martes, 16 de enero de 2018

ABRAHAM, DETENTE!



Abraham, detente!


Xosé María Gómez Vilabella




Falamos moito da responsabilidade paterno-filial, pero, ¿de cal, da nosa, ou da do próximo?

Xénese 22: “Despois destes feitos, Deus puxo á proba a Abraham, chamándoo: -¡Abraham! El respondeu: -Aquí estou. Deus mandoulle: -Colle ó teu fillo, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ó país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacrificio, no cimo dunha das montañas que eu che mostrarei.
Abraham ergueuse cedo, aparellou o burro e tomou consigo dos criados e mailo seu fillo Isaac. Coa leña cortada para o sacrificio, púxose ó camiño en dirección do lugar que Deus lle indicara. Ó terceiro día Abraham ergueu os ollos e viu o sitio desde lonxe.
Abraham díxolles ós criados: -Esperade aquí co burro. Eu e mailo rapaz chegarémonos ata alá. Adoraremos e de seguida volveremos onda vós. Abraham colleu a leña do sacrificio e púxolla a Isaac, seu fillo, ás costas. Tomou na man o lume e o coitelo, e camiñaban os dous xuntos.
Isaac díxolle a seu pai: -¡Meu pai...!
El respondeu: -¿Que queres, fillo?
O rapaz dixo: -Levamos lume e leña, pero, ¿onde está o año para o sacrificio?
Abraham respondeulle: -Meu fillo, o año..., Deus proveerá. E camiñaban os dous xuntos.
Chegados ó lugar que Deus dixera, Abraham construíu un altar, puxo en riba del a leña, atou o seu fillo Isaac e deitouno no altar, por riba da leña. Despois tendeu a man e agarrou o coitelo para sacrifica-lo seu fillo.
Mais o anxo do Señor chamouno desde o Ceo: -¡Abraham! ¡Abraham!
El respondeu: -Aquí estou.
O anxo dixo: -Non póña-la man no rapaz nin lle fagas mal ningún. Agora din comprobado que tes temor de Deus, pois non me negáche-lo teu fillo, o único que tes.
Abraham ergueu os ollos e viu un carneiro atrapado nunha silveira polos cornos. Botou man del e ofreceuno en sacrificio, no posto do seu fillo. Abraham púxolle ó lugar o nome de Moriah. Por iso aínda hoxe se di: -Na montaña o Señor proveerá.
O anxo do Señor chamou a Abraham outra vez desde o Ceo: -Xúroche por min mesmo -palabra do Señor- que por faceres isto e non me negáre-lo teu fillo, o único que tes, bendicireite e farei crecer os teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes herdarán as cidades dos inimigos. Tódolos pobos da terra terán bendición na  túa descendencia, por me teres ti obedecido.
Abraham volveu onda os criados, e todos xuntos colleron o camiño de Beerxeba. Abraham asentou alí”.

Os fillos son de Deus; non son nosos. Ben o entendeu Abraham, que así aprobou a proba, e así lle deu Deus premio e descendencia. ¿Que lle pedía Deus? ¡O mellor que tiña, aquel fillo! Quedou demostrado que primeiro é Deus, pero a continuación os fillos, outro regalo de Deus, e por tanto, son de Deus, proceden de Deus, e temos a obriga de ofrecerllos, de devolverllos, pero no altar da santidade. ¿Si, ou non si?

Do CCE (Catechismus Catholicae Ecclesiae):

No 2223:
Los padres son los primeros responsables de la educación de sus hijos. Testimonian esta responsabilidad ante todo por la creación de un hogar, donde la ternura, el perdón, el respeto, la fidelidad y el servicio desinteresado son norma. La familia es un lugar apropiado para la educación de las virtudes. Esta requiere el aprendizaje de la abnegación, de un sano juicio, del dominio de sí, condiciones de toda libertad verdadera. Los padres han de enseñar a los hijos a subordinar las dimensiones “materiales e instintivas, a las interiores y espirituales” (CA 36). Es una grave responsabilidad para los padres dar buenos ejemplos a sus hijos. Sabiendo reconocer ante sus hijos sus propios defectos, se hacen más aptos para guiarlos y corregirlos: «El que ama a su hijo, le corrige sin cesar [...] el que enseña a su hijo, sacará provecho de él» (Si 30, 1-2). «Padres, no exasperéis a vuestros hijos, sino formadlos más bien mediante la instrucción y la corrección según el Señor» (Ef 6, 4).”

No 2225:
Por la gracia del sacramento del matrimonio, los padres han recibido la responsabilidad y el privilegio de evangelizar a sus hijos. Desde su primera edad, deberán iniciarlos en los misterios de la fe, de los que ellos son para sus hijos los “primeros [...] heraldos de la fe” (LG11). Desde su más tierna infancia, deben asociarlos a la vida de la Iglesia. La forma de vida en la familia puede alimentar las disposiciones afectivas que, durante toda la vida, serán auténticos cimientos y apoyos de una fe viva.”

No 2226:
“La educación en la fe por los padres debe comenzar desde la más tierna infancia. Esta educación se hace ya cuando los miembros de la familia se ayudan a crecer en la fe mediante el testimonio de una vida cristiana de acuerdo con el Evangelio. La catequesis familiar precede, acompaña y enriquece las otras formas de enseñanza de la fe. Los padres tienen la misión de enseñar a sus hijos a orar y a descubrir su vocación de hijos de Dios (cf LG 11). La parroquia es la comunidad eucarística y el corazón de la vida litúrgica de las familias cristianas; es un lugar privilegiado para la catequesis de los niños y de los padres”.

No 2228:
Durante la infancia, el respeto y el afecto de los padres se traducen ante todo en el cuidado y la atención que consagran para educar a sus hijos, y para proveer a sus necesidades físicas y espirituales. En el transcurso del crecimiento, el mismo respeto y la misma dedicación llevan a los padres a enseñar a sus hijos a usar rectamente de su razón y de su libertad.”

Do Concilio Vaticano II:
“Es, pues, obligación de los padres formar un ambiente familiar animado por el amor, por la piedad hacia Dios y hacia los hombres, que favorezca la educación íntegra personal y social, de los hijos”.

Dicía, ensinaba, dona Carmen Pardo, que era Profesora da Escuela Normal de Magisterio de Lugo, polos anos 50 do século XX, (en castelán, que era como se ensinaba daquela):
“La educación del niño empieza, debe empezar, el mismo día que nace”.

Os pais educan / debemos educar, fundamentalmente coa nosa conduta, coa nosa exemplaridade cotián.
-.-

A causa das cousas

Estoume lembrando daquel dito, que se fixo tan famoso, de Ortega y Gasset: “Yo soy yo y mis circunstancias”. “Quién quiera enseñarnos la verdad que no nos la diga; que nos sitúe de tal modo que la podamos descubrir nosotros mismos”. Que tamén é de
Ortega; ¡outra lección de categoría pedagóxica!

Pero, ¿que instrumento temos, e podemos utilizar, ante toda a gama de circunstancias que se nos poden presentar? ¡O libre albedrío!, que llelo deu Deus aos Avós,  mesmo segundo lles infundiu o seu sopro de vida. ¡Un regalo, outro, do noso Creador; unha liberalidade súa!

Pero iso do libre albedrío témolo pouco estudiado, pouco meditado, e pouco controlado. ¡Un don marabilloso que foi mal utilizado desde o primeiro momento, precisamente por culpa de que a nosa avoa, Eva, namorouse de Lucifer, un anxo bonito, pero..., ¡malvado!

Libre albedrío.- Comecemos polo seu estudio, que o temos claro na Biblia. Entresacando unhas cantas ideas, que non son miñas, así que non se me diga que non son obxectivo:

Deus tratounos con moita dignidade ao concedernos o libre albedrío, esa facultade que temos de poder tomar libremente as nosas, propias, decisións. Nin El nin iso chamado Destino controlan a nosa vida. Pero vaiamos ás fontes:

Xénese 1:26. ”Despois dixo Deus: -Imos face-lo home á nosa imaxe e á nosa semellanza...” Así que, fíxonos diferentes dos animais, que actúan principalmente polo seu instinto, pero nós somos semellantes ao noso Creador. Podemos reflexar calidades divinas, tales coma o amor e maila xustiza. ¡Daquela é que temos libre albedrío!

Deuteronomio 30: 19,20. “Poño hoxe por testemuñas contra vós, ó Ceo e mais á terra: poño diante de ti a vida e a morte, a bendición e a maldición; escolle a vida, para que podas vivir feliz, ti e maila túa descendencia, amando ó Señor, o teu Deus, facéndolle caso á súa voz e apegándote a El, etc.”

Esta invitación non tería sentido, e ata sería cruel, se non tivésemos recibida esa liberdade de elixir.

Isaías 48: 18. “Oxalá tiveses feito caso dos meus preceptos, etc.”

Eclesiástico. 1: 25, 27. Ser sabio é ser piadoso. Entre os tesouros da Sabedoría atópase o modelo da prudencia, mais para o pecador a relixiosidade é de aborrecer. ¿Cobíza-la sabedoría? ¡Garda os mandamentos! O Señor daracha a eito porque sabedoría e instrución é o temor do Señor, e quen o deleita son a sinceridade e a humildade”.
Mateo 22: 37. “El respondeulle: -“Amarás ó Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu entendemento”. Este é o mandamento primeiro e máis grande. O segundo é semellante a el: “Amará ó teu próximo como a ti mesmo”. Destes dous mandamentos dependen a Lei enteira e mailos profetas”.
Así que, témolo nítido de todo: O libre albedrío é un regalo valioso de Deus, grazas ao cal podemos amalo “con todo o corazón”, séxase, ¡porque queremos, queremos e podemos!
-.-
  
Volvendo ao Paraíso Terreal...

Aquilo de que Deus situase ao home a continuación dos anxos, a Satanás, dito en termos actuais, “levábao o demo”, así que matinou embarullar á Eva:

Lucifer fora “Príncipe da luz”, así que era guapo, aínda se podía poñer coma un raio de sol. O nome de Lucifer, índonos ao latín, vén de lux “luz”, e fero “levar”, séxase, “portador de luz”.

Estaba especializado na soberbia, pois, como tal, dirixira a sublevación duns cantos anxos contra o seu Creador. Presentouse na terra, no xardín, e deu en coquetear coa Eva; aproveitándose de que Deus lle concedera, compartira con ela, esa potencia do libre albedrío; daquela díxolle, máis ou menos:

-Eviña, encanto; ti es máis guapa cá máis guapa das estrelas, así que mereces máis, moito máis que un simple xardín; ata tes un monte que é máis guapo có monte de Venus...; pero fáltache unha cousa: comer da árbore prohibida, que igual non sabes que cha prohibiu o Creador para..., para terte en reserva, para que non te subas aos candieiros!

Eva díxose:
-¡Así que era iso! ¡Pois daquela doulle unha orde ao meu libre albedrío: ¡Fóra dieta!

¡E comeu, vaia se comeu: na súa soberbia comeu a súa perdición; e coa dela a de Adán, pero tamén a nosa!

Agora vén a gran pregunta, a pregunta universal! ¿Por que, e como, nos chegou o contaxio, xeración tras xeración?

Daquela do pecado aínda non tiñan fillos, que os xeraron despois, a estilo animal, xa caídos en desgracia. O primeiro foi Caín, que polas trazas era fillo de Satanás, así que o “leou o demo”, celoso, cando veu Abel e mailas irmás, que por iso o matou.

O corpo é o soporte da alma; mentres están na terra, vivos e actuantes, forman un conxunto. Por esta circunstancia, por esta indisolubilidade, a xeración humana non é unha nova creación senón unha reprodución: Na semente entran, orixínanse, novos corpos, pero asistidos dun enxerto, que vén das almas dos proxenitores. Por iso, non teñamos a menor dúbida de que cando se provoca un aborto estamos matando un ser completo, ¡un corpo, pero tamén un alma!
-.-


Luperca




Rómulo e Remo..., ¡outros Caín e Abel! Recibiron cariño, pero..., ¡dunha loba! ¡Que pouco nos preparamos para o matrimonio, que así veñen os fallos, lamentablemente moitos, e a miúdo!

Nós, a miña dona e mais eu, coido que estivemos atinados na crianza dos nosos xa que saíron afectuosos e honorables, pero isto non nos proporciona un doutorado como para ensinar educación. O lector terá que buscar as leccións pertinentes noutros autores máis documentados. Pero unha introdución temática si que poderei facela:

Os nenos xa veñen de París cunha receptividade asombrosa: Non hai detalle, non hai comportamento paterno-filial, que lles pase desapercibido, por máis que non o digan; ¡non o din, pero sénteno! A miña dona para isto tivo máis sorte, pois ela formouse, reconverteuse, nunha Normal, mentres eu aínda son, aínda fun, daqueles “do ferrado”.

Os nosos avós tiñan menos cultura xeral cós de agora, pero gozaron do privilexio, ¡eles, pero tamén os seus netos!, de sorrirlles aos nenos na calor da lareira, cun sorriso animoso que lles / que nos multiplicaba a felicidade. O materialismo actual engade algúns factores positivos, pero tamén está impregnado de situacións negativas. ¿Daquela, avanzamos? ¡Algo si, nalgunhas cousas, pero tamén nos apuran as angustias do capitalismo! Abundan os velenos, pero escaseando as vacinas.

Esta febre actual de darlles patadas ás pelotas, para min, ao meu curto entender, é a evidencia de que aló por dentro levamos, quédanos, conservamos, un afán violento, que pugna por mostrarse. Coas corridas de touros, peor aínda! E logo, ¿o ideal ten que estar nas monxas de clausura? ¡Ten que haber de todo, por suposto, coma no mellor xardín, pero, máis que nada, freos, freos para frear as violencias do noso albedrío xa que, canto máis temos, canto máis progresamos, máis aceleramos nesa soberbia que nos inculcou Satanás!
-.-

Cos nenos os disfraces, as máscaras, non serven, non funcionan.

Nin as carnavalescas, nin as cotiáns. Facémolo, poñémolas, cambiámolas a diario, pois cada día somos, aparentamos, o que non somos, segundo como, cando, e con quen, nos mostremos. Os nenos aínda non están contaminados, aínda son inocentes, así que, tras das máscaras de seus pais, ven, intúen, adiviñan, a personalidade auténtica dos proxenitores. O contaxio, a malicia, viralles paulatinamente, ao descubrir as vantaxes presentes, aparentes, do fariseísmo.

Daquela, por algo lles dixo a pedagoga Carmen Pardo (Normal de Lugo) aos seus discípulos, que: “La educación del niño empieza, debe empezar, el mismo día que nace”. ¡Cáptano todo, o bo, pero tamén o malo, e nós, os adultos, sen decatarnos diso!

¡Deus, que responsabilidade nos deches nisto de educa-los fillos! Pero a gravidade, o perigo, a tentación, está en que Satanás invítanos a crialos como cousa nosa, xoguete noso, instrumento para os nosos caprichos, deixando de lado ao preceptor auténtico, ao divino, ao verdadeiro protector da familia. A responsabilidade, neste mundo, no noso, vai en paralelo coa autoridade que teñamos conferida, recibida; Deus alzounos sobre os animais, mesmo de par dos anxos, ¡ou incluso, nalgún aspecto, máis, pois os anxos, que saibamos, non teñen a facultade de reproducirse! Fíxonos reprodutores dunha especie privilexiada, así que a nosa obriga é corresponderlle axudándolle, participando na evolución, ¡na recuperación!, do ser caído. ¡Ata nos mandou, de Mestre, ao seu propio Fillo, así que, non podemos evadirnos desa función delegada, da función educadora!

O propio Cristo díxonos: “Eu son o camiño, a verdade e maila vida...” ¡O seu é o Camiño, o do Ceo; os outros son vereas da malicia, séxase, da maleza, e conducen ao inferno, que é onde reina Satanás! Libre albedrío, si, pero non para deixarlles libres as soberbias, que diso xa tivemos experiencia; ¡leamos, leamos o Xénese!

-.-

Estimulacións infantís

Non fai falta ser unha neneira profesional para coñecer, ¡pois outros o teñen estudiado, e ben especificado!, que:

-Respondemos aos intentos comunicativos, innatos, do neno, falándolle con agarimo, xa desde os seus primeiros días. ¿Que non nós entende? Á súa maneira, si, e mellor, con máis efectividade, con máis afectividade, da que nós percibamos. Esas impresións quédanlle no cerebro, pero tamén no corazón, no grande, no do amor filial.

-Gratifiquemos ao cativo/á cativa ofrendándolle, pero sinceramente, sorrisos, xestos, mimos, en canto emita algún son, algún balbúceo, algún signo de que está presto e disposto a observarnos.

-Coas experiencias do seu primeiro ano xa rompe a imitarnos, repetindo os sons que lle teñamos dedicado. ¡Acepta ser o noso alumno! Coa aparición, coa emisión, das súas, primeiras, verbas, das intelixibles polos pais, chega o momento destas estimulacións. Daquela:

. Favorezamos a intercomunicación aproveitando os momentos de xogo, alimentación, baño, etc.
. Aproveitemos as verbas que o neno vaia incorporando á súa linguaxe, utilizándoas en contextos que lle resulten edificantes, formativos.
. Describirlle verbalmente, con simpatía e de forma sinxela, as cousas que facemos nós, e tamén as que lle vemos facer; para que se decate de que o seguimos, de que lle correspondemos.

En definitiva: Que a falar ensínase falando.

Moitas cousas máis, que non fai falta lembrárllelas aos pais afectuosos e comunicativos. ¿Os outros? ¡Os outros que volvan á igrexa onde se casaron, para que reinicien o camiño, para que volvan a comezar..., pero na dirección correcta!
-.- 

A gananciais!

Na educación, na formación, dos fillos, sexan propios ou adoptivos, todos estamos a “gananciais”. ¡Nisto non caben separacións!

As contribución, pero tamén os gaños, as ganancias, son absolutas, ao cento por cento para cada un de nós.  

Deus non nos adoptou como fillos porque non tivese máis remedio, ao ser criaturas súas, senón porque, libremente, se fixou en nós; porque nos ama..., agradémoslle, agradezámosllo, ou non! Segundo San Pablo (Rm 8, 14-17; Gal 4, 4-7; Ef 1, 3-5) o noso trátase dunha “filiación adoptiva”.  Na mesma liña, San Agustín deixou claro que ten máis dereitos (e por tanto, máis obrigas), sobre o fillo, o pai adoptante que o pai xerador, “cando un home se fai fillo doutro de cuxo sangue non naceu, prevalece a vontade do adoptante sobre a natureza de quen o xerou”.

A adopción é un modelo que apunta a unha realidade moi fonda: somos fillos de Deus porque Deus nos ama, tanto que xa non pode ser máis; e bo perdoar foi o seu pois aquela sublevación inicial, ¡e co que tiñan recibido aqueles avós!, se nola chegan a facer parecida, de un humano a outro, guerra absoluta, eterna. A forza da filiación está no amor. Non na carne nin no sangue senón no amor, que é máis forte que tódolos sangues. Por iso San Paulo contrapón o espírito de adopción ao espírito da escravitude: os fillos adoptivos son libres; verdadeiros fillos e, por iso, herdeiros dos bens.

En definitiva, somos responsables dos fillos, da súa educación, da súa formación, sexan propios, do/da cónxuxe, ou adoptivos. Franco dicía, proclamábase, “responsable ante Dios y la Historia”; nós, os pais, sexamos ou non “pais da Patria”, teñamos ou non importancia histórica, a nosa responsabilidade é intransferible; tamén é sacra, porque responderemos deles ante Deus!

¡Que guapo é ter fillos, sexan propios ou adoptados! Pero, ¿os frades, as monxas...? Eses tamén os teñen, pois cada cristián é, somos, adoptivos seus. En canto aos que tiveron a desgraza de quedarse sen os seus, sen os naturais, pola circunstancia que fose, moi felices se deben sentir cando son recibidos, atendidos, criados e cultivados, con un amor idéntico ao que teñen, ao que reciben, os de filiación directa. A eses Deus failles algo parecido ao caso de Isaac, ¡que os salva, que os premia!
-.-

Sigamos coa Biblia, volvamos á súa escola, que é onde temos as receitas, as vitaminas da alma.

Deuteronomio
4: 40. “Garda os seus mandatos e leis que eu mando hoxe: serache bo para ti e para os teus fillos despois de ti, e alongára-los teus días sobre a terra que o Señor, o teu Deus, che vai dar para sempre”.
5: 29. “¡Quen dera que tivesen un corazón deste xeito, para respectarme a min sempre e para gardaren tódolos meus preceptos, e para deste xeito seren felices sempre, eles e os seus fillos!”.
6: 6, 7. “Os preceptos estes, que Eu che mando hoxe, estarán no teu corazón; inculcarásllelos ós teus fillos e falarás deles estando na túa casa e indo polo teu camiño, estando deitado e estando de pé”.

Proverbios
15: 5. “O tolo despreza a corrección paterna, mais tórnase asisado quen ten en conta a reprensión”.
17: 6. “Coroa dos vellos son os netos, e adorno dos fillos son os pais”.
22: 6. “Afai ó mozo ó seu vieiro: aínda de vello non se apartará del”.

Isaías
49: 15. “¿Esquécese unha muller do seu meniño? ¿Non se compadece do fillo das súas entrañas? Aínda que ela se esqueza, eu non me esquecerei de ti”.

Salmos
103: 13. “Canto un pai ama ós seus fillos, así ama o Señor ós que o temen”.

Mateo
5:  9.   “Ditosos os que traballan pola paz porque eles serán chamados fillos de Deus”
19:14  “Mais Xesús díxolles: -Deixade que os nenos se acheguen a min, non llelo privedes, porque deles é o Reino do Ceo”.

Marcos
10:15.  “Asegúrovos que aquel que non reciba coma un neno o Reino de Deus, non entrará nel”.

Xoán
1: 12.   “Pero a cantos a recibiron (a Palabra) , -ós que cren no seu nome- déulle-lo poder
de seren fillos de Deus”.

Feitos
16: 30, 31. “(O carcereiro) levounos para fóra (a Paulo e a Silas) e díxolles: -Señores, ¿que teño que facer para salvarme? Respondéronlle: -Cre no Señor Xesús e salvaraste ti e mailos da túa casa”.

Romanos
8: 14, 17. “Cantos se deixan guiar polo Espírito de Deus, eses son fillos de Deus. Pois non recibistes un espírito de escravitude para volverdes ó medo. Non. Vós recibistes un espírito de fillos adoptivos, gracias ó que podemos gritar: ¡”Abba”: Pai! Este mesmo Espírito, xuntamente co noso, dá testemuño de que somos fillos de Deus. E, se fillos, tamén herdeiros: herdeiros de Deus e coherdeiros con Cristo; xa que, se padecemos con El, é para sermos tamén despois glorificados con El”.
8: 19. “Pois a esperanza viva da creación agarda arelante a revelación dos fillos de Deus”.

Gálatas
3: 26, 27. “Todos vós sodes fillos de Deus pola fe en Cristo Xesús, porque os que vos bautizaron en Cristo, vestíronvos de Cristo”.

Efesios
5: 1.  “Facédevos, logo, imitadores de Deus, como fillos queridos, e camiñade no amor, igual cá Cristo, que vos amou e que se entregou por nós como ofrenda e vítima a Deus de recendo agradable”.
6: 1, 4. “Fillos obedecede a vosos pais no Señor, que iso é de razón. “Honra a teu pai e a túa nai” é o primeiro mandamento que trae  emparellada unha promesa: “de xeito que todo che saia ben e vivas moitos anos na terra”. E vós, pais, non sexades rigorosos de máis cos vosos fillos; non: educádeos na disciplina e na doutrina do Señor”.

1 Timoteo
5: 8.  “Se algún non coida dos seus, e maiormente dos da propia familia, renega da fe; é peor cá un non crente”.



1 Xoán 3: 1, 3. “Vede o moito que nos quixo o Pai para chamarnos fillos de Deus, e sérmolo de verdade. Por iso o mundo non nos recoñece: porque tampouco non o recoñeceu a El. Meus amigos, xa somos fillos de Deus, pero aínda non está á vista o que seremos; sabemos que cando Xesús apareza, nós seremos coma El, xa que o veremos tal e como é. Todo o que ten posta en Xesús esta esperanza, trata de vivir unha vida limpa, para ser limpo coma El”.
Xoán conclúe, advertíndonos: “¡Meus filliños, gardádevos dos falsos deuses!”. Eu, pola miña parte, só podo, só sei engadir: ¡Amén!
-.-

Todos temos algo de fillos pródigos con respecto aos nosos pais.

Para comezar, os pais, para non amarga-los fillos, adoitamos ocultarlles os traballos, ¡traballos e traballo!, polos que pasamos para que eles tivesen un porvir máis grato e mellor có noso; ¡iso é unha virtude, pero tamén un formato para que non valoren o prezo, o custe, das cousas!

En Lucas 15: 28, 32. “... Entón alporizouse moito e non quería entrar. (¡As envexas familiares, tan lamentables e tan abundantes que son, por desgracia!). Pero o pai intentou convencelo. El díxolle: -Tantos anos como levo servíndote sen che faltar nunca en nada, e nunca un cabrito me deches para farrear cos meus amigos; e agora resulta que vén esoutro fillo, que queimou os teus bens con mulleres de mala vida, e ti máta-lo cucho cebado! O pai contestoulle: -Meu fillo, ti sempre estás comigo e todo o meu é teu; ¿que menos que celebrar unha festa cheos de alegría, xa que ese irmán teu estaba morto (aos meus efectos, quero dicir) e volve á vida, estaba perdido (era un perdido) e atopámolo!”.

Xesús, ¡está claro!, con esta, enésima, parábola quixo abrirnos os ollos cara á necesidade da misericordia, pero tamén á prevalencia da fraternidade entre os fillos de Deus.

¡Ai `Zeca´ Afonso, ti si que crías na fraternidade, que por algo lle deches ese cualificativo á túa terra amada!

Grândola, vila morena,
Terra da fraternidade.
...
Em cada esquina um amigo,
Em cada rosto igualdade
...

Segundo a profesora Mercedes Cachaza Platas: TODOS NECESITAMOS PERCIBIR OS EFECTOS QUE PRODUCE:
-Ver a cara que pon o interlocutor.
-Ler a mirada que di, a veces, máis que as propias palabras.
-A beleza única e intransferible dun sorriso.
-A dozura dunha caricia dada no momento oportuno.
-O valor dunha aperta ben apertada.
-O recendo propio de cada persoa.
-Os acenos únicos de cadaquén.
-O xeito de andar.
-A maneira de facer.
-A particular maneira de ser
-E un longo etc. que dá unhas características peculiares a cada ser humano.
Do que deduce a profesora Cachaza que, “Somos sociables por natureza”. ¡E ten razón; vaia se a ten!
-.-



Aqueles mestres “de a ferrado” tamén nos ocupabamos da moral; da moral, pero tamén da ética.




Tres mestres: Meu pai, servidor, e José Manuel Miranda, no “Tribunal da Pascua”, na Meda. Ano 1948.

Correr o galo e queimar a “Pascua” era o pretexto, a titulación do espectáculo, pero o fondo da cuestión, naqueles tribunais, eran unhas leccións de moral. ¿Que lle atribuíamos ao galo, e tamén á Pascua? Delitos, pero maiormente inmoralidades punibles. Abusos machistas no galo, e liviandades, luxurias, na rapaza; en definitiva, leccións de moral pública, que ademais de literarias tiñan moito, moitísimo, de inquisitoriais.

Hoxe en día, ocupados, atraídos, por outros temas, de ética, pouco; e de ensinala, menos aínda!

A últimos do pasado século coa prosperidade tamén medrou o materialismo, o cultivo do ego, así que, salvo algunha revista, algunha publicación eminentemente relixiosa, de temas educativos, formativos, fálase pouco, e en público, para o público, case nada. ¿Nos fogares? Os fogares son individuais, persoais, así que niso non entramos; a boa fe dinos que segue cultivándose a pureza, o ensino paterno-filial. ¡Deus queira que así sexa! ¿E na igrexa? ¡Agora dámonos a pax, que xa é algo, pero..., unha pax romana, pois algunhas veces facémolo tan só coa punta do dedos!

O ¿que dirán? freou moito, por séculos, maiormente nas aldeas, que se lle tiña pánico porque “vendía” moito a sona da honradez familiar; axudaba nos tratos, facilitaba os casamentos, etc. ¡Era a mellor moeda! Daquela non se distinguía apenas entre moral e ética; ¡facían unha parella indisoluble, complementaria! Hoxe diríamos que os principios éticos son obxectivos; que son o resultado da necesidade real e da racionalidade, baseados no entendemento do Camiño da persoa cara á súa perfección; en definitiva, cara a Deus. Dito doutro xeito: Ética é a ciencia acerca da actitude correcta do home: a) cara a Deus, en tódolos seus aspectos e manifestacións; b), con outras persoas; e c) o propio camiño da vida.

Reflexión: Hoxe en día considérase que un comportamento é ético se o noso obrar está conforme coas normas morais. Dito en termos máis científicos: Ética é a disciplina da filosofía que reflexiona sobre cales son os principios teóricos que fundamentan os valores e as normas morais; pero tamén o podemos definir así: Ética é o estudio dos distintos sistemas morais que foron elaborados ao longo da historia do pensamento.

Principios básicos, xerais, da ética no noso comportamento habitual:
-Integridade.
-Obxectividade.
-Independencia.
-Responsabilidade.
-Confidencialidade en asuntos que así o requiran.
-Observar as disposicións oficiais ou normativas.
-Competencia e superación persoal e profesional.
-Cooperación co próximo, e respecto recíproco.
-Conducta xeralmente aceptable e aceptada.
-.-

Preocúpanos a contaminación ambiental; moito, non, algo; pero, da contaminación amoral, que?

Para comparar dúas cousas, dúas situacións, dúas épocas..., hai que telas á vista, as dúas! Isto favorécenos aos nados no século XX, pois temos ¿espello retrovisor?, mentres os  mozos do XXI o que teñen é..., a globalización!

Ter, e conservar, os principios dunha boa moral era fácil, e ata cómodo, cando os nosos contactos non pasaban dunha legua, ou, como moito, de dúas, pois no de ir ás capitais, ás grandes urbes, pouco máis víamos, pouco máis percibíamos, que os escaparates das tendas. ¡Daquela non había, non podía haber, pandemias, contaminacións fatais, amorais!

Sempre dixen, e sigo sostendo, que o principal problema dos españois consiste en proceder dunha multitude de razas, que así estamos, así seguimos, sen entendernos, ou pouco. Aquela discusión da Reconquista, “Somos galegos, e non nos entendemos”, segue vixente, e non só no refrán; ¿por que? É sinxelo: porque os galegos, os actuais, vimos, e somos, froito dunha mestura histórica: celtas, romanos, suevos, bretóns, etc. Se isto pasa con nós, cos galegos, que non será co conxunto dos españois, que sumamos, que herdamos, de cen razas, en xeral opostas entre si? Os xenes, as particularidades dos xenes, mestúranse, fúndense, con dificultade, así que fan falta séculos para unha total homoxeneidade, que así nos cruzamos na rúa con unha variedade, con unha colección, de roibas, morenas, cobreadas...; ¡iso si, todas guapas, a cal máis!

Con estes antecedentes, a nosa moral é, ten que ser, complexa, e cando comezaba a purificarse, ¡ala, un retroceso, pois veu a globalización mundial, outra torre de Babel!

Agora chamamos “civilización” a este cóctel cultural, a esta ética espiñosa, da que fuximos para non mancarnos; algo así como facemos cos ourizos, que os pisamos para quitarlles o saboroso, ¡a castaña, o proveito persoal! Avanzamos nese proveito, si, pero, máis ben no material! Maiormente nos últimos séculos emperrámonos en facer un ceo na terra, pero non é así porque a terra, por moito que a mecanicemos, seguirá sendo terra, materialismo, mentres o espiritual, o definitivo, o eterno, témolo Aló Arriba, no Ceo das maiúsculas. Isto hai que repetírllelo aos fillos para que se decaten, para que diferencien, o transitorio do eterno; ¡dous valores diferentes!

Pero non todo é malo nin definitivo na globalización, pois, por poñer un exemplo: moito se leva feito, e pouco se leva conseguido, en abrírlle-los ollos aos musulmáns con respecto aos erros dos nestorianos, en particular o seu machismo, pero, e simplemente, con que as súas mulleres contemplen a dignidade das europeas, estánselles sublevando as súas, poligamia, extirpación do clítoris, etc., co cal arrefrían, atenúan, o seu Corán. ¡Non só se contaxia o malo, os erros, pero fan falta séculos para eliminar algunhas desviacións desta humanidade materialista, materializada! O futuro verémolo desde Arriba, se Deus nolo permite.
-.-


Quen a boa árbore se arrima, boa sombra o cobixa.

Cobixar = acoller. Xa o teño dito máis veces, pero é unha verdade tan absoluta, tan gráfica, que non vale depreciala, nin esquecela.

Aquí en Galicia temos boas árbores na nosa xardinería, e na aldea aínda eran mellores. ¡Antes; antes de vir esta pandemia dos eucaliptos!

Ata chegar á idade escolar son os pais os que controlan as relacións sociais, pero despois veñen os mestres, e..., hai, prodúcese, unha delegación, iso si, parcial, das responsabilidades! Claro que están as APAs, para controlar un pouco a formación dos nenos. Foi un bo invento iso das APAs, pero, coma toda vexetación humana, require atención e control, que ben o dixo, in extremis, o Mestre dos mestres: “-¿Non podedes velar comigo nin tan sequera unha hora? Estade á espreita e orade, para que non entredes na tentación. O espírito está disposto, pero a carne é débil”. Mateo 26: 40, 41.

Certo é que non sempre podemos escoller as amizades, nin sequera as nosas, e as dos fillos menos aínda, pero algo se pode apreciar, para seguidamente seleccionar. Por suposto que con oportunidade, con discreción, pois sabido é que os nenos nacen con dous anxos, o da garda e mailo outro, así que desfrutan afianzando a súa personalidade, ou iso pensan.

Desde sempre a amoralidade, os indesexables, nacen, xorden, prosperan, converténdose en pandemia, nestas circunstancias: as guerras e maila prosperidade galopante, mal asimilada. Son, foron, e seguirán sendo, a caixa, o ánfora, a xerra, de Pandora, que de mito non ten nada.

Das guerras temos os retratos, ben grandes e ben próximos das de España: Por parte dos colaboradores de Franco (léase, mouros), aqueles saqueos e aquelas violacións xeneralizadas, toleradas, ¿moeda de pago?, das que tantas referencias temos, ultimamente, que non daquela, nos escritos, nas crónicas post, tales que do embaixador americano Claude G. Bowers, e dos periodistas e escritores Webb, Miller, H. Thomas, Whitaker, Berea, José Antequera, e moitos máis, que veñen a dicir:

-O espolio de xoias e obxectos sacros, foron un tesouro engadido, outro xornal, do que se aproveitaron aqueles musulmáns, traídos á incivil, e non precisamente para civilizalos.

-Que aqueles, ¿Regulares?, xa estaban acostumados a cometer castracións e violacións no seu Marrocos, sen que aquí, por eses delitos, os xefes españois os castigasen, así que en España, do 36 ao 39, tampouco se privaron da súa práctica, pois o propio Franco llelas considerou como preceptos coránicos.

-A existencia de prostíbulos para os marroquíes, que as autoridades militares favorecíana, de maneira máis ou menos discreta ou declarada, co obxecto de paliar a falta de mulleres,
pero non sempre había un prostíbulo á man, e aínda que os tivesen, a oportunidade de viola-las españolas poucos a desperdiciaban, sabendo, como sabían, que podían facelo impunemente.

-En canto aos nosos, ¡contaxio puro e certo, pois eu xa tiña as orellas medradiñas para escoitar aqueles ex-combatentes dos anos da miña crianza, que non escribían pero falaban!, viñeron, tornaron, ás súas aldeíñas, referindo as súas fazañas, as súas heroicidades masculinas, machistas, coas mulleres da zona roxa, da..., ¿reconquistada, liberada? ¡Que Deus lles perdoe, agora que os ten defuntos, pois tan só Deus é capaz de perdoar tanto como escandalizaron na miña xeración aqueles..., ¿heroes?

-Na de Ifni, 1957-58, o Exército seguiu cos seus ¿privilexios? Dábaselle coñac á tropa, permitíaselle a drogadicción, acudir aos bordeis, etc. Incluso chegou a saberse, ¡para maior abundancia!, que os mouros utilizaban o seu bordel para que as nativas “sonsacasen” aos nosos, colaborando á súa espionaxe. ¿Remedio ao canto? As delegacións do noso Goberno en Canarias fixeron una redada de prostitutas, e de inmediato, con avións militares, desde Gando, leváronas para Ifni, substituíndo ás nativas. ¡Pandora seguía funcionando! 
 
A prosperidade galopante é máis difícil de analizar, de explicar, porque o abarca  todo, e como nos colle nun egoísmo febril, febril e fabril..., moitas das súas consecuencias aínda están en plena efervescencia; o dito, difíciles de analizar.
-.-

A globalización.

Incluso alén dos océanos, pois agora, sexa en barco ou en avión, saíndo de día chégase con día; e onde non se coñece o idioma, comunícase con acenos, con acenos e tarxeta de crédito!

De Sodoma e de Gomorra só saíron os puros, Lot e maila súa familia; e aínda así a muller de Lot volveu a vista atrás... ¡Hoxe sería unha atracción turística, unha máis! Non nos conformamos coas videochamadas: Imos, e veñen, compartimos persoalmente, os progresos, pero tamén os vicios. Facendo na torre de Babel non se entendían, e dispersáronse; ¡hoxe, con entendemento ou sen el, arrexuntámonos!

Se difícil foi, e aínda segue, o de puírse cando no país coincidiron, e se mesturaron, unha ducia de razas, ¿que non será hoxe? A terra ten, de sempre, dous movementos, pero a humanidade, agora, dá tantas voltas que iso dos países só rexe a efectos políticos, administrativos! Para dicilo dun xeito técnico: A globalización vén a ser, ao de hoxe, un proceso económico, tecnolóxico, social, e tamén cultural, a escala planetaria, que consiste na crecente comunicación e interdependencia entre os distintos países do mundo unindo os seus produtos, ¡e tamén os seus vicios!, os seus mercados, sociedades e culturas, ao traveso dunha serie de transformacións sociais, económicas e políticas, que lles dan, que nos dan, un carácter global. Custa traballo entendelo. ¡Non o entendemos, pero, vivímolo!

A globalización, no económico, é positiva; ¡no económico, que non no moral!, pero ten un lado escuro: Que se non podes acceder, entendela e dominala, en definitiva, competir, estás condenado á pobreza, e se es pobre máis pobre te volverás porque o resto segue enriquecéndose, pasándoche diante. Esta situación, esta “circunstancia”, como lle chamaría Ortega y Gasset, no noso ego invítanos, estimúlanos, para medrar; iso si, aínda que sexa con moral diabólica.

Reflexionemos un pouco nas consecuencias da amoralidade.

Amoral = Non moral

A vida complicouse moito, moitísimo, poñamos que, nos últimos cincuenta anos; isto obríganos a estudiar por días de vida, día a día, pois cadora son meirandes as nosas responsabilidades..., se queremos dar exemplo ante os fillos, primeiro, e ante o próximo, despois. Por engado, están desaparecendo os curas, así que temos que ¿entrar? no Seminario de nós mesmos, no persoal, no individual, para facer un curso vital de reflexións, morais + espirituais.

Segundo o ambiente no que vivamos así temos que reflexionar, documentarnos; o que vulgarmente se di, “poñernos ao día”. Con esta mentalidade, meditemos:

-Din nos libros que unha persoa é inmoral cando vai, cando actúa, en contra das leis que limitan os actos dentro do correcto, e que fai determinadas cousas sabendo que son malas; séxase, que pensa e actúa de forma diferente á que o grupo social ao que pertence considera como propia, axeitada.

O efecto multiplicativo, endémico, das inmoralidades.

É diabólico; ¡de verdade! Coa vista, cos ollos da cara, abarcamos, ¡algo!, do que nos rodea, das consecuencias do que facemos, pero pouquiño, xa que as malas consecuencias tenden a multiplicarse por si mesmas, e chegan..., ¡máis aló do noso horizonte carnal! ¿Un exemplo? ¡Infinidade, pero hai algo, unha inmoralidade, que se repite desde aquel tempo das cavernas..., porque nelas, ou fóra delas pasaban cousas que non quedaron recollidas nas pinturas rupestres, pero que existían, que existiron: os fillos naturais! As que pasaron aqueles fillos, e mailos seus fillos, e mailos seus netos, etc., como consecuencia da súa orfandade só o saben Deus e mais eles. Sendo tan lamentable que ocorran esas situacións, a nosa civilización, esta do século XXI, tiña que ter eliminados eses desvíos, pero..., ¡aínda se coñecen casos, e outros haberá que se esconden! Hai que dicirlles aos curas que prediquen algo máis acerca das consecuencias destas libertinaxes, a ver se así, pouco a pouco, logramos darlles sacralidade ás familias, ¡pero a todas, imitando aquela de Belén!

Voume permitir lembrar unha anécdota persoal: Sendo moi cativo, pero acórdome con todo detalle, coa mesma aguillada de levar as vacas ao prado, púxenme a escaravellar nun niño de avespas que había naquel camiño da Agra de Fóra, sen decatarme de que era un camiño público, e podía ocasionar danos; aínda estaba niso cando apareceu o señor Severino do Ferreiro chamando nas súas vacas, que levaban un carro de herba. As avespas tiráronse ás vacas, e as vacas romperon o xugo, etc. Eu quedeime quedo agardando pola reprimenda do señor Severino, que ben merecida a tiña, pero aquel home, ¡aquel santo!, o único que fixo foi deixar as vacas atadas a un pomar, e ir á súa casa por outro xugo. Neste caso, pola inmediatez dos episodios, coñecín as consecuencias, pero se chego a ausentarme, as consecuencias serían as mesmas, ou similares, pero eu, ¡nin decatarme! ¿Vedes como non sempre se coñecen as consecuencias dos nosos desaforos, así que nin ocasión temos, ou teremos, de arrepentirnos deles!

Con todo, aínda hai diferencia entre o amoral e o inmoral.

Unha acción inmoral é algo directamente oposto á moral e ás boas costumes; trátase dun comportamento malo e incorrecto. Unha persoa amoral é a que carece de moral, así que, ¡pobriños!, non poden xulgar, non están capacitados para distinguir que actos dos seus son bos, malos, correctos ou incorrectos. ¡Aínda lle falta moito á nosa civilización para chegar, para subir, ao seu cumio!
-.-

Convivencia pacifica = Gloria anticipada

Non sempre é doada a convivencia, pero temos que renegar dela, da súa consecución, se o prezo é alto; poñer os medios, si, pero claudicar por sometemento, nunca. A dignidade da persoa está precisamente niso, en negarnos a camiñar pola verea florida, pola espazosa,  tentadora, das inmoralidades.

Convencer ao tentador, darlle as costas á tentación, non sempre é doado; doado, no, pero posible, si. Primeiro, razoar; e se non obtemos correspondencia, escapar, escapar do lugar, da ocasión, da invitación. Cando se poñen os medios, e nin así, ¡divorcio! Calquera cousa menos violencia, nin sequera a verbal; para violencia verbal, na España actual, chega co Congreso do Deputados.

A única violencia admisible é a da razón, pedir explicacións: Lucas 2: 41, 52: “Polas festas da Pascua os pais ían tódolos anos a Xerusalén. E así, cando o neno tivo doce anos, subiron á festa, conforme a tradición. Pasados aqueles días, cando volvían, o neno Xesús quedouse en Xerusalén, sen que os seus pais se decatasen. Coidando que iría na comitiva, fixeron unha xornada de camiño; entón buscárono entre os parentes e coñecidos. Pero como non deron con el, volveron a Xerusalén para buscalo. E resulta que, ó cabo de tres días, atopárono no templo, sentado no medio dos doutores e dialogando con eles. Tódolos que o escoitaban estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións. Ó velo, ficaron moi impresionados, e súa nai preguntoulle: -¡Meu fillo! ¿Como te portaches así connosco? Mira que o teu pai (Xosé, pai adoptivo) e mais eu andamos cheos de angustia en busca túa. El respondeu: -¿E logo, por que me buscades? ¿Seica non sabiades que teño que estar na casa de meu Pai? Pero eles non entenderon a resposta. Baixou con eles a Nazaret, e vivía baixo a súa autoridade. A nai conservaba todas estas cousas no seu corazón. Xesús medraba en estatura, en sabedoría e en gracia diante de Deus e mais dos homes”.

¿Lección maxistral, non si? ¡Pois ateñámonos a ela! Os nosos fillos tamén son fillos de Deus, así que temos que coidalos e vixialos, non sexa que o diaño nolos extravíe! A Xesús non podía extravialo Satanás, pero seus pais, daquela, eran humanos, e pensaban como humanos, atidos á súa responsabilidade e ao seu afecto paternais. ¡Que marabilla de familia aquela familia, aquela familia sacra!

Convivir cunha boa familia, aínda que sexa das deste mundo, xa é sentirse na gloria. ¿Non si? Pero iso, lograr iso, non só depende dos pais, senón, e tamén, dos propios fillos, dos irmáns, dos avós, dos tíos, dos primos...; en definitiva, de tódolos socios da nosa empresa familiar, da nosa convivencia parental!
 
Como inflúen no noso carácter, como afectan á nosa personalidade, os traslados, os desprazamentos.

A emigración é tan antiga coma o mundo; e desde que hai empresas, os traslados emigración son. Noé, cando o diluvio, seica veu parar á nosa Noia. Abraham, segundo o Xénese, tamén emigrou (Xénese 12: 1), que llo mando o propio Deus: “O Señor díxolle a Abraham: -Vaite da túa terra, da túa patria, do teu clan, á terra que eu che mostrarei”. No Xénese 37:1: “Xacob estableceuse na terra de Canaán, a onde seu pai peregrinara”. Etc, etc. ¡A vida sempre foi unha peregrinación, desde que o mundo é mundo!

Pero as peregrinacións, as emigracións, teñen, ¡sempre tiveron!, de todo, de todo un pouco, ¡ou un moito! Algo parecido a unha árbore transplantada, que non tódalas terras se lles acaen: outros aires, outras vivencias, outras convivencias! Isto sabémolo ben os emigrantes, pero a veces temos rubor en confesalo, en recoñecelo. ¿Que tal che foi en Cuba? ¡Do mellor; Cuba é a terra do azucre! Pero a verdade intrínseca poucos a contaron, e de escribila, menos aínda.

Aínda que sexa sen cambiar de empresa, os traslados marean moito; outro sitio, rodeados doutros establecementos, as relacións sociais e familiares alteradas, permutadas, e incluso o tipo de traballo, que nunca pode ser igual, nunca pode ser idéntico, nun asentamento distinto. Claro que ante os vellos amigos sempre diremos: ¡Aquí estou na gloria! Ademais de dicilo procuramos retornar con un xustificante, con un auto flamante, aínda que sexa vello, de enésima man, pero, ¡flamante! ¡O que se di, “un haiga”, o mellor que haiga, o mellor que había..., ¡ao noso alcance!

Tampouco é certo que sexamos adaptables para calquera formato, con tal de que sexa próspero; das adaptacións, o dito das árbores: sofren no transplante, e tardan anos en repoñer un zume potente.

¡Canto levan sufrido os nosos pais, e noutros países tamén, cando os fillos, polas circunstancias que fosen, tiñan que ausentarse, tiñan que emigrar; e se cabe, máis aínda daquela que non había teléfonos, e para as cartas apenas sabían ler, nin os idos nin os quedados! ¿Os soldadiños que non se podían librar de África? ¡Para eses, e para as súas familias, si que era desterro, desterro, que non emigración!

Diferenzas entre traslados e desprazamentos dun traballador. Si que has hai, pero ambos teñen o seu purgatorio. Consideramos desprazamentos aos cambios de lugar da execución dun traballo cuxa duración non pode superar os 12 meses nun período de 3 anos; superada esta soleira xa pasamos á denominación de traslado, e adoita levar aparellado o tamén traslado da residencia familiar. Pero disto máis nada porque nos meteríamos nunha cuestión xurídica e estamos falando, tratando, máis ben, de socioloxía.

-.-


A escola non é, non pode ser, un relevo, unha delegación, da función paternal; ¡é, ten que ser, un complemento amplificativo!


Por aqueles anos a escola pública comezou a rebrotar, pero aínda con moitas substitucións.

Eu chamaríalle, modestamente, “educación compartida”. Fun “mestre de a ferrado”, e aínda que pasaron moitos anos diso, aquelas lembranzas seguen no meu cerebriño; o que non teño claro, aínda, é se daquela ensinei tanto como aprendín, ou se foi á viceversa.

Hoxe os nenos teñen ganas de aprender porque o fan coma se fose unha competición deportiva, pero polos anos 40, e iso que os intelectuais foron os máis perseguidos, ¡tal que meu pai!, a tradición estaba en que os que tiñan algo de preparación pasaran a guerra máis ben na retagarda ou con promocións que os illaban, ¡un pouco!, da primeira liña, da inevitablemente mortal. Logo era comenencia aquilo de saber ler, escribir, e as catro regras. Tamén estaba o da emigración, que comezaba a abrirse...; ou máis exactamente, a reabrirse.

Dicían: Para saber, ver ou ler! Como o de  ver era limitado, que non había televexos, non quedaba outra que acollerse ao Silabario, Manuscrito, libro de Cosas, as tres Enciclopedias... Tamén estaba presente, ¡tiñámolo presente!, que os caciques viñan de casas ricas, terratenentes de moitas fanegas, e que non había ningún pobre, ¡léase mendigo, ou analfabeto!, con mando en praza.

Nas Normais díxose, e así o asimilaron as Mestras, pois Mestres, varóns, daquela, despois das ¿depuracións?, poucos quedaron, que, “querer axudar a aprender significa ter presente que ensinar, facer aprender, e de paso facer que os nenos desexen saber, é unha profesión complexa, que así debe ser recoñecida. As boas relacións entre familia e escola baséanse, pois, en principios de confianza mutua”.

Incorporados ás cidades os fillos daqueles labregos da posguerra predominou a circunstancia de que, se levamos aos fillos, e cos filla as fillas, netos incluídos cando os hai, non é só para que os teñan entretidos e controlados mentres nós, en espera da xubilación, traballamos. ¡Non é así, pero algo diso tamén hai, pois dinos a experiencia que non prosperan máis os máis intelectuais senón, ¡sempre!, os máis pícaros, os pícaros da picardía, que non os pícaros da inocencia!

Hoxe en día tamén estamos fartos dos deberes que levan para a casa...; entre outras circunstancias que consideramos negativas, porque a execución, a colaboración, neses deberes, descúbrenos diante da nova xeración, ponnos en evidencia de que somos, de que seguimos sendo, un tanto incultos.
-.-
  
Das “Meninas” aristocráticas ás garderías do proletariado.




O tema central deste ¿retrato? son os serventes da infanta Margarita de Austria. ¿Como puideron ser tan burros, tan incompetentes, os Reis, e cos Reis as Reinas, de España, con tantos e tan destacados mestres e servidores que tiveron ao seu arredor? ¿Sería que lles faltou humildade, e sen humildade pouco bo se pode aprender!



Cando me abouran as sabas, canso de soñar, ¡e a veces, tamén, de rezar, e que Deus me perdoe as neglixencias!, esta é a primeira imaxe do día que vexo desde as miñas ventás; pero aos poucos dan en chegar os pais, ¡pais e nais!, carretando, ou levando da man, segundo a idade, un neno, ou unha nena, e por veces, un par de “churumbeles”. Aos nenos trágaos esa porta, e os pais, máis lixeiros que cando entraron, fáiseme que incluso máis espertos, vólvense para o seu auto, e lárganse a toda presa, ¡coma se tivesen que acudir a un traballo ineludible!

Non, non son figuración miñas, propias dun xubilado imaxinativo, que é verdade: son escenas reais. ¿Boas, malas? Eu diría que inevitables pois os traballos abundan pero o traballo escasea, así que temos que acudir, entrar, marcar a tempo, e con tempo.

Estas escenas son un retrato moi elocuente dos tempos que vivimos: ¡Os vellos nas residencias, e os nenos nas garderías! Fuximos das nosas aldeas coidando que nas cidades ataban os cans con longaínzas pero é máis ben con cordeis, levados polas viúvas, que esas aparecen no xardín fronteiro aos poucos minutos de marcharse os pais das criaturas. Os cadeliños non teñen garderías, pero si gardianas; ¡e tanto, que algunhas ata levan dous ou tres!

Con estes cadros é inevitable poñer o retrovisor, lembrar a aldea: Había présa en fuxir das vacas, das pitas, dos coellos, das ovellas, pero caemos noutra présa, na de levar os nenos ás garderías, e os cans ao xardín.

Meditando: Esta etapa infantil, a das garderías, non é propiamente a preparatoria das seguintes, senón algo máis complexo pois aquí, máis que instrución, hai que darlles afecto aos nenos, xogos, movementos, de paso que se inician na convivencia social. ¿Estes nenos botarán en faltas aquelas lareiras familiares? ¡Aló por dentro igual si, e iso que non chegaron a coñecelas! Dicía meu avó: “O que queira criado fiel, que se sirva el!”. Estas crianzas contratadas, por ben que se porte esa especie de “nais adoptivas”, exactamente igual no pode ser. ¡Ai aquel afecto dos avós, que cordial era!

Non estou dicindo, non quero dicir, que estes sucedáneos da civilización actual sexan malos; non, iso non, pero igual de cordiais é imposible..., polas distancias familiares!

Supoño, confío, que estas garderías, estas “escolas infantís”, lle dean seguridade ao neno; ensínanlle a convivir con persoas alleas, móstranlles o sacrificio que fan seus pais pagando a terceiros para que a eles non lles falte o pan de cada día; e pola noite hai unha recuperación, algo así como unha redención de cativos captivos, capturados, prestados. O negativo está en que os pais tornan aos fogares cansados dos seus exercicios laborais, tanto físico como mentais, pero tamén cansados de aguantar aos xefes, aos compañeiros, aos clientes..., así que, por moito cariño que acumulasen nos seus corazón ao longo do día, algo de friaxe tan que darlles a fatiga acumulada. Bicos aos nenos, si, pero, por veces, seguro que con máis cansazo que se viñesen de arar la leira do trigo.

Unha parte positiva está en que os seus nenos pasarán á escola seguinte, á dos cursos oficiais, con menos morriña, con máis seguranza na alternancia que lles espera. ¡O malo, o peor, está en que a gardería os endureza demasiado, en que saian dela ásperos, desenganados da convivencia, que tamén se darán casos! No positivo cabe esperar que o neno:

-Por necesidade, por escaseza, de apoios, se solte nas súas habilidades físicas.
-Que aprendese a compartir, a respectar, a compartir xogos sen egoísmos, etc.
-Hixiene, de todo tipo, en si e por si.
-Etc.

Pero todo iso hai que confirmárllelo nas casas, para que consideren o que deben, outros refuxios, cordiais e francos, reparadores das deficiencias padecidas ao longo do día.
-.-

 
A comunicación, a comunicabilidade familiar, mellora ou empeora?


Laxeiro. Reunión na lareira.

O que non se refería nas lareiras familiares contábase nas ruadas da Casa Grande.


As ruadas xa as facían os hebreos.

-Padriño, cando ti te criaches, ¡e con dous tíos frades en San Cibrao!, aquí, xunto desta lareira, sempre estariades rezando, que así saístes de ben criados e ben falados; non si?

-Pepiño, tes razón, pois aquí educábase, e nas ruadas da Casa Grande, que non tiñan curas, nin Curas nin cura, difamábase, soltábanse as picardías!

Daquilo deducín que no XIX, e parte do XX, o falar deles non tiña cancelas, tanto para o bo como para o malo, pero nos 30 veu don Hermenegildo, e deulles bula aos matóns, así que, impúxose o silencio, tanto nas lareiras como fóra delas. Nas casas das esquerdas para que os nenos non nos fósemos da lingua, espallando o oído nelas, pois aqueles..., ¿cazadores? das dereitas, curas incluídos, estaban desexando oí-los nenos, que outras radios non había, para saber a quen podían acusar, fundados nas súas interpretacións dos comentarios circulantes. Quince fusilados na miña parroquia, dez ou doce desertores, e dúas ducias de..., ¿montaraces?, tal que meu pai, escondido na súa pedreira da Carballeira, era demasiada persecución como para fomentar outras. Nas casas das dereitas, aqueles lobos non falaban, non referían as súas falcatruadas, pois a súa apetencia era facelas e..., tapalas!

Claro que houbo excepcións, como por exemplo o Cura de Caraño, que foi o Xefe Local da Falanxe, con gardas e afíns, preguntarlle pola ¿colección? de roxos da súa parroquia, pero nisto, o Crego, apuntándolle co dedo ao preguntón, mesmo diante dos fusileiros, espetoulle: -Aquí o único roxo que coñezo es ti, que non ves a confesarte, e iso que cheiras a pecado, dos grandes, dos mortais!

O medo, ¡o pánico!, a que os rapaces nos soltásemos da lingua, converteu as lareiras en sepulcros, e así quedamos, e nos criamos, de cohibidos, que nin cos nosos fillos temos falado de certas intimidades; cos netos, agora, abrímonos, algo, que ía sendo hora.

De presente, á hora de falar, de comunicar, falan..., ¡falan, non, farfullan, as teles, e para iso, ¡menos mal!, fano tan á présa que pouco se lles entende. ¿Volveremos ás comunicacións íntimas, familiares, moralizadoras? ¡Por de pronto, recemos, para que Deus nos devolva a fala, para que volvamos a ter falangueiros; falangueiros necesítanse, pois o que sobra son os faladores!
-.-


O ensinante, un sementador; o alumno, un segador.



Saíu un labrador a sementar...

Marcos 4: 2, 8. “Unha vez saíu un labrador a sementar... (¡que é igual a ensinar!). E resulta que, ó bota-la semente, parte dela foi caendo polo camiño adiante; viñeron os paxaros e comérona. Outra caeu entre as pedras, onde apenas había terra, e naceu de contado porque a terra non tiña fondura, pero non ben saíu o sol, queimouna, e como non tiña raíz, secou. Outra parte caeu na silveira, e, ó medraren as silvas, afogárona, e non a deixaron dar froitos. Outra caeu en boa terra; naceu, medrou, e chegou a dar froitos: o trinta, o sesenta, e aínda o cento por un”.

O Mestre, seguidamente, como bo Mestre, explicoulles a lección: “O sementador sementa a Palabra. Os do camiño son aqueles nos que se sementa a Palabra, pero cando a escoitan vén Satanás e arrepáñallela. Da mesma maneira son aqueles que de seguida reciben a semente con alegría, pero pásalle-lo mesmo do que a sementada entre as pedras: por non teren raíces (bases, ambiente familiar axeitado) e seren inconstantes, veñen as dificultades ou a persecución por causa da Palabra, e de seguida abandonan. A outros pásalles como á semente caída entre as silvas: si escoitan a Palabra, pero moi axiña as preocupacións do mundo, o engano das riquezas e mailas ambicións, asolágana, afógana, e queda sen froito. Pero os que son coma a boa terra, escóitana, acóllena e dan moito froito: uns trinta, outros o sesenta; e outros, o cento por un”.

Leccións que temos que sacar desta lección: A pouco que matinemos nisto, está claro que segue vixente; que hai que saber sementar, pero tamén escoitar; ¡e, por encima de todo, preparar ben a terra (a infancia), para logo ir sementando pouco a pouco, segundo sexa oportuno, segundo o pida a asimilación do alumno.

¡Deus, que grandeza a de ensinar..., cando un se molesta en ensinar ben! Lembremos, e non esquezamos, esta apreciación vulgar, xenérica, de que goza máis o que dá có que recibe; pois diso vén o pracer, a satisfacción, a utilidade de ser útil. Pero volvamos á Biblia:

No Xénese, 1 e 2: “Viu Deus canto fixera e era de verdade moi bo. Quedaron así rematados o ceo, a terra, e tódolos elementos. Deus concluíu no día sexto (é unha metáfora) a obra que emprendera, e ó sétimo día repousou (outra metáfora, para que o entendamos) de todo o seu traballo. Deus bendixo o sétimo día e consagrouno: nese día repousou (parou de facer) de todo o traballo de crear”.

¡A satisfacción de crear, que nos foi impartida! Non somos deuses, non temos grandes creacións, e  nin sequera grandes ideas, pero si altos ideais, e por ese camiño, polo camiño das rozaduras, debemos seguir, debemos arar, para ir sementando, para facilitar a xerminación da xeración seguinte, que cada día se achegue máis a Deus, pois de achegados a Deus máis e mellor se nos abrirán as portas do Ceo. Isto, Arriba, pero aquí abaixo tamén iremos cara a un porvir que nos ofrecerá, ¡este de verdade!, paz, xustiza e pan!
-.-

 
A lección máis difícil: aprender a ler entre liñas.

Ler entre liñas é algo así como escoitar, ¡como pretender escoitar!, non o que lemos, non o que nos din, senón o que hai, o que pode haber, detrás do que lemos, ou do que oímos. Unhas veces pasa porque o comunicador se exprese mal, pero outras, ¡moitas!, porque a malicia humana tende a disfrazarnos, e non só por Carnaval.

¡Que difícil é coñecer a xente, entendela, precisamente, ou máis ben, por culpa dos nosos disfraces. A veces aínda non é por malicia senón porque a nosa ignorancia non nos permite expresarnos, transmitir, o que realmente sabemos ou sentimos.

Din que unha forma de aprender a ler entre liñas é poñerse na pel, nas circunstancias, do outro; pode ser, pero non sempre somos capaces desa análise; e cando somos, cando as vemos vir, tamén nos asiste, debe asistirnos, a prudencia de evitar hostilidades, así que, ¡ante dúbidas, prudencia, que é a mellor vacina dos conflitos!

Don Miguel, o de Cervantes, deulle este consello, esta recomendación, ao seu alumno Sancho: “Dad crédito a las obras y no a las palabras”. Tamén lle dixo, noutra ocasión, “El hacer por su hijo es hacer por si mismo”. ¿Non sería que os gregos, os pensadores gregos, tamén estiveron aquí, na nosa Galicia? ¡Niso de remoer as ideas, non temos remedio: gregos puros!

Incluso o Mestre, ¡que estivo en todo, tanto normas coma consellos!, nos deixou dito (Mateo 7: 15, 20), que, “... Así que polos seus froitos é como os coñeceredes”.

Un dos problemas que temos cos presentadores actuais (radio e teles) está, consiste, maiormente para nós os galegos, que nos ensinaron a remoer, idea por idea, en que falan, ou len, tan á présa que o noso cerebro, por veces, resístese a seguilos.
-.-


Das escolas de “a ferrado” pasouse ás Nacionais, e destas aos Grupos Escolares.
¿Museos etnográficos?


¡Coido que si, que esa “reconversión” debera facerse!

Sen ensino e sen medicina non hai, non pode haber, progreso; a medicina en segundo lugar, pois, sen ensino tampouco se puido chegar á medicina, á salubridade pública.

¿Onde estaríamos se non tivésemos o “hándicap” das guerras e das epidemias? Mirade que estúpidas son as guerras, e non veu século no que nos librásemos delas. Aínda hai guerras familiares, para canto máis das outras.

¿De quen é a culpa, do propio Satanás, ou dos malos mestres, que non nos ensinan a cultiva-la paz? Por iso non me cansarei de dicilo, aínda que eu non o cumprise: ¡Que grande é o ensino, cando se ensina ben, cando nos atemos ás ensinanzas do Mestre Supremo, Cristo Xesús, e con el, a súa, Sagrada, Familia?

-.-


A familia como escola

Como regalo de vodas xa nos deberan dar un libro, ¡libros!, que traten deste tema, desta sinatura que non é, que non pode ser obrigatoria, aínda que moralmente si que o é.

Daquela será cousa de pasarse a vida estudando; estudando e ensinando, ¿non si? ¡Pois claro, que non todo vai ser xogar á brisca! A vida é curta, e as responsabilidades, como dixen aló atrás, ¡tanto ante Deus como ante a Historia!, moitas e graves. Repito aquilo da miña / nosa paisana Enriqueta Otero: “É moito o que recibimos, o que herdamos, así que temos a obriga de perfeccionalo, de comunicalo, de transmitilo!”.

Repito tamén que son consciente de que o ritmo de vida na actualidade, as esixencias do menú cotián, déixannos escasos de forzas, de forzas e de ánimos, para ese esforzo complementario do ensino familiar. Pero é unha responsabilidade, e como lle dicimos a Deus, no Día do Xuízo, que tivemos tempo e forzas para a brisca, quitándollelo aos fillos?

Unha anécdota da miña parroquia: Contaba que o día da matanza, o señor Sarille, -eu xa non o coñecín-, estaba dándose o gran banquete con aqueles veciños/amigos que lle axudaran a facela, e dicíalles: “¡Comede e bebede, que un día é un día!”. Nisto chegou, entrou na cociña, o seu fillo Paco, que estaba nun convento, e temperou gaitas dicíndolle ao pai: “¡Ai, Sarille, acuérdate que hay mañana!”. Relata refero.

Ese mañá, o “mañá” dos fillos, esíxenos, que máis ben o repito:

-Falarlles con cariño; por amor e por obrigación, pero tamén por comenencia, que así prestarannos máis atención.
-Incitalos a que tomen interese polas cousas familiares, aínda que disimulando contratempos que os desanimen e acovarden.
-Consideralos como interlocutores válidos, pero axeitando os falares á comprensión propia de cada idade.
-Serlles útiles en todo o posible, pero como complemento das súas actividades extraescolares; ¡axudar, pero non facer!
-Coidar moito a linguaxe, e aclarar as cousas para que non se produzan malos entendidos nin desviacións morais.
-As apalabras sempre coherentes coas accións, cos comportamentos.
-.-



Para non aburrirvos coa miña literatura vouvos pasar, directamente, a un estudio científico, que por tal o teño, este do
ICEMD

O ICEMD explica cómo se comunican, consumen contenido y comparan las 6 generaciones actuales:


También te puede interesar:

El Instituto de la Economía Digital de ESIC Business & Marketing School, publica las conclusiones de esta investigación llevada a cabo con Coolhunting Group. Los resultados de la investigación destacan que en la actualidad las diferencias por edad se diluyen y las empresas empiezan a realizar una categorización por similitudes en cuanto a estilos de vida, hábitos, gustos o motivaciones, independientemente de la edad.

ICEMD, El Instituto de la Economía Digital de ESIC Business & Marketing School, ha llevado a cabo una investigación, en colaboración con Coolhunting Group, en la que ha identificado las seis generaciones de la era digital para conocer las características básicas de cada generación a fin de poder entenderlas y saber cómo conectar con cada una de ellas. Los resultados de la investigación destacan que en la actualidad las diferencias por edad se diluyen y las empresas empiezan a realizar una categorización por similitudes en cuanto a estilos de vida, hábitos, gustos o motivaciones, independientemente de la edad.

Generación silenciosa (nacidos entre 1925 y 1944)
Por encima de todo quieren estar en contacto con sus seres queridos.
El aislamiento y la soledad son dos de sus grandes problemas.
Los deterioros de salud influyen en sus estilos de vida.
Cómo se comunican: los dispositivos que permiten la interacción por voz son muy útiles para esta generación ya que buscan la comunicación como medio para evitar el aislamiento y la soledad. En especial se comunican con sus hijos, nietos o cuidadores, si los tienen. Éstos, son quienes les están introduciendo a las funcionalidades más básicas de la tecnología.
Cómo consumen contenido: la mayoría de esta generación consume contenido a través de la televisión.
Cómo compran: no están habituados al comercio electrónico y además, son muy susceptibles de ser víctimas de engaños y estafas a través de internet. 

Baby boomers (nacidos entre 1945 y 1965)
Dominan el mercado con 2,3 billones de dólares en poder adquisitivo.
Cargan con la lacra de los estereotipos ‘seniors’ alejados y ajenos a todo lo digital, y que poco o nada se acercan a la realidad de este perfil generacional.
Su lema es: “Los 70 son los nuevos 50 y los 50 los nuevos 30”.
Su salud es una prioridad, quieren permanecer en activo y sentirse jóvenes e integrados
Cómo se comunican: El uso de Internet entre los adultos mayores está creciendo, usan estas herramientas para cerrar la brecha entre ellos y sus seres queridos que viven lejos y como una forma de reconectarse con amigos de la juventud y la infancia.
Cómo consumen contenido: son más propensos a interactuar con encuestas o cuestionarios y a visitar la web de una compañía tras descubrirla en redes sociales que otras generaciones. Tienen un 19% más de probabilidades de compartir contenido en comparación con cualquier otra generación, y están más predispuestos a compartir contenido de tipo político en redes sociales.
Cómo compran: Gastan más por cada transacción, a diferencia de otras generaciones. Y esta generación valora enormemente la conveniencia y aprecian la variedad y la accesibilidad que ofrecen las compras online.

Generación X (nacidos entre 1960 y 1975)
Desea entretenerse, socializar con amigos y pasar más tiempo viajando, más que ir de compras.
Quieren experiencias valiosas y memorables.
Tener una vida social activa es una parte importante de llevar un estilo de vida saludable.
La salud y hacer ejercicio físico es prioritario para ellos.
Cómo se comunican: se encuentran en el punto intermedio entre los Baby Boomers y los Millennials, y por tanto comparten características con ambas generaciones.  En entornos de trabajo, siguen utilizando el teléfono y email; en el entorno familiar, utilizan aplicaciones como Whatsapp o Facebook Messenger; y para relacionarse con las marcas, son tradicionales, recurren al teléfono y a los e-mails, porque prefieren la interacción con personas antes que con máquinas.
Cómo consumen contenido: recurren a la industria de la televisión por cable, en plena crisis y transformación. El surgimiento de plataformas digitales que ofrecen contenido en infinidad de formatos, genera un escenario de oportunidades para satisfacer las necesidades de esta generación.
Cómo compran: además de la venta online, esta generación, está abierta a las innovaciones tecnológicas y digitales en el punto de venta, busca facilidad, conveniencia, y contenido relevante para sus estilos de vida.

MILLENNIALS (nacidos entre 1980 y 2000)
Valoran las experiencias por encima de cualquier objeto material.
Prefieren trabajar en lo que les apasiona y les motiva, aunque suponga mayor inestabilidad económica.
Viven el momento sin la ilusión de que pueden controlar el futuro.
Están muy comprometidos socialmente y esperan lo mismo de las marcas.
Les gusta sentirse únicos, por lo que agradecen los productos y servicios hiper-personalizados.
Cómo se comunican: si no puedes decirlo en 140 caracteres o menos, no lo digas en absoluto. Tienen en los memes su punto débil, llegando a compartir estas imágenes un 6% más que el usuario promedio.
Cómo consumen contenido: Esta generación está ávida de innovaciones y nuevas propuestas, les encanta experimentar y descubrir nuevos productos y servicios, por lo que son el target perfecto para los lanzamientos que integran el contenido y las últimas innovaciones tecnológicas.
Cómo compran: los Millennials prefieren compartir antes que poseer. El período de crisis económica y el consumismo de usar y tirar hizo propició el boom de la economía compartida y bajo demanda y con ellas las startups como Uber, Airbnb o Instacart. Esta generación está siempre a la búsqueda activa de productos y servicios personalizados y adaptados a sus estilos de vida. Buscan además experiencias significativas en el consumo más allá de los bienes materiales. Son impulsores de la economía bajo demanda.

Generación Z, (Nacidos entre 2001 y 2012)
Son la generación más diversa y multicultural. Además, piensan globalmente y no están restringidos por su ubicación.
Es una generación abierta y respetuosa con la diversidad, son los grandes impulsores del debate en torno al género.
Muy comprometidos y responsables socialmente.
Prefieren comunicarse mediante imágenes, emoticonos y memes.
Son multitarea y multi pantalla.
Cómo se comunican: los Gen-Zers fragmentan su tiempo en las redes sociales, compartiendo cierto tipo de contenido en cada canal social particular. Todo esto se realiza en toques rápidos o micro interacciones, que pueden durar solo unos pocos segundos. También es frecuente, que algunos Gen-Zers revisen sus redes sociales con una frecuencia de 100 veces por día. 
Cómo consumen contenido: usan diferentes plataformas para diferentes actividades. En Instagram, muestran sus aspiraciones personales; en Snapchat, comparten momentos de la vida real; en Twitter, reciben las noticias; y en Facebook, obtienen información. El formato preferido para consumir contenido es el vídeo en streaming, el 79% de los adolescentes tiene una cuenta de Youtube y pasan el mismo tiempo delante de la televisión que viendo Netflix.
 Cómo compran, influencia generacional: a esta generación digital, le gusta comprar en tiendas físicas y además tiene muy en cuenta las iniciativas y compromisos sociales de las marcas.  Con una capacidad de atención promedio de ocho segundos, estos jóvenes no tienen tiempo para experiencias online lentas. Estos jóvenes consumidores tienen mayores expectativas para sus experiencias de compra online que cualquier generación anterior a ellos, con una exposición a una variedad casi infinita y un acceso a la información casi ilimitado hace que esta generación sea más exigente que cualquiera de sus predecesores.

Generación ALPHA (nacidos desde 2012 – Actualidad)
Crecerán en un entorno rodeado de  juegos de IA, realidades virtuales y aumentadas, este nuevo contexto moldeará las percepciones de esta generación e influenciará sus actitudes, hábitos y habilidades cognitivas.
Serán una generación que verá aumentada sus capacidades cognitivas e intelectuales gracias a los avances tecnológicos y digitales. Aunque faltan estudios que lo demuestren, se cree que el acceso inmediato a la información, hace que estos jóvenes puedan liberar espacio mental y dedicarlo a tareas, conceptos o problemas de más alto nivel cognitivo.
Cómo se comunican: los adultos y niños mayores de 12 años a menudo responden a los asistentes virtuales con asombro, ya que nunca antes habían visto un dispositivo como este fuera de la ciencia ficción. Pero los niños más pequeños, es decir, la Generación Alpha, han estado expuestos a asistentes como Siri, desde su nacimiento.
Cómo consumen contenido: están siendo parte de un experimento global no intencionado, donde las pantallas se colocan frente a ellos desde prácticamente su nacimiento. Saben interactuar con los dispositivos móvil es y encontrar los vídeos que les gustan, mucho antes de que aprendan a hablar. Esto acarrea peligros debido a la cantidad de contenido que se publica en Internet y en la que gran parte no es adecuada para niños.
Cómo compran: ni siquiera han entrado en la escuela, y sin embargo ya están influyendo en los comportamientos de compra de sus padres millennials. Sin duda, los avances tecnológicos y las innovaciones en ecommerce plantean un contexto apasionante para el futuro del comercio electrónico, un futuro donde esta generación Alpha, se convertirá en consumidores activos, pero con comportamientos y necesidades muy distintos a los que tenemos hoy en día. La interacción de los niños pequeños con los asistentes virtuales, plantea un futuro bastante prometedor para la compra conversacional, ya que se convierte en una tecnología cada vez más natural para ellos.

¡Que cada quen tire as súas conclusións! ¿Imos a mellor, imos a peor? ¡Se non nos vén unha pandemia, progresaremos!
-.-



Xoguetes (espaciais) da última xeración

-.-

Xosé María Gómez Vilabella

No hay comentarios: