martes, 16 de enero de 2018

CASO ÚNICO: MISIONEIRO EN TRES GUERRAS


CASO ÚNICO:

MISIONEIRO EN TRES GUERRAS


Capelán Pedro Sánchez Pumariño,
misando na guerra de Ifni.
(Ano 1957)


Xosé María Gómez Vilabella

Tamén confesou,



para seguidamente dar a comuñón:



Pero non foi mártir... ¡Si que o foi, pois daquelas guerras saíu tan martirizado que, abatido por una serie de achaques, ocasionou esta necrolóxica:









  
Lugar de Boelle, parroquia de San Pedro de Arxemil (Corgo), século XX: ¡Catro casas e dous heroes!

Comecemos polo cativo, polo rebelde: “O Piloto”. José Castro Veiga foi o último guerrilleiro da loita antifranquista, ¡case nada!, morto pola Garda Civil o 10 de marzo do ano 1965, preto do encoro de Belesar.

Vinte años despois da súa morte a esquerda galega quixo facerlle unha homenaxe. Os organizadores invitaron aos líderes comunistas, entre outros, a Gerardo IglesiasEnrique ListerIgnacio Gallego, Santiago Carrillo... Non acudiu ningún deles. ¡Xa estabamos na transición!



O Piloto, desafiante.



O Piloto, abatido.

Xosé Castro Veiga, O Piloto, foi a antítese, opostos polo vértice, ¡ou algo máis aínda!, do seu veciño, do crego, ¡misioneiro!, Pedro Sánchez Pumariño. ¿Levábanse ben? Coa de horas de conversa que me dedicou o Pater, ¡meu compadre, padriño do meu fillo, para máis intimidade!, e nunca se me ocorreu preguntarlle. Nin eu preguntei nin el me dixo, respectuoso que era para as mentalidades alleas; ¡el non facía as guerras: axudou a suavizalas, que iso si que é santidade!

Outra diferencia está, estivo, en que o Piloto só aguantou dúas guerras, a de España e maila súa persoal, pero o seu veciño, ¡tres! Para a importancia destes persoeiros, pouco se leva escrito deles. Nun bo retrato que lle fixo Afonso Eiré, o Piloto foi “unha personaxe moi incómoda para o réxime de Franco, que no ano 1964 andaba a celebrar os 25 años de paz, despregando todo o seu aparato de propaganda nesa campaña, e el aínda andaba no monte mantendo viva a guerrilla”.

Castro Veiga naceu en Boelle o 11 de Febreiro do ano 1915, pero como lle cheiraban as cortes, (as do gando, pero non as de Madrid), de moi novo foise para a Vila do Oso e do Madroño, enrolándose en Aviación, onde chegou a cabo mecánico, polo que na súa terra deron en alcumalo “O Piloto”.

Ao terminarse a guerra, a de España, comezou a súa, pois os franquistas condenárono a 30 anos de cárcere, nunha cela de Carabanchel. Cando foi indultado regresou a Galicia, pero tirou del, outra vez para Madrid, o partido comunista, así que..., voou de novo, alzouse con novos coñecementos, que o elevaron á guerrilla galaico-leonesa. Faltos do apoio do PCE, coa súa muller, Ramona Curto, Mirelle, decidiron quedarse no país, e iso que ela tiña parentes no estranxeiro, que lles facilitarían o exilio. O seu biógrafo, xa citado, Eiré, sinala que só na zona de Chantada apoiáronos 105 casas; ¡non podían desherdalos!

No final da década dos corenta eran continuas as súas sabotaxes ás liñas férreas... Isto faime lembrar que na miña viaxe de incorporación ao Batallón de Infantería do Ministerio do Ejército, setembro do ano 1948, alguén abriu os parafusos dos raís, mesmo á saída de Lugo, pasada a Ponte da Chanca..., e o tren espatarrañou! ¡Menos mal que era unha zona escavada, e os vagóns apoiáronse nos laterais térreos! Fose aquilo, ou non, cousa do Piloto, quen fixo aquel atentado era un home de conciencia pois se chega a facelo na mesma ponte, cen metros antes, hoxe non estariades aguantándome este relato.

“O mozo está aquí”, avisou un acusón, así que, como un eco, un 10 de marzo do 65, foron  mobilizados tódolos gardas dispoñibles da contorna. ¡Caput”
   
Fora da lei, si, da entón vixente, por suposto, tanto axudou ao próximo, que un desagradecido, fillo de..., ¡fillo dun protexido, seica!, devolveulle os favores mandándoo..., suponse que ao purgatorio!
-oOo-



    

Igrexa de Santa Cruz de Ifni. O Páter Pumariño, con Margarita Dueñas, apadriñando ao meu fillo Pedro Paulo.

  
  
Por meu compadre respondo eu: ¡Se aínda non é santo nos altares da terra, nos do Ceo douno por feito! Nesta foto, diante do pazo de Tella; da esquerda á dereita: a miña dona Estrela Xosefina; o Pater Pumariño; o meu fillo Pedro Paulo, afillado seu; outro ex-capelán, D. Benito Castro Piñeira, á sazón párroco de Montecubeiro; á dereita,  Isaura Sánchez Pumariño; e no medio, a miña filla, Stella Maris.

Naceu en Boelle, do Corgo, un lugar de catro casas, na parroquia de San Pedro de Arxemil (Arxemil = Vila de Argemiri, de Argemirus?), o 6 de Nadal do ano 1907. E foi bautizado, ¡Pedro, en San Pedro!, nesta igrexa dedicada precisamente ao seu patrón:


Precisamente nesta ¿trincheira? descansan os seus restos. ¡Xa estaba afeito a elas!

Díxolles: -A anada évos ben boa, pero os xornaleiros son poucos; así que rogádelle ó dono que mande xornaleiros á súa ceifa”. Lucas, 10, 2.

¡Isto xa o sabía, xa o descubrira o Capelán Pumariño antes de ir ao Seminario: Naceu e criouse en Boelle!

Boelle, digan o que digan eses dos topónimos, aínda que está en Arxemil, de gótico, de suevo, nada, cero! Boelle é Chamoso puro, cabeceira de Chamoso; por tanto, de Flammoso! (Flama, flamas, do trigo espigado foi o que viron os romanos cando viñan perseguindo aos celtiñas, para acurralalos no Medullius (Monciro = Mons de Ciro).

Flamma = chama, lume. Así estaban, e así os viron os romanos, ¡flameando!, os trigais do Corgo. Así os viu, tamén, xa desde o barrelo, o Pedriño de Cas Sánchez. Como nacera en Decembro, no mes da Sega o rapaciño xa levantaba a cabeza, así que daquela decatouse de que aquela cuadrilla de segadores, todos eles do Montecubeiro, que estaban de volta da súa Castela, e traían os fouciños ben afiados para..., ¡para segar o trigo de Chamoso, concretamente o da Casa de Sánchez! O neno díxose: “A colleita é grande, e os segadores poucos...; quero ser Predicador, para non malograr a sega!”.

Con pouca preparación, ¡a que había daquela!, mandárono para Lugo, ao Seminario, e alí estaba, afiando nos fouciños do Evanxeo, cando aquel ferrolán, aquel mecoso do Ferrol, mecado da nai e desprezado do pai, ¡complexos, en definitiva!, tivo a arroutaba de afundir España, precisamente ao berro de “¡Arriba!”. Dixéranlle que tiña “baraka”, e el creuno!

O Pedriño á fronte non foi voluntario, que foi obrigado, ¡pero aquela experiencia, aquela convivencia, aqueles tiroteos, servíronlle para confirmar a súa vocación de sementador: ¡De ordenado, seguiría nos cuarteis, pois mellor terra de misión, -analfabetos enganados-, daquela, de cerca, non tiña outra!

Segundo a “Lucensia”, foi ordenado presbítero o 21 de Agosto do ano 1938. Así que, do Seminario ao cuartel, outra vez, pero desta, nada de quinto, ¡un Pater!, un Predicador, un Confesor, tan necesarios daquela coa cantidade de rapaces en risco de morrer, ¡de ser matados!, sen asistencia espiritual. ¿Foi, ou non foi, un misioneiro? ¡Se non chegou, se nos ascendeu a mártir, entre eles andou!

¿Un morgado metido a Cura? ¡Escolleu a mellor parte, a de Predicador; detrás del tamén desertou daquel señorío de Boelle o outro varón, José, que se foi dereito a Dereito, e de par diso, nas filas de Tella, para rematar como Secretario na Administración Local. (Entre outras fontes, B.O. del E., 3 Diciembre 1958: “Orden de 19 de noviembre de 1958 por la que se nombra, por concurso, a don José María Sánchez Pumariño Secretario Interventor de Fondos del Ayuntamiento de Sidi Ifni (Provincia de Ifni)”.

Quedaban as mulleres, catro! Xa; pero foron esculcadas por senllos morgados da bisbarra, menos unha, que puxo os ollos máis arriba, nun mexicano daqueles que volvían ricos, con casas de luxo en Lugo!
-.-
  

Valentía ou vocación?

Os covardes non chegan a mártires porque refusan as ocasións de facer apostolado. O Páter Pumariño, que así foi coñecido, en todo tempo e lugar, na paz e na guerra, non pediu, non aceptou, a licencia militar: Coa guerra finando, confirmou o seu destino, que así o vimos saír no B.O. del E., (31-10-1938): “Clero Castrense. A propuesta del Excmo. Sr. Pro-Vicario General Castrense,  se confiere a los capellanes que figuran en la siguiente relación los destinos que se expresan: ... Capellanes con consideración de Alférez: ... Don Pedro Sánchez Pumariño, a las órdenes del Excmo. Sr. General Jefe del Ejército del Norte”.

-.-


Os seus fregueses, ¡á División Azul!

¡E Pumariño, tamén; que non os ía desamparar, deixar sos, sen pastor! Alí chegoulle a gorda, que acabou conxelado nada máis e nada menos que na de Krasny-Bor, a batalla cume daquela, ¿epopea?, ¿aventura?, o 10 de Febreiro do ano 1943.

Información previa: En Krasny-Bor, no susodito 10 de Febreiro de 1943, o día máis tráxico e glorioso da División Azul, destacaron os capeláns, entre eles o Pater Pumariño, pois estiveron, ¡durante horas, e baixo cero!, recorrendo un frente que ía e viña en medio de unidades copadas e machacadas pola artillería e por oleadas de rusos enfurecidos.



Nisto cédolle a palabra a Pablo Sagarra, que o coñeceu, e o describe, con obxectividade, -penso-, ¡pois eles non eran compadres!

Di o Sagarra:

Pedro Sánchez Pumariño vino al mundo en la Galicia profunda, en la localidad de Argemil, en Lugo, el 6 de diciembre de 1907. De familia pudiente, vivió afincado en su tierra natal hasta que sobrevino el torbellino de la Guerra Civil. El mismo 18 de julio de 1936 causa alta como voluntario de Milicias de Falange Española (¡seminarista, claro!), y con su camisa azul toma parte en el fregado como el primero. Tiempo atrás había iniciado sus estudios eclesiásticos en el seminario lucense; la llamada de Dios en medio de la contienda le sigue apremiando y, compaginando como puede sus obligaciones castrenses y eclesiásticas, consigue recibir el sacerdocio en 1938.

(Unha paréntese: O seu veciño, Elí Rolando de Tella y Cantos, tivo algo que ver na afiliación mencionada? ¡Posiblemente!).

Misacantano, vuelve a la guerra, pero su condición (¡su mentalidad!) ha cambiado, y troca el fusil por el crucifijo y el hisopo: soldado presbítero, y habilitado de Alférez a partir de octubre de 1938, ejerce de capellán en el Regimiento Infantería “Zaragoza” nº 30 y en la Agrupación de Artillería de la 63 División, unidad donde termina la guerra.

Durante la contienda civil, el Páter Pedro ya descuella por su simpleza…

(Non; simple, non; sinxelo e humilde, si. ¡Madeira e carácter de Santo, iso si! Nisto coñecino mellor có señor Sagarra, máis de cerca, así que..., corrixido!) Sigo copiando:

…, su profunda bondad y generosidad. Por encima de toda otra consideración, nuestro cura era un hombre caritativo.

Con permiso de su Ordinario lucense se queda en el Ejército, y, siendo Capellán 2º provisional con destino en el Regimiento Inf. “Guadalajara” nº 85, el 25 de Agosto de 1942 cruza en solitario la frontera para incorporarse a la División Azul en comisión de servicios…

(¡A súa vea apostólica, que o levaba a onde máis falta tiñan da súa asistencia, das súas confesións, das súas misas de campaña..., coa de brutalidade, inmorrente, que levaba aos militares, ¡noivos da morte!, a morrer estupidamente, e para iso, sen sacramentos!)

... Es destinado al 250º Batallón de Reserva Móvil (La Tía Bernarda)…

(Así lle chama Sagarra para ser discreto, para non caer nun taco, pero a realidade é que, daquela, engadíanlle un grafismo..., que eu tamén vou silenciar por..., por decoro).

... con el que participará en la batalla de Krasny-Bor, siendo citado como distinguido en el Diario de Operaciones de esta unidad. Salvó la vida…

(A vida, si, pero a saúde, non, pois daquela batalla, a  non sei cantos baixo cero, saíu  ben chuchado: conxelación, afonía permanente, cos pulmóns feitos unha criba, e incluso algo de xordeira, que lle quedou a perpetuis. Estas complicacións, ao facérselle crónicas, estes quebrantamentos da saúde, impedíronlle, tempo adiante, asistir as clases de Grado, sen as cales, e pese aos seus méritos, persoais e castrenses, non puido pasar de Comandante Capelán. ¡Inxustizas dos Regulamentos, que por veces castigan onde cumpría enaltecer!).

Después de la batalla, el Páter Pumariño, como ya era conocido en la División, anda a caballo entre el II/262º y el Batallón de Zapadores.

Después de un año de campaña, el 10 de agosto de 1943, la superioridad le concedió un permiso en España para presentarse a las oposiciones al Cuerpo Eclesiástico, y por tal motivo cruza de nuevo la frontera franco-española el 18 de agosto. Realiza los exámenes y el 14 de septiembre verifica su presentación en la Oficina de Representación de la División Azul en Lugo, y queda en la misma pendiente de pasaporte para su incorporación al frente. Pero ya no volvió por disolución de la Gran Unidad, causando baja en la misma el 18 de noviembre siguiente.

(Non volveu, e quería volver, pese as calamidades aló soportadas, pero aqueles soldadiños, aquel rabaño, quedara sen pastor, ¡perdérano!, e non ía ser cousa súa semellante abandono, por martirio que fose, por perigoso que resultase, e máxime coa saúde escangallada!)

Transcribimos de su Hoja de Servicios -segue informándonos o Sagarra-, las condecoraciones recibidas por los méritos contraídos durante su estancia en el frente del Este y que le sitúan entre los capellanes más condecorados de la Unidad:
-Recompensas españolas: la Medalla de la Campaña de la División Española de Voluntarios, una Cruz Roja del Mérito Militar, y una Cruz de Guerra.
-Alemanas: la Medalla de la Campaña contra el Bolchevismo, la Cruz de Hierro, 2ª clase, y la KVK.

Al regresar de la Blau División nuestro biografiado aprueba con bastante esfuerzo -no era muy largo de entendederas- …

(Permíteme, amigo Sagarra, que apele de novo ao meu coñecemento, tanto persoal como familiar, do noso personaxe: ¡É totalmente inexacto que o acuse de frouxo de entendedeiras, pois iso é un infundio, unha difamación, un descoñecemento garrafal: Criado nunha aldeíña de catro casas, nun entorno e nunha época na que só había nesa comarca algún que outro mestriño dos de “a ferrado”, abondo fixo, ben o fixo, que foi capaz de ingresar no Seminario de Lugo, que daquela tampouco se distinguía pola súa erudición, nin erudición nin pedagoxía. O que pasaba, o que pasou, era, foi, que os seus compañeiros de Seminario, tan apoucados, ou máis, que o Pumariño, acabaron nunhas parroquias rurais nas que non se tiña idea do latín, así que podían ler e pronunciar tal e como lles viñese en ganas, tirando para adiante, acollidos ao refrán de que, “Na terra dos cegos o que ten un ollo é un Rei!”. Pumariño, subido noutros loureiros, ben o fixo para sosterse neles).

Di Sagarra que, “... (aprobou) las oposiciones a Castrense e ingresa definitivamente en el Ejército con el empleo de Capellán 2º y antigüedad del 5 de marzo de 1943.

Gran parte de su posterior vida militar estuvo vinculada al Archipiélago canario y al enclave africano de Sidi Ifni, donde participó en lo que sería  su tercera campaña, siendo de los pocos militares españoles que durante el siglo XX tuvieron tal honor. Durante una década estuvo de Comandante Páter en el mítico Grupo de Tiradores de Ifni dirigiendo el Servicio Religioso de la unidad en la que también prestaban su ministerio otros dos capellanes militares.

(Alto aquí, pois retomo a palabra, que dos asuntos da África Occidental Española este servidor é catedrático:

  
Este servidor, ¡tamén servidor de España!, entregando un trofeo como estímulo as nosas tropas, entre as que está o Páter Pumariño, pero non se distingue polo limitado desta fotografía.


(Recén chegada a Ifni a miña dona, -casados por poderes o 13 de xuño do ano 1953-, que casualmente era prima do home dunha das irmás do Capelán, deuse outro casual: Que morreu, en activo, o daquela Capelán de Tiradores. En Sidi Ifni non había teléfonos pero si telégrafo, do que se aproveitou Xosefina para telegrafar ós seus parentes para que lle desen a noticia ao Capelán, “por se lle interesaba volver para Ifni”. E claro que lle interesaba pois aquel mesmo día solicitou o traslado, anticipándose a que a “baixa” fose oficial. Dúas, dúas veces estivo en Tiradores, así que foi un mérito duplo.

Foi recibido en Sidi Ifni cun acollemento notorio, que nos evidenciou o entrañable que fora a súa primeira estancia, tanto entre os cristiáns coma cos mouros. Os seus cultos competían coa Misión dos P. Franciscanos en asistencia xeral, sen desercións, fosen ou non practicantes activos. Máis é, que era tan notoria a súa con-celebración cos franciscanos que ata con eles se retrataba.




Nesta foto, diante da Igrexa de Santa Cruz de Ifni, o Páter Pumariño, con escapulario, pousa xunto con tres franciscanos. Mesmo diante deles, vestidos de branco, e sentados no chan, a miña dona e mais eu.

 


Levarse ben cos franciscanos víñalle de raza xa que era primo de Monseñor Aldegunde, daquela Arcebispo de Tanxer.

Francisco Aldegunde Dorrego, do que moito, e ben, me ten falado, foi o seu facho, o seu guía, o seu modelo, o seu estímulo, na relixiosidade. Desde Ifni foino visitar varias veces a Tánger. (Incluso nunha daquelas viaxes aproveitou para mercar alí una “barra” de ouro, que ma ensinou á volta. ¿Que fixo con aquel tesouriño? ¡Iso non cheguei a sabelo!).  

Aldegunde Dorrego, Vicario Apostólico de Marrocos, presentouse como tal  ao Clero e ao pobo de Tánger, con Letras Credenciais Vaticanas, do 2 de Febreiro de 1949. Elevado o Vicariato Apostólico de Marrocos á dignidade de ARCHIDIÓCESIS, co nome de TINGITANA, o 14 de Novembro de 1956, foi ao mesmo tempo elixido como seu Primeiro Arcebispo. O 17 de Decembro de 1973, por motivos de idade (77 años), presentou a súa dimisión. Morreu o 16 de Outubro de 1983.

 

Os Aldegunde procedían da parroquia de San Cristovo, tamén de Chamoso.

-.-

  

Aquí e agora cómpreme, tamén, deixar constancia da súa labor pedagóxica, por certo que notabilísima pois organizou e dirixiu persoalmente, no Grupo de Tiradores, a Academia de Cultura Xeral, que sempre se negou a chamarlle de “Analfabetos” como viña sendo costume no Ejército.

Nestes incisos, que pretenden retratalo de corpo e alma, agora que morreu o Comandante Espejo, ademais do Páter, coido que podo abri-la ventá dalgún que outro secreto deles: Estando no Casino, whisky vai e whisky ben con Espejo, co que tiñamos moita confianza, tanto o Páter coma este amigo seu, recíproco, baixou a voz para dicirme. -Te voy a contar un secreto de tu compadre, por la gracia que tiene, si me juras que no lo vas a vas a decir..., ni a San Pedro! -¿A cuál de los Pedros? -¡A ninguno de los dos; ítem más, si es verdad, pago yo esta ronda…! -¡Como hay Dios que sí, que pasó ayer mismo! -Tu dirás! Y dijo: -Ya sabes que la Residencia de Tiradores la dirige el Páter…




Y que su departamento está al final de pasillo; la puerta de su entrada en el centro, y a sus lados su dormitorio y su despacho. ¿Te sitúas? Pues resulta que los dormitorios nuestros bien sabes que están a lo largo del pasillo, y que abriendo un poco las puertas podemos ver la entrada del Páter, sin que él nos perciba.
-Me parece que ya lo adivino. ¿Le hicisteis alguna trastada?
-Más bien nos la hizo el, que nos puso en ridículo. Verás: Hartos de su seriedad y de su disciplina, que nos trata como si fuésemos soldados, avanzada la noche le dijimos a la morita que habíamos llevado del burdel: “Llamas a su puerta, entras, y dejas que te “chape”, que ya te pagaremos nosotros”
-¡Eso no fue posible!
-Espera, que no terminé. Llamó la morita con los nudillos, toda sonriente, y el Páter abrió. Se la quedó mirando, pero menos de un minuto, pues la reacción fue inmediata; primero levantó la mano, como para abofetearla, pero en vez de eso le hizo la señal de la cruz: “-Fatima, o como te llames, te voy a bendecir, para ahuyentar al diablo. Ponte de rodillas, que te voy absolver, por más que no seas cristiana: Ego te absolvo a peccatis tuis… Y ahora vete en paz, y no vuelvas a pecar. Busca una casa de civiles, que eses no tienen asistentes, y ponte a trabajar, que si sigues en el burdel no te van a querer en el Cielo, ni Dios ni Mulana!

-Espejo, yo te juré y prometí mi silencio; dime tu ahora que eso no es una difamación…

-¿Difamación? ¡Los difamados fuimos y somos nosotros, los conspiradores, que quedamos con el Páter a la altura del betún…!

O lector poderá crerme ou non, pero eu conserveino na memoria, aumentándolle a cualificación ao meu compadre, e o que non me crea, cando esteamos Arriba que lle pregunte ao entón Comandante Espejo, que mo relatou como un pecado seu fronte a unha virtude do Capelán.

Saltando os incisos, volvamos co relato do Sagarra:

En la guerra olvidada de Ifni / Sáhara, que ensangrentó la colonia a partir del 27 de noviembre de 1957, acabó siendo una leyenda por su valentía y por su peculiar manera de ejercer su ministerio sacerdotal. Era una institución; casó a muchos militares españoles destinados en aquel territorio africano, entre otros, al Capitán del Grupo de Tiradores, Francisco Rosaleny, divisionario y excautivo en el Gulag, con la hija del Gobernador General de Ifni, Carmen Pardo de Santayana y Coloma.

Los mandos y la tropa se admiraron de ver cómo, en varias ocasiones, bajo fuego enemigo, el P. Pumariño saltó el parapeto para auxiliar a un herido, cargárselo al hombro y mantenerlo a resguardo hasta la evacuación.

En Ifni se encargó, entre otras cosas, -ya queda dicho-, del Imperio de Oficiales de la Residencia Militar -el régimen de comidas a escote de los oficiales, que disponían de un ordenanza cocinero propio-, como a menudo les ocurría  a otros capellanes en circunstancias similares.

Como él mismo decía, no abdicaba jamás de sus dos facetas, la sacerdotal y la militar; e incluso recuerdan jocosamente sus feligreses que, cuando les interpelaba sobre el Padrenuestro o algún aspecto doctrinal que les había explicado en las charlas semanales, y no lo sabían, les decía: “Te doy una torta como comandante, pero te absuelvo como capellán”. El gallego (¡servidor!) Xosé Mª. Gómez Vilabella, veterano del Grupo de Tiradores de Ifni (¡mentira, error; veterano, sí, pero do Somatén de Ifni; e logo, Director de la Sucursal del Banco Exterior de España!),  dice de él que,

“hasta los moros le tenían en gran estima y afecto, llamándole “Al Faquí”. Siempre llevaba ginebra en la mochila, en la línea de fuego, y su licor sirvió de desinfectante y de anestésico”. (Cacería de Ciclóstomos en Ifni – Novela Documento).

Su fuerte personalidad queda reflejada en muchas anécdotas que se han transmitido en los ambientes castrenses. Luis Martínez cuenta otra más de su época de Ifni: en el hospital yacía un soldado herido grave en el vientre y nuestro hombre se acercó a su vera:

-“Rapaciño, es preciso que te confieses porque estás muy malito…; vas a encontrarte con la Virgen y debes ir limpiño de pecados”;

No quería el susodicho…, y el capellán gallego insistió:

-“¿No? ¿Qué no te confiesas? Pues, mira, cuando llegues arriba te vas a joder, ¿sabes?

Tales recursos catequéticos tuvieron resultado y el soldado se confesó…

Al llegar la entrega de la provincia de Ifni a Marruecos, en 1969, el Comandante Capellán Pedro Sánchez Pumariño ya estaba en la Península, en la Academia Auxiliar Militar, donde le llegó el retiro por edad el 6 de diciembre de ese año. Volvió a su Galicia natal…, (No es exacto; volvió a su Boelle), hasta que rindió el viaje de la vida, el 19 de septiembre de 1992, a los 84 años de edad.
-.-


O Páter, retirado, si, pero activísimo.

Comezou por transformar a casa paterna, e tras da casa, as fincas, pois incluso incrementou o patrimonio familiar con importantes adquisicións. A súa austeridade serviulle para converter o seu soldo, relativamente importante para daquela, en fincas, pero tamén en obras de arte. O mellor testemuño sería acudir ao seu caseiro, pero..., tamén o temos na Eternidade!

Os avatares que sufriu, posteriormente, a casa de Sánchez, e sen fotografías da mesma, fan que todo aquilo quedase nunha mera lembranza, neste caso co meu único testemuño, se me credes.

Na casa fixo os posibles por diferenciar as súas habitacións das dedicadas aos caseiros, pero só cometeu un erro de importancia: acondicionou demasiado o curral, elevándoo, así que a auga da chuvia saltáballe a soleira, entrando nos baixos. Mellorou e ampliou os alpendres, dedicando un deles ao Vauxhall Cresta,



Vendíase este auto, recén traído da Zona Francesa, case de estrea. Encargoume o compadre que, se me parecía ben, que llo comprase eu e o puxese ao seu nome, cousa que así fixen. ¿Chofer? ¡Sobrábanlle soldados que llo quixesen conducir, pero a cousa cambiou cando o levou, ¡cando llo levaron!, para Boelle, que alí pasou a ser outra das súas pezas de museo.

Comecemos polas fincas, entre propias e adquiridas: O caseiro fixera unha casa en Santa María de Piñeiro así que non atopaba xente de confianza para cultivarlles as fincas, circunstancia que o levou a plantar milleiros de pinos. Foi das primeiras substitucións en Chamoso de trigais por e para piñeiros.

Xa nas súas habitacións, que non llas ensinaba a todo o mundo polo arriscado que sería. Procedentes maiormente das súas visitas a Canarias, a Tanxer, e ao Rastro de Madrid: Bordados canarios; desde iconos rusos a táboas de Andrea del Sarto, competindo co convento de Monforte; ouro e vaixelas; selos de Correos, ¡por pranchas!; sen contar o que se me quede no tinteiro ou no fondo da memoria, ¡coa de anos que pasaron! Un tesouro digno de encabezar un museo alí no seu Corgo, pero..., ¡a evaporación, que amén a poden padecer as cousas materiais!
-.-


O combate de Krasny-Bor, o 10 de febreiro do ano 1943.

A biografía do Páter Pumariño non pode explicarse sen explicar aquela Misa das doce da noite, na xeada Krasny-Bor. Pero, como? Describiuna, mesmo a fotografou, o Comandante Gerardo Oroquieta Arbiol, en colaboración co tamén Comandante César García Sánchez, así que, con roubarlles fragmentos do seu libro, misión cumprida. Dixeron:

Habíamos entrado en la primera decena de febrero de 1943. Soportábamos pacientemente la intensa crudeza del invierno ruso. 







A Misa en Krasny-Bor, coa neve por alfombra.


¡Alerta, que nos atacan!

Sigamos lendo o relato daquela traxedia:

El frío era glacial, señalando muchas veces el termómetro temperaturas de 20 a 30 grados bajo cero. Nos hallábamos sobre un terreno sensiblemente llano, cubierto por una costra de nieve helada.




El 9 de febrero, poco después del mediodía, la tercera Sección capturó a un desertor del Ejército soviético, que se pasaba a nuestras filas. Llegaba hambriento y se le dio de comer. En mi Puesto de Mando le sometí a un breve interrogatorio, antes de mandarlo conducido a presencia del Jefe del Batallón. Declaró que las fuerzas rojas atracarían nuestro sector a la mañana siguiente, y que para ello tenían concentrados abundantes medios materiales y muchas tropas, algunas de cuyas Unidades mencionó.

….

Por la tarde, las baterías rojas se entretuvieron en realizar algunos tiros de tanteo y corrección para fijar sus objetivos. Aunque no fue un fuego demasiado molesto, era suficientemente significativo pues anunciaba la inminencia del ataque.

Pronto comenzamos a oír golpes de martillo, chirridos metálicos y voces de mando en las cercanas posiciones de los rusos. Se notaba que el enemigo trabajaba con afán, preparando seguramente los asentamientos para nuevas piezas de artillería. Poco después oíamos el ruido sordo de los motores de los carros de combate, que siguieron en marcha durante toda la noche, para evitar, sin duda, los efectos de la helada (en los motores)
 

El Capitán Miranda regresó a su posición muy avanzada la noche. Tuvo la feliz iniciativa de rogar al Padre Pumariño, capellán de nuestro Batallón, que oficiase una Misa en un bunker de mi Compañía, para que asistiera el mayor número posible de voluntarios. Se celebró hacia las doce de la noche y pudimos oírla con todo recogimiento. La comunión puso una paz total en nuestro espíritu, confortándonos para todo aquello que pudiera sobrevenir. Nos retiramos a los refugios, por si fuese posible descansar algunas horas.

Estaba ya naciendo el sol… ¡Empezaba la música infernal!

(A descrición do combate é longa e terrorífica, así que, mellor pasala por alto).
...

Para cerrar:
Llegó el momento del crepúsculo y con él nuestras postrimerías. Pese a los desesperados esfuerzos con que tratábamos de sostener firme nuestro debilitado reducto, la situación tocaba a su fin. Éramos ya sólo trece hombres, y, de ellos, cinco heridos.

¡Páter Pumariño: estragado si,  pero vivo, así que, aínda che espera outra guerra, a do Ifni-Sáhara!
-.-


Agora cédolle a palabra…,
a palabra, non, a pluma, ao periodista Antonio Herrero Andreu, que, no EL FARO DE CEUTA, do 30/06/2017 escribiu:

Un capellán, héroe de tres guerras.










  
Tomando xuramento aos quintos.

La guerra de Ifni-Sáhara 1957 /58. Un capellán en los combates. La presencia de sacerdotes acompañando a las tropas proviene de antes de que existiesen ejércitos permanentes, antes ya acompañaban a las tropas, de ello da fe en la batalla de las Navas de Tolosa, el arzobispo de Toledo estuvo junto a Alfonso VIII, cuando Fernando III conquistó Sevilla. En el cortejo iban San Pedro Nolasco, San Pedro González Telmo y el beato Domingo.

La incorporación permanente y de manera definitiva de sacerdotes a la Milicia lo es en 1532, fecha en que se organizan los famosos Tercios. En estas unidades el capellán, con su tercio, vive día y noche, le sigue a todas partes, aunque el capellán castrense no tenía atribuciones fijas, ni gozaba de privilegios, estaba sujeto a la autoridad episcopal del territorio ocupado por las tropas, con quienes ejercía su ministerio. Actualmente los capellanes castrenses dependen del vicario general castrense, cuyo último acuerdo entre el Estado español y la Santa Sede sobre la “asistencia religiosa a las Fuerzas Armadas” se firmó el 18 de diciembre de 1987 por el arzobispo castrense de España, monseñor José Manuel Estepa Llaurens.

Pedro Sánchez Pumariño, como suele decirse un “gallego de pura cepa”, había nacido en Lugo, el 5 de Marzo de 1907, su bautismo de fuego lo fue en la pasada contienda en la agrupación de Artillería de la División 63. El 5 de marzo de 1942 ingresa como capellán castrense y más tarde a lo largo de su carrera militar, varios serían los destinos y en distintas Armas del Ejército español.

Con el grado de capitán-capellán, el 29 de agosto de 1942 se presenta como voluntario en la Representación de la División Española de Voluntarios, en Alemania, y su primer destino sería como capellán en el Batallón de Reserva Móvil 250 de la División Azul.

Uno de los mayores y más encarnizados combates que libró la División Española en Rusia, lo fue en “Krasnyk Bor” (Bosque rojo), el 10 de febrero de 1943, de cuya magnitud da testimonio el parte de acción, que le entregó el coronel Sagrado al general Esteban Infantes: “… de los 5608 hombres que componían los efectivos españoles, las bajas suman 3645 hombres, aparte de unos 300 prisioneros…” Por otro lado, los españoles le causaron al ejército soviético en esta batalla unas 11000 bajas.

En el archivo de la Hermandad Nacional de la División Azul consta que en esta batalla, el entonces capitán-capellán Pedro Sánchez Pumariño figura entre los “distinguidos” en dicho día 10 de febrero de 1943. Días después de esta batalla, era destinado al Batallón de Zapadores 250 (¡feito puré, por suposto!), una Unidad que tuvo el honor de contar con un gran héroe, además paisano del padre Pumariño: el soldado coruñés Antonio Ponte Anido, que por su valor y heroísmo frente al enemigo, colocando minas en los carros soviéticos para impedir que atacasen un hospital, voló varios carros rusos, encontrando gloriosa muerte, por cuya acción, a título póstumo, fue condecorado según Orden de 17 de febrero de 1944, y Diario Oficial del Ejército núm. 19, de 19 de febrero de 1944, con la “Cruz Laureada de San Fernando” individual.

El valor y el espíritu de sacrificio en el frente de batalla recompensaba al capellán Pedro Sánchez Pumariño, según orden de 1 de septiembre de 1943, del Cuartel General de la División Azul, con la “Cruz del Mérito de Guerra Alemana con Espadas de 2ª clase”, una Cruz de Guerra y la Cruz  al Mérito Militar con distintivo rojo.

Años más tarde el ya comandante-capellán se iba encontrar con su tercera guerra, ahora en el Grupo de Tiradores de Ifni, donde muchas veces, en el cumplimento de su sagrado ministerio, atendía a quienes entregaron su vida a la Patria, a los que sobrevivían, a ayudarles espiritualmente a sobrellevar con serenidad, fuerza y valor los difíciles momentos que conlleva una guerra, y muchos aún le recuerdan porque les unió en el compromiso matrimonial.

Su destino en esta Unidad lo fue en el Diario Oficial del Ejército núm. 207, de 12 de septiembre de 1953, y su ascenso a comandante en el Diario Oficial 47, de 19 de enero de 1954.

Del padre Pumariño se cuentan miles de anécdotas, todas ellas reales. Una de ellas del que fue director del Banco Exterior de España en Sidi Ifni, el también gallego Xosé María Gómez Vilabella, el cual recuerda que “… el comandante-capellán Pedro Sánchez Pumariño, del Grupo de Tiradores de Ifni, fue el “Súmmun” del espíritu castrense, que hasta los moros le tenían en gran estima y afecto, llamándole “Al Faquí”. (Al Faquí = doctor, o sabio, de la Ley). Siempre llevaba ginebra en la mochila en la línea de fuego, y su licor sirvió de desinfectante y de anestésico, aparte de los “chorizos”, cuando fallaba el rancho”.

El periodista y escritor Ramiro Santamaría cita en su libro “La Guerra de Ifni-Sáhara”, un hecho en combate de este capellán; dice así: “A poco de comenzar un combate entre tiradores y moros rebeldes, un disparo enemigo cortó casi totalmente los dedos a un soldado de Tiradores. El Médico Morales tenía que cortar por lo sano y sobre la marcha sin anestesia; el comandante-capellán, padre Pumariño, afirmó que no hacía falta. Mientras el le atendía espiritualmente y el médico cortaba con el bisturí, el capellán le dio un “lingotazo” de ginebra, desapareciendo los dolores del soldado como por encanto”.

Las armas de este capellán fueron el crucifijo, atender a los heridos de cualquier bando y administrar la extremaunción a los que habían caído en el combate.

Aquel comandante-capellán, héroe de tres guerras, allá en su retiro de su Galicia natal, en Lugo, el 19 de septiembre de 1992, a los 84 años, realizaba su último servicio, entregando su alma al Creador, haciendo realidad su larga trayectoria militar con las palabras del representante de la Iglesia Católica: “La vocación militar se debe vivir con espíritu de sacrificio y de abnegación”. (Su Santidad el Papa Juan Pablo II, el 29 de mayo de 1986).

Lo firma: Antonio Herrero Andreu
-.-


Ata aquí algunhas referencias do Páter Pumariño testemuñadas por Xefes do Exército, pero, que opinaban os soldados?

Collo por referentes dous libros escritos por soldados cultos e distinguidos:


Na súa páxina 77: “En una de las jornadas que me correspondió el servicio de cabo de cuartel en la Compañía, no acudí a la sesión de la clase de analfabetos. Personado el páter, preguntó por la razón de mi ausencia; con la respuesta recibida tuvo conocimiento de mi servicio de cabo cuartel, que me había impedido acudir a la escuela. Ignoro si por confirmar la verdad de la explicación recibida o porque tuviera alguna otra razón, el páter se personó en la Compañía. Un servidor, en aquel momento, no se hallaba en el lugar en que debía haberme localizado, sino en la sala en la que en aquellos momentos proyectaban una película. Acudió a la sala y me hizo salir; la reprimenda que recibí fue como para no olvidarla”.

¡Así era Pumariño, cumpría, pero tamén facía cumprir!



Na súa páxina 56: “… el cura de Tiradores, que era nada menos que comandante. Un venerable y orondo cura, comandante gallego, a quien le gustaba lucir su estrella de ocho puntas sobre la sotana negra. Personalmente me disgustaba que anduviese con el “huevo frito” (expresión del lenguaje vulgar) encima del telar curial. Aparentaba ser una persona autoritaria pero a medida que se le conocía se cambiaba de opinión, puesto que en el fondo no se metía con nadie y cumplía su misión estoicamente”.

Un castrense perfecto, típico, ideal, non si?
-.-
 
 

Avante, toda!

 

Que temos que saír desta embrolla,

para enfrontarnos á seguinte!

 



 

Piloto da túa propia vida,

non repares nos obstáculos:

aprende a conducir,

e guía esa máquina,

esa que tes, de Deus recibida.

Cavila na dirección elixida,

e despois,

coas potencias da alma en acción,

avante,

avante toda,

a toda presa,

pois as ocasións pasan,

e as olas ceden,

cando se pisan.

Deus lévanos da súa man,

e non nos deixa caer na tentación,

na vacilación,

se de versas llo pedimos!.

 

Xosé María Gómez Vilabella

-.-

 

 




¿Quen merece un monumento: Boelle, ou os fillos de Boelle?

¡Ten a palabra, a decisión, o Concello do Corgo!

-.- 
 
 
A miña dona, Estrela Xosefina, homenaxeada polo Ejército nos actos do Cincuentenario da Guerra de Ifni.
 

Xosé María Gómez Vilabella

-oOo-






No hay comentarios: