martes, 16 de enero de 2018

O 11: PUÍR, REPARAR E RESTITUÍR



O 11: PUÍR, REPARAR,
E RESTITUÍR.


XOSÉ MARÍA GÓMEZ VILABELLA

Non facía falta que estivese nas táboas de Moisés: Dáse por sobreentendido.


Repasos e reflexións penitenciais

Puír: Facer que algo quede liso, sen desigualdades, protuberancias, etc., fregándoo. Reducir, eliminar, cambiar, refacer, etc., aquelas cousas que non están, ¡que non estiveron!, ben, ou non resultan convincentes nunha obra, traballo, relación, contrato, etc.
Reparar: Preparar de novo; reparar, restablecer, restaurar; recobrar, recuperar. Devolver ao seu estado normal de funcionamento algunha cousa que ten, ou tivo, avaría, facendo que esta desapareza. Facer algo polo cal diminúan ou desaparezan os efectos negativos ou daniños dunha cousa.
Restituír: Restituír, restablecer, restaurar; reparar, refacer, reconstruír; devolver. Dar ou volverlle unha cousa a quen a tiña antes. Deixar unha cousa no estado que tivera antes.
¿Que; é, ou non é, un Mandamento, así, con maiúscula?
-.-


Tres fases, ou etapas, fan unha vida normal: Preparación, execución, e..., perfección! Pero somos tan pasotas que non sempre nos decatamos delas na súa época vital, propicia, oportuna. Daquela igual non sobra participar nestas reflexións:



-.-



¿Que levo feito pola seguridade e pola paz mundiais? ¡Pouca cousa, pero teño carné diso, que xa é un principio:




 

¡Para que vexades que unha cousa é predicar e outra dar trigo!
-.-

Para a nosa, posible, perfección, sempre hai que acudir ó Mestre, que foi tan xeneroso cos fillos da Eva que nos deixou a solución de tódolos problemas; é cuestión de repasar a BIBLIA (para os galegos a de Sept) con atención e con ganas:

Abnegación: Do cristián para seguir a Xesús.
Mateo 16,27: “Porque o Fillo do Home ha vir coa gloria de seu Pai entre os anxos; entón pagará a cada quen conforme á súa conducta”.
Témonos, e somos, egoístas, pero aínda así pásanos desapercibido que seguir a Cristo ten de premio unha Eternidade gloriosa. ¡O premio máis perfecto e máis completo, aínda máis do que podamos imaxinarnos!
Lucas 21,37: “Pasaba os días ensinando no templo; polas noites saía, e pasábaas no monte chamado das Oliveiras. E todo o pobo madrugaba para ir onda el ó templo, escoitalo”.
Trasnoitamos para cultiva-los vicios, pero non madrugamos para exerce-las virtudes...; ¡espertemos antes de que sexa tarde para a nosa perfección, para a nosa maduración!

Acción de gracias. Xesús dálle gracias ó Pai; ¿e nós?
Mateo 14, 19: “... ergueu a mirada ó Ceo, dixo a bendición, partiu os bolos e déullelos ós discípulos, que a súa vez pasáronllos á xente”. Coa mirada alzada, dixo a bendición...”
¿Que significa isto? ¡Que seu Pai, séxase, o noso Creador, é o dador dos froitos, así que compre agradecerlle canto nos vaia subministrando, comezando “polo noso pan de cada día”!
Mateo 15, 36: “Segunda multiplicación do pan: ... e rezou a acción de gracias...”
¡Iso, sempre!
Lucas 24, 36:  “Estando eles comentando estas cousas, presentóuselles Xesús no medio e díxolles: -¡A paz sexa convosco! Sobresaltados e cheos de medo, coidaban contemplar un espírito. Pero El díxolles: ¿Por que estades asustados, e a que veñen esas dúbidas? Mirade para as miñas mans e para os meus pés: sonvos eu!”.
¡Resucitara; resucitárase a si mesmo; logo era Deus, segunda persoa da Santísima Trindade; daquela é certo, indiscutible, que non nos enganou, así que, a seguirlle as leccións; seguilas, acatalas, pois non temos outro camiño para ir ó Ceo! E de agradecidos, poñámonos de xeonllos ante o noso Redentor!
Xoán 11, 40. Cando lle devolveu a vida a Lázaro: “Xesús contestoulle: ¿Non che dixen que se cres, vera-la gloria de Deus”.
Tamén nos a veremos, no seu día, cando nos arrede a pedra material, cando a nosa alma se despida do corpo cun “¡Deica logo, que me vou examinar..., e se aprobo será porque me preocupei de puírme, de reparar, de restituír...; en definitiva, de acatar os Evanxeos!

Acepción de persoas. Aprendamos a distinguir o relixioso do profano; e con relación ó próximo non nos deamos a altura que non temos. “Se Deus se achegou a nós e se igualou connosco, non podemos nós pola nosa parte pretender ser superiores ou máis dignos cós que viven a carón noso”. (Manuel Cabada Castro, no seu “Darse sen contrapartida”).
Mateo 22, 15; Marcos 12, 13;  e Lucas 20, 24: “-Mostrádeme un denario. ¿De quen é esta imaxe e de quen fala esta inscrición? Contestáronlle: É do César. Xesús replicoulles: -Pois logo ó César o do César; e a Deus o de Deus”.
Non sempre é doado distinguir entre obrigas civís e obrigas relixiosas, pero, en caso de dúbida, teólogos hai! Acudir ós avogados nunca nos deu vergoña ós galegos; e consultar con teólogos, si?

Adopción divina. Vestímonos de gala cando cambiamos de estado; e para ingresar na DOC, na Divina Orde Celestial, que?
Mateo 5, 9: “Ditosos os que traballan pola paz”. 12, 48/50: “... E, sinalando coa man os seus discípulos, dixo: Velaí a miña nai e mailos meus irmáns. O que cumpre a vontade do meu Pai Celestial ese é o meu irmán, a miña irmá e maila miña nai”.
¡A paz familiar! Nesta adopción divina, nesta paz familiar, sen ser nada somos moito, sómolo todo, somos membros da familia celestial. Señor, eu estaba orgulloso de ser un Gómez, un descendente daqueles Gomá da Suevia, pero desde que participo do cristianismo pasei á familia celestial, á de Cristo! ¡Gracias, Señor! Agora este é o meu escudo familiar:




Xoán 1, 17-18: “Pois a Lei deuse por medio de Moisés; a gracia e a verdade realizáronse por Xesús Cristo. A Deus ninguén o viu; o Unixénito, que está no seu do Pai, foi quen nolo revelou”.
A Deus verémolo de cerca cando, co seu perdón, coa adopción cumprida e perfeccionada, nos manden pasar pola Porta de San Pedro; pola de Lugo xa pasei, mais agora pido o pasaporte para entrar pola outra. ¿Requisitos? ¡Ir lavadiño, coa ánima purgada, que daquela nunca é cedo para comezar o noso puído!
Adoración. ¡Que xa está ben de ídolos e de vicios!
Mateo 4, 10: “Entón replicoulle Xesús: Arreda, Satanás, porque está escrito: Só ó Señor, o teu Deus, adorarás, e só a El darás culto”.
¡Vade, retro, que agora tamén eu sei a quen adorar: tantos vicios, tantas desviacións coas que o mundo e maila carne me foron tentando, e resulta que aqueles non eran os camiños: eran os carreiros do erro, e por tanto, da perdición! Na noite da vida non quero volver ó monte sen o farol da fe, ese farol que tanto interese pon Satán por apagalo, mais agora sei que a luz do inferno non aluma, queima!
Xoán 4, 19: “A muller respondeu: Señor, vexo que ti es profeta. Os nosos pais adoraron neste monte e vós decides que é en Xerusalén onde hai que adorar. Xesús díxolle: -Faime caso, muller; chega a hora en que nin neste monte nin en Xerusalén adoraredes ó Pai. Vós adoráde-lo que non coñecedes; nós adorámo-lo que coñecemos, pois a salvación vén dos xudeus. Pero chega a hora -é xa agora- en que os verdadeiros adoradores adorarán ó Pai en espírito e verdade, pois eses son os adoradores que procura o Pai. Deus é espírito e compre que os que o adoran, o adoren en espírito e verdade”.
¡Hai mundo, mundo, que errado estás, que errado nos tés: os vicios da carne, as tentacións do luxo e das riquezas..., todo iso é veleno para a alma; danlle gusto ó corpo, e para iso, non sempre, pero trátase dunha miopía atroz pois o corpo, os corpos, son tan só unha materia putrefacta que sostén a alma no seu proceso de preparación, execución e..., perfección! Daquela os corpos veñen a ser unhas ferramentas coas que puímos a alma, e xa se sabe que non hai ferramenta que non sexa perigosa se dela facemos un uso torpe, torpe e/ou temerario!

Alegría. Si, sempre, pero da boa, da limpa; sen pantomimas. (Pantomimas: Acción ou actitude finxida, con ánimo de enganar; de enganar, ou de enganarse!).
Lucas 10, 21: “E naquel momento exclamou cheo de gozo do Espírito Santo: -Bendito sexas, Pai, Señor do Ceo e mais da terra, porque lles agachaches estas cousas ós sabios e ós prudentes, e porque llas revelaches á xente humilde. Si, meu Pai, bendito sexas por che agradar iso así. Meu Pai ensinoume tódalas cousas, e ninguén coñece ó Fillo a non se-lo Pai, nin coñece ó Pai a non se-lo Fillo, e aquel a quen o Fillo llo queira revelar”.
Xesús viviu con inmenso gozo esta realidade, estes momentos exultantes; nós, que témo-los ollos abertos ó cristianismo, participamos, ¡se queremos participar, por suposto!, desa mesma felicitade. ¡Non a refuguemos!
Carta ós filipenses. (Escrita por Paulo desde a súa cadea). Estar alegres. “Estade sempre 


alegres no Señor. Repítovolo: estade alegres. Que todo o mundo vexa o bos que sodes. Non desacouguedes por cousa ningunha. En todo presentádelle a Deus as vosas peticións con oracións de súplica e acción de gracias. E a paz de Deus, que supera toda intelixencia, custodiará os vosos corazóns e os vosos pensamentos en Cristo Xesús”.
¡Ai, Paulo, Paulo, ti si que nos deches exemplo, pasando de atacante a defensor! ¡Tíranos deste cabalo da ignorancia e da soberbia, para que, tamén nós, desde a terra vexamos o Ceo!

 
¡O único que me falta é abri-los brazos para acoller ós meus inimigos, tal e como prometo no Noso Pai!
Carta ós hebreos, 13, 16: “... e que non vos esqueza mirar uns polo ben dos outros, que eses son os sacrificios que lle agradan a Deus”.
Desde Caín sempre nos anubrou a envexa, pero neste XXI, polas trazas, pouco a mellor imos: aí temos o caso dos políticos, que tanto presumen de mirar polo ben dos outros...; ¿e será por iso que adoitan facer as evasións das súas divisas poñéndoas a nome da súa familia?

Amor ós inimigos; si, ós inimigos!
Mateo 5, 43; e Lucas 6, 27 e 32: “Tedes oído que se vos dixo: ”Amarás ó teu próximo e aborrecerás ó teu inimigo”. Pero eu dígovos: amade ós vosos inimigos, e pregade polos que vos perseguen. Así seredes fillos de voso Pai que está no Ceo, que fai saí-lo sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e inxustos. Porque, se amades ós que vos aman; ¿que recompensa ides ter? ¿Non fan o mesmo os recadadores de impostos? E se saudades soamente a vosos irmáns, ¿que facedes de máis? ¿Non fan outro tanto os pagáns? Daquela sede bos sen exclusivismos, como o voso Pai Celestial é totalmente bo”.
Aínda que non fose de precepto relixioso, nun bo pragmatismo gáñase moito cos inimigos; xa o teño dito, mil veces: ¡Canto lles debo ós inimigos, xa desde a escola! Se non fose por aqueles desprezos que me fixeron os compañeiros que pasaran ós estudios medios e superiores, de onde sacaría eu os azos para entregarme, despois, ó estudo intensivo, fose por libre ou por oficial, ó que me consagrei ata os 60 anos, exactamente ata que o fixen coincidir coa miña xubilación no Banco? Pero isto foi unha circunstancia de tipo persoal; o xeral, o colectivo, o que está mandado, ¡nada menos que polo Mestre!, é todo iso que recolleron os apóstolos: ¡Nin con aquela sublevación satánica do Paraíso deixou Deus de quererlle ao home, tanto que nolo leva demostrado.

Deus é amor. ¡E a nosa correspondencia, que? A verba “amor” é tan agarimosa que se explica por si mesma..., pero precisamente por iso, pola súa bondade, préstase moito á falsidade, á hipocrisía; daquela hai que tratala con agarimo, pero, do verdadeiro!
O amor é comuñón? ¡Pois claro, e se o dubidamos preguntémoslle a Xoán, que non se cansa de explicárnolo no seu Evanxeo.
Xoán 3, 14: “Como Moisés alzou a serpe no deserto, así debe ser alzado (crucificado) o Fillo do Home, para que todo o que cre nel teña vida eterna. Pois de tal xeito amou Deus ó mundo que lle deu o seu Fillo Unixénito para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna”.
12, 26: “Se algún quere servirme, que me siga; e alí onde estou eu, estará tamén o meu servidor. Se alguén me serve, hao honrar o Pai. Agora o meu espírito está turbado. ¿E que hei de dicir: Pai, sálvame desta hora? ¡Pero se para iso cheguei a esta hora!”.
O seguimento de Xesús, ¡amor con amor se paga!, debe ser común a todo bo discípulo de Cristo. Pola súa parte, ¡a reciprocidade, exixencia do amor!, Xesús promete ós que o sigan un posto onde El estea).
13, 34: “Douvos un mandamento novo: amádevos uns a outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vos. Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns aos outros”. ¿Que; elocuencia divina, sublime, non si? Mirade o malos que somos, que nin con esas...!

Anxos. ¡Anxos, en principio, éramos todos, comezando polo Satán e seguindo pola Avoa, pero Deus é tan bo que se pasa: concedeunos o libre albedrío, e nós rompemos o molde!
En relixión só teño unha dúbida: Aquel Caín sería fillo de Lucifer ou de Adán? Unha muller que acepta as mazás dun forasteiro, e máxime daquela que andaban sen bragas..., desconfío dela!
O pecado orixinal foi transmisible porque o Adán e maila Eva tiveron os fillos despois da sublevación, pois, se os fixesen antes, nós, os descendentes, seguiríamos sendo anxos en vez disto, disto que somos, e que, como tales nos portamos. As almas impregnan os corpos, e por iso se transmite a pecaminose cos gametos, na fecundación.
¿As mulleres, máis cerca dos anxos cós homes?:
Mateo 28, 5: “Mais o anxo díxolles ás mulleres: (¡Ás mulleres, e con iso e con todo non lles deixan subir ó presbiterio!). -Non teñades medo; ben sei que buscades a Xesús o crucificado. Non está aquí; resucitou tal e como dixera. Vide ve-lo sitio onde estaba. E ide axiña dicirlles ós seus discípulos: (¡Elas, embaixadoras dos anxos!). “Resucitou  de entre os mortos e vai diante de vós en Galilea: alí o veredes”.

Aparicións do Resucitado. ¡Aquelas si que foron Actas Notariais e non as dos nosos Notarios!
Mt 28, 1-20; Mc 16, 1-20; Lc 24, 1-49; Xn 20, 11, 21,14; Feit 1, 3ss; 1 Cor 15, 3-8. ¿Que; chégannos as luces? ¡Só nos falta palpalo, como fixo Tomás coas cicatrices do Resucitado!

Apóstolos. Paulo: 1ª ós Corintios: 9, 16-23: “Porque o mero feito de predica-lo Evanxeo non é para min gloria ningunha: é unha necesidade que teño enriba de min. ¡Pobre de min se non predico o Evanxeo!”.
Iso dicía San Paulo, pero, nós? ¡Nos tamén somos Apóstolos, herdeiros dos apóstolos! Estoume lembrando do que me dixo, en Madrid, en certa ocasión, a nosa Enriqueta, Enriqueta Otero Blanco, 


“É moito o que temos recibido, o que temos herdado (referíase a nosa cultura), así que nesta herdanza vai a obriga de conservalo, de puílo..., e de transmitilo!”. ¡Se temos esa obriga con respecto á cultura, que non será con respecto ó Cristianismo, que é a cultura  sublime, a celestial, a perfecta, a definitiva!

Arrepentimento. ¡Ai, Deus, que con só teclear esta verba xa rilo os dentes do pánico que me dan os meus pecados, as miñas faltas, as miñas omisións!
Lucas, 15, 7: “Pois asegúrovos unha cousa: No Ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove xustos que non precisan conversión”.
¡Mirade se é importante a conversión dos pecadores, que ata no Ceo fan festa; e nós, que? ¡A nós incúmbenos o agradecemento; farémolo, terémolo?

Baixada ós infernos.
Mateo 27, 51: “Entón o veo do Santuario rachouse en dous de arriba abaixo. Tremeu a terra, as rochas fenderon, e abríronse os sepulcros. Moitos corpos dos santos que estaban mortos resucitaron. E despois que El resucitou saíron dos sepulcros, entraron na cidade santa e aparecéronselles a moitos. O centurión e mailos que con el gardaban a Xesús, vendo o terremoto e todo o que pasaba, dixeron aterrados: -Verdadeiramente este era o Fillo de Deus. Había alí, mirando desde lonxe, moitas mulleres que seguiran a Xesús desde Galilea para servilo. Entre elas estaba María Magdalena, María a nai de Santiago e mais de Xosé, e a nai dos fillos do Zebedeo”.
¡As mulleres; seguindo a Xesús, mentres os homes se escondían e/ou o negaban!

Bautismo. Mirade se lle dan importancia na miña parroquia que lles pareceu pouca cousa a pía vella dos bautizos, e puxeron unha nova, boísima, artística, pero..., agradecidos pola labor que desempeñou a vella, deixárona, conservárona, no pórtico da igrexa!



Mateo 28, 18: “Xesús, achegándose, díxolles: -Déuseme todo poder no Ceo e mais na terra. Ide, pois, e facede discípulos meus a tódolos pobos, bautizándoos no nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que estarei sempre convosco ata a fin do mundo”.
¡Oh, Deus, que ledicia, e que agradecemento polo noso bautizo! Agora que o penso: Só me encomendaron un bautizo, precisamente aló en Ifni, e a nena morreu de moza. ¿Unha pena? ¡Non; unha ledicia, pois agora teño unha “madriña” no Ceo! ¿Segue sendo costume solicitar os apadriñamentos ás persoas ricas? ¡Polas trazas, coido que si, pero habería que ir pensando en propoñérllelos ós santos / ás santas, pois o mellor regalo dos padriños, ó longo dunha vida, é a súa exemplaridade con respecto á educación do neófito!

 Camiño. Polo meu Castroverde pasa o Camiño de Santiago, o primeiro, o primitivo, aquel que consagrou o Rei Afonsus II, pero, estou eu no Camiño do Ceo, teño, ou terei, que desandar rutas equivocadas?
Xoán 14, 4-6: ¡É para ler, para lembrar, cada día, tódolos días, xa antes de afeitarse! “Díxolle Tomé: -Señor, se non sabemos onde vas, ¿como imos sabe-lo camiño? Xesús respondeulle: -Eu son o Camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis que por min. Se me coñecésedes, coñeceriades tamén a meu Pai; aínda que xa desde agora o coñecedes e o tedes visto”.
O Ceo. Dous: O que tiven, e o que espero acadar, Deus mediante. Do primeiro aporto esta proba, 


Aos 50 anos do noso casamento.
(Vodas de Ouro)



 A os 60 anos.
(Vodas de Diamante)




Carta á miña noiva:
                                               Xosefina, aínda non era a da alba…, pero espertoume a túa mensaxe envolta nunha cálida brisa, ¿ou era un siroco?, que se pousou naqueles cristais do Hotel Suerte Loca, de Sidi Ifni. Suerte Loca era o seu nome, pero Sorte, o que se di Sorte, era, foi, a miña!

Antes de que vibrasen as campás daquela igrexa de Santa Cruz,



antes incluso de que o almuhecín loase ao seu Alá, o meu pensamento, a tal momento, xa estaba no Rois de Cirio…! Daquela sentín un hálito con olor a herba e a rosas, un aquietarse do vento e da area. Comigo estabas ti; viñeras en espírito, para invitarme á túa voda, ¡á nosa! ¿Tan lonxe, e á vez, en Ifni, comigo? Non importan ás aparencias, pero si as aparicións: ¡Alí estabas, un alma branca vestida de branco!

Palpei as sabas, e notei un fru fru, como de tule ilusión! Incluso albisquei a túa cariña, o teu sorriso, virxinal, de rosa matutina…;  e tamén un chiscar dos teus ollos…, amén dun aceno, doce, doce pero ardente, nos teus beizos de rubí!

Deus, o noso, e co noso Alá, estábannos casando, naquel momento, ao lonxe, alén dos aeroportos! Acudiron os anxos…; ¡como non ían facelo casándose outro, un deles, feminino por máis datos! A cerimonia de Cirio, para os prosaicos, estábase celebrando no mundo grotesco da materia; no espiritual o meu pensamento ía ao teu encontro; ou sería máis certo dicir que te esperaba na porta da capela, para, seguidamente, apertarnos, fundirnos? QUÆSUMUS, omnipotens Deus: instituta providentiæ tuæ pio favore comitare; ut quos legitima societate connectis, longæva pace custodias. Per Dominum nostrum. Te rogamos, ¡oh Dios omnipotente!, sigas favoreciendo con tu tierna asistencia lo que por tu providencia has instituido; para que conserves en larga paz a los que has unido con un legítimo vinculo. Por nuestro Señor...


Igrexa de Cirio

 De esperto, cerrei as persianas para que non fuxise a túa imaxe, tan próxima que a tiña, tan íntima!

Aló abaixo, aló adiante, en Sidi Ifni, espertou Frei Xosé; e as campás tocaron a Misa, pero a miña, en Cirio, xa fora, xa comezara. E na mesquita o almuecín seguía loando ao seu Alá; ¡eu tamén! ¡Grazas, Deus, grazas pola miña estrela, por esa Estrela Xosefina, que me estás demostrando que, ademais de Creador, es un Casamenteiro, Perpetuador da especie!

Entón din un berro tan sonoro, tan alto, que ata non sei como non espertaron os outros hóspedes do hotel: ¡Si, quérote, acéptote, e tamén espero con febres ese avión de Iberia…!

Non me digas, agora, que aquilo foi onte; non me contradigas, non me espertes, xa que nada cambiou! Aínda cheira a herba fresca, a herba e a rosas; e sinto aquel fru fru dos teus velos…

Non me digas, agora, que xa temos fillos mozos, ¡e netos! Tampouco me digas que nos pasaron uns cantos achares. ¡Non, que foron azares, azares ben olorosos por certo! O único que ocorreu, pois todo o demais veu por engado, foi aquel amencer limpo e amplo; tan diáfano, que nos permitiu entrever…, ¡entrever, non, ver, gozar, de sesenta anos de casoiro! As peripecias feas, as malas, non ocorreron: foi simplemente a nube de area dun siroco fugaz!

Sempre teu, igual que aquel día, ¡e iso que estabamos a tres mil quilómetros! Aquel que tanto se parece ao de hoxe, cálido e amoroso, medradeiro!

Xosé María
13.06.2013


¿Do outro Ceo, que? ¡Pois..., nesa espera estou, así que tamén lle mando outra carta, esta, tódolos días, ó deitarme:

“Con Deus me deito, e con Deus quero levantarme; que a Virxe María me cubra co seu manto, nesta cama e sempre; e Ti, Señor, dáme penitencia en vida, e na morte, salvación, que se morro esta noite me sirva de confesión. Amén”.


Ceo, morada de Cristo e dos benaventurados. Mateo 3, 16: “Tan pronto como foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viu o Espírito de Deus baixar como unha pomba ata pousarse enriba del. E oíuse desde o ceo unha voz que dicía: -Este é o meu fillo benquerido, o predilecto”.

Marcos 16, 19; Lucas 24, 50; Feitos 1,9, etc.: “O Señor, despois de falarlles así, elevouse ó Ceo, e sentouse á dereita de Deus. Eles saíron a predicar por todas partes, contando coa colaboración do Señor, que confirmaba a súa palabra cos sinais que os acompañaban”.

¡Ai, Deus, que eu tamén teño que predicar, pois o mundo segue, e Satanás no para de tentar, así que no exército de Xesús non caben, nin se admiten, desertores; o Exército español, por aquelas aportacións de Ifni deume o tratamento de “Ex-combatiente”; que me dará Deus se lle son fiel? ¡A mellor laureada, espero: a entrada, definitiva, no Ceo!


Conciencia. ¡Esta si que é batalla: loitar toda unha vida contra as covardías da conciencia!    


Como norma próxima da moralidade persoal. Romanos 13, 5: “Así, compre obedecer non só por medo ó castigo, senón por deber de conciencia. Dádelle a cada un o que lle é debido: tributo, imposto, respecto ou honor, segundo o caso”.
Aviso ós navegantes: Se deixamos que inflúan na nosa conciencia os nosos desexos persoais, egoístas, este “mecanismo anímico” non nos indicará o camiño, a ruta correcta, así que, ¡ollo con perde-lo compás relixioso!
¿Como se educa a conciencia? A miña dona, Mestra daquelas da Normal de Lugo, e por tanto ben normaliñas, ben normalizadas, sempre lles dixo ós nosos fillos que, “Ó tomar decisións a persoa que ten a conciencia ben domesticada, ben adestrada, nunca se guía polo egoísmo; guíase polo temor, polo acatamento a Deus, para non agraviar ó noso Pai celestial. Ante as dúbidas, poñámonos en oración previa a toda actuación ou omisión arriscada; se as luces do noso entendemento non nos veñen claras, sempre teremos, sempre haberá cerca, un confesor que nos guíe e nos asesore”.

Concordia entre irmáns. É de sentido común tele, mantela, conservala, fomentala..., sempre que se poda, por suposto. Paulo, na súa “Carta ós romanos, 12, 9: “Que o amor non sexa finxido: afastádevos do mal e apegádevos ó ben. Sede cariñosos uns cos outros, coma irmáns; competide na estima mutua; no traballo non teñades preguiza; no espírito afervoados; para o Señor, como escravos. Alegres na esperanza, con constancia no sufrimento, e afincados na oración... Alegrádevos cos que están alegres, e chorade cos que choran”. ¡Todo isto é irmandade cristiá! ¿Cumprímola?

Condenación. ¡É libre; depende de nós mesmos! Segundo as obras de cada quen:
Xoán 3, 16: “Pois de tal xeito amou Deus ó mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna. Non mandou Deus o Fillo ó mundo para que xulgue o mundo, senón para que, por el, se salve o mundo. O que cre nel, non é xulgado; mais o que non cre, xa está xulgado, porque non creu no Fillo Unixénito de Deus. Nisto consiste o xuízo: en que, vindo a luz ó mundo, os homes escolleron a tebra en vez da luz, pois as súas obras eran ruíns. Todo o que fai o mal, odia a luz e non vén cara á luz, para que non o delaten as súas obras. Polo contrario, o que obra a verdade vén cara á luz, para que se vexan as súas obras porque están feitas como Deus quere”.
¿Como as quere Deus? ¡É ben sinxelo: quéreas limpas, puídas, sen malicia!

Confesión. ¿Barremos a casa, e non imos barrer a alma? Imaxinarvos que os delincuentes fosen perdoados con só recoñecer, ante os alguacís, que delinquiron; ¿quedaría algún sen confesarse? Daquela tomemos nota, e obremos en consecuencia.
O sacramento da penitencia. Mateo 16, 19: “Dareiche as chaves do Reino do Ceo: todo o que ates na terra, ficará atado no Ceo; e todo o que desates na terra, ficará desatado no Ceo. E mandoulles ós discípulos que non dixesen nada de que el era o Mesías”. 18, 18: “Asegúrovos que o que atedes na terra será atado no Ceo, e o que desatedes na terra será desatado no Ceo”. Xoán 20, 19: “Naquel día... -Paz convosco. Dito isto, mostróulle-las mans e mailo costado. Os discípulos alegráronse vendo o Señor. El díxolles outra vez: -Paz convosco: como o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós. E dito isto alentou sobre eles, e díxolles: -Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoéde-los pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos”.
¿Deus dá poderes revogables? ¡Nunca, xamais, que sempre os deu irrevogables; os poderes e os mandatos; daquela, que insensato pode ter dúbidas acerca da confesión? ¡Iso, os insensatos!


O Papa confesándose. Ata nisto nos dá exemplo

Coñecer a Deus. Coñecer a Deus é coñecer a obra salvadora de Xesús.
Por se tiñamos algunha dúbida, Mateo, ó transferirnos literalmente o Noso Pai, ben que nolo retratou, ben que nolo explicou, resumido e concreto, elocuente e sinxelo, na oración central do cristianismo: Mateo 6, 9: “Vós rezade así: Noso Pai que estás no Ceo, santificado sexa o teu nome; veña o teu Reino, e fágase a túa vontade así na terra coma no Ceo. Dános hoxe o noso pan de cada día. E perdoa as nosas débedas como tamén nós perdoamos xa ós nosos debedores. Non nos sometas á tentación, mais líbranos do Malo. Porque se vós perdoades ós outros as ofensas que vos fan, tamén voso Pai celestial perdoará as vosas; pero se non perdoades ós outros, voso Pai celestial tampouco perdoará as vosas ofensas”.
¿Ateos? ¡Máis ben afiliados ó partido de Satanás, que participan na sublevación satánica, sublevándose nada menos que contra o seu Creador; iso é o colmo da malicia e da soberbia!

Consagración do home a Deus.
1 Corintios 3, 16: “¿Non sabedes que sodes templo de Deus e que o Espírito de Deus habita en vós? Se alguén destrúe o templo de Deus, Deus destruirao a el. Porque o templo de Deus é sagrado, e iso sodes vós”. ¿Está claro? ¡Explicalo máis e mellor, é imposible!

Corrección fraterna. Non xulgues ós demais.
Mateo, 7, 3: ¿Por que reparas no lixo que hai no ollo de teu irmán e non te decatas da trabe que hai no teu? E, ¿como lle vas dicir a teu irmán: “Deixa que che quite o lixo que tes no ollo”, tendo ti unha trabe no teu? ¡Hipócrita! Quita primeiro a trabe do teu ollo e logo verás mellor para quita-lo lixo do ollo de teu irmán!”. 
¡Ai irmán, irmán, que adianto eu discutindo contigo? Tratarei de ser boa persoa, e ti, ó verme así, se che prace xa tratarás de imitarme.

Cruz. Instrumento na morte redentora. A cruz e maila tribulación son para os que viven piadosamente.
Lucas 14, 27: “O que non carga coa súa cruz e me segue, non pode ser discípulo meu”. Xoán 12, 36: “Mentres ténde-la luz, crede na luz (na cruz), para que vos volvades fillos da luz”. Para ser fillos da luz hai que crer na luz (na cruz), e camiñar na luz. O senso destas expresións vén ser vivi-la nosa existencia no ámbito de Xesús, que é a verdadeira luz. ¿Témolo claro?

O demo. Vencido pola morte de Xesús.
Lucas 10, 17: “Entón volveron os setenta e dous moi contentos dicindo: -Señor, aínda os demos tamén se nos someten no teu nome. El replicou: -Eu vía a Satanás caendo do Ceo coma un raio. Porque vos dei poder para pisardes cobras e mais alacráns e poder sobre toda forza inimiga, e nada vos fará mal”.
Xoán 16, 7: “... eu dígovo-la verdade: convenvos que eu me vaia, pois, se non me vou, non virá a vós o Paráclito; en cambio, se me vou, mandareino onda vós. E cando veña demostraralle ó mundo que hai pecado, xustiza e condena: pecado, porque non cren en min; xustiza, porque vou onda o Pai e xa non me veredes; condena, porque o príncipe deste mundo xa resultou condenado”.
Hebreos 2, 14: “Por isto, xa que os fillos participan todos na mesma carne e do mesmo sangue, para que coa súa morte puidese deixar sen forzas ó que retiña o poder da morte, isto é, a Satán; e deste xeito, librar a cantos por medo á morte pasaban a vida nunha escravitude”.
Xesús venceu na cruz, venceu ó “príncipe deste mundo”, e os que o seguen vencen/vencemos con Xesús. ¡Vencemos, pero non agradecemos; ou máis ben, pouco!

Discípulos. ¿Onde hai que matricularse para asistir á escola do Salvador?
Mateo 5, 1: “Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentouse. Achegáronselle os seus discípulos, e el, tomando a palabra, ensinábaos”.
As benaventuranzas son un auténtico programa do que é o Reino. Resumindo por temas: O espírito que debe animar ós fillos do Reino. Como debía entenderse o cumprimento das leis xudías. O desprendemento das riquezas. As relacións co próximo. E tamén que pertencer ó Reino supón unha praxe rectilínea, inalterable.
¡Tivemos de Mestre nada menos que á Segunda Persoa da Santísima Trindade; isto si que é un doutorado! Adoitamos colga-los títulos nos nosos despachos; ¡colguemos a cruz no noso peito!

Educación. Obediencia e respecto dos fillos para os pais. Eles tiveron a responsabilidade de formarnos; nós a de imitalos, nas leccións boas por suposto!
Efesios 6, 1: “Os fillos obedecede a vosos pais no Señor (no bo deles), que iso é de razón. “Honra a teu pai e á túa nai” é o primeiro mandamento que trae emparellada unha promesa: “de xeito que todo che saia ben e vivas moitos anos na terra”. E vós, pais, non sexades rigorosos de máis cos vosos fillos; non: educádeos na disciplina e na doutrina do Señor”.
Colosenses 3, 20: “Fillos, sede ben guiados en todo cos vosos pais, que isto é cousa agradable ó Señor. Pais, non asoballéde-los vosos fillos, para que non saian coitados”.


Xesús foi excelsamente paternal en tódolos seus actos, ditos e feitos; ¡Fillos, pais: Aí temos o noso Mestre!

Escándalo.  ¡Coidado co xoio, (coa cizaña, cos enlizadores), que é esa planta aborrecible, de tallo ramoso, etc., pero tamén pode ser, ou chamárselle, á cousa ou persoa que dana, prexudica ou estraga aqueloutras entre as que xurde ou está!
Mateo 13,37:“El respondeu: -O que sementa a boa semente é o Fillo do Home; a leira é o mundo; a boa semente son os fillos do Reino; o xoio son os fillos do Malo. O inimigo que a sementa é o Satán; a sega é a fin do mundo; e os segadores son os anxos. Mandará o Fillo do Home os seus anxos, e quitarán do seu Reino tódolos escándalos e a todos os que fan o mal; e botaranos no forno do lume, onde será o pranto e o renxer dos dentes. Entón, os xustos resplandecerán coma o sol no Reino de seu Pai. Quen teña oídos que escoite”. ¿Temos oídos, non si; daquela, a escoitar!
18, 7: “¡Ai do mundo polos seus escándalos! É irremediable que haxa escándalos, pero, ¡ai do home que provoca escándalos!”.
Lucas 6, 43: “Non hai árbore boa que produza froitos ruíns, nin tampouco árbore ruín que produza froitos bos. Así, cada árbore coñécese polos seus froitos. O home bo saca o ben da bondade de seu propio corazón, e o home malo saca o mal da súa maldade, pois do que reborda o corazón fala a boca”.
Os que nos criamos na aldea, naqueles tempos cerealistas, ben nos temos preocupado de aparta-las espigas do xoio para metelas no forno e que non proliferasen; ¿esquecéusenos? ¡Daquela, como din os mouros, que de todos se aprende algo, sexa bo ou malo, “kif-kif”!

Evanxeo. ¡Que sorte a nosa, nacer e criarnos neste país e nesta época!  O seu contido é a salvación inaugurada e realizada por Cristo.
Romanos 1, 1: “Paulo, escravo de Cristo Xesús, chamado para ser apóstolo, escollido para o evanxeo de Deus. Evanxeo que El prometera antes por medio dos seus profetas nas escrituras santas, e que trata do seu Fillo: Xesús Cristo, o noso Señor, que como home naceu da semente de David, pero que polo Espírito Santificador foi constituído fillo de Deus con pleno poder ó ser resucitado dos mortos”.
13, 4: “O amor é de corazón grande, é servizal. O amor non ten envexa, non ten fachenda¸ non se ensoberbece; non é malcriado, non busca a súa comenencia, non se alporiza, non garda malicia; non simpatiza coa inxustiza, senón que se alegra coa verdade. Desculpa sempre, fíase sempre, espera sempre, atura sempre”.
16,25: “Doxoloxía. A aquel que é potente para vos afianzar no meu evanxeo e no anuncio de Xesús Cristo, conforme a revelación do misterio escondido durante tempos eternos, pero manifestado agora polas escrituras proféticas, e por disposición do Deus eterno dado a coñecer a tódalas nacións para levalas á obediencia da fe, a Deus, o único sabio, por medio de Xesús Cristo, sexa a gloria para sempre. Amén”. ¡Amén!
Porque o manda Cristo en persoa. Gálatas 1, 11: “Porque fágovos saber, irmáns, que o evanxeo que eu predico non é cousa de homes, xa que nin o recibín nin o aprendín de home ningún, senón que mo revelou Xesús Cristo”. ¡Gracias, Paulo, por transmitirnos as consignas recibidas; acatarémolas, con fe e con devoción!


A conversión de Paulo

Expiación. Expiación e perdón.
1 Xoán 2, 1: “Meus filliños, escríbovos estas cousas para que non pequedes; pero, se algún peca, temos quen nos defenda diante do Pai: Xesús Cristo, o Xustificador. El é quen espía os nosos pecados; e non só os nosos senón e tamén os de todo o mundo”.
4,8: O amor de Deus fíxose ver entre nós en que Deus mandou ó mundo o seu Fillo Unixénito, para que nos dese a súa vida (e coa vida, o exemplo). Hai amor dentro de nós, non porque nós teñamos amado a Deus, senón porque El nos amou a nós e mandou o seu Fillo para que expiase os nosos pecados”.
¿Seremos tan ruíns, tan desagradecidos, que non correspondamos ese amor amando ó próximo, facéndoo por Deus? ¡Non o pediu; mandóunolo!

Fariseos. (Piedade externa sen correspondencia interna). Tamén os hai que cheiran a beatos, así que non son fáciles de distinguir.
Mateo 15,12: “E, achegándoselle os discípulos, dixéronlle: -¿Ti sabes que os fariseos se escandalizaron ó escoitaren a túa palabra? El contestoulles: -Toda planta que non plantase meu Pai Celestial arrincarase de raíz. Deixádeos: son cegos e guías de cegos. Se un cego guía a outro cego, ambos caerán na cova... Porque do corazón proceden os malos pensamentos, os asasinatos, os adulterios, as fornicacións, os roubos, os falsos testemuños, as blasfemias. Isto é o que mancha ó home; pero comer sen lava-las mans (por poñer un exemplo, quixo dicir) iso non mancha ó home”. 23,13: “¡Ai de vós, letrados e fariseos hipócritas, que lles pechades ós homes o Reino do Ceo! Non entrades vós nin deixades entrar ós que o intentan. ¡Ai de vós, letrados e fariseos, hipócritas, que percorredes mar e terra para conseguir un prosélito; e cando o conseguides, facédelo fillo da perdición dúas veces máis cá vós!”.
Lucas 5, 21: “Os letrados e mailos fariseos empezaron a razoar (quere dicir, a maquinar): ¡Pero quen é este, que así blasfema? ¿Quen pode perdoa-los pecados, senón unicamente Deus? Decatándose Xesús do que pensaban, díxolles: -¿Que cavilades nos vosos adentros? ¿Que é máis fácil dicir: “perdoados quedan os teus pecados”, ou dicir, “érguete e anda”. Pois para que vexades que o Fillo do Home ten poder na terra para perdoar pecados -díxolle ó tolleito-: érguete, colle o leito e vaite para a casa. E así foi: erguéndose no intre diante deles, colleu o leito e foise para a súa casa, louvando a Deus. Todos ficaron pasmados, e cheos de temor louvaban a Deus, dicindo: -¡Hoxe si que vimos cousas nunca vistas!”. 11, 42: “¡Ai de vós, fariseos! Pagáde-lo décimo pola menta, pola ruda e por tódalas verduras, e deixades a un lado a xustiza e mailo amor de Deus. Pero é isto o que hai que predicar, aínda que sen descoida-lo outro”.

Familia. Veño de Misa, e démonos a man; iso foi dentro da igrexa, pero, fóra? ¡Ai, Deus, con que facilidade se nos escapan as puñadas!
Mateo 12, 46: “Mentres Xesús lle estaba falando á xente, a súa nai e mailos seus irmáns presentáronse fóra buscando o xeito de falaren con el. Díxolle un: -Mira que a túa nai e mailos teus irmáns están aí fóra, que te buscan para falaren contigo. El respondeu ó que llo dicía: -¿Quen é a miña nai e quen son os meus irmáns? Sinalando coa man ós seus discípulos dixo: -Velaí a miña nai e mailos meus irmáns. O que compre a vontade do meu Pai Celestial, ese é o meu irmán, a miña irmá e maila miña nai”.
Nas familias ilustres ben que lles gusta presumir dos seus parentes, ¿e nós, que somos da familia de Xesús de Nazaret? Hai que advertirlle ó lector que “irmán” en hebreo ten un sentido moi amplo pois tamén se lles di así ós parentes próximos; nós só o aplicaban para os irmáns de sangue.

Fe. Aquilo de que “ter fe é crer o que non vimos” é curto, non o explica ben; fe é crer nas verdades, así que, cando estas veñen do Resucitado, son absolutas, indiscutibles; ¡sempre!
A corrupción moral incapacita para a fe. 2 Timoteo 3, 16: “Toda a Escritura está inspirada por Deus e é útil para ensinar, para corrixir, para emendar, para educar na xustiza. Dese xeito, o home de Deus tórnase perfecto e competente para toda obra boa”.

Felicidade. A importante é a de Aló Arriba, a Eterna, a Definitiva. ¡Se aquí choramos, que? ¡Choremos polos nosos pecados..., para non recaer!
Polo premio que lle espera ó que soporta a proba ou cumpre a Lei perfecta.
Santiago 1, 12: “Benia o home (e quen di o home, tamén se refire á muller, por suposto) que resiste na tentación, porque, como a supere, recibirá o premio da vida, que Deus prometeu ós que o aman. Que ninguén diga ó se ver tentado: “Deus é quen me tenta”, porque nin o mal tenta a Deus nin Deus tenta a ninguén. A cadaquén téntao a súa cobiza cando o arrastra e engaiola; despois a cobiza concibe e pare o pecado; e o pecado, en consumándose, xera morte. Non vos trabuquedes, irmáns queridiños. Todo bo regalo e toda dádiva perfecta vén de arriba, do Pai dos luceiros en quen non hai cambios nin tempos de sombras. Pola súa vontade tróuxonos á vida coa palabra da verdade, para que fósemos como as primicias das súas criaturas”.
Santiaguiño, moito fixeches polos galegos, que así che estou de agradecido, pero aínda me falta outra petición: ¡que igual que che din unha aperta na túa imaxe de Compostela, non deixes de esperarme na Porta de Pedro..., para corresponder comigo! ¿Que son egoísta? ¡Querer salvarse é o único egoísmo bo, saudable, eterno! ¿Non si?

Fillos de Deus. ¡Todos, agás os que renegan desta acepción!
Os que traballan pola paz. Mateo 5, 9: “Ditosos os que traballan pola paz...”
Os que imitan o perdón de Deus. Mateo 5, 46: “Porque, se amades ós que vos aman, ¿que recompensa ides ter?
Lucas 6, 36: “Sede compasivos como o voso Pai é compasivo. Non xulguedes, e non vos xulgarán. Non condenedes, e non vos condenarán; perdoade, e hanvos perdoar. Dade, e darásevos a vós: unha boa medida -acugulada, rebordada, apertada- seravos botada no voso regazo; pois coa medida que midades hanvos medir a vós”.
Nas partillas de Deus non hai terzo de mellora: ou todo, ou nada, segundo o merezamos!

Fin (= Xuízo). A fin do individuo é segundo as súas obras.
2 Corintios 11,15: “... porque o mesmo Satanás se disfraza de anxo da luz; non é por demais que tamén os seus servidores se disfracen de servidores da xustiza. Pero a fin desa xente ha ser conforme ás súas obras”.
¿Conforme ás nosas obras...? ¡Daquela teño que revisar as miñas, poñelas a punto!

Fornicación. Adulterio. Libertinaxe. ¡Coidado coa carne, que é débil; e non esquezamos que é o soporte da alma!
Marcos 5,29: “Se o teu ollo dereito che é ocasión de pecado, arríncao e tira con el, que máis che vale que se perda un dos teus membros ca que te boten todo enteiro no inferno. Se a túa man dereita che é ocasión de pecado, córtaa e tira con ela lonxe de ti, que máis che vale que se perda un dos teus membros ca que te boten todo enteiro no inferno”.
¿Cabe explicación máis explícita, ou máis concreta? ¡Daquela, tomemos nota; e vacinémonos a tempo!

Fracción do pan. A Eucaristía. Xesús non se foi: ¡segue connosco! A verba xa o di todo: Común unión. Xesús meu, e Deus meu, ti, que lavaches os pés ós teus discípulos, pídoche encarecidamente que laves a miña alma, para recibirte dignamente na Eucaristía!


Mateo 26, 26; Lucas 22, 15; e Marcos 14, 22: “Mentres estaban a comer, Xesús colleu pan, deu gracias, partiuno e déullelo, dicindo: -Tomade, isto é o meu corpo. E collendo unha copa, dando gracias, pasóullela, e todos beberon dela. E díxolles: -Isto é  meu sangue, o sangue da Alianza, vertido por todos. Asegúrovos que xa non volverei a beber este produto da viña ata o día que beba, noviño, no Reino de Deus”.
Se tivésemos fe abonda, ó comungar tiña que entrarnos un éxtase que nos fósemos con Deus daquela mesmo, que nos sentísemos tan apegados a Xesús que morrésemos instantaneamente, ávidos de ser recibidos na súa Gloria!

Froito. Froitos para a vida eterna. ¡Hai que administrar ben os dons que Deus nos vaia dando!
Lucas 12, 48: “A quen moito se lle dá, moito se lle esixirá; e a quen moito se lle confía, moito se lle pedirá”.
Lección práctica: Se Deus vos concedeu moitos bens, do tipo de sexan, procuremos facer un bo uso deles porque despois, Arriba, no xuízo, teremos que render contas dese uso...; ¡é xusto que así sexa, e por iso nolo anticipou, avisounos, o Mestre!
Por certo: Os cregos predican pouco acerca disto; ¿il non será para non asustar ós ricos, por se lles entra pánico e se desfán da súa riqueza, empobrecendo o país?

Cristo transmite a súa gloria ós seus discípulos. Glorificar a Deus ó velas obras de Cristo.
Mateo 9, 8: “... vendo isto a xente asombrouse e glorificaban a Deus por lles dar tal poder ós homes”. 15, 31: “De xeito que a xente ficaba pasmada vendo os mudos falar, curados os eivados, os coxos andar, e os cegos ver; e glorificaban ó Deus de Israel”.
Marcos 2, 12: “E así foi: no instante ergueuse, colleu o leito, e foise diante de todos; de tal xeito que todos ficaron pasmados, e daban gloria a Deus dicindo: -Nunca tal cousa vimos”.
De momento creron, pero logo lles entrou a envexa, e..., crucificárono! (Por algo din os malos que é perigoso ser boa persoa!).

Gracia, agraciar, conceder unha gracia. ¡Tantas que recibimos, e tan pouco que as agradecemos!
A gracia é propia de Cristo, que nola comunica. Mortos ó pecado, vivos en Cristo.
Romanos 6, 2: “(Para Paulo, o cristián participa no mesmo morrer de Cristo, destruíndo así tamén en si mesmo o poder do pecado). Os que xa morremos ó pecado, ¿como imos vivir aínda nel? ¿Ou ignorades que a cantos nos bautizaron para Cristo Xesús, bautizáronos para unirnos á morte del? Enterrámonos, logo, con El polo bautismo para a morte, para que, como Cristo foi resucitado dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós camiñemos nunha vida nova. Pois se fomos enxertados nel pola semellanza dunha morte coma a del, seguro que tamén o seremos por unha resurrección semellante”.
¡Polo bautismo volvemos a nacer; renacemos cristiáns; afiliámonos a vencedor, sexa, ó Exército de Cristo! (Aquí paro de teclear, e axeónllome para agradecérllelo a meus padriños, pregándolles que, como arestora eles están no Ceo, me vaian preparando un barrelo, outro, pero este, definitivo, celestial, para mecerme na Gloria, con eles compartida).

Misión apostólica.
A proclamación do Reino a tódolos pobos. Mateo 24, 11: “Aparecerán moitos falsos profetas, enganando a moita xente. E, ó crece-la maldade, arrufiarase  (collerá azos) o amor da maioría. Pero o que persevere ata o final, salvarase. Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a tódolos pobos”.
¡Previdos, Ar! En todo tempo e lugar o maligno terá emisarios, embaucadores, traidores, pero o Apostolado cristiá trunfará; ¡non teñamos dúbida, xa que é a obra de Deus!

Herdanza.  No Ceo non hai minorazos; ou morgados, ou nada. Así que non caben preitos!
Xoán (¡O 11, pero está no 13; por algo me casei nun martes, 13, por poderes, a tres mil quilómetros de distancia!) 13, 34: “Douvos un mandamento novo: amádevos uns aos outros; como eu vos amei, amádevos tamén entre vós. Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns aos outros”. ¿Que; había, hai, un onceavo mandamento? ¡Daquela, a cumprilo!


Igrexa. Igrexiña do meu lugar, canto te botei en falta no meu longo peregrinar!


Sen igrexas non hai Igrexa. Na miña, no seu altar maior, está a nosa imaxe da Virxe Milagrosa, que moitos milagres me leva concedido, en particular dous fillos, fillo e filla, tan bos que xa se me figura que son anxos.
Fundada polo propio Xesús.
Mateo 16,18: “E eu asegúroche que ti es Pedro, a pedra; e sobre esta pedra vou edifica-la miña Igrexa; e as portas do Inferno non prevalecerán en contra dela. Dareiche as chaves do Reino do Ceo: todo o que ates na terra ficará atado no Ceo; e todo o que desates na terra ficará desatado no Ceo”.
Repasemos isto cen veces para que non se nos esqueza que as igrexas son templos da Igrexa, e que do seu Sagrario resucita Cristo, en nós, cada vez que comungamos. ¡Por algo lle puxemos Pedro ó noso fillo! (Os galegos sempre fomos devotos das recomendas; será porque somos conscientes das nosas debilidades?).
“Aquí, Xesús recibe ós pecadores e invítaos á súa mesa”. Esta frase, procedente do Evanxeo de San Lucas, propúxoa o Papa Francisco, durante o rezo dun Ángelus no Vaticano, para que se coloque na entrada das igrexas, para lembrar o sentido da mensaxe evanxélica.

Imaxes.
Traduzo, de alguén que o dixo en castelán: “A Igrexa Católica venera ós santos pero non os adora. Adorar algo ou a alguén fóra de Deus é idolatría. Hai que saber distinguir entre adorar e venerar. San Paulo ensinou a necesidade de lembrar con especial estima ós nosos precursores na fe. Eles non desapareceron na nada senón que a nosa fe dános a certeza do Ceo onde os que morreron na fe xa están vitoriosos en Cristo”.


Montecubeiro. Nós, a miña dona e mais este servidor, á dereita. Así foi a primeira procesión coa nosa imaxe.

Liberdade. A liberdade do Apóstolo e do cristián está limitada pola súa decisión de servicio.
Documentándome sobre a liberdade, atopei estas definicións, que as dou como preferentes: “En el cristianismo la libertad tiene dimensiones nuevas; por ser libertad otorgada por Dios al hombre creado a su imagen, es siempre una libertad, que en la obediencia a Dios no se niega sino se afirma a sí misma; es una libertad herida, no anulada por el pecado; es una libertad rescatada por Jesucristo y el Espíritu Santo. La libertad cristiana es una libertad que el hombre recibe como don del Señor. Unido a Dios puede fructificar su libertad en el amor. “Sólo desde el amor / la libertad genuina, / sólo desde la fe / van creciéndole alas” (Himno litúrgico). El hombre que ama a Dios se identifica por el amor con la voluntad de Dios y sus mandamientos (Max Müller)”.

Louvanzas. Dirixidas a Deus.
Carta ós Romanos 1,19: “Porque o que se pode coñecer de Deus téñeno ben á vista, que Deus llelo puxo diante dos ollos. Porque o que de Deus é invisible, é dicir, a súa potencia eterna e a súa divindade, resúltalle visible, desde que o mundo é mundo, a quen reflexiona sobre as súas obras; de xeito que non teñen escusa. Porque, cando coñeceron a Deus, non o louvaron como tal, nin lle deron gracias”. (Bendito e louvado El sexa. Amén).

Luz. Na transfiguración Xesús aparece esplendoroso coma a luz.
Mateo 17,2: “Alí transfigurouse diante deles; o seu rostro resplandecía coma o sol, e os seus vestidos viraron brancos coma a luz. Nisto apareceron Moisés e mais Elías...” ¡Unha epifanía celestial, outra; Xesús utilizounas para abrirnos o ollos á fe na súa divindade!

Mentiras. Promovidas polo demo.
Xoán 8,54: “Xesús respondeu: -Se eu me dou gloria a min mesmo, a miña gloria nada vale; pero quen me dá gloria é meu Pai, de quen vós dicides que é o voso Deus. Pero non o coñecedes, mentres que eu si o coñezo. Se dixese que non o coñezo , sería un mentireiro, coma vós; pero eu coñézoo e axústome á súa palabra”.
¡Ollo coas mentiras, que xa vimos as consecuencias que tiveron en Eva, e con Eva, aquelas de Lucifer! De escarmentados, o propio sería non recaer nelas.

Mestre. Xesús, o Mestre dos mestres, o único infalible.


"No será tu maestro aquel a quien escuches, sino aquel de quien aprendas; ni lo será aquel que te dé explicaciones, sino aquel que deje en tu corazón huellas de su enseñanza; ni lo será el que te invite a entrar por la puerta, sino el que te descorra la cortina; ni aquel que te ofrezca sus palabras, sino aquel que excite en ti sus mismos estados espirituales."
Sor Marly O.P.
DOMINICA CONTEMPLATIVA

Milagres. Os milagres de Xesús manifestan o poder de Deus.
Mateo 11, 2: “Xoán, (o Bautista) oíndo falar na cadea das obras de Cristo, mandou ós seus discípulos a preguntarlle: -¿Es ti o que ten que vir, ou esperamos a outro? Respondeulles Xesús: -Ide e contádelle a Xoán o que estades oíndo e  vendo: os cegos ven, e os coxos andan; os leprosos fican limpos e os xordos oen; os mortos resucitan, e ós pobres estáselles anunciando a Boa Nova. ¡É ditoso quen non se escandalice de min!”.
Con tanta idolatría que aínda queda no mundo, ben atordada, ben enganada está unha parte da humanidade; ¡e Satanás, con iso, con esta burremia, gozará coma un condenado! Os iniciados, os mensaxeiros, somos os culpables..., ¡por non cumprir co apostolado que temos encomendado!

Morte? ¡A morte non existe; esa agonía á que chamamos morte é simplemente o medo       que temos a non merecer unha entrada triunfal no Ceo, séxase, na Vida Eterna, na que vai durar sempre! Daquela, morrer é nacer, un renacer definitivo.
O cristián non debe ter medo á morte xa que vivirá para sempre en Cristo. Xoán 11, 23: “Xesús díxolle: -Teu irmán resucitará. Marta respondeulle: -Ben sei que resucitará na resurrección, no día derradeiro. Díxolle Xesús: -Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, anque morra, vivirá; e todo o que vive e cre en min, non morrerá endexamais. ¿Cres ti isto? Ela respondeu: -Si, Señor; eu creo que ti es o Cristo, o Fillo de Deus, que había de vir ó mundo”. Etc., etc., que o temos anunciado e previsto ó longo de tódolos evanxeos; ata no último momento: ¿Que lle dixo Xesús o “bo ladrón”, xa na agonía? Lucas 23, 42: “E dicíalle: -Xesús, lémbrate de min cando volvas como rei. Xesús respondeulle: -Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso”.

Oración.  O catecismo vello dicía que hai dous tipos de oración: mental e vocal. O de agora concreta:


CUARTA PARTE
LA ORACIÓN CRISTIANA

PRIMERA SECCIÓN
LA ORACIÓN EN LA VIDA CRISTIANA

CAPÍTULO TERCERO
LA VIDA DE ORACIÓN

ARTÍCULO 1
EXPRESIONES DE LA ORACIÓN

I. La oración vocal
2700 Por medio de su Palabra, Dios habla al hombre. Por medio de palabras, mentales o vocales, nuestra oración toma cuerpo. Pero lo más importante es la presencia del corazón ante Aquél a quien hablamos en la oración. “Que nuestra oración se oiga no depende de la cantidad de palabras, sino del fervor de nuestras almas” (San Juan Crisóstomo, De Anna, sermo 2, 2).
2701 La oración vocal es un elemento indispensable de la vida cristiana. A los discípulos, atraídos por la oración silenciosa de su Maestro, éste les enseña una oración vocal: el “Padre Nuestro”. Jesús no solamente ha rezado las oraciones litúrgicas de la sinagoga; los Evangelios nos lo presentan elevando la voz para expresar su oración personal, desde la bendición exultante del Padre (cf Mt 11, 25-26), hasta la agonía de Getsemaní (cf Mc 14, 36).
2702 Esta necesidad de asociar los sentidos a la oración interior responde a una exigencia de nuestra naturaleza humana. Somos cuerpo y espíritu, y experimentamos la necesidad de traducir exteriormente nuestros sentimientos. Es necesario rezar con todo nuestro ser para dar a nuestra súplica todo el poder posible.
2703 Esta necesidad responde también a una exigencia divina. Dios busca adoradores en espíritu y en verdad, y, por consiguiente, la oración que brota viva desde las profundidades del alma. También reclama una expresión exterior que asocia el cuerpo a la oración interior, porque esta expresión corporal es signo del homenaje perfecto al que Dios tiene derecho.
2704 La oración vocal es la oración por excelencia de las multitudes por ser exterior y tan plenamente humana. Pero incluso la más interior de las oraciones no podría prescindir de la oración vocal. La oración se hace interior en la medida en que tomamos conciencia de Aquél “a quien hablamos” (Santa Teresa de Jesús, Camino de perfección, 26). Por ello la oración vocal se convierte en una primera forma de oración contemplativa”.
En consecuencia: Poñamos por obra, de todo corazón, estas instrucións. Se para falar cun superior afinamos o entendemento, ¿que non debemos facer para dirixirnos ó noso Señor, ó superior de tódolos superiores?

Palabra. A predicación dos ministros da palabra é palabra de Deus.
Feitos 4, 31: “Oración da comunidade e baixada do Espírito Santo. Cando remataron de rezar, abalouse o sitio onde estaban reunidos; todos quedaron cheos do Espírito Santo, e anunciaron afoutos a palabra de Deus”.
Fagamos nós algo así: recemos con piedade, con fervor, para que o Espírito Santo acenda o noso entendemento, purifique as nosas verbas, e nos alume o camiño do apostolado.

Paz. ¡Se son, como son, “Deputy” do Parlamento Mondiale per la Sicurezza e la Pace, como non vou desexa-la paz, para min e comigo mesmo; por engado, para o meu próximo, nel e con el!
O cristián debe ser artífice da paz.
Mateo 5,9: ”Anuncio da verdadeira dita. Ditosos os que traballan pola paz porque eles serán chamados fillos de Deus”.

Pecado. Pecado é ama-las tebras e fuxir da luz.
Xoán 1, 5; 3, 19: “... a luz aluma na tebra, e a tebra non a deu apagado”. “Nisto consiste o xuízo; en que, vindo a luz ó mundo, os homes escolleron a tebra en vez da luz, pois as súas obras eran ruíns”.
Xesús morreu polos nosos pecados. Romanos 5, 6: “De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo preciso, Cristo morreu polos impíos. Non é fácil, certamente, que alguén queira morrer por un home xusto (anque por un home bo quizais se atreva alguén a morrer); pero Deus demostróuno-lo seu amor no feito de que, sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu por nós. Con máis razón, logo agora, que xa estamos xustificados polo seu sangue, seremos por El salvados da ira. Porque, se cando eramos aínda inimigos, fomos reconciliados con Deus mediante a morte do seu Fillo, moito máis, xa reconciliados, seremos salvos pola súa vida. Aínda máis: mesmo orgullosos estamos en Deus por medio do noso Señor Xesús Cristo, por quen agora recibímo-la reconciliación”.  ¡Mortos ó pecado, vivos en Cristo!
Non hai pecados intranscendentes, pois incluso os hai miúdos que desatan / desataron catástrofes. Por un cravo aquel cabalo perdeu unha ferradura, e sen a ferradura tropezou e caeu; a caída do cabalo ocasionou que caese o xeneral, e de abatido o xeneral..., perdeuse a batalla!
Falando de batallas: O xeneral Jordana, (Gómez-Jordana, que non era parente meu, afortunadamente), Alto comisionado de España en Marruecos, cabreouse, moito, porque o pai de Abd-el-Krim non lle rendeu honores en Melilla, así que a súa vendetta foi firmar o presidio, por dez meses, do fillo. Abd-el-Krim, cabreado por aquela inxustiza organizou e capitaneou o “Desastre” de Annual, que lle custou a España, naquel 21 de Xullo do 1921, 21.000 vítimas, entre mortos, desaparecidos e prisioneiros.


Abd-el-Krim entrevistado por Oteyza
A segunda parte, a consecuencia, foi que os militares españois adestráronse para matar, na vinganza daquel Annual, entre eles don Hermenegildo, así que, de adestrados, mesmo desde África volvéronse contra a República, ¡para seguir disparando! Fixérono con tal soberbia, con tal efusión, e con tal obcecación, que incluso lles devolveron Covadonga ós mouros. ¡Covadonga, nada menos! Pero, por se isto fose pouco, don Hermenegildo nomeou Capitán General da 8ª Región ó Mizzián, ¡durante 8 anos!, oitos anos nos que o noso Santiago estivo sometido ós mouros!
Dicía meu avó e padriño que, “No pecado sempre vai a penitencia”. ¡Que razón tiña!

Pobres.
De Manuel Cabada Castro: “Porque toda riqueza é inxusta cando é resultado dunha inxusta opresión sobre aqueles dos que inxustamente nos aproveitamos. E disto ben sabemos que hai moito por aí adiante e a tódolos niveis. Mais, como seguidores que queremos ser de Xesús, temos que saber (e sobre todo practicar) que un cristián non pode ser escravo dos cartos, dese “poderoso caballero” que o poeta castelán Quevedo identificaba co “don dinero”. Lucas ponnos en boca de Xesús aquela inmorredoira frase que, desde a perspectiva de que somos todos irmáns, vale e valerá sempre como norma de comportamento social e humano: “Non podedes servir a Deus e mailo diñeiro”.

Redentor. A redención de Xesús.
A nai dos fillos do Zebedeo, pide, etc.... Mateo 20, 28: “... porque o Fillo do Home  non veu a que o sirvan, senón a servir e a entrega-la súa vida en rescate por todos”.
¿Estámoslle agradecidos? ¡Nunca é suficiente ante a súa misericordia infinita!

Rei-Reino. O reino comeza coa mensaxe de Xesús e vai medrando cos seus feitos, opostos ó reino do maligno.
Lendo a Biblia con atención xa comezamos a coñecer, e por ende a gozar, do Reino de Deus; ¡para isto, o “pasaporte” é o bautizo.

Resurrección.
Ai que distingui-la resurrección do retorno á vida terrea dalgúns mortos. A resurrección de Cristo: garantía da nosa resurrección.
1 Corintios 15, 3: “Transmitinvos, xa que logo, antes de nada o que eu mesmo recibín: Que Cristo morreu polos nosos pecados conforme ás Escrituras; que o sepultaron, que ó terceiro día resucitou conforme ás Escrituras, e que se apareceu a Cefas (Pedro) e despois ós Doce. Máis tarde apareceuse dunha soa volta a máis de cincocentos irmáns; moitos deles aínda viven, algúns xa finaron. Despois apareceuse a Santiago e logo a tódolos apóstolos. En derradeiro lugar aparecéuseme tamén a min, coma ó nacido á deshora”.
¡Esta é a chave da nosa fe, confirmando canto tiña anunciado: A resurrección de Cristo!

Sabedoría. A verdadeira sabedoría dáa o Espírito.
1 Corintios 2, 12: “...nós non recibímo-lo espírito do mundo, senón o Espírito que procede de Deus, a fin de que coñezamos todo o que Deus nos outorgou pola súa gracia. E iso é o que tamén predicamos, non con palabras aprendidas da humana sabedoría, senón con palabras aprendidas do Espírito, explicando con verbas espirituais as realidades espirituais”.
Co claros e rotundos que temos os fundamentos do cristianismo, só se pode atribuír a Satanás, á súa influencia, que persistan, que teñan adeptos, todas e cada unha das falsas relixións! ¡Non lle chegou con enganar á Eva!

Sacerdocio. A ofrenda da vida cristiá como culto espiritual.
Romanos 12, 4: “De igual xeito que nun só corpo temos moitos membros, e non tódolos membros teñen a mesma función, así nós, con sermos moitos, somos un só corpo en Cristo; e individualmente somos membros uns dos outros. Pero, ó termos dons diferentes, hanse exercer conforme á gracia que se nos concedeu: se temos don de profecía, debe ser en harmonía coa fe; se de ministerio, no servicio; se de ensinanza, no ensino; se de consolación, no conforto; se de dar esmola, con xenerosidade; o que preside, con solicitude; o que se compadece, con alegría”.
Paulo insiste en que, pola nosa unión en Cristo, estamos unidos uns ós outros, formando unha unidade de amor e de servicio. Aceptemos, pois, esta unión, esta colaboración, na diversidade, acatándonos e complementándonos.

Servir. ¡Deus, que exemplo nos deu o Mestre, mestre en todo e para todo!
Mateo 20, 25: “-Xa sabedes   que os xefes dos pobos tiranizan, e os poderosos asoballan. Pero entre vós non pode ser así. Nin moito menos: quen queira ser importante, que sirva ós demais; e quen queira se-lo primeiro, que sexa o máis servizal; porque o Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir e a entrega-la súa vida en rescate por todos”.
¡Para o que mellor servimos é para presumir; ás veces, incluso, do que non somos!

Sufrir.
A consolación espiritual pode alcanzar ó cristián, xa que a gloria escatolóxica está presente no cristián.
Romanos 8, 26: “... Nós non sabemos como debemos orar para pedir o que convén, pero o Espírito en persoa intercede por nós con xemidos máis fondos cás palabras. É Deus que escruta os corazóns, coñece a intención do Espírito, pois El intercede polos santos, conforme á vontade de Deus”.
2 Corintios 1, 3: “¡Bendito sexa Deus, Pai do noso Señor Xesús Cristo, Pai misericordioso e Deus de toda consolación! El anímanos en tódalas nosas mágoas, de xeito que podamos nós animar ós outros en calquera aflición, no consolo que recibimos de Deus. Pois, do mesmo modo que rebordan en nós os sufrimentos de Cristo, tamén gracias a Cristo reborda igualmente o noso ánimo”.

Verdade. A verdade total, perfecta, absoluta, é Cristo, a súa persoa, o que Xesús dixo e fixo. ¡Coidado coa auga que non veña desa fonte, pois igual é que mana do inferno, séxase, de Satanás!
Xoán 1, 14: “E a Palabra fíxose carne, e plantou entre nós a súa tenda, e nós vímo-la súa gloria, gloria como de Unixénito que vén do Pai, cheo de gracia e de verdade”.
Xoán 1, 17: “... a Lei deuse por medio de Moisés; a gracia e a verdade realizáronse por Xesús Cristo. A Deus ninguén o viu; o Unixénito, que está no seo do Pai, foi quen nolo revelou”.
Xoán 8, 31: “A verdade faravos libres. E ós xudeus que creran nel dicíalles Xesús: -Se permanecedes na miña palabra, seredes de verdade discípulos meus; e coñeceréde-la verdade e a verdade faravos libres”.
Xoán 8, 42: “Contestoulles Xesús: -Se o voso pai fose Deus, amariádesme a min porque eu de Deus saín e veño. Pois non vin por min mesmo, senón que El me enviou. ¿Por que non comprendéde-la miña fala? Porque non podedes escoita-la miña palabra. Vós sodes de voso pai o Satán, e queredes realiza-los desexos de voso pai. Este foi asasino desde o comezo e non afincou na verdade, que nel non hai verdade. Se fala falsidade, fala do seu, pois é mentireiro é pai da mentira. Polo contrario, a min, porque vos digo a verdade, non me credes. ¡Veña! Un de vós que probe que estou en pecado! Entón, se o que digo é a verdade, ¿por que non me credes? Quen é de Deus, escoita as palabras de Deus”.  
Xoán 14, 1: “Non vos agoniedes: crede en Deus e mais crede en min. Na casa do meu Pai hai moitas moradas; doutro xeito, ¿teríavos dito que vos ía amañar un lugar? E cando vaia e vos amañe un lugar, volverei e collereivos comigo, para que, onde estea eu, esteades vós tamén. E a onde eu vou, vós ben sabéde-lo camiño. Díxolle Tomé: -Señor, se non sabemos onde vas, ¿como imos sabe-lo camiño? Xesús respondeulle: Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai mais que por min”.


¡Neste Camiño quero estar, e seguirte, sen erros nin retrocesos, meu Señor Xesús Cristo; pero necesito da túa man, para non extraviarme! ¡Non me desampares, nin de noite nin de día, pois eu só, perderíame!
-.-

Desanda-lo Camiño
¿Que facemos cando nos extraviamos nunha ruta? Ante todo pararnos, pararnos e orientarnos. Se temos compás, o primeiro é abrilo, para encararnos na dirección correcta. ¿O compás dos cristiáns...? ¡A Biblia! Os periódicos, a radio, a tele..., neste século controlan unha boa parte do noso tempo e do noso espazo, pero, a información da alma?
Na Biblia témolo todo, e desde o Vaticano II non hai reticencias; se castelán, castelán; se galego, galego; e que estea á disposición de toda a familia, en lugar visible e accesible. ¿Horas do día? ¡Valen todas, que comemos a calquera hora, así que á alma tamén hai que nutrila; todos, en todo tempo e lugar, vacacións incluídas! Se Deus non  nos deixa, se non nos perde de vista, ímolo deixar nós, precisamente as súas criaturas, os seus favorecidos?
No capítulo das omisións os cristiáns adoecemos dun fallo garrafal: Deixamos o apostolado á exclusiva dos relixiosos, curas, frades, monxas..., esquecéndonos, a miúdo, de que a expansión cristiá é universal, xa que todos participamos da mesma herdanza.

O bule-bule das cidades: mal sitio para meditar. ¡Pero témo-la cama!
As nosas aldeíñas foron unhas incubadoras magníficas da relixiosidade: A presenza inmediata dos párrocos, o rosario en familia, a tenrura e a exemplaridade dos avós, menos oportunidades de delinquir, etc., etc., aínda que tamén tivo a súa parte negativa nos licenciados das quintas, nos ex-combatentes das guerras, nos emigrantes retornados que viñan de facer fortuna a saber por que procedementos na súa sede de retornar rapidamente, e de ser posible, con un “haiga”, etc., etc. Aqueles retornados, para ¿encher? o seu currículo non se cansaban de presumir diante dos rapaces de feitos que daban por fazañas cando realmente foran violacións e desmáns. A escasa, baixísima, preparación do rural tamén foi receptiva para absurdas e tontas supersticións das que esperabamos grandes e imposibles milagres, pero eu non lles daría categoría pecaminosa xa que o seu cultivo estaba nutrido precisamente pola inxenuidade e pola ignorancia daquela xente.
Na maleta do emigrante, no seu acceso á urbe, é natural que levase unha dose de avaricia, de competición, que os facían vulnerables para a súa admisión nesas seitas que se multiplicaban ofrecendo, de balde, o ceo e maila terra.
A “torre de Babel” das cidades tamén tivo, e ten, as súas cousas boas, pero o seu anonimato facilita certas herdanzas daquelas Sodoma e Gomorra. Para comezar, non se coñecen, a veces nin case de vista, os clérigos da barriada; e cando o ¿desterrado? entra nunha igrexa percibe moi pouco daquel celebrante que xeneraliza, que usa expresións de alto nivel cultural, ¡e menos mal que xa non celebran en latín!
Os mass media ó penetrar nas aldeas, xunto coa proliferación de Grupos Escolares, fixeron de cocteleira globalizadora, así que moitas circunstancias ambientais xa cambiaron, sendo incontrolables moitas daquelas diverxencias circunstanciais.
Tamén dicía meu avó que, “Comparando los bienes con los males, todos los pueblos son iguales”. ¡Ata tería razón, pois o que perdemos das aldeas non o demos atopado nas cidades; e á viceversa, tampouco!
  

Igrexa de San Pablo. Coruña.
-.-

Para facer, comigo mesmo, un cursiño de cristiandade, a estilo Prisciliano, que seica consideraba as árbores como altares de Deus, e niso non vexo herexía senón, e máis ben, virtude, funme uns días á miña finquiña, e alí tiven estas ocorrencias, precisamente debaixo duns carballos que plantaron os meus entregos:


Estes tamén son netos, ¡netos daquelas árbores do Paraíso! E xa que estou neste anaco do Paraíso, abrirei o Xénese.
A creación.
1,1: “Ó principio de crear Deus o ceo e a terra, a terra era unha masa deforme e baldeira, as tebras cubrían o abismo e un vento poderoso axitaba as augas”
1,26: “Despois dixo Deus: -Imos face-lo home á nosa imaxe e á nosa semellanza, e que mande nos peixes do mar, nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos réptiles todos da terra”.
(Aquí os de Sept fixéronnos estas aclaracións ou interpretacións: “O plural “Imos facer” leva a imaxinar unha deliberación de Deus coa súa corte (¿anxos, arcanxos, etc.?), (Xén 3,22; 1 Re 22,19ss; Xob 1, 6ss, reviste a creación do home dunha solemnidade especial. Etc., etc.”
Deus, coma sempre, facendo uso da súa bondade excelsa, dotou ós homes diso que demos en chamar libre albedrío, que non foi un erro pola súa parte, senón un abuso infernal, unha soberbia, pola nosa.
El libre albedrío es un valioso regalo de Dios, gracias al cual podemos amarlo “con todo [el] corazón”, o sea, porque queremos (Mateo 22:37).
A pregunta que me fago é (pero non ten importancia, nin importancia nin urxencia, pois o que nos falte agora por saber, ou por entender, xa nolo dirán no Ceo): ¿Sabían, daquela da tentación, tanto Adán como a Eva, que Satanás, prototipo da soberbia, xa se lle sublevara a Deus e que estaba disposto a guerrear co Todopoderoso? Para que Deus se enfadase tanto, cabe supoñer que o seu pecado de soberbia tivo, a maiores, esta agravante.
Os fillos viñeron/viñemos despois, que se fosen concibidos en inocencia, inocentes seguiríamos. ¡Ai Eva, Eva, canto lle tes/lle temos que agradecer á Virxe María, pois esa, por obra e graza do Altísimo, aceptou criarlle o Fillo a Deus, e con iso, Corredentora!
¡Maldita soberbia: facerlle caso a Satanás, aquela pretensión de igualarse a Deus, ó seu propio Creador! Disto temos que sacar a lección maxistral, que ben nolo repite Mateo no antedito 22:37: O primeiro dos Mandamentos é a propia humildade, acatar e amar a Deus sobre tódalas cousas!
Señor, que non me falte, no resto da miña vida, iso, a humildade, para que me deixes entrar pola Porta Grande, pola do Ceo, libre desa mácula, tan anxo coma un recén bautizado! Pídocho debaixo destes carballos, que me fan de altar, que me fan lembrar a túa Creación, co albedrío tan limpo e tan puro coma se aínda estivésemos no Paraíso orixinal, do que descenden estas árbores, que elas si que seguen puras, tal e como ti as creaches!
Agora, ensinado polo teu Fillo unixénito, vou iniciar os teus mandatos, rezando a oración sublime, que aquí a teño, aquí a traio:


-.-
Moi ben debe manexar Satanás ás súas tentacións da soberbia que non conseguimos librarnos delas. ¡Hai que vacinarse coa oración e coa humildade, pois é a única receita! Soberbios aqueles caciques das aldeas, aqueles estudantes, aqueles emigrantes que volvían co seu “haiga”, aqueles taberneiros das cidades, etc., etc. Aforcado Xudas, parece que deberan irse, pero non, que quedou a súa herdanza!
A humildade,


¡a mellor das virtudes, pois sen humildade as outras non funcionan!
-.-

Nestas reflexións, nestas meditacións, ¡vitais, porque son camiño da outra vida, da definitiva, da eterna!, práceme evocar a don Miguel de Unamuno, auténtico católico, e autenticamente católico, por moito que os franquistas o quixesen difamar, do que tanto teño falado co seu neto, Miguel Quiroga de Unamuno, médico e veciño meu en Gijón, durante uns anos, para min, de tanta escola.


Don Miguel, o seu xenro e co neto.


Na miña/vosa casa da Coruña, o neto de Unamuno, coa súa dona, compartindo mesa e conversa connosco.

Nunha daquelas lembranzas, Miguel recitoume este poema de seu avó, que o anotei porque é catecismo puro, puro e profundo:
  "Agranda la puerta, padre, / porque no puedo pasar; / la hiciste para los niños, / yo he crecido a mi pesar. / Si no me agrandas la puerta, / achícame, por piedad; / vuélveme a la edad bendita / en que vivir es soñar". 

(Este poema non lle pasou desapercibido ao gran teólogo Manuel Cabada Castro, que o comentou en Galicia Digital, nun artigo que titulou, moi atinada e oportunamente, “Pesos pesados na crenza”).
-.-

As perspectivas deste, do XXI.


Sexas home ou muller, apártate, que este século é meu.
Xa que non deixan casa-los Curas, cos Seminarios baleirándose, xurde, emana, preséntasenos, outra obriga, tanto aos homes como ás mulleres: ¡A de predicar, e non só co exemplo! Daquela será cousa de facer uns cursos de Cristiandade.
¿E os teólogos? Coa Biblia na man, para iniciación, chega!



Xosé María Gómez Vilabella

No hay comentarios: