como se borran?
¡Coa marcha atrás,
desandando o andado!
-.-
A importancia das cousas miúdas
¡Pero se non as
vemos,
nin as vemos nin
as coñecemos;
e non obstante,
existen,
como existen as
moléculas e mailos átomos!
Non hai cousas
miúdas,
nin depreciables,
que todo é útil,
todo ten un fin,
pois por algo
foron creadas.
Para min só son
miúdas
as ruindades.
¿Por que?
¡Porque as facemos
os torpes,
os miúdos,
os recalcitrantes!
-.-
Recrear a vista
Recrea-la vista
nas cousas belas,
tantas que hai,
tantas que temos,
é coma as abellas
libando no mel.
A miña gran
pregunta,
que na Biblia non
lle atopo resposta,
é:
¿No Ceo debe haber
rosas,
a sobrar,
pois cando se levan
ao cemiterio
en lugar de
subilas
déixanas murchar!
Gustándonos as
cousas belas,
¿por que
insistimos en facer
cousas feas,
tal que recrearnos
no pecado
infernal?
Gocemos coa
beleza,
tanta que hai!
-.-
O pracer de estudiar
Só se pode
comparar
o daquel que rega
na roseira
para ve-las flores
brotar.
Comezan por
gromos,
¡agroman!,
e acaban
perfumando
as propias mans do
regante,
agradecidas que
son.
¿Que as rosas
teñen espiñas?
¡As rosas, si,
pero o estudio,
non,
que sempre deixa
bo corpo
se se fai con
amor.
-.-
O cariño
O cariño é unha
luz suave
que entra e sae
polos ollos:
con só ver como
nos miran
xa queda acreditado.
¡Non hai outra
forma de medilo,
nin de pesalo!
¿Se me miran mal,
que é?
¡Está claro:
desamor que me
teñen!
Ser cariñoso é
algo así
como ser
embaixador de Deus,
que nos utiliza
para transmitir
o seu querer.
O afecto brota da
alma,
e por iso fai
brillar a cara.
O odio tamén sae
polos ollos,
pero doutra
maneira:
¡botando chispas!,
que por algo vén
do inferno,
dese inferno que
os malos
levan dentro.
-.-
Coas cousas de comer
non se xoga;
e coas do querer,
menos aínda!
Son ditos dos
vellos
que valen para os
novos;
son ditos da
prudencia,
que non ten idade.
¡Canto saber se
bota a perder
por non
prestarlles
atención
aos vellos de cada
lugar,
de cada familia,
de cada país,
nosos en
definitiva!
Son os mesmos que
dicían:
Non botedes no
prato
máis do que
podades comer,
que outros hai
esperando
polo que aquí
estea
sobrando;
e se non hai
famentos,
para o gato!
-.-
Botarlle peito á vida
non é valentía
senón imperativo
vital,
que para algo
estamos aquí!
Os pais..., que
van ao traballo
cada día,
chova, neve, ou
queime o sol,
para asegura-lo
pan dos seus fillos.
A nai..., da que
nada direi
porque
non hai palabras
axeitadas,
de tanto que fai.
O empresario...,
que xa leva pensado
a tarefa de cada
día.
O deportista...,
que se rebenta,
de tanto ensaiar.
Os rapaces..., que
o son todo menos rapaces,
porque
nada rouban, pois
todo o merecen,
aínda que só sexa
pola súa inocencia.
¡Nesta vida
cada quen ten o
seu papel!
-.-
A información como materia prima
¡Estaríamos bos
se todo dependese
de nós!
Ben mirado,
non é moito o que
aportamos,
que todo nolo dan,
coma quen di,
posto no encerado;
e despois diso,
¡veña copiar!
-.-
Vantaxes de nacer, ou de vivir,
en Lugo.
Lugo é a terra
máis galega
de toda Galicia.
Os asturianos
chámannos
“primos”,
pero iso sae de
que somos
pacíficos,
sen deixar de ser
valentes.
¡Que lle pregunten
a don Silo,
das Ásturies Rex!
Polo Norte confinamos
con Inglaterra,
augas no medio;
polo Sur témolo
Sil;
e de Poñente,
a Coruña do Finisterre.
¿Temos ou non boa
parentela?
Somos bos veciños
porque...,
lles ensinamos a
selo!
En definitiva,
que non hai nada
como vivir
dando e recibindo
respecto!
-.-
Baixar o ritmo
Este consello non
vale
para
traballadores...,
¡porque non son
capaces de aceptalo!
Baixar o ritmo
é saudable,
sempre que non
conduza ao parasitismo.
Baixar o ritmo
significa
descanso.
¿Descanso
merecido?
¡Para os activos,
si!
Baixar o ritmo non
é quedarse sen música
senón,
e máis ben,
concentrarse en
oíla
ben.
A vida actual é
acelerada,
mais,
se queremos un
novo impulso,
compre apagar,
e despois, de novo,
acelerar,
se o motor non
queremos
queimar.
Isto non vai cos
folgazáns,
eses lunáticos que
copian da lúa
o seu
resplandor...,
reflexado!
-.-
O mérito está
no uso que fagamos
dos materiais recibidos.
Se nacín labrego,
a miña obriga será
sementar;
se nacín Dalí,
¿como podo
inhibirme de pintar?
O mérito está en
transformar,
iso de engadir
valores,
mellorar
coas ferramentas
que teñamos á man.
Comezando, por
onde?
¡Por min mesmo,
obviamente,
pois cada quen
responde
do seu material!
-.-
Facer algo polos demais
Algo, non, moito,
que tamén eles o
fan, ou fixeron, por min.
Nacemos, criámonos,
e vivimos
en sociedade,
relacionándonos e
axudándonos,
¡que é lei divina!
¿Podo dicir, con
propiedade,
que todo o meu é
meu?
¡Iso sería se
vivise só,
tal que no alto
dun monte,
sen roupa e
comendo arandos!
¿Verdade que non é
o caso?
¡Pois, daquela,
que haxa reciprocidade!
-.-
A beleza está nos feitos
Iso que premian
nos concursos
son as formas
externas,
pero a beleza real
é a interna,
a espiritual.
A que é válida
ante Deus,
está na alma,
e por iso non sae
nas fotos:
¡non é fotoxénica!
Vémola, e
apreciámola,
con outro flash,
con ese que chaman
amor,
amor aos demais!.
-.-
Disquisicións sobre a autoestima
Principio xeral,
fundamental,
o de aceptarnos
tal e como somos,
pois todos valemos
se valía nos
damos.
Con isto sabido,
esforcémonos por saber,
por aprender,
por mellorar,
xa que,
por curtos que
sexamos,
todos temos
capacidade de medrar,
¡por dentro,
que é onde temos a
grandeza
espiritual!
Pasos que terei
que dar:
Imaxinar metas,
e para cumprilas
establecer tarefas
que sexan
posibles,
factibles.
Onde non poida ou
careza,
solicitar axuda,
que teñen obriga
de dárnola,
de compartir,
aqueles que máis
medios teñan recibido.
E por último,
poñer en orde de
execución
as tarefas,
das fáciles ás
difíciles,
das importantes ás
puerís,
que así,
os logros, non
tardarán en vir!
-.-
¡Xa está ben de matinar pola
miña cabeza, así que pasemos á de Gandhi
con quen non me podo
comparar!
Así é a vida, segundo
Gandhi:
1. ¿Cal é o día
máis belo?
R. Hoxe
2. A cousa máis
fácil?
R. Equivocarse
3. O obstáculo
máis grande?
R. O medo
4. O erro
meirande?
R. Abandonarse
5. A raíz de
tódolos males?
R. O egoísmo
6. A distracción
máis fermosa?
R. O traballo
7. A peor derrota?
R. O desalento
8. Os mellores
profesores?
R. Os nenos (Si, os
nenos, porque din e fan as cousas sen malicia)
9. A primeira das
necesidades?
R. Comunicarse
10. O que nos fai
máis felices?
R. Ser útiles aos
demais.
11. O misterio
máis grande?
R. A morte (Para
os incrédulos)
12. O peor
defecto?
R. O mal humor
13. A persoa máis
perigosa?
R. Os mentireiros
14 O sentimento
máis ruín?
R. A envexa
15. O regalo máis
fermoso?
R. O perdón
16 O máis
imprescindible?
R. O fogar (Ou
todo aquilo que o supla)
17. A ruta máis
rápida?
R. O camiño recto,
a rectitude
18. A sensación
máis grande?
R. A paz interior
19. O resgardo
máis eficaz?
R. O optimismo
20. A mellor
satisfacción?
R. A que nos
proporciona o deber cumprido
21. a forza máis
potente?
R. A fe
22. As persoas
máis necesarias?
R. Os pais, ou que
faga de tais
23. A cousa máis
fermosa da vida?
R. O amor (que se
non é desinteresado xa non é amor)
24. O mellor dos
refuxios?
R. Deus
-oOo-
¡Que aproveite!
Xosé
María Gómez Vilabella
-.-
Este
vello que aquí vedes,
tamén
foi neno:
Xosé María Gómez Vilabella
-oOo-
No hay comentarios:
Publicar un comentario