lunes, 27 de mayo de 2013

DE MOUROS E CRISTIÁNS -I-






DE MOUROS E CRISTIÁNS



A cousa comezou no Rif… 

Xosé María Gómez Vilabella
 


Para ben comezar, para abrir,
comezarei pola Azora I,
séxase, pola
Al-Fatiha:

No nome de Deus, o Clemente, o Misericordioso.
A loanza a Deus, Señor dos mundos.
O Clemente, o Misericordioso.
Dono do Día do Xuízo.
A Ti te adoramos, e che pedimos axuda.
Condúcenos ao camiño recto,
camiño daqueles aos que favoreciches,
que non son obxecto do teu anoxo
e non son os extraviados.
-.-

Algunhas aleias do Corán:

4, 78/76 Quen cre, combate na senda de Dios.

4, 96/94 ¡Oh, os que credes! Cando entredes en guerra pola senda de Deus, vede claro e non digades aos que vos ofrecen a paz: “No sodes crentes”, ansiando o que vos ofrece a vida mundanal. Deus ten grandes botíns. Así fostes anteriormente, pero Deus favoreceuvos. ¡Vede claro! ¡Dios está ben informado do que facedes!

No son iguais, entre os crentes, os non combatentes e os combatentes na senda de Deus cos seus bens e as súas persoas. Deus prometeunos, a todos, a fermosa recompensa, pero Deus distinguirá aos combatentes por encima dos non combatentes dándolles unha gran recompensa, unha xerarquía respecto de El, un perdón e unha misericordia. Deus é indulxente, misericordioso.

37, 37 e s. ... os servidores devotos de Deus... terán virxes de mirada recatada, cos ollos tan grandes coma ovos de avestruz.

38, 49 e s. Os piadosos terán un fermoso lugar de retorno: os xardíns do Edén terán abertas as súas portas; e recostados nelas, pedirán múltiples froitos e bebida, e xunto a eles estarán as virxes de mirada recatada.

56, 26 e s. Os compañeiros da dereita (os benaventurados) estarán entre azufaifos sen espiñas, entre acacias aliñadas, de sombras estendidas, auga corrente e abundantes froitos, que non estarán cortados ni prohibidos. As hurís, ás que formamos, ás que mantemos virxes, coquetas, de pouca idade, pertencerán aos compañeiros da dereita.

-.-

Probatio

Demostración dun feito ou dun acto mediante a utilización dos medios admitidos polo dereito. En tales procesos incumbe a carga da proba ao que afirma, non ao que nega: ei incumbit probatio qui dicit, non qui negat.- Digesta 22.3.2 / Codex Iustinianus, 4.19.
-.-

Desastre de Annual, ano 1921




  

A batalla de Annual foi entre Xullo/Agosto do ano 1921,
¡uns 15.000 mortos!
pero,
en Xaneiro do 22, ao reconquistar ese territorio,
os cadáveres seguían lastrando o chan,
insepultos.

Riffán = 1 peseta, das de entón, cando o Rif foi república.
-.-

Ninguén o explicou mellor:


-.-


Aos militares sublevados o 18 de Xullo do 36 habería que preguntarlles ata qué punto influíu neles o chamado “Complejo de Annual”!
-.-


DA MIÑA ESTANCIA EN ÁFRICA





  
Sobrevoando a praia - desembarcadoiro
para aterrar en Sidi Ifni. 


Igrexa de Santa Cruz de Ifni



¡Xa estou aquí!





Diante do tapiz que nos regalaron os compañeiros do Banco.



Edificio do Banco Exterior de España,
en
Sidi Ifni,
no que vivimos na miña etapa de Director.
(Ata o ano 1962 en que pasei á Sucursal de Aaiún)
-.-


 
A escolta do General Gobernador General de Ifni…,
cando nos eran, ou aparentaban ser, adictos!
Naceu na guerra, pero resultou pacífico.



Seu padriño:


 Comandante-capelán Pedro Sánchez Pumariño. 
Capelán en 3 guerras:
Civil, División Azul, e maila de Ifni-Sáhara.


Co De Soto, recén comprado, aínda coa matrícula de procedencia, do Marrocos Francés.

Con este coche,
obtida a matrícula de Ifni,
viñamos para España, de Segunda Colonial,
en Maio de 1957,
precisamente para asistir á voda de meu irmán,
cando,
nunha recta, chegando a Safí, os dun camión do Istiqlal (partido da Independencia)
identificáronme,
e enfiláronnos de propósito.
Por ventura non tardou en pasar o coche dun matrimonio francés,
que nos recolleron,
levando a Josefina ao Hospital de Safí, etc., etc.
(As ¿autoridades? españolas prohibíronnos dicir que fora un atentando...,
en aras de fraternidade franquista
hispano – marroquí!)
-.-




Cos nosos protectores de Safí

Pasa a
DE MOUROS E CRISTIÁNS
-II-

No hay comentarios: