lunes, 27 de mayo de 2013

DE MOUROS E CRISTIÁNS -II-

.../...



Antecedentes:

No ano 1449 Juan II de Castela concedeu ao duque de Medina Sidonia o dereito a conquistar a costa africana. No 1476, cos Reis Católicos, o adelantado Diego García de Herrera construíu un forte naquelas costas ao que chamou Santa Cruz de Mar Pequeña, que foi utilizado para reter cativos que traballasen nas plantacións das Illas Canarias.

En Ifni no hai “Mar Pequena”, que é unha costa máis ben rectilínea, así que todo parece indicar que ese castelo estivo en Agadir. En Agadir, (os franceses enganáronnos), desemboca o Oued Souss; o seu estuario, ao Sur, marisma de Massa, sempre está poboado por bandadas de aves mariñas, principalmente flamencos, patos e avocetas. No 1911 o canoneiro Panther, disparou unhas descargas nesta badía como protesta alemá contra os plans de división marroquí que tiñan por entón Francia e Inglaterra. Agadirs e Tigherents son variantes de ksar (su plural es ksour), combinación de graneiro, almacén e fortaleza, onde gardaban o gran, os dátiles, a pólvora e outras mercadorías valiosas, postas a bo recado das tribos veciñas.

Na biblioteca da Real Academia de la Historia consérvase unha escritura pública, outorgada ante o escribán (notario) Gonzalo de Burgos (Gran Canaria, 15 de febreiro de 1499), en presenza de Lope Sánchez de Valenzuela, Gobernador de Gran Canaria na alcazaba de Agaos, sita na cidade de Tagaos, capital do reino de Bu-Tata, que en nome dos reis recibe a submisión de varios personaxes indíxenas. O día 18, ante o mesmo escribán, outros xefes fan idéntico acto de submisión no Castillo de Ifni.

No 1524 España perdeu esa posesión, pero foi de novo recoñecida no tratado de Uad-Ras (1860), poñéndose fin á guerra con Marrocos.

Fixados os límites da posesión entre Francia e España, no 1934 foi ocupado de modo efectivo Sidi Ifni (Coronel Capaz), que era un santuario de peregrinacións, con tribos minúsculas e illadas, unha auténtica terra nullius.

Poboación do Territorio:

Houbo un desprazamento de berberiscos ou bérberes desde o Norte de África como consecuencia da colonización cartaxinesa, e sobre o século III d. de C., tivo lugar a chegada dos berberiscos zenetas, que se mesturaron con outros pobos xa existentes, entre eles os gezules ou gétulos.

No século VII chegan os árabes musulmáns ao Norte de África, Magreb al Aqsa, dirixidos por Uqba e por Musa, reforzada no século XI con outra ondada de tribos árabes beduínas, como son os Beni Hilal. Na Volúbilis romana, cerca da actual Fez, asentouse Idris I, que se dicía descendente de Mahoma.

No ano 1042 prodúcese a expansión dos almorávides, procedentes do Senegal e Río de Oro, que conquistan o Magreb e máis unha boa parte da península Ibérica; foron aniquilados un século despois polos almohades masmuda, procedentes da zona montañosa do Sur de Marrocos. Estes pobos eran bérberes. Nesa época os gezules establécense no Uad Nun.

No século XIII prodúcese a chegada dos Beni Maquil, tamén beduínos, vidos de Arabia, que entran en contacto cos gezules, cos que conviven, sendo este o pobo afincado no Territorio de Ifni.

A rexión do Uad Nun, e máis ao Sur a Tekna, estaban poboadas por tribos ou cabilas independentes, que non obedecían a autoridade do Sultán de Marrocos, que non dominaba nin tiña xurisdición sobre estas rexións máis que coa axuda de poderosos exércitos, e para iso, temporalmente, aínda que sempre reclamaron a súa soberanía sobre estes territorios, e aínda máis ao Sur.

O pobo que ocupaba o que se denominou Territorio, e despois Provincia, de Ifni, eran os Ait Ba Amrán, que se dividían en fraccións ou tribos: Os Sbuia, Mesti, Ait el Joms, Ait Abdallah, Ait En-nus, Ait Ijelef e Ait Iassa.

Este “Territorio” aproximábase aos 2.000 quilómetros cadrados.

O 6 de abril do 1934 desembarcou o Coronel Capaz. Seica lles levou aos notables uns saquiños de prata, procedente da conta “B” reximental, suponse. Nesta data Sidi Ifni era simplemente o santuario, e alá arriba as casiñas de adobe do barrio Amesdog ou Amezdog; ¡pouco máis!


O 9 de abril aterraron os primeiros avionciños, etcétera. Tanto se afanou España, e iso que Capaz fórase para Ifni sen autorización gobernativa, que, ao ano da ocupación, xa se construíran 600 casas. No 35 estaban en construción os principais edificios oficiais, e inaugurouse a primeira escola. No 36 xa funcionaban en Sidi Ifni o Hospital Cívico Militar, e un Consultorio en Tiliuin; A continuación construíronse os Consultorios de Tagragra e de Telata de Sbuia, así como boticas de primeiros auxilios nos postos fronteirizos.
-.-

¡Arriba España! Os 21 cadáveres dos fusilados de Ifni (Causa 193, de 1936, á que don Hermenegildo deu o seu “enterado” en Burgos, na tarde do 21 de outubro do mesmo 36), foron soterrados nunha fosa común do cemiterio de Vegueta, nas Palmas de Gran Canaria. Ademais dalgún civil, ao alzamento só se negaran un Alférez, 3 Brigadas, 5 Sarxentos, e o resto, Cabos e civís.

Segundo recolleu Juan Medina Sanabria, “Los 21 cadáveres fueron transportados en un camión desde el lugar de la ejecución hasta una fosa común en el cementerio de Vegueta, de Las Palmas de Gran Canaria, distante unos 7 Km., pasando por las principales calles de la Capital (Juán Rejón, Albareda, León y Castillo, Triana, etc.) “chorreando sangre de los ejecutados”, causando pavor a los que vieron este macabro hecho, llegando hasta “correrse la noticia” que la culpa fue del chofer por haber puesto poca cal viva en la carrocería del camión”.
-.-




Ano 1957.
Os bidóns da gasolina almacenados na praia ao aire libre, mesmo xunto das casas.
Unha noite os nosos “protexidos” pegáronlles lume,
¡e grazas que os lexionarios acudiron a apagalo, heroicamente,
que de non ser por eles houbese ardido media cidade.

-.-

Outro retrato, botón de mostra auténtico:

Do libro “IFNI, LA GUERRA SECRETA”
...
El primer muerto ilustre, el comandante Álvarez Chas, cayó al mar en un viejo Heinkel 111, con toda su tripulación, por un error en el momento del aterrizaje. “En el aeródromo existían todas las marcas posibles de whisky, pero faltaban elementos de guía a la navegación”, cuenta un testigo.
...
-.-


Na tardiña do 23 de novembro do ano 1957: Petan á porta da nosa vivenda; daquela na rúa Fernández de Lugo. ¡Xa non son horas de visita, pero témola: o Capitán Gumbao, coa súa esposa, Loly, e a súa filla Elba! Retiro a tranca da porta:

-En dúas verbas, que teño que incorporarme ao cuartel. Un nativo confesouse con Rosaleny, e a estas horas estano metendo no avión, rumbo a Las Palmas, con un cheque no peto (era dun millón de pesetas), que o cobrará en Canarias. Por fin, decidíronse: Atácannos esta noite. Así que aquí che deixo, á túa custodia, á muller e á filla. ¿Tes pistola?

-Si; unha Astra, do 9 curto...; que ma mandaron de Eibar, do propio Banco...

-Tan pronto saia, volve a poñerlle esa tranca á porta...

-Eu durmirei, logo, no sofá, e as tres na nosa cama...

-¿Durmir? ¡Iso será se estades xordos, que logo comezarán os disparos...!

Hoxe, tantos anos despois, síntome orgulloso de que todo un lexionario me encomendase a custodia da súa familia. O tiroteo comezou á media noite, ben intenso por certo.
-.-



   
¡Así nos abrazaron, pero non nos conquistaron,
pois aguantamos 12 anos…,
ata que os nosos ¿políticos? claudicaron!
-.-

  
 
Facendo prácticas de tiro con pistola
en Sidi Ifni.
Tiven que levar esta arma no sobaco, durante
máis de catro anos,
particularmente para retirar/protexer as remesas de efectivo,
que nos chegaban no avión de Iberia
desde as
Palmas de G. Canaria.
-.-

Decreto do 10 de xaneiro de 1958 polo que se reorganiza o Gobierno General del África Occidental Española, creando as provincias de Ifni e Sáhara. ¡Tarde piaches!

Decreto 1347/1969, do 26 de xuño (Justicia) polo que se regula La opción de nacionalidad prevista en el Tratado sobre Retrocesión del Territorio de Ifni.

-.-

EL BATALLON DE LA GABARDINA 






Sobre o Batallón da Gabardina,
no Cincuentenario de Ifni.

Autores:

Jlgvicente escribiu:

“LA GUERRA DE IFNI no sólo fue ejemplo de valor y patriotismo de las fuerzas españolas intervinientes, sino que, todos los civiles, hasta los niños, sumaron su granito de arena para colaborar no sólo a su salvación, sino a los esfuerzos que los militares llevábamos a cabo para que la balanza se inclinase del lado español.

Tal es el caso del que por entonces se conoció como “el Batallón de la Gabardina”, que, cual los antiguos Templarios, eran mitad monjes mitad soldados; por el día se ocupaban de sus respectivos trabajos y negocios, y por la noche cogían el fusil para patrullar por las desiertas y oscuras calles de Sidi Ifni, exponiendo su vida, pues en cualquier momento, de cualquier rincón, desde cualquier ventanuco de las estrechas y retorcidas calles, podía salir una bala o una granada de mano.

Pasada la noche, volvían a sus quehaceres cotidianos, con los ojos llenos de sueño pero con el corazón henchido no sólo de amor a los suyos, sino al del concepto ESPAÑA.

Los paracaidistas, desde nuestras posiciones de guardia en la población, los veíamos pasar silenciosos y atentos. Eran como el faro vigilante del sueño de todos”.




Lo que sigue es lo que dijo Pilar Barrutia, de la Asociación de Amigos de Ifni, en la Revista El Eco de Ifni, número 10, del mes de julio do año 2007, Cincuentenario de la Guerra de Ifni.

EL BATALLÓN DE LA GABARDINA. Por Pilar Barrutia con la ayuda de Nieves Campillo y Francisco Mérida:

“Durante el ataque a Ifni, entre octubre de 1957 y abril de 1958, un grupo de civiles capitaneados por Diego Barber Ortega se pusieron en contacto con el Delegado Gubernativo para ofrecer su colaboración y ayuda a la Policía, con una fuerza de civiles que colaborarían en la vigilancia de la ciudad.

Hablaron con el General Gómez-Zamalloa y dio el visto bueno para que patrullaran por las noches, y aliviaran el trabajo de la Policía.

Así nació este “Somatén”, un numeroso grupo de hombres de todas las edades y clases sociales que vigilaban las calles de Sidi Ifni. Se les proporcionó armamento y munición. Como todos habían hecho la mili no necesitaron instrucción militar.

Para protegerse del frío y de la humedad de la madrugada usaban una especie de gabardina o capote, por lo que fueron conocidos popularmente con el nombre de “El Batallón de la Gabardina”. Como identificación, llevaban un brazalete con los colores nacionales y un número.

Se dividió el pueblo en sectores y el Somatén en grupos, y se les marcaron sus zonas de patrulla. A las 22 h. recogían el armamento y patrullaban hasta las 7 h., que entregaban el armamento, y muchos de ellos se incorporaban directamente después a sus puestos de trabajo.

Al frente de cada grupo ponían a alguno de ellos que hubiera tenido experiencia militar, como Jerónimo Sáenz de Tejada, Director del Grupo Escolar, que fuera alférez provisional en la guerra de España.
 
Mientras, en las casas, dormían con un colchón en el suelo debajo de las ventanas por si entraba alguna bala perdida. Nadie se asomaba a las ventanas ni subía a las azoteas.

La cooperación desinteresada de estos hombres fue muy valiosa y reconocida públicamente. El General Gómez-Zamalloa les entregó la Medalla de la Campaña de Ifni-Sahara con cinta anaranjada. Se les dio un diploma a cada uno de los miembros de ese Somatén.


Podemos recordar a:

Diego Barber Ortega, Ángel Salve, Gregorio Pozo, Miguel Antón Sola, Manuel Calderin Sánchez, Ramón Padrón, Antonio Calderín, Rafael López, José Santana Henriquez, Manuel Candela, Eloy Candela, Antonio Mogica, Gaspar de las Heras, Antonio Torres, Luis Díaz, Sabas Arrigote, Porfirio Rodríguez, José Linares, Julián Diéguez, Antonio Suárez, Pedro Perea, Miguel Lorenzo, Rómulo Lorenzo, José Luis Vives, Vicente Antonio Barberán, Francisco González, Mariano Asenjo, José y Tomás Serrano Capdepón, Antonio Medrano, Pedro Guillén, Guillermo Rodríguez, Manuel Torres, Juan Artiles, Emilio Rodríguez, Jesús Rodríguez, Francisco José Rodríguez, Luis García, BIas Garcia, Juan García, Pedro Vinué, Luis Guimerá, Ernesto López, Joaquín Cabrera, Ramón Pacreu., Antonio Pérez, Matías Silva, Joaquín Bish Medina, Francisco Navarro, Manuel López, Jerónimo Sáenz de Tejada y José María Gómez Vilabella.”
-.-










Colaborando co Ejército,
na paz e na guerra.
-.-

Fotos testemuñais da Guerra de Ifni



Dificil apuntar pois as xilabas camuflábanse coa paisaxe.




Carmen Sevilla, la Deseada.








El Páter, en las líneas del frente.




Eles, retirando os seus.


Os nosos, a secar!



Os sobreviventes


De erros non se librou nin o Canarias,
que lle deron mal os datos dunha posición inimiga...,
e apuntou ás nosas!




Defendiendo la ciudad de Sidi Ifni



Desfilando por diante do cine Avenida,
¡os que quedaron!
.../...

Pasa a
DE MOUROS E CRISTIÁNS
-III-

No hay comentarios: