A Guerra de Ifni,
en síntese fotográfica.
Por
XOSÉ MARÍA GÓMEZ VILABELLA
Testemuña e vítima, asemade.
No 60 aniversario daqueles 400 (entre mortos e
desaparecidos) que se foron, en tres meses, 1957/58, para “hacer guardia sobre
los luceros”.
Aquí, nas Palmas, están os restos duns cantos, levados
de Ifni.
Xa era costume das guerras de África que a maior parte
dos defuntos fosen galegos: Nas do Norte, porque nin indo segar a Castela se
reunía diñeiro bastante para paga-las súas “Cuotas”; nesta, na de Ifni, foi por
azares do sorteo das quintas.
Franco escondeuna,
pero eu, servidor, ex-combatente dela, acreditado con
estas fotos, por ante a Historia declaro que:
Nos últimos anos estivemos concentrados no resto do Territorio.
¡Polo estilo dos “últimos de Filipinas”!
O Territorio foi
declarado Provincia, provincia 51 das Españas, tempo adiante, no ano 1958, ¡desde
que a nosa tropa abandonara a maior parte do seu mapa, minando e atrincheirando
o entorno da cidade para mellor defendela! Querida Historia, cantas trolas che
levan contado, pero eu, aos que me crean, voulles dicir a verdade, demostrándoa
con estas fotos. Comezarei por estas do Páter Pumariño, heroe de tres guerras:
-.-
A HISTORIA DE IFNI, como
tódalas historias da Historia, tivo, a pesares da súa curta idade, un montón de
amaños que non pasaron aos libros. Eu, desde aquela Sucursal do Banco Exterior
de España, coñecín uns cantos secretos, terribles, tremendos, importantes, e
por conseguinte, incribles. Nada como un Banco para coñecer pecados capitais,
gordísimos, imperdoables, pero nos Bancos, coma nos confesionarios dos cregos,
manda o secreto profesional, así que..., ¡puntos suspensivos, indefinidamente!
Daquela non puiden falar, e agora non ten obxecto porque..., ¡porque non me
crería ninguén, ou case ninguén! Ademais, os secretos importantes sen probas
non teñen consistencia. ¿Sen probas? ¡Alí non había gravadoras, así que só as
teño gravadas nestas fotografías, e moito na memoria, que me sigue sendo fiel.
¡Fiel, pero, inoportuna! O que me queda -repito- son estas fotos, algunha ben elocuente,
dalgún dos casos, dalgunha das cousas. En consecuencia, pídolle ao lector que
se conforme con elas.
España perdeu Ifni,
pero..., con iso moito gañou, moitísimo! Economicamente, se entende. De América
trouxemos ouro e prata, ¡roubada!,
pero en África dilapidáronse
as pesetas, gastámolas, de mil maneiras. C´est la vie!, que din os franceses.
Neste caso, a vida dos españois, imperialistas que somos. Eis aquí a oficina
daqueles ¿repartos?
Edificio da Tesorería del A.O.E.
De América trouxemos o ouro e maila prata..., ¡para a
“Torre del Oro”, Sevilla! Transvasado a billetes, boa parte del acabou aquí,
nestoutra torre.
-.-
Para comezar, servidor,
que foi mecanógrafo no Consejo Supremo de Justicia Militar, durante tres anos,
que os precisei para asegurarme o rancho mentres preparaba oposicións de Banca,
onde aprendín a usar a lupa..., para entrever os Secretos de Estado, tantos que
había daquela!
E
despois, traballando nesta mesa (Departamento de Personal do Banco Exterior de
España, Madrid, Carrera de San Jerónimo, 36, ano 1953), souben dunha vacante na
sucursal de Sidi Ifni, (África Occidental Española), e déronma a min, ao
novato, porque había nese Territorio, daquela, peste bubónica, e os outros
solicitantes, sen excepción, como eran de casa rica e non precisaban aventuras,
retiraron as súas instancias. Por esta circunstancia esixíronme ir solteiro. O
traslado supúxome pasar de Auxiliar a Oficial 1º con dous trienios, PERO Á
CONDICIÓN DE QUE TIÑA QUE ESTAR EN IFNI UN MÍNIMO DE 8 ANOS, CATRO CAMPAÑAS DE
DOUS ANOS CADA UNHA, CON DOUS MESES DE VACACIÓNS BIANUAIS.
Mapas do Magreb
IFNI = Santa Cruz de la Mar Pequeña?
No
XX estaba esquecido o castelo do século XV, que realmente existira, pero sito
máis ao Sur, que alí están as ruínas:
A
presencia española nesta rexión data da época dos Reis Católicos, de cando
Diego García de Herrera fundou nun lugar da costa utilizado como base temporal
de mariñeiros e pescadores españois desde facía tempo (o Río de la Mar
Pequeña), unha torre escravista denominada Santa Cruz de la Mar Pequeña
(1476 a 1478), Torre de Santa Cruz o Santa Cruz de África,
reconstruída en 1496. A importancia do establecemento derivaba de ser base das
cabalgadas españolas en busca de escravos. Os españois foron desaloxados en
1524 polos bérberes da zona.
Unha
verdadeira Mar Pequena é Agadir, pois o
resto da costa africana é moi rectilíneo.
Fernando de León y Castillo. Embaixador
de España en Francia. Grazas ás súas xestiones
recoñecéronselle a España os nosos dereitos sobre os Territorios do Muni, o Sáhara
Occidental e mailo Protectorado do Norte de Marrocos. Nomeado por Real Decreto
do 12 de novembro de 1887. ¡Pasmón! Deixouse convencer polo franceses de que
Ifni era a nosa, antiga, Santa Cruz de Mar Pequeña; ¡Unha Mar Pequena é a baía
de Agadir; esa, esa si, pero tampouco é a da torre esquecida, xa que aquela
estaba, como agora se sabe, no Mar Pequeño da lagoa de Naila! A primeira
fotografía, coñecida, dos restos daquela torre, débese a un tal Maximilien Briggmann,
e foi publicada por T. Monod no ano 1976. (Do libro “LA TORRE DE SANTA CRUZ DE
LA MAR PEQUEÑA”, de Mariano Gambin. Primera edición: Santa Cruz de Tenerife.
Abril 2012).
Fotos aéreas de Sidi Ifni
Este
é o Sidi Ifni que atopei á miña chegada, nos anos 50. Ben visible a canle seca
do asif Ifni, e tamén as sete olas, que dificultaban os desembarcos.
Este é o Barrio
Agulla. ¡O último dos nosos farois! Soñado e feito despois do 23-11-57.
Enfronte, no plano primeiro,
o cuartel de
Tiradores.
-.-
AS MIÑAS PEGADAS EN IFNI
Iberia,
despois de deixarme, volveu para Madrid, a por máis, por máis xente, pois os
cartos ían desde Las Palmas, desde o Banco de España; de alí, en caixas de
pino, á nosa Sucursal de Sidi Ifni, desde onde se ¡gastaban! a mans cheas.
Semanario A.O.E.
No núm. 406, do 15-3-1953
Viajeros
De Madrid,
en Iberia, el R. P. Sinforiano Lucas Rojo y D. José Gómez Vilabella.
Hotel
Suerte Loca, hoxe; foi o meu primeiro aloxamento.
Servidor, o primeiro da esquerda, recén incorporado na sucursal de Sidi
Ifni.
Tiven bos
compañeiros, que me axudaron a cargar co ...,
¿co desterro?
-.-
Casado por poderes, un
13, ¡trece e martes!, (13 de Xuño do ano
1953), despois de invitar a comer a estes
compañeiros, no Casino, para celebralo, eles obsequiáronme con este tapiz -que
nos serviu de fondo para esta foto, cando ela chegou a Ifni-,
eu
funme para a miña habitación do hotel Suerte Loca, (a núm. 2), pero, de ben
comido, ¡cun entremés de percebes!, entroume o sono. Espertei a iso das dúas da
mañá, co comedor cerrado obviamente, así que pasei unha noite de vodas larguísima,
pero...., tranquila!
Outra anécdota:
-Trinta días despois, un
domingo, chegou a noiva a Sidi Ifni, precisamente neste avión:
Era costume recibir
aos familiares na propia escaleira do avión, pero aquel día o Vixiante
impediume baixar da terraza:
-¡Es
que viene mi mujer....!
-El
General me ordenó prohibir los acercamientos. ¡Medidas de seguridad, supongo!
Ao
domingo seguinte, que fomos ao aeroporto, tamén estaba alí o General Tutor (Venancio
Tutor Gil). Atrevinme a dicirlle:
-Mi General, el domingo pasado no me
permitieron esperar a mi mujer ahí
abajo, y hoy veo que bajan... ¿Ya no hay precauciones?
-Chico,
disculpa; me lo habían pedido aquellas mujeres que estaban arriba, aquí, en la
terraza...¡Como es natural, como es humano, querían ver vuestro beso, el de los
novios! Este Territorio, es tan aburrido...!
Se
non se tratase do Gobernador, polas ganas daríalle un cometón!
A
miña dona aclimatándose e confraternizando
-.-
IFNI, A FILLA PRÓDIGA
Coa Península, aínda
daquela, irradiada de corredoiras (camiños de carro), isto que sigue é unha
mostra das nosas prodigalidades ifneñas, contemporáneas, fránquicas. ¿Débedas
da guerra de España? ¡Iso, ademais de devolvelos a Covadonga! ¿Agradecéronllo?
No
34 chegou Capaz ao deserto, e foi capaz de entusiasmar aos notables dos nativos
con..., con fondos da Caixa B, que xa existía daquela!
Monumento ao
Coronel Capaz..., antes de apealo os musulmáns!
-.-
OBRAS SON AMORES...?
Don Hermenegildo, “El Prometedor”.
A garda do Gobernador, unha copia da do Pardo.
Desde aquí, os franciscanos colonizaron bastante máis
cós españois.
Coa miña dona e demais compañeiros Terciarios, diante
da igrexa.
Cuartel dos Tiradores de Ifni
Á esquerda, edificio do Axuntamento.
Edificio do Zoco (¡pero sen zocas!)
Hospital de Sidi Ifni
Patronato (Instituto)
Seguen os obsequios fraternais:
Correos e telégrafos. ¡Con censura, claro!
Porto, non, pero piscina, si.
¡A falta de porto..., aeroporto!
¿Ateneo? ¡Non, Casino, pero..., para Oficiales!
No medio da cidade, co seu letreiro, o Banco Exterior
de España, léase, “Cordón umbilical”. Na planta baixa as oficinas; no piso, a
que foi miña vivenda durante os meus últimos catro anos; na súa terraza estiveron
os sacos de terra, que foron o parapeto da nosa defensa, ¡Somatén!, durante
cinco meses, ata que se incrementaron as forzas militares e se minou definitivamente
o cinto defensivo da cidade.
-.-
Pasa a
A GUERRA DE IFNI EN SÍNTESE FOTOGRÁFICA
-II-
Xosé María Gómez Vilabella
No hay comentarios:
Publicar un comentario