SÍNTESE CURRICULAR DE
Xosé María Gómez Vilabella,
VÉXASE O "ÍNDICE"DAS MIÑAS PUBLICACIÓNS SUBIDAS AO MEU BLOG
-.-
Algúns episodios
En Castroverde:
-Nacín
o 28 de Agosto do ano 1930, no lugar de Berlán (Montecubeiro). As primeiras
letras recibinas de meu pai, José María Gómez Lombardero, de profesión labrego,
pero tamén exerceu de mestre particular, daqueles que chamaban,“de a ferrado”. Cando houbo Mestre na
Escola Nacional de Maxide, acudín á mesma.
-Din
clases, a nenos e adultos, en Santa María de Piñeiro (Corgo), aos 16 anos; e
aos 17 en Librán (Baleira). Ademais diso, exercín o oficio de zoqueiro, e
vendía as zocas nas feiras de Castroverde.
-Na
Corrida do Galo-Sentenza da Pascua, na Meda, ano 1948, falei por primeira vez
en público disertando sobre folclore tradicional, local.
-No
ano 1948, cos cartos que gañara zoqueando e poñendo escola, fixen en Lugo, na
Academia E.R.T., un curso de mecanografía e de taquigrafía.
En Madrid:
-En
Outubro do 1948 incorporeime, como voluntario, por tres anos, ao Ministerio do
Ejército, onde fun destinado como mecanógrafo no Consejo Supremo de Justicia
Militar, simultaneando o meu destino coa asistencia, nocturna, ao Centro de
Estudios Mercantiles y Económicos, gozando dunha beca da Acción Católica, que me
serviu para prepara-las oposicións do Banco Exterior de España.
No C. S. de J.
M.
-No
ano 1949 o Académico da Historia, Xeneral Carlos Martínez de Campos y Serrano,
III Duque de la Torre, facilitoume un carné de Investigador, que me deu acceso
ao Archivo Histórico Nacional, e con aquelas investigacións elaborei o primeiro
dos meus libros “CASTROVERDE. Bosquejo histórico-geográfico”.
-Ingresei
no Banco Exterior de España, por oposición, no
ano 1952, sendo destinado ao Departamento de Personal, Madrid, entendo
que pola cualificación que me outorgaron.
-No
1953 houbo unha peste bubónica en Ifni (África Occidental Española) e o único
empregado do Exterior que se atreveu a ir para ocupar unha vacante de Oficial
na Sucursal de Sidi Ifni foi José María Gómez Vilabella, polo que me concederon
o ascenso directo a Oficial 1º con dous trienios.
-En
Maio de 1957, vindo para España, de vacacións (Colonial), na recta de Safí,
antiga Zona Francesa, recén obtida a independencia de Marrocos, ao identificar
o meu coche atacounos de fronte un camión, con xente armada, do Istiqlal (especie de ETA), coa
evidente intención de eliminarme. Unhas voltas de campá, e á miña esposa
quiteina de debaixo dunha roda, con numerosas feridas, etcétera. As autoridades
españolas obrigáronme a dicir que aquel ataque, aquel atentado, fora un simple accidente
fortuíto. ¡Censura franquista, como pasou con tantas cousas de África!
Acollidos ao convento franciscano de Safí,
e protexidos duns franceses,
ata que lle cicatrizaron as feridas a Xosefina.
-O 23 de Novembro do ano 1957 ocorreu o ataque marroquí a Ifni, e servidor, ¡nunca mellor dito!, alistouse no Somatén (civís) colaborando coas autoridade militares na defensa do Banco e demais intereses españois. Aqueles servizos patrióticos, voluntarios, fóronme recoñecidos coas seguintes distincións:
-No Banco ascendérono a Apoderado; e con 26 anos, a Director da Sucursal de Sidi Ifni, entidade que facía, simultaneamente, as funcións de Banca privada e oficial, servizos de Tesourería do Goberno, etcétera. En Ifni, desde Ifni, publiquei o meu libro Juventud Bancaria, (en Madrid, imprenta Huérfanos de la Guardia Civil). Colaborei no Semanario local “A.O.E.”, e tamén enviei artigos a “Las Riberas de Eo”, de Ribadeo.
-
Sendo Director promovín deportes e outros actos cívicos para estimula-los
soldados naquelas penurias e sufrimentos:
Entregando unha
copa
. Asistín a clases de
árabe, francés e inglés.
Gijón (Asturias), onde permanecín
8 anos.
-No
ano 1962 solicitei, e obtiven, o traslado para a Sucursal de Gijón, con
descenso de categoría profesional, de Director a Apoderado, para dispoñer de
tempo e dedicarme a estudar por libre.
. En Gijón fixen:
francés, inglés e alemán, na Cámara de Comercio.
. Bacharelato Elemental,
por nocturno.
. Peritaje Mercantil.
. Graduado social, pero
non me presentei ao exame final por ser trasladado a Coruña.
. Desde Gijón enviei
algunhas colaboracións a El Progreso.
Xa en Coruña.
.
Bachillerato Superior, por nocturno.
.
Profesorado Mercantil, por libre.
. Pola UNED: Ciencias
Empresariales, Económicas e Dereito, se ben non terminei estas carreiras porque
o meu interese era obter os coñecementos das súas sinaturas.
. Master na Escuela
Superior de Marketing y Administración.
. Din clases
particulares de Bacharelato, de Económicas, de Turismo, e de oposicións.
. Colaboracións en El
Progreso (con seriais, etcétera), Adiala (nove anos en tódolos números desta
revista trimestral do Centro Galego de Mallorca), la Voz de Galicia, El Ideal Gallego,
Irimia, Encrucillada, revistas da Obra Social da Caja de Ahorros de Galicia,
“Sarmiento” Anuario Galego de Historia da Educación, etcétera. Ultimamente en
“Galicia Digital”, no blog de Amigos del Patrimonio de Castroverde, etcétera.
. Conferencias en varios
centros culturais da Coruña.
. No Colexio de
Castroverde, sendo director o Sr. Carreira; e tamén en Espalladoira;
precisamente na do 28-11-1987, sobre o tema “As corridas do Galo e os Tribunais
da Pascua na comarca”, falei extensamente da repercusión cultural que tivera
para Castroverde o Camiño antigo de Asturias a Santiago (antiga Vía Lucus
Augusti – Gigia), charla á que asistiron varios universitarios da bisbarra, que nunca oíran falar de tal Vía nin
Camiño.
. O 10 de xaneiro do ano
1990 o Presidente do “Parlamento Mondiale per la Sicurezza e la Pace ha
concesso Carta de Identità all´Onorevole Prof. JOSE MARIA GOMEZ VILABELLA con
Funzioni di Deputy”.
Por e
para Castroverde, xa foi o lema do meu primeiro libro; e a
continuación,
.
Unha
serie de libros e de artigos, sempre co tema preferente de estudar, divulgar e
honrar o meu concello.
.
Por último,
coido que demostrei o meu amor pola terra de procedencia comprando parcelas en
Montecubeiro, onde edifiquei unha casa e cultivo un xardín botánico, onde teño ordenado que se depositen as miñas cinsas para volver, definitivamente, ao meu Castroverde.
Representacións:
-Comecei na Pascua da
Meda, intervindo nas “Sentenzas” do ano 1948.
-Escenifiquei en
Vilabade, xuño de 1993, uns actos dirixidos a divulgar e estudar o Camiño
Primitivo de Santiago,
. En Pol, representei
cos xubilados una das miñas obras teatrais; esa Asociación foi un estímulo para
a creación, entre outras, da de Castroverde, en cuxa fundación interviñeron
aqueles veteranos de Pol, Bernardino Barreiro,
etcétera.
Pensando
na ilustración e divertimento dos xubilados, as súas viaxes polo Imserso,
etcétera, publiquei unha guía de Mallorca, baixo o título DE MÁMOAS E DE TALAIOTS.
Nesta
fotografía, cos meus “actores” no Grupo
Escolar de Mosteiro
Reseñas biográficas. Entre outras:
-Na
Gran Enciclopedia Gallega, tomo 16, edición de 1974
-Na
nova edición da mesma, do ano 84, tomo 21
-No
Diccionario da Literatura Galega, de Galaxia
-No
Autores Lucenses, edición do Concello de Lugo, pax. 180
-En
Galicia Digital.
-.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario