lunes, 23 de junio de 2008

CASTROVERDE na Historia e no presente -II-


A torre da homenaxe. Estado actual

A descrición que fixo o meu fillo, Pedro Paulo Gómez Rielo, en data recente, sobre o estado actual do castelo, nun máster que ten aprobado aínda que non publicado, para informar sobre unha Memoria-anteproxecto de posible restauración e utilización con fins culturais da Fortaleza de Castroverde, é a seguinte:

O castro, chamado antigamente do Val Verde, hoxe Castroverde, que dá nome á correspondente vila e concello, encóntrase situado nun outeiro, a 22 km da cidade de Lugo. Sobre este castro edificouse un castelo, coñecido como a fortaleza, no que destaca a torre da homenaxe. Esta fortaleza, coa súa historia, forma, tamaño e posición dominante sobre a vila, é considerada comunmente o principal emblema desta, e por extensión, do Concello de Castroverde. Tamén é un fito facilmente observable e identificable para todos aqueles que se despracen pola estrada C-630, de Lugo á Fonsagrada, que segue máis ou menos paralelamente o ramal do Camiño de Santiago desde Oviedo a Lugo, actualmente chamado Primitivo.

Ao pé do castelo, na ladeira sur, sitúase o conxunto urbano do "Castroverde Vello", en razoablemente bo estado de conservación e uso, afastado do crecemento moderno da vila, que se organiza no eixo da estrada comarcal. As vertentes N e O están cubertas actualmente por unha fraga mesta, integramente constituída por arboredo autóctono. Entre este castro e os bolos do N, chamados de Bolaño, Xivil ou A Croa, encóntrase un conxunto de covas, que as permite o terreo calcario, entre as que sobrancea a da Valiña, investigada pola Universidade de Santiago, considerada como o primeiro xacemento en cova do Paleolítico Superior de Galicia, con restos de actividade humana, ao parecer datados en 12.000 anos de antigüidade.

Análise do castelo. Ocupa unha posición típica para a afirmación do dominio territorial sobre unhas terras farturentas, e á vez para o control dunha das vías de acceso á próxima cidade de Lugo. Dentro do promontorio do castro situárono protexendo a vertente con menos defensas naturais, orientado claramente a manter ese control do Camiño.

Sobre un conxunto de cembas érguese o primeiro dos recintos, formado polas paredes da croa do castro, que son de cachotería de xisto tomada con argamasas de barro e cal, de altura entre 4 e 5 metros, hoxe cubertas de vexetación. Ten unha planta de forma aproximadamente ovalada, coas bandas máis pequenas ao N e ao S; estas miden entre 48 e 50 metros. As bandas maiores acadan entre 150 e 180 metros.

Dentro da croa, no extremo N, a uns 180 metros da torre da homenaxe, consérvase o manancial, cisterna ou alxibe, característico de diversos castros (Elviña, na Coruña, por exemplo). Hoxe está cuberto cunha bóveda de canón, que é de supoñer sexa medieval. Foi vital para o servizo da fortaleza. Esta bóveda aparentemente ben construída, tomada e recebada con morteiro de cal, ten un oco cuadrangular na parte superior para a recollida da auga e para ventilación. As escaleiras en pedra, para acceso ao fondo. As dimensións da cisterna son de aproximadamente 7 m de longo, por 3,70 de ancho; e 2 m de profundidade do nivel da auga. Parece que existe unha canalización subterránea que levaba a auga á torre da homenaxe.

Este recinto incluía unha capela de aproximadamente 9 x 16 m. Un hospital de peregrinos, ao parecer de 13 x 20 m en planta. E un pequeno camposanto. De todo isto só se conservan os alicerces, pero debaixo de terras e malezas.

A fins do século XV incorporóuselle, na entrada, unha barbacá de cantería de granito, con matacáns curvos sobre canzorros, rematada nunha garita en cada extremo, elemento característico das fortalezas castelás da época. Nun destes extremos, no que conserva a garita, cuberta de vexetación, estaría situada a porta, con presumible ponte levadiza. Existe unha vivenda con escudo nobiliario e varias construcións auxiliares arrimadas ao paramento exterior da barbacá.

Os matacáns tiñan por finalidade poder tirar a distancia, ao traveso das ameas do parapeto, mentres que o intervalo entre as canais permanecía libre para lanzar pesados proxectís sobre os equipos de zapa.Estes matacáns non se introduciron de inmediato na arquitectura militar de Occidente porque se temía a inestabilidade dos parapetos apoiados en simples ménsulas; para eludir esta dificultade recorreuse ás combinacións da carpintería, que tal foi o artificio adoptado a finais do século XII na torre de homenaxe de Laval. Ata o XV as viñetas dos manuscritos reproducen castelos onde as cortinas e mailas torres aparecen coroadas por un piso de carpintería que avanza en declive, oficiando de matacán cuberto.

Segundos dos recintos amurallados. Ten forma de pentágono irregular, con torreóns cilíndricos, de esquina; un deles consérvase case que integramente; dos outros, só vestixios. Torreón e muros están dotados dun bo número de seteiras-troneiras, das chamadas de bóla e cruz, propias da época de transición das béstas ás primeiras armas de fogo (lombardas, falconetes, espingardas, etc.), datadas entre 1460 e 1500. Recercadas de cantería.

Os torreóns son, asemade, de cantería de granito; os muros, de cachotería de xisto, de 1,50 m de espesor, conservando só nunha pequena parte unha altura próxima á primitiva, que era de 4 metros.

Desapareceu o adarve, presuntamente ameado, así como a escaleira de acceso a este. Por outra parte, a cota actual do terreo debe estar a cousa de 1 m. aproximadamente sobre o nivel orixinal do patio de armas, empedrado, de acordo con vellas descricións. O foxo que rodeaba este recinto, de 3,5 m de ancho, encóntrase actualmente cegado e convertido en terreo de hortas.

Torre da homenaxe. É o elemento que se encontra en mellor estado de todo o conxunto. Trátase dunha típica torre galega, do século XV, prisma de planta rectangular de 10,8o m x 9,70. Altura, uns 20 m. Muros de espesor constante, 1,80 m. Rematada coa grilanda de matacáns de linteis rectos sobre canzorros de tres molduras. Non se conservan restos das ameas que rematarían o edificio, ignorándose a súa forma, seguramente pentagonal (como Pambre, Vimianzo ou Ferreira de Pantón); ou rectangular (como Vilalba, Tebra ou Monforte). O acceso á torre realizábase, como era habitual nestas construcións, por unha porta existente no segundo piso, que permitía, mediante unha ponte levadiza ou escaleira de madeira abatible, o illamento total do exterior en caso de perigo: Consta dos seguintes andares:
1º Espazo cego, destinado a alxube.
2º Con porta e parladoiro con poios (fiestra oxival con sinais claros das reixas exteriores).
3º Con fiestra con mainel, lareira e latrina.
4º Con seteira.
5º Praza superior.

Non existen vestixios de bóveda ningunha, conservándose perfectamente, en troques, os canzorros que servían de apoio aos forxados de madeira, así co o un certo número de machinais nos muros, algún deles de uso pouco claro.

O aparello dos muros é de cantería, de forma bastante irregular, tomada con morteiro de cal e con rachas de xisto, absorbendo as maiores irregularidades, ata aproximadamente a metade da altura, onde este pasa a ser de perpiaños máis regulares. As rachas, de acordo con Auguste Choisy, son frecuentes en fortalezas francesas, tendo como fin dificultar a penetración de pinzas nas xuntas, que se usaban para afastar os perpiaños e provocar a ruína da torre nun asedio. A comunicación entre os andares debeu ser de escaleiras de madeira, facilmente desmontables para impedir a ascensión do atacante.

No tímpano, sobre das ménsulas da porta, existe unha figura labrada, que representaría, de acordo con diversas hipóteses, un gaiteiro, un guerreiro, ou un peregrino; ¡a escoller!

Sobre da fiestra que corresponde ao parladoiro vese o escudo de seis roeles, pans de ouro, que representa o apelido Castro, dos Castro de Lemos, señores que foron desta fortaleza.

Non se atoparon, de momento, marcas de canteiros, que seguramente aparezan cunha limpeza axeitada dos paramentos.

Na fachada onde se encontra a porta pode observarse unha fenda, en parte horizontal e en parte inclinada, con varios machinais por debaixo dela, que puidera indicar a existencia, nalgún tempo, dunha construción unida á torre. Desta posible construción carecemos de documentación escrita.

A realización dunha escavación con metodoloxía arqueolóxica, que recuperase polo menos a cota orixinal do patio de armas, habíanos de dar máis información sobre o inicio e evolución deste edificio.

A función das torres de homenaxe foi estudada, entre outros, polo noso Francisco Tettamancy, que a resumiu deste xeito:

"La torre del homenaje imprime el verdadero carácter del castillo feudal; no se concibe aquella sin éste. En tiempo de paz, estaba destinada para las solemnes recepciones; servía para guardar los tesoros, el archivo, las armas de la familia y otros utilitarios menesteres; y en la guerra, formaba el punto primordial de resistencia y el último refugio de sus moradores, en el que se hacían fuertes hasta el postrer momento".

Pero debémoslle precisamente a un estranxeiro, a Edward Cooper, un estudo profundo, acaso a mellor das descricións xenéricas das torres españolas, en graza do cal, con intención didáctica, e coidando que mal se pode entender a nosa, a de Castroverde, o seu significado e mailo realce que comporta para esta bisbarra, sen unhas precisións deste tipo, invito ao lector a compartir este resumo:

"La torre del homenaje ha llegado a ser un elemento fundamental del castillo en la imaginación popular. De hecho, entre los castillos señoriales de la Corona de Castilla, entre los siglos XV y XVI, sólo una veintena carece de algún equivalente de ella. Antes del siglo XV, al parecer, no se consideraba tan esencial en la fortificación castellana: un importante recinto anterior como Montalbán no tiene nada que pueda denominarse así.

"La torre del homenaje castellana no alcanzó la diversidad de su antecesora: El keep, o donjon, de Inglaterra o Francia. Consiste en una simple torre rectangular, cilíndrica, pentagonal o hexagonal, sin defensas terraplenadas como la motte anglo-francesa.

"El pensamiento estratégico del torreón es el de una unidad defensiva independiente, dentro de su recinto, preparada para aislarse en el caso de una crisis. La concentración de las defensas en un solo punto dejaba peligrosamente arrinconados a los defensores, privándoles de la posibilidad de maniobrar. Se podía bloquear efectivamente un castillo de este tipo con una fuerza sitiadora relativamente pequeña, suficiente para aislar el keep". (Punto defensivo).

"El abandono de la idea del keep en favor de un mayor desarrollo de las defensas del recinto tenía tres ventajas: En primer lugar, hacía más difícil abrir una brecha en tal recinto. En segundo, minimizaba las ventajas del atacante al conseguir penetrarlo. Y por último, obligaba a desplegar al enemigo muchos más hombres. En varios países ya se veía anticuado el concepto de torre del homenaje en el siglo XIII, pero en Castilla estaba profundamente arraigada en la mentalidad castellana como forma inseparable de la institución de la alcaidía.

"El "homenaje" que dá su nombre a este tipo de torre era el del alcaide a su señor, un acto ritual que tenía lugar en la dependencia principal de la torre al comienzo de la alcaidía. Se supone que, en el caso de un castillo señorial, los vasallos tendrían que hacer también "pleito homenaje", y que la torre del homenaje fuera también su escenario. De ser así, es posible que los balcones que adornan ciertos castillos sirvieran a algún fin ceremonial.

"De hecho, en comparación con sus predecesoras, la torre del homenaje del siglo XV en Castilla incorporaba muchas mejoras, tanto estéticas como defensivas. Se prescindía, por ejemplo, de la supuesta necesidad de construir todo lo más macizo posible en piedra. La eventualidad de una irrupción en la torre por parte de los sitiadores se prevenía con sistemas de pisos y escaleras colgantes lanzadas desde el interior, o a través del adarve de la muralla, con un puente levadizo por medio. Se hacía más flexible la utilización del espacio dentro de la torre dividiendo los compartimientos abovedados con forjados de madera.

"La torre solía servir como punto de coordinación de las defensas del castillo, controlando el acceso a los adarves del recinto. Esta disposición permitía la separación de las dependencias militares de las domésticas. En muchos casos se controlaba también desde la torre la alimentación del aljibe con agua pluvial por un sistema de caños empotrados en las paredes. Era normal la calefacción a base de grandes lares y chimeneas. Se incorporaban con frecuencia cocinas, aseos y almacenes, además de los elementos más tradicionales en una torre del homenaje: mazmorras, escaleras de caracol y salas de armas.

"Junto con la garita y el matacán corrido, la torre del homenaje constituía un elemento fundamental en la arquitectura de "apariencias" a través de la cual se expresaba la idiosincrasia de la clase señorial. Sus fines eran amedrentar (como decía Alberti), dominar, y de fracasar en otros aspectos, defender. La naturaleza de la sociedad en la Castilla del siglo XV hacía predominantes las dos primeras funciones, conduciendo a un estado, más o menos constante, de guerra fingida. Se desenvolvía todo un lenguaje de arquitectura teatral para servir de escenario de una confrontación ritual entre elementos que tenían como principal arma la intimidación. La amenaza al señorío vino, lógicamente, de los vasallos descontentos, manipulados por otros intereses. Por esta razón, el castillo señorial suele concentrar su conjunto teatral más impresionante en el costado que mira a la población, a la vista constante de sus vasallos. (¡En Castroverde, al burgo!).

"El desarrollo de las instituciones de litigio bajo los Reyes Católicos resolvía sólo tardíamente las innumerables disputas sobre la propiedad acumulada a lo largo de la baja Edad Media. Entre tanto, la titularidad se garantizaba con poco más que una malla de frágiles pactos de ayuda mutua y de alianzas matrimoniales.

"La construcción de un castillo señorial constituía un fuerte apoyo para probar el correspondiente derecho de posesión, sobre todo en ausencia de cualquier indicación de otra clase. Así, el castillo solía adquir un carácter colonizante. Abundan en la segunda mitad del siglo XV, y por todo el siglo XVI, los pleitos sobre la titularidad conseguida como consecuencia del despliegue de un escudo de armas, sobre todo si no constaba ninguna oposición a esto dentro de cierto plazo. La torre del homenaje era el escaparate ideal de la "prueba heráldica", por su prominencia, y el escudo ostentoso llegó a ser un elemento concurrente de la arquitectura señorial.

"La disposición más difundida en el siglo XV es la de doble recinto rectangular con cubos en las esquinas y torre del homenaje en un ángulo. Es típica, aunque no exclusiva, en el castillo señorial, la gran ventana rectangular, con apoyos. Normalmente, a fin de evitar la pérdida de su capacidad defensiva, estas ventanas se fortificaban con rejas y gruesas contraventanas chapadas de hierro.

"La influencia portuguesa de principios del siglo XIV es substituída en el XV por una orientación estilística hacia Francia. Parece que todos los castillos conservados hoy en día en Galicia son del siglo XV o posteriores. Y, por supuesto, reconstrucciones en puntos de defensa anteriormente existentes, con sus alicerces primarios en los castros célticos.

"Los elementos arquitectónicos que constituyen el concepto de castillo castellano fueron prácticamente constantes durante más de un siglo. No hay una evolución gradual hacia el edificio bajo, como sucedía en otros países, sino el opuesto. El término fortaleza substituye al de castillo. (Por fortaleza enténdese unha fortificación habilitada dalgún xeito para o manexo das armas de fogo, sen que deixara de ser, necesariamente, un castelo, que tal foi o caso da nosa).

"La substitución de las saeteras (seteiras, aberturas estreitas e longas nun muro ou na parede dun edificio para dispara-las setas) por troneras (espingardeiras) es la consecuencia más inmediata de la introducción de armas de fuego en la defensa de los castillos. En Inglaterra aparecen primeramente, alrededor de 1365, con aberturas en forma de granada. Los primeros ejemplares en Castilla son circulares; datan de 1437 y están en el castillo de Zafra. Hay una etapa intermedia en el desarrollo de la tronera, que representa una fusión de las formas de ésta y de la saetera, es decir, la abertura circular, con una hendidura alargada extendiéndose para arriba (Puebla de Sanabria y Simancas). Después, la hendidura se reduce, dejando la típica tronera en forma de granada u ojo de cerradura invertido (Pambre). El tipo más elaborado es el de bola y cruz, normal de 1460 a 1500 (que é o usado en Castroverde). Su uso decae en el siglo XVI.

"La segunda mitad del siglo XV es el apogeo del maestro cantero en la arquitectura militar de Castilla. Algunos proyectos son verdaderamente ambiciosos dentro del dramático estilo señorial de la época. Las escuelas de los maestros canteros fueron los talleres de las grandes catedrales. Se reconocía en ellos, sin embargo, el riesgo constante de perder los servicios de un buen maestro por un proyecto seglar. Hay suficidentes referencias a trazas para testimoniar el uso de medios gráficos en la realización del concepto de un castillo, como de otros edificios.

"A finales del siglo XV surgió una reacción contra el monopolio de la construcción de los castillos por los canteros. Se empezó a valorar la experiencia bélica del capitán o ingeniero. En pocos años el cantero sólo servía para plasmar los conceptos de los otros expertos.

"La garita parece ser que nace, al menos en la Península, en el castillo de Olite (Reino de Navarra), pasando poco después a Castilla, donde es abudante desde la cuenca del Tajo hasta la cordillera Cantábrica. Se pueden encontrar en cualquier punto del castillo. Su fin habitual es romper la uniformidade de un lienzo. Sirve perfectamente para realzar la entrada, aunque este uso no es frecuente en Castilla. Hacia finales del XV, la presencia o no de garitas solía determinar si un edificio dudoso pertenecía o no a la categoría de fortaleza prohibida.

"En el reinado de Juan II y posteriores, el uso típico del matacán corrido tenía como finalidad rematar un torreón. El buen aspecto visual dependía de poder evitar irregularidades en las ménsulas de apoyo. En el recto no había dificultad, pero cuando los soportes de los matacanes llegaban al ángulo, se alteraba el espacio entre ellos o se cambiaba su propio ángulo de encuentro con la torre. Se ensayaron diversas disposiciones; una solución de compromiso frecuente era hacer los soportes radiales a la torre, aunque la dificultad de realización reducía el atractivo artístico en muchos casos, pudiéndose aliviar este hecho substituyendo el arco entre los soportes por un lintel liso, como se hizo en el caso de Castroverde, Vimianzo, Pambre o Mens, en Galicia. Pero mejor que todas estas medidas era interrumpir totalmente los matacanes junto a las esquinas, con algún motivo suficientemente llamativo para dominar el conjunto. Esto es, la garita, que fue así tan popular en el siglo XV, poco después de ponerse de moda el matacán corrido. .../...".


Descrición do entorno

A zona onde se atopa a fortaleza ten uns valores paisaxísticos e ambientais que lle permitirían un desenvolvemento positivo, sempre que sexa controlado, dun turismo rural, complementario das presentes actividades agrícolas, gandeiras e forestais. Sería o concepto do patrimonio como recurso económico, que daría lugar á conservación e acrecentamento deste por autofinanciamento; un patrimonio vivo que axude a vivir. Cumpriría un pequeno centro de información turística que amosara ao visitante as posibles actividades que se poden desenvolver na bisbarra: rotas a pé, a cabalo ou en bicicleta; patrimonio etnográfico, histórico, artístico, paisaxístico, existente; albergues e restauración (gastronomía); etcétera. Non perdamos de vista a súa proximidade, e diversidade de accesos, coa A-6, a C-630, que nos sitúa no alfoz de Lugo; a DP-1611, que nos permite circundar Lugo tomando como apoios e alicientes as capitalidades dos municipios do seu contorno. Por se isto fose pouco, mesmo ao sopé do castelo temos a vía romana que ía do Lucus Augusti (Lugo) á Gigia ástur (Xixón), pasando polo Lucus Asturum (Lugo de Llanera), devida en Camiño de Santiago por obra e por graza do rei fundador, Afonso II, o Casto, ao utilizalo daquela da súa invención. Este camiño, hoxe perfectamente transitable, e bastante concorrido, tamén podía recibir o apelativo, ou cognome, de Camiño de San Francisco, xa que por Vilabade, para Compostela, tamén el pasou, conservándose a tradición de que, ao seu regreso, seducido desta paisaxe, e acaso dos lobos da Vacariza, aquí fundou, ¡e abade deixou!
.../..."


COMPRAVENDA DE CASTROVERDE E DE LUACES

D. Lope Osorio de Moscoso, sucesor da casa da Altamira, tiña só sete anos á morte do seu pai. Fíxose cargo do menor seu tío Fr. Álvaro Osorio de Moscoso, que daquela era mestre do infante D. Fernando, irmán do emperador Carlos V. Fr. Álvaro levou o sobriño para a Corte e educouno de par do príncipe. Para aumentarlle os estados e mailas rendas, conseguiu de D. Alonso Niño de Castro, meiriño maior de Valladolid, que lle vendese a vila e maila fortaleza de Castroverde, coas terras de Luaces.

Fr. Álvaro Osorio tomou o hábito de relixioso no convento de Santo Estevo de Salamanca, da Orden de San Domingos. Tiña tal sona de sabedoría e de virtudes que o rei D. Fernando o Católico, en 1505, lle encomendou a crianza e maila educación do seu neto, o referido D. Fernando. No ano 1515 foi nomeado bispo de Astorga. No ano 1515 foi nomeado bispo de Astorga. Aínda que todo isto sexa reiteración, dada a importancia destes feitos cómpre telos ben sabidos. Fr. Álvaro desempeñou na Corte cargos importantes, e estando de embaixador en Roma faleceu alí, o 10-04-1539.

Recordemos que se fixo a venda en 5.500.000 marabedís. E que para seguridade do pago e cumprimento do pactado, o frade hipotecou os bens e mailas rendas dos morgados que chegase a ter don Lope, titorados, maila vila, fortaleza e terras adquiridas, previa Real Licenza, ad hoc, dada por Dª. Juana en Valladolid o 8 de outubro de 1514, que, extractada, di:

"Doña Juana, etc., por cuanto por parte de vos don lope osorio de Moscoso Conde de Altamira me fue fecha relacion que vos aveis conprado de D. Alonso Niño de Castro meerino mayor desta villa de Valladolid la villa de Castroverde con sus fortalezas e tierra de Loazes con su termino e juredicion e rentas e pechos e derechos e otras cosas al Señorio de la dicha villa anexas e pertenescientes que es en el reyno de galizia por cierta quantia de mrs. e que por ser como hera de su mayorazgo no lo pudo hazer sin nuestra licencia e me suplico le diese licencia para ello la qual yo le di por una nuestra provision e por otra le di facultad para obligar al saneamiento de dicha venta los otros vienes de su mayorazgo segun mas largamente en ellas se contiene e porque para seguridad de la paga de los mrs. que le aveis de dar e pagar por la dicha villa e fortaleza de Castroverde e terra de Loazes con su termino e juredición e me suplicastes e pedistes por merced vos diese licencia para ello o como la mi merced fuese e yo por vos facer merced e por que de la dicha conpra e obligue mucha... e utilidad tovelo por bien e por la presente de mi ciencia cierta e propio motuo e poderio re al absoluto de que en esta parte quiero usar e uso como Reyna e Señora natural doy licencia e facultad a vos el dicho don lope osorio de Moscoso Conde de Altamira e a fray alvaro osorio vuestro tutor e curador en vuestro nombre para que podais obligar e ypotecar e obligueis e ypotequeis a la seguridad e saneamiento de lo susodicho los bienes de vuestro mayoradgo e la dicha villa e fortaleza de Castroverde e tierra de Loazes con su tierra e juredicion e rentas e pechos e derechos e otras cosas al Señorio del anexas e pertenescientes e que sobrello podays otorgar e otorgueis todos e qualesquier contratos e otras escrituras con todas las obligaciones e ypotecas e renunciaciones e otras clausulas e firmezas que sean necesarias para la validacion desto convengan e menester sean...

"... dada en la noble villa de Valladolid a ocho dias del mes de Otubre año del nascimiento de nuestro Salvador jesuchristo de mil quinientos e catorce años. yo el rey. yo lope conchillos Secretario de la Reyna nuestra Señora la fize escrevir por mandado del Rey su padre. licenciatus Capata tomo la razon desta carta de su alteza francisco de los Cobos".

Despois de outorgada a escritura suscitáronse algunhas diferenzas entre vendedor e comprador, moras dun e trasacordos do outro, que foron causa de que D. Alonso Niño de Castro acudise aos tribunais contra Fr. Alonso Osorio, reclamando a nulidade da venda. Na executoria, elevada á raíña Dª. Juana, conclúese:

"... e que se obligase a consejo del dotor pero lopez e que gonçalo franco obligase los frutos de su mayorazgo e que daria por depositado un quento dandole cinquenta mill mrs. cada año e otros cinquenta mill muertos e quel dicho fray alvaro obligase de nuevo la dicha villa de Castroverde e que asi fue invocado el primer concierto e consintio en ello el dicho don alonso e porque la fazienda del dicho Conde e la ypoteca de la misma villa era asaz seguridad segund la calidad del negocio e por otras muchas razones me suplico e pidio por merced mandase haserlo por el pidido e suplicado e sobre todo pidia ser fecho conplimiento de justicia a los dichos sus partes...".

Terzou no preito Juán de Valenzuela, curador de D. Fernando e de D. Rodrigo, fillos menores de D. Alonso, pedindo tamén a nulidade da venda respecto a que a vila, fortaleza e demais bens de Castroverde eran de morgado antigo, e polo tanto non podía D. Alonso allealos, que así prexudicaba notoriamente aos seus fillos, e en especial ao sucesor inmediato. Impugnou Fr. Álvaro esta nova demanda, e despois de tramitado o asunto, e de posto á proba, concertáronse tódolos litigantes e pedíronlle á raíña que aprobase e confirmase a escritura de capitulación. Esta foi a solicitude:

"muy poderosa Señora don fray alvaro osorio obispo de astorga en nonbre e como tutor que soy del conde de altamira mi sobrino de la una parte e don alonso Niño de Castro merino mayor e regidor dela villa de Valladolid por mi e en nonbre e como padre e legitimo administrador de don fernando e don Rodrigo mis hijos e juan de Valençuela su curador de la otra parte besamos las reales manos de cuestra alteza la qual sabe el pleyto e cabsa que entre nosotros se ha tratado en el vuestro muy alto consejo en que yo el dicho don alonso e los dichos mis fijos pidiamos que se diese por ninguna la venta que yo hize e otorgue al dicho conde e al dicho obispo su tutor de la villa de Castroverde e tierra de Loaces con su fortaleza vasallos e juredicion e rentas e todo la a ella anexo e perteneciente por algunas cabsas que para ello desiamos y el dicho conde y el dicho su tutor obligamos ciertas defensiones por donde lo por el dicho don alonso e sus hijos pedido no avia lugar e agora estando el pleito en estado de prueva avemos fecho ciera yguala e transacion e conveniencia contenida en esta capitulacion que por nos las dichas partes fue otorgada ante Alonso Saje escrivano publico desta cibdad de plazencia lo qual presentamos ante V. A. e porque la dicha yguala e conveniencia es util e provechosa e nos las dichas partes por escusar pleitos e costas e porque la dicha venta que fue fecha e otorgada aya efeto por ende suplicamos a V. A. apruebe e confirme la dicha yguala e transacion e la mande guardar e conplir en todo e por todo como en ella se contiene e ynterponga en ella su decreto e abtoridad real e a nuestro consentimiento que desde agora damos V. A. lo mande asi pronunciar e pronuncie por sentencia en el dicho pleyto e que vala e sea guardada e conplida comom si oviese sido dada en vista y en grado de revista e confirmada en grado de segunda suplicacion con la pena de las mill e quinientas doblas para lo cual imploramos vuestro real oficio y en ello vuestra alteza nos hara merced e porque dello conste a V. A. damos esta peticion firmada de nuestros nonbres = fray alvaro osorio obispo = don Alonso Niño de Castro = juan de Valenzuela".

A iguala e transacción aludida no documento precedente é deste teor:

"El asiento que se toma entre los Señores Conde de Altamira e obispo de Astorga su tutor de la una parte e el Señor don alonso Niño de Castro por sy e como padre legitimo administrador de don fernando e don rodrigo sus hijos e Juan de Valençuela su curador en su nonbre de la otra sobre la diferencia e pleito que está movido en el consejo sobre la vena de la villa de Castroverde e tierra de Loazes es lo siguiente = primeramente quel deposito fecho e lo que queda por depositar de los cinco quentos e quinientos mill mrs. de la venta de Castroverde e tierra de Loazes este en un cofre o en una arca que tenga tres cerraduras con tres llaves de las queales tenga una llave el retor del colegio de San Gregorio de la villa de Valladolid e otra el dicho Señor don alonso e otra la persona que nonbrare el dicho Señor obispo con tanto que resida en Valladolid para que quando se ofresiere hazienda a vender se puedan sacar dineros del dicho deposito e haser la dicha compra ... e firmaronlo de sus nonbres que fue fecha e otorgada en la cibdad de plazencia estando en el la corte e consejo de la reyna nuestra Señora a veinte y cinco dias del mes de desyenbre año del nascimiento de nuestro Salvador jesuchristo de mill e quinientos e dies e seys años testigosque fueron presentes...". Etc.

Firman, asinan e gardan as chaves respectivas daquela "caixa" de seguridade, tan segura coma o propio castelo de Castroverde, tan levado e tan traído.

En vista dos instrumentos anteriores, arca incluída, mandouse por sentenza que a referida escritura de transacción se gardase, cumprise e executase en todo e por todo segundo e como nela se contiña. Seguidamente, o día 30 de igual mes e ano, en Plasencia, foi confirmada pola raíña, e igualmente a sentenza. Con todo isto quedou firme a venda, así que a vila, fortaleza e xurisdición de Castroverde, Luaces incluída, con 400 vasalos, quedamos incorporados aos estados dos Altamira.


Outras fortalezas

Torre de Bascuas, ou do Pereiro (pola súa situación, asentada nun "pereiro" ou "pedreiro", que é unha acumulación de rochas), case nos límites de Montecubeiro con Luaces.

A existencia desta torre dominical explica a vinculación tradicional, as relacións medievais, das terras de Castroverde coas de Pol, xa que, ao estar localizada estratexicamente nas lindes comúns das dúas bisbarras, controlando o val, ou paso, do Azúmara, axugaba e relacionaba entre si os dous territorios, ou máis exactamente, os vasalos das dúas xurisdicións, ambas dos Castro, e posteriormente dos Altamira, en virtude da venda arriba citada. Demolida a torre, e extraída a pedra do promontorio, seguramente para construír as casas, mazos e muíños das inmediacións, a súa localización hai que situala nos alicerces da actual "casa do Pereiro". Enfronte, na outra marxe do Azúmara, estaba a capela "dos Penallos" (tamén penas, penallos), que deu o topónimo "montes da Capela", participados por Montecubeiro e por Luaces. En dirección Maxide-A Graña quedounos o topónimo "leiras do Marco", unhas terras evidentemente arraianas.

O terreo no que se erguía a torre de Bascuas, ¿serían uns vascos, ou bascones, os seus construtores, e quedáronse na zona, igualmente facendo casas?, foi dos Díaz Neira, e teño lido que os cimentos da "torre" ocupaban 10 m2, dato evidentemente erróneo pois iso xa se precisaba para as súas paredes. ¿Non serían 10 x 10? Antigamente foi señor desta, Pedro Fernández de Castro, aquel ao que lle concedeu o bispo D. Juán, en 1328, a igrexa da cidade de Lugo e mailas antigas de Vilabade e de San Martiño, así como o vello hospital edificado en Castroverde, nas inmediacións do Camiño de Santiago, destinado a albergue e cura de peregrinos.

Esta torre deu pé a moitas discordias, particularmente cos Luaces, que trataban de crear ao N un señorío libre de tutelas, independentes dos Osorio e dos Castro, ocasionando que a estirpe dos Luaces se fose esparexendo cara á Valeira e a Mondoñedo. Non obstante, o conde Altamira conservou unha casa no lugar de Pol (antiga cabeceira do concello de igual nome, ocupada ata últimos do XX pola consistorial e polas escolas, co seu escudo á fronte).


Pazos e casas grandes

Remontándonos ao sistema castrexo de convivencia, de produción e de consumo -nesta bisbarra tan abondosa neste tipo de lugares, ou asentamentos, patriarcais, comunais, tribais-, non cabe pensar noutra cousa que non sexa un comunismo rotundo dos bens, coa excepción de catro paxelos persoais, e acaso as bestas de monta, así como unha ducia de ferramentas e / ou armas, mocas, frechas, tirapedras, etcétera, fosen de caza ou de simple defensa. O que arrepía, por inexplicable, é que vindo dun sistema xeral, amplo, unha especie de cooperativismo global, completo e perfecto, extensivo e intensivo, como foi o dos castros, sexamos tan remisos hoxe en día para agruparnos en cooperativas, para cumprilas e para rexelas con disciplina, coa de vantaxes que iso podía ter ante a agresividade das multinacionais, dos grandes trusts, da imparable globalización. Encántanos someternos ao funcionariado, ou á empresa allea, estranxeira incluso, pero non á propia, á local. Se as modas son cambios, ou vaivéns, ¡este ciclo pendular está durando demasiado!

A "ruta dos castros", nesta parte do país, amais de aledarnos os ollos, ¡que de tanto verde tórnanse de fada, ou sexa, verde esmeralda!, dános ocasión de matinar na utilización do noso circundo: fontes, ante todo fontes, que non hai ningún recinto nin lugar acasarado que non as teña, a catro zancadas do seu contraforte. E despois, herbas, por tódolos curros, ortigas incluídas, que o papel hixiénico é de uso recente. Landras e castañas, tamén, aos catro ventos; amén dalgunha froiteira. Nas terras de labor non temos azafrán..., porque aínda non se nos ocorreu sementalo! E que non veñan dicíndonos que o arado de madeira foi un invento, un achegamento, dos romanos; como moito, engadiríanlle os vertedoiros, pois o que é a rella, esa especie de formón que racha os terróns, o que é os nosos oestrimnios non estaban sen coñecela, ¡e xa non fose de ouro! Demóstrase con só pondera-las técnicas evidenciadas polos restantes aveños domésticos que foron achados nos habitáculos dos nosos antepasados.

Os látegos romanos, coa mesma efectividade que os usaron para lograr que os nosos nativos culminasen a muralla de Lugo, sen dúbida que os espeliron para obter tanto un incremento como un perfeccionamento da nosa produción agrícola. ¿Ou cómo se ían manter as lexións, os servidores, os escravos, etc., amén daquel excedente de trigo, de carnes e de viño que levaban polo Miño abaixo, incluso con xeo extraído daqueles pozos ad hoc que nos viron utilizar nas nosas montañas? E xa non digamos iso das 70.000 libras de ouro que, segundo Plinio, viñan levándose ao ano da súa / da nosa Gallaecia! A maior parte delas, polo menos ao principio, ata que nos esquilmaron, foron das ribeiras do Azúmara, segundo quedou evidenciado de mil maneiras. ¿Eles, mentres...? Co prácticos que eran, ¿acaso ignoraban que o negocio sempre foi a negación do ocio...? ¡Do ocio alleo, se entende!

Os trigos xa sabemos que ían máis ben desta parte do Flammoso, ¡hoxe terra de piñeiros!, pero as vacas, as ovellas, as cabras, os cabalos... ¡Todo iso, esta produción, ademais do ouro, por suposto, íalles das terras nordesías, ou máis ben nordestes, bocarribeiras do Azúmara e do Neira, isto é, de Castroverde e do seu contorno.

Precisamente unha tarefa que temos atrasada nesta bisbarra é a de explora-los nosos castros, que estamos vivindo, culturalmente, das rendas do de Viladonga, xa nas lindes do condado de Superata.

Estabilizada a conquista romanas, lanzados freneticamente á labranza, e de postas a parir tódalas nativas que estivesen en idade de merecer, ¡que as conquistas territoriais xa sabemos en qué consistían!, a nova xeración, aqueles hispanorromanos, sen deixar por iso de habitar certos castros, baixaron ás valgadas, con tal de que fosen húmidas, accesibles e abeiradas, e deron en cuadricular casas, salpicadas polo verde chan, onde queira que aqueles terreos, maiormente de aluvión, produto desen.

Á parte desas, supostas ou certas, palafitas de Espasande, hoxe non atinamos a catalogar, a definir, restos das vivendas daquela época, mais teño para min que non hai parroquia onde, de aplicarlles o carbono-14, non deixaríamos de atopar pedras detraídas da canteira antiga, e incluso trabes, de carballo ou de castiro, que foron utilizadas, reutilizadas, tal que nun alpendre da casa actual.

Os grandes agrupamentos ou tenzas de terras veñen daquelas villae romanas, xeralmente por concesións ou retiros adxudicados por Roma aos milites máis destacados, ou máis afortunados. Aí está o xermolo dos señoríos feudais, que os suevos, xa organizados en reino, un reino de poucos tentáculos, pero que permitía, e incluso fomentaba, os individualismos, asumiron, e incluso os robusteceron, século a século. Se algún señorío se desmembrou, outros acrecentáronse: ás veces por concesións directas dos magnates, ou do propio rei, que noutras foi por presuras, por ocupación de grandes latifundios, ben por autorización, ou por tolerancia, dos propios magnates, tal que o bispo Odoario, aproveitándose en xeral de todo tipo de debilidades, e tamén dos baleiros posesorios ou detentorios doutros terratenentes.

Sen ir moi atrás: ¿quen non coñeceu, ou tivo novas, referencias dos avós, de que a casa X, a Grande, a de don Fulano de Tal, fixo cerrar, valar, tal ou cal leira, tal ou cal chousa, en terreos do común, valéndose dalgún tipo de influencia ou cacicado? A Historia, onde non ten escritos, ten fiestras, indicios, que nos permiten escudriñar as circunstancias remotas a traveso das evidencias, dos signos actuais. Tales latifundios, nun principio, implicaban o control e maila xurisdición, por cesión e / ou abrogación, de numerosos escravos e servos, abuso do que participou, intensa e extensamente, a Igrexa medieval, simbiótica co feudalismo segrar. É o que chamaban "señorío de forca e coitelo".

Do control máis ou menos directo, persoal, das terras e da súa labranza, foise pasando ao sistema de rendas forais, favorecido polo absentismo de moitos dos antigos perceptores, dirixentes e controladores, que se incorporaron, que pasaron, da corte á Corte, onde queira que estivese, Toledo, Valladolid, Madrid..., ¡pero sempre en movemento centrípeto! E incluso ás grandes cidades. Consecuencia de todo isto foi a evolución do sistema de núcleos agrarios, cos seus dereitos xurisdicionais inherentes, que pasou a ser manipulado por unha serie de fidalgos, ¡de fillos d´algo!, e de mordomos, que non tardaron, coas súas escribanías, incluso con falsificacións histórico-documentais, e demais picardías-vantaxes de inmediatez, cos seus esquecementos, confusións, etcétera, en escamallar as propiedades administradas, chegando en ocasións a erixir os seus propios pazos ou casas grandes, brasonadas coas armas dos parentes, como moito con certos trámites ou probas linaxudas, máis ou menos amañadas, que se chamaron "probas de nobreza" ou de "limpeza de sangue".

Pacificadas as terras dunha bisbarra, ou dito noutros termos, consolidada a forza moral e / ou material do señor local, este evolucionou de feudal a cacique; quere dicirse, a conseguidor de mercés, quedándose coas talladas e repartindo as migallas cos seus parroquianos, precisamente con aqueles que o sustentaban. Os señores dos castelos, tan pronto como puideron prescindir da súa potencialidade ofensivo-defensiva, fóronse deles, buscando mellor acomodo, e de paso, un mando, unhas sinecuras reguengas, así que os pazos veñen a ser una especie de segunda vivenda, de máis calidade e comodidade, sexa na capital ou no campo. De feito, todos acabaron sendo o "chalé" de luxo dos señores, situados na cabeceira das súas mellores terras, cos seus xardíns, capelas, muíños, etc., e sempre tendo de man o caseiro / caseiros, que de paso que lles prestaban servizos persoais, incluíndo algún que outro dereito de pernada, coidaban da mansión nas súas ausencias temporais ou estacionais.

O feito de que a Corte do Reino de Galicia se afastase cadora máis, primeiro a Oviedo, e de alí a León, despois a Toledo, Valladolid, etc., ocasionou un absentismo precoz dos nosos feudais, sen que previamente se consolidase a burguesía, o que trouxo consigo uns séculos de mandos intermedios, confiados case que por enteiro á Igrexa, que motivou un baleiro de iniciativas e de capitais tractores. Por estas circunstancias, primeiro as fortalezas e despois os pazos foron pasando, paulatinamente, á titularidade de terceiros, segundos ou curmáns, atopándose hoxe en día desprovistos dos arquivos -fontes da historia local- do señorío correlativo. Cabe supoñer que moitos dos pergameos seguiron ao absentista, cargados nas acémilas dos tesouros respectivos, pero outros seguro que foron nutrimento da ratume, pois aos mordomos-administradores o que máis lles importaba eran as rendas en saco, e ademais, utilizar as huchas para o seu esquilmamento, así que, diso dos pergameos, cantos menos mellor, que lles era preferible esquecer o poderío dos seus mandantes naquel apoderamento plenipotenciario, naquela sucesión de dereito consuetudinario.

Pazo, ou pacio (palacio), vén do latín palatium. A súa categoría non só se merece ou acredita co control dun certo latifundio, pois a condición palaciana precisaba puntuarse: Capela, pombal e ciprés, pazo es. Claro que to é / foi relativo, pois, pola toponimia, coñecemos casas denominadas do "pacio" que o único que tiveron de palacianas foi a posesión de importantes larganzas..., ¡en terras!

O luxo palaciano, ou paceño, segundo queda indicado, consolidouse partindo das suntuosas villae romanas, nas que se inspiraron posteriormente as edificacións civís do medievo. Isto no material, no construtivo. No persoal, os pazos teñen inherente unha xenealoxía patriarcal, asentada na sucesión dos morgados. ¡Máis que primoxénitos, unixénitos, pois o resto, curas, frades, monxas, casados de portas afora..., con iso da reserva do vinculeiro, pouco contaban e menos recibían! Os vinculeiros nacían, e sabíano eles mesmos desde a caneta, coa obriga de "casar con xente do seu igual". Así que, entre unhas cousas e outras, a fidalguía foi un xustillo que oprimía á vez que estiraba, pero coas portas abertas, en particular a da ociosidade, que a levou con frecuencia ao parasitismo, á desintegración patrimonial.

Na fábrica charmant dos pazos hai que ver dúas ou tres circunstancias motrices: As rendas dos seus titulares, que lles permitían converter os excedentes en xornadas incontables dos mellores artesáns de cada bisbarra, e incluso de fóra dela. Unha emulación en fachenda, cando non en feitos, daqueles próceres dos que se gababan proceder, acumulando apelidos e brasóns, aínda que lles quedasen distantes ou indirectos. A vangloria dunha suntuosidade que lles permitía recibir, apousentar, de cando en vez, á xente da Corte, rei incluído, que viña a ser, ante propios e estraños, a confirmación do seu status, da súa influencia e logrerío.

Algún pazo derivou de vellas casas fortes, ou torres, pero os máis parten, arquitectonicamente, da nada, ou dun simple solar, dun parentesco distante. En todo caso, as pedras angulares dos pazos foron o foro e mailo señorío. A fidalguía, ¡salvo aquela dos sete fillos varóns, consecutivos, que daba dereito ao título!, é fundamentalmente rendeira: máis dereitos que propiedades directas; por tanto, sen un sentido activo, creador, empresarial. En ocasións recibían, mediante foro, unha fracción do patrimonio eclesiástico, que, por medio dun foro novo, subforo, poñían certos bens na mans encalecidas, nas campesiñas, nas realmente produtivas. En frase ben definitoria de X. M. García Iglesias, o fidalgo, como bo recadador de tributos, atíñase ao vello refrán que di: "O que parte e reparte, quédase coa mellor parte".

Nesta función ofensiva, o ámbito xurisdicional xeroulles unha gran forza coactiva, útil tanto para os seus usos como para os seus abusos, así que a posible, suposta, forza defensiva dos seus dependentes fíxose imposible, por séculos, manténdose, eternizándose, un desequilibrio total. Como sinalou P. Saavedra, en último extremo, o control, por nomeamento ou conformación, de xuíces, alcaldes maiores, escribáns, alguacís e outros ministros das diversas xurisdicións, polos señores, apareceu como o compoñente esencial do señorío.

Para García Iglesias, xa citado, "a historia do foro e do señorío, cada unha pola súa parte, e as dúas relacionadas nos intereses dunha mesma fidalguía, veñen a ser a historia real do pazo no seu devir; claro está, máis desde un punto de vista funcional e de posibilidades económicas que desde o que se pode entender como evolución estilística".

Esta envexable posición do pazo, enaltecido pola riqueza que levaban consigo os foros, sentiu un forte abatemento en virtude da Real Pragmática do 11-05-1763, en relación coa polémica sobre a renovación dos foros, sinalándose que se suspendían as posibles tramitacións pendentes na Audiencia de Galicia. A partir deste momento iniciouse unha longa crise con respecto ao foro, que derivou, tras unha longa agonía, nunha lexislación específica sobre a redención dos foros, que culminou no século XX. Neste espazo, outro golpe importantísimo foi a abolición dos señoríos e das prestacións inherentes a estes, que llo debemos ás Cortes de Cádiz. Isto trouxo consigo a perda de facultades xurisdicionais, co que deixaron de ter a posibilidade de nomear oficiais de xustiza e de goberno nas súas antigas tradicionais xurisdicións.

Ao longo do século XIX a desamortización, coa posta en venda dos bens da Igrexa, aquilo das "mans mortas", supuxo outro duro embate para as funcións de corte feudal retidas polos fidalgos, con sucesivas etapas a partir do ano 1836. Desaparecidos os foros, eclipsáronse os pazos e levantaron a cabeza os campesiños.


Casa grande de Mirandela
Trátase dunha construción que máis parece pensada para casa-cuartel que para pazo. Longuícua, con seis ventás arriba e outras tantas abaixo. Os enmarcados son todos de granito. O escudo, fronteiro, naturalmente, pero non simétrico, titúlase cun gran helmo de penachos, encuartelando na base o ano de fábrica, 1929. Partido en dous cantóns, abafa o M dos Montenegro baixo o peso cunha coroa de gran relevo; no outro, o campo axadrezado dos Yebra. Ben lle pinta o tema vexetal que o envolve para romper un pouco coa friaxe e coa lisura das pedras que o enmarcan. Ao parecer o fundador deste predio foi D. Diego de Yebra y Riobó, que casou con Dª. Ángela Teijeiro, da casa de Córneas. O fillo destes, D. Salvador de Yebra Teijeiro, desposou con Dª. Antonia Saavedra Montenegro. Propietario recente, pero xa non residente na casoa, foi D. Venancio Montenegro Neira, que casou con Dª. Pilar Pardo Gayoso. Este D. Venancio vendeulle esta propiedade á familia Pallín, continuando a casa ao coidado dos caseiros.


Casa grande de Osorio, en Bolaño
Voluminosa, rectangular, pero ben proporcionada, enmarcados en granito tódolos seus ocos, amén dos esquinais. A expresividade dos seus brasóns, segundo os entendidos, resulta, amais de escuro, intrigante; gravados en dúas pedras cadradas. Presentan por cimeira, ámbolos dous, cadansúa cornixa gradual. Un deles mostra o M dos Montenegro, e nos outros campos unha torre de tres homenaxes, en paralelo co año e co bolo da lenda dos Bolaño. Ás marxes da corda abrazadeira, unha cruz floreada, que pode ser dos Ribadeneira, e despois unha man case aberta que mal brande un puñaliño talmente dirixido ao pobre año. A outra pedra encabézase coa lúa e mailas tres estrelas dos Luaces. Á dereita, dous peixes, entre dúas faixas ou ondas. Logo está unha ave, que se supón que é un peto, coa árbore omitida. Por fóra da corda, outra cruz e outro castelo.

Máis que deducir as liñaxes partindo destas figuras, cabe interpretalas pola sona dos seus posesores. Os últimos dos coñecidos foron: D. José Benito Osorio y Valcárcel, polo 1700, de fidalguía recoñecida. O seu fillo, D. José Antonio Osorio y Valcárcel desposou con Dª Josefa Cedrón Luaces. Polo XIX aparece como herdeiro D. Manuel Osorio Valcárcel. Tempo adiante atopámonos con D. Francisco Osorio Penela, que casou con Dª. Casilda Veiga Castedo, aos que herdou a súa filla Manuela Osorio Veiga, para daquela casada con D. José Fernández Dorado. Destes pásase á propiedade de tres irmáns, encabezados por D. José Fernández Osorio.


Pazo de Cellán
En Cellán de Mosteiro, a seis quilómetros da capitalidade. Sito ao sopé dunha frondosa carballeira, e cunha extensa pradería de regadío. Naceu ben, ben situado e ben ornado, ben concibido, clásico do século XVIII, pero casou mal, pois cos anos caeu en mans desconsideradas que o privaron, precisamente en tempos de prosperidade, da recuperación que gozaron, en xeral, este tipo de mansións. ¡A ver se cos donos actuais...!

Os xenealoxistas danlle como fundador a D. Fernando Pardo Sobrado y Noguerol. Deste pasou a D. José Pardo de Sobrado, casado con Dª. María Lorenza Pimentel y Magadán. Dos anteditos procede D. Antonio Pardo Sobrado, unido a Dª. Faustina Cabanas. O seu herdeiro foi D. Nicolás Pardo Sobrado, que casou con Dª. Felisa de Castro. Séguelles D. Juán de la Reguera, que tomou por esposa a Dª. Juana de Ron y Tovar. Segue D. Manuel de la Reguera, que casou con Dª. María Llamas de Andrade. Despois veu a súa eclipse, na que pasaron a cobizarse as terras por riba da súa arquitectura, por riba das súas pedras, armeiras ou non.

A planta presenta unha formade "L", como se fose pensado, ideado, para construírse en dous ou en tres tempos, en tres ás, pero o resultado final foi que quedou a parte esquerda para funcións labregas. Éntrase por un portón magnífico, do magnífico barroco galego. Por sobre desta porta principal elévase un corpo co ornato dun acroterio barroco, no que descansan dous escudos. No da destra: o barco sobre ondas, dos Cadórniga; un carballo con dúas ramas, que lembra aos Llamas, de orixe ástur; no campo terceiro, o león que loita coa serpe, como queren os Reguera; e de cuarto, ben espraiada, a aguia dos Pardo. No outro, igualmente ben labrado, un caldeiro á luz de tres estrelas, que é como comen os de Ron, segundo aquel vello lema desa familia, "A este son comen os de Ron". Os Sarmiento aparecen, e lócense, cos tres roeles; no campo terceiro, o león, que pretende rampar por unha torre de tres homenaxes. Non falta, no cuarto, a barra engulida nos dous dragóns, que alude aos Andrade. Para que non houbese dúbidas acerca da fidalguía da familia promotora, estes escudos rematan cun helmo, que era o tradicional, o admitido.

Á esquerda da porta principal elévase unha torre. Gardaba no seu interior un bo mobiliario do século XVIII, particularmente camas, armarios e portas. A balconada frontal airea e ilumina o salón de honra do pazo; en canto ás ventás, acaso por razóns climáticas, construíronse sen montantes, sen engadidos superiores, que é o que adoitan ter moitos pazos da época. Foi reformado en 1783, construíndose daquela un frontón de tres corpos, con dous escudos e un ático de liñas simétricas irregulares, con adornos tallados en pedra. Suponse que foron os Pardo.

Este pazo foi estudado minuciosamente por Eva Pardo Sequeiro e por Patricia Muñoz Ayala-Sánchez (Lvcensia, nº 18, do ano 1999).


Na Frairía, Pazo de Folgueira ou dos Pardo Reguera
Cun patio central en arcado, tipo claustro. Nun saínte exterior, a capela. Interesante situación. Hai anos que lle rabenaron as pedras armeiras, pero seica están en lugar seguro.

Segundo Ricardo Polín, o reloxo de sol máis valioso do Museo Provincial de Lugo procede desta casa, e foi labrado e asinado por Andrés Martínez Lema, no ano 1797.

Yebra de Ares obtivo, ao parecer dun diario persoal da xente desta liñaxe, o seguinte relato, digno de divulgación: "... en el año 1809 entraron los franceses en Lugo, se retiraron el 25 de junio del mismo año ya derrotados por el mariscal Sooh. Don José María Pardo se refugió este tiempo en su casa de Folgueira (Castroverde) para preparar tropas con mantenimiento por su cuenta. Esto le valió el nombramiento de Regidor y Gobernador de Lugo. El día 6 de agosto de 1812 se publicó la Constitución, en Lugo, que se proclama bajo el mandato de este señor...".


En Montecubeiro, a única casa brasonada é a dos Pillado, do Verducedo.


Pazo de Carballedo, en Pena
Levántase inmenso, potente, ciclópeo, unha verdadeira fortaleza, con grosos muros de cachotería, e de gra ben puída e ben escuadrada nas partes nobres, xambas, linteis, paramentos... De planta cuadrangular, cun patio interior que dá para predio dunha capela..., ¡xa que perdeu a exterior, que lla extirparon para que os carros da herba pasasen con máis comodidade! Baixos e dous andares, con escaleiras palacianas, como era de esperar. Portada en lintel, flanqueada por dúas pilastras de festón refundido, cunha especie de capiteis que soportan unha moldura apuxada que sirve de base á balconada, cos enreixados de ferro. Outro balcón semellante a cada lado, con ventás e montantes rectangulares.

Dous escudos na liña das xambas da portada, por debaixo da cornixa. O esquerdo, cuarteado: presenta os lobos pasantes dos Osorio, que máis parecen osos, xenealoxía á que se dá preferencia. Unha moza debaixo dun carballo, ¡que por algo estamos en Carballedo! No terceiro dos campos, a figura, que se supón home, loita a corpo xentil cun león de rabo ergueito. Ocupa o cuarto dos cuarteis unha torre de tres homenaxes, ¡que non é pouca pretensión! O outro dos escudos non brasoa nada menos: está cortado ao centro por unha faixa, e porta unha cruz de Santiago e dúas flores de lis; unha barra engulida para lembrar aos Neira e aos Andrade, acompañado todo isto de cinco bustos femininos para honrarse co nome dos Altamira. Enmárcanse seis cruces de Malta nunha formación de trabucos ou canóns. Todo iso, en ambos, enfundado nunha cobertura vexetal que lles dá manto e acubillo, amén de dúas coroas marquesás, tan sobresaíntes que logo parecen dispostas a largarse da pedra. Non vexo por alí o nome, ou as marcas, do canteiro, que ben merecía ser lembrado, pois a talla saíulle perfecta.

Sobre o ano 1630 o capitán D. Juán Osorio, cabo da Orde de Santiago e alcaide da fortaleza de Castroverde, meiriño, asemade, das xurisdicións do conde de Altamira, comproulle a D. Bernardo de Rois todo o patrimonio que este herdara nas terras de Pena. Pasando por D. Luís Osorio y Escobar chégase a Dª. Francisca de Paula Osorio y España, que casou con D. Ramón Torrado, da Coruña. No ano 1889 D. Adolfo Torrado y Ozores vendeu esta propiedade a D. Manuel Pardo Reguera, por entón veciño de Cellán (Castroverde), pai de D. Eugenio Pardo y Pardo Reguera, avogado, alcalde que foi de Lugo. Tratouse dunha venda intermediada, pois na mesma data, e polo mesmo importe, 6.000 pesetas, o citado D. Manuel escrituroullo a D. Ramón Novo Crecente, capelán da Armada Española. Este capelán morreu na guerra de Cuba, pasando o lugar á casa matriz deste, aos Novo de Pena. Donos actuais: D. Francisco, Dª. Pedra, e Dª. Mercedes Novo Docampo.


Pazo de Vilabade
Dos Abraira-Arana, constituídos actualmente como Pazo de Villabad, S.A., Turismo rural. Está situado no lateral S da praciña que precede ao frontispicio da igrexa, ¡da catedral!, de Vilabade, formando un conxunto equilibrado, complementario, integrado, que vai do gótico ao barroco, das grandezas eclesiais á ínfulas fidalgas, ¡que por algo o fixo un mitrado de alta caneta!

É de planta cadrada, cuberto ás catro augas, cun corpo central máis elevado, que lle proporciona luz ao interior. As partes máis nobres, ángulos e vans, locen boas pedras de granito; o resto dos panos está encalado Un saínte discreto, orientado a mediodía, cumpre a plena satisfacción os deberes de solaina e de miradoiro, precisamente ao sopé da serra do Miradoiro. A integración dorsal non desmerece, pois, da frontal. Mais, por se algo faltase, a muralla da finca, tapizada en hedra, que pecha a horta pola parte onde estivo o convento franciscano, dálle a este recinto unha privacidade contemplativa, co muíño ao fondo, que para si a quixese un convento de clausura.

Na restauración-decoración efectuada para acondiciona-la mansión ao interese e utilización turística tívose o acerto de resaltar todo o bo que conserva -cheminea, escaleira monumental, colgaduras, aveños, etc.-, engadindo o imprescindible, pero con austeridade, para conxuntar o mobiliario isabelino cos aparellos e cos adminículos do novo confort.

Sobre da porta principal ábrese unha ventá balconeira flanqueada por dúas pedras heráldicas, de coroa marquesal, cuarteando: No da dereita da fachada, unha luva pendurada dunha árbore, paxaro enriba, que lembra aos Páramos; segue a cruz coroada dos Montenegro; no terceiro, os lobos pasantes dos Osorio; e no cuarto, o caldeiro e maila cruz floreada dos Neira. O da esquerda iníciase cun M que lle serve de apoio ao año dos Bolaño-Montenegro; segue a aguia espraiada dos Aguiar; no terceiro recóllense os lobos rampantes dos Santiso, para rematar coas estacas do Valcárcel.

Este pazo mandouno construír D. Diego Osorio Escobar para os seus días de retiro e descanso, que por certo non deberon ser moitos a xulgar polos seus cargos e andanzas; e logo que morreu en América. A tradición local conserva as lembranzas de que, na propia horta do pazo, concretamente entre este e maila igrexa, estivo o convento dos franciscanos, que de abandonado serviu para subministrarlle parte da pedra que precisou o bispo Osorio para erixir a súa mansión. Foi morada habitual dos Páramo-Sangro. Un fillo de D. Manuel de Montenegro Páramo y Osorio e de Dª. María Benita Somoza y Sangro, D. Antonio de Páramo Somoza y Sangro, tamén chegou a bispo. (Naqueles tempos era o normal, pois sempre se dixo que as ínfulas traen ínfulas!).


Pazo dos Llamas (actualmente dos "Fornos"), na Pumarega
Restaurado na década dos oitenta do pasado século. Casoa de planta rectangular, cunha solaina ao nacente montada sobre rexos piares, mentres que outros máis esveltos manteñen o tellado e dividen a balaustrada de ferro. Esta fábrica levántase con pedra gra e cuberta de lousa. Na fachada do mediodía conserva unha pedra heráldica cos seguintes emblemas: castelo, cinco estacas e león sobre ondas.


Casa Grande dos Villarino, en Rebordaos
Cunha cheminea colosal. Foi obxecto de partillas, resentíndose diso. O propietario actual é a familia Lence Pallín.


Casa da Muralla, en Castroverde
Por xunto da muralla do castelo, na parte alta de praza do "rolo". Ben merece citarse, se non pola importancia da edificación si que o é pola súa pedra de armas, digamos que, engadida, trasladada a esta casa. Tal escudo, partido en pau, ten esta inscrición: Esta cárcel y escudo es del exm. señor conde de Altamira año de 1790.


Ruínas das casas torre, de Arriba e de Abaixo, en Soutomerille.


Casa de Camba, en Cellán


Casa Grande de Recesende (en restauración)


Casas do Pacio e do Fidalgo. Ambas en Vilafrío (San Xoán de Barredo)


Casa de Pedro Ferreiro, en Córneas. Que tivo unha capela particular dedicada ao Santo Ildefonso.


Casa de Madarro, de Bolaño, hoxe propiedade dos irmáns Villarino.


Extincións
Xa non se localizan as casas-torre de Couso de Pena; nin a de Tarrío.


Vázquez Seijas recolleu, desde un manuscrito de D. Vicente Rivera, a existencia da torre de Sobreda, en Santo André de Barredo: "... a estrutura é corrente, con tres corpos, un central máis alto, con ventás pequenas e poios interiores. O acceso facíase por medio dunha escaleira unida a un dos laterais".

Tamén hai referencias de que en San Salvador de Soutomerille foi remodelada unha antiga casa torre; posiblemente estivese alí a chamada casa torre de Candeda.

En Vilalle perdeuse a torre de igual nome.


Nota do autor: Habida conta de que en certos pazos e casas son remisos a informar, incluso a que se fotografen, e logo que algúns seica están en venda, optei por resumir o que é público e notorio. Por se cambian de opinión, nunca faltará quen os publicite.



Persoeiros da bisbarra, nativos ou non dela, pero con forza e con relevo histórico.


Algúns

Demostradas como están algunhas das falsificacións que se fixeron na Idade Media, a limitación do dominio efectivo musulmán, tanto en extensión como en intensidade, os mitos da que deu en chamarse monarquía ástur polo simple feito de que adoitaban domiciliarse alí, e algunha que outra superficialidade ou comenencia deformantes da Historia real, amén da atención prestada aos documentos da outra parte contendente (árabo-bérberes), a curtidade dos efectivos invasores como para controlar activa, suficientemente, con só un milleiro de cabalos, este medio millón de quilómetros cadrados, Baleares incluídas, así como a ponderación das dificultades meteóricas e orográficas do NO peninsular, caben certas reflexións acerca de cómo puideron ou deberon ser, nesta zona, na nosa, os acontecementos do século VIII.

Desde que a xeración crítica, -crítica neste caso por revisionista da Historia, agromada no último terzo do XX, e que, afortunadamente, segue de actualidade-, deu en fende-las iconas, en desmonta-las peañas, en desmitifica-las falsidades patrioteiras dos séculos castelanizantes, para esixir esclarecementos científicos, pureza e veracidade nos valores repartidos, atribuídos, medra a hipótese de que a Reconquista, máis que un feito de armas glorioso, iniciouse, partiu, dun desconcerto interno, interracial, cunha especie de efecto dominó, península arriba e península abaixo, dándose probablemente unha fuxida dos Grandes, pero detrás dos pequenos, que sempre foron os máis alarmistas, todos en retirada, defendéndose máis que ofendendo, perdida a fe que tivesen posta nos seus protectores, pero máis concretamente naqueles adaís godos, tan fachendosos como individualistas e incapaces, que tan demostrado o deixaron na batalla da Janda, onde non quedaron marionetas con cabeza.

¿Para onde podían fuxir, daquela, con aqueles medios, naquelas circunstancias, ante as novas da nova invasión, se é que houbo, por aquí arriba, algún tipo de pánico colectivo, particularmente nos territorios lucenses hispano-romano-suevo-bretóns, que non godos, mentres galopaban polo sur aqueles puro sangue árabes, aqueles trotóns montados por cabileños, por rifeños, por bérberes famentos, dirixidos, impulsados, polos novicios do profeta? Para onde sempre se fuxiu, en calquera das idades, en tódalas guerras: ¡ás montañas!

Por suposto que non fuxiron, se tal pasou, cara á Pedrafita, que sería tanto como ir na busca dos turbantes, daqueles inimigos circunstanciais, máis inimigos dos visigodos que, por suposto, dos suevos. ¿Cara á costa, na busca do mar, na busca dunha posible armada agarena? ¡Nin que fosen bobos! Tampouco o fixeran os celtas, que bo recordo quedaría daquel desembarco dos romanos no golfo ártabro. ¿Refuxiarse nas murallas de Lugo, co gando incluído, para darlle de comer pedras e algunha que outra hedra? ¡Iso nin se comenta! O nativo desta bisbarra, da nosa pero tamén das zonas veciñas, para daquela densamente poboada como o demostran as orixes e maila permanencia da súa toponimia, non tiña outra alternativa -de postos a fuxir, insisto-, que a de desfacer camiño polo Camiño Romano, cara ás montañas ástures, precisamente polo mesmo que nos trouxo a ocupación sueva, terreo coñecido, pastoril, resgardado do sur, fosen ventos ou xilabas.

¿Novicios do Al Qurán? En efecto, iso eran, que no ano 711 o Islam só levaba un século de existencia, de difusión; bastante para acelerar nos novatos, para fanatizalos, pero pouco para que a súa relixión estivese amplamente aceptada. Non viñeron, nin podían vir, coas imposicións relixiosas que deles se teñen escrito; máis ben hai que pensar con racionalidade, neste eido, e admitir neles unha gran tolerancia, maiormente nos primeiros anos da súa estancia, constando que en Sbania, ou Spania, no novo territorio, no realmente ocupado, incluso prosperaron os nosos bispos, os católicos. Outra cousa foron as súas razzias, os asaltos, os atracos, de tanto arraigo en todo o Magreb, en todo país desértico, por columnas galopantes, de ida por volta, armados de cimitarras e de gumías.

Que algo pasou en Covadonga, nese curro ou concentración de refuxiados, non é cousa de negalo. Que houbo un caudillo naquela revolta, ¡como en todas!, por suposto. O máis probable é que se tratase dunha razzia para os alí acantoados, arriondados, por quen coñecía ben o cegamento daquel terreo. Que Munuza chegou a Gigia, (Xixón), e que se quedou por alí, actuase ou non de gobernador, tamén está na tradición. Xixia fora un campamento romano de considerable importancia, con baños turcos e todo iso (por xunto de onde se erixiu, tempo adiante, a igrexa de San Pedro). ¿Acaso un desembarco agareno...? Pero ninguén que coñeza a costa ástur e que entende un pouco aos mouros poderá crer que houbo, que perdurou, todo por alí unha especie de Córdoba muslime, por máis que aos xixoneses lles encante o de terlle dado, agradecidos suponse, unha rúa importante ao famoso Munuza. ¡Clima, illamento, desconexión, territorio costeiro estreito, indefendible para a cabalería, que era o seu, a súa arma principal!

Se o clero de Bretoña fuxiu, ou se correu, para esa parte de Oviedo, como se evidencia coa incorporación das súas igrexas, en bloque, Valonga incluída, ao bispado ástur, ¿onde situaremos ao conde de Flammoso, que tiña as súas terras, e coas terras os vasalos, no propio camiño ástur? Cos cabalos galegos, máis áxiles cós da montaña, cós asturcóns, a campaña de Covadonga, da Cova d´Onga, e cantas se precisasen nese percorrido, non terían nada de particular. E tampouco o tería que Pelayo (máis ben Paio, ou Pelaxio, pois o y grego dos casteláns aínda non entrara en uso, que tardaría douscentos anos, ou máis) estivese ausente da lagoa da Janda, pois tan abaixo nada se lle perdía, máxime tendo un señorío tan bo e tan arredado. ¿A ver se vai ser este Paio ese santo que veneran no noso Arcos, e non aquel Pelayo posterior, do que nada ou pouco se sabe, polo menos con certeza? ¡Os lauros de Covadonga eses si que daban para unha canonización, polo menos popular, como eran as de daquela!

A maior abastanza, segundo as tradicións e maila literatura árabes, a catro pasos, ou a catro días, do Yebel Mussa (Xibraltar) non quedou dacabalo un triste godo, nin triste nin alegre, pois incluso os que eran aliados, os que solicitaran aquel apoio musulmán, colleron medo, medo e decepción, producíndose nas súas mesnadas, que tampouco tiñan unidade de mando, un desconcerto tal que fai supoñer que ninguén dos seus xefes, polo menos os de certa categoría, ou pretensión real, lograse repasar Despeñaperros, que así se produciu a anarquía, a desbandada mesetaria.

Por esta parte, pola nosa, apelando tamén á lóxica: ¿aquela Gallaecia, de tradicións suevas, vitiziana por entón, secularmente tiranizada polos godos, padecendo, daquela mesmo, a satrapía dos fillos do último rei godo, ía acatar, así como así, a caudillaxe dun príncipe deles, dos outros, fuxido e reaparecido, pertencente a unha proxenie fracasada, por vitorioso que saíse da xesta de Covadonga, unha loita, un encontro, un tropezo mínimo, pois naquel curro o que é máis de dez mouros non se meteron, que tan burros non eran?

Cando aquela irrupción dos mouros, unha vez traspasado o Estreito, coas limitacións do caso, a densidade de poboación nunha Galicia arredada, tranquila e produtiva, autosuficiente, tiña que ser altísima (cos parámetros de daquela, por suposto), e por tanto temos nisto outro elemento disuasorio para unha ocupación xeneralizada. ¿Subir desde o Yebel Mussa ata o noso Fisterrae, en frecha? ¿Para qué; para meterse, eles, catro moscas, nun avespeiro, terras de plantío, onduladas e intricadas, frías e húmidas? ¿Corenta mouros contra corenta mil hispano-suevos, amén dos bretóns...? Vai sendo hora de estuda-la Historia cos pés no chan, e non desde unha torre ebúrnea, tal que no epicentro da meseta. ¿Que algún lugar estaba deshabitado, ou abandonado de última hora, tal que esperando pola repoboación da xente de Odoario? En todo caso iso explicaría certos corrementos mínimos, circunstanciais, nos que si é lóxico matinar.

Coa mente precintada por aquelas enciclopedias escolares tan elementais, e / ou por aqueles ditirambos da F E N, aceptamos sen chiar que en Galicia houbese rupturas sociolóxicas polos anos 711 / 714. ¡Pero iso foi ao sur, nas terras de Sbania, que así lle chamaron os musulmáns ao territorio realmente ocupado! Aquí arriba seguro que tivemos algún axuste, algún tremor, pero nunca chegaron á categoría de terremotos. De vencidos aqueles parentes, aqueles godos, opresores perpetuos desta Suevia pacífica, que aqueles si que percorreran a Península, suscitouse a cabeceira ovetense, pero só iso, co cal aínda se afirmou máis a vixencia e maila independencia do Reino de Galicia. Neste reino, que volvía a ser noso, con mandos propios, tiñamos unha célula amurallada, episcopal, inmutable -Lugo-, vinculada coa "cabeza de ponte" ástur polo indefectible cordón umbilical da vía romana, así que Castroverde, anteporta desas murallas, pero tamén das montañas ástures, estaba, seguía, en plena actividade, que ben ou mal o demostrou o rei Silo con aquelas represalias.

Os incrédulos dirán: con todo isto admitido, ¿por qué ese suposto conde de Flammoso, o tal Paio, ou como lle chamasen, optou por permanecer, por quedarse alá, perseguindo aos de Alá, lonxe dos seus dominios directos, naquelas Cangas de Onís? Para empezar, porque a Corte -que neste caso mais que Corte habería que chamarlle mesnada-, a Corte dun cabaleiro da época, estaba máis ben na sela do seu cabalo! Non se quedou en Covadonga, senón en Cangas, punto estratéxico -río salmoneiro, boas terras, fondas, froiteiras, pastos, caza...-, e sobre todo, doado de defender. ¡E logo que os caudillos de entón, aqueles feudais, tamén tiñan o seu punto de inercia! De Cangas de Onís a Ovedo, e de alí ao Campamento Legio, ao da Legión Macedónica. (¡Os leóns seguían en África!). A muralla ofensivo / defensiva miraba cara ao leste, que por alí andaban, ou podían achegarse, desde aqueles francos carolinxios aos califas de Córdoba; pero iso non quere dicir que o reino, aquela roda excéntrica, deixase de ser a vella, a perdurable, Gallaecia, que por suposto non é a actual Galicia, senón moito máis, como xa saben, agora, os nenos de Primaria.

Coa oportunidade do Sancte Jacobe, cun bispo en Compostela titorado polo rei Afonsus II, o equilibrio territorial quedaba contrapesado, perfeccionado, controlado, dominado, así que o reino, de feito, só tiña por inimigos perigosos aos internos, aos propios cortesáns.

A esta operación mal chamada Reconquista non se puxeron de inmediato, que máis conta lles traía vertebrar, e incluso repoboar, condensar, este Reino de Galicia, así que o fixeron amodo, paulatinamente, suia-suia, que así tamén operaba o Islam, en paralelo, sen privarse dunha progresiva relación norte-sur, que unha proba diso, entre outras, foi o propio Mauregato.

É evidente que os sarracenos oíran falar de Lugo, espléndida corte sueva, hucha propicia para unha razzia das súas, ¡para unha serie delas!, bastante máis rendible có vello campamento daquela Gigia, abandonado dos romanos, pero menos lles importaba a zona montañosa das Asturias. A este respecto coido que é bo coñecer as montañas rifeñas para decatarse de que aquel fatado de bérberes, coa impedimenta da época, non estaban adestrados nin dispostos para asumi-las inclemencias climáticas. Xa sei que no Atlas tamén neva, pero os bérberes vivían máis ben na costa magrebí, e non pasaban das bocarribeiras. De Astorga para arriba, ¡nin prometéndolles sete hurís! Outra cousa, outra causa, segundo vimos insistindo, serían as razzias, os abastecementos, pois eles, nin as hortas nin a gandería, que era o seu, podían poñelas a punto en menos de quince ou de vinte anos.

¿Os nosos (hispano-romanos, suevos, bretóns...) foron sós, cara ao nacente, ás montañas, aos refuxios ástures? ¿Fuxiron descabezados, sen un protector, sen unha cabeza guerreira que os dirixise e protexese? ¡Ca! Pénsese que por aqueles tempos o sistema feudal xa tiña raizames, estaba asentado e asumido. O condado de Flammoso estaba consolidado; era forte, produtivo, e a maiores, comunicado, asentado na ruta ástur. O indicado para comandar esa retirada estratéxica cara ás montañas era, por pura lóxica, o señor conde de Flammoso, ou alguén da súa confianza, tal que algún dos seus homes de armas. ¿Chamábase Paio = Pelayo? ¡Polas trazas, si!

Mais como toda retirada ten unha estación termini, ¿onde pararon, onde se detiveron? Obviamente onde remata o embude, no recuncho máis illado, máis inaccesible, máis protexido: ¡Cangas de Onís-Covadonga! Do outro lado das montañas xa estaban os cántabros... Alí os ferreiros tiveron tempo; tempo e tempero, ocasión para calzarlles as armas aos homes de armas tomar, que naquela época, tratándose de hispano-suevos e de bretóns, serían labregos por antonomasia, na súa inmensa maioría. De seguido, reforzados, adestrados, e superado aquel medo á nova invasión, puxéronse a iso que chaman, de mal nome, "reconquista", montañas arriba, pero devagar, amodo, sen grandes fazañas, pois polo Pajares arriba o que é mouros..., ¡nin de noite! Na filosofía do suposto inimigo, na coránica, nunca entrou a guerra blitz, que esa idea é xermánica, norteña.

Este cúmulo de circunstancias ocasionou que, unha vez ¿reconquistado? Lugo por Afonso I, xenro daquel don Paio, a xente, os seus moradores, os terratenentes desta parte do país recuperasen as terras, reasentándose nelas, sen baleiros, sen necesidade de presuras nin outras concesións. Ora ben, ¿como hai que entender iso da "reconquista" de Lugo? ¿Xa chegaran os mouros, e houbo que botalos...? ¿Non sería máis ben unha recuperación fronte a alguén que, aproveitándose daquel corremento dos notables cara ás Asturias, se aproveitase da distancia e do seu baleiro para insolidarizarse, para illarse ou independizarse da férula daquela incipiente Corte ástur?

Por suposto que, calquera que fose a evolución dos señoríos nesta Gallaecia desconxuntada, unha boa porción daqueles guerreiros, daqueles vividores das armas, quedáronse na cabeceira, formando unha especie de cuartel xeneral, ¡dos xenerais!, facendo diso o seu modus vivendi, arroupando aos xefes e beneficiándose das conquistas sucesivas, en calquera das direccións, pero acaso máis na reunificación galega que alén do Puertu Pajares. Diso saiu a Corte de Cangas de Onís; e despois, Ovedo; e despois, León...! Pero a vitela nutricia estaba na retagarda, cara a Castroverde, e non nas montañas. A loxística, en homes, ferros e vituallas, era da parte de acá, onde podía haber disto en abundancia, dada a xeomorfoloxía do territorio; e con Afonso II, aliado con aquel bispo de Iria..., ¡chousa cerrada! Entón, e cun novo campamento en León, daquela si que puideron dedicarse aos mouros, pero..., ¡suai-suai!

Aquí temos, ao meu ver, e volvendo atrás, o por qué Odoario, aquel famoso poboador de Lugo, e a partir de Lugo en varias direccións, logrou tal cúmulo de terras, e as recoñeceu e testou para a súa familia, pero sen pasar de Lapio (Labio), e do actual Bascuas, ¡precisamente porque Sampaio de Arcos, Souto das Torres, etc., en dirección Ovedo, todo estaba habitado, seguía habitado, habitado e controlado!

Índonos agora ás figuras secundarias, reis á parte, -secundarias pero non por iso intranscendentes-, habería que deterse a considera-los apelidos que fixeron época e/ou sobreviviron nesta bisbarra, pois na historia da humanidade non hai edificio sen pedra de tódalas magnitudes. ¿Quen foi o máis influente, o que máis achegou; a quén lle debemos algo dun xeito especial? Tódolos grans van ao muíño, todos pasan ou pasaron pola moxega, así que resulta unha fariña tan complexa que é imposible entrar en discriminacións. O que tivemos, pero tamén ocorreu noutras partes deste país, foi unha cantidade inxente de endogamia; parroquias houbo que non chegaron a ter preitos civís, nas últimas lexislacións, simplemente porque non se atopaban dúas testemuñas alleas, que todos eran curmáns entre si.

Por iso da endogamia é curioso constatar que os apelidos, moitos e deles, van por zonas. Aquí en Castroverde expandíronse, e conserváronse, entre outros, os de: Abuín, Adrio, Alonso, Álvarez, Arias, Arrojo, Balsa, Besteiro, Boudón, Carballedo, Cascudo, Castedo, Cordero e Cordeiro, Díaz, Eiras, Fernández, Ferreiro, Fonteboa, Fórneas, Fouz, García, Gómez, González, Graña, Gude, Iglesias, Lamela, Lence, López, Millares, Miranda, Muñiz, Neira, Nogueira, Otero, Palmeiro, Paradela, Pereira, Pérez, Pillado, Polín, Queizán, Quintela, Rodríguez, Sal, Sánchez, Santiso, Seixas, Trashorras, Valiño, Varela, Villarino...


Álvarez de Meda. Abengoza. Un cabaleiro co berce en Santiago da Meda, militando nas hostes de el rei Afonso VI, tomoulles aos mouros o lugar de Abengoa, que está en Cuenca. Xeneroso o rei -segundo investigacións de Eduardo Seijas Vázquez-, concedeulle aquelas terras e maila súa sona, que de Abengoza se intitularon el e mailos seus descendentes, levando por armas, de alí en diante, en campo de goles, unha torre de prata aclarada en azur.

Señores de Altamira. Despois condes de Altamira. foron señores de Castroverde e de Luaces, etc.


Os condes de Altamira tiveron o seu predio primario en Brión (A Coruña).
O seu castelo tiña seis torres, e unha capela dedicada aos Reis Magos,
na que se enterraron os seus devanceiros, muralla, etc.
Isto é o que queda de todo aquilo.


D. Fernando Sánchez de Moscoso, que se ten por defensor de León, no 720, cando a invasión sarracena; é considerado como ascendente de:

D. Pedro Vidal Moscoso, señor de Altamira. Veñen desta rama:

D. Lope Pérez de Moscoso y Ulloa,

D. Fernando Sánchez de Moscoso,

D. Martín Sánchez de Moscoso y Becerra,

D. Ruy Sánchez de Moscoso, chamado O Bravo, señor de Altamira, que naceu o ano 1420 e foi o bisavó do I conde de Altamira.

D. Ruy de Moscoso era señor de Altamira polo ano 1445. Casou con Dª. Juana de Castro Lara y Guzmán, que era filla de D. Alonso de Castro, señor de Castroverde e de Luaces, e de Dª. María de Guzmán. (Os Guzmán arraigaron no municipio da Baleira). Fillos deste Ruy foron Bernal, Inés, Urraca e Constanza. Esta última casou con D. Fernán Pérez de Andrade, o Bo.

D. Lope, ou López, Sánchez de Moscoso y Ulloa, viviu en tempos de Xoán II e de Henrique IV. No 1468 refixo a fortaleza de Altamira, daquela de tres torres, destruída o ano anterior polos Irmandiños; fora teatro das loitas entre a casa de Moscoso e o arcebispo Fonseca. Despois da batalla de Altamira (13-06-1471), na que dispersou as forzas do arcebispo, D. Lope recobrou Vimianzo e proclamouse Conde de Altamira, título que xa lle outorgara Henrique IV ded Castela o 13-03-1455, e que lle foi referendado por Real cédula de privilexio datada o 4-05-1475. Anteriormente titulábase vizconde de Finisterre.

Dª. Urraca de Moscoso y Castro, II condesa de Altamira, título que lle foi discutido, casou con D. Pedro Álvarez Osorio, que era fillo dos marqueses de Astorga e condes de Trastámara; este Álvarez Osorio serviu aos Reis Católicos contra Portugal.

D. Rodrigo Osorio de Moscoso (ou de Moscoso y Osorio), III conde de Altamira, casou con Dª. Teresa de Andrade, filla de D. Diego de Andrade, I conde de Vilalba e V señor de Pontedeume. O Cardeal Cisneros nomeouno capitán xeneral da xente de Galicia nas guerras de África, e con el foise a Orán, asistindo á toma de Bougie. Por aló morreu, seica por culpa dun disparo fortuíto dun criado seu, que dirixiu mal unha bésta. Trouxérono nunha hucha para soterralo en Santiago.

D. Lope Osorio de Moscoso, que o criou seu tío D. Álvaro de Moscoso, dominico, aio do infante D. Fernando. Segundo queda dito, coa intervención da raíña Dª. Juana, que afianzou esta operación, mercáronlle a D. Alonso Niño de Castro (dos de Lemos), a fortaleza e maila xurisdición de Castroverde e de Luaces, que comprendía nada menos que 400 vasalos, ou sexa, 400 casarías. Este D. Lope xurou a D. Carlos nas Cortes de Valladolid, en 1518. No 1523 aparece como cabaleiro de Santiago. En 1530 asistiu á coroación do emperador, en Bolonia. Tivo o mando dos exércitos en Italia e foi capitán xeneral da Escuadra de Galicia. Casou con Dª. Ana de Toledo, irmá de Dª. Leonor de Toledo, muller de Cosme de Médicis, duque de Florencia, así que por esta circunstancia aquel Señor de Castroverde e de Luaces chegou a estar emparentado cos reis de España e de Francia.

Condesa consorte de Altamira polo seu matrimonio con Rodrigo Osorio de Moscoso foi Dª. Isabel de Castro y Andrade, nada en Pontedeume no ano 1520. Extraviaron en Madrid, na Biblioteca Nacional, a súa creación poética, que seica foi extensa e boa. Só nos quedaron dous sonetos, un en castelán e outro en galego. Publicado o galego por José María Álvarez Blázquez na súa Escolma de poesía galega, coido que merece reproducirse aquí, e perpetuarse, tal que nunha lousa, ás portas do seu castelo de Castroverde. ¡E xa non se perdese algunha composición alusiva á fortaleza herdada, pois, dada a súa sensibilidade, seguro que a tivo en alta estima!

Aracana naçón, máis venturosa,
máis que quantas hoxe ha de gloria dina,
pois na prosperidade e na ruína
sempre envexada estáis, nunca enverosa.
Se enresta o ilustre Afonso a temerosa
lança, se arranca a espada que fulmina,
creio que xulgareis que determina
só o conquistar a terra belicosa.
Faráo, mais non temais esa mao forte,
que, se vos tira a liberdade e a vida,
ela vos pagará ben largamente.
Que, a troco de unha breve e honrada morte,
co seu divino estilo, esclarecida
deixará vos fama eternamente.

Fillo destes foi D. Lope de Moscoso Osorio y Ruíz de Castro, VI conde de Altamira, que casou cunha neta de san Francisco de Borja.

De Manuel Murguía é unha cita histórica na que se recolle que os Osorio, presentes na batalla de Clavijo, conservaban uns atabais collidos aos sarracenos, así como o propio estandarte, no que campaban os dous lobos roxos, pasantes, coa lingua de fóra, en ouro.


Álvarez de Cedrón, Cedrón ou Zedrón. De Santiago de Miranda. Hai xenealoxistas que cren que este apelido arraigou máis ben no Corgo, igual que pasou co nome e apelido Jacob, e outros de raíz xudía, expoñentes da acollida que se lles deu por aquí aos expulsados polos Reis Católicos.

D. José Cedrón, ou Zedrón, que foi veciño de Santa María da Pumarega, segundo a Única, e aparece en maio de 1752 con propiedades en Santa María do Monte.

D. Pedro Álvarez Cedrón, que casou con Dª. Francisca Sánchez das Seixas. Tamén se localiza outro de igual nome e apelidos que, casado con Dª. Catalina Álvarez de Neira, tiveron a:

D. Martín Álvarez Cedrón, nado en 1680, que casou con Dª. Ana Pardo Montenegro, veciños de Santiago de Miranda, que daquela pertencía á xurisdición de Pobra de Adai. Foron os pais de:

D. Juán Andrés Álvarez de Cedrón, que desposou con Dª. Isabel de Riomol e de Quiroga; era veciña de Miranda, aínda que nacera en San Martiño de Folgosa.

O fidalgo D. Andrés Jacobo Álvarez de Cedrón e Quiroga, nado en Miranda, que residiu habitualmente en Madrid.


Os Bolaño

¿Veñen daquilo, daquela arrogancia, ou artimaña, dun bolo + un año? Esta, ¿historia, lenda?, está recollida por Pallares Gayoso no seu "Argos Divina", e refírese a que, nun suposto ou certo asedio a Lugo, un dos cabaleiros, acaso o conde de Flammoso, ¡que Bolaño é, era!, guindoulles aos de Almanzor, desde o adarve, un bolo de pan, pero tamén un año, fardándolles de que aos sitiados lles sobraba comida, e que por tanto, resistirían. Isto foi así para frei Felipe de la Gándara, pero Teodosio Vesteiro Torres non cre que un cabaleiro de Castroverde fose tan covarde e mal facendeiro como para maltratar un animal, supoñendo que máis ben llelo levou á propia xaima, tal que nas ancas do seu cabalo. Amor Meilán tómao a lenda. ¿E nós, qué? En opinión do cura de Sampaio, D. Alexandro Pin, se isto é unha lenda, merecía ser verdade. ¡Daquela deixémolo así, que non só de pan vive o home, e logo que o tal Al Mansur xa non ten ocasión de negalo, que se foi cos de Alá, descantiá! Valentes ou non, atinados ou non, o certo é que os "Bolaño" procreadores si que foron, que moito inzaron, pois este apelido chegou, incluso, ás Américas!

Dª. María de Bolaño, que faleceu no ano 1520, está soterrada no mosteiro de Meira.

D. Pedro Fernández de Bolaño y Balboa, que nalgún documento aparece como Bolaño y Rivadeneira, herdou, entre outras propiedades, o couto da Valeira. Este home dispoñía dunha forza tal, permanente, que consistía en 30 cabaleiros e 700 peóns, pero quitáronlle todo iso os Reis Católicos polo feito de estar casado con Dª. Beatriz de Castro, filla do mariscal Pardo de Cela.

Outra Beatriz de Castro, ou ben a anterior se é que casou en segundas, mencionou na fundación do seu morgado a terra de Valeira, coa freguesía de Santa Mariña de Librán, o couto de Martín, etc. Na escritura de dote do seu home, D. Juán López Pardo de Haro, do 13-12-1522, inclúense os coutos de Riomol e de Fonteita.


D. Eduardo Carreira González, fillo dun funcionario do Concello, foi alcalde de Castroverde desde 1971 a 1975, época difícil pola crise económica e política daquel quinquenio. Dirixiu o grupo escolar desde o ano 1982 ata a súa xubilación, no que tamén lle cadrou unha etapa complexa pola evolución que tivo o ensino durante aqueles anos.


Os, Castedo Pillado, de Francelos: D. Pablo, D. Julio, D. Fernando, etc. Polifacética familia na que houbo de todo: letrados, veterinarios, xuíces, enxeñeiros..., e incluso un director xeral de Televisión.


Os Castro.

Sería interesante poder demostrar que os Castro (¿de Lemos?) é máis que probable que procedesen do noso señorío, do noso Castrum, e non do Forte (Mons Fortis). Sabido é que os apelidos iniciais, os antigos, adoitan emanar do terreo, do berce das crianzas; daquela, Castro, así, con maiúsculas, era o noso, pois o de Lemos, sen deixar de ser castro, que tamén o era, non pasou a soar ata que o fortificaron, ata que o fixeron forte... ¡mons fortis!

¿De onde lles viña aquel empeño por posuír as terras do noso Castro Verde? Se así foi, ¿por qué saíron delas, acaso para poboar/repoboar o Val do Lemos, competindo coa xente de Odoario?

A mercé nobiliaria de conde foi acadada polos Castro no ano 1366, pero o seu escudo, o inicial, ese dos seis roeles (rodeliñas ou moedas), non sobrexefa signo algún de rango ou dignidade condal, uso que non se impuxo ata entrado o século XV.

Segundo os estudosos Xosé Manuel Abel Expósito e José Henrique Villarino Valdivielso, a xenealoxía dos Castro extráctase desta maneira:

D. Fadrique de Trastámara, que era irmán de D. Henrique II de Trastámara, rei de Castela, León, Asturias e Galicia, que tivo a,

D. Pedro Enríquez de Castro, que faleceu en Ourense o 2-05-1400, sendo soterrado no convento de San Francisco, de Lugo. Casou con Dª. Inés de Castro, herdeira da casa de Lemos, filla de Álvar Pérez de Castro, "o Vello", conde de Arrollos e condestable de Portugal. Tiveron por fillos a:

D. Fadrique Enríquez de Castro, conde de Trastámara, que creou, ou asentou, o señorío de Castroverde e Luaces en 25-01-1418, nomeando como sucesor, en 1425, ao seu sobriño D. Alonso. Casara o 25-02-1405 con:

Dª. Aldonza de Mendoza, filla de D. Diego Hurtado de Mendoza, señor de Hita e de Buitrago e almirante de Castela, non tendo descendencia.

D. Alonso Pérez de Castro, pai do xa citado D. Alonso. Foi súa irmá Dª Beatriz de Castro, que se reservou o señorío de Monforte, conseguindo a devolución da vila de Ponferrada; casou con D. Pedro Osorio.

O xa citado D. Alonso de Castro, que foi señor de Castroverde e de Luaces, habitou no seu palacio das Cortiñas de San Román, na actualidade, Praza Maior de Lugo; casou con Dª. María de Bolaño, que está soterrada no convento de San Domingos de Lugo, nunha capela familiar. Tiveron por fillo a:

D. Fernando de Castro, que testou en 12-08-1458. Casara con Dª. Juana de Bracamonte, e tiveron por fillos a:

D. Alonso de Castro; e a,

D. Carlos de Castro, que en 1469 era señor de Castroverde e estaba preiteando co Cabido de Lugo por mor das Cortiñas de San Román. Durante a revolta irmandiña o señorío de Castroverde foi expropiado e gobernado por oficiais postos pola Irmandade, entre eles os cabaleiros Fernán Pillado, Rui Sánchez de Luaces e Afonso López de Paradela.

Tras o falecemento dos seus irmáns, o señorío de Castroverde pasou a Dª. Isabel, que era a herdeira dos bens da Pobra de Brollón. Finou o 10-06-1481 legando o seu patrimonio de Castroverde e de Luaces ao seu fillo D. Alonso. Casara con Pero Niño, meiriño maior de Valladolid, co que tivo por fillos a:

D. Alonso Niño de Castro, quen vendeu as súas posesións, entre os anos 1512 e 1517, reservándose a casa das Cortiñas de San Román e maila torre de Ruy Vázquez, frontal ao convento de San Francisco de Lugo. O mercador, segundo se expuxo ao tratar da nosa fortaleza, foi D. Lope Osorio de Moscoso, que incorporou estes bens á casa de Altamira. Irmá deste D. Alonso foi Dª. Guiomar Niño de Castro.


Os Castroverde e mailos Díaz-Castroverde, familia de fidalgos dos que descenden persoeiros que destacaron en medicina, nas letras e na avogacía.


Natural destas terras tamén foi D. Fernando de Castroverde y Porras, que probou a súa nobreza na Real Chancillería de Valladolid. Os Castroverde levan por armas: de prata, cunha aguia da súa cor; bordo de azur, con oito estrelas de prata.


Díaz de Ribadeneira, D. Fernán. Señor de Torés, que dispoñía de 50 lanzas e 1.500 homes, entre vasalos e benfeitorías, deixoulle á súa filla Dª. María, a casa e mailos coutos de Riomol e Mirandela, con parte do coto da Fontaneira.


Díaz Muela, Cándido José. Fundador, en 1990, da banda de gaitas e tambores Zuncurrundullo, de Castroverde, que ten sona e premios internacionais.


Fusilados en Montecubeiro no ano 1937. O seu delito foi destacar pola súa mentalidade progresista, así como por unha cultura superior á da súa época, nalgún dos casos. A "lista" dos considerados "rojos", e por ende fusilables, foi de 65 persoas, pero os máis deles fuxiron ou se incorporaron ao exército de Franco, que os sancionou cunha recarga temporal. Os fusilados foron:

Manuel López López, do Albaredo
Virginia Meilán Varela, costureira e mitinista
Antonio Pereira Calderón, mestre particular
José Blanco García, de Cobula, emigrante
José Veiga López, muiñeiro da Laxe
José Palmeiro Valcarce, desertou da Lexión cando lle mataron a seu pai en Lugo
Carmen Sarille Lanceiro, unha moza culta
Manuel Graña Rico, de Maceda; e tamén os seus irmáns
José e Manuela, todos eles xente cultivada.
Arximiro Rico Trabada, un mestre ilustrado
José Freire Millares, dunha casa pobre pero ilustrado
Domingo Fernández Díaz
Dous descoñecidos, ao parecer desertores do exército franquista.


García de Juanes, Jesús. Periodista, pero é máis coñecido polos seus logros deportivos con fins benéficos, insólitos, tales como durmir ao raso no Aconcagua, ou ascender ao Kilimanjaro en taparrabos e sobre un patinete.


García de Meira. D. Jacinto Bernardo García (1730-1803), que está sepultado en Meira, por xunto da reixa do convento; estivo casado con Dª. Ángela Pestaña, que era filla de D. Andrés Pestaña e de Dª. María Ameijide, veciños de Montecubeiro.


Gómez de Neira. D. Bartolomé Gómez, natural da casa da Olga, Caraño, que casou con Dª. María Fernández, natural de Castedo (Barredo).

Un destes Gómez de Neira fixo información de nobreza para ingresar como colexial en Fonseca, no ano 1653.

Outro descendente desta casa, de nome Phelipe Gómez de Neira, veu casar cunha muller de Montecubeiro, da casa do Pacio de Berlán, dando lugar aos Gómez de Berlán. (Daquela herdanza os Gómez de Berlán tivemos foros e fincas en Caraño, que se venderon despois da guerra civil, en data da que me lembro perfectamente).


Gómez Polín, Ricardo. Natural de Pena. Doutor en Filoloxía. Especialista en literatura baixo medieval, dos séculos XIV e XV. Autor de numerosos estudos de historia da literatura, crítica textual e edición de textos antigos. Un devoto investigador e defensor do Camiño Primitivo.


González López, Luís. Máis coñecido por Lois do Cando. A concesión dun accésit de honra pola súa composición "A víspora de San Xoán en Montecubeiro" publicouse no periódico El Regional, o día 7-10-1891.


Graña Rico, Daniel. Encontrándose mobilizado, no ano 1937 os nacionais matáronlle, en cuestión de días, os seus irmáns Manuel, José e Manuela. Abriu unha carpintería en Castroverde; e foi axente postal e oficial de notarías. Alcalde polo PSOE durante catro anos.


Lamela Polín, Eduardo. Naceu en Rodinso no ano 1854, de onde emigrou para Madrid na súa xuventude. Chegou a posuír o Café Pombo, sito na rúa Carretas, famoso polos seus parladoiros, entre outros, o do escritor e periodista Ramón Gómez de la Serna. No seu testamento ordenou que se destinasen 60.000 pesetas, ¡das do ano 1929!, para construír un colexio de padroado, engadindo unha renda para mantemento da institución, que funcionou ata o curso 1978/79.


Lemos e Rois, da casa de Vilalle
Os Lemos, en definitiva, Castros e Lemos, pérdense na Historia pola súa prolixidade. D. Álvaro Nuñez titulábase conde de Trastámara, Lemos e Sarria, "por gracia del Señor Don Alfonso VI". A lenda é a seguinte: El rei subiu ao castro, ao Mont Fort, para visita-lo xefe daquela fortaleza, que o recibiu cunha copa de viño da terra e unhas sopas de allo. El rei sentou nun estrado pero non quixo comer nin beber sen que o fixese tamén o seu anfitrión, así que lle dixo, de paso que o nomeaba: "Tomad, conde". O conde, aquel Castro, que entendeu a designación, porfioulle de novo, mostrándolle acatamento: "Tomad, rei". Daquela comeron e beberon xuntos, de ti por ti, mentres os guerreiros aclamaban: "Evad el conde, Evad el conde", que quere dicir, "Eis o conde, viva o conde".

Con data 2-06-1808, para o expediente do cabaleiro santiaguista, D. Felipe Gil de Taboada y Gil Teixeiro, os comisionados da Orde de Santiago fixeron unha inspección da casa-predio da súa avoa paterna, Dª. María Josefa de Lemos, filla de D. Diego de Lemos e de Dª Josefa de Rois, redactando o seguinte informe: "Se halla situada en el referido lugar de Vilalle...; y sobre ella (da porta) un escudo de armas en piedra de sillería, con su morrión a la parte superior, dividido el escudo en dos cuarteles de arriba abajo; y en el de la derecha se reconocen tres peces y dos fajas inmediatas de ellos: y el de la izquierda tiene un castillo almenado, que parece bañado y rodeado de olas de mar; sobre cuyos cuarteles hay un letrero muy desgastado por su antigüedad del que solo pudo leerse la palabra SOLAR; y dichas armas aseguran el citado cura y vecinos ser las primeras de los bisabuelos paterno-maternos del pretendiente, y de las que usaban como distintivo de su nobleza... y que las mismas armas existían en la lápida de una sepultura de esta parroquia, como dotada por los poseedores de dicha casa; y habiéndose de hecho procedido a su reconocimiento ... se halló en el medio de la capilla maior, con su lápida, de dos piezas de cantería, y en la superior grabadas las mismas armas de la casa, y por debajo, en la otra, una inscripción que no se pudo leer por estar desgastadas sus letras; y aseguraron los circunstantes que dicha sepultura era de D. Diego de Lemos, padre de la Dª. María Josefa, y bisabuelo paterno-materno del citado pretendiente...". As armas antes referidas veñen a ser dunha antiga casa dos Gayoso e dos Deza.

D. Álvaro de Rois y Gayoso, que casou con Dª. Beatriz do Páramo, foron donos da Casa de Vilalle, e tiveron a:

Dª. Josefa Antonia Rois Gayoso y Guitián, bautizada en Vilalle o 3-09-1664. Casou por poderes, en Vilalle, o 4-03-1701, con Diego de Lemos Taboada. Tiveron a:

Dª. María Josefa de Lemos e Rois, bautizada en San Pedro de Vilalle o 16-11-1701. Casou con D. Felipe Gil Taboada Villamarín, señor do pazo de Des. Foron os pais do primeiro dos condes de Taboada.

Dos Rois, pero da Casa de Caraño, procedía D. Antonio de Roys (sic), que foi cura de San Jorge de Rebordaos. Figura empadroado como nobre no ano 1752, pero residente en Santa María do Monte.


Os Marzo, de Vilabade. Esta familia estivo levando o apelido Mario antes de poñerse Marzo. Emparentaron cos de Lemos polo casamento de Dª. Elvira López de Marzo con D. Alonso López de Lemos. (Desta casa foi para Berlán miña bisavoa, Dª. Concordia Carballedo, que seica se sentía fachendosa co seu nome de pías, e non era para menos: ¡chamarse Concordia naqueles tempos!).


Os Miranda. D. Wenceslao Miranda, de Castroverde, foi escritor e profesor da Academia Militar de Peekskill e da Universidade de Portland. De xubilado fixou a súa residencia en Ocala, Florida (EE.UU.) Débeselle, entre outros traballos de altura, unha historia da perda das colonias españolas en 1898, contemplada e analizada con meticulosidade e con imparcialidade.


Montenegro e Páramo.

D.Pedro de Páramo Montenegro, que naceu en Vilabade e casou con Dª. Isxabel de Neira e Santiso, tamén de Vilabade. Tiveron a:

D. Juán Montenegro Páramo Neira, nado en Pobra de Burón, onde seu pai era xuíz ou meiriño designado polos Altamira. Este D. Juan casou con Dª. Isabel Mariana Osorio Santiso y Ulloa, que era filla de D. Juan Pardo Osorio y Ulloa (de Vilabol) e de Dª. María de Quiroga Riomol e Santiso (ela de Vilabade). Fillo de D. Juan foi:

D. Antonio Crisóstomo Montenegro Páramo y Osorio, que naceu na Pobra de Burón. Optou a unha prebenda en Santiago, o 8-10-1768.

Noutras nupcias, o citado Juán Montenegro Páramo Neira casou con Dª. Isabel María Osorio e Santiso, nada no Vilariño de Castroverde. Tiveron a D. Manuel Montenegro Páramo e Osorio, que tamén naceu na Pobra de Burón.


Moscoso

Os que máis sobresaíron en Galicia foron os da Terra de Montaos, dos que proceden os condes de Altamira, emparentados co máis sobranceiro da nobreza galega. De apelido Moscoso houbo un Potencio de Moscoso, que asistiu aos concilios XV e XVII de Toledo. Armas: en campo de prata, tres cabezas de lobo, de púrpura, ben ordenadas. Os historiadores afirman que a súa orixe é goda. Foron moi prolíficos e chegaron a controlar medio Galicia. O primeiro destes condes, segundo queda indicado, foi D. Lope Sánchez de Moscoso.


Muñiz Besteiro, Manuel. Profesor. Un polifacético, con grandes dotes de dirección e de organización. Natural de Vilar de Cas. Debémoslle, entre outras actividades de orde cultural, a creación e maila Presidencia da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, que tanta e tan efectiva actividade leva desenrolado.


Pedro Muñiz de Carvajal, que foi o primeiro dos emigrantes transoceánicos desta bisbarra de Castroverde. Constan os seus datos nos expedientes de Sevilla, da Casa da Contratación, conservados no Arquivo de Indias.

No século XVI, recén descuberto o Novo Mundo, aló se foron, en quendas, por suposto, un total de 375 galegos. Temos que ponderar que nos primeiros tempos da colonización só se podía embarcar por Sevilla, así que esta dificultade xeográfica dálles mérito e valencia aos nosos pioneiros. ¿Por qué non antes? Os capitáns galegos tiñan mal predicamento cos de Isabel de Castela; e logo que, naturalmente, os conquistadores levaban xente a eles inmediata, principalmente andaluces e estremeños, veteranos na súa maioría das guerras de Granada, represión de xudeus e de mouriscos, etc.

Muñiz de Carvajal marchou solteiro. Nacera en San Cibrao de Montecubeiro, fillo de Antonio López e de Ana Muñiz. Iso de utiliza-los apelidos da nai daquela podía facerse, aínda que tamén puido ser fillo natural de dona Ana, incorporado ao seu matrimonio co tal López.

Embarcou en Sevilla, ou desde Sevilla, con destino ao Perú, no ano 1560, en calidade de criado do licenciado Briviesca de Muñatones. O que non consta é onde e cómo coñeceu e se incorporou á xente dese licenciado, aínda que parece probable que fose con ocasión das guerras con Francia, pois, ao firmarse a paz de Chateau-Cambrésis, os nosos militares quedaron licenciados e sen traballo.

Muñiz de Carvajal tamén se apelidaban os últimos fidalgos de Vilafrío; hoxe casa de Tamaredo.


Navias da Frairía, donos do Couto de Marrondo. Procedían da casa de Folgueira, de Neira de Rei, e foron cabos do partido de Neira, por tres xeracións. D. Gonzalo Méndez de Navia significouse nas guerras contra Portugal.

D. Jacobo Álvarez de Navia y Llamas, señor da xurisdicción e couto de Marrondo, dono da casa de Folgueira, casou con Dª. Antonia Pardo Pimentel. Seu irmán, D. Diego, foi alcalde maior e máis antigo de Lugo, no ano 1703.


Neiras e Santiso, de Vilabade.
D. Pedro Vázquez de Neira y Santiso casou con Dª. Catalina de Aguiar y Baamonde. Foron veciños da vila de Vilabade. Esta Dª. Catalina tivera do seu primeiro matrimonio a: D. Juán, D. Alonso, e D. Diego Osorio de Escobar y Lamas (ou Llamas). Nota: Os Llamas traen a súa orixe das Asturias, e tiñan por escudo de armas: en campo de ouro, unha fogueira, ou un castelo, ardendo.

D. Juán foi cabaleiro de Santiago e cabaleiro maior do cardeal D. Baltasar de Moscoso y Sandoval, arcebispo de Toledo. Comprou o couto e xurisdición de Pena e de Pozos, que era da xurisdición de Burón. Morreu abintestato, en Alcalá de Henares, herdándolle súa nai, a precitada D. Catalina.

D. Diego merece, e terá, capítulo á parte.

Do matrimonio dos arriba citados D. Pedro e D. Catalina, naceron:

D. Alonso Santiso y Neira, que foi Colegial de San Clemente, visitador xeral do arcebispado de Toledo e cóengo dignidade da súa igrexa, deixando por herdeiras ás súas irmás:

Dª. Catalina de Neira y Santiso, que casou con Gómez Yañez de Riomol; tiveron de fillos a José, Francisco, Juan, María e Ana Joaquina Riomol e Quiroga; e a:

Dª. Isabel de Neira y Santiso, que casou con D. Pedro de Páramo Montenegro, fillo de D. Diego de Páramo e de Dª. Isabel Freire de Andrade.

D. José de Neira e Quiroga. Deste señor sábese que era natural de Vilabade, e presúmese que o levou para América, consigo ou reclamado, o bispo Osorio. Neira, home de gran cultura, foi alcalde de Puebla (México). (Ese estado de Puebla pasa hoxe dos tres millóns de habitantes, e a súa capitalidade sobrepasa o medio millón. Produce arroz, café, cana de azucre, vainilla, etc., pero é famoso, principalmente, polas súas minas de ouro, prata, cobre e chumbo. ¡Todo isto dirixiuno e organizouno un veciño de Vilabade!).


Os Osorio, ou Ossorio, que das dúas maneiras o escribiron. Empecemos por:

D. Francisco José Cayetano Ossorio de Albaredo y Bolaño, IX señor da casa de Albaredo, que casou en 25-01-1757 con Dª. María Josefa Becerra Llamas y Maseda de Ron y Escobar; tiveron a D. Gonzalo Manuel Rodrigo José Antonio Ramón Ossorio de Albaredo y Becerra-Llamas, nado en 1763. Foi o fundador da sociedade da Fábrica de Hierro de Pereirúa (Fonsagrada).

D. Juán Pardo Osorio y Ulloa, que foi rexedor de Lugo, casou don Dª. María de Riomol y Quiroga. Foron veciños de Castroverde e tiveron, entre outros, algún deles cóengo, a D. Diego Osorio y Ulloa, que tamén foi rexedor de Lugo en 1737. Filla destes últimos foi Dª. María Ana Osorio Omaña y Queipo, nada en Castroverde no ano 1700.

D. José Benito Osorio y Valcárcel, de fidalguía recoñecida. O seu fillo, D. José Antonio Osorio y Valcárcel desposou con Dª. Josefa Cedrón Luaces. Polo XIX aparece como herdeiro D. Manuel Osorio Valcárcel; e tempo despois atopámonos con D. Francisco Osorio Penela, casado con Dª. Casilda Veiga Castedo, aos que herdou a súa filla Dª. Manuela Osorio Veiga, que casou con D. José Fernández Dorado. Destes pásase a D. José Fernández Osorio e dous irmáns.


Pallín, ou Pullín. Pollín ou Paulín.

D. Gonzalo Pallín, que casou con Dª. Teresa López de Queizán; tiveron a:

D. Bartolomé López Pallín, da casa de Soutomerille, que foi escribán na Pobra de Adai; casou con Dª. Inés López da Barreira, e tiveron a:

D. Andrés López Pallín, escribán real, familiar do Santo Oficio, natural de Soutomerille, que casou con Dª. Marta Díaz de Aguiar, natural da Pobra de Adai. Tiveron a:

D. Antonio Pallín y Aguiar, que naceu en 1607; foi apadriñado polo cóengo de Tui D. Alonso López Pallín, unha notabilidade intelectual.

Tivo casa no Santo Estevo de Paderne o avogado D. Ramón Pallín, onde se conservaba a súa liteira de viaxe, que a utilizaba para asistir aos preitos da Real Chancelería de Valladolid.

Na Única de 1752 figura D. Ángel Pallín, de setenta anos, como residente na casa de Santo Andrés (San Cristóbal) de Barredo, cun fillo de trinta anos, citándose como cura a D. José Pallín.

D. Francisco Antonio Pallín y Luaces Montenegro consta como fidalgo na freguesía de Santiago da Meda en 27-11-1715; e en 1741 Dª. Inés Bahamonde Pallín.


Os Paradela, de Outeiro.

D. Domingo Paradela, cóengo da catedral de Lugo, no século XIX, foi tío da señora de D. Puro Cora Sabater, Dª. E. M. Paradela do Couso.


Os Páramo, da Torre de Piñeiro. Os do apelido galego (porque hai outros Páramo co berce en León, e outros máis en Asturias) proceden da freguesía do Páramo, Castroverde.

Da casa de Piñeiro, antiga xurisdición de Adai, foron:
D. Juan Bautista Quiroga Páramo y Porras, que casou con Dª. Francisca Javiera Pallín Zapata Álvarez de la Barrera y Valcarce, con casa en Barredo, Vilacote e outras; era filla de D. Manuel Pallín y Zapata, señor de Soutomerille.

Dª. Concepción Quiroga y Pallín, que casou co licenciado D. Nicandro García-Armero y Taboada. Tiveron unha ampla descendencia de militares, médicos e avogados.

D. Diego de Páramo Montenegro, que casou con Dª. Isabel Freire de Andrade; foron veciños de Castroverde, e tiveron a:

D. Pedro de Páramo Montenegro, que naceu en Vilabade. Casou con Dª. Isabel de Neira y Santiso, filla dos renomeados D. Pedro e Dª. Catalina. Este D. Pedro foi alcalde das compañías de Burón; testou en 1587 doando unha gran suma de diñeiro para a fundación de doncelas casadeiras en Vilabade, e tamén en Burón.

Tiveron a D. Juan Montenegro Páramo Neira, que lles naceu na Pobra de Burón, casando con Dª. Isabel María Ana Osorio Santiso y Ulloa, nada en Santiago de Castroverde, filla de D. Juan Pardo Osorio y Ulloa, oriúndo de Gigunde, Villabol, e de Dª. María de Quiroga Riomol y Santiso. Destes últimos foi fillo D. Antonio Crisóstomo Montenegro Páramo y Osorio, prebendado da catedral de Santiago en 1768.

D. Juan e Dª. Isabel fundaron, o 29 de agosto de 1607, a titulada Cofradía de Nuestra Señora Virgen del Carmen, de Villabad.


Irmáns daquel D. Pedro de Páramo Montenegro foron:

D. Antonio, reitor da Universidade de Alcalá e capelán maior dos reis na capela de Granada.

D. Diego, cura de San Xoan de Calo e comisario do Santo Oficio.

D. Domingo, que casou con Dª. Bernarda de Rois y Gayoso. Estes foron veciños de Castroverde, e tiveron a:

D. Pedro de Páramo Montenegro y Gayoso, que tamén viviu en Castroverde.

Dª. Isabel, que casou; e Dª. Ana e Dª. Catalina, que foron monxas.

O citado D. Pedro, que foi cabo das compañías de Burón, Alcalde da Pobra de Burón, meiriño e xustiza maior desta, casou con Dª. Isabel de Neira Santiso y Aguiar. No seu sepulcro, xunto do altar maior da igrexa de Vilabade, están as súas armas.

En Vilabade os Páramo eran fregueses desde 1752, no que se rexistraron D. José Páramo, D. José de Montenegro Pardo e D. Manuel Páramo.

D. Pedro e Dª. Isabel tiveron a:

D. Manuel Páramo de Montenegro, que naceu en Santa Eulalia de Bolaño. Casou con Dª. María Benita Somoza y Sangro. Fillos deles foron:

D. Antonio Páramo Somoza y Sangro, cóengo de Santiago e cabo da Orde de Carlos III. Morreu sendo reitor da Universidade de Santiago e bispo electo de Lugo. Está soterrado en Compostela, na capela do Salvador ou da Madalena.

D. José Benito Montenegro Páramo y Somoza, señor de Burón e de Vilabade, alguacil mayor do tribunal da Santa Inquisición de Reino de Galicia e rexedor perpetuo da cidade de Lugo. Matrimoniou en tres ocasións: de primeiras nupcias con Dª. Rosa Pardo Suárez de Deza, da que non tivo descendencia. En segundas con Dª. Ángela de Aya y Saavedra, da que tampouco logrou descendencia. Por último, con Dª. María del Carmen Santiso y Riego, tendo a Dª. María Jacoba Páramo Santiso y Riego. Esta casou con D. Francisco Bermúdez de Sangro, no 1803, sendo xa veciños de Lugo. O pai desta, Dª. María Jacoba deixou, nun testamento aberto, de 1787, a obriga para esta filla de doar 400 ducados a cada un dos seguintes beneficiados: ao cura da casa, aos cregos das parroquias de Vilabade, Goián e Sumio. Ademais disto, 100 ducados para cada unha das serventes do pazo, que eran tres, cociñeira incluída. A partir deste matrimonio desaparece o morgado de Vilabade, e os seus descendentes deixan de vivir neste pazo. Esta propiedade pasou a ser rexida por administradores, que acabaron vendéndolla ao señor Veiga Lage, de Lugo. Este último, despois duns anos de posesión, transferiulla a D. Sabino Abraira, natural de Pol e casado coa cordobesa Dª. Teresa Arana Suárez-Varela.


Os Pardo
D. José Pardo y Neyra, nado o 20 de agosto de 1724, foi cura do Páramo.

Da rama dos Pardo-Neyra, consorte foi Dª. María Colmenero y Ulloa, portadora, entre outros títulos, do vínculo de Cellán de Calvos, fundado en 1551 polo rexedor de Mondoñedo D. Ares Gómez de Castroverde.


Os Pérez Pardo
D. Vicente Pérez Pardo era oriúndo de Santo André de Barredo. A comezos do XX foise para Coruña, a cumpri-lo servizo militar, no que chegou a cabo gastador polo seu tipo e modais, que daquela era un título e un precedente con categoría deportiva. Tiña unha tía, Dª Soledad Novo, que vivía na rúa das Tabernas, quen lle aconsellou que non volvese para o seu Castroverde, "a darlle ao sacho", que era demasiado alto como para dobrarse, e logo que na Herculina, "... os bos mozos sachan doutra maneira". Aceptada a proposición, súa tía recomendouno aos donos do Hotel Europa, así que, de gastador, pasou a restaurador. Cóntase que, nun banquete, servido no pazo de Meirás, e precisamente por agacharse, rachoulle o frac. ¡Seguía sendo gastador! A todo isto, dona Emilia Pardo Bazán, estomballada na súa cadeira, estourou en risos, "Tápate, Vicente, que se te ve el solomillo". O caso é que deu en caer ben á xente de altura, e fíxose célebre entre os colegas da restauración. No ano 1919 adquiriu, non se sabe con qué apoio ou afianzamento, o Gran Hotel Europa, ao matrimonio Fiol, na ¡inmensa! cantidade de 25.000 pesetas, que para daquela era un pasmo, unha fortuna. Debéronlle tremer as pernas pois nin o comentou coa familia -dicíase- para que non o tachasen de louco, ou de acabador. Pois non, que non acabou mal, en absoluto, e iso que daquela só cobraba a pensión completa ¡a catro pesetas!


Os Pillado
Presentan este apelido como resultante duns "pillados" polos mouros, que foron liberados precisamente por un irmán destes, "pillando" á súa vez ao gobernador mouro, coa complicidade dunha irmá do sarraceno, namorada daquel cristián. ¡Unha lea, pero o caso foi que houbo liberación! Esta lenda, ou tradición, ten unha orixe bastante similar ao feito que deu lugar aos "Luaces" de Pol.

No ano 1768, na freguesía de Santiago da Meda, aparece como fidalga Dª. María Pillado.

No 1791 D. Ramón Díaz Pillado, de San Ciprián de Monte Cubeiro, fixo información de nobreza. De feito, na casa dos "Pillado" en Verducedo consérvase o seu brasón de armas. Predecesores deste Pillado foron:

D. Andrés Benito Pillado, que exerceu de escribán en Lugo desde o 1743 ao 1764; e D. José Antonio Pillado, exercitante entre 1774 e 1780. Tamén foi un fidalgo notorio o capitán D. Alonso Pillado Montenegro y Luaces, natural de Bolaño.


Casa de Riomol
Desta proxenie foi o xa citado Gómez Yañez de Riomol, nado en San Martín de Folgosa, do que figura como avó seu D. Carlos de Osorio y Omaña. Con Dª. Catalina tivo aos tamén citados José, Francisco, Juan, María e Ana Joaquina de Riomol e Quiroga. D. José ingresou na O M de Santiago en 1672, e viaxou a México, onde foi capitán da garda de seu tío o bispo Osorio. D. Francisco, que foi colexial de San Clemente e Conselleiro de Castilla; faleceu en 1721 en Valladolid, onde era catedrático da súa universidade. D. Juan, que tamén pertenceu a San Clemente, e foi catedrático; Conselleiro de Castilla e tamén da regencia de Navarra. Dª. María, que casou con D. Juan Pardo Osorio y Ulloa. Dª. Ana Joaquina, que casou na casa de Villaguisada con D. Pedro Benito Miranda y Rivadeneira, dono do couto de Xermar.

Dª. Isabel de Riomol y Quiroga, bautizada o 8-06-1695, casou con D. Andrés de Yebra, que era fillo de D. Diego de Yebra e de Dª. María Rosa Bermúdez, veciños de Santo André de Mirandela, que daquela pertencía á xurisdición de Adai.

D. Francisco Quiroga Riomol, que casou con Dª. Bárbara Villar y Pardo, de Santa María de Uriz.

Dª. María Josefa Quiroga Riomol, que herdou en Santiago de Miranda.


Do vínculo dos Yebra, familia de orixe cántabro, resultan:
D. Diego de Yebra Pimentel Suárez de Deza, que residiu en Láncara e foi señor dos vales e coutos de Láncara e de Riomol. Faleceu sobre do 1730. A partir diso temos as primoxenituras seguintes:

D. Juan de Yebra Riomol, D.Pedro de Yebra Riomol, D. Pedro de Yebra Varela Riomol, D. Diego de Yebra Riomol, etc., ata:

Dª. Rosalía Ron, nai do famoso político Manuel Becerra (un político de esquerdas que, inexplicablemente, por puro despiste do réxime, seguiu tendo unha praza no Madrid franquista, no cruzamento entre Alcalá e Doctor Esquerdo), quen casou don Dª. María de Cancio.


Rubinos, ou Rubiños
Apelido que se estendeu por Pol e Castroverde. É considerado como unha gloria ilustre de Santa María do Monte, Outeiro-Castroverde, D. Pedro Rubiños y Cedrón, cóengo de Lugo, falecido en 1669. Fundou unha capelanía que teñen por súa os Ferreiro Cedrón.


Vicetto Pérez, Benito
É imprescindible evocar aquí, sequera sexa dándolle a consideración de Fillo Adoptivo, honoris causa, con gratitude, ao escritor ferrolán, que quedou tan impresionado das súas visitas ao castelo de Castroverde que alí mesmo pediu recado de escribir e xa bosquexou o argumento e maila ambientación da súa novela histórica, El caballero verde. Publicouna en Madrid no ano 1844, pero como por aquel entón a cousa de Castroverde soaba pouco, quixo darlle marketing á súa obra cabaleiresca, ambientada na mítica do século XIV, así que lle mudou o título para a segunda edición, que xa foi ao prelo coa cabeceira de El Caballero de Calatrava.


Os Villarino, ou Vilariño, de Rebordaos

Ilustre familia que destacou en varias actividades, incluso no Exército. Emparentados cos Montenegro, Ron e Gayoso. Desta proxenie pasaron varios a América, onde D. Juan José Antonio Castellí y Villarino foi un prócer, famoso, da independencia arxentina.

O autor sente e lamenta que a limitación dun libro desta natureza, esquemático como debe e pretende ser, non poda dar cabida a unha xenealoxía tan complexa e tan ilustre como foi a dos Villarino, coa particularidade de que esta familia conserva documentalmente o seu historial, ¡digno dunha novela de Benito Vicetto!, desde a existencia de D. Pedro Álvarez Villarino de Entrambas Aguas, capitán das milicias reais, nado en 1640.

A mención que non pode omitirse é a de D. Ramón María Álvarez-Villarino e Montenegro, auténtico prócer deste Concello, que desempeñou relevantes cargos públicos, non só no Goberno provincial -foi deputado por Lugo-, senón, e tamén, no da nación. Deputado nas transcendentes Cortes de Cádiz, formou parte do Consello de Goberno durante a rexencia da raíña María Cristina e ata a maioría de idade da raíña Isabel II. Reuniu unha considerable propiedade rústica e construíu a casa familiar. Casou con Dª. Antonia Vicenta Montenegro, filla do marqués de casa Pardiñas, da ilustre rama da Caldaloba. Gran benfeitor deste concello, debémoslle, entre outras iniciativas, o traslado do campo da feira desde o burgo da vila ata o bosque/parque que ocupa actualmente.

Estas armas (dos Villarino) aínda campan no cuartel 2º da casa de Eiras (Pol) en conxunción coas dos Montenegro, que ocupan o 1º; no 3º entroncan coas de Ron; e coas dos Gayoso no 4º.

É imprescindible citar, como un cuarteirón máis da nobreza dos Villarino que un inventario da súa biblioteca familiar, libros e pergameos, elaborado en Lugo o día 1-06-1846, ¡ocupa 20 folios!

En tempos máis recentes esta liñaxe familiar non se detivo, xa que na primeira metade do pasado século algúns dos seus membros pasaron a América, destacando en diversas actividades; e na actualidade existen descendentes ilustres do tronco primoxénito na antiga casa-torre do avoengo inicial, e tamén, dispersos, que non dispersados, en Bolaño, en Lugo, e tamén en Madrid.


Os espectadores

Vimos de citar aos autores, aos persoeiros, aos que fixeron historia (algúns, só algúns) coas súas vidas, coas súas achegas, coas súas herdanzas, pero..., ¿os espectadores? Aquí temos un caso notable, e por tanto simbólico, significativo: Trátase do señor Hilario (máis ben Don, que así llo poñen nos recibos da Contribución), que pasou tres cuartos de século contemplando, desde o patín da súa casa, cómo ía esqueletizándose, paulatinamente, a monumental igrexa do seu Cellán!





Cregos de sona

¡Unha infinidade! Mais como sería cousa de que os biografase un arquiveiro catedralicio, con tempo e papel abondoso, amén do agravio comparativo en que poda caerse sometendo a xuízo histórico tan só os máis recentes, deixaremos a cousa restrinxida a unha pequena mostra dos indiscutibles.

Vinte séculos de cristianismo dan para moito, en todas partes, pero no caso concreto das terras de Castroverde hai nutrientes especiais: unha ruta de romanos que, mal que ben, acolleron a Santiago..., ¡xa que se volveu desde Zaragoza! Uns suevos convertidos en masa ao cristianismo desde moito antes de que o foran os visigodos... ¡Ermidas e conventos a esgalla! Concilios aí en Lugo, ao lado... E logo que o castelo xerou unha fidalguía exuberante, que tivo que optar entre a milicia ou a tonsura.


Diego Osorio de Escobar y Llamas



Emparentado cos condes de Altamira. Trátase dun dos homes más ilustres de Castroverde. Titulouse do beneficio de Santiago de Fonteita. Foi vicario xeneral do cardeal Moscoso y Sandoval, despois de ser consultor da Suprema e xuíz da Nunciatura en España. Cóengo dignidade da catedral de Toledo. Bispo de Puebla de los Ángeles e de México. Administrador do Arcebispado de México. Vicerrei e capitán xeneral da Nueva España, México, onde faleceu no ano 1673, deixando en testamento unha cantidade importante de prata, como fundación, para a cera do Santísimo (catedral de Lugo), para a capela do Carme, e para outras obras pías: concretamente 6 capelanías na igrexa de Vilabade, dúas de 200 ducados de renda cada unha, e catro de 150, para os fillos e descendentes das súas sobriñas, Dª. Isabel e Dª. Catarina, para o que remitiu 42.000 ducados a D. Juán Pardo de Ulloa. ¡Ah, e tamén para que se dese a cada moza de Vilabade, como dote para tomar estado, 1.500 ducados para matrimonio, ou 1.200 para entrar de relixiosas!

Entre 1663 e 1664 administrou o Arcebispado de México, vacante entón por traslado do tamén galego Mateo Segade, pero non aceptou a titularidade que se lle propuxo, Por encargo de Felipe IV, o bispo Osorio de Escobar foi vicerrei interino, durante tres meses, de toda a Nueva España, así que naquel tempo foi a máxima autoridade, civil e relixiosa, daquel vasto e riquísimo territorio, tan importante que compartía co Vicerreinado de Perú toda a xurisdición americana. Nesa función substituíu ao soberbio e odiado conde de Baños.

Conta o historiador Hanke que, naqueles tres meses de mandato, o noso bispo-vicerrei fixo auténticos milagres, cunha actividade sorprendente, que mesmo parecía que contaxiaba a tódolos sectores do País: Organizou unha axuda militar e financeira a Cuba. Procesou tódolos funcionarios corruptos...; ¡polo menos todos os que descubriu! Axilizou a facenda e fíxolles rematar 70 preitos que tiñan pendentes. Enfrontouse aos defraudadores da Real Facenda e fíxolles apoupiñar 450.000 pesos de prata, que llos mandou ao rei de España nun galeón. (Aquí, salvo o caso das súas fundacións, mellor fose que non mandase aquel diñeiro, pois, en España, con tanta prata de bóbilis-bóbilis, os señores e mailos fidalgos da Corte de Felipe IV seguro que se volveron máis folgazáns do que xa eran).

Segundo estaba mandado nas Leis de Indias, ao incorporarse un vicerrei titular, neste caso o marqués de Mancera, para comprobar se abusara ou non do seu cargo o saínte, houbo a consabida sentenza, que neste caso foi positiva e ratificouna o Consello de Indias: "... por haber ejercido dicho señor obispo los cargos de virrey, gobernador y capitán general de este reino y de presidente de esta real audiencia con justificación, celo y desinterés, así como en el servicio de SM como en el bien común".

Outro aserto. Segundo o Grupo Nono Art, en Los gallegos y el Nuevo Mundo, edición do Banco Pastor: "Diego de Osorio se nos presenta como buen administrador, justo, activo y desprendido. Un personaje de virtudes poco comunes".

¡Con xente deste brío e desta honradez non hai país que hiberne!


Fr. Manuel García y Gil
O frade dominico García Gil foi consagrado bispo na catedral de Lugo o 23 de abril do ano 1845. Nacera en 1802 na parroquia de San Salvador de Camba, hoxe concello de Rodeiro. Foi ecónomo en Montecubeiro, exercendo de mestre dos seus fregueses cunha entrega e cun entusiasmo do que aínda se fala nesta bisbarra, que tantos mestres dos de "a ferrado" suscitou, ¡e van dous séculos da súa ausencia!

Chegada a exclaustración, púxose ao servizo da diocese lucense, exercendo de profesor e de vicerreitor do seminario. Despois mandárono para a sé de Badaxoz, e de alí pasou a arcebispo metropolitano de Zaragoza, recibindo o cardealado en 1877. Morreu con sona de santidade o 28 de abril de 1881.

Un laudatorio del, que se conserva en manuscrito nalgunha casa de Montecubeiro, rezaba así: "Dios premiou tantas virtudes, / qu´o seu premio sempr´alcanza / ós que traballan na viña, / e ós que sudan para labrala".


Xosé María Valcarce Luna




Máis coñecido polo apelativo de "Crego Luna", xa que procedía da casa dos Luna da Cernada (Montecubeiro), que seu pai viñera do Bierzo. Nesta parte do país foi o único cura preso, encarcerado, por defender aos labregos.

Nado na freguesía de Montecubeiro o 15-04-1884, foi ordenado sacerdote en Lugo, en marzo de 1908. Consta na súa biografía que era pitoño, de face ancha e vermella, sabio e sinxelo á vez. Un santo que se quedou ao pé dos altares pola cantidade de inimigos que xerou a súa loita en contra da incultura, que tanto lles conviña daquela aos caciques locais. Iniciou os estudos eclesiásticos en Lugo, e pasou á titoría de Samos, para rematalos en Lugo. Estivo seis anos de coadxutor en Montecubeiro, e de alí pasou ás freguesías de Santa Cristina de Areas e San Fiz de Amarante, por concursos.

Dunha actividade extraordinaria, por onde pasou mellorou igrexas e adros; unha capela no seu lugar da Cernada, casas-escolas, asociacións e sociedades agrarias, etc. No ano 1921 foi levado á cadea por unha parella da Garda Civil á que se opuxo cando tentaban comisar unhas reses a certos veciños que non puideran pagar en tempo e forma os "consumos" municipais. Dábase a cacicada de que o anuncio de repartimento de Antas saíra publicado no Boletín Oficial do día 30-05-1921, coa suposta firma de Domingo L. Carreja, "presidente de la Junta General repartidora", ¡dándose a falacia de que non había en todo Antas ningún veciño con ese nome! Como a cousa tiña os seus perendengues, ao "Grego Luna" sacárono dos grillóns a pretexto de que estaba enfermo, e pasárono, para disimular pero vixiado, ao hospital de Lugo, ata que o Consello de Guerra o declarou inocente. Un dos seus defensores foi o propio Calvo Sotelo (José).

O impulso cultural que lle deu Valcarce á bisbarra de Antas de Ulla foi unha das circunstancias que se ponderaron para decidir que fose esta localidade a primeira de Lugo que contou cun colexio público comarcal.

Nin que dicir ten que ninguén propuxo a súa canonización, salvo os labregos desa comarca, que o tiveron por copatrón, ¡de par do San Sidro!


José Valiño Trabada

Naceu no lugar do Campo, cerquiña do convento de Montecubeiro. Ordenado sacerdote, foi destinado á parroquia do Santo Estevo da Mora, arciprestado de Guntín. Cando e canto herdou dos seus pais, inverteuno nunha fonte pública, monumental, no lugar do Fato, e o remanente distribuíuno entre os pobres do lugar. Namorado da natureza, publicou o libro de poemas Surcando el Miño, con esta invitación na portada: "Poco valdrá, pero menos costará". Polos anos 40 vendíase a 1 pta.


Os irmáns Reigosa Ferreiro, D. Rogelio e D. Manuel

Ao primeiro deles, D. Rogelio, colleuno o alzamento en Madrid, onde estudou e exerceu Maxisterio. De regreso en Castroverde, compatibilizou ambas carreiras, ambas docencias, sen prexuízo de dedicarse á investigación histórica, con frecuentes artigos en El Progreso. Dicíase que chegou a reunir unha importante colección de documentos, inéditos, da que se descoñece o paradoiro actual.

D. Manuel, que morreu lonxevo, predicando coa verba, coa escrita e co exemplo. Outro santo varón.


Varela Gorgoso, D. Manuel

Non é raro escoitar a denominación de catedral referíndose á igrexa de Vilabade, precisando que, para iso, só lle falta ter un bispo. ¡Xa o ten! Se volvesen aqueles tempos da igrexa popular, de elección libre e directa, arestora o cura Manuel, que é como popularmente o coñecen nesta bisbarra, así, sen don, por máis que os teña duplicados, a mitra xa a tería recibida; e de máis aló, tamén. Pero está visto que é católico e apostólico, cando acaso o que lle conviña era ser romano, presentado en Roma.

Naceu en Santa Cruz da Retorta (Guntín), o 18-03-1936, así que é inocente da "cruzada", que o pillou no berce. Andou polas parroquias de Santa María de Son, Santa Eufemia de Folgueiras e Santa Mariña de Castrosante, ás que lles debemos este traspaso, esta fichaxe. Pero, oficialmente, aínda non foi recoñecido como Fillo Adoptivo de Castroverde.

Sendo admirable a súa pastoral, afecto e simpatía, que lle son unanimemente recoñecidos nesta bisbarra, tamén tirou forzas para obte-los títulos de Graduado Social e Dereito, así como Profesor de FP. Fundador da Asociación Cultural Espalladoira, entre outras actividades cívicas e culturais; fose ou non súa a idea de optar por este nome, na práctica isto é o que veu facendo todos estes anos: ¡espallar, difundir, separar o gran da palla!

Puxéronlle Manuel, pero tamén lle acaería chamarse Xosé, ou Sidro, polo artesanado dos seus brasóns familiares: avoas, tecedoras; avós, zoqueiro e ferreiro; pai, camiñeiro; casa de labranza... ¡Un labrego con clergyman!


Dous políticos do século XX: o analfabeto e maila mestra.


Manuel Antonio Cordero (ou Cordeiro) Pérez, que naceu en Riomol (Castroverde), o día 19-08-1885, e foi bautizado o día 20. Teño ante min as dúas fotocopias: tanto na do Concello como na do Bispado figura co segundo nome de "Antonio" e co apelido "Cordeiro". ¿Era un "Cordero", de ascendencia maragata, indebidamente traducido a "Cordeiro", ou é que, por Madrid adiante, deulle ou déronlle un anosamento incorrecto? ¡O caso é que se trata dun fillo preclaro de Castroverde, que outros houbo, certamente, pero, procedentes de tan humilde berce, poucos, ou ningún!



Emigrou de rapaciño, chegando a ser un culto tenente de alcalde no concello de Madrid, deputado a Cortes, xefe do Grupo Parlamentario Socialista, e un longo etcétera. Morreu no exilio, en Buenos Aires, que así o recolle a partida de bautismo, en nota marxinal, pero non a do Rexistro Civil, onde, dadas as circunstancias políticas, o esqueceron. Asistiu ao seu enterro, con outras personalidades, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Chegado a Madrid, empezou traballando nunha taberna, e despois nunha abacería, que así lles chamaban aos "super" daquela. Máis tarde colocouse nunha tafona, o que lle permitía dispoñer do día para durmir, algo, e o resto para dedicarse ao estudo, na escola da Casa do Pobo. Cónstame, por referencias familiares, que foi un protexido de miña tía-avoa Hortensia Ramona Lombardero San Miguel, natural de Catatrigo e nora de Nicolás Salmerón y Alonso, aquel presidente da Primeira República que se negou a firmar sentenzas de morte...

Cordero, que con este apelido pasou á historia, chegou a dominar o francés; e despois venceu o ruso, e tamén o alemán, idioma este último do que traduciu libros, maiormente de filosofía. Enviado pola Xunta de Ampliación de Estudos, estivo en Lausanne, en Florencia e en Bolonia. Elixido concelleiro por Madrid, a corporación comisionouno a Colonia, Brandeburgo, Viena e Budapest, para estudar certas reformas municipais en proxecto.

No ano 1922 era deputado en Cortes por Madrid, cóbado con cóbado con outro ilustre galego, ¡nado en Franqueán, pero inscrito en Madrid!, Julián Besteiro. Nas constituíntes de 1931, en paralelo coa cántabra Clara Campoamor, defendeu o voto feminino, saltándose a disciplina do seu partido, pois os socialistas tiñan medo de que as mulleres votasen en contra deles, influídas polos seus confesores. Naquela ocasión Cordero fixo unha loanza da muller, en particular da galega, que ben merece unha lauda, tal que en Castroverde.

Formou parte da Comisión de Responsabilidades, rexeitando pingües subornos e enfrontándose ás influencias do contrabandista Juan March, aquel que pagou os primeiros avións do Alzamento..., misión que, naquelas circunstancias, só o conducía ao martirio, ¡ou polo menos ao exilio, como así foi! A honradez e maila probidade deste prócer quedou de manifesto no seu exilio, en Buenos Aires, onde viviron do que gañaba a súa dona como simple modista.


Enriqueta Otero Blanco



Esta ilustración de Matalobos para un artigo de P. Pestana (El Progreso, 24-4-2000) imaxina á nosa Enriqueta disposta a todo con tal de implantar a súa pedagoxía, que no fondo non era outra que a de levar ao pobo a cultura e maila liberdade de pensamento.

Enriqueta, "María Dolores" no maquis, cos fuxidos, deixounos o 31-10-1989. Enterrámola ao día seguinte, coa bandeira republicana, ese símbolo polo que tanto penara. Fóra dunha oración fúnebre, o seu enterro foi do máis silente: semellaba un mea culpa colectivo por tanto desagradecemento, por tanta mofa e por tanta incomprensión como levaba aturado. (Tiven o honor de dedicarlle unha necrolóxica, que saiu en El Progreso).

Nacera no 1910, na casa de Ribón de Miranda. Sobriña dun cura. Mestra de primeira ensinanza, chegou a ser a máis antiga de España.; empezara a exercer no ano 1928. Combatente na Guerra Civil -pasárase á zona roxa por Asturias-, estivo encadrada na I Brigada Móbil de Choque de El Campesino (aquel galego que foi xeneral en tres exércitos sucesivos: España, Iugoslavia e Rusia). En marzo de 1939, cando o coronel Casado, da Xunta de Defensa, lle pediu a Franco un armisticio, e os comunistas se opuxeron radicalmente, naquelas escaramuzas Enriqueta caeu prisioneira dos casadistas, que a meteron no cárcere das Ventas, Madrid, xunto cun milleiro de mulleres. Fíxose cun coitelo da cociña e ameazando á directora logrou que lles abrisen as celas a tódalas detidas. Daquela Enriqueta fíxoas saír de cinco en cinco para que se dispersasen por todo Madrid, sen producir alarma. ¡Cantas laureadas se deron por ben menos, e dígoo eu, que fun mecanógrafo na Sala de Cruces do Consejo Supremo de Justicia Militar!

De novo en Lugo, protexeuna o cura da Nova, pero ao saberse buscada incorporouse aos fuxidos de motivación política. Cun prelo, obviamente secreto, que o tiña no Agro do Rolo, dedicouse a confeccionar follas propagandísticas, que as distribuía por todo Lugo metidas no fondo dun cesto dos das feiras, de vimbios, con ovos do mercado encima. Foi descuberta e cercada por toda unha compañía da Garda Civil, ¡que con menos non se atrevían! Daquela fuxiu, tentou fuxir, por entre dos couceiros, abríndose paso co cesto "da feira", pero esta vez cheíño de bombas "de piña". Tiráronlle ás pernas para collela viva e así obter información cando fose "habilmente interrogada", pero como non abriu a boca, nin sequera para laiar, pasárona ao cárcere da Coruña, onde lle fixeron unha "cura de cabalo" -dicía ela-, do que quedou definitivamente coxa e cimbrante. Nunca foi comprendida, pero si perseguida, maltratada e desacreditada.

Despois daqueles sete anos alentando nos fuxidos, pasou dezanove na cadea, en distintas prisións, pois tíñana que trasladar con frecuencia debido a que lles sublevaba os presos políticos. Despois de indultada asignáronlle unha pensión de mestra, pero non lle pagaron os atrasos. Con esta pensión e algunha propiedade que recuperou, fundou a Universidade Popular O Carriño, ensinando gratis aos xitanos e a cantos se lle presentasen.

Naquel hórreo do Parque de Rosalía, en Lugo, puxo este lema: Se tes o valor da cultura, espállao. ¿Cabe unha consigna máis humana e máis pedagóxica?



Desde aquilo do rinoceronte da Cova da Valiña...

¡Unha eternidade! Non é cousa de rir o daqueles que sosteñen que este Castro, verde por engado, presidiu o Paraíso Terreal, que por algo temos aquí, aínda que pouco sabido, o xacemento das raíces más vellas, máis antigas, da n osa Galicia: precisamente na Cova da Valiña, nas lindes do Val Verde, a 620 sobre o nivel do mar, mirando para a Agra das Sete Fontes... ¿Sete? ¡Si, sete, que diso colleu o nome: unha Mesopotamia! Pouca cousa: un xacemento do paleolítico superior, con restos da actividade humana datados en..., ¡12.000 anos de antigüidade!

¿É a única cova da bisbarra? A única explorada, a única analizada, coido que si. Os vellos do lugar falaban doutra, relativamente próxima, no mesmo filón calcario, con estalactitas e estalagmitas, que é o propio delas, pero..., pasou á historia sen historia por obra e graza dunha estrada, e para máis inri, reenchida con formigón..., ¡para non ter que desviar uns metros!

Non era un técnico, pero si un home de ben aquel D. Darío...

D. Darío Trasorras (ou Trashorras), de Bolaño, dono-descubridor desta Cova da Valiña. Os seus antepasados e / ou os veciños tiñan esfargallada media cova, os primeiros 15/20 metros dela, para utilizar a pedra calcaria... Pero D. Darío descubriuna, ou díxoo, que vén a ser o mesmo, en 1962; non a soterrou, nin a escondeu, nin a explotou como tal canteira, senón que informou dela, participouna, e iso a pesar do que lle prexudicaba a leira. O seu fillo, Rubén Darío, levoulle ao Museo de Lugo, concretamente ao seu director, D. Manuel Vázquez Seijas, un feixe daqueles ósos, que foron obxecto dunha publicación de D. Manuel, no ano 1965. No 1971 D. Felipe Arias Vilas confirmouno e ampliouno no seu Catálogo prehistórico da Bisbarra de Castroverde.

Hoxe é perigoso asomarse polas inmediacións da cova, máis alá dese castiro que hai na pista que vai a Pozos, Carballedo e Serés, porque así quedaron, encubríronse, con todo tipo de maleza, nas inmediacións da cova, as antigas canteiras de pedra calcaria, amén dunha mina de antimonio, bastante fonda, tamén abandonada. Etc. Mellor será que pregunten nas oficinas do Concello para que os informen ao respecto. O museo correspondente de Castroverde aínda non pasou da fase verbal, así que os restos da Valiña andan espallados, ¡e xa non se perdan!, entre Lugo, Santiago e Vilalba. ¡Máis de medio milleiro de obxectos de óso, pedra, e outros elementos fosilizados, entre eles, excrementos humanos; case nada!



Menos mal que Pablo Castedo levou a gaita, que así non resultaron tan aburridos os meus apuntes. Así é como hai que visitar esta cova..., para renderlles honores aos nosos, remotos, antepasados!

Esta Cova, así, con maiúsculas, é un tesouro, pero, de presente, un tesouro escondido, espoliado, alleado. ¡Para os de Castroverde, pouco menos que pirateado, e o que queda, segundo se aprecia, sen protección, xa que nin cerres ten!

Empecemos por coñecer que foi investigada, sistemática e cientificamente, por arqueólogos da Universidade de Santiago en 1987/88. Aqueles traballos foron recollidos en varias publicacións da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Monumental. Segundo estas, trátase dunha caverna de cinco galerías, unha delas de 15 m, outra de 10 m, e tres de 8 m; posiblemente habitaron nela vinte ou trinta individuos durante o Paleolítico superior inicial.

O equipo que levou a termo esta escavación arqueolóxica estivo formado por uns vinte expertos, algún deles estranxeiro, dirixidos polos doutores César Llana e María José Soto Barreiro, que deixaron constancia de que,
- a pesar do rexuvenecemento continuo dos solos sometidos á dinámica de ladeira,
- a elevada acidez de gran parte dos solos galegos, que impide a conservación de restos óseos,
- e mailo emprego como materia prima de cuarzos, gres, cuarcitas, etc., con ausencia en xeral, do emprego de sílex e carencia de estruturas, algún xacemento podía haber, podía quedar, que nos permitise adestrarnos no coñecemento do Paleolítico superior de Galicia, e ese resultou ser o caso da Cova da Valiña.

As súas características ao efectuarse a prospección de 1987, segundo Antonio Martínez Cortiza, César Llana e María José Soto, eran as seguintes:

Entrada ao suroeste, de 1,50 m de longa, por 1,65 m de altura. A cámara principal cun eixe lonxitudinal de 8,5o m , e a transversal dun máximo de 2 m; teito abovedado de 1,50 m, como máximo. No fondo da cámara principal un burato que dá paso a unha segunda cámara, a nivel inferior, duns 5 m de eixe lonxitudinal. Outra pequena cámara comunicada ao exterior. Calculan que, cos barrenos dos anos sesenta, polo menos 15 m deste xacemento víronse afectados, destruídos.

Dito nunha apertada síntese:

A campaña 1987/88 dos investigadores aludidos puxo de releve 130 pezas correspondentes a lascas, soportes de tipo laminar, núcleos, fragmentos naturais e debris. En canto á macrofauna do primeiro nivel arqueolóxico díxosenos que o total de ósos identificables recuperados nas dúas campañas acada os 225, pertencentes a 14 especies distintas, das que o animal mellor conservado é o coello; 98 restos identificados que representan un número mínimo de 7 individuos. Esta mostra ósea seica é a maior das recuperadas na Comunidade Galega entre as pertencentes ao Pleistoceno, o que lle permitiu ao equipo investigador determina-la presenza de especies ata entón inéditas para Galicia, como foi o caso da hiena e mailo rinoceronte. O resto das especies identificadas complétase co cervo, o corzo, grandes bóvidos, xabaril, cabalo, lobo, oso das cavernas, ou pardo, marta, castor e lebre.

Incisións nos restos óseos. Oito evidencias para o nivel arqueolóxico 1: estas incisións parece que se orixinaron por dúas tarefas diferentes: a desarticulación e o descarnado, faltando as resultantes dos procesos de separación da pel e do despezamento.

Estudo da industria lítica do nivel arqueolóxico antedito: Adscríbese esta industria dentro do marco do Paleolítico superior inicial, relacionándose co complexo cultural Perigordiense.

Esta riqueza de achados -opinan estes investigadores-, que ademais foi incompleta polos estragos da canteira e demais movementos de terras, invita a practicar un posterior e meticuloso recoñecemento deste bolo (Dos seus bolos = Bolaño) de Xivil, abondoso en calcarias, e por tanto, en grutas.

.../...
Pasa a -III-

Xosé María Gómez Vilabella












No hay comentarios: