martes, 16 de enero de 2018

ATURAR...


ATURAR...


Nas Vodas de Ouro

Xosé María Gómez Vilabella


¡Aturar! Esta verba é prestada; oínlla hoxe, pola “tele”, día da Sagrada Familia, ao crego galeguista Manuel Blanco Vázquez, e deume moito que pensar, así que, do moito pensar vai, sae, o moito falar.

Pero, a todo isto, xa que non teño experiencia familiar ao respecto, permitídeme documentarme no Dicionario da RAG. Aturar: (do lat. obdurâre, ´manterse forte, resistir, aguantar´) v. tr. 1. Soportar ou tolerar algún mal. 2. Padecer con paciencia e resignación. Sin. Aguantar; soportar; consentir, permitir, tolerar.

Si, si, aí estamos nas vodas de ouro; e despois viñeron as de Esmeralda, as de Diamante, as de Esmeralda, as de Platino... ¿As de Titanio, serán no Ceo? ¡Pola nosa vontade, si! Neste recorrido a familia aumentou cunha neta, pero, de aturar, cero, que todo segue, a Deus gracias, en paz e concordia.

¿Por que podo opinar nesta cuestión? ¡Pois precisamente por iso, pola miña/nosa experiencia, nun aturar beatífico. ¿A Deus gracias? Si, por suposto, pero tamén gracias a que o meu entorno foi pacífico, pacífico e comprensivo, recíproco: esposa, fillo, filla, xenro, nora, netos... ¡Para guerra chegoume coa de Ifni!



Claro que a de Ifni, para min, foi defensiva, que non ofensiva. (Catro ou cinco anos, cando non no sobaco, na mesa de noite sempre. ¡Aquilo tamén foi aturar!)

-.-

¿Imitar á Sagrada Familia? Iso si, imitar, pois o de igualar é imposible, utópico para os pecadores, para os netos daquela Eva!

Sempre dixen, e sempre direi, que a carreira máis difícil é a do matrimonio: Compre meditala, poñer os ollos na beleza e o corazón na sensibilidade. ¿E logo, as feas? ¡Non hai fea que non sexa intelixente, comprensiva, complementaria; ¡hai que miralas por dentro, e non fóra; calcular o pulso da súa bondade; e a que estea verde, deixala criar, deixala madurar!

Posto, e suposto, que estamos en presenza dun verbo comunal, transitivo, xenérico, poñámolo na interrogativa, a ver que pasa: Eu, aturo?; Ti, aturas?; El, atura?; Nosoutros, aturamos?; Vosoutros, aturades?; Eles, aturan? Se alguén nos contesta en negativo, ¡borrémolo da nosa amizade, pois ese/a tal non é humano/a!

O propio Adán, despois de enganado pola Eva, ¡perdooulle! Aquela virtude caeulle ben a Deus, que tivo conmiseración da especie humana e decidiuno a mandarnos un Redentor, precisamente Fillo seu, ¡iso si, xerado nunha Virxe! Tamén aturou Abel a seu irmán, pero..., ¿non sería Caín un pecado da Eva, outro, xa que tanta fe puxo nese condenado, nese soberbio, nese inimigo da fe? A Biblia é moi breve niso do orixinal, e ben feito está pois canto menos se fale dos pecados menos tentacións teremos; aínda así hai quen caia neles, tal que os blasfemos. ¿Perdooulles Deus? É tan misericordioso que, para poder facelo, con todo ser Deus, tivo que xerar un fillo, ¡dunha virxe!, e facelo pasar pola morte, ¡libremente aceptada, iso si!, para que, resucitando, nos abrise as portas do Ceo, que estaban pechadas por culpa daqueles soberbios, daqueles desagradecidos, daqueles blasfemos! 




¡Que diferente foi a Sagrada Familia; estes si que acataron ao seu Creador! Que o fixesen porque Deus, por medio dos seus anxos, lles mandase senllos recados, non lles quita méritos; o Adán e maila Eva, tamén tiñan instrucións, directas de Deus, pero a soberbia, aproveitándose do seu libre albedrío..., expulsounos, e non só do Paraíso, senón, e tamén, do Ceo! ¡Pobriños, eles, e pobriños nós, xa que, xerados por aqueles pecadores, pecadores transmitidos e pecadores transmisores, fomos. Distinto sería se xerasen os fillos antes do pecado, pero, ¿despois? ¡Os corpos son o sostén, o alimento das almas, mais, con isto sabido, os abortistas aínda din que o deles non é crime! ¡Burros, animais; alumnos de Lucifer!
-.-

Afiliación; facerse fillo.

Para pertencer a calquera tipo de asociación ou partido político, hai que afiliarse, ¿non si? Pois no cristianismo, outro tanto!



“Vivir como hijos de Dios para ser hermanos…

Contra o bispo de Mondoñedo só teño un preito: Que non lle ceda a parroquia da Meda ao seu colega de Lugo, tan cerca que está da capital e tan lonxe de Mondoñedo.

Mons. Luis Ángel de las Heras Berzal, dixo así, predicou así: “Queridos diocesanos, hermanos y hermanas: El papa Francisco nos ha regalado un mensaje para la Cuaresma de este año que titula con este versículo de la carta a los romanos: «La creación, expectante, está aguardando la manifestación de los hijos de Dios» (Rm 8,19). Os invito a leerlo y meditarlo con todas sus consecuencias. Para presentar y motivar su acogida, me permito ahora compartir, sin ánimo de ser exhaustivo, cuatro tiempos que en el mensaje del Santo Padre me resultan especialmente retadores para poder vivir a fondo —personalmente y en comunidad— este magnífico itinerario hacia la Pascua que nos ofrece la Iglesia.
1. TIEMPO PARA SACUDIRSE Y SALIR
Todos los años lo repetimos con fuerza en este tiempo porque no podemos olvidarlo y lo tenemos presente en nuestro plan diocesano para la misión: no hay fe madura sin conversión continua. La Cuaresma es tiempo de sacudida, de cambio, de conversión, de decisión. Tiempo para dejarse transformar por la acción purificadora de Dios que nos guía hacia la plenitud. Tiempo de desierto para llegar al jardín. La Cuaresma, con el horizonte de la Resurrección, nos invita a volver los ojos sobre nosotros mismos para salir fuera y superar cualquier egoísmo y ensimismamiento. Para dejar de victimizarnos, para dejar de mendigar la dignidad que ya tenemos cuando no somos capaces de reconocerla y de vivir en coherencia.
2. TIEMPO DE VIVIR COMO HIJOS DE DIOS
La mejor conversión que podríamos experimentar en Cuaresma es la de vivir como hijos de Dios. Que lo seamos no quiere decir que vivamos como tales y, desde luego, siempre podemos crecer en nuestra filiación divina. Realmente el universo que contemplamos está esperando la manifestación de los hijos de Dios (cf Rom 8,19), que han de vivir como “personas redimidas”, nos recuerda el Papa. Vivir como hijos de Dios supone abandonar cualquier pensamiento y comportamiento destructivo. Exige dejar los caminos codiciosos que deshumanizan y arrasan la obra del Creador. Compromete con un futuro de esperanza que requiere una adhesión firme al Dios que nos fortalece en medio de una realidad borrascosa.
3. TIEMPO DE SER HERMANOS
Otra buena sacudida cuaresmal es la que nos impele a recrear la fraternidad cristiana. La vida de los hijos de Dios en Cristo es una vida llamada a la comunión. Necesitamos crecer en comunión fraterna acercándonos más al otro, especialmente al pobre y al oprimido. El pecado, nos recuerda el Papa Francisco, interrumpe la comunión con Dios, con los demás y con la creación. El pecado lleva al ser humano a sentirse dueño y señor de todo y de todos, incluso de Dios, buscando solo el propio interés. Para vivir como hijos de Dios después de haber pecado es necesario pasar por la compunción y el perdón sinceros para poder recuperar en libertad nuestro rostro fraterno y nuestro corazón cristiano. Hemos conocido terribles situaciones de abuso y pecado en el seno de la Iglesia y sabemos que, como ha recordado el propio papa Francisco en la reciente cumbre celebrada en Roma a este respecto, no puede haber reconciliación ni restauración sin un arrepentimiento profundo. El perdón que pedimos y nos piden, que damos y recibimos, nos lava y purifica, aunque tengamos sangre en las entretelas del alma.
4. TIEMPO PARA CAMINAR DESDE EL DESIERTO HACIA EL JARDÍN
Los tiempos litúrgicos son a la vez tiempos de abrir senderos y de cultivar la paciencia. Vivir como hijos de Dios para ser hermanos nos permitirá avanzar aminorando la “impaciencia” de la creación, que sigue privada de armonía, de paz y de amor, y que, como nos recuerda el papa Francisco, está llamada a salir, junto con nosotros «de la esclavitud de la corrupción para entrar en la gloriosa libertad de los hijos de Dios» (Rm 8,21). No escatimemos oración, ayuno ni limosna, descubriéndonos en un desierto de pruebas que es lugar de tránsito para llegar al jardín del Reino. Caminemos con sabiduría hacia el jardín que Dios nos invita a revisitar y que quizá reserve para muchos un descubrimiento inesperado: el del amor infinito que, aun con sufrimiento, colma el vacío del hombre.
¡Qué sublime dádiva, la de ser hijos en el Hijo y poder convertirnos cada día un poco más hacia nuestro Padre, hacia nuestros hermanos, hacia la creación entera que anhela su plenitud! ¡Qué camino de humanidad el de la fe, que permite arrostrar los padecimientos desde la misericordia y desear la herencia copiosa desde la paciencia comprometida!
A todos os deseo que podáis hacer vuestra propia lectura cuaresmal —espiritual y comprometida— de las palabras del Santo Padre y de todo lo que la Iglesia nos brinda para caminar con paso firme y esperanzado hacia la Pascua. Que vivamos, en fin, como hijos de Dios para ser hermanos en Mondoñedo-Ferrol, dejando atrás el desierto para llegar al jardín de la Pascua de Resurrección”.
+ Luis Ángel de las Heras. Obispo de Mondoñedo-Ferrol
¿Estamos afiliados? ¡Por suposto; os bautizados témo-la credencial na Partida do Bautismo!



Pía na que me bautizaron en Montecubeiro. Substituírona por outra máis artística, pero non menos santa.
-.-

Eu aturo




Non teño mérito, ningún, xa que sempre o fixen instruído, educado no respecto, por meus pais, por meus avós, polo Cura da parroquia...; en definitiva, por tódolos inimigos da guerra, e iso que daquela, polos trinta arriba, aquí en España, ou armas ou preitos! Nacer nun bo ambiente, por pobre que sexa, moita riqueza é!

A primeira experiencia da maldade tívena, vina, ensináronma, no xoio que saía nas sementeiras, fosen de trigo ou de centeo. Ninguén o sementaba, pero as súas sementes, os seus grans, son tan parecidos aos bos, que se coan entre eles, ¡non se deixan ver, nin ver nin escoller!

Con esta lembranza na mente, paso á Biblia, aquí onde fala precisamente do xoio:

Mateo, 13, 18-30. “Escoitade, logo, a parábola do sementador: Sempre que un escoita a palabra do Reino e non a entende, (¡Vedes como é bo, san, purificador, explica-lo Evanxeo; a acústica das nosas igrexas está pensada para a arte, pero non para os oídos, que ese é outro fallo sacerdotal, pero non dos sacerdotes!), vén o Maligno e arrepáñalle, quítalle, o sementado no seu corazón: esa é a que caeu no camiño. O que caeu entre as pedras, vén a ser aquel que, escoitando a palabra, de seguida a recibe con alegría; pero, ó non ter raíz e ser inconstante, así veñen as dificultades ou a persecución por causa da Palabra, e de seguida abandona. O que cae na silveira, vén a ser aquel que escoita a Palabra, pero as preocupacións do mundo e mailo engado das riquezas afogan a Palabra e queda sen dar froito. Pero o que foi sementado en boa terra, vén a ser aquel que escoita a Palabra e a comprende: (¡Ollo: escoitar, si, pero tamén entender!): este si que dá froito e produce nun caso cento, noutro sesenta, e noutro trinta”.

Ao respecto contoulles outra parábola: “Parécese o Reino de Deus a un home que sementou boa semente na súa leira, pero mentres todos durmían, o seu inimigo (Satanás, que outro ía ser!) veu sementar xoio polo medio do trigo e marchou. Cando espigou a planta e deu trigo, tamén apareceu o xoio.

“Os criados do dono fóronlle dicir: Señor, ¿ti non sementaras boa semente na túa leira? ¿De onde lle vén, logo, o xoio? El contestoulles: “Isto é obra dun inimigo”.

“Os criados preguntáronlle: “¿Queres que o vaiamos arrincar?”. El respondeulles: “Non, non sexa que ó collérde-lo xoio arrinquedes tamén o trigo. Deixádeos medrar xuntos deica a sega, que no tempo da sega heilles dicir ós segadores: “Apañade primeiro o xoio, e atádeo en mollos para queimalo; e o trigo recollédeo na miña arca”.

Enténdese mellor léndoo que oído na igrexa..., por iso da acústica, os audiófonos dos vellos, etc. ¿Vale? Agora é cuestión de meditalo.

¿Que, aturamos ou segamos, arremetemos contra os sementadores do xoio? As ocasións de predicar son obrigatorias para todo cristián, ¡pero con oportunidade, pois as diatribas alporizadas nunca deron resultados positivos!





Lección maxistral (que non é miña senón do teólogo Manuel Cabada Castro): “Chámame algo a atención que na primeira Lectura, do libro do Eclesiástico, se fale moito das bondades que trae consigo o amar, respectar, atender ou honrar aos pais (tanto á nai coma ao pai). En cambio, non se comenta para nada nela o feito de que para que os fillos amen, respecten ou honren aos pais é preciso que antes os pais os amen e queiran abondosamente a eles. Para aprender a amar hai que recibir antes moito amor. Non se lle pode esixir amor a ninguén se antes non o recibiu de alguén. Os fillos só poderán amar a seus pais se experimentan acotío o seu amor continuo, o seu coidado, o seu agarimo. É así como se constrúe unha verdadeira familia, unha familia na que todos os seus membros se atopan a gusto, unidos, e na que, ao tempo, se recoñecen, respectan e queren como diferentes.”

(Publicouse o Día da Sagrada Familia, no “Galicia Dixital”)

¡Non chega con oír, ou con ler: hai que meditar, reflexionar, repasar, e despois diso..., aplicarse a receita, que nunca sobran as vacinas!

¡”Para aprender a amar hai que recibir antes moito amor”! O amor, obviamente, demóstrase cos feitos, co exemplo, e leva o seu tempo, tan escaso neste século no que uns traballan demasiado, e outros desespéranse por non atopar traballo. Traballos hai, traballos si, pero, traballo da propia medida? San Xosé era carpinteiro, e así se mantivo a Sagrada Familia; daquela, se queimásemos menos árbores, e os convertésemos en mobles, que? ¡Pois que igual viviríamos mellor, más cómodos, cómodos e satisfeitos! Se este servidor, en vez de facer zocas fixese camas, igual habería menos xente durmindo nas beirarrúas, e para máis purgatorio, nos cartóns das papeleiras!



O altar das miñas zocas; as últimas que fixen.
-.-

Penitencia si, pero con alegría, pois é o prezo que pagamos pola nosa liberación. Nisto, unha penitencia é a de:

Evita-los bandos. (Carta aos Filipenses, 2, 1.4: Así que, se vale de algo o alento que recibides en Cristo, se vos anima o amor mutuo, se hai comuñón no Espírito, e se hai sentimentos en vós de agarimo e de misericordia, facede completa a miña alegría, levándovos ben, tendo un mesmo amor, unha soa alma, unha mesma idea. Non fagades nada á retesía nin por fachenda. Que cada quen pense humildemente que os outros son máis cá el. Non mirar cada un polo que lle ten conta a el, senón, e tamén, polo que llela ten ós outros”.


¡Hai Pauliño Paulo, que falta temos de que nos repitas esta alocución, esta advertencia; pídoche que te lembres de nós, pídocho de xeonllos, aquí na Coruña, na túa igrexa, nesta de San Pablo!

A alegría do gran mandamento é unha realidade que aparece sempre ao longo do Evanxeo de Lucas, tal que no

10, 25: “Ergueuse certo xurista e preguntoulle para poñelo a proba: Mestre, ¿que teño que facer para herda-la vida eterna? El respondeulle: ¿Que pon a Lei? ¿Que les? Contestoulle: “Amarás ó Señor teu Deus con todo o teu corazón, con toda a túa alma, toda a túa forza e con todo o teu entendemento, e ó próximo como a ti mesmo”. El díxolle: -Contestaches perfectamente, cúmpreo e vivirás”. Tamén en Mateo 22, 34.40; Marcos 12, 28.31, etc.

 15, 7: “Pois asegúrovos unha cousa: no Ceo haberá máis alegría por un pecador que se converta que por noventa e nove xustos que non precisen conversión”.

¿Os cristiáns temos motivo para estar alegres? ¡Despois de arrepentidos dos pecados, si!
-.-


A herdanza. ¡Tan afeccionados que somos os galegos, e non só os galegos, ás herdanzas, aos herdos!

Paulo, na súa carta aos colosenses, 3, 23, recoméndalles, lémbralles, (e a nós, tamén, por conseguinte!): “Todo canto fagades, facédeo con toda a alma, como para o Señor e non para os homes, tendo en conta que recibiredes do Señor a herdade como recompensa. Servide a Cristo, o voso Señor”.

¿Facémolo así, ou encomendámonos á egolatría? ¡Deus aborrece aos ególatras, deshérdaos!
-.-


¡Canto nos atura Deus; é incrible que teña con nós a paciencia que leva demostrado, que sigue demostrando! Sufrimentos de toda clase: Naceu e criouse nunha pobreza extrema; emigrante, cos pais, a Exipto; de volta, e de grandiño, traballou de carpinteiro, cunha vida monótona e escura; aos trinta anos iniciou a súa vida pública predicando polas aldeíñas de toda Palestina; foi criticado, repudiado, depreciado, por fariseos e demais caciquiños, incluso polos que se daban de relixiosos. Por se isto fose pouco, unha paixón e unha morte de vilipendio, ¡libremente aceptada, -hai que matizalo-, para formalizar a nosa redención, o noso rescate! ¿Seríamos capaces doutro tanto? ¡Nin o foron os mártires máis heroicos! Con tantos méritos, con tantas heroicidades, con ese dispendio de amor, tan pouco merecido, e tan pouco agradecido, ¿como é posible que siga habendo ateos, incluso presumindo diso? Os blasfemos son outra cousa pois eses ben saben como é Deus, que por iso lles estorba para as súas maldades, que por iso se pasan ao inimigo, a Satanás. ¿Facerlle dano a Deus? ¡Encima de malos, burros: Deus é Deus, Deus absoluto, así que os seus inimigos teñen a loita perdida, de antemán!

Un Deus que, sometido a Pilatos polos seus, propios, beneficiados non ordenou que subise lume do inferno e os dourase coma un peixe nas brasas, ben demostrou o seu amor, e co seu amor a súa tolerancia infinita. ¡Infinita, si, pero, transitoria, pois ao final dos tempos o mando real será o seu!

O que aguantou Xesús, fillo do home, ademais de Deus, e por tanto de carne e oso, na súa Paixón, é inenarrable: Tiña que chegar para que nos entrase unha dor dos nosos pecados tan, iso, horrible, que morrésemos de pena, de pena e de remorsos, mesmo ao instante. ¡Aquilo si que foi aturar! Os propios apóstolos, con tres anos de carreira, instruídos polo mestre, testemuñas dunha infinidade de prodixios, e con iso e con todo, fuxiron, desertaron, abandonárono!




Cando a Paixón do Noso Señor, Satanás estivo ben atarefado, el e mailos seus secuaces, pero, (¡a la mierda!). Tan angustiado se viu Xesús que lle pediu a seu Pai, que non o abandonase; “Elí, Elí, ¿lemá sabactaní?”. Ben sabía o Mestre que aquelo tiña que vir, ¡Paixón libremente aceptada!, pero a súa desesperación, ou mellor dito, a súa angustia era tan terrible que a carne humana pedíalle alivio, compaixón.

Foi a batalla definitiva. Baixaron os anxos, os bos, e con eles de escolta, Xesús rachou as portas do Seo de Abraham...; resucitaron os bos, tódolos bos, unha nube de anxos, outra! Con iso non fixo falta volver a dicirlle: “Vade retro, Satana”. Non desapareceu, pois segue tentando, recrutando, pero..., despois daquela derrota acabáronselle as esperanzas de trunfar! Tenta, insiste nas súas tentacións, pero só logra desertores, traidores da fe, desagradecidos da Paixón que lle debemos ao propio Fillo de Deus.

Gustaríame saber se Pilatos, o Poncio aquel, chegou a arrepentirse da súa covardía. ¡En definitiva, foi un de tantos, eu incluído, pois con todo o que me ensinaron, uns e outros, e aínda así caín nalgún que outro pecado. ¡Señor, dáme a valentía suficiente, dáme bágoas abondosas, para lavarme, para ser lavado; Ti, tan misericordioso que lles lavaches os pés aos teus apóstolos, lávame das miñas faltas, que cho pido de xeonllos, se non diante da túa cruz si diante deste ordenador que me axuda a plasmar a túa misericordia; toda non, que é infinita: un retrato dela!
-.-


Modelo de aturadores: o Papa Francisco.

Comezando polos cardeais vellos, que aínda queda algún, -¡supoño!-, dos da vella escola. Non só ten que seguir dando testemuño da doutrina do Mestre, senón que el mesmo ten que facer de mestre para darnos exemplaridade. E logo que, entre el, con algún axudante, ¡que menos, ante tanto esforzo!, estase especializando en puír perlas do estilo destas que soltou este Nadal:
“O pino do Nadal es ti cando resistes vigoroso os ventos e mailas dificultades de vida”.
“A campaña do Nadal es ti cando chamas, congregas, e buscas unir”.
“Tamén es a luz do Nadal cando iluminas coa túa vida o camiño dos demais coa bondade, a paciencia, a alegría, a xenerosidade...”
Etc., etc.


¿Oídelo, védelo? Xesús volveu a nacer, volve a estar entre nós, ensinando, dando exemplo, aínda que esta vez baixo o bonete do seu Papa, ¡que é outra coroa de espiñas!
-.-


¡Non convertamos o Nadal nun carnaval!

A miña dona, no Nadal, bendice a mesa; e eu, daquela, penso: ¡Vaia sorte que tiven casándome cunha neta de José Rielo Sanjurjo, e por tanto parenta do mártir San José María Díaz Sanjurjo; compadezo aos que teñen que aturar unha esposa pirixeleira! (Aturar, nalgún caso, tamén é un mérito; non si?).

O pirixel estase impoñendo no Nadal: Luminarias que serían capaces de mante-los pobres da cidade, polo menos todo o mes do Nacemento. Abetos con amperes por froitos, ¡e menos mal que aínda non se puxo de moda adorar eucaliptos, pero falta pouco para iso! Roupas, adornos e abelorios que nin o Carnaval os supera. E con iso e con todo, o Neno nas pallas, ríndose de nós; igual pensa, pero non o fai porque Deus non precisa pensar: ¡teno todo en presente!: “¡Son máis fantoches cá avoa Eva, que non lle chegaba co Paraíso, e quixo sentarse nun trono, de par de meu Pai!”.

Cando se nos achega unha persoa que vén da ausencia, que retorna ao fogar, ¿que facemos? ¡O primeiro, abri-los brazos; e o segundo, bicalo! Pois co Neno Xesús, ¡outro tanto! Aturamos aos pretensiosos, pero esquecémonos do Fillo de Deus, que nos saúda desde o seu portaliño; antes que aos Reis, quixo sorrirlles aos pastores!

Na miña aldeíña, no meu Bergland, xa pola tarde, cantabamos:

... y antes de la doce a Belén llegar!

Aquilo si que era fe, participación, acollida. E xunto da lareira, que era a nosa randeeira, o noso barrelo, un feixe de leña, da mellor que tivésemos na palleira, estelas de carballo e cousas así, para que o Neno, ¡os nenos!, non tivesen frío. Hai dúas clases de frío: o das mans, e tamén o do corazón; un corazón frío, desagradecido co Salvador, é o daquel que toma o Nadal a carnavalada...; non teñen perdón de Deus!




O “Belén” da señora Emilia de Brañas, (Emilia Castro de la Peña), de Millares; o primeiro que vin, levado a Millares por meu pai.

-.-

Amar aos irmáns implica aturalos

Linlle nalgunha parte a A.G.V. que “Crer en Deus é velo na vida e no próximo e así amalo e servilo”. Ben dito, ademais de bendito; vale. Con un Deus tan próximo, “no próximo”, tan alcanzable, ¿como é posible que aínda queden persoas crentes neses deuses falsos, tiranos, tan distantes do ser humano? Non hai un motivo, que hai dous: predicamos pouco, segrares incluídos; pouco e mal; non evanxelizamos o debido; o pouco que facemos facémolo mal, con timidez e/ou con desgana; a outra circunstancia está en que os pagáns non vén en nós, nos que nos damos de cristiáns, un comportamento coincidente coas esixencias da nosa relixión. ¡Urxe poñernos ao día, actualizarnos, pois, do contrario, o Mestre vaise queixar da inoperancia dos seus discípulos!

Nunca se me esquecerán aqueles franciscanos de Sidi Ifni que, sen poder predicarlles aos musulmáns, que o tiñan prohibido polos franquistas, ¡por aqueles de debaixo do palio!, só, e tan só, coa súa humildade, coa súa fraternidade, tiñan ganada a amizade dos nativos, que mesmo se lles pegaban aos seus cordóns; ¡só lles faltaba axeonllarse diante deles! Non teño fotos que os representen así, queridos e respectados, pero dou fe diso.



Cos franciscanos, en Safí.

¿Que os nosos irmáns son ríspetos con nós? Dialogar, sempre, por activa e por pasiva; presentar razóns, argumentos, pero tamén escoita-los seus. ¿E discutir, berrar, rifar...? ¡Iso xamais, pois as armas son para os países, pero nunca para as persoas, salvo en xusta, lexítima, inevitable, defensa, por suposto! ¿Se Abel tivese armas, sería xusto que as utilizase? ¡Só, e tan só, se lle era inevitable, pero primeiro tiña que razoar co Caín; mentres tivesen verbas as estacas sobraban! ¿E logo, a heroicidade non é obrigatoria? ¡Cando non é obrigatoria é meritoria! Nos libros din que: “A heroicidade é propia de todo aquel que loita e non desiste, sexa cal sexa o motivo que o impulse”. Isto en teoría, pero, na práctica, nin pelexas  nin retiradas, ¡hai que pensalo primeiro, pois a prudencia tamén é unha virtude dos cristiáns!

Se os nosos razoamentos son amigables, sensatos, xenerosos, e nin así logramos coincidencias, daquela, que? ¡Daquela o prudente e calar; mante-la esperanza de que algún día chegará, ou chegarán, a entrar en razón! Isto é aturar; aturar, pero sen cerra-la porta, sen pecha-los nosos oídos, para darlle tempo e ocasións ao ofuscado para que, algún día, volva/n a mirarnos á cara. ¿Que nunca chegan a facelo? ¡Daquela, Señor, perdóame, como tamén eu perdoei, in mente, aos que me tiñan ofendido! ¿Que non nos demos apertas? ¡Señor, ti ben sabes que non só se dan apertas cos brazos; eu dounas, téñoas dadas, co corazón, incluso aos inimigos; dadas co corazón, co corazón e co pensamento, non é menos espiritual, menos cristián, que dálas cos brazos!
-.-



Comunicabilidade. O hermetismo non o practican nin sequera os animais pois todos, ¡todos!, teñen e exercen algún sistema de comunicabilidade, aínda que  nos pase desapercibido.

Nos meus estudos de Socioloxía (mercantís) ensináronme, comprendín, e asimilei, que no mundo empresarial, e tamén en calquera das facetas da vida, é fundamental comunicarse con claridade e con efectividade. Daquela a comunicación non é, non pode ser, unha acción unidireccional: ¡é bidireccional, pois consiste en enviar e recibir información! ¿Ou queremos volver ás cavernas?

Nós, os cristiáns, tivemos Mestre; ¡Mestre! Con instrucións expresas e terminantes de facer apostolado. ¡Pois con iso xa está todo dito; veña, a comunicarse fraternalmente!

De propósito; teñamos presente que: Para comunicarse axeitada, adecuadamente, hai que saber falar, e para aprender a falar hai que especializarse en escoitar. (Quen non atura mal pode escoitar).

Escoitar non é oír: ¡É comprender a información que se recibe! Na práctica ensínasenos máis ben a comunicar mensaxes, pero, ¿a analiza-los recibidos?
-.-



A todo isto, o Apóstolo Santiago aturou aos gallaicoes?

De entrada, non, que por algo aparellou o seu cabalo, o branco, e se puxo en ruta para Roma, pasando por Zaragoza para embarcar na Tarraco. ¡Ah, pero con aquilo non contaba!

En Zaragoza, ¡co Miño tan lonxe e o Ebro tan cerca!, mesmo ao pasar por xunto daquelas columnas que ían para basílica, ¡aparecéuselle a Virxe María!

-Santiaguiño, frea ese cabalo e avente a razóns: ¿Aínda estás sementando e xa queres recoller?

-Señora, estanlle tan atrasados...!

-¡E non van a estar, que por algo e para algo están no Fisterrae; as novas da civilización tardan en chegarlles!

-Mire como son de pícaros, que sempre me din: “Teño que consultalo coa miña muller...”. Ou, “Iso que predica vostede paréceme ben, do mellor, pero estámoslle tan afeitos a facer partillas cos irmáns...”. “Que os predicadores, por celibatos, teñan que durmir sos, co frío que fai nos nosos invernos...”. “¿Amar ao próximo coma a nós mesmos? ¡Os nosos caciques din que iso non é xusto, que aínda hai clases...!”

-Mira, ho, volve atrás, e ten paciencia. Para cultivala, iso, a paciencia, neses momentos de rabia ponte a escribir unha carta apostólica, para que a lean eses do trasacordo..., ¡cando lles veña o acordo!

Santiago así o fixo, e consciente de que a nosa emigración, como fisterráns que éramos, e que seguimos sendo, era propia desta terra, da terra e das súas circunstancias xeográficas, comezo así a súa carta:

“Santiago, o servidor de Deus e do Señor Xesús Cristo, saúda ás doce tribos que están na emigración.

“Cando vos vexades envoltos en diferentes tentacións, meus irmáns, (como foi a miña, cansado de aturarvos!), tédevos por moi ditosos porque xa sabedes que aquilo que somete á proba a vosa fe xera paciencia. (O que me pasou a min, coas advertencias da Virxe Santísima do Pilar!). Pero compre que a paciencia vaia acompañada de boas obras, (no meu caso, volver atrás, e proseguir coa miña evanxelización), de xeito que sexades perfectos e completos, sen fallardes en  ningunha cousa...”

Moitas máis cousas, moitos consellos nos deixou Santiago; vou lembrar algún deles:

“De onde veñen esas guerras e liortas que se dan entre vós? ¿Non será das vosas cobizas, que loitan no voso interior? Degoirades e non tedes; enrabechádesvos e andades cheos de envexa e non logrades cousa; combatédesvos e facédesvo-la guerra e non conseguides porque non o pedides, e, se pedides, non recibides, porque pedides só co devezo de satisfacérde-las vosas cobizas”.

“¡Desleigados! ¿Seica non sabedes que a amizade con este mundo é inimiga de Deus? E así quen quere ser amigo deste mundo faise inimigo de Deus. ¿Ou é que coidades que a Escritura di sen razón aquilo de que “o Espírito que puxo en nós ten arelas fortes”? Pero meirande é a gracia que nel concede. E por isto di: “Deus arrepónselles ós soberbios, pero ós humildes dálle-la súa gracia”.

“Sédelle, logo, ben mandados a Deus; facédelle fronte a Satán e arredarao de vós. Achegádevos a Deus e El achegarase a vós. Lavade as mans, pecadentos; limpade os corazóns, homes falsos. Apalpade as vosas miserias, poñede o loito e chorade; que o voso riso se converta en pranto; e a vosa alegría en tristura. Abaixádevos no acatamento do Señor, que El vos ha soerguer”.

“Non andedes falando mal uns dos outros, irmáns. Quen fala mal de seu irmán ou xulga a seu irmán, fala mal da Lei e xulga a Lei; e, se xúlga-la Lei, xa non es cumpridor da Lei, senón o seu xuíz. Só un é lexislador e xuíz: o que pode salvar e perder. Pero, ¿quen es ti para xulgares ó próximo?”. 

¡Iso; quen son eu para xulga-lo próximo? ¿Estámoslle agradecidos a Santiago? ¡Os taberneiros dos seus Camiños, si, pero, os outros? Sen Santiago igual seguíamos adorando a Neptuno, aquel deus do Atlántico. Neptuno tamén cabalgaba en cabalos brancos, -supoñíase-, e quizabes por iso aos gallaicoes custáballes distinguilos!
-.-



A paciencia de Santiago tivo premio; premio recíproco, que nós tamén o honramos.

A comezos do século V, nos seus cabalos tordos, que non brancos, chegaron os suevos, que, a pesares da súa fonética, de suaves traían pouco; ¡emigrantes, en definitiva! Pero aquí, na Fisterra, a semente de Santiago seguía dando froito, así que, en parte grazas ao Martín de Tours, aquel bragado que se enfrontou aos rústicos, “De correctione rusticorum”, 


fixo volver ao rego aos desviados e segou a colleita de Santiago, nada menos que con 13 dioceses!


Lugo sitiado por Almanzor. A lenda do bolo e mailo año.

Tempo adiante traspasaron a Pedrafita uns cantos comodóns, ¡que por comodóns se fixeron discípulos daqueles discípulos dos nestorianos; tan comodóns eles, a perpetuis, que seguen tendo de escravas ás súas mulleres!, e ao pasar por Lugo non se atreveron a asalta-las súas murallas, pero en Santiago cargáronlles as campás aos seus escravos. A doutrina de Santiago seguía dándolles forzas aos fisterráns, así que aquelas campás non tardaron en volver, ¡cargadas aos musulmáns! Foi cousa de Apóstolo, que non nos desampara!



¡Volveron a traelas; outro milagre de Santiago!
-.-



Repasando: Moito levamos aturado os galegos ao longo da Historia.

Ben o dixo Castelao: “Cando mexan por nós dicimos que chove”. ¡Certo, que así foi! A grandes trazos:

-Aos sucesores do noso Pelaio, que lles deben aos occidentais, bretóns incluídos, o trunfo de Covadonga fronte a Munuza (Otman ben Neza), e máis aló tamén, non se lles ocorreu outra que darlle a coroa de Aurelio, dun xeito nepótico, ao Silo, polo único mérito de estar casado cunha filla de Afonso I, ¡e sen contar, para nada, cos galaicos occidentais! Os nosos, doídos, ¡como non!, negáronse a contribuír, así que, cando tiveron novas de que o Silo viña contra eles, tivéronlle o camiño, precisamente na vía romana, no que pasaría á Historia como “Campo da Matanza”, ¡da dos inocentes!, aló arriba do Cádavo. Pero ao Silo non lle chegou aquel derrame pois perseguiu aos fuxidos ata Montecubeiro, onde encheu un Rego d´Ósos, procedentes da Fonte de Matahomes. ¡Outro Caín contra Abel!



Cruz da Granda, arriba da Fonte de Matahomes.

-Ao longo da Reconquista os leoneses, que de León nin o nome tiñan pois León non vén de ningún león, senón do campamento da Legio VI Victrix, ben que se aproveitaron dos fisterráns, utilizándonos na primeira liña, pola Iberia abaixo, que así temos nomes galaicos en Estremadura, ¡e incluso en Granada!

-Sublévase a Isabeliña, que de católica non tiña un pelo, ¡cochiña, que non se lle ocorrera nada máis limpo que ofrecer, en promesa relixiosa, non cambiar de camisa ata conquistar Granada!, e de ladroa de reinos, coa sobriña, pasou a roubarnos a paz aos galaicos, ¡precisamente por serlle fieis á lexítima! Lembremos as súas instrucións ao gobernador que nos puxo en Galicia: “No cejeis en la castra y doma de Galicia”. ¡A ela si que había que castrala e domala, pero, ¡aturámola!

-O noso Colón descubre as Américas, e acto seguido a realeza castelá ordénalles aos barcos que retornan do Novo Mundo, cargados de tesouros, ¡que descarguen en Sevilla, e precisamente na Torre del Oro! De Galicia podían saír, partir, emigrantes incluídos, pero..., ¡os latrocinios, para o Tesouro Real!

-Chegamos ao XX; máis concretamente ao 21 de Xullo do 21: ¿Os 21.000 soldadiños mortos na “penetración desaforada” do Rif, de onde eran? ¡De onde ían ser: Galeguiños na súa maioría, pois aquí non había cartos para pagar cotas, para librarse de..., de servir al Rey, ou máis exactamente, ao Conde de Romanones!

-Máis de cerca: Aturamos a don Hermenegildo, ¡e iso que non era “galego”, que era Franco!
-.-



Hai alguén, ou algo, que eu non ature?

¡Moito, e moitos, pero disimulo, procuro disimular! Os/as que máis me desgustan son eses ¿cristiáns? que dan a paz na igrexa con mesquindade, coa punta dos dedos; pero ben os amolo, ben os amanso, que sempre avanzo as miñas mans, as dúas, e así apreixo en redondo a que el/ela me estean regateando.

Outra cousa que me molesta, ¡a min, pero tamén aos meus audífonos!, e a velocidade dos locutores dos mass media. ¡Claro, fano así para que lles quede tempo para inxectarnos anuncios, que en definitiva é do que viven!

Tampouco aturo eses cavernícolas, ¿son homes, son mulleres?, que, devoltos ás cavernas, tatúanse o corpo, cólganse pendentes, ¡ata no nariz! (Copiaron de meu avó, que tamén lles poñía arames aos porcos, para que non lle fozasen no esterco; estes de agora teñen o seu esterco nos pubs que frecuentan!).

Deixo de lado aos políticos porque..., ¡porque, aínda que cheiran, considéroos un mal necesario, unha vacina contra as ditaduras militares!
-.-


Nos Evanxeos, nese regulamento da vida cristiá, que?

O mandamento máis rotundo, global, de Xesús, foi, ¡é!, o amor. Xoán, 13, 34.35; 14, 15.29; l5, 9.18; 1 Xn 2, 9.11; 3, 23 ss; 4, 21; 5, 2 ss; Ap 14, 12.

Xoán 13: “Douvos un mandamento novo: amádevos (¡e por tanto, aturádevos!), uns a outros; como eu  vos amei, amádevos tamén entre vós. Nisto coñecerán todos que sóde-los meus discípulos: se vos tedes amor uns a outros”.

Esta, como tódalas leccións de Xesús, é máis clara cá luz do sol. ¡Ah, pero gústannos as tebras! Aínda persiste a semente de Caín, que se tal non ocorrese, urbi et orbi, xa non habería pagáns, nin pagáns nin disidentes. O mandamento está en plena vixencia; ¿ou habería que dicir, en plena desobediencia? Esta planta, a da fraternidade, onde mellor se cultiva é no seo familiar, pero, ¡estamos tan ocupados nas trivialidades da vida humana, gozamos tanto nelas, e con elas, que botamos os nenos ao monte..., para que non estorben!

-.-

¡Ouh Zeca Afonso, tu si que entendías de fraternidade; canto te admiro; que ata o Exército te acatou e te utilizou como consigna para librarse do xugo ditatorial!

Zeca Afonso - Grândola, Vila Morena. Grândola, vila morena Terra da fraternidade O povo é quem mais ordena Dentro de ti, ó cidade Dentro de ti, ó cidade O povo é quem mais ordena Terra da fraternidade Grândola, vila morena Em cada esquina, um amigo Em cada rosto, igualdade Grândola, vila morena Terra da fraternidade Terra da fraternidade Grândola, vila morena Em cada rosto, igualdade O povo é quem mais ordena À sombra duma azinheira Que já não sabia a idade Jurei ter por companheira Grândola, a tua vontade Grândola a tua vontade Jurei ter por companheira À sombra duma azinheira Que já não sabia a idade...
-.-

Xoán 14: “Se me amades, gardaréde-los meus mandamentos, e eu rogareille ó Pai, e daravos outro Paráclito para que decote estea convosco: o Espírito da verdade. O mundo non o pode acoller pois non o ve nin o coñece; mais vós coñecédelo, pois permanece onda vós e está en vós. Nos vos deixarei orfos; logo volvo onda vós. Un pouquiño máis e o mundo xa non me verá; pero vós habédesme ver, que eu vivo e tamén vós habedes vivir. Naquel día coñeceredes que eu estou en meu Pai, e vós en min, e eu en vós. Quen ten os meus mandamentos e os garda, ese ámame; o que me ame será amado por meu Pai, e eu amareino e manifestareime a el.

“Xudas, o outro, non o Iscariote, preguntoulle: -¿Que pasou para que ti vaias manifestarte a nós e non ó mundo? Xesús respondeulle: -Se alguén me ama, gardará a miña palabra, e meu Pai amarao, e viremos onda el, e faremos vida con el. O que non me ama non garda as miñas palabras; e a palabra que escoitades de min, non é miña, é do Pai que me mandou.

“Díxenvos estas cousas mentres estaba convosco; pero o Paráclito, o Espírito Santo que meu Pai mandará no meu nome, ese havos ensinar todo, e traeravos á lembranza canto eu vos dixen. Déixovo-la paz, dóuvo-la miña paz: eu non vola dou como o mundo a dá. Non vos agoniedes, nin teñades medo. Oístes que vos dixen “voume e logo volvo onda vós”. Se me amásedes alegrariádesvos de que eu vaia onda o Pai, xa que o Pai é máis cá min. Díxenvolo agora, antes de que suceda, para que, cando suceda, creades”.

¿Menos có Pai? Isto hai que entendelo ben, pois refírese a que é unha misión distinta a que hai, a que houbo, entre o mandado e o que manda.

¿Que; abrimos os ollos? ¡Cun Mestre así, os xordos oen, e os cegos ven!

Xoán 15: “Como me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor. Se gardáde-los meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, como eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu amor. Díxenvos estas cousas para que a miña alegría estea en vós, e a vosa alegría sexa plena.

“Este é o meu mandamento: que vos amedes uns aos outros como eu vos amei. Ninguén ten amor meirande cá este: que un dea a súa vida polos amigos. (Dar a vida polos amigos? Xesús deuna por toda a humanidade... Daquela hai que deducir que, aínda que nós non sexamos amigos seus, El si que é amigo noso!). Vós sodes amigos meus se facedes canto vos mando. Xa non vos chamo servos, que o servo non sabe o que fai o seu señor: a vós trateivos de amigos, pois todo o que lle oín a meu Pai déivolo a coñecer. Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós; e púxenvos para que vaiades e levedes froito, e o voso froito permaneza; de xeito que todo o que lle pidades ó Pai no meu nome volo conceda. Isto volo mando: que vos amedes uns aos outros. Se o mundo vos aborrece, sabede que me aborreceu a min antes do que a vós”.

1 Xn 2: Quen diga que está na Luz, pero odia a seu irmán, aínda está na escuridade. Quen ama a seu irmán está na Luz e nel non hai nada que o faga tropezar. En troques, quen odia a seu irmán está na escuridade e camiña na escuridade e, por isto, non sabe a onde vai porque a escuridade cegoulle os ollos”.

1 Xn 3: “Isto é o que El manda: que creamos no seu Fillo Xesús Cristo, e que nos queiramos ben uns ós outros, como El nós mandou”

1 Xn 4: “Nós somos capaces de amar porque El nos amou primeiro. Se un di: “Eu amo a Deus”, pero odia a seu irmán, é un mentireiro. Porque quen non ama a seu irmán a quen está vendo, non pode amar a Deus, a quen nunca viu. Este é xustamente o mandamento que temos recibido del: que quen ama a Deus, ame tamén a seu irmán”.

¿E se o noso irmán nos torce a cara? Nese caso mirémolo con afecto. ¿Que aínda así nos ignora? ¡Se nos ignora, e non ataca, iso xa é algo, iso é bo; quere dicirse que está..., ¡en período de maduración!

1 Xn 5: Auto análise? “Sabemos que amamos ós fillos de Deus se amamos a Deus e cumprimos os seus mandamentos”. ¡É unha análise doada de facer!

Apocalipse 14: “Aquí está a esperanza dos santos, dos que observan os mandamentos de Deus e gardan a fe de Xesús”.

Se o lestes ben, con detemento e reflexión, agora só nos queda marchar, avanzar..., ¡de fronte, ar; avancemos cara ao Ceo!
-.-


¿Sufrir con paciencia as adversidades e mailas fraquezas do próximo?

Niso estamos, pero non é doado pois, por veces, pesan máis que levar un carneiro ao lobo!


Coa ovella ao lombo. Coa ovella si, pero coa cabra, non.

Tampouco é cousa de tragar tódolos sapos que nos ofrendan. Pero vexamos como foi a nosa evolución:

Lex talionis. No Éxodo 23: “Non propagarás rumores mentireiros. Non te axuntarás cun malvado para dar testemuño en favor da inxustiza. Non te deixes ir coa maioría para face-lo mal, nin te poñas do lado dela nun xuízo, violando o dereito. Non favorecerás ó poderoso na súa causa. Se atópa-lo boi ou o xumento que perdeu o teu inimigo, levaralos onda el. Se ve-lo xumento do adversario caído baixo a súa carga, non o deixes abandonado; axúdalle a erguelo. Non tórza-lo dereito no xuízo do pobre. Fuxe da causa mentireira. Non fagas condenar ós inocentes nin ós xustos, pois eu non declaro inocente ó malvado. Non admitas regalos, pois os regalos cegan mesmo ós asisados e torcen o dereito dos xustos. Non oprimas ó estranxeiro. Vós coñecéde-la súa condición, pois fostes estranxeiros en Exipto”.

Así que, nada de ollo por ollo, e dente por dente; acordémonos daquela expresión de Xesús na cruz, e iso que estaba sufrindo a meirande das inxustizas: “Meu Pai, perdóaos que eles non saben o que fan” (Lucas 23, 34).

Dos romanos, que? Os gregos pensaban moito, pero os romanos lexislaban, de todo e para todo.

Ab alio species alteri quod féceris.- Espera do outro o que ao outro lle teñas feito.
Ab uno disce omnes.- Por un, aprende a coñece-los outros.
Abyssus abyssum invocat.- Unha falta lévanos ás outras.
Agnosto véteris vestigia flammae.- As chamas, as faltas, deixan rastro.
Amantis irae amoris integratio est.- (¡Nunca nos acordamos disto neses casos da violencia de xénero!).

Como testemuño, coido que chega este inicio alfabético.

Iniuriae. A lex Cornelia de iniuriis, da época de Sila, concedía unha acción criminal ao que fose golpeado ou azoutado, e tamén aos que lles achaiasen a casa con violencia (D. 47.10.5). Casos novos de inxurias sometíanse á xurisdición criminal; e aparecían outros no dereito postclásico, que desprazaban a acción privada. Justiniano concedeu a alternativa entre a acción privada civil ou a reclamación criminal (I. Inst. 4.4.10).

Cicerón, de leg. 3.18.42, afirmou, explicou, que a violencia ía contra a lei, contra o dereito, e contra a orde na cidade “Nihil est enim exitiosius civitatibus, nihil tam contrarium iuri ac legibus, nihil minus et civile et humanum quam composita et constituta re publica quicquam agi per vim”.

¿Que entendían os romanos por iniuria? Dano inxusto, séxase, contrario ao dereito; e por iso non cometía delito o que causaba un dano exercitando un dereito propio.

En canto ao Dereito Canónico Schiappoli díxonos que o título “De iniuriis” (36 do Libto V) das Decretais de Gregorio IX non se ocupa da inxuria no sentido propio, segundo hoxe o entendemos, senón da acepción de dano ocasionado por inxuria ou sen dereito (“damnum iniuria datum”) e que foi preciso chegar ao século XVII para encontrar xuridicamente delimitado o delito de inxuria.

Achegándonos ao noso Código. Art. 457 do Penal.- “Es injuria toda expresión proferida o acción ejecutada en deshonra, descrédito o menosprecio de otra persona. (Arts. 462 y siguientes).

¡Menos mal que este delito prescribe aos 6 meses, pois, do que non, uns barrendo aos outros, só quedarían en pé, de enterradores, os inocentes, os recén nados!

Os dicionarios españois veñen de tan lonxe, e arrancan de tantas linguas, as de Babel incluídas, que temos máis verbas que defectos, ¡que xa é dicir! Escarpullando: afrenta, deshonor, ultraxe (alén do traxe), agravios, ofensas, inxurias... Hainas co suxeito individual, local, nacional...; universais, en definitiva. Se se trata de calumnias ou de inxurias, polo seu peso social embarcámolas en “delitos”.

Aló pola Idade Media as afrentas  ¿resolvíanse? tirando de espada. Iso, os homes, pero, as mulleres? ¡As mulleres seica se tiraban dos pelos, que por iso deron na moda de levar panos na cabeza. Unha anécdota local: A miña parroquia, Montecubeiro, despois da desamortización, cos dominicos ¿evacuados?, pasou a ser concello, pero só por uns meses porque o tamaño era grande pero a poboación, sen “primas noctis”, máis ben cativa, encollendo. En vista diso agregárona co concello de Castroverde, cousa que sentou mal, por ambas partes, orixinándose frecuentes e duras pelexas nas feiras quincenais. Os de Montecubeiro, ¡do monte tiñan que ser!, para seguir coa lea cando lles sangraba a cabeza, dos paus na ídem, deron en poñerlles catro nos aos panos das mans, que así tiñan a vendaxe asegurada. ¿A todo isto, que pasou? ¡Pois que os de Castroverde, deste xeito derrotados, en vinganza deron en alcumarnos “Os puchos de Montecubeiro”!

Como dicía meu Avó: “No pecado sempre vai a penitencia!”.
-.-


A palabras necias, oídos xordos.

Verbis stultorum, aures ne adhibeas. E quen di “necias” tamén di “malignas” posto e suposto que a malicia necidade é.

Segundo Antonio Machado, tódolos necios confunden valor con prezo. Non sexamos, pois, necios, e démoslles as costas aos que non nos merezan.

O dito da avoíña. A miña, (aínda que analfabeta, era cuñada do fillo de Salmerón, aquel Salmerón y García, avogado, farmacéutico e periodista, deputado, tradutor, etc., que tivo a humildade de casar coa criada), tamén pensaba do mesmo xeito, pero non o sabía dicir con estas verbas: “Filliño, aínda que teñas a oportunidade de destruír a quen te manque, ti respira e date a volta, contempla as rosas pero non lle toques á roseira, non te pinches que Deus xa se encargará de poñer a cada quen no seu sitio”. ¡Igual llo oíu a Salmerón, aquel Presidente tan honorable que preferiu deixar a presidencia antes que firmar sentenzas de morte!


Debaixo desta lauda tamén está soterrada miña tía Ramona, que foi digna de emparentar cos Salmerón.
-.-


Atura-los nenos

Isto non require paciencia senón santidade. Acordémonos da recomendación do Mestre: “Deixade que os nenos se acheguen a min”.

¿Quen atura a quen? Non teño a menor dúbida: Son os nenos os que nos aturan aos grandes! Un neno, de bautizado, pasa a ser anxo; non ten ás, pero ten un herdo de santidade; ¡o outro herdo teno lavado! Volvamos ao Evanxeo:

Marcos, 9, 42: “E a quen escandalizase a un destes pequeniños que creen en min, éralle mellor que lle colgasen do pescozo unha pedra de muíño, e o largasen ó mar”.

Mateo, 18, 1.6: Coincide co anterior, ampliando: “Naquel momento acercáronse os discípulos a Xesús, para preguntarlle: -¿Quen é o máis importante no Reino do Ceo? El chamou por un meniño e púxoo no medio deles; dixo: -Asegúrovolo: se non cambiades e non vos facedes coma nenos, non entraredes no reino do Ceo. Quen se faga pequeno  coma este cativo será o máis importante no Reino do Ceo. E quen acolla a un meniño coma este no meu nome, acólleme a min. Pero quen escandalice..., etc.”.

Lucas, (abundando no tema), 17, 1 e ss.: “Díxolles ós seus discípulos: -É irremediable que haxa escándalos, pero, ¡ai de quen os provoca! Máis lle valía..., etc.”.

Como os nenos tamén chegarán a ser pais, ¡física ou espiritualmente!, compre instruílos para que eles, no seu día, non incorran nos nosos erros:

1.- Coidado coas verbas, coas accións e cos modais, para que non se nos escape algo, verbas ou feitos, que poida escandalizar á xeración seguinte. O mal non hai que ensinar a facelo, pois diso xa se encarga Satanás.

2.- Telos baixo unha discreta vixilancia para que se críen, para que se manteñan, lonxe das ocasións maliciosas.

3.- Moito recato e circunspección, sen tolerarlles familiaridades ou confianzas de contido amoral.

4.- Manternos en garda de nós mesmos para portarnos, para comportarnos, ¡en todo!, de forma tal que ofrezamos ao neno/a, na nosa persoa, nos nosos ditos e nos nosos actos, unha conduta exemplar, digna de imitación.

5.-  Desvialos de parentes, veciños ou amigos cos que, tratándose, podemos incorrer en contaminacións noxentas. Lembremos o dito: “Quen a boa árbore se arrima, boa sombra o abriga”. ¡A mala sombra pode ser, adoita ser, atractiva, pero..., contamina!


-.-

Atura-los políticos.

¡Xa, xa; isto é máis difícil; difícil e irresoluble! Votamos, eliximos, e non sabemos a quen, que este é un dos problemas da política coas listas cerradas, pechadas. Van en contra dos méritos persoais pois, en lugar de votar aos personaxes da nosa confianza, estamos dándolles a papeleta aos ditadores dos partidos, persoas que por ser así, por ser tiranos, cóanse nesas listas pechadas, mangoneando, primeiro ao seu partido, e despois, en consecuencia, ao país enteiro. ¿Que podemos contra eles? Eles, contra nós, teñen todo o poder; pero nós, tan só o de pagar tributos...; ¡sómoslles tributarios!
-.-

A todo isto, ¿que entendemos por afronta?

Afronta, ou aldraxe, para os galegos é, “Dito ou feito co que se ofende ou deshonra. Acción que resulta deshonrosa. Aldraxe, ultraxe”.

Nos libros de moral definen a afronta nestes termos, ou similares:

Afronta é a deshonra e maila vergoña resultante dun certo dito e/ou feito. Trátase, pois, dunha ultraxe, agravio, ofensa, ignominia ou inxuria. Afronta pública: As ofensas persoais que se realizan sobre alguén en concreto, e que resulta coñecida para todo aquel que pertence á súa comunidade.

A afronta, xa que logo, pode producirse con certas declaracións e/ou expresións. O concepto aínda non ten unha definición precisa, así que pode solaparse con outras nocións. Unha afronta pode expresar unha verdade, ¡ou unha mentira!. Ata pode converterse en delito se se trata dunha calumnia ou dunha inxuria. Unha acción tamén pode converterse en afronta. Ese Satanás, que non se cansa de pisar a paz social; ¡cando será o día no que Deus lles bote as chaves ás portas do inferno..., para que se aguante aló dentro, no seu abismo!

Aló atrás, cando as armas eran máis persoais, os varóns de daquela non se cansaban de retar en duelo. Hoxe toureamos touros, que segue sendo outra animalada!
-.-

Esas ditaduras modernas, chamadas “democracia con listas pechadas”.

¡Cada tempo ten a súa penitencia! Agora tócanos aguantar os partidos políticos... ¿Non será, aos políticos? Onde non temos “listas abertas” os políticos non existen; aínda que se lles chame así, en realidade de verdade son lobos dunha única camada.

Cada partido é unha camada inscrita nas outras, que se pon un nome ad hoc, escollido para acentua-lo seu disfrace.

Coas listas pechadas éntrase, e prospérase, a cóbados, cando non a patadas, pero tamén a coiteladas. ¿Daquela, quen prospera? Obvio: os intrigantes, os locuaces, os imaxinativos. Se as listas fosen abertas, por esas aberturas coñeceríamos o prestixio, a veteranía, a experiencia e maila honradez dos seus cerebros. ¡Rexeríannos cerebros e non bocazas!

As listas pechadas son ditaduras; ¡ditaduras de segunda clase, séxase, pluri persoais; as de primeira clase son as individuais, as persoais.

En vez de votar persoas, séxase, persoeiros, votamos partidos; ¡e o malo é que, de tanto aturar, votamos con “v”, cando merecían un “b”, ¡o “be” de “botamos”!

Maquiavelo só houbo un; pero iso foi daquela, pois hoxe, por ter, ata temos licenciaturas en..., ¿en políticas?

Jaz Hernández dixo, ¡e se o dixo será que o pensa!: “Quien posee un pensamiento político, sabe escuchar, ver las carencias y necesidades de su pueblo, pero no se queda en ello: piensa una idea, la comunica, indaga en los medios con que cuenta, los organiza y selecciona, los organiza en base a la idea, los reorganiza cuantas veces sea necesario, escucha las críticas, repiensa su accionar, y finalmente ejecuta la acción”. ¡Xa; mais para facelo así precísase unha madurez intelectual e moral, e non unha ximnasia de gabeadores!
-.-
Cambiarás de muiñeiro...

Aló na época de meu avó fóronse abandonando os muíños cativeiros, ¡vinte, que vinte había na miña parroquia!, e iso por varios motivos: Ao ser de “herdeiros”, dada a nosa endogamia chegou un día en que había que facer cola para moer a fornada; logo que, como estes muíños estaban alimentados por caudais xeralmente cativos, con estiaxes fortes, entroulles a competencia coas praderías, cadora máis útiles e necesarias dado o incremento do gando vacún; tamén, ¡tamén, pero isto hai que dicilo entre parénteses!, concorreu que neses muíños, nos que se moía tanto de día como de noite, deron en pasar cousas (cousas eróticas) ata o punto de que era perigoso para as mulleres asomarse á súa ventá.



Abandonados os muíños de herdeiros non había outra que acudir ás aceas grandes, ás de maquía. Os muiñeiros, ¡sabido era!, se non estabas presente “apartaban” o dobre da maquía acostumada, así que se xeneralizou o dito de que, “Cambiarás de muiñeiro, pero de ladrón, non!”.

¿De quen eran as novas aceas? Xeralmente dos caciques de cada bisbarra. ¿Receitas? ¡Aturalos!
-.-


Atura-la tele?

¡Que remedio, xa que, por moito que cambies de canal, os seus rolos son rolentos, séxase, similares; e menos mal que falan tan de presa que non se lles entende o que din! O malo está en que, aínda que non se oe, vese! E logo que se apartas, dela, os nenos, vanse para o móbil, que pode ser peor!

No meu colexio, ¡afortunadamente, daquela!, sen tele nin móbiles, pero cun ábaco, iso si, o mestre preguntoulle a un neno que quen descubrira as leis do movemento, e aquel compañeiro, que tamén tiña escola na súa casa, respondeu: ¿Quen ía ser, Franco! O mestre quedouse pensativo, pero, despois de pensalo un pouco, respondeulle: ¡Tes razón, pero só en parte, pois o que descubriu Franco foi a Lei do Movemento Inmóbil!



A escola de Maxide, na actualidade. ¡Agora so suben polas nosas escaleiras os bieiteiros!

-.-


As celebracións relixiosas convertidas en espectáculos carnavalescos

Canto máis gasto, canta máis espectacularidade, menos ascetismo, menos relixiosidade..., pero máis carnaval!

Autoridades relixiosas, por favor, predicade algo ao respecto, pois esas esaxeracións axudan a converte-la fe en mitos, en espectáculo. ¡De verdade que me preocupan!

Maiormente nas cidades, os alcaldes, por ateos, por impíos que sexan, con tal de presumir de fastos non regatean gastos. ¿Levados das súas crenzas? ¡Moito me temo que non, pero chéiralles o populismo, a diversión, e así, de propósito, están convertendo o Nadal, os Reis, a Paixón, en imaxe propia, que é todo o contrario da evanxelización. A Igrexa, o catolicismo, non é un circo, así que, ¡non esaxeremos; ateñámonos á lembranza histórica, comezando pola súa austeridade, ou non foi de pura austeridade a biografía de Cristo?

¿Que pasará nas mentes dos rapaces cando descubran que aqueles festexos de seus pais eran infantilismos para satisfacer aos infantes; aos infantes, ou a eles mesmos? Traballo terá o seu anxo da garda para convencelos de que certos dogmas son iso, dogmas sacros, e non mitos circenses!
-.-


Crispación



¡Coidado co contaxio, de tanto que abunda a crispación! Claro que abundan os motivos, as motivacións, pero tamén hai ovellas e cabras: as ovellas son, de seu, pacíficas, e as cabras...; ¡as cabras son, de seu, cabras, e así hai que aturalas!

Un tal Xavier Guix, psicólogo e escritor, que para coñecer chega con ler, deixou escrito que, “cuando se impone lo crispado “perdemos la capacidad de conectar con el otro. Cuando se pierde de vista lo común y cada cual se refugia en lo suyo desaparece el respeto. De este modo, se pierde también un valor fundamental como es el reconocimiento mutuo. La crispación empieza cuando se niega al otro, no se le reconoce como alter sino que se le ve como alius, como un extraño. Entonces, ese extraño diferente a mí me da miedo y tengo que atacarle para debilitarlo, porque solo reconozco como verdadero, bueno y superior lo mío”. ¿Tería razón? Eu coido que si; nisto, si.

A prudencia e maila moderación é obrigatoria para os cristiáns, ¡é un lábaro! Para os médicos, supón un desaxuste dos nervios.

Claro que, por veces, sen algo de crispación non reaccionamos, non nos defendemos, atordámonos, por exemplo cando parlotean os políticos, que en vez de pagarnos polos votos, como fixo Portela Valladares cando veu á Fonsagrada, que os convidou con viño e pan trigo, somos nós os que nos deixamos estafar, incluso nos dereitos máis elementais. ¡Ai listas abertas, canto desexo que vos abrades!
-.-


Si vis pacem, para bellum.



As mellores armas, as defensivas quero dicir, consisten eu ir formando unha personalidade temperada, culta, formal, sempre dentro da máis estrita moral. Así facía o pensador de Rodin, que seica meditaba, con tempo e con calma, as súas decisións. Isto entre persoas pois entre países as obrigas poden ser outras.

Con estas armas, defensivas, defendemos a nosa integridade, para acabar vencendo pacificamente, que é a mellor das vitorias. Os mártires venceron na súa paz; e aínda que nas súas hagiografías iso non se resalte, cabe pensar que os seus martirizadores acabasen convertidos, arrepentidos, admirados daquel heroísmo en defensa da fe.

Sempre o pensei e sempre o direi: Se os cristiáns, en xeral, fósemos máis modélicos, algo máis imitables, nestes vinte séculos do noso maxisterio o máis probable é que non quedasen infieis; pero como damos unha de cal e outra de area, o edificio vai lento. ¿Non se cansará de nós o Espírito Santo? ¡Menos mal que é santo, a santidade perfecta, pois, se fose humano...., a bomba atómica!
-.-


¡Vixiade, que a carne é débil!




¡Que ben me entendo cos portugueses: Saben pensar, e saben dicilo! Non esquezamos que a carne vén da Eva, aquela muller tan crédula que lle fixo caso ao guapo maldito, ao Lucifer.

Xesús, o noso Mestre, que non deixou no tinteiro nada que fose interesante para ensinarnos a camiñar pola vida, (Mateo 26, 40.41), “E, volvendo onda os discípulos, atopounos durmindo. Díxolle a Pedro: -¿Non podedes velar comigo nin tan sequera unha hora? Estade á espreita e orade, para que non entredes na tentación. O espírito está disposto, pero a carne é débil”.

¡Que se é débil, pero o espírito é un comodón, que non se preocupa de vixiala, de controlala, de impoñerlle un mínimo de disciplina! Aturámolo todo, tentacións incluídas...; ¡todo, non, que se nos dan un belisco pegamos un salto!
-.-

Campo versus cidade




¡Que pouco se leva escrito acerca deste paralelo! Ten a súa explicación: Os do campo sénteno pero cústalles dicilo, pois aínda están no purgatorio os que aprenderon a escribir; en canto aos da cidade, desertores do arado, ou fillos dos tales, pasaron do pizarrín ao teclado en dúas xeracións, así que aínda están..., ¡construíndo na súa torre de Babel!

O campo sempre oficiou de convento de Clausura: Os escándalos eran de temer pola súa divulgación no entorno familiar; a misa en latín non se entendía, pero o púlpito estaba aló arriba, simbolizando o reino dos ceos;  aos enterros acudían tódolos inimigos, non para que dixesen que o ausente fora modélico senón para que dixesen daqueles inimigos: ¡Esta si que é boa xente, que xa lle perdoaron tódalas que deixa feitas!

Naquela ocasión na que estiven a punto de ser santo: Levaba dous meses sen ir á miña casa, ao meu Bergland, e aquel día díxome o señor da casa onde estaba “poñendo escola”, que así se dicía. Aquel Domínguez viña de Domingo, e seguía sendo Domingo, ¡un santo! 
-Para pasa-la Noite Boa cos teus esta tarde non se che ocorra poñer escola, que está pechando a serra. ¡Vaite canto antes! O sobriño, que era xastre, baixoume as súas botas e díxome: -Coas zocas nin se che ocorra, que as cravarás nesa neve do Miradoiro. En canto á nai dos nenos, apareceu con un pan de tres quilos: -É de trigo, por se na túa casa non coceron..., pois o Nadal sen trigo non é Nadal, e menos aquí en Catatrigo!

Segundo ía subindo polo camiño da Poza do Barro a neve medraba, e medraba! ¡Pero había que cruza-lo Alto do Miradoiro, así que acelerei todo o posible, e co trigo ao lombo!

Aló onde pon iso dos 1029 m. sobre o nivel no mar, senteime na pilastra do vértice xeodésico, ¡coa neve por coxín! Ollei todo ao redor para divisar o camiño polo que tiña que baixar a Teixeda e..., ¡nin rastro! O único rastro que vin ao meu redor foi una serie de puntiños que cadora se cegaban máis coa neve que seguía caendo... ¡As poutas dos lobos!

Naquel intre se non dixen ¡Trágame terra!, foi o que pensei.


Pisadas dos lobos na neve

Non me axeonllei porque, de anesgado, igual non me levantaba, pero a alma, ¿ou xa era a ánima?, rompeu a chorar por todos e cada un dos meus pecadiños. ¡Nun intre pasei de pecador a santo! Mirei para a fardela do pan, e díxenme: ¿Como este pan é de trigo, se os lobos son listos comerán o bolo antes cá miña carne.

Non sei cantos minutos estiven así, naquel acto de contrición perfecta, pero, de pronto, unha voz subía, que non baixaba; ¡logo non era do Ceo! ¡Eses cas...; ou son de Nabeda ou de Teixeda! Os cans, se ladran, é porque os están azuando para recoller o gando, para que lles ladren ás vacas, que así, na corte, líbranse da que está caendo!

Nin me parei a pensalo, así que din en correr, saltando costa abaixo, por riba dos toxos, na dirección daqueles ladridos. ¡Nunca tal me pasara; acollerme á furia dos cans!

Despois diso o único que lembro foi unha muller, ¡pola voz era unha muller, pero a zamarra que levaba era de home!, que me dixo, diante da lareira:

-Ala, Pepiño, érguete, que agora xa non levas frío, e se sigue nevando igual non atrouchas polos Campos d´Hiladrán!

Se me chamou Pepiño é que me viu con meus pais, tal que na catequese parroquial.

Ao día seguinte foime levar meu pai a Catatrigo, na besta da casa; a neve non fóra a menos, pero, coa besta, a penitencia foi menor.

Desde aquel día, desde aquel contratempo...  ¿Contratempo? ¡Todo o contrario: un milagre! Desde entón sei, ¡aínda que a veces o esqueza!, que non hai nada que nos achegue tanto a Deus como unha noite de lobos na soidade dunha serra!
-.-



¡Pero que próximo é, está, este Papa!




Tan próximo, que me fixo lembrar unha picardía das que se contaban na miña infancia: O Cura de Luaces tiña de sancristán ao señor Xan da Cazurra, que lle chamaban así porque, cando a guerra, aló por León botou nunha madriña que seica o atendeu cando caeu ferido; ao licenciarse, casou coa Cazurra, e levouna para o seu Luaces.

Eran días de Precepto, ¡pero só pasaban fame aqueles que non tiñan para paga-la Bula, a Bula e mailo estraperlo! Xan achegouse ao confesionario:

-Padre; xa llo dixen todo; ¡non me queda nada!

-Pero, fillo, ¿que me dis dese sancristán que come o pan mollándoo no aceite da lámpada?

-Señor Cura, desde aquí óese mal o que me di; ¿que lle parece se paso eu para dentro..., e vostede para fóra?

Así o fixeron; e cando Xan estaba dentro, preguntoulle ao Cura:

-¿Señor Cura, e vostede saberá quen ese é fresco que lle chisca o ollo á miña muller?

O Párroco levantouse, exclamando:

-¡Hai que chama-lo carpinteiro, pois neste confesionario tan mal se oe de dentro a fóra como de fóra a dentro!

Papa Francisco, que tanto aturas nos Cardeais, ¿cando pensas lembrarlles que San Pedro..., tiña sogra!
-.-



A báscula do xuízo final


Xuízo de Osiris

 Na terra, examínannos; no Ceo, para entrar, examinámonos. ¡Así é; tal cal! Cando nos examinan, se nos suspenden na materia proposta, non suspendemos: ¡suspéndennos! ¡Ah, pero no Ceo, para quitar entrada, póñennos, vannos poñer, unha especie de retrovisor no que veremos o noso descorrer, ¡todo ao completo: as feitas e mailas desfeitas, o bo e tamén o malo, os talentos recibimos e a aplicación que lles demos! Con isto sabido de antemán, ¿por que nos preocupamos tan pouco de adestrarnos, de enderezarnos, ao longo da vida? Teríamos a salvación asegurada se lle puxésemos á alma a metade da dedicación que lles aplicamos ás sinaturas do corpo!

Non nos equivoquemos: cada exame é, será, diferente. ¡Dependerá dos talentos recibidos, pero tamén, tamén, do uso que lles désemos!

A parábola dos talentos. Mateo 25, 14.30; e Lucas 19, 11.27. “Si, e tamén coma un home que, tendo que saír de viaxe, chamou polos seus criados e déulle-lo coidado da súa facenda. A un deulle cinco talentos, a outro dous e a outro un; a cada quen segundo a súa capacidade. Despois marchou.

“De seguida, o que recibira cinco talentos foi negociar con eles e gañou outros cinco. Do mesmo xeito o que recibira dous, gañou outros dous. Pero o que recibira un foi cavar un burato na terra e escondeu os cartos do seu amo.

“Ó cabo de moito tempo chegou o Señor daqueles criados, pedíndolles contas. (¡Era o óbito!). Chegou o que recibira cinco talentos e presentoulle outros cinco dicindo: “Señor, cinco talentos (cada talento equivalía a uns 30 kg. de ouro), cinco, me entregaches; velaquí outros cinco que gañei”. Díxolle o Señor: “Ben, criado fiel e cumpridor; xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito: pasa a gozar da festa do teu Señor”. Chegou o que recibira dous talentos e dixo: “Señor, dous talentos me entregaches, velaquí outros dous que gañei”. E díxolle o Señor: “Ben, criado fiel e cumpridor, xa que fuches fiel no pouco. poñereite á fronte do moito: pasa a gozar da festa do teu Señor”.

“Chegou tamén o que recibira un talento e díxolle: “Señor, sei moi ben que es un home duro, que seituras onde non sementaches e recolles onde non espallas. Por iso collín medo, e fun agachar na terra o teu talento; aquí tes o que é teu”. Pero o Señor respondeulle: “¡Mal criado, lacazán! ¿Conque sabías que sego onde non semento e recollo onde non boto? Pois poñías os meus cartos no banco, e así, cando eu volvese, podía recolle-los cartos e mailos intereses. Así que quitádelle o talento e dádello ó que ten dez. Porque ó que ten, háselle dar e abondo; pero ó que non ten, aínda o que ten se lle vai quitar. E ó criado inútil botádeo fóra, á escuridade, onde será o pranto e mailo renxer dos dentes”.

En definitiva, que lle chamou folgazán, folgazán e desagradecido. A metáfora está un pouco esaxerada para que aqueles discípulos de baixa formación se impresionasen e non a esquecesen, para que a entendesen no seu sentido figurado: Deus non é raca, ¡en absoluto!, pero se non facemos por utilizar, por propagar, as bondades recibidas, é que o estamos desprezando, aborrecendo, e iso é natural que o moleste.

-oOo-

Xosé María Gómez Vilabella




 
 

No hay comentarios: