domingo, 29 de junio de 2008

CASTROVERDE na Historia e no presente -III-



.../...

¿Vimos de lonxe, non si? ¡Isto, e mailo que queda sen contar, sen contar e/ou sen descubrir! Aquí por Castro Verde de certo nos pillou a glaciación europea, aquela de fai 25.000 anos, ¡onte!, a mesma que formou a morena de Río Pedroso, en Vilar-Montecubeiro, pero non a busquen pois os veciños, primeiro en carros e despois en tractores, ben que se encargaron de saquearlle os seixos, principalmente para esfarelalos, e facer con eles, entre outras utilidades, eiras de formigón; iso na segunda metade do século XX. Nestes 6.000 anos que seica levamos de poboamento, moito se fai e moito se desfai!

Daquela, onde empezamos? En canto á Prehistoria, entre a acidez do chan e as desfeitas dos homes, ¡mulleres incluídas!, temos todo pouco menos que varrido. ¡Iso afirman os especialistas!

Dos oestrimnios, ou celtas, ou como queiramos chamarlles ás tribos aquelas, parece obvio que empezasen a poboar nas terras chás e nas beiras dos ríos... ¡Os accesibles, por suposto, pois beirar, poño por caso o Sil, iso nin a pé, e dacabalo, como viñan os romanos, menos aínda! En canto á miña terra, Montecubeiro, teño por certo que a deixaron para o final, que mentres ouro atopasen nos entronques do Azúmara e do Lea, co Miño, aí por Castro, Arcos e Luaces..., ata Ínsua, ata as engrobas de Ínsua, ou ás de Pumarín, non subiron!

Do Megalítico quedounos, que se saiba: un dolmen en Marrondo, coñecido como "a cova dos Mouros", (¡pobres mouros, que sempre se lles botou a culpa de todo canto fose antigo e/ou descoñecido!). Unha caverna que estivo habitada, en Bidueiros, chamada, "Forno da Vella". (¡Outra: meterse coas vellas!). Unhas palafitas que din que había en Espasande, cando foi pantanoso, pero como eran de madeira, e encima sen tratar, con iso da acedume da terra, ¡adeus! Certos indicios fan cavilar que puideron estar alí por onde chaman O Xuncal. Mámoas, medorras..., ¡diso tamén había, pero onte, antes de poñerse de moda facer achaios coas palas escavadoras! Hóuboas en varios sitios, entre eles nos Campos da Eiladrán, Montecubeiro, (cheguei a velas), e tamén no monte de Serés, en Miranda, na Valiña de Bolaño, por xunto da Cruz das Louseiras (Montecubeiro), etc.

Aras, ou altares, en Soutomerille, chamadas "pedras das Pozas". Nos Augueiros de Rebordaos, nos Bidueiros, etc.

Pozos sepulcrais son, ¡eran!, os chamados "Pozos" de Pena.

Sartegos en Goi, en Bolaño, en Recesende, en Rebordaos... Pero este tipo de enterramentos antropomorfos parece ser que foron máis tardíos, case recentes.


A cultura castrexa. Tivo unha importancia grande nesta bisbarra, como o testemuña a toponimia, castros, croas, castelos ou castedos, etc., se ben en certos lugares, con tantos achaiamentos, xa se precisa de pico e pala para atoparlle os alicerces. Pero non podemos limitarnos ás raíces celtas xa que está demostrado que non eramos ningún deserto antes daquelas migracións dos pobos indoeuropeos, hoxe coñecidos co xenérico de "celtas". Haberá que pensar máis ben nun sincretismo étnico e cultural. Por esta zona seica nos emparentamos cos poemanos, que non eran máis nin menos que unha daquelas cincuenta ramas dos callaeci, kallaiko, ou kaleikói, aos que se referiu Estrabón. Fosen "poemanos", ou poetas, o que teño claro é que de mala raza non vimos...; ¡se acaso algo prosaicos!

Amais do monumentum central, castrexo, verde que te quero verde, como dixo o único andaluz que escribiu algo en galego, García Lorca, nesta bisbarra non hai parroquia que non se xerase en torno, ou mesmo sobre, un monumento deste tipo, verdadeiras alcazabas, fortalezas en suma; ás veces, incluso, esnaquizándolles os muros para aproveita-la pedra ou para un mellor asentamento. Ata hai quen opina que ese, suposto ou certo, individualismo dos galaicos, non é outra cousa que un atavismo herdado daqueles castrexos. O caso foi que tales recintos -defensivos, convivenciais, cooperativos- tiveron a súa parte negativa cando chegaron as hostes romanas e os circundaron, pretas as filas, en grandes sintagmas, hastatis, príncips e triarii. Outra cousa foi vencelos no monte Medullius, ou da Meda, ou Mons Ciro..., ¡que aí concorrían ducias de castros, e centos de castrexos, evacuados á desesperada!

As distintas formas, ou formulacións, modus vivendi, etc., destes fortíns, domicilio habitual, en certo modo tribal, non son do caso neste simple retrato dunha bisbarra, pero algo hai que dicir, algo hai que pensar, sequera sexa en honra da nosa topografía. O primeiro que chama a atención ao explorador dos castros son as súas particularidades, as súas coincidencias ou analoxías, e os seus emprazamentos, sempre en prominencias naturais que desen pouco traballo, doadas de reforzar, fose con terra e/ou con pedras. Como conditio sine qua non, obviamente, ¡auga! A seguridade e maila comodidade de abastecerse: fontes e/ou ríos permanentes, próximos, accesibles, sen maiores refluxos estacionais. Iso explica a densidade destas croas nunha zona que vai desde as ribeiras do Miño ata a Serra do Pradairo-Puñago. Ben que o aprenderon e o transmitiron os nosos devanceiros, que nunca unha casaría se asentoun sen fontes próximas, nin no alto do monte nin no empozamento dun río. Máis é, que, ata que viñeron as pistas das concentracións, tiradas a cordel, nunca camiño houbo que non bordease unha fonte, incluso prescindindo de visibles e fáciles atallos. ¡Deus, qué diferenza en Portugal, onde nunca estrada se fixo que non deixase un ensanchamento, un mínimo de área, para gozar das fontes do camiño tradicional!

Sen prexuízo desta limitación conceptual, hai que sinalar que estas fortificacións constaban, adoito, dun foso, e por veces, dous ou tres, con amurallamento de cachotería. As vivendas eran reducidas, pegadas entre si, ou case, e circulares, para achantar no medio o pau da súa cubrición, fose con palla, xestas, uces, codesos ou outro tipo de ramallada. A forma cadrada é cousa dos romanos. ¿O retrete? ¡Lonxe, campo a través, chovese ou nevase, onde herbas houbese! Claro que tamén coñecían o penico de barro, que iso non foi invento romano, que xa está ben de atribuírlles tódolos adiantos! Por aquí déuselles en chamar croas aos castros, que é unha contracción de coroas, dada a súa forma redondeada.

Tamén se observa que cada castro resultaba visible desde, polo menos, outro. Se a distancia era curta, valía un corno; e do que non, as fogueiras e mailos tizóns, igual que facían os indios no outro continente. Certos achados en terras próximas aos castros fan pensar, ou intuír, que non toda a familia, máis ben endogámicas, vivía, ou durmía, nas croas, senón que empezaron a rozar os arredores, e non só para un despexe defensivo, senón, e tamén, para iniciar cultivos horto-froitícolas, así como unha incipiente cultura cerealista, amén da caza e da pesca, que daquela aínda tiñan que ser básicas e superabundantes. Por suposto que, á forza de andar e de comunicarse entre si, coa veciñanza, terían limpos os carreiros, circunstancia que lles permitiu aos romanos un avance sostido e amplo polas zonas axeitadas para a súa penetración neste país, ¡precisamente na parte que máis lles conviña para subir ao norte sen illarse demasiado do seu desembarcadoiro brigantino! Iso ademais das queimas estratéxicas, nas que tan expertos eran os romanos.

Na zona da súa probable, ¡probable e posible accesión, dada a xeomorfoloxía desta bisbarra!, e sabido que ademais de cerca-la península como defensa e como vinganza fronte aos púnicos, o que máis lles interesaba era o ouro azumareño, cabe supoñer que tivemos dúas penetracións desde o Miño, que viñan na súa procura desde Portugal, ou máis exactamente desde o Lima, ou Limia: Pola parte do actual Corgo, Flammoso, terra bastante cha e frumentaria; nin menos dunha centuria nin máis dunha cohorte. E pola outra, Miño arriba, pola súa esquerda, que en Lugo daquela non se pararon, que alí nada se lles perdía, nin había, chegarían ás desembocaduras do Lea e do Azúmara, cursos que seguiron, terras chas, ricas, ben poboadas, o que significaba afianza-la súa loxística, e de paso facerse cunhas terras defendibles nas que esperar polos seus contactos marítimos da costa occidental. Moitos, aqueles romanos non eran, así que parece prudente calcular que por estoutra frecha ou penetración avanzou o resto, ou sexa, nin menos dunha centuria nin máis doutra cohorte.

Queda por indicar que os castrexos eran máis ben ágrafos, así que non lles busquemos inscricións literarias. Se algún pacto, algunha tesserae hospitalis fixeron cos romanos -coñécense cinco-, escribíronos os propios romanos, e por suposto, en latín, que era a lingua dos vencedores. Coa chegada de Roma, cativos e desarmados os nativos, tódolos superviventes pasaron á condición de stipendiarii, situación que implicaba traballar para eles a reo, esforzarse, multiplicar a produción..., ¡pois a poboación xa a multiplicarían eles xerando hispano-romanos! As murallas de Lugo e todo iso, establecerse nesas revoltas do Miño, veu máis tarde, moito despois, pois o urxente era establecer campamentos de control, de recadación e de militarización, na zona dominada, pero varios, estratexicamente situados, tal que en Andelón (Andión), na Meda, en Romeán, etc. O de Lugo foi un luxo, e os luxos só se cultivan unha vez afianzada a prosperidade: termas, muralla de pedra e non simples cercas de estacas afiadas, etc. Para iso facía falta moita xente; ou polo menos, sometida, habituada a servilos. Pensar doutro xeito non parece pragmático, ¡e sabido é que para pragmáticas e disciplinadas, as hostes romanas!

Convén ter presente, para que non nos imputen un tribalismo absurdo, que a sociedade castrexa, sen deixar de ser fortemente endogámica, mantiña os seus vínculos coa colectividade circundante. Cada individuo, a guisa de apelidos, citaba o seu origo, o su castellum, o seu castro, engadindo o populus, o pobo; como se dixésemos, a parroquia, tal e como entón se entendía.

Pola súa parte, os romanos, afianzada a conquista, preferiron te-los nativos abaixo, e subirse eles ao recinto, fóra daquelas cidadelas onde, máis ou menos, algunha resistencia, algunha rebeldía, lles podían presentar, que xa non era cousa de reconquistar cos lexionarios, así que os foron "apeando" paulatinamente. Á parte da lóxica, están os achados que demostran que os romanos seguiron moito tempo arriba, incluso xerando as coñecidas villae cos seus circundos. Trouxéronnos o arado, un máis moderno, coa rella de ferro, así como outros aveños, co cal, nós, aqueles nativos..., ¡a producir, que Roma tiña moitas bocas ociosas! O de que trouxeron os castiros, iso parece unha mentira, pois nas escavacións residuos de castañas atopáronse; parece máis certo que foron eles os que aprenderon de nós a comelas con mel, ¡e levaron a receita!


Reivindicación do Medullius

Esta epopea merece un punto e á parte. Os historiadores levan séculos buscándolle a localización, tirando dos fíos do seu carrete literario, pero todo iso sobre do papel, con catro indicios trabados, pescados co anzol da súa pluma. No meu criterio, mentres non aparezan os xacementos correspondentes, irrefutables, tal que se logrou con respecto ás guerras cántabras, algo posteriores, coas escavacións do campamento romano de Cildá, campo de operacións que vai desde o Cantón Espina del Gallego, ¿ou do Galaico?, etc., o mellor que se pode facer é patear a zona de Castroverde, circundar o Monciro (Mons Ciro), embocando os percorridos, segundo queda dito, tanto pola parte do Corgo como pola de Castro de Rei.

Confeso humildemente, sen pretensións, que levo unha boa parte da miña vida e da miña atención dedicada a este problema, non só por vocación histórica senón, e tamén, porque pasei entre militares máis dunha ducia de anos, e esta circunstancia algo tivo que contaminarme, dándome ocasión e prurito para determe e afeccionarme ao estudo da xeoestratéxica, en particular a dos exércitos romanos, valéndome de canta bibliografía caeu nas miñas mans, particularmente na ben nutrida biblioteca do Casino Militar de Sidi Ifni.

Pero indo ao gran:

Eu comezaría por situarme no Lima, ou Limia, Lethes para os romanos, ese río do esquezo, do esquecemento, para seguir coa legio imaxinativamente. Empezarei cunha broma, que a cousa é seria: ¿por qué aquel temor dos lexionarios...? Obvio: na Lusitania oíran falar do agarimo das galegas, das galaicoas, do seu prendemento, do seu envolvente..., ¡ata o punto de que ningún lusitano retornara do norte! ¡Daquela ese era o río, mítico, do esquecemento! Se non fose porque ao Décimo Junio Bruto, facendo gala do seu nome, se lle ocorreu vadear o río, e chamar desde o outro lado para que visen que as galaicas aínda estaban lonxe, encastradas nos seus castros, ¡pata crebada e na casa!, hoxe non estaríamos con estas pescudas.

Do Lima pasaron ao Miño, que ben cerca lles caía; e de aí para adiante, ¡a despoboar, que xa poboarían eles coa mestizaxe! Entre a sorpresa, os carreiros de castro a castro, aquela disciplina dos milites romanos, o seu sistema de avance en sintagmas de 16 x 16 que impoñía pavor, armados ata os dentes, e con algún cabalo, os castrexos..., ¡brazos arriba! En canto ás castrexas..., ¡que o imaxine o lector!

De chegados aos Peares a ninguén se lle ocorrería meterse polas estreituras e polas fragas do Sil, que faltaban vinte séculos para que se inventasen os catamaráns da Ribeira Sacra. Seguiron cara ao norte, que tampouco ignoraban que por mar se podía dobrar a Fisterra, e que a consigna perpetua de Roma era cercar aos inimigos, e nunca meterse en lugares de difícil retirada. Ao de hoxe, ningún xeneral con mando romano -infantería, cabalería e armas romanas- ousaría meterse cara ás Médulas, así, de entrada, afastándose excesivamente da costa... ¡Iso podía esperar!

Tamén por lóxica, de castro en castro, dos sitiados ou alertados, alguén fuxiría para o seguinte, e sempre cara ás montañas norteñas, ao defendible e/ou máis oculto. Así foi xuntándose moita xente pero mal armada, mal organizada; cos rabaños por diante, que era a súa loxística. ¿Onde atoparon, uns e outros, a fortaleza máxima, céntrica, dentro das súas posibilidades de opción? ¡En Monciro; fragoso, rodeado de vales, e por tanto, de castros, coa particularidade de que tiña, e ten, dúas lagoas no seu cume! Por pouco que os nativos, aqueles castrexos, tanto os do Flammoso coma os da Terra Chá, coñecesen o seu contorno, outra saída, outro refuxio, non tiñan. ¿Pasarse á Serra de Meira, ou ao Pradairo, ou cara á Fonsagrada...? Iso levaba máis tempo, conducindo o gando; era máis difícil, máis bravo, máis descoñecido; e logo que, de reunidos os castrexos de toda a zona, ben coidaron que os romanos ou serían deles vencidos ou retrocederían cara ao Miño. Pero nisto equivocáronse pois os romanos tamén eran especialistas en valados de estacas chantadas, que así ordenou o seu xefe, aquel Ciro..., ¡co cal o estado de sitio era sostible incluso con poucas forzas, utilizando a cabalería para rolda-lo cerco, ininterrompidamente!

Con respecto a Lugo, ou Lucus, non se erixe un simple pazo, para canto máis unha cidade, ata ter controlado, pacificado, dominado, en plena produción, un amplo circundo. ¿Que foi primeiro, fundar Lugo ou someter e afianzar os seus arredores? Vencidos os nativos no Medullius, ¿que lle faltaba á Meda, á Meda de Castroverde, para constituír o mellor emprazamento, o mellor campamento director das actividades a emprender na súa zona?

Aténdonos ao holocausto medulliense: O que dixeron, o que referiron, Floro e Orosio, por novas que recibiron de Tito Livio, segundo este fragmento sacado da Rerum Romanorun, Epítome II, 33, 50 (Floro), foi que: " ... No último lugar, o asedio do Monte Medulio, ao que rodeaba un foxo de XV millas, sen interrupción, vixiado constantemente pola presenza daqueles soldados de Roma... Cando os bárbaros se decataron da súa extrema situación, á porfía apresuráronse a busca-la morte no medio de banquetes, polo fogo, polo ferro e mailo veleno, que o obtiñan dunhas árbores chamadas teixos (taxus), trala operación de espremelos... Así, a maior parte, libráronse da servidume (aos romanos, por suposto), pois aqueles indómitos loitadores considerábana peor cá morte..."

Teixoeiras, teixedas, no contorno do Monciro (de Mons Ciro, o monte de Ciro), lémbroas eu, en cantidade, que incluso quedou algo na toponimia, proba evidente de que sempre as houbo; máis é: ao teixo sempre se lle tivo unha especie de mitificación, utilizándoo para certos rituais, como para enramallar os palcos da música nas festas desta bisbarra, levar á Misa de Ramos, etc. Foi desaparecendo porque nas inmediacións das casas, e nas lindes das leiras, optouse polas froiteiras, despexando o máis posible no resto dada a conveniencia de labrar, facer pasteiros, plantar castiñeiros, etc., pois incluso se chegou a sementar xestas para estrumes e leña, segundo se foron acurtando as propiedades. O teixo é de crecemento moi lento, e non interesaba alén do seu aspecto decorativo; como moito, un por cada casa.

Orosio, no seu Historiarum, VII, 21, 7-9, amplía: "Ademais, as partes ulteriores de Gallaecia, as que chegaban ata o océano (¡ataques combinados con desembarcos no golfo ártabro!), conquistáronas os legados Antistio e Furnio, que despois de grandes e de duros combates asediaron o monte Medulio, que se ergue xunta ao Miño (¡para quen subiu, desde a Lusitania, polos vales do propio Miño e dos seus afluentes -Neira, Tórdea, Chamoso, Lea, Azúmara, que para máis coincidencia todos e cada un deles conduce, deriva, ás inmediacións do monte do holocausto...-, Monciro "Miño" era, e non, poño por caso, as montañas do Sil!), no que se tiñan refuxiado gran multitude de homes... (¡Gran cantidade de homes, por suposto: os fuxidos de tantos castros como entornan o Monciro; cos seus rabaños, tamén por suposto, que ben sabían eles, ou algún deles, que no cume dese monte contaban coas lagoas!)... Escavando un foxo de XV millas en derredor completaron o cerco. Cando aquela turba de homes vigorosos e feros se decatou de que non podían aguanta-lo asedio (¡seguro que foi no verán e lles escaseou a auga, entre eles e mailos seus rabaños!), nin competir na loita pola súa evidente inferioridade, (¡seguramente en armas, que non en xente!), daquela decidíronse polo suicidio voluntario, por medo á escravitude. Así, todos á porfía, déronse morte polo fogo, polo ferro, e mailo veleno..."

¿Quen quere máis evidencias? Aquí hai que puntualizar que iso de que o foxo co que rodearon o noso Mons, que logo tomaría o nome do xefe da expedición, Ciro, quedoulle polos séculos o de Mons Ciro, tivese unhas XV millas, ben doado é de medir abrazando as abas deste monte castroverdense polos seus puntos de apoio máis neurálxicos, máis estratéxicos. ¡Non tiveron pouca brega os hastatis, lanzando costa arriba, por encima do seu valado de estacas! O tal Ciro non só deu nome ao monte das súas fazañas senón, e tamén, á parroquia, á Villae que lle adxudicaron en premio ou recompensa, Cirio (que non vén de "cera"), con toda probabilidade asentando a súa residencia no Castro de Rois, que a saber cómo se chamaba daquela pois o de Rois = Xunqueira, en lingua xermánica, puxéronllo máis tarde os suevos, cando atoparon abandonado este lugar. Este castro é un dos máis amplos e mellor situado de tódolos existentes nas proximidades do repetido Mons Ciro.

Monciro, se non é moito insistir, parécese á coroa dun sombreiro, coa curota chaira, afundida, na que certamente existen dúas lagoas. ¡Fácil de subir cos feridos e co gando daqueles castrexos fuxidos, que chegarían exhaustos, de loitar e de correr diante dos invasores! Contaban tamén cos vales do seu contorno natural, relativamente ben defendibles: as Veigas dos Feás, o Castelo, Folgueiras, Córneas..., e Serés. Recoñezamos ben esta zona, que de aquí sairá a luzada esclarecedora para entender definitivamente o por qué e mailo cómo da súa, futura, fundación de Lugo.

Despois do Medulio, cercado e dominado tamén o noso Lucus, ¡a por outros, a por outros Lucus, faldreando as montañas ástures: á dereita, Astorga; e á esquerda, Lugo de Llanera! Pero, no ínterim, transportes para a súa Roma insaciable: ouro, cobre, ferro, trigo, viño... Segundo Plinio, houbo un ano no que Roma se levou de por aquí..., 70.000 libras de ouro! (Leron ben: setenta mil libras de ouro, o que significa dúas cousas: que había moito, e que dispoñían de milleiros de escravos para cribarlles as areas!). Como remate, ¡a caixa forte!, vulgo, murallas de Lugo, con termas e todo, cercada. (¿Feita polos romanos? ¡En absoluto: dirixida por eles, a lategazos, iso si, pero as pedras arrincáronas, e subíronas, os propios lucenses!). A mellor caixa de seguridade do mundo, feita para ser eterna, para dominar e irradiar romanización por toda a Gallaecia: ¡O Lucus de Augusto! No Finis Terrae para que soubesen os cartaxineses, os púnicos, e máis tarde os bárbaros, que todo Occidente era seu, outro faro, amais do herculino, coma se nada, coma quen lle pon un marco a unha chousa de máis de medio millón de km2! ¡Quitáronnos a terra, a terra e mailos seus tesouros, pero trouxéronnos o Dereito..., o dereito a obedecelos!


Unha Idade Media medio convulsa

Polas trazas, si, pois aínda non se asentara plenamente a romanización cando chegaron, a empurróns, afalando nas súas teixas, os suevos. A cousa foi así: Na noite vella do ano 406 unhas ondadas de vándalos, de alanos e de suevos, cruzaron o Rhin, fuxindo dos seus inimigos. Daquela os suevos, nosos avós, (¡meus, sí, xa que nacín en Bergland, un lugar da súa fundación!), tiraron cara a Bélxica, peero en Cambray tiveron un enfrontamento coas lexións de Constantino III; mais este, que tiña a fronteira excesivamente prolongada, desprazouse cara ao Arlés, circunstancia que lles permitiu aos suevos largarse pola Galia abaixo, cruzando o Bidasoa co seu gando, no seco outono do ano 409. Pero como os romanos andaban metidos en demasiados preitos territoriais, e lles conviña ter amigos nos puntos neurálxicos, Flavio Constancio acordou cos suevos un pacto, un foedus, permitíndolles repartirse a Gallaecia cos poboadores de entón, xa hispano-romanos, ¡ao terzo! Así, en boas partillas, sen máis preito.

Chegados aqueles suevos pola vía ástur..., ¡por onde, se non, vindo do Bidasoa!..., ás terras de sempre cobizadas do noso Castro Verde, aquí non deberon ter grandes contratempos para posuír a súa parte, ¡bos prados para as súas teixas!, que por aquí está a súa, abundante, toponimia.

Convén resaltar, e non esquecer, que os suevos xa traían rei. Recoñecera Roma como tal a Hermerico, así que este foi o primeiro dos reis que tivo o que hoxe chamamos España. Naquel foedus, Roma permitiulles asumir as funcións políticas que ata ese momento lle corresponderan en Galicia ao emperador, entre outras, a defensa militar e o cuño da moeda. ¡Case nada!

No ano 458 morreulles o xefe, Franta, que fundara Frantanes. E designaron para sucedelo a Remismundo, que entrou en Lugo por sorpresa, no ano 459. Seica fixo unha boa dellada en vista da oposición que lle presentaron. A Corte lucense trasladárona a Braga desde que morreu o rei Frumario.

No 460 houbo unha matanza en Lugo, ¡outra!, de nobres galaico-romanos, pero esta vez seica foi por cousa dos godos, que se deron unha volta por aquí..., ¡porque envexaban as terras nas que se asentaran os suevos!

No VI ocorreu que o pobo bretón, instalado no SO da Gran Bretaña, foi atacado polos anglo-saxóns, e tamén fuxiron, ¡como fan os prudentes, pois os covardes non adoitan ter azos nin para iso! Navegaron, como puideron, nas pateras de entón -unhas armazóns de canas con peles cosidas, embetumadas-, para desembarcar, unha parte deles, na Armórica, no que é hoxe a Bretaña Francesa, e outros na costa da actual provincia de Lugo. Se non todos, si uns cantos, metéronse por Mondoñedo arriba, e afincáronse en Bretoña (actual Pastoriza e arredores). Tiveron de adaíl o bispo Maheloc, ou Maeloc, que era fillo do seu rei Ailtcluith, que se entendeu do mellor cos suevos, cos que compartiu algún que outro concilio. Connosco, cos de Castroverde, tiveron por fronteira a serra da Ferradura, tamén chamada do Pradairo.

No ano 559 foi a conversión definitiva dos suevos. Daqueles tempos pode ser que arranque o santuario de San Martinho (Bolannio), pois consta que o dumiense andou de prédica por terras lucenses.

No 569 o Concilio de Lugo, celebrado baixo a presidencia do Rei Teodomiro, e confirmado no 572 polo segundo Bracarense, repartiu esta parte da Gallaecia en 11 condados; un deles, o de Flammoso, ou Chamoso, que é o noso, con cabeceira no Castro Verde, precisamente na nacenza do río Chamoso. Parece obvio que fose un dos máis cobizados, entre outras circunstancias porque o seu castro principal, prerromano por suposto, encontrábase na beira da vía romana que permitía enlazar coa Gallaecia ástur, servíndolles, ademais, para conectar, e chegar, ás minas da Fons Sacra.

Polo 714 os mouros seica cercaron Lugo, pero iso foi, tivo que ser, de ser certo, como moito, unha das súas razzias, metade exploración e metade rapina.

Coa fundación do reino (¡cabeceira de reino!) na actual Asturias, o vello camiño, a vía, de Lugo a Oviedo adquiriu para Castroverde, calquera que fose a situación dominante, ou predominante, unha importancia grande, socio-económica. Pero isto xa quedou explicitado e comentado en capítulos anteriores.

Modestamente, tamén en materia de arte, resístome a crer no neogótico, e na restauración política do modelo visigodo, quedando, como quedou, esmendrallado na Janda e nos seus arredores, a primeiros do VII. Naquela situación caótica, anárquica, de desconcerto, e incluso de refuxio previsor, tiña que mandar aquel a quen máis xente o coñecese, o coñecese e o respectase, que é tanto como dicir quen tivese máis magnates da súa parte. Se tiñamos por alí ao noso conde, ao señor das chairas do Chamoso, non cabe dúbida de que, moitos ou poucos pero fortes, o rodearían, que daquela, desde Lugo á Covadonga, o poboamento meirande, máis rico, e por tanto con máis que perder, encontrábase nesta bisbarra de Castroverde, pois o que é Fonsagrada (Burón), e todo o litoral ástur, daquela, ¡catro familias!

O que si pasou, en pura lóxica, é que lles fallou a loxística aos refuxiados, aos concretados, ¡e calquera se atreve con guerreiros famentos e inactivos! Daquela o bo do Paio, así fose monxe, ou medio santo, que ata seguramente o foi, ¡o primeiro dos San Paio!, non lle quedou outra alternativa que botarse ao monte, literalmente. Deste xeito, Paio, cos seus polo norte, e os mouros na Meseta, pero con base en Córdoba, en Toledo, en Mérida..., deron en competir pola recolección do Douro, con tal ímpeto, con tal fame, que de seguro non deixaron viva unha ovella.

A todo isto unha nova reflexión: a extensa Gallaecia, máis ben vitiziana e sueva, xa sen as imposicións e as pretensións dos seus curmáns, dos godos, ¿ía someterse, e menos de grao, coa simple escaramuza do monte da Matanza, (esa mítica que confunde unha, suposta, batalla de mouros, con aquela do rei Silo), a unha caudillaxe neo-goda, asentada nun curro montañoso, cuns vales intricados, pouco menos que inaccesibles, medio a medio dunhas Asturias estremas, afastadas? Nin os mouros dominaron a Gallaecia noroccidental, polo menos no senso de ocupación estable, orgánica, nin os nosos caporais acatarían a quen nada deles fose, que ben levaban loitado para defenderse dos visigodos nos tempos da súa puxanza, canto máis acatalos despois da súa derrota, absoluta, fronte aos sarracenos.

Non podemos ofuscarnos coas crónicas ástures, pois sabido é, e demostrado está, que se escribiron tempo despois, redactadas, imaxinativamente, en servizo daqueles reis, para darlles continuidade, lexitimidade, facéndoos entroncar co reino visigodo, xa extinto, de Toledo. Aqueles primeiros monarcas da ¿reconquista?, dotados dun poder inestable, en dura competencia coa nobreza, apenas dispuñan dun lugar propio, apropiado, onde residir, e sobre o que exercesen a debida xurisdición, así que acabaron fundando unha cidade nova, Ovedo, para instalar a súa pequena Corte, construíndo os edificios do Naranco, etc.

Volvendo ao 714. Uns opinan que chegou a entrar en Lugo o guerreiro Muza, aquel Mussa ibn Nusayr (Mussa = Moisés), e outros gustan de por demostrar que non houbo tal lea, que lle impediu a entrada, no noso intra-muros, precisamente aquel cabaleiro de Castroverde, aquel que lles ofreceu, ¡do sobrante!, un bolo e tamén un año, signo de fartura dos defensores das nosas murallas. De aí o brasón, primeiro dos "Bolaño", e despois do propio Concello de Castroverde. Estando Muza aí por Lugo, fose dentro ou fóra, seica chegou Abu-Nashr, para dicirlle, de parte do califa de Damasco, que, ¡Axa, axa!, que se dese présa, que o esperaban en Damasco para damasquinalo, ¡pola súa soberbia independentista!

Ano 720. É no que din que floreceron antes tempo as abeleiras de Covadonga, ¡regadas co sangue dos mouros!

Ano 737. O primeiro dos textos escritos, coñecido, da nova monarquía galega con Corte en Cangas de Onís, data precisamente deste ano, e trátase dunha inscrición lapidaria que o rei Favila, fillo de don Pelaio, puxo no templo erixido á devoción da Santa Cruz. En canto ao documento máis antigo, diploma, coñecido, desta monarquía, é do tempo do rei Silo, ano 775, e trata dunha dación.

Ano 740. Afonso I deuse unha voltiña por Lugo. ¿Para recuperalo, para afianzalo, para corrixir aos mozárabes, para recadar fondos...? Hai autores que opinan que sentou Cortes en Lugo, por unha tempadiña. ¿Acaso farto do queixo de Cabrales...?

No 774 foi proclamado rei da Gallaecia aquel Silo, de tan infausta memoria para os de Castroverde. Foino en Pravia, onde se quedou a vivir, obviamente para controlar máis de cerca aos galegos do poñente, aqueles nobres que non o aceptaban. Casara con Adosinda, que era filla de Afonso I. Naqueles tempos a coroa aínda flutuaba entre a elección e maila descendencia, pero sempre, ou case sempre, con un respecto para o entroncamento ou parentesco. A elección, nepótica, do tal Silo, cocérase nos miolos de Cangas de Onís, alí por xunto da ponte do Sella, pero a Galicia occidental, que polo visto non participara naquela operación dactilar, montou en cólera; quere dicirse, nos seus facos. Pero isto xa está contado.

No 813 déronlle ao rei Afonso II o recado da invención, da descuberta, do Campus Stellae, así que, aos poucos, púxose de camiño, pola vía de sempre, polo Camiño Primitivo, aloxándose, repoñéndose, obviamente, no castelo dos seus antepasados, no Castrum Viridis.


Esta fotografía, do ano 1993, corresponde a unha representación, evocación, daquela chegada a Castroverde do rei Afonsus II. O rei dacabalo, e o señor de Castroverde a pé, como cómpre, pero nunha escalinata (que neste caso hai outro anacronismo, pois trátase da igrexa de Vilabade; e logo que eu, servidor, por fachendoso que me puxese nestas escaleiras, o que é de Castroverde non son señor senón vasalo, pero, iso si, ¡a moita honra! O argumento consistía en terllas ao rei esixíndolle un desagravio por aquela inesquecible, histórica, afronta, do seu antecesor D. Silo.

Ano 823. Certos autores din, e non se sabe moi ben de onde o sacan, que o renegado Maamud recuperou Lugo, e que resistiu aquí unha tempada. ¡Sería ata que viñeron as xeadas!

Ano 832. No privilexio do rei Casto, Afonso II (casto sería, pero o que é casar, casou!), á igrexa de Lugo, afírmase que foi a única cidade que quedou enteira despois da invasión sarracena.

Polo ano 890 Afonso III subscribiu documentos datados no Castrum de Vallis Viridis.

No 897 este mesmo rei cita o mosteiro de San Martiño de Bolaño como dotado de hospital de peregrinos do Camiño a Santiago (de San Salvador de Oviedo a Santiago de Compostela). De paso, restitúe á Sé lucense a ecclesiam Sancti Jacobi de Villarino (ES XL 388). ¿Que significa esta "restitución"? Pois, máis ou menos, que o/os bispo/s de Lugo se fora/foran para Cangas de Onís, e de alí para Ovedo, acaso co noso Paio, e/ou coa súa familia, levando nas alforxas a titularidade de todas ou de certas freguesías desta parte do país. Co repoboamento de Odoario, máis ou menos, Lugo volveu a ser o que antes fora, unha Sé de categoría. Algunha das freguesías incorporadas a Oviedo tardaron en volver "á casa paterna", tal que a da Muíña, un lugar compartido entre Pol e Baleira, que volveu a ser de Lugo, onte mesmo, no século XX.

A últimos do IX, non se sabe ben se o usurpador Nepociano se fixo forte nas murallas, ou se polo contrario foi que saíu de Lugo D. Ramiro, precisamente pola vía de Castroverde adiante, tras do tal Nepociano; o caso foi que o prendeu chegando ao Narcea, concretamente en Pravia. ¡Vaia se estivo transitado, por aqueles tempos, o Camiño Primitivo! E para máis mallar, o conde Flacidio, ou Flaudio, sublevouse contra Afonso o Magno...; ¡así que, outra expedición punitiva!

No ano 910, o conde de Castroverde (Chamoso) consta entre os que acudiron á defensa da cidade de Lugo, asediada non se sabe moi ben por quen. ¡Canta máis muralla, máis apetencias! Tres caudillos tiñan os sitiados: o conde D. Eros, o conde D. Fernando, e o conde D. Otón. Cóntase que a D. Eros apelidárono "O Correas", ¡polas que lles fixo comer, e non precisamente aos inimigos! De D. Fernando din que foi aquel do bolo e mailo año... ¿Cantos asedios houbo? ¿De cal dos episodios vén ese mítico, ou non tan mítico, escudo? A D. Otón apelidárono "Pallares", ¡polos mollos de trigo que almacenou, previsoramente! Lendas á parte, o certo é que o condado de Pallares xa existía desde o tempo daqueles concilios de Lugo.

Do ano 939 é un documento no que se cita unha villa que vocitant Celiani ripa Tordene, cedida ao mosteiro de Ferreira de Pallares por Dª. Gugina, filla dos fundadores D. Ero e Dª. Elvira. (E. Sáez, segundo D. Nicandro Ares).

Do 968 ao 971 déronse unha volta por Lugo aqueles normandos... ¡Lugo sempre foi unha tentación para os homes do saco, e iso que os "trileiros" da muralla aínda non inventaran o seu truco!

Por se fose pouco, por se faltasen liortas, no 987 veu de caza, de razzia vingativa, o Al Mansur (que aínda que non adoitan poñelo así nos libros, porque sempre desprezamos a lingua árabe, significa "O Vitorioso"). Aos de Lugo non lles levou as campás, que ata sería porque as esconderon, pero aos de Santiago, si, ¡e iso que eran meirandes!

Ano 988. Os condes desta parte do país, Suero Gundemáriz, Gonzalo Menéndez Galindo, Osorio Díaz, etc., volveron ás andadas, e subleváronse contra Bermudo II, o Gotoso. O bispo de Lugo, que andou de mediador, cando o rei lle ofreceu para si o Castro de Labio (Lappio), propúxolle, xenerosamente, ou con algunha comenencia, que llo adxudicase a quen era debido, por veciñanza: ao conde de Chamoso, Veremundo Vigilaz.

No ano 998 o bispo Pelaio (¡mira que lle deu por ese nome á xente deste país!), deixou bens, en testamento, á Igrexa de Lugo in Sancto Iuliano a Tordena hereditates quas ibidem aplicavimus. (ES XL 406).

O 31-08-1075, Eneco Vermudo cedeulle o mosteiro de Vilafrío á Orde de Cluny.

1078. Por entón (reinaba Afonso VI), o Condado de Chamoso era reguengo. Reunidos tódolos condes reguengos na igrexa de San Xoán do Campo, Ero Díaz, vicario do rei, fíxolles xurar que non lles usurparían as súas terras aos condes do bispo. ¡Mal debían andar aquelas relacións!

No século XI o conde D. Vela Ovéquiz aparece como parte nun preito sentenciado polo Cid Campeador, D. Ruy Díaz de Vivar. Aquel Ovéquiz fíxolle fronte, no ano 1086, ao rei Afonso VI, aproveitándose de que á sazón estaba ocupado na conquista de Toledo, así que foi substituído polo asturiano Pedro Peláez, quen á súa vez foi substituído polo anterior, polo mesmo Vela Ovéquiz. Daqueles tempos seica vén iso que dicimos en Lugo de que, ¡cambiaremos de muiñeiro, pero o que é de ladrón...!

En 1115 temos a Rodrigo Velaz como conde nun concilio que houbo en Oviedo.

O 4-02-1130 un concilio celebrado en Carrión confirmoulle ao bispo de Lugo, D. Pedro, varios arciprestados, entre eles o de Chamoso, dos que fora desposuído por Afonso VII.

Consta que no mesmo ano 1130 o conde Gutierre Vermúdez e maila condesa Toda Pérez doan ao bispo de Lugo Pedro III dous terzos do mosteiro de San Salvador, que vulgarmente se chamaba Vilarfrío, que lles fora dado pola raíña Dª. Urraca, e confirmado polo seu fillo, o rei D. Afonso. Sinalan a situación do convento in territorio Flamosi (Chamoso) et capite Montis quem Cirium vocant (Monciro = Mons Ciro), super ribulum aquae Recamundi nuncupatae (río Recamonde), discurrente ad aquam de Ameneda, et inter alios duos maximos montes suis nominibus dignos, quorum alter Cuperius (Monte Cubeiro), alter vero Lapideus (Monte de Labio) vocatur. (ES XLI p. 14, e 304-305; EI 177).

Sobre do ano 1133 (V. Cañizares, Colec. Diplom. II 454), fíxose un inventario de bens usurpados aos cóengos de Lugo, no que se nomea in Desteriz et in Quovelas (Covelas) hereditates et familias. Sigue: ... in Bolanio hereditates et familias, in Serenes hereditates et familias...

Arredor do 1160 o cabido lucense tiña in Francellos quartam partem de una villa (BCML IX 313/199) que tamén se cita en 1227 (RM 341). Neste inventario dos cóengos de Lugo tamén consta que tiñan o monasterium de Villarfriu quod dedit Enegus Pelaiz cum posesionibus suis et familia et hereditatibus. Outra posesión daquela época, dos mesmos cóengos, era in Serenes villam quam dedit Froila Menendiz; in Bolanio villam unam, in Serenes aliam villam; Sanctum Martinum de Bolanio cum adjunctionibus et familia (BCML IX 313). No mesmo documento: in territorio de Bolanio quartam partem Monasterii de Celain (mosteiro de Cellán) cum familiis et adjunctionibus suis, quas dedit comes Domnus Suarius...

De 1179 é un documento que fai referencia dun mosteiro bieito: monasterium Sancti Cipriani de Monte (NML 163).

No 1196 a condesa Sancha fundou un mosteiro de monxas cistercienses en Moreira. ¡Outro fito, máis foros!

No ano 1214, San Francisco de Asís, ao volver de Santiago, funda en Vilabade... ¡O que fose, unha ermida, un conventiño...!

No 1222 Afonso IX, hospedado no mosteiro de Obona (Asturias), de paso para Compostela, concedeu un privilexio polo que se declaraba obrigatorio o paso dos peregrinos pola vila de Tineo, prohibindo expresamente que se desviase a Vía Francíxena ou Camiño Francisco.

1232. Desta data, segundo Elisa Ferreira, hai unha referencia ás "Tendas de Montouto", precisamente no Camiño de Castroverde.

1265. En documentación desta data faise mención do "camiño que vén d´Ovedo". (AHN. Meira, 94).

1267. Abril, 12. Carta aberta, dada en Sevilla por Afonso X, a petición do bispo de Lugo, ordenando aos recadadores..., e aos meiriños de..., Castroverde..., que non esixisen pedido nin fonsadeira aos serviciais que labrasen as herdades do bispo e dos cóengos.

1276. En documentación do AHN, Penamayor, 1230/6, faise unha referencia de Parata Decollata, que vén a ser a Degolada, sobre do Camiño que nos ocupa.

1307. Foi un ano de especial relevancia para Castroverde, e con Castroverde para o noso Camiño, xa que se subscribiu un documento, precisamente en galego, polo que o bispo e cabido lucenses outorgaron a Paio Miguélez, á súa muller, e a unha "voz" (aos fillos) o horto do Hospital en Santiago de Villarino, recibindo a cambio parte da leira da Penela, na mesma freguesía (LF 54).

1320. O adiantado maior da fronteira, D. Juán, alférez de el rei, librou unha carta de Protección, aquí en Castroverde, para o convento de Meira.

No 1328, D. Pedro Fernández de Castro, Señor de Castroverde, chamado "O da Guerra", recibe do bispo de Lugo D. Joam, a encomenda da cidade e mailos coutos, "para que lla defendese".

Aínda que xa se fixo un resumo da familia Castro noutro capítulo, coido que non sobra situalos aquí, na súa época, nun breve repaso, dada a súa relevancia con respecto a Castroverde.

Deles consérvase o seu escudo nobiliario na torre da homenaxe do noso castelo, pero sen signo da súa dignidade condal, que non foi normal poñela ata o século XV. Ao parecer foron os construtores, ou polo menos os iniciadores, da obra actual, visible, do castelo. Os desta familia chegaron a ser señores de Monforte de Lemos, Sarria e Castroverde, e pertegueiros maiores da terra de Santiago. Os "pertegueiros" debían defender as persoas e cousas da Igrexa, e administrar xustiza (¡coa pértega, claro!), xeralmente en materia de crimes. Foron condes de Lemos, repito, desde o ano 1366.

1343. Un deslinde de terras (AHN Penamayor, 1230/6), precisa, con respecto a unha delas, que está junto a cerça do castello..., e fere de testa eno camiño francés.

1357. Pedro I, o Cruel, coa finalidade de ofrecer acollida e amparo aos peregrinos de Campostela, fundou o Hospital de Santiago de Montouto.

1369. Un troco entre o bispo de Lugo e maila priora do mosteiro de Santa María a Nova, que ten que ver con Castroverde pois afecta ao Camiño Primitivo: Yten vos damos mais o espital de Gondar con suas rendas e dereituras e pertenças, por quanto o dito espital foy establecido para recibir romeus pobres en tempos que o camiño francés andaba por Gondar, e por quanto o ddito camiño se mudou para outra parte, e o dito espital non reçebe os ditos proves nen se faz y aquelo para que foy estabelecido... (Transcrición tomada do libro O Camiño Primitivo de Santiago, de Ricardo G. Polín).

Século XIV. Debémoslle ao XIV a fixación dos apelidos, tan repetitivos que foron nesta bisbarra por obra e por graza desa endogamia á que x nos temos referido. A aplicación de apelidos xa viña do século XI, pois, ante a proliferación e asentamentos familiares, fíxose necesario marca-la familia, fose co topónimo do lugar en que habitaban ou co patronímico, co oficio patrucial, e incluso cun alcume acaído a algunha característica física ou moral do patriarca. Nisto adiantouse a nobreza, e pouco a pouco xeneralizáronse os apelidos ata o punto de que no XIV xa se consideraban herdanza persoal.

1430. Os corrixidores de Galicia ditaron unha sentenza en contra de Alonso de Castro, "señor de Castro Verde y Luaces", por andar encirrando os vasalos das súas circunscricións para que non recoñecesen certos privilexios que dicían gozar os prebendados da igrexa catedral de Lugo. A motivación seica foi porque o tal Alonso lles prohibira aos seus vasalos dar pousada aos cóengos, aos seus acompañantes e, en xeral, a todo crego. ¡Disputas de déspotas, que a saber cales o eran en maior grao!

1461. Morre D. Álvaro López Osorio, que era fillo de Pedro Álvarez Osorio, que foi o primeiro dos marqueses de Astorga. Consta que esta familia rexentaba, entre outras posesións patruciais, as terras de Castroverde e mailas de Luaces.

En 1469 outro Pedro Álvarez Osorio, señor de Navia e de Burón, foi un dos xefes do movemento dos Irmandiños, derrotado cos seus 10.000 homes nos arredores de Santiago polo arcebispo Fonseca e os grandes señores feudais, o que seguramente explique por qué Castroverde foi un dos poucos castelos galegos que se salvaron da demolición irmandiña; e con Castroverde, Pambre e Vilaxoán.

No 1471 D. Sancho Sánchez de Ulloa, conde de Monterrei, apoderouse violentamente da nosa fortaleza, aproveitando a morte do seu propietario, Álvaro de Castro. Seguramente que foi durante a ocupación por este conde de Monterrei, moi relacionado con Castela, cando se erguese a barbacá con garitas, xa que son elementos característicos e peculiares das construcións militares castelás da época.

1480. O citado conde de Monterrei, que rapinara canto puido, á hora de facer testamento, datado no castelo de Pambre, ordenou que lle devolvesen a Dª. Isabel de Castro, "... la casa de Castroverde con todos los vasallos della e de Luaces".

1485. D. Pedro Álvarez Osorio, primeiro dos condes de Trastámara, duque de Aguiar, señor de Castroverde e marqués de Astorga, o 20 de xullo deste ano, e precisamente desde Castroverde, deu certas ordes escritas ao alcaide das súas fortalezas de Chantada.

1486. Viaxe dos Reis Católicos a Galicia, nunha especie de toma de posesión deste reino. ¡Empezaba a castra e doma de Galicia, profilaxe na que puxo moito empeño a propia Isabel!




Iso que chamamos Idade Moderna

1492. Comeza o noso "modernismo" agregando o convento de San Cibrán ao de San Domingos de Lugo. Iso de, ¡todo para Lugo!, en vista do visto, non hai dúbida de que vén de vello.

1500. Por aqueles anos tivemos grandes liortas, digamos que conatos de insurrección, en contra dos señoríos, que abrasaban aos vasalos coas recadacións. O noso Castroverde, de sempre ben comunicado e saturado de señoríos, non puido ser unha excepción.

1514. Os Osorio de Moscoso mercáronlle a D. Alonso Niño de Castro, por 5.500.000 marabedís, "... la villa de Castro Verde con sus fortalezas (así, en plural) e tierras de Loazes con su término e jurisdicción e rentas e pechos e derechos..." A operación foi cuantiosa, xa que acadou esa cifra de "cinco cuentos y medio", garantido o pago pola propia raíña Dª. Juana. O comprador obviamente tivo présa por amortiza-la operación, xa que nos impuxo unhas cargas atroces: "... percibe y cobra en Luazes por razón de vasallaje y Señorío de cada vezino del estado general que labre con yunta entera de Bueis e Bacas suias o axenas treze reales vellón y de los de media yunta y viudas seis reales y medio". ¡Meus pobres!

1523. A condesa de Altamira negouse a firmar un documento real porque estaba escrito ¡en castelán!, alegando que non o entendía. Foi un xeito, unha forma testemuñal de resistirse ao centralismo xa daquela imperante.

1529. Carlos I, por unha cédula deste ano, abriu oito postos de "comercio indiano", entre eles, a Coruña e Baiona. ¡Pero as chegadas e mailos os embarques seguían sendo por Sevilla!

1752. Concretamente o 22 de outubro deste ano (¡unha retrospectiva de dous séculos e medio!), cumprimentando a enquisa xeral feita polo Goberno da Nación (marqués da Ensenada), Montecubeiro confésase de corpo enteiro ante o "subdelegado de la Real Junta de la Única Contribución, para su establecimiento", nos seguintes termos:

Nota: Conservamos a ortografía do orixinal. O autor coida que, recensionando, por brevidade, tan só este documento do Couto de Montecubeiro, as demais parroquias tamén quedan reflectidas en canto ás circunstancias esenciais da época; e logo que o lector, con esta referencia, pode acudir ao Catastro da/ou das que lle interesen. Este "Catastro de Ensenada" é considerado unha minuciosa averiguación de propiedades, edificios, ganados, oficios, rendas, censos, etc., indiciaria da economía, a sociedade, o réxime señorial e incluso o estado do medio ambiente naquela época.

En el Coto y Feligresía de S. Ciprián de Monte Cubeiro..., el Padre frai Francisco Bernardez, presidente en el convento de esta feligresía...

... D. Joseph Bernardo Alvarez Millares y Quiroga, Merino y Justicia hordinaria en este Coto...

... D. Eujenio Perez Lebredo, D. Martin Vidal, D. Simon Sanchez de Parga y Balboa, Antonio Corton, Peritos expertos nombrados por parte de S.M., y Miguel Reigosa, Pedro de Sarille, Vicente Gonzalez y Domingo Alvarez, tambien Peritos ynteligentes nombrados por parte del comun de esta feligresia, como personas de maior ynteligencia della para efecto de rresponder y rresolver a las preguntas del Interrogatorio.

...1º... Al Primer capítulo de dicho interrogatorion digeron que esta feligresia y su población se llama Coto de san Ciprian de Montecubeiro segun queda referido y rresponde...

...2º... dijeron que dicho Coto hes del señorio del Combento de Santo Domingo de la ciudad de lugo, quien percibe por rrazon de vasallaje y señorio de todos los vecinos del estado generall Ciento y veinte Reales V. Cada un año...

...3º... de L. a P. Tres quartos de legua, y otros tres N. a S. Que en circunferencia hacen tres leguas que para caminarlas po el quebrado de la tierra se necesitan quatro oras. Linda..., y se discrive su demarcación principiando en el marco da lagoa de Monciro hacia el S. desde el que baja a la veiga de feas, y de halli suve en derechura al marco da Ramalleira: al da fonte di chope al de Penelas, y al do Coton, y de este baja al Marco da lagoa do Cebreiro, al de Mouriz: a la fuente da Costa do trade al rio do val, a la fuente de Naveda y al Marco de lagoa de Pumarín suviendo al alto de la sierra a otro marco nombrado chao da lagoa aguas bertientes a la feligresia de Santa Maria de fonteo, desde el que sigue a la Pena grande, y de esta buelve a vajar al Marco da taverna de lodeiro, y al de candedo, desde el que sigue a otro marco llamado da granda a la Capela dos Penallos al da fervenza al carvallo de rajo, a los seijos blancos, al Marco da Pala, a la Cruz de Ramalledo, y suve al Marco de Piedra chantada y al da Pereiriña, y de este se buelve a llegar al ya mencionado da lagoa de Monciro...

...4... digeron que las especies que se hallan dentro de esta feligresia y su termino son tierras de sembradura de secano, hortaliza, Prados Regadios y de secano Sotos de Castaños, Montes vajos cerrados de Particulares. Montes vajos haviertos Comun, de pasto y Dehesas de Robles tamvien de particulares, y las referidas tierras de sembradura producen sin intermision una cosecha al año siendo de primera calidad, y las de segunda y tercera con un año de descanso, y en lo que mira a los montes cerrados siendo de primera calidad se rrompen de veinte y dos en veinte y dos años, los de segunda de treinta y tres en treinta y tres, y los de tercera de quarenta y quatro en quarenta y quatro, y los montes haviertos siendo de primera calidad se rrompen de treinta y quatro en treinta y quatro años; los de segunda de quarenta y ocho en quarenta y ocho, y los de tercera de sesenta y uno en sesenta y un años, y las Dehesas de Robles se podan cada doce años...

...5º... dijeron que las calidades de tierra que hai en cada una de las especies que se incluen en esta feligresia y su termino son de primera, segunda y tercera Calidad, excepto las Dehesas de Robles, que son de una misma Calidad...

...6º... dijeron que las especies de Arvoles frutales que se hallan en dicha feligresia, y su termino, son zerezos Perales, Manzanos, higueras y Castaños...

...7º... dijeron que dichos Arvoles frutales se hallan plantados en las Tierras de hortaliza en las de sembradura y en los Sotos...

...8º... dijeron que los mencionados Arvoles frutales se hallan plantados sin horden ni rregla, dispersa mente ya en las Margenes de la tierra ya estendidas en ella...

...9º... dijeron que la medida que mas comun mente se usa en esta feligresia y su termino hes sola mente de un ferrado de centeno que consta de veinte y cinco varas Castellanas en cuadro el qual sembrandose de trigo lleva las tres quartas partes de ferrado, y de Mijo menudo la quinta parte...

...10º... dijeron que dentro desta dicha feligresia y su termino habra doce mil ferrados en esta manera. Tres mil y setenta de tierra de sembradura de secano los quatro cientos de ellos de primera calidad setecientos y quarenta de segunda y mil y nuevecientos de tercera doce ferrados de hortaliza de primera calidad dos de segunda y dos de tercera: ciento ochenta ferrados de Prados de Regadío ciento y setenta de segunda y setenta y cinco de tercera: Quarenta ferrados de Prados de secano de primera calidad Noventa de segunda y ciento y veinte de tercera: ciento y noventa ferrados de Montes cerrados de primera calidad, ducientos y veinte de segunda, y quatro cientos y quarenta de tercera: Doce ferrados sotos de primera calidad, veinte de segunda, y dos mil y ocho cientos de tercera: Quinientos y cinquenta ferrados de Montes... por Naturaleza: ochenta ferrados de Dehesas de Robles de Particulares y otros seis cientos y ochenta y dos que consideran ocupan las Casas de dicho termino con sus salidas Caminos senderos y Rivazos...

...11º... digeron que las especies de frutos que se cojen en esta feligresia y su termino son trigo, Centeno, Mijo Castaña Coles y otras legumbres...

...12º... que una medida de tierra de primera calidad sembrada de centeno con una hordinaria cultura al año que se siembra de esta especie producira cinco ferrados de centeno, y sembrada de mijo menudo que hes alternativa mente otros cinco ferrados, siendo de segunda calidad sembrada tamvien de centeno con un año de descanso producira Seis ferrados de esta especie, y siendo de tercera asimismo sembrada de centeno, y con el propio descanso producira quatro ferrados de esta especie: Un ferrado de monte cerrado siendo de primera calidad cada uno de los veinte y dos años que se rrompe producira quatro ferrados de trigo, siendo de segunda cada treinta y tres años tres ferrados de trigo, siendo de tercera producira cada uno de los quarenta y quatro años dos ferrados de trigo: Un ferrado de Monte avierto siendo de primera calidad en cada uno de los treinta y quatro años que se rrompe producira quatro ferrados de trigo, siendo de segunda en los quarenta y ocho años quatro de Centeno, y de tercera en cada uno de los Sesenta y Ocho años quatro ferrados de avenas. Y quanto a leña noles contemplan alguna a los Cerrados ni haviertos... Tojo para abono de las tierras: Un ferrado de Hortaliza siendo de primera Calidad rregulan su producion en veinte y cinco rreales, siendo de segunda en diez y ocho y de tercera en doce rreales V: un ferrado de Prado Regadio de primera calidad rregulan su producto en treinta y tres reales, de segunda en veinte y dos, y de tercera en diez y seis Reales V. Un ferrado de prado de secano de primera Calidad rregulan su producion en veinte y cinco rreales, de segunda en diez y ocho y de tercera en doce...

...13º... dijeron que doce pies de Castaños contemplando los de maior magnitud con los de menor ocupan un ferrado de tierra de sembradura de centeno y siendo de prinera Calidad rregulan su producto en cinco ferrados de Castañas verdes: de segunda en tres, y de tercera en dos: doce pies de Robles ocupan un ferrado de tierra de sembradura y se podan cada doce años una produccion regular en quatro carros de leña y aunque en dicha feligresia y su termino hai las especies de Arvoles de Perales, Manzanos, Zerezos, y otros rrespecto se hallan plantados en las tierras de hortaliza y sembradura por el perjuicio que... al fondo y sustancia de ellas no pueden regular su utilidad distinta y separada si vien la consideran rrefundida en el producto de la propia tierra...

...14º... digeron que el valor de hordinaria mente tienen los frutos de esta feligresia y su termino rrequlado por un quinquenio hes de cinco rreales y medio un ferrado de trigo. Uno e Centeno tres: uno de mijo menudo dos y medio y uno de avenas rreal y medio: un ferrado de castañas verdes rreal y medio; un Carro de leña de Roble tres rreales: un Capon dos rreales: una gallina rreal y medio: una libra de manteca dos rreales: una libra de cera siete Rv. Y un carnero otros once rreales: un Cerdo regular veinte y dos rreales...

...15º... dijeron que de los frutos que cojen en esta feligresia y su termino y tambien de los lechoncitos, Cabritos Corderos y lana se pagan de diez partes la una por rrazon de Diezmolos, que percive el Convento de santo Domingo de la Ciudad de lugo a excepcion de los vecinos de los lugares de Sagaruje, Cabanela y vilar Aguas vertientes que de estos lleva el Real colegio de santa Maria de Meira horden de san Bernardo la mitad y la otra dicho Convento de santo Domingo. Tan vien Percive este el rreligioso que hace de Cura en esta Parroquia de los vecinos de ella. Quince Reales Vellon en cada una de las tres festividades del año que son Pasq. De Natividad la de rresurreccion, y el dia de san ciprian por razon de oblata. y en la propia forma pagan dichos vecinos a la fabrica de la Iglesia de esta feligresia ducientos y cinquenta rreales cada año por rrazon de Primicia los que Percive el mismo convento de santo domingo con obligacion de das de su quenta todo lo necesario para el sustimiento y rreparos de dicha Yglesia. Asimismo paga cada vecino ya sea casado viudo, viuda medio ferrado de Centeno al Cavildo de santiago por Razon de Boto...

...16º... dijeron que los diezmos y mas Derechos Parrochiales que percibe dicho Convento de santo Domingo de la Ciudad de lugo en que no entra el travajo personal del Religioso que hace de Cura en esta Parrochia ascendera un año con otro a ducientos Ducados, y los diezmos que percibe dicho Real Colejio de Meira a veinte y quatro ducados: los Botos del cavildo de santiago sin envargo de handar arrendados con lo de otras feligresias en un cuerpo ascendera lo de este termino a ciento y ochenta rreales vellon...

...17º... digeron que en esta feligresia y su termino No hai minas salinas ni otro artefacto mas que un Batan al sitio de Cernada que trabaja cinco meses al año y Pertenece a Cayetano do rio y le rregulan su producion en ciento y cinquenta rreales: Tamvien hai veinte y tres molinos arineros. Uno de una Muela al sitio da Cernada que muele con agua corriente la metad del año corresponde al dicho Cayetano do Rio y consocios y produce al año treinta y tres rreales vn. Otro tanvien de una Muela al sitio de veiga rredonda que Muele con agua corriente seis meses al año. Pertenece a Antonio Palmeiro y consortes y rregulan su producto en treinta y tres rreales v.: Otro de una muela en el arroio que llaman dos Prados grandes muele con agua corriente la tercera parte del año y pertenece a Antonio Gonzalez y consortes Cuio Producto rregulan en veinte y dos rreales Vellon: otro asi mismo de una Muela al sitio da Esbaradoira que Muele con agua corriente todo el año y pertenece a Antonio da Pereira y consortes y rregulan su producto en setenta y seis rreales Vellon: otro de una Muela al sitio de Bustelo que Muele con agua Corriente siete meses al año Pertenece a Alonso da fonte y consortes y regulan su producion en treinta y ocho rreales y medio Vn. Otro molino arinero de una Muela al sitio do Real que muele con agua corriente la mitad del año pertenece a Antonio Gonzalez, Villarin y consortes y rregulan su producion en treinta y tres rreales Vellon: otro molino arinero de una Muela al sitio do rio da esbaradoira Muele con agua corriente todo el año y pertenece a Antonio Dominguez y Josepf ferreiro Cuia Producion rregulan en sesenta y seis Rv. Vellon. Otro Molino Arinero de una Muela al sitio dos Gomez que muele con agua corriente todo el año pertenece a Alonso Gomez y consortes, y rregulan su producion en setenta y seis rreales Vellon:
Otro Molino arinero de una Muela al sitio de Barrancas que Muele con agua Corriente todo el año: Pertenece a ... da Veiga y consortes y rregulan su producto en seenta y seis rreales Vellon: Otro Molino Arinero de una Muela al sitio nombrado de avajo que muele con agua corriente todo el año pertenece a Andres da Graña y consortes y rregulan su producto en sesenta y seis rreales Vellon: Otro Molino arinero de una Muela al sitio de outeiro que muele con agua corriente ocho meses al año pertenece a Ignacio da Fonte y consortes y rregulan su producto en quarenta y quatro rreales vellon: otro Molino arinero de una muela al sitio de avajo que pertenece a Bernardo Gonzalez y consortes Muele con agua corriente todo el año y regulan su producto en sesenta y seis reales V. Otro Molino arinero de una Muela al sitio das Cabozas Pertenece a Francisco Piñeira y consortes y Muele con agua corriente todo el año Cuio Producto rregulan en sesenta y seis Reales Vellon: Otro Molino Arinero de una Muela al sitio de Azumara que muele con agua corriente todo el año pertenece ynsolidum a Joseph Corton y rregulan su producto en sesenta y seis rreales vellon: Otro Molino Arinero al sitio da Moa muele con agua corriente la mitad del año Pertenece ynsolidum a Juan Gonz y rregulan su producto en treinta y tres reales Vellon: Otro Molino arinero de una Muela al sitio de Pacio que pertenece a Domingo Penelas y consortes Muele con agua Corriente seis meses al año y rregulan su producto en treinta y tres rreales vellon: Otro Molino Arinero de una Muela al sitio de lonzas que Muele con agua corriente todo el año pertence a Domingo Fernandez y consortes y rregulan su producto en sesenta y seis rreales Vellon: Otro Molino arinero de una Muela al sitio de liñarede que muele con agua corriente la mitad del año corresponde a Domingo Sarceda y consortes cuio producto rregulan en treinta y tres rreales Vellon: Otro Molino Arinero de una muela al sitio do Penedo que muele con agua corriente seis meses al año pertence ynsolidum a Domingo Gonzalez y rregulan su producion en treinta y tres Reales Vellon. Otro Molino Arinero de una Muela al sitio do Rio que muele con agua corriente quatro meses al año pertenece a Domingo Alvarez y Froilan Corton y rrregulan su producto en veinte y dos rreales Vellon: Otros dos molinos uno al sitio de escouredo de Antonio Pal rregulado en treinta y tres rreales y otro al sitio da rrega que quarenta y quatro rreales de Pedro Otero...

...18º... digeron que en esta feligresia y su termino no hai ganado alguno que venga al esquileo y quanto a los esquilmos que produce el que hay en el segun sus especies lo rregularon en la manera siguiente: a una yegua que se le considera pueda parir desde los quatro años de hedad hasta los doce rregulan su cria por cada uno en que pariere siendo Potro en veinte y dos Reales y si fuese Potranca en quarenta y quatro, si Mula ciento, siendo Macho sesenta y seis. A una Baca de vientre que tamvien se le considera puede procrear desde el quarto año hasta los doce de su hedad rregulan su cria por cada uno en que la tubiere qual sea ternero o ternera en treinta rreales y por la leche y manteca al mismo rrespecto diez rreales: A cada Oveja que puede procrear desde los tres años de su hedad hasta los nueve rregulan su cria por cada uno en que la tenga quatro rreales y a cada oveja y carnero le consideran media libra de lana al año que baluan en bruto en medio rreal: a una cabra que tamvien puede parir desde los tres años hasta los nueve por cada uno que pariere regulan su cria sea Macho o hembra en tres Reales: a una lechona que puede procrear desde los dos años hasa los quatro de su hedad en que regularmente se matan le consideran pare sola mente una vez al año quatro lechoncitos los quales separados de la madre a los seis meses tasan cada uno en seis Rs Vellon. Y para las mas utilidades que rresultan de las aparcerias en esta feligresia y su termino teniendo presente dicho Capitulo diez y ocho con las hordenes posteriores de la Real Junta Ygualmente dijeron que si algunos Bueis de lavor que suenan dados en aparceria a algunos vecinos y colonos no les consideran utilidad alguna compartible por ser un aumento tan accidental como su minoracion y dirijirse su principalisimo fin de esta convencion y pacto mas para la yndustria y cultura de las Tierras de los propios Dueños del Ganado que no por Otro Veneficio alguno, que les deje: A una Muleta o Muleto separado ya de la Madre desde un año hasa los dos regulan la utilidad de sus creces en cinquenta reales, de dos a tres en otros cinquenta y de tres a quatro en que no le consideran mas Aumento cien rreales: Un Potro Ygual mente separado ya de la madre desde un año hasta los dos por su aumento rregulan de utilidad veinte y dos Rs, de dos a tres otro veinte y dos, y de tres a quatro treinta: A una Potranca por el mismo rrespecto de un año hasta los dos estiman su utilidad en treinta y tres rreales: a un Novillo o Novilla desde un año hasta los dos separado de la madre consideran por la Utilidad de su aumento treinta y tres rreales desde los dos hasta los tres siendo Buey otros treinta y tres si fuese Baca veinte y dos: desde los tres a los quatro en que ia noles consideran mas aumento al Buey treinta y seis rreales, y a la Baca otros veinte y dos: a un lechoncillo de seis meses hasta completar el año rregulan doce rreales, desde un año a dos diez y ocho, y de dos a tres en que consideran se mata diez rreales. A un cordero o Cordera separado ya de la Madre desde los seis meses hasa el año le rregulan su aumento en tres rreales, de un año andan en dos, y de dos a tres en que ia no le consideran mas aumento en otros dos. Y por la misma rregla al Cabrito o Cabrita Cuias utilidades no pueden distribuir proporcional mente entre los Dueños y aparceros por ignorar las condiciones de sus contratos vien si son a la mitad tercio o quarto de ellas Remitense a la exprision de sus Relaciones y otras diligencias Justificativas...

...19º... digeron que en esta referida feligresia y su termino hai Noventa y cinco Colmenas de las que pertenecen quatro a Pedro da veiga: Una a domingo do Cando, tres a Pedro Palmeiro: Una a Julian Dominguez, Otra a Maria Fernandez, viuda, dos a Domingo de Millares; dos a Manuel de la Yglesia; Una a Maria Antonia da fonte viuda: tres a Francisco Lopez: Una a Domingo de Sarceda: dos a Domingo do Cando: Una a Domingo Antonio Valiño: dos a Domingo das Penelas: tres a Francisco das Penelas: diez y nueve a Alejandro da veiga. Quatro a Domingo Gonzalez: cinco a Domingo do Rio: dos a Juan da Graña: dos a Juan da Barreira quatro a Jacinto Gonzalez: Once a Joseph Corton: siete a Andres da graña: tres a Domingo Sarceda: tres a Froilan Corton: una a antonio de Pol: otra a Salvador Perez; una, a Domingo Gonzalez: y cinco a a Josepha Gonzalez viuda: y el producto de cada unaa de dichas Colmenas asi de Miel Zera y emjambre que se considera produce cada año rregular su utilidad en quatro rreales Vellon en cada uno...

...20º... dijeron que las especies de ganados que hai en esta feligresia y su termino Bueis Bacas Novillos Novillas terneros terneras: ovejas Carneros Corderos Cabras Cabritos Yeguas Potros Potrancas, Cerdos grandes y Pequeños y Cerdosas de vientre sin que haia Cavaña; o Yeguada que paste fuera de dicho termino...

...21º... dijeron que los vecinos de que se compone esta dicha feligresia son ciento cinquenta y seis sin que ninguno de ellos tenga Casas de Campo o alquerias...

...22º... digeron que en esta referida feligresia hai ciento y cinquenta casas havitables incluso una que sirve de Carzel sin que por su fondo o establecimiento se pague cosa algunas al Dueño juisdicional...

...23º... dijeron que los vecinos de este Coto y feligresia no gozan propios algunos ni los tiene el Comun...

...24º... dijeron que el Comun de esta feligresia no disfruta arvitrio ni otra cosa que le produzca utilidad y solo contribuien Domingo Valiño y Domingo Gonzalez a los vecinos de ella ciento y noventa rreales vellon por un año por razon de una taverna que esta de quenta de ellos, Cuia Cantidad sirbe a dichos vecinos para aiuda del Pagamiento de otra maior que por los efectos de sisa pagan a S. M.

...25º... dijeron que el Comun de esta feligresia no tiene gastos algunos en la paga de salarios de lo que el contiene...

...26º... digeron que el referido Comun no tiene Cargo de Justicia que satisfacer Censos ni otra cosa de este asumpto...

...27º... digeron que los vecinos del estado General de esta feligresia pagan annual mente Ducientos veinte y seis rreales y quatro maravedís por servicio hordinario y extrahordinario en virtud de comparto que de esta y mas contribuciones reales lo hace la Ciudad de lugo como Cavezera de Provincia...

...28º... dijeron no ai empleo enajenado de alcavalas ni otra rrenta que pertenezca a S. M.

...29º... digeron que en esta feligresia y su termino no hai Mesones Tiendas Panaderias Mercados ferias ni otra cosa de lo que el contiene mas que sola mente una Taverna al sitio de Mosteiro que corre su avsto al cargo de dichos Domingo de Baliño y Domingo Gonzalez...

...30º...digeron que en esta feligresia no hai hospital alguno...

...31º... dijeron que este Coto y feligresia y mas termino que comprende no hai Mercader por maior canvista ni otra persona con lucro ni ynteres...

...32º... dijeron que en esta dicha feligresia hai dos tenderos de Paños que uno hes Juan Gonzalez, y rregulan puede ganar en ello cada año mil rreales v. y otro hes Domingo de Valiño que ponsen de menos caudal regular su utilidad en quinientos reales tamvien cada año: Asi mismo hai doce Arrieros uno hes Antonio Dominguez a quien regulan de utilidad trescientos y treinta reales vellon cada año: otro hes Pedro Fernandez do Cando, y le rregulan de utilidad seiscientos y sesenta rreales vellon: Otro hes Antonio do Rio quien puede ganar cada año ochocientos veinte y cinco rreales vellon: otro hes Domingo das Penelas a quien consideran de ganancia cada un año seis cientos y sesenta Reales de Vellon: A Domingo Perez tamvien arriero le rregulan de utilidad otros seis cientos y sesenta rreales: a Juan Perez por la misma razon le regulan ganara cada un año: ocho cientos veinte y cinco Reales. otro hes Domingo Gomez a quien regulan de utilidad quinientos rreales: Otro hes Salvador Perez y le consideran de ganancia cada año mil reales: Otro hes Domingo Lopez a quien rregulan de utilidad trescientos treinta rreales. Y Miguel Pestana tamvien Arriero contemplan gana cada año quinientos reales: A Domingo das Penelas soltero le rregulan de utilidad por la misma razon otros quinientos rreales: a Domingo Freire por el propio rrespecto no obstante de ejercer este en los mas arriva referidos el oficio de labradores contemplan su utilidad cada año en seis cientos y sesenta rreales; a Pedro das Penelas Theniente de Merino en este Coto contemplan ganara por dicho empleo cada año sesenta Reales Vellon: a Domingo de Baliño y Domingo Gonzalez como provehedores de vino de la Taverna de esta feligresia les regulan de ganancia como tavernera de vino vendible por menor cien rreales, y como estanquillera del tavaco sesenta y seis rreales cada un año: a D. Joseph Villar Juez de este Coto rregulan rregulan cien rreales de utilidad por esta ocupación...

...33º... digeron que las ocupaciones de Artes Mechanicos que hai en esta feligresia y su termino son un Carpintero tres albañiles dos herreros Cinco Sastres, seis zapateros y veinte y ocho tejedoras cuios oficios ejercen Fernando de Fornias el de Carpintero: el de Manpostero o albañil Joseph de Ulloa, Domingo do Campo y Joseph Sarille, el de Herreros Domingo de Sarceda y Joseph Corton el de sastres: Andrés Gomez, Manuel da Castiñeira Domingo Rodriguez Antonio de Pol y Juan Gonzalez el de zapateros
(¿non serían zoqueiros?) Pheliz da Castiñeira soltero Juan da graña, Julian dominguez, Francisco de Abraira, Andres da graña y Pedro fernandez: el de tejedora Maria gomez, Francisca Pesqueira, Maria antonia Fernandez, Francisca da Fonte, Francisca fernandez, Rosa Pereira, Isavel Gonzalez, Maria da veiga, Francisca gomez, Maria da lenza, Cathalina do freijo, Maria Ana gonzalez, Theresa Palmeiro, Ana torneira, Maria Beteira, Isavel da Veiga, Maria antonia Pradeda, Maria Piñeira, Franciscs Gonzalez, Magdalena fernandez, Maria do Baliño; Josepha do Rio, Ysavel das Penelas, Maria de Rois, Maria de Abraira, Petronila jarcia, Rosa Perez y Rosa de soutullo. Y aunque unos y otros usan dichos oficios tamvien lo hacen de labradores por lo que solo travajan por aquellos quatro meses al año y rregulan el jornal de dichos Carpinteros Alvañiles herreros Sastres y Zapateros a tres rreales vellon cada un dia que travajan en dichos oficios y el de las tejedoras a veinte y quatro maravedis...

...34º... dijeron que en esta feligresia no hai persona de los que van dcihos Artes Mechanicos que haga prevencion de Materiales correspondientes a su oficio para venderlos o veneficiarlos ni otro algun comercio ni arrendamiento en que salga de utilidad ni yndustria cosa alguna...

...35º... dijeron que en esta feligresia no hai jornalero alguno y solo los labradores travajan en el campo y cultivo de las Tierras a quienes rregulan el Jornal de cada un dia de los Lavorables en tres Reales vellon...

...36º... digeron que en dicha feligresia no hai Pobre alguno de solengnidad...

...37º... dijeron no hai Indibiduo alguno de los de esta feligresia que tenga embarcaciones que naveguen en la Mar y Rios...

...38º... dijeron que los eclesiasticos que hai en esta feligresia son D. Pedro Gonzalez D. Jacinto Reigosa D. Cayetano valiño y D. Pedro Corton, presviteros...

...39º... digeron que en esta feligresia hai un Convento de Religion de Santo Domingo y se compone de dos Religiosos que son dicho Padre Fray Francisco Bernardez que hace de presidente en dicho Convento y de Cura en esta Parrochia y el Padre Fray Domingo Camiña Vicario o Theniente Cura cuio conbento esta adherido al de la Ciudad de lugo de la misma rreligion y sexo...

...40º... dijeron que S. M. En esta feligresia y su termino no tiene otra finca ni Renta que deje de corresponder a las Generales y Provinciales...

Y en todo lo que llevan Declarado por ser la verdad dijeron se afirmavan y ratificavan bajo el Juramento hecho lo que efectuaron segun su inteligencia y conocimiento sin que huviese yntervenido Colusión Cohecho ni rregalo, y lo firmaron excepto dicha Padre fray Francisco Bernardez, de todo lo qual Yo escrivano doi fee: Mibguel Agustin Reimondo Zigarran y Zurbaran: Joseph Bernardo Alvarez Villar y Quiroga: Martin antonio Vidal: Eujenio Antonio Lebredo san Julian y Damil: Simon sanchez de Parga y Balboa: Antonio Corton, don Miguel Lopez y Reigosa: Pedro de sxarille: Vicente Gonzalez: Domingo Alvarez. Ante mi Nicolas Diaz Casal y Miranda.


¡Uf, qué galimatías e qué minuciosidade de enquisa! ¡Que caos cali-ortográfico! ¡E todo para mellor espremer os impostos dunha xentiña mal nutrida, exhausta de traballo e de traballos! O padre presidente, frei Francisco, cheirando o que lles viña encima, a eles, aos frades, pero tamén aos seus fregueses, negouse a firma-la enquisa, segundo queda reflectido.

Neste mesmo Catastro do Marqués da Ensenada mencionase a torre-fortaleza como arruinada (non habitada) e pertencente ao conde de Altamira, existindo, por outra parte, dous hospitais xunto dela, S. Lázaro e S. Bartolomeu, dos que se conservan as canterías porque se utilizaron en edificios próximos, con inscricións referentes ao rei Filipe V e a un tal Juán Osorio Omaña, administrador destes centros benéficos.

De 1749 a 1766. Todo este tempo durou un contencioso dos veciños de Montecubeiro enfrontados ao convento de dominicos de Lugo, defendendo o dominio útil das súas terras, litixio tan eficaz e tan exemplar que deu lugar a que o Consejo de Castilla ditase unha famosa provisión ao respecto. Esta exemplaridade dos nosos veciños tívose en conta en todo o rural galego, xa que lograron permanecer sobre unhas terras ocupadas secularmente como foreiros.




Desde o Antigo Réxime


No ano 1822, polo mes de maio adiante, puxéronse en acción por esta parte do país as partidas contra revolucionarias, sendo a máis activa a de Burón (Fonsagrada), que estaba ao mando do cura de Freixo, D. Juán Martínez, que tamén fora guerrilleiro daquela da Independencia fronte aos franceses. Seica contaba o seu equipo con 18 oficiais, entre fidalgos e cregos. ¡Un batallón!

1833, 30 de novembro. Un decreto fixo desaparecer, formalmente, o Reino de Galicia, creándose as catro provincias actuais.

1836, 8 de setembro. Fusilamento de dous carlistas en Pena, precisamente no día da súa festa patronal.

1837. Cen carlistas tomaron Castroverde ao mando do cura de Seixosmil, Fr. Colmenero. ¡Desde que se lles acabou o viño, fóronse! ¡Histórico!

1864. Aprobada anos antes (en 1852) unha liña de ferrocarril que, partindo de Monforte, pasaría por Castroverde, concretamente entre Vilariño e Vilabade, para baixar a Ribadeo, que non se logrou pola forte oposición das "forzas vivas" de Lugo, que alegaron preferencia, dicindo que era primordial subir a Lugo desde Coruña, quedoulles aos nosos conterráneos un complexo de illamento atroz, pero menos que aos de Ribadeo, que xa estaban cos brazos abertos agardando pola afluencia masiva de veraneantes madrileños. Os meus vellos téñenme indicado na serra do Pradairo os marcos (monolitos) deixados polos enxeñeiros que fixeran o estudo daquel trazado. A proposta dos lucenses presentáronlla así ao Goberno, en castelán, por suposto: "... para cuando el país esté cruzado y cubierto de una vez de otras comunicaciones preliminares; y cuando llegada la hora de la ferrada se medite bien y procure que pase por el centro gallego". ¡No comment!

Naquela resaca, os do Eo presentaron un proxecto de vía férrea que subise a Lugo, aínda que sen pasar por Castroverde, ¡xa que os de Lugo non se apeaban do seu centralismo! Tamén fracasou este novo planeamento; e despois, outro, que foi feito polos ingleses Carlos e Enrique Ross, malia que se incluíra no plan xeral de 1877. Volve a xurdir a esperanza en Castroverde cun enésimo proxecto Ribadeo-Villafranca del Bierzo, tamén pola Serra da Ferradura, ou Pradairo, pero nesta ocasión os enxeñeiros eran madrileños e alegaron que non se podían facer túneles na nosa serra por culpa "del hierro y de su vena de agua interior". ¡A miopía non é cousa boa!

1868. Dátase neste ano a aparición do "agrarismo", movemento asociativo de campesiños, de grande importancia e transcendencia nesta bisbarra. O seu antecedente fora o "societarismo". Segundo Villares, cómpre distinguir entre sociedades agrarias e sindicatos agrícolas.

1873. Nicolás Salmerón y Alonso, un dos presidentes da I República, dimitiu do seu cargo por impedirlle as súas conviccións humanitarias firmar sentenzas de morte, función que lle incumbía como Xefe de Estado. ¿Isto ten algo que ver con Castroverde? ¡Pois, si! Á parte do interese xeral deste acontecemento, resultou que o mandaron desterrado para Lugo, e aquí botaron nunha criada natural de Catatrigo, Librán, Hortensia Ramona Lombardero San Miguel, casualmente irmá de miña avoa paterna, coa que casou o seu fillo, Nicolás Salmerón y García, que era avogado, periodista e farmacéutico. Por esta circunstancia os Salmerón foron asiduos das feiras de Castroverde mentres estiveron en Lugo, e despois diso o fillo tamén ten vido desde Madrid coa súa dona. Cónstame, por referencias familiares, que miña tía-avoa protexeu a xente desta bisbarra, en particular o que sería o fillo máis ilustre de Castroverde do século XX, Manuel Cordero Pérez.

1900. Pepe Benito (D. José Benito Pardo, de Balmonte, Castro de Rei), defendeu nas Cortes a moderación do Arbitrio de Consumos, de tan inxusta como arbitraria aplicación. Falando de consumos, con minúscula, unhas curiosidades: naquel ano vendeuse na feira de Castroverde o hl de trigo a 34 reás; o centeo, sobre 19; o millo non pasou dos 17. Pola contra, os produtos de fóra, os luxos importados, andaban así: ao redor dunha peseta, o arroz e mailo viño; o aceite entre once e doce cadelas.

1907 a 1912. Neste quinquenio sitúase o cume do agrarismo, de suma importancia na nosa bisbarra, debaténdose preferentemente a redención foral e maila evolución das técnicas agrícolas. Entre 1909 e 1911 nas asembleas de Monforte elaboráronse importantes estudos sobre a situación da agricultura galega.

1916, 29 de xuño. Os veciños de Vilabade, encabezados, ou representados, por D. Ricardo Vega de la Torre, claramente anoxados, solicitaron do Ministerio da Gobernación que se lles informase acerca da dotación do bispo Osorio para as súas "doncellas", pois, segundo as estatísticas de Beneficencia, aínda quedaban 30.317,76 pesetas ¡...! e que, "... desde el año 1908... han tomado estado matrimonial seis hijas de este pueblo... Hartos años han transcurrido sin que los llamados a hacerlo rindieran cuenta y honor a la memoria gloriosa de D. Diego Osorio de Escobar, pues las madres de las mujeres de más edad de este pueblo ya no disfrutaron de este privilegio excepcional, no obstante la expresa y terminante voluntad del filántropo. Es gracia..." (M.G.T., no seu libro sobre Castroverde). Nota do autor: Meu avó paterno, fillo de Concordia Carballedo, procedente da casa de Marzo de Vilabade, tenme referido que súa nai si que percibira, ao casar, unha destas dotacións.

1919, 5 de febreiro. El Progreso daba como indicativo de carestía de vida que, no mercado da praza de abastos de Lugo, pagáranse ¡a 0,15 pesetas o kg de patacas, os ovos a 1,60 por ducia, e o millo a 6,50!

1921. Santiago Matamouros púxose de costas, ¡que é moito milagre, moito pedir, que lles axudase aos temerarios! En vésperas da súa festa, 20/22 de xullo, Abd El Krim e mailos seus mataron entre 15 e 20 mil soldadiños, nun internamento imprudente, polas montañas do Rif arriba. Moitos eran de por aquí, da nosa bisbarra, fillos de pais que non podían paga-las "Cuotas", nin efectuar aqueles depósitos bancarios que anunciaban os periódicos de Lugo "para la redención del servicio militar activo de armas". Ás feiras de Castroverde ían aquelas damas da Acción Católica, organizando "fiestas de las bandas", en favor do Rexemento de Infantería Zamora. ¡Pero o quid estaba en que os Cuotas pagaban..., para que os pobres servisen por eles! ("Id vosotros, soldados de cuota, jóvenes hijos de capitalistas, sportmans adinerados, que aunque murais con diez tiros en la espalda o pidiendo perdon ante la gumía de un árabe, estás seguro de que saldrán en los semanarios ilustrados retratados vuestros marciales tipos y vuestros bigotes a lo kaiser, y hasta de que os pondrán una lápida, como a Cervantes, en la casa donde nacisteis...". Isto é dun artigo de Ramón Acín, en La Ira, 18-VII-1913). ¡Estaba Castroverde como para pagar cotas, que tiña abondo con amortiza-los foros nesta zona de tanto señorío!

1922. Os nosos vendéronlles magníficos tractores aos casteláns, ¡de marca mular! Saíron as cabezas ao redor das mil pesetas, crianza na que Castroverde sempre foi experta e abondosa.

1923. Neste ano chegouse ao cume das inquedanzas agrícolas. ¡Espalladas por todo Galicia, nada menos que 954 sociedades agrarias!

1925. San Froilán. O mular seguía subindo. E de maquinaria agrícola acudiron a Lugo seis fabricantes; ¡seis!

1926. ¡Outra vez ao San Froilán! Este ano houbo un feirón monumental. O país comezaba a rexurdir. ¡Estaban vindo moitos cartos de América, suores xenerosas dos nosos emigrantes..., dos nosos desterrados! Os nosos vellos, aqueles receptores, mercaron arados, dos chamados asimétricos; grades, equipos de mallar e de limpar, cortadoras do toxo... Material ofertado principalmente polas firmas Ajuria e Aranzábal. Empezaban a verse carteis anunciadores; nun deles líase: "Rechace los arados de fábrica extranjera. Dinero que va al extranjero es dinero que desaparece para todo español". ¡Para nós todo era estranxeiro, pois aquí, rellas para o "romano", e pouco máis! Tamén saíu o Decreto da redención foral, que lle temos que agradecer a Primo de Rivera, que puxo a estremaunción ao sistema enfitéutico. ¡Máis vale tarde que nunca!

1929. Quebrou a Bolsa de N. York, do que nos chegaron as consecuencias pois os nosos emigrantiños deron en retornar, particularmente os de Cuba, co seu mundo, co seu baúl, baleiro!

1931. Polo San Froilán xa se viron moitas bandeiras tricolor... ¡Éramos demócratas, e por tanto, iguais! Pero, ¡porras coa igualdade!, pois aquel ano as novas autoridades ofrecéronlles este banquete aos ferroláns, ou sexa, aos almirantes e demais afíns: "Entremeses variados, ovos gran duque, perdiz estofada, patacas noilset, lagosta dúas salsas, turnedós Henrique IV, xeado sorpresa, froitas variadas, viños, licores, cafés, habanos...". ¡E valses! "¡Recoño coa austeridade da República...!", seica foi a expresión, lacónica pero elocuente, de meu avó paterno, o menciñeiro, cando leu isto no periódico do día seguinte.

1933. Os de Castroverde regresaron da feira grande, da anual, algo desnortados polo cúmulo de contradicións que se deron nela. Despois de todo un ano de aturar aos tratantes de Lugo nas nosas, nas nosas feiras, na quincenal, e cos traballos feitos -aos da labranza me refiro-, era o momento de devolvérlle-las visitas. Eis a panorámica: moito luxo, moitas inauguracións, música de salón, floreo poético, té-baile no Círculo... Pero ao cuñado do Carreira vello, ao tío de D. Eduardo, José de Ínsua, como ía de pucha, non lle deixaron entrar..., ¡ata que se lle ocorreu mostrarlle ao porteiro a escritura dunha casa que acababa de mercar na Rúa Nova! Mercáraa con cartos atrasados, por suposto, pois este ano as mulas volveron para as cortes respectivas, coa esperanza posta no 13, Adai. E co mular, o asnal, practicamente desaparecido, salvo nas paradas. Tanto en vacún coma en porcino, ídem. O día 6, con Lugo en bailes, Lerroux proclamou o estado de guerra: Asturias ardía en conflitos. O único positivo, o único optimista, era aquel comercio que se anunciaba así: "Artículos de viaje, radios Philips, aparatos Electrolux (enceradoras, aspiradoras, frigoríficos...)". ¡Demasiada contradición!

1936. En xuño, votación plebiscitaria do Estatuto da nosa autonomía. Empezárase a súa elaboración no ano 1932. O 15 de xullo presentación en Madrid do texto votado, pero non tivo entrada oficial no Parlamento ata as Cortes de Montserrat, xa ao final da guerra.

O 20 de xullo, Manuel Hedilla, un falanxista enviado da Xefatura Nacional, daquela hospedado en Lugo, no Méndez Núñez, designou a Mario González Zahera, que era de Sarria, xefe único da provincia; con iso, uns 500 afiliados uníronse aos soldados do cuartel de San Fernando. Ás 15 horas declarouse o estado de guerra. En canto ás armas, estaban ben provistos delas, pois, en previsión de que, chegado o momento da sublevación, non llelas facilitasen nos cuarteis, tiñan unha morea de fusís Mauser; ¡díxose que agochados na abadía de Samos, para máis santificación!

29 de xullo. Sae a chamada Columna Ceano. Pasa por Castroverde un convoi de mouros, profanando o Camiño de Santiago; en camionetas descubertas, con intención de operar a partir das Grandas de Salime. A primeiros de agosto tomaron Navia de Luarca, pero de alí en diante os mouros deron en morrer, a granel! ¡Natural: ían a contramán, camiño da súa Covadonga, con Santiago de costas! Santiago en Compostela, Santiago en Castroverde... Aos feridos levábamos para Guitiriz, ¡aos baños!, onde se improvisou un aeródromo; e D. Hermenegildo, amais das augas, ordenou que lles fixesen unha mesquita, da que aínda quedan os restos no propio predio do balneario.

No Al Quran está escrito que terá sete hurís aquel que morra loitando contra o infiel...; ¡pero o dos baños de Guitiriz foi de propina!

As colleitas daquel ano, xunto co gando, ¡requisadas para Asturias!

Da guerra é mellor non historiar aquí, pois sería refrescar feridas, e aínda quedan fillos e netos que ben a levan sufrido; ¡demasiado! E logo que iso xa está noutros libros..., ¡saturados de traxedias!

1946, 26 de novembro. Isto tamén foi traxedia, pero rematou en comedia: Aquel abrigo de astracán... Cinco feridos, dous deles de certa gravidade, ao capotar un avión militar en Montecubeiro. Aquel aparello viña da base de Alcalá de Henares, pero tivo unha avaría grave. Ollaron pola ventá da carlinga e divisaron unha torre... O máis sabido deles advertiu: "Estamos en Monforte, que aí está a torre do seu castelo... Como non daremos chegado a Rozas, é mellor baixarse aquí, aterrar nestas agras..." ¡Pero o castelo era o de Castroverde, e aquela agra de nabos, a de Santadrao!

Deuse o casual de que unha rapaza, ben forzuda por certo, do lugar susodito, ¡hoxe na gloria!, estaba arrincando nabos na súa leira, a dous pasos de onde caeu o avión. Baleirou o carro, deixándolle tan só os fungueiros e mailos adrás... ¡Cargou nel os cinco mozos, suponse que un de cada vez! Despois deu aguillada ás vacas, e en poucos minutos xa estaba en Castroverde, xunto a Bonifacio, para que os levase a Lugo, ao hospital! El Progreso dixo que: "Al lugar del suceso se trasladaron médicos, ambulancias y jefes y oficiales de la V Región Aérea". ¡Iso sería despois, a curiosear, pois os feridos, para daquela, xa estaban sendo atendidos, tal, como, e onde procedía, grazas á intelixencia e á caridade da nosa veciña!

Os "capotados" pensaron unha capa... ¡Que mellor agradecemento! Así que, de repostos, obsequiaron á doncela..., ¡cun abrigo de astracán! Xúrovos que daba gloria vela entrar pola igrexa de San Cibrao arriba, arroupada naquel astracán, e para mellora-lo abrigo..., ¡cunhas zocas de empeña, ben ferradas po certo, para non esvarar, supoño!

1993, 4 de outubro. "Lo que el fuego se llevó..." Segundo La Voz de Galicia, Luci Garcés. "... El Partido Popular que gobierna el Ayuntamiento de Castroverde no permite que se investigue la quema del archivo municipal en el basurero, donde se llevaron 12 camiones cargados de papeles y escombros. El alcalde, en el pleno en que se trató la cuestión, dijo que los documentos que estaban atados y encarpetados se conservan. Los que estaban sueltos se tiraron... y yo no sé si había papeles importantes o no. (¿?). Alguno de estos papeles "sueltos" databan de 1841 y posiblemente hayan desaparecido todos los expedientes de los maquis, prófugos de guerra, y los procesos contra personas de la parroquia de Montecubeiro, donde hubo muchos guerrilleros".

¡Deus, canto traballo me aforraron para este libro, queimando, tirando ao lixo, doce camións de..., de historia local! A verdade é que non llo agradezo ao ilustre/ou ilustres, que tal idea tivo ou tiveron.




O Camiño Primitivo



Fonte do Peregrino, ou do Romeiro, á entrada de Vilabade

En Castroverde, se sumamos os valores obtidos, os aquí producidos, e mailo pouco recibido, e restamos dese total, en suma alxébrica, o trasladado, o traspasado, o satisfeito, sexa a persoas ou a entes públicos, o remanente de todo isto, o que realmente permaneceu no país, o que engadimos á nosa riqueza natural, non foi gran cousa. Tal parece que nos fixeron os camiños para desvalixarnos, para arramplar cos tesouros. ¡Débedas históricas, se lles di agora!

A todo isto, ¿por onde se achegaron aqueles celtas, ou preceltas, tódolos que non viñeron do sur, pois por mar daquela non tiñan medios, ou eran precarios, perigosos? Aquén do Bidasoa non era doado, non era practicable, acada-la meseta cos seus fatos de gando; e por outra parte, aínda que os ríos da vertente cantábrica, por abundantes, non son caudalosos, maiormente no verán, nada máis cómodo que seguir unha liña setentrional, faldreando as montañas, que é onde sempre estiveron os mellores pastos, e de paso, a caza. Así que, cando chegaron as lexións romanas, bastante despois, pouco máis tiveron que facer que empedrar as pozas e apontoar os regatos, pero en sentido contrario. ¡Camiñante, non hai camiño: faise andando!

Quen se parase a contemplar os camiños rurais desta bisbarra, os poucos que quedan, estará conforme en que sempre se eludiron as dificultades xeográficas, preferindo os rodeos ás costas, pero, singularmente, apoiándose nos mananciais. Outra cousa son, eran, os atallos, os carreiros do travesío.

¿Que é, qué era, a milla romana? Hai que sabelo para entende-los miliarios dos seus itinerarios, que por certo, onde había pedra gra, acabaron utilizándose para columnas ou para marcacións de portas e de cancelas; o aviso, o letreiro, ou se lles borrou ou llelo borraron, ou o meteron cara a dentro, pois doutro xeito non se explica a desaparición de case todos, tantos que deixaron neste país. Onde non tiñan cantería, utilizaron chantos, que eses bórranse sós, en pouco tempo. a milla é simplemente un traxecto, un percorrido, de mil pasos; pero pasos longos, de lexionario, de marcha campo a través, acaso coas sandalias de coiro atadas con fronzas de salgueiro. O que busque por aquí, na Gallaecia, vías, itinerarios, para atallar, con abuso das curvas de nivel, ese tal vai en globo, pois os romanos ben que se someteron ás particularidades do chan. Incluso non é, non era, o mesmo, ir que volver, que niso teñen a súa orixe, a súa motivación, esas bifurcacións, ese desdobramento, de certos tramos. Obviamente importaban menos as costas para baixar que para subir. Recordemos que os lexionarios pedestres portaban unha impedimenta atroz, pesadísima, entre armas e bagaxes; e logo que os cabalos eran para os decurións, e de aí para arriba. Sabendo onde estiveron, dedúcese claramente por onde chegaron, por onde entraron.

As primeiras veces que pasaron os romanos aquí por Castroverde seguro que ían a cen, ¡a cen pasos!, para que non se lles fixese de noite, pois, ademais dos lobos, ¡e iso que viñan da loba!, había, quedaban, celtas, fosen roibos ou morenos, que aínda se discute, pero todos coa moca..., ¡de carballo, por suposto!

Por Castroverde tamén viñeron, tamén entraron, aqueles suevos, que uns seguiron e outros quedáronse, achantados nos baleiros que lles foron asignando. Viñan afalando nas súas reses, sen máis rémoras que as imprescindibles para alinda-lo gando, dispostos a asignarse un territorio concreto antes de que os outros bárbaros fixesen das súas, ou lles pisasen o terreo. Rápidos, pero con suavidade, sen bulla, para facerse querer dos hispano-romanos, para compartir as herbas, ¡ao terzo, segundo esixía aquel foedus!

Tempo adiante, dividido Lugo naqueles 11 condados, era cousa de fortifica-la nosa castra, o castro por antonomasia, que o de Lugo xa tiña cerca, e ben alta por certo. Velaí a orixe da nosa fortaleza, a fortificación, sucesivamente, ininterrompidamente, mellorada, século a século!

Repasou este Camiño (así, con maiúsculas, que xa estaba acreditado, experimentado, pisado, desbrozado) Afonso I, daquela cando veu para liberar Lugo... ¿Para liberalo ou para sometelo? E con Lugo o seu alfoz, que ben valía unha cabalgada.

O de Silo xa o temos comentado e repasado. Pero aos poucos leváronlle a Afonso II, máis ou menos polos 813/815, o galano, a nova, daquel Campus Stellae tan oportuno: de parte do bispo Teodomiro... ¡Deus, precisamente o que precisaba aquel rei para afirmarse na súa sela: un Santiago matamouros!

Moito despois, co camiño ben trillado, ¡como para vir en sandalias!, presentouse San Francisco de Asís, que de paso bendiciu a súa fonte, dicíndolles aos irmáns: ¡Chantade aquí abaixo da fonte unha estaca, rodeada de seixos para que non nos pase desapercibido este lugar, que á volta faremos aquí unhas celas, e nese rego un muíño para asegurarnos o pan de cada día, se a Deus e ao señor Xacobe así praciere! Daquela despediuse do lobo, que os acompañara desde a Vacariza; deixouno bebendo e dándolles grazas a Deus por dúas cousas: por atoparse cun humano que lle chamou "irmán", e tamén por aquelas augas da serra tan frescas e tan gratificantes.

Pero volvendo ao rei, que queda moito sen lembrar: Afonso II (rei de Galicia entre o 791 e o 842, con dúas selas, a ovetense e maila do seu cabalo) viu o ceo aberto con aquel talismán de Compostela, que aquilo si que era oportuno, milagroso, efectivo, e non o de pretender corre-los mouros, cear neles, dacabalo dun lentísimo asturcón: Os mouros alí quedaron, / exsangües e sen feridas; / morreron de medo e do frío, / mortos de morte morrida. / Tras deles ía un cabalo /polo Pallares arriba: / Cabaleiro Sanct Iago / sen estrobos se sostiña...

Era cousa de celebralo, de publicalo, de dárllelo a saber aos mouros, e, por suposto, á xente do emperador Carlo Magno. Faríase en Compostela unha segunda Roma... Reunida a Corte, a pouca que o sostiña no trono, que o animaba, e deixando as costas protexidas co mellor das súas mesnadas, púxose de camiño. ¿Por onde, meu señor? ¡Polo de sempre: pola vía vella, pola romana, tan trillada que a temos...!

De alforxas, poucas, que Deus e mailo Sanct Jacobe milagres farían, posto e suposto que así conviña á causa da Reconquista... ¿Da Reconquista? Máis que reconquistar, o que lle interesaría a tal momento ao tal Afonsus II era reordenar o seu territorio, os seus dominios, máis ou menos efectivos; afianzar mandos, asentar mordomos, facerse respectar por toda Gallaecia... E de paso, abaixar o poder temporal dos bispos, facéndolles ver que os comandaba, que os protexía, que os secundaba, así que aquel descubrimento do Campus Stellae, ¡man de santo!

Con catro espadas e dúas béstas, moita caza caería, pois a ruta era propicia para iso; coñecida e farturenta. De pan, pouco, pero algo de fariña terían os vasalos, que vasalos eran todos, en tódolos señoríos ruteiros, de Ovedo a Santiago. O máis que se requiría eran cabalos; cabalos e acémilas, selas e albardas. En cada montura, súa alforxa, ou como daquela se lles chamase pois o de "al forxas" foi un invento dos mouros, outro, que as precisaban para aventurarse nos seus desertos; aquí servíanlles para rapinar, para transportar cara ao sur, para a súa Sbania, fose ouro ou prata, que xa lle darían forma os seus maharreros!

Posta en camiño a comitiva real ovetense, Camiño inauguraron. ¡Reinauguraron! Do nacente ao poñente, como a Vía Láctea, tras do sol, pero pouco a pouco, que tamén era preciso cazar; e de cazado, espelicar. Despois diso, salgar e asar. ¿Puntos de apoio? Argañosa, Paniceres, Escamplero, Valduno, Peñaflor, Grado, Fresno, Doriga, Cornellana, Salas, La Espina, La Pereda, Pedregal, Tineo, Obona, Villaluz, El Espín, Borres, La Mortera, Pola de Allande, El Palo, Montefurado, El Lago, Berducedo, Grandas de Salime, Pradaira, Cuíña, O Acebo, Paradanova; e logo, Pobra do Burón e maila Bastida; ou ben pola Fonsagrada e Vilardongo. Despois, Montouto, Paradavella, Degolada, Lastra, Fontaneira... Ata o alto da Vacariza, e desde alí, tamén a elixir, por Vilabade ou por Vilalle, sen esquecerde de que en Bolaño (Bolannio) estaba o vello santuario de San Martinho. ¡Castrum de Vallis Viridis! Ao San Miguel do Camiño, que lle fixo honor á toponimia. Moreira, onde tocaba elixir, outra vez: fose por Soutomerille e Gondar, ata Fazai; ou por Arcos (nome antigo onde os haxa), Paderne e Romeán. Desde Fazai directos ao Lucus Augusti, por Castelo e maila Chanca. En Lugo estaban, tiñan, entre outros fieis, a familia de Odoario, así que, ¡parada e fonda!

Desde a Vacariza ata a "meca" de Soutomerille, ¡que a saber cantos santos soben e baixan do Ceo neste souto marelo, paradisíaco, para ocuparse do camiñante!, son tres leguas mal contadas, pero levan o seu tempo polo que se perde, ¡ou gaña!, contemplando as paisaxes engaiolantes do contorno. Desde Soutomerille a Lugo-capital as leguas son catro, tamén escasas, pero este Camiño dá alentos, maiormente ao aproximarse á urbe trouleira. Hai que entrar, iso si, pola porta toledana, pola mesma que usaban aqueles godos cando nos visitaban desde o seu Toletum; a mesma que anhelaron os xudeus, tempo adiante, cansos do seu éxodo secular.

O tramo desde Castroverde a Gondar débese facer por triplicado: ir, volver, e retornar, que a paisaxe pídeo. Casarías farturentas, unhas praderías que nin as de Mesopotamia, soutos, carballeiras, cerramentos ciclópeos... En cada palmo a súa flor, cheirume de rosas..., ¡que nin no paraíso! Mais, a todo isto, cave ne cadas: ¡lembrádevos do que lle pasou ao abade Ero na súa Armenteira, que quedou hipnotizado escoitando o piar dos paxariños!

En Lugo, tan pronto lles escaseen os euros, deixaranos partir; e daquela indicaranlles que a mellor travesía é polo Alto, e de alí, ao Burgo. Seguidamente á Retorta, Negral, Pacios, Augas Santas, Toques, Melide, Arzúa, O Pino, Lavacolla... Lavacolla deu en chamarse así porque o peregrino aproveitaba para presentarse limpo en Compostela..., de corpo enteiro, e non só de alma!

Hoxe en día non aproveitarse dunha rota tan manida, tan suxestiva, e incluso tan protexida, é un pecado, un pecado de omisión! Incluso un desagradecemento para con aqueles que a rozaron e sinalaron. Unha lectura ou unha gravación poden achegarnos ao Camiño, pero ao cheiro da terra..., ¡iso é persoal e intransferible!

O Camiño, así, con maiúscula, polo que toca aos termos de Castroverde a verdade é que, ao de hoxe, moi sinalado non está, pero todo se andará; estudado, explicado, si, particularmente polo profesor Ricardo G. Polín e polo polifacético Juán Carlos Fernández Pulpeiro. Un resumo desta ruta podería ser o seguinte:

Sáese da veciña capitalidade da Baleira (Valeira), Cádavo, por xunto da vella consistorial. Para subir á Pradeda alcatranaron este camiño por mor da lama, que é o propio en terra de prados. Tomen con calma a subida porque lles teñen que sobrar forzas para un remedio, ¡para visita-la capela dos Remedios! De chegados á Vacariza atópanse cun cruceiro, en pedra, que ten o mal costume de caer..., ¡de que o tiran a miúdo! Por aquí hai unha bifurcación para elixir, por Vilalle ou por Vilabade, que son como dúas caras da mesma moeda. Baixando pola agra do Cal e Panicol, conflúese nas inmediacións do Marquesado, concretamente en Tarrío, que xa pertence a Santiago de Vilariño. Antigamente ladeaban un pouco para achegarse ao San Martiño de Bolaño, pero agora a xente prefire dereituras e non ruínas. Os que torcen cara ao Codesal fano atraídos, subxugados, polo encantamento da torre da homenaxe. E máis nada, que os detalles é preferible descubrilos: ¡ver e preguntar!

Xa en Castroverde, séguese pola Veiga, fonte do Travao (os das Trabes), e polas leiras de Fumaxín. Despois de visita-la igrexa de Vilariño, ou antes, pódese beber na fonte do Paraugas, e patea-la corredoira que leva á casa dos Santiso, para despois darse de bruzos nunhas pontes, cruzamento de estradas, que lle quitan a devoción pola enxeñería ao máis pintado. ¡Preferimos que non as fotografen! Baixen ao lugar de San Miguel do Camiño sen maiores precaucións, que para iso teñen de patrón un arcanxo. Entre camiños e carreiros, con auga abundante, darán chegado á igrexa de Souto das Torres, ¡pero non as busquen, pois os seus perpiaños foron utilizados no cerramento das leiras! A continuación, Moreira, porque as había, que mantiñan con elas o verme da seda, pero iso foi no tempo dos señoríos. Despois vén o lugarciño de Pipe, co Mesón de Fraiás. E desde Vilar de Cas...; ¡tranquilos, que os teñen atados! ¡É unha broma! "Cas", nesta bisbarra, é unha abreviación de "casas"; aquí o lóxico é pensar que se trata dun "Vilar das Casas", ou máis ben, "... das Casas de Arriba de Moreira". Con bo calzado, aínda que o tempo sexa húmido, logo damos chegado a Soutomerille, que é algo así como penetrar na profundidade dun misterio..., ¡dun misterio insondable!

Da Pallota, ¡das ruínas do seu mesón!, para ir a Gondar non hai perda. O concello de Castroverde remata precisamente no muíño da casa da Pallota.

En canto á denominación, déuselle en chamar Camiño Primitivo á primeira das rutas: Unha, porque o é, o máis antigo de todos. E outra, para diferencialo do actual francés, séxase, do central. En definitiva, son truculencias identificativas pois, se francés é o segundo, máis francés é o primeiro, xa que por Castroverde viñeron, tamén, e xa de entrada, aqueles franceses da época de Carlo Magno. E incluso habería que apelidalo francisco en honor a San Francisco, pois sobre ser italiano foi universal. Ao de Astorga-Pedrafita máis ben habería que chamarlle europeo posto que por el veu, en tempos recentes, toda a avalancha europea, de tódolos países aos que chegou a sona de Compostela; ¡quere dicirse, a todos!

O traslado da capital ástur desde Ovedo a León, e por outra parte o afastamento da mourisca, que deixou de facer razzias polos territorios da meseta norte, que xa lle caían lonxe, e había de por medio unha barreira de castelos, de fortalezas, que primeiro foron muslimes e despois cristiás, deu orixe e repoboamento para o novo camiño, para o Camiño Novo, que tamén se lle podía chamar así ao meseteiro. Porén, aquilo de venera-las reliquias ovetenses, traídas, moitas delas, de Mérida, e depositadas na igrexa do Salvador, con outras vantaxes e/ou comodidades da ruta vella, mantivo certo especial interese polo Vello, que se está reactivando paulatinamente.

O auxe do, ¡dos!, camiños franceses veu a partir do XI, que foi cando empezou a dispoñer de certas axudas, tendo unha guía excepcional no Libro V do Códice Calixtino. A guía do noso, de peto pero completa, ou sexa, en varios idiomas, coido que está no tinteiro, ou por dicilo con actualidade, no ordenador dalgún peregrino.

Falando de peregrinos: No Ano Santo de 1999 pasaron por Castroverde, ¡o que nunca se vira!, como dixeron os vellos do lugar: 115 soldados das FAR, a maioría deles pertencentes á Brigada Aerotransportable de Pontevedra. ¡Quen lles ía dicir que catro anos despois se verían no Irak, na Mesopotamia, acollidos ao estandarte do noso matamouros! Estes militares levaban de guía ao seu xeneral, Pedro Herguedes, que lles deu exemplo marcándolles un ritmo de 30 km por xornada. ¿Que lles diría, desde arriba, aquel outro milite, aquel fundador, aquel Enxeñeiro de Camiños que foi Afonso II?

O tramo de Lugo non acaba de enxaldarse: aí por Gondar unhas corredoiras cegas, ou case; a urbanización das Regas, acabalgada; un edificio na Chanca, que forza unha desviación; o Carrero Blanco, ou Fontiñas, de través, etc. Por se isto fose pouco, a concentración parcelaria de Poutomillos, que din que saíu desmemoriada. En Lugo, a igrexa da Virxe do Camiño que, de esquecidos, deron en chamarlle igrexa do Carme... ¡Menos mal que o señor Santiago só se cabrea cos mouros! Pero máis que cos mouros debera facelo cos cristiáns, cos seus evanxelizados, pois é imperdoable que o tivesen esquecido en Compostela ata o século IX cando parece demostrado que, sobre o ano 757, a igrexa de Meilán xa lle estaba dedicada. ¿Houbo un trasacordo, acaso de comenencia política?

Mentres non teñamos no noso "museo" de Castroverde unha sección dedicada ao Camiño, onde podamos ver, entre outras cousas, a indumentaria tradicional do peregrino, conformémonos con ler ao Arcipreste de Hita, século XIII, D. Juán Ruiz:

"El viernes de indulgencias vestió una esclavina /gran sombrero redondo, mucha concha marina / bordón lleno de imágenes, en él la palma fina / esportillas e cuentas para rezar aína / los çapatos, redondos e bien sobresolados / echó un grand dobler sobre los sus costados / gallofas e bodigos lleva i condensados / destas cosas romeros andan aparejados / deyuso del sobaco va la mijor alfaja, calabaça bermeja más que pico de graja / bien cabe allí su açumbre, e más una miaja; non andan los romeros sin aquestas sofraja...".

Como partícipes no Camiño, familiares teñen que sernos:

- O sombreiro de feltro, de á ancha, coa parte dianteira dobrada para arriba; o usual é coserlle unha cuncha, e algúns tamén lle poñen dous ósos cruzados.

- A cuncha venera, ou vieira (de Venus), dunha mítica tal, e tan expandida, que incluso se atoparon en sepulcros sudamericanos.

- A túnica, auténtico mandil de la, urdido en liño.

- A esclavina, unha capa curta, xeralmente reforzada en coiro por culpa da choiva.

- O bordón, do que se colgaba a cabaza, como de dous litros, ¡auga pura da Fons Sacra, ou de Vilabade, que non é pouco!

- A escarcela non a levaban á ida, que iso era cousa dos "mercadores do templo", alí na porta norte da catedral.




Oficios.
Desde zoupar o ferro a cocer o pan


Levo dito, e sostido, maiormente ante amigos que se teñen por intelectuais, que a cultura labrega, popular, do século XX, avantaxou, estivo por riba dos bachareis de entón, en amplitude e tamén en densidade de coñecementos, ¡e iso que lles conferían o tratamento de don! (Isto do "don", por outra parte, non ten importancia, pois Facenda sempre nos chamou así aos labregos..., ¡por minúscula que fose a nosa cabana!).

¡Deus, a de cousas que sabía facer un labrego, o que aprendía, o que profundaba, ano tras ano, curso tras curso! Lembrémonos daqueles anos da autosuficiencia nos que todo, ou case todo, se elaboraba, ou lograba, na casa de cada quen. É unha pena que moito diso pase pola historia e non entre na Historia, pois os museos aínda son poucos, poucos e pouco equipados, que tampouco queda moito con qué equipalos; e logo está que os vellos do lugar, de cada lugar, vanse ir de viaxe sen deixar unha transmisión da súa cultura persoal, nin por escrito nin verbal.

Desde moucir o ferro a cocer o pan, a xente do noso Castroverde fixo de todo ao longo da historia, pois, grazas a Deus, verde é a terra, que non a xente! A abundancia dos países pode entumecer, que tódalas civilizacións acabaron caendo, pero tamén esperta os afáns, pois quen máis ten máis quere! Por parte, a existencia permanente, ata hai pouco, dunha fidalguía ocupada da administración do castelo e demais pazos e señoríos, xerou e sostivo unha pléiade de artesáns, de provedores, de subministradores...

Estas terras deron de todo, así que, e precisamente por falta dun museo etnográfico local, é un pecado irse desde mundo sen deixar unha descrición, sequera sexa superficial, daqueles tempos, daqueles vivires, daqueles esforzos e daquela cultura. Mais, como este non parece ser o lugar máis axeitado para espraiarse en amplas monografías, terei que limitarme a unhas cantas pinceladas, máis ou menos cromáticas.

A mediados do século XX nesta bisbarra de Castroverde o réxime de traballos comunais aínda era rigorosamente medieval; de botar unha man, que se dicía daquela. Exemplos rotundos diso: a matalota e mailos paristallos do gando maior; as rogas de cavadores (decrúas no monte e nas chousas, nabais, etc.); o arranxo dos camiños ao saír do inverno; as segas, tanto a gadaña da herba coma a corta dos cereais; os carretos para obras, fosen de pedra, de lousa, ou mesmo de trabes; as fías do liño... E un longo etcétera. Tamén se convocaba á veciñanza para apagar lumes, fosen casas, palleiros ou montes; se ocasión ou proximidade había, convocábase a toque de campás. Ergue-las paredes en sitios públicos, tal que atrios ou cemiterios. Abrir pistas ou accesos; cerrar vedros; reparar currais, corredoiras e pontes, etc. De buscarlles albergue aos pobres de "polas portas", por quendas, encargábanse os pedáneos de cada lugar, así como de proporcionarlles un enterro digno.

Os temas do noso rural acaso fosen sinxelos, vistos desde a complexidade da vida actual, pero nunca groseiros nin descoidados. Os motivos xeométricos eran a devoción dos nosos artesáns, que os levaron os xugos, os carros, as huchas, as cómodas, as artesas, os repenicos das zocas, os bordados das nosas mulleres, as filigranas das tecedoras... Cadrados, rombos, círculos, rosáceas..., multiplicados nunha infinidade de combinacións. Nestas parroquias, estimuladas de mil maneiras, que iso non vén ao caso, deuse, -¡é boa pena que non conservemos unha mostra ampla, sequera fose para demostrarlles ás novas xeracións, como estímulo, que as pasadas merecen un respecto, pero tamén un agradecemento, pois a cultura, coma as paredes, vai de pedra en pedra, a poucos, pero sosténdose en si mesmas!-; deuse, digo, unha boa simbiose, un afán predominante de compatibilizar o útil co decorativo, como se observa en tantas cousas, poñamos que desde as igrexas aos mobles, pasando polos cruceiros e sen esquece-los hórreos.


Hórreo de Cas Gómez, de Berlán

Precisamente, para merecemento dos carpinteiros, todo por aquí déronse, e tivemos, as mellores madeiras destas latitudes; outra cousa é a penuria actual. Nogueiras, castiñeiros, carballos, freixos, cerdeiras, buxos, teixos, pereiras, maceiras..., que se prestaban a unha especial beleza, e logo que teñen unha dozura e unha dureza especial que anima aos creadores, que por aí queda algún resto, notable, de apeiros e de mobiliario, así como os balaústres dos corredores e os retablos das igrexas. Outra mostra de arte e de enxeñería, asemade, eran os hórreos, predominando nesta bisbarra os de tipo ástur. En contra destes monumentos veu a escaseza da palla, da palla e dos enrestradores da uz e da xesta, evolución/retroceso que deu paso aos louseiros, perdéndose con isto a metade do seu tipismo e do seu illamento. O resto do demérito/abandono produciuse, en moitos casos, cando diminuíron as colleitas, tanto de cereais como de patacas, e tamén chegou a moda/necesidade das cortes externas, xa que moitas emprazáronse precisamente na praciña reservada ao hórreo e á eira de mallar.

A gama de oficios, por citar sequera os máis nutridos, é longa, foi longa: albardeiros ou gornicioneiros, canteiros, capadores, carpinteiros, cereiros, cerralleiros, cesteiros, costureiras e xastres, ferreiros, muiñeiros, serradores (de serra de aire), tecedoras, zapateiros, zoqueiros...


Os albardeiros. Non foi Castroverde unha zona especializada no tratamento do coiro, acaso porque aquí o vacún non se mataba, ¡vendíase! E logo que non localicei na toponimia ningún curtidoiro: pelamio, tenoiras, curtidoiras ou pías, coa excepción dunha curtidoira que houbo en Barreiros. Surtiámon0s principalmente da Fonsagrada, de Meira, de Sarria e de Monforte, que ían diante nesta industria. Porén, tivemos un albardeiro tan famoso que a súa casa deu nome a todo un lugar, na parroquia da Frairía. Para gornicións, os mouros, ¡e como por aquí non os quixemos...! Albarda vén precisamente do árabe: Al bard. No das selas de luxo levaban a palma os xateiros, que se distinguían tanto polas gornicións como polo feito de levar na dianteira unha boa manta de Zamora, e nalgún caso, esporas de prata.


Canteiros. ¡Relativamente! Os do país traballaban principalmente polas parroquias do granito, a onde hai referencias de que tamén viñeron Bascos, ou Vascos. Nas aldeas de xisto, louseiras, esta especialidade dominárona principalmente os canteiros de Pontevedra, sendo substituídos na primeira metade do século XX polos da zona de Luaces, Pol, onde se deu unha xeración numerosa de albaneis que controlaron medio Castroverde. Os citados chegaron a dominar o verbo dos arxinas, co que me volvían tolo na miña crianza pois ben me esforzaba por entendelos, aínda que inutilmente. En todo caso, fosen uns ou outros os feitores das edificacións da zona de Castroverde, aí están as construcións antigas, maiormente esas, alpendres incluso, para avergoñar unha boa parte do que se fixo cando chegou a intromisión do ladrillo, do bloque e das cubertas de uralita.

O feito de que a zona de Castroverde tivese, de sempre, unha ampla gandería de vacún orixinou que se construísen as casas con moita amplitude nos baixos; retiradas as cortes para alpendres independentes, eses volumes danlles ás casas un señorío e unhas magnitudes espectaculares, aínda que, nas restauracións dos tellados, ao non elevar un pouco os beirados por sobre das ventás do sobrado, resultan un tanto deformes, mesquiñas.

Aínda que non foron feitas, en xeral, por profesionais, admiramos as paredes dos cercados de moitos predios rústicos, empezando pola volumetría das pedras utilizadas. Tal que en Montecubeiro, arrepía lembrar os seus fabulosos cercados de chantos da louseira da Mouriña que foron enterrados para recheo das corredoiras polas pas da concentración parcelaria.


Capadores. O capador, presente en tódalas feiras, e incluso polas casas, con rutas apalabradas, era unha figura moi solicitada e rendible pois ademais oficiaban de albeites. Din os expertos que se nota no gusto das carnes cando se produce unha matanza sen capía axeitada, previa.

Aínda que por veces concorresen estas afeccións, non era igual un capador que un curandeiro ou un albeite. Non quedan tan lonxe. E tampouco era fácil distinguir entre experimentados -moitos deles foran enfermeiros - padioleiros no Exército de África-, e os estafadores. En canto aos albeites do gando había que descubrirse pois adoitaban ter un coñecemento asombroso das aplicacións herbeiras, cocementos medicamentosos, etc., tal que coido que vale a pena rememorar algunhas, sequera sexa superficialmente, ¡para o museo das lembranzas!

Meu avó, que o definiu O Tío Pepe, periódico da Fonsagrada, no seu nº 1, do 31 de xaneiro de 1913, como "O menciñeiro Verlán", presentándoo así: "Un home longo, nin groso nin fraco, que, nado aló en Castroverde chegou á Baleira..." Certo, pois casara en Catatrigo; e ademais de labrego foi zoqueiro, albeite e fistor, coñecido e buscado desde Castro de Rei á Fonsagrada. Ensinoume algo daquelas herbas milagreiras nas que tanta fe poñía, ¡e tan bo resultado lle daban! Pero o caso é que tan só lembro unhas nocións das seguintes: A vinagreira (as acedas), que saben a vinagre se se roen, témolas nos prados húmidos; meu avó recomendábaa para depura-lo sangue, que era unha teima súa, acaso relacionada con aquilo de sangra-lo gando. Tamén dicía que era boa para desinfecta-las feridas. A herba do gurgullo (unha solanácea), de flores mareliñas e áspera ao tacto, que dicía el que era velenosa, e por iso as metía nas tullas para mata-lo gurgullo. A árnica, que a usaba para as feridas. A asenta, que a daba para as lombrigas. a celidonia, que lla recomendaba a miña avoa para as súas, incipientes, verrugas. Os tróqueles, dos que lle dixo nunha ocasión ao señor Vicente da Ponte que deixase de fumar as súas follas secas, facendo de tabaco, porque contiñan digitalina e ían acabarlle co corazón. Os balocos, para curar as almorrás. A herba abelleira, que ademais de utilizala nos trobos para atraer ás abellas, dicía que era boa para as embarazadas porque lles calmaba os nervios... E logo as malvas, o fiúncho, as flores de sabugo, o romeu... ¡Deus, cánto sabía aquela xente, e todo por transmisión oral, con só prestarlles atención aos seus vellos!

En canto aos estafadores, que tamén abundaban, deses hoxe en día riríamos abondo coas súas verbas máxicas para curar as lombrigas, os tirizós, a espinilla caída, o estómago baixo... ¡da fame!


Carpinteiros. Moitos e bos; e máis que debera haber dada a calidade das madeiras que de aquí saíron nos últimos lustros; entre outras minguas, a de nogueiras, que foron parar á fábrica de armas da Coruña para elaborar culatas: de pistolas, de fusís, de metralladoras, etc. Resulta incrible, e por tanto inexplicable, que habendo tanta e tan boa madeira nesta bisbarra, tan cerca dun centro de consumo como foi, e segue sendo, Lugo, non prosperasen por aquí as fábricas de mobles, desaparecendo aquelas tallas impresionantes, da que algunha queda, pero poucas, maiormente en casas de avoengo; ¡nalgún caso foron substituídas por mobles de chapa! Deunos por cortar, a media crianza, ¡substituíndo con piñeiros e con eucaliptais! Isto tiña que estudalo un sociólogo..., ¡e acaso un psicólogo!

Coa chegada do ferrocarril, ¡travesas ao camión! E coa dos restauradores, permuta, ¡talla por chapa! Así quedamos: ¡sen xente sen árbores! ¿Cando chegará a hora na que comecemos a distinguir entre consumos e insumos?

A verdade tamén é que, nesta comarca agro-gandeira, dábaselles aos apeiros tanta ou máis categoría que ao mobiliario doméstico. Así resultaban de gran predicamento os fautores de carros, grades, arados, etc., tendo tanta ou máis consideración que un tallista aquel carpinteiro que soubese ou se especializase en "ferrar" un carro "a fogo", arte que requiría un pouco de carpinteiro e moito de ferreiro.


Cereiros. Desapareceron polos anos cincuenta do pasado século; por varios motivos: nos colmeares acabáronse os trobos, de troncos enteirizos, substituídos polas colmeas de táboas, dotadas de panais de celas artificiais que se mercaban na feira. Tiñan de bo que o extractor non deixaba gota de mel nas celas, e logo que a corta de grandes fragmentos nos trobos, para espremer á man, retirando a cera, ocasionaba un enorme desgaste ao enxame para repoñer aquel cerume. Nas casas deuse en alumar con candís de petróleo e con luces de carburo. E nas igrexas apareceron as lampadiñas de aceite para substituír as ofrendas de velas e cirios, coa particularidade de que nestes exvotos tamén se utilizou o esperma, especialmente o de balea. Facer velas de cera fundida nas casas tamén era sinxelo, así que os cereiros tiveron que cambiar de oficio.


Cerralleiros, afiadores e paraugueiros. As miserias, as economías forzosamente cutres da posguerra reactivaron estes oficios, pero todos eles forasteiros: os trapeiros-chatarreiros procedían da parte de Parga, Pígara e por aí. Os afiadores, case que sen excepción, de Nogueira de Ramuín, confinando cos Peares. De distintos puntos de Ourense, maiormente de Ourense, os demais artistas.


Cesteiros. A verdade é que non abundaron, pero aquí tiñamos boa materia prima: bringas de carballo e de castiro, de abondoso zume, apropiado para cestas; e vimbios, para os cestos. O caso é que na nosa feira sempre houbo abasto destes recipientes, así que, con mercalos, ¡cesta á cabeza, así fose cunha rodeliña de fentos!

Matinando nisto, nesta falta de interese pola cestería propia, cheguei á conclusión de que foi debido ao cariño, case que idolatría, que sempre lle tivemos ao plantío. A cestería era realmente un apedro ao saca-las cortas de árbores noviñas; e quen non as tiña, roubáballas ao veciño.

Os cestos, verdadeiros primores manuais, eran cousa máis ben de xitanos, que os facían nas súas acampadas, pero polos anos corenta / cincuenta escorrentábaos a Garda Civil de todas partes, así que non lles daba tempo a esgota-los vimbios.


Cordeiros. Nas casas gardábanse as crinas das bestas, a rapa das cabras, restos das fías do liño, etc., porque con eses materiais cando viña o cordeiro, achantando unha estaca para iniciar o retorcemento, lograba tensar unha corda, ou incluso un trelo. A chegada ás feiras das de esparto rematou con esta artesanía ambulante. Pero debeu haber moitos en tempos a xulgar pola abundancia deste apelido, que algún castelanizou pasándoo a "Cordero", que nada tiña que ver. Os "Cordero" procedían da Maragatería, e algún habería que se pasou, ou o pasaron, a "Cordeiro" con evidente erro interpretativo. Só cheguei a coñecer un "cordeiro" de oficio, na miña infancia, anos 1930/40.


Costureiras e xastres. ¡Disto, si; a barullo! E de moita sona, tanta, que algunhas casas coñecíanse polo oficio do seu dono / dona: a do Xastre de Cobula, a do Xastre de Carballedo, o Xastre de Menán, a do Xastre de Vilabade... Tiveron por inimiga a proximidade de Lugo, salvo naquelas miserias da posguerra, e logo que a boa produción destas terras permitiu monetizar algo en tódalas feiras, ocasionando que se comprase a roupa da tenda, do "comercio", xa desde os primeiros tempos do prêt-à-porter.

Os xastres de "polas casas" infundían algo máis de respecto cás costureiras, e nas casas baleirábase a despensa para atendelos con certo luxo. En canto ás mulleres "da agulla", ¡miñas pobres, que ían coa máquina na cabeza, nunha rodeliña, de casa en casa!, non é que se tratasen mal, pero tíñase delas un concepto un tanto pexorativo, tal que o de chamarlles "apañapulgas", dicíndose que o que as metía no sobrado sobraba el, ¡porque non se lle ían da casa mentres durase a manteiga! Nos tempos do seu esplendor, a copla foilles propicia aos xastres: Zapateiro é oficio porco, / o de tecelá merendeiro; / heime de casar cun xastre, / que gañan moito diñeiro.

O oficio de xastre, como é sabido, en España vénnos do sibaritismo califal, que enalteceu o oficio dos seus Al-jayyât (alfaiates), mais a austeridade impúxose, e con ela recuperamos o latín sartorem, xastres. Os "talleres" fixos tiveron pouco predicamento, pois a nosa xente, cun sentido práctico, prefería os ambulantes, procurando facerse cunha "Singer", que tamén lles servía ás donas da casa, cousa que agradeceron estes profesionais. Deste xeito mercábase o tecido con máis liberdade e / ou economía, e tíñaselles nas casas. O xastre tiña ao cliente diante, dispoñible, a calquera hora do día, e co "manequín" en presenza, medía, cortaba, enfiaba, ganduxaba..., fose en novo ou en vello reformado. Inclinábanse a este oficio, un dos máis liviáns, os rapaces máis febles, ou máis sensibles, empurrados polo despectivo: Rapaz, o teu son as tesoiras...

Os xastres e mailas costureiras utilizaban a "vara de Castroverde", que tiña 860 mm, ou sexa, 36 polgadas.


Ferreiros



Un ferreiro actuando en Castroverde
na inauguración dos novos pendellos da feira.
27 de agosto do ano 2006

O ferro foi un mineral abondoso todo por aquí; tanto, que incluso chegou a haber "denuncias" oficiais en varios puntos de Xivil, pero non chegaron a explotarse. Na toponimia, nos apelidos, e tamén nos aparellos, algo nos queda, algo conservamos: a serra da Ferrradura (do ferro), na que afloran augas ferruxinosas en varios mananciais, algún deles tapado polos achatamentos, uns da concentración e outros dos eólicos. Minas romanas hóuboas nos campos da Eiladrán (Montecubeiro). Monte da Ferreira, arriba de Berlán. Lugar do Escouredo, onde teño visto tantas escouras como pedras, cando se labraban aquelas leiras. A Rubial; a Ferreira de Paderne...

Venaqueiros eran os cestos ou queipos onde se recollía o mineral obtido das veas, que de aí vén a denominación dada a quen os manexaba. A vea, nesta zona, era principalmente de olixistos, de limonitas e de sideritas. Paralelamente efectuábanse os amoreamentos da madeira, ou carbón vexetal, maiormente de uz e de carballo. Seguía o calcinado, ou cocción, chamado "arrubiado": uns oito días de braseiro, e outros tantos para a concentración e mailo arrefecido. A zamarra obtida naqueles fornos de barro esmiuzábase e cribábase, tazándoa a marrazo limpo. aos fundidores chamábanlles ferróns. Os ferreiros actuaban na fase seguinte: no mazo, na forxa, etc.

Sabido é que os castelos foron grandes impulsores da ferrería, pois, ademais das súas proteccións e fortalecemento, as armas constituían o seu quefacer cotián. En canto ás ferraxes utilizadas na construción e/ou como aveños específicos dos oficios máis diversos, así como o instrumental do labrego, polos artesáns do ferro moucido pasaron, pois de fóra empezouse a mercar, ou mellor dito, volveuse a mercar, despois da guerra do 1936: aixadas, brosas, coitelos, fouces e fouciños, picaños, podóns... Un museo, ou unha sala del, para os ferreiros, é outra débeda social, de tantos e tan hábiles como deu este país.

Mazos de sona, que as forxas eran incontables: o dos Penallos, tamén chamado de Veiga, ou de Bascuas, en Montecubeiro. O de Arcos, en Sampaio. O de Goi, no Tórdea, que parou ao xubilarse o seu encargado, Xosé Gude López, un home con verdadeira vocación de ferreiro, que por algo naceu en Rubial (Fonteita), un topónimo que confirma a extracción de mineral ferroso. Outro gran mazo, de maior actividade en tempos, foi o da forxa de Bastián, na parroquia de Espasande. Barreiros tiña o mazo de Sueirexe.

Os mazos, necesariamente nas marxes de ríos de certo potencial, non tiñan por qué coincidir coas forxas artesanais. Algúns contaban cunha serie de parceiros, -ferreiros establecidos de seu, algún deles coa fragua a máis dunha legua-, que se desprazaban nos días, ou nas horas, que lles correspondían, cargadiños ao lombo ou nas bestas, co carbón e coas pezas que lles cumprise mazar. Nos de propiedade unitaria, o ferreiro visitante encomendáballes tan só a parte basta do útil, pagándolle ao encargado polos tempos consumidos nesa preparación básica.

A súa mecánica era bastante simple: un desvío de augas do río, cun banzado para acumular caudal nas estiaxes. Unha cadea para ergue-la maza que tapaba a cal, permitindo así que baixase a auga e batese nas penlas do rodicio, tal que nos muíños. O rodicio movía a árbore que, provista de catro malugreiros ou dentes, elevaba, a cada volta da árbore, unha alzada do mango, encabezado este polo mazo propiamente dito, que á súa vez batía na incre con aqueles mazados tremebundos que facían treme-lo ferro. Tanto recibe o nome de mazo o conxunto formado pola máquina de bate-lo ferro como o edificio que o alberga; e tamén é igual dicir mouci-lo ferro que batelo ou espalmalo.

Aos do Ferreiro da Meda, que ademais do oficio tiñan o apelido, segundo eles, desde cando serviran ao señor de Castroverde, quitáronlles esta copla ou cantar:

Moito se anoxaba o crego
porque o Ferreiro petaba
aos domingos de mañá,
pero non cataba o moi cego
que mentres un bate no ferro,
bate o outro na campá.

Complemento indispensable das forxas e dos mazos foron as moas de afiar, tamén hidráulicas, con rodicio vertical. Estas moas tiñan, invariablemente, unha caneta pola que salpicaba a auga, caendo no punto de fricción, o que evitaba o destempero do fío cortante.

Isto era o que lles cantaban os carpinteiros, nas festas de Castroverde, ás mozas dos ferreiros:

Non te cases cun ferreiro,
¡quiquiriquí!,
que te van queimar as muxicas.
Cásate cun carpinteiro,
¡cacaracá!,
que che fará huchas bonitas,
¡quiquiriquí!


O ferrador. Mentres abundaron as cabalerías, nunca lle faltaron á nosa feira un par de ferradores. Adoitaban achegarse a unha árbore das do campo para suxeita-la besta. Non era, non é, tan sinxelo como cambiarlle as rodas a un turismo: había que retirar a vella, alisarlle o pezuño ao animal, referirlla cun ferro roxo nalgún caso, elixir a ferradura axeitada...; e tamén saber entende-la besta, acariñala, para que cheirase previamente ao ferrador e se confiase. Tamén se ferraban as vacas cando se lles deformaban os uñeiros.


Muiñeiros.



O muiñeiro da Laxe explicando
o funcionamento do seu muíño.

En canto aos muíños, hai que empezar por distinguir entre muíño e acea, que non son exactamente o mesmo concepto. Os aparellos de elevar a auga non son muíños senón noras. O muíño poder estar impulsado por todo tipo de enerxías; os de auga teñen o rodicio, a árbore do rodicio, en posición horizontal. Pola súa parte, as aceas, termo árabe, todas elas hidráulicas, adoitan ter o rodicio abaixo, cunha árbore vertical que move directamente a pedra roulante, a superior. En ambos casos, por un burato central da pedra superior vai caendo o gran directamente da moxega.

As nosas aceas, as típicas desta bisbarra, pouco teñen que historiar xa que son moi parecidas entre si, dependendo tan só da experiencia do canteiro e demais oficiais. Todas dispoñían de pedras de gran fino, compacto, preto, que resistise ben a fricción, pois a calidade das pedras influía grandemente na calidade da fariña.

En canto aos muíños chamados de herdeiros, o seu sistema de utilización colectiva era o de roldas ou quendas, segundo as particularidades herdadas. Quenda deriva do termo kalendas.

Pola circunstancia de que case tódolos ríos do Corgo se orixinan en territorio máis elevado, escorregadizo, nas estiaxes Castroverde dependía dos seus veciños, co quebranto conseguinte das maquías, ¡aquel tego tan chorado!, amén dos perigos / beneficios do / da muiñeiro / muiñeira, nas longas esperas, que por veces foi antesala do altar.

A peor fariña obtíñase coa pedra recentemente picada, así que un dos traballos adicionais consistía en espreita-lo muiñeiro, para se acaso volver ao día seguinte. Tamén apetecía moer o centeo tras do trigo do veciño, cousa evitable nas aceas de dous rodicios. Un bo complemento do muíño era unha boa peneira, requirindo especial coidado que non quedasen restos na arqueta, ou artesa, dun cereal para o outro.

Castroverde, terra de fontes mil, e de regatos cen, cabeceira do Flammoso, chegou a ter 66 muíños hidráulicos, e seguro que hai algunha omisión nesas estatísticas. Do que non teño noticias é de que houbese unha muiñeira... ¡Será cousa de preguntarlles aos de Zuncurrundullo! Destas construcións, omitindo os de Montecubeiro, xa que deles se fixo mención detallada ao tratar daquela enquisa do Marqués da Ensenada, quedan: En Arcos (Sampaio), o de Gracián. En Barredo, os dous de Sal. Barreiros ten o do Rolo, de oito veciños. En Bolaño, catro; dous de particulares, e os outros de "herdeiros". En Pereiroá tíñano por xunto do Real. O muíño da Valiña, no rego que baixa de Nabeda. En Castroverde, no regato de Tarrío, o muíño de Cas Varela e mailo de Eiras; no rego do Mesón, Codesal, o muíño do Mesón. En Outeiro (Monte), o de Santa Eufemia, con dúas rodas; e mailo da Ponte, con outras dúas. En Paderne, un. No Páramo, entre outros desaparecidos: o do Galo Marelo e mailo de Auga Lavada, na Cabanela (Arrubial). ¿Auga Lavada? ¡Vaia topónimo máis explícito! En Pena tiñan o de Moreira, no rego que nace na Balsa; e tamén o de Bastián. En Cellán de Calvos había un muíño no rego que baixa ao Tórdea. Covelas arranxábase con tres: O da Bica, o de Lamela e mailo da Eirexe. A casa grande da Frairía dispoñía dun, na Chousa. En Francelos, os de Vilafrío, e logo o de Varela, con dúas rodas, que tamén deu luz eléctrica a este lugar. En Furís eran xeográficos: o de Arriba, o do Medio, e mailo de Embaixo; un deles, de Portela, e os tres no río do Castelo. Masoucos conformábase cun só, o de Dourado, pero de dúas rodas, no río Cubeiro. A Meda gozaba de dous: o do Redondo, dunha roda; e o do Fidalgo, que tiña dúas. Córneas apañábase no seu rego cun muíño dunha roda, e iso que por alí abundaba o trigo das cavadas, hoxe devidas en pasteiros. Pestana tiña un muíño con augas do Chamoso, en San Miguel. Mirandela dous: o do Prado, e máis abaixo, no Tórdea, o de Macía. En San Xulián, dous: o de Perón, na ponte dos Oleiros; e mailo do Tesón, desaparecido. Na Pumarega (Faxilde), gozaban do de Sal, e un pouco máis arriba, o Fervedoiro, ou da Fervenza. Rebordaos lucíase con catro: O da Augueira, dunha roda; e o de Mazagatos, con outra; (para facer iso, meus pobres, mellor que non existise!). O de Riba, no Chamoso; e mailo do Fidalgo. Riomol ben que aproveitaba o río, ¡e iso que baixa mol! O de Agapito, con dúas rodas e dúas peneiras. O do Ferreiro, que tiña os dous rodicios ¡de ferro!; e ademais, unha forxa. Serés, na Augueira e no Vilar. Souto das Torres, un. Cabe de Soutomerille, o da casa da Pallota. En Uriz, o do Galo, tamén chamado da Pereira, no Tórdea; era un dos poucos que tiñan ¡tres rodas! e quedábanos o do pazo de Vilabade.


Segadores. Castroverde, terras de verdeo máis que de pan levar, complementadas coa decrúa das chousas e dos montes, proporcionaba uns quince / vinte días de vagar entre a gadaña da herba e a época de alancea-las nosas sementeiras. E logo que por fouciños non quedaba a cousa, ¡de tantos ferreiros que tivemos!, así que, á moa hidráulica, e de alí, ¡tira millas!

A cuadrilla ía dirixida por un mordomo, tamén chamado "maioral", un mozo de brazo áxil, seguido de tantos segadores como mulleres se decidisen a secundalos para atar os mollos. Un rapaz, a medio escolar, que xa volvería ao encerado despois de face-lo outono, era quen cargaba cos porróns, ¡pero de auga! Os fouciños envoltos nun trapo... Desta guisa recalaban en Lugo, xeralmente pola praza de Santo Domingo, ou na explanada da propia estación, esperando polos contratistas, cousa xeralmente innecesaria pois, de chegados á Maragatería, os de Castroverde eran recoñecidos por aqueles arrieiros da zona. Pero máis que en Astorga, se aínda era cedo, ían empezar por Toledo, e víñanse vindo, segundo a ruta e mailas contratas que lles xurdían. Á volta, se algún fouciño se lles mellara, mercaban outros no Bierzo, porque non podían repasar O Corgo sen botarlles unha man aos irmáns chamosinos.

Cos de Lugo, en Castela, só competían os de Ourense, pero eses incorporábanse pola parte de Zamora, que Castela chegaba para todos; e a todos lles pagaban pouco, pero..., ¡unha axudiña! Non era moito o aforro, pero chegaba para estrear roupa na festa da parroquia, amén de pagarlle a usura ao cacique do lugar. Segundo aquel gran profesor que tivemos en Lugo, ao que moito lle debe a intelectualidade desta provincia, na segunda metade do século XX, Antón Fraguas e Fraguas, "ir de segas a Castela era considerado como unha honra e unha razón para oufanarse, pois quen servía para ir ás segas era un home enteiro e cabal".

Xa que falamos das segas, pasemos ás malladoras: despois da guerra, principios dos corenta, volveron os malles, con pértega e moca, conxuntados por dúas abrazadeiras de coiro sen sal. Esa técnica pedía unha limpeza extraordinaria no chan, así que se lastraron, da noite para a mañá, fose con chantos da Mouriña ou de Veigaseca, tódalas eiras que aínda non tivesen este sollado. Nas casas grandes sollaron con formigón. De ben seco o froito, salvo o primeiro dos eirados, que se adoitaba proba-lo codelo acabado de segar, ¡fame de meses almacenada!, estendíase unha quenda de mollos, de tal xeito que a espiga montase por sobre do couce da fiada anterior; e daquela, ¡paus do ceo! O cribado era manual; e despois de seco o gran, ¡ao muíño!

Paulatinamente recompuxéronse os vellos motores, e montouse a correa da desgranadora, pero... O combustible requiría divisas, e os ministros precisábano para os seus "Mercedes"... Os motores puxéronse a punto, e incluso se mercou algún que outro do trinque, pero... Estoutro "pero" consistiu en que chegaron eses motores detrás das vacas, ¡cando xa medio Castroverde pasara de ser agrícola a gandeiro!

Face-los palleiros sempre foi unha arte, ¡e para artistas, xente curiosa, mañosa, Castroverde! Aquilo das mallas era construtivo, edificante, ademais de divertido, porque contribuía a formar unha mentalidade cooperativa, aínda que insuficiente..., ¡á parte de que se compartían daquela as mellores talladas do ano, coa excepción do día do patrón!


Serradores. Algunha houbo hidráulica, pero esquecéronse coa implantación dos serradoiros mecánicos, a motor. Eu cheguei a coñecer un que funcionaba a vapor, cos recortes da propia madeira; tal parecía unha pequena locomotora. Histórica é a "serra de aire", coa parte ancha para o que tiraba debaixo, na foxa, que se extinguiron tan pronto os portugueses trouxeron a súa, máis liviá, en cuadrilátero, que tamén facilitaba abri-los brazos, posición incomparablemente máis cómoda. Coas "portuguesas", Castroverde, despois da guerra, subministroulle á Renfe millóns de travesas de carballo.


Tecedoras. A la, o liño, e mailas tecelás. Na historia de Castroverde merecerían unha addenda especial, ¡polo que contribuíron ao seu esplendor!

Pero o primeiro será falar da materia prima: terras, por hectáreas, por milleiros delas, nas que se dá o azafrán, non podían librarse de ser os mellores liñares da provincia. En canto á la, toda a vertente da serra (Pradairo, A Vacariza, Puñago...), e case todo o contorno de Monciro, foron un criadeiro millonario en ovinos, que sostiveron o país, particularmente no segundo terzo do século XX, ¡tanto ou máis cás vacas! As vacas eran imprescindibles, mimadas, polo seu produto e pola súa utilidade laboral, pero, do demais, ¡nin sequera un filete para o día da festa patronal! Os cartos do xato ían, ante todo, para os tributos.

A muller, tradicionalmente, administraba o lanar e mailo cabrío: la, queixos, venda de crías...; e logo algún que outro sacrificio, incluso con salgadura. As ovellas meiriñas (castelás) foron a máis, tras das vacas, pola excelencia do seu vélaro, pero iso durou pouco, dos trinta aos cincuenta. O caprino non chegou a arraigar nesta bisbarra: os homes queixábanse de que comían os gromos do plantío, e as mulleres e mailos rapaces negábanse a facer rolda cos veciños polas molestias de apacentar un gando variable, que acougaba pouco coas ovellas.

A la branca, sempre máis abundante, utilizouse, por séculos, desde as medias á tea urdida con liño. As tinturas eran do comercio, caparrosa, etc. As pelicas brancas, para as canetas e para a cama dos vellos. Nesta zona non chegamos a dominar técnicas, procedementos ou tratamentos óptimos para a la, empezando porque se sometía a cocementos excesivos que lle eliminaban a lanolina.

O pastoreo do gando miúdo a partir dos anos cincuenta tivo tres principais inimigos: as tías/tíos solteiros, que empezaban a escasear, principalmente polas saídas migratorias. A dotación das escolas, que foi retirando dos montes os nosos rapaces. E logo que volveron ás tendas os tecidos de Cataluña. os panos de Béjar, as mantas de Palencia e de Zamora, etc.

A guerra de 1936 trouxo, ocasionou, involuntariamente por suposto, pois a xente xa se cansara do traballo que daba o liño, unha resurrección dos liñares, pero foi coma o canto do cisne, un estertor tardío. Volveuse aos calzóns ásperos, á saba áspera, ao mantel dourado..., cando o pouco que se sabía xa ía esquecido; e máquinas, produción con beneficios de escala, non houbo. De feito, isto do liño pode volver pois as fibras naturais, de ben traballadas, están tendo o seu recoñecemento. De feito, e xa entrados no XXI, están xurdindo asociacións que se nomean Amigos do Liño, tal que en Zas de Carreira, onde teñen un "museo vivo do liño". Lamentablemente a UE estivo concedendo subvencións para o liño nas que premiaba a superficie en lugar de facelo ao rendemento e á calidade, como sería o noso caso.

A semente, a liñaza, preferíase da parte de Meira, ou incluso da Fonsagrada, por iso de que é bo a adaptación de cultivos. Por certo, que o aceite de liñaza de Castroverde, antecesor dos vernices sintéticos, facía milagres no mobiliario, en particular na madeira boa, seca e ben curada. Pero aínda tiñamos outra aplicación para a fariña da liñaza, que enzoufaba unhas bilmas excelentes para todo tipo de afeccións pectorais.

O complemento natural do liño era a la, boísima a desta zona, suponse que polo clima suave e pola calidade dos pastos.

Nada se cultivaba con tanto coidado coma o liño; e logo que o noso era notable pola súa suavidade e febra longa. A sementeira do liño competía en fertilización co horto da casa; e de rega, por aquí, nada, ou pouco, que abondaba coa de arriba. A sementeira facíase en marzo para recollelo polo San Xoán; iso si, despois de benditos os ramallos de sabugueiro co orballo dese día milagreiro.

Unha vez recollido o liño, o primeiro era quitarlle a gra, ben maduriña para daquela, que para iso estaban os ripos, para ripalo. Esta operación é, ¡era!, o desgargolado. Con esta carda inicial, levábase á laga, ao río, envoltos os feixes en ramas de sabugueiro, e protexido con cantos rodados, para neutraliza-las correntes. Non se debían utilizar canas de carballo, nin de castiro, porque o seu tanino tinguía as fibras. No río, en auga corrente, chegaba con sete días, pero nas charcas había que telo o dobre. Pasado este tempo, que para daquela xa había prados gadañados, procedíase ao seu secado, ben estiradiño para mellor asollalo. Despois, en feixes, cun atado de pallas, volvía á casa para conservalo na palleira en espera devagar, ou sexa, ata o inverno. Hoxe en día hai procedementos, química e mecanización que perfeccionan os "peiteados", dando lugar a un clareado ea unha clasificación perfecta das febras. Sometido a estes tratamentos, o tecido engúrrase menos e o fío resulta máis suave.

O antigo mazado era rexo, para mozos rexos. E de seguido formábanse as madeixas ou madas. Outra fase, das moitas que se precisaban con aquelas técnicas tan rudimentarias, era aproveita-la fornada para telo no forno, despois de retirados os bolos, cousa de tres ou catro días, e desde alí pasábase ao tasco, forzándolle a separación da "madeira" ou cortiza. As meas resultantes pasábanse polo restrelo, que permitía separar a estopa do lenzón. Despois diso, para quitarlle aquela cor crúa propia do liño mal tratado, metíase nun caldeiro con auga, xabón e cinsa de carballo. Etc., etc. Como se ve por esta síntese, era toda unha cultura, desde a liñaza ao tear.

O mellor das fías era a ruada conseguinte, na que os mozos teimaban queimarlles ás mozas a última rocada..., ¡para entrar en parladoiro, e de paso, darlle paso ao gaiteiro!


Batáns, pisas ou pisóns. As teas, despois de elaboradas no tear, pero antes de poñerlles os flocos, metíanse en auga e prensábanse, apertándolles así o entrabado. Como se precisaba pouca potencia de mazado, para instalar un batán servía un rego calquera. Un dos últimos batáns da nosa bisbarra foi o da Cernada, en Montecubeiro. Aínda queda algo na toponimia: A casa do Batán, Pepe o do Batán, etc.

Ao abatanado tamén se lle chamaba enfurtido; e aos mazucos, porros. O recipiente, ou imina, era unha pexa de castaño, labrada ou baleirada, na que se poñían os panos, renovando a auga a miúdo para a refrixeración das teas. As mantas, despois de abatanadas, cardábanse para sacarlles o pelo (veludo). Así obtíñase o saial e maila estameña. De saial eran as chaquetas (que non americanas), os chalecos, as faldras, as capas, as monteiras, os sombreiros, etc. De estameña os carpíns para os pés, cando non se facían de agulla.

As capas de xuncos, en competencia cos mandís de liño tapado en la, eran utilísimas porque escorrían a auga nos traballos feitos á intemperie, e tamén nas viaxes, dacabalo. Segundo as miñas enquisas, aquí por Castroverde desapareceron a últimos do século XIX.



Zoqueiros


Zocas na Feira de Artesanía de Castroverde

Os do meu primeiro oficio quedaron para o final deste capítulo, pero non foi por humildade senón por culpa desa letra, da omega.

¡Bendita profesión, que nos librou de moitas enfermidades, e de paso, dos médicos..., cando aínda non os había! Uns pés secos, neste clima, con esta humidade, era unha regalía, un don do Ceo, que nos permitiu chegar con saúde á emigración, case que xeneralizada, do século XX. Certo é que en Monforte había daquela unha trintena de zapateiros do coiro, pero, ¿quen chegaba ás botas, se aínda resultaban caros os zocos?

A metade do feiral sur do campo de Castroverde ocupabámola os zoqueiros, ¡tralo pago, a requirimentos do señor Casiano, dos dereitos da, ou das, lousas ocupadas! Para non volver coas sobrantes, sempre as deixei para que mas gardasen na taberna do Escardel; e coma min, outros, cadaquén onde confianza tiña, ou lla daban.

A madeira perfecta, ou preferida, a usual, con dilatación no verán, que é cando os pés inchan coa suor, e con contraccións no inverno, que así tupen os poros da madeira, era o bidueiro; pero tamén se facían de ameneiro, maiormente as lixeiras, as do verán. Por aquí non arraigou o uso das madroñas, e coido que foi por dous factores: por unha banda, había que poñerlles zapatillas, e iso era custoso; e pola outra, que arrincar da lama o tricorne dunha madroña require máis forza da que algúns tiñan.

Sempre distinguimos entre zocas, galochas e zocos. O zoco só tiña de madeira o piso, pero usouse pouco, substituído polas chamadas zocas de empeña. Andaba por aí unha cantiga popular, pícaa como todas, e iconoclasta, que dicía: Glorioso San Bastián, / feito de pau de ameneiro, / primo carnal dos meus zocos, / e curmán do meu ripeiro.

Ás zocas de empeña, que esas si que abundaron, por máis que trillasen os pés, incorporábanlles senllos tubos, ou cañas, de goma elástica, axustados, fixados con chatolas curtas sobre unha vira de coiro, ou recortada dunha lata. No solado, se á man se tiñan, dous recortes de coiro, suxeitos con outras chatolas, que así duraban máis e resultaban menos esvaradías.

A ferramenta do zoqueiro, malia que especial, non era custosa xa que a podía facer calquera ferreiro medianamente competente. Tamén chegou a haber máquinas, que aínda as usan nas madreñas, ou al-madreñas, pero viñeron tardías, precisamente cando se deixou de usar este tipo de calzado. En canto á corta da madeira, tiña o seu aquel pois a árbore non debía ter escaseza nin exceso de zume. Os toros deixados ao sol fendían. En canto ao labor, un zoqueiro experimentado e forzudo tiraba catro pares ao día, pero as de "ir á Misa", ben legradas e axeitadas ao pé, daban que facer para lograr dous pares diarios.
.../...

Sigue en Castroverde -IV-

Xosé María Gómez Vilabella

No hay comentarios: