lunes, 27 de mayo de 2013

A SUBXECTIVIDADE DAS VARAS DE MEDIR -I-




 

 

A subxectividade das varas de medir

 

¡De nenos a vellos temos un gran treito,

pero os medios de transporte son análogos!

 

Xosé María Gómez Vilabella

 

Nas Vodas de Ouro.

As primeiras, as iniciais, as nupciais, foron un trece, trece e martes, a 3.000 quilómetros,

¡e aínda así callaron, resultaron!

-.-

 

 

Hai que verse nelas

para entendelas.

Hai que chegar a vello

para entende-los nenos.

¡Hai que ser obxectivos,

que é un mandato divino!

En definitiva:

Hai que ser o que realmente se é,

cada quen nas súas circunstancias,

caretas á parte,

medir e medirse con humildade,

¡coa vara do veciño!

 

¿Que faríamos, como seríamos,

de vernos no seu cabalo?

¡Só medidos deste xeito

comprenderemos

a nosa dimensión,

a humana,

a verdadeira,

a real!

 

Xosé María Gómez Vilabella

 

 

1 Pedro 1: 22,25; 2: 1,3

 

“Xa que a purificación do voso interior coa aceptación da Verdade vos levou a querervos sinceramente, coma irmáns, querédevos ben uns ós outros, de corazón e con constancia. Porque volvestes a nacer, non dunha semente perecedoira, senón dunha imperecedoira: volvestes a nacer por medio da Palabra vivificadora e permanente de Deus. Porque todo mortal é coma unha herba, e toda a súa beleza coma a flor dunha herba: secou a herba e caeu a flor. En troques, a palabra do Señor permanece para sempre. Ora, esa é a palabra conque vos evanxelizaron. Vos sodes unha raza nova, escollida, sacerdocio de reis, nación santa. Así que, espídevos de toda maldade, de toda mesquindade e finximento, da envexa e de falar mal dos outros. Como nenos que acaban de nacer, ansiade o leite puro, o espiritual, o que recibistes no bautismo, para medrardes con el en orde á salvación, xa que probáste-lo bo que é o Señor”.

-.-

 

 

¡Somos da verdade, pero non acougamos nela; toleáronnos as mentiras de Lucifer, pero despois diso, séculos despois, recibimos, do Mestre, a verdade; ¡volvemos ela! ¡Daquela,  sexamos fieis á verdade!

-.-

 

 

Como humanos que somos, tivemos/temos tres vidas: Aquela do Paraíso, que no la escacharrou a soberbia, pois pola soberbia fixemos un mal uso do noso libre albedrío, ¡cousa, poder, que só tiñan os anxos! Do Paraíso pasamos ás cavernas, con praza reservada no inferno. E por último, de presente, grazas ao fillo de Deus, que de parte de seu Pai, co seu ensino, co bautizo e coa súa Paixón, indultounos, abriunos as portas doutro Paraíso, do definitivo..., ¡para a alma! ¡Iso si, se non volvemos a caer na soberbia!

-.-

 

 

Lucas 21: 33

 

“O ceo (o de minúsculas, o dos astros) e maila terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán”.

-.-

 

Nesta seguridade, con que vara debemos medir, coa subxectiva ou coa obxectiva?

-.-

 

 

Para opinar dunha cousa o primeiro é coñecela. ¿Quen somos, e como somos? ¿De onde vimos, e a onde imos?

 

Deus criounos (Xénese 1 e 2). No 1: 26, e seguintes: “Despois díxose Deus: Imos face-lo home á nosa imaxe e á nosa semellanza...etc”. No 2: 1 e seguintes: “Quedaron así rematados o ceo e a terra e tódolos elementos..., etc”. No 2: 15, 17: “O Señor Deus estableceu ó home no xardín de Edén, para que o traballase e o coidase. E deulle esta orde: Podes comer do froito das árbores todas do xardín pero da árbore do coñecemento do ben e do mal non comerás, pois en canto comas dela de certo morrerás”.

 

Reflexión: Aquela prohibición (fose do que fose, e fose como fose) indicaba o límite da condición humana, ao tempo que supón que nas normas que obrigan aos homes está Deus. ¡Pero tiñan libre albedrío, que era outra facultade que lles dera o Creador; infinitamente bo, xeneroso e omnipotente! Nisto viu o Maligno unha ocasión propicia para seguir enfrontándose a Deus, así que escaravellou na soberbia da nosa Eva, e utilizouna para enfrontarse ao Creador; ¡para iso, e por iso, pasounos, pasámonos, ao seu partido, ao partido da malicia, e por tanto, ao da nosa perdición!

 

¿Ampliar esta lección, se temos esa curiosidade? ¡Nin sei, nin falta que nos fai: Para iso está o Ceo, o de maiúsculas, así que, paciencia, que para salvarnos sabemos abondo, e nos Evanxeos temos por onde documentarnos..., se lles prestamos atención!

-.-

Do Edén ás cavernas!

 

Para comezar: ¡A transmisión! Foi inevitable, simple e sinxelamente porque aqueles avós xeraron os fillos despois do pecado, así que na súa semente (corpo e alma) recibimos a súa herdanza, a súa participación nefasta. ¡Para que haxa quen opine que nos abortos provocados non hai crime: son a morte dunha persoa, que xa o é;  foino, desde o principio!

-.-

No Edén xa sabíamos medir, xa sabíamos elixir, pero fixémolo coa vara equivocada.

 

 

Estas mazás son das boas..., que trouxen a raza de Villaviciosa,

de cerca da Covadonga,

por certo que ben aconsellados.

 

 ¡Pero coidado cos consellos..., se non coñecemos a intención do conselleiro!

 

-oOo-

Puntos de apoio mental

 

E non só estes, pois nos Evanxeos temos un almacén de muletas, que nos axudarán a camiñar dereitos..., con tal de que así queiramos facelo!

 

Se fallamos en recoñecer o honor que lle debemos a Deus pola súa paternidade divina, isto levaranos directamente ao camiño da rebelión. Así, se a Eva e mailo seu Adán fosen agradecidos, máis agradecidos que soberbios, por moito que lles soprase o diabro non estarían tan propensos naquela debilidade. Por moito que os provocase o anxo rebelde, diríanlle: Temos moito recibido, e todo gratis, que só se nos puxo unha condición, e para iso elemental, pois temos de sobra co resto do Edén. Non lle aceptamos este xogo, esta lotería, antes de ver as bolas, que aínda non son tempos do Straperlo; e a onde non cheguemos, para iso está o Creador, que lle podemos preguntar; El, se o ten a ben, xa nos dará as explicacións do caso. Por se isto fose pouco, señor Tentador, saiba que entrar no prohibido é roubar, roubar ao Xefe da nosa Empresa, facerlle a competencia. Máis é, que se ti, esta besta que nos fala, te levases ben co Creador arestora non estarías arrastrándote polo chan, e de paso que pasas, de paso que te arrastras, estás invitándonos a unha sublevación. ¡Maldita sexas, serpe do diabro, que nos vés con consellos máis propios dunha serpe que dun anxo!

 

A situación estaba clara, pero a maldita soberbia, a ambición desmedida, cegounos!

 

Mirade se é desgraciado ese tentador, ese rebelde, ese sublevado, que, non contento coa fraxilidade daquela parelliña, volve ás andadas con  nós, cos netos da Eva, que incluso se atreveu co Fillo de Deus feito Home. (Mateo, 4: 1, 11; Lucas, 4: 1, 13; etc). ¡Cave ne cadas! Xa nolo aconsellou Xesús cando nos ensinou a rezar, a pedir: “... non nos deixes caer na tentación...” ¿Temos libre albedrío, seguimos téndoo? ¡Daquela escollamos o bo, pero fagámolo con humildade e con agradecemento!

«El libre albedrío, aunque hace posible el mal, es también lo único que hace posible cualquier amor, bondad o alegría que valga la pena tener». C.S. Lewis.

 

Se nos paramos a ler o que opinan os teólogos, ¡os estudosos da verdade!, atoparemos un rosario de luces deste tipo:

 

 Ese monstro, ese rebelde incansable, sempre está buscando a maneira de roubarnos o noso sentido da dignidade, coas mesmas malas artes que utilizou coa avoa, con Eva. Daquela, ¿por que nos estraña a caída da avoa xa que con nosoutros obra coas mesmas malas artes, e tamén picamos, e tamén caemos? ¡Veña renegar da Avoa, século a século, e en lembranza dela, da súa debilidade, abusando das mulleres, pero o Adán tamén picou, tamén aceptou, tamén participou, así que, fóra machismos, pois en debilidades, maiormente na soberbia, somos iguais cós nosos entregos!

Reflexión secuencial: Cando estamos absolutamente convencidos do honor que Deus nos prodigou en Cristo, servímolo con entusiasmo, pero cando esquecemos o que Deus nos fixo, ¡nos fixo e nos deu!, estamos destinados, provocamos, causamos, unha nova rebeldía. ¡Témolo claro, e aínda así! O pecado orixinal deixounos intoxicados, pero a vacina tamén nola deu Deus: ¡Está nos Evanxeos! Aquela intoxicación, perdurable, transmitida, é a que explica esa atracción viciosa que tira de nós, que tanto nos inclina ao malo, que tan agradables nos presenta as apetencias nefastas, as medidas falsas. Está claro, pois, que perdura unha loita entre Deus e o diabro, ese insubordinado seu; pero tamén o está que gana, que ganará, Deus. Daquela, ¿por que apostamos a perdedor, por que nos afiliamos ao diabro tendo a certeza de que calquera día o vai pechar Deus nos infernos? O por que aínda non o fixo, só o propio Deus o sabe, así que, no entrementres, nós, ¡co gañador!; e non só por ser gañador, senón porque é o bo, absolutamente bo e misericordioso, que ben demostrado está na predicación, morte e resurrección do seu Fillo, Cristo Xesús!

 Lin unha vez un teólogo, pero non lembro onde, que, máis ou menos, razoaba así: Se che ofrecen un prato de veleno, aínda que estiveses morrendo de fame, comeríalo? Adán e maila súa Eva eran listos de abondo como para refusar unha oferta velenosa. ¡A maldita Serpe sabíao, así que a coaccionou de maneira que pensara que aquel froito era bo para ela: "Non ides morrer, que ben sabe Deus que o día que comades desta árbore abriránsevos os ollos, e seredes tanto coma o propio Deus, distinguindo o ben do mal” (Xen. 3: 4, 5). ¡Que pícaros son os pícaros; e con iso, por que lles chamamos “pícaros” aos nenos cando de feito son..., anxos? ¡Picardía é enganar a un neno; iso si!

O Maligno continúa coa súa estratexia hoxe en día. ¡Lévanos ao pecado convencéndonos de que iso é bo para nosoutros! ¡Canto mentimos, que mal medimos, aínda que nos demos conta de que mentindo destruímos as nosas vidas, o noso porvir! Se vemos que unha acción nos vai facer dano, xeralmente evitámola; daquela, ¿por que sucumbimos ás accións pecaminosas que inevitablemente nos destrúen? ¡Ah, é porque estamos convencidos de que o pecado beneficiaranos! Cremos que o pecado faranos a vida máis levadeira; aínda que sabemos que algúns comportamentos custarannos, de final, unha traxedia, non nos convencemos de que os beneficios inmediatos non compensan o dano final, o definitivo. Esta clase de engano atopámola por todas partes, en tódalas idades, pero tamén en tódolos países. Chegamos a crer que o mal é ben, y que o ben é mal. ¡Maldita herdanza, maldito ofuscamento!

Buscamos o pecado polos seus beneficios, sen decatarnos de que son aparentes; e animamos ao próximo a facer o mesmo. ¡Nun só, dous pecados! ¿De que maneira chegamos a crer estas mentiras? Facémolo da mesma maneira que Eva chegou a crer que o froito prohibido era bo. Nótese o que ela fixo xustamente antes de comer: "A muller reparou que o froito da árbore era saboroso, atraente, e bo ¿...? para adquirir entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu: logo deulle ó seu home, e tamén el comeu”. (Xénese 3: 6).

Facilmente pasamos por alto a importancia do desenrolo destes acontecementos porque vivimos nunha época que nos anima a investiga-las cousas do mundo por nosoutros mesmos. Os pais ensinan aos seus fillos a investigar a vida meticulosamente. Os avances científicos demostran o valor dos experimentos y dos descubrimentos que están cheos de creatividade. Desde este punto de vista parece que Eva meramente utilizou os dons dados por Deus para escoller a mellor opción. Pero o fondo da cuestión está en que Eva non utilizou simplemente as súas habilidades, senón que, levada da súa soberbia, e por ende da súa ambición desmedida, ególatra, pura insubordinación, deulles mal uso. En lugar de empregalas razoadamente en consciente submisión á palabra do seu Creador, ela mesma púxose de xuíz supremo. ¿Cabe insubordinación, pretensión, meirande? Ela por si mesma determinou que facer co froito, ¡a pesar da revelación, da advertencia, de Deus!

Agora podemos darnos conta de que maneira a tentación cara ao falso orgullo é tan efectiva. Moita xente non axita o seu puño conscientemente na cara de Dios, pero, ao facelo, salta, pásase, as hostes de Satanás. Coido que poucas persoas pactan conscientemente co diabro, e que en moitos casos a xente ten boas intencións, pero co noso orgullo, e de paso co noso pasotismo, estámonos apartando da verdade, confiando en nós mesmos en lugar de facelo no Santo dos Santos, na misericordia do noso Redentor.

En definitiva, que Deus, ¡sempre paternalmente!, fíxonos dúas mandas (A.T, e N.T.), pero ambas son coincidentes no principal: A terra, por días de vida, séxase, en usufruto, para os soberbios; e o Ceo, para toda a eternidade, aos humildes. ¿Cales vos parece que son os mellorados?

 

A todo isto, se seguísemos conservando aquela inocencia prístina, a do Paraíso, ¿como sería a nosa vara de medir, a de daquela? ¡Perfecta, pero levámoslla ao Fiel Contraste tardiamente, quebrada por aquel trompazo do Pecado Orixinal!

 

-.-

 

 

A nosa segunda personalidade, a pecadenta.

 

¡Uf; esta cheira que apesta: unha vara verde tirada, quitada do esterco que nos botamos enriba, nos mesmos, a humanidade ao completo, a partir daquela xeración empezoñada! ¡Agora si que hai que ter coidado con nós, que xa non somos de fiar!

 

Non me cansarei de lembrar, e por tanto, de citar, a meu avó e padriño, José Gómez Carballedo, tamén coñecido por “O menciñeiro Berlán”, que, na súa profesión de albeite, compatible coa de labrego, tiña amigos e inimigos nunha ducia de parroquias, ¡que ata falaban del no periódico da Fonsagrada “El Tío Pepe”!, moito dicía, moito aconsellaba, que, “Do oído nada crido, e do visto, a metade!”.

 

¿Aconsellaba incredulidade? ¡En absoluto, que ata tiña dous tíos na súa casa, frades dominicos, que o foran do convento de San Cibrao, pero escravizábao a prudencia, a análise persoal do interlocutor, na súa experiencia acerca da facilidade coa que soltamos a lingua, con ou sen coñecemento de causa! Isto polo que respecta ao oído, pero a vista humana é curta, e tamén pode enganarnos.

 

Outro dos meus tubos de ensaio, persoal e profesional, foi, na Banca, aqueles estudios da solvencia dos clientes que pedían préstamos. ¡Nin con lupa se daba chegado ao fondo da maior parte dos simulacros: canto máis ricos, máis tramposos! Pero teño que agradecerlles que, con eles, moita psicoloxía aprendín; non a teño aprobada, pero coido, teño para min, que estou doutorado niso.

 

Mais, ¡coidado!, que non tódalas persoas son mentireiras; tamén as temos tan inocentes que, de enganadas, enganan, e sen decatarse diso! Sorte teñen os curas, que dan a penitencia acorde co confesado, sen ter a obriga, nin a obriga nin a posibilidade, de analizar a fondo os feitos: se son reservados, con dicirllo así ao penitente, misión cumprida.

 

¿Aceleración ou freada? Incrible: En dous séculos pasamos do “Laissez faire et laissez passer, le monde va de lui même” dos franceses, ao pasotismo globalizado actual! ¿Como se mide isto?

 

A verdade é que se pasa facilmente da liberdade á libertinaxe, que a saben manexar e aproveitar para a súa comenencia os máis inmorais da familia, de cada familia, así que algo de freo terá que poñer o Estado (léase, lexislar) para defender e protexer aos débiles, que adoitan ser precisamente os bos, os humildes. Xa é contradición, xa, que teñan que ser os fortes os que teñan o poder, os que defendan aos débiles, pero, como tamén din os franceses, ¡C´est la vie! É unha frase conformista, pero tamén contraditoria pois igualmente sabemos, e dicimos, que o remedio fai falta onde hai enfermidades.

 

A civilización é, debe ser, ten que ser, coma unha lixa para ir eliminando, suavizando, as rugosidades que creou a propia humanidade a partir daquel enfrontamento de Caín contra Abel. ¡Amigos, si, pero a vaquiña polo que vale!, foi un bo invento dos nosos labreguiños para defenderse dos abusos masónicos dos xateiros.

 

O problema sempre está, e sempre estivo, na credulidade dos inocentes. Daquela, Eva era, foi, inocente? Con respecto ao diabro, si; con respecto a Deus, non! Estoume lembrando daquel tendeiro de Lugo, un tal Amaro, que ía polas feiras vendendo..., o que hoxe chamaríamos saldos, e berraba así: “¡Amaro no vende; Amaro regala!”. O seu regalo consistía en que terminaba regalando, aos que lle compraban algo, unha cousa insignificante, tal que un paquetiño de agullas de coser. As nosas avoas, ¡outras Evas!, saían tan ledas daquelas operacións coidando, entendendo, que, efectivamente, lles fixera un regalo; a súa ledicia sobrepoñíase ao calote da compra! ¡A credulidade dos inocentes; a avaricia de recibir, aínda que só sexan agullas para face-los remendos! ¿Trátase de ser desconfiados? ¡Non; non é iso: trátase de ser analistas, de aprender a medir..., de comparar as varas, as nosas coas do ofertante!

 

O home é capaz de adestrar certos animais, pero, ¿quen adestra ao home, muller incluída? O labradío son os xenes, por suposto, que non se pode ignorar a súa importancia, a súa función; pero a labranza é, ten que ser, obra de moitos: pais, avós, tíos e demais parentes; veciños e amigos; sen esquecer o esforzo adaptativo e selectivo do propio interesado. Pero hai máis: Aquí abaixo, o Estado; e aló Arriba, Deus; con Deus, ese secretario individual, o Anxo da nosa Garda. ¡Precisamos de moitos titores, e aínda así, protexidos deles, ese Inimigo do xénero humano vixíanos continuamente, pendente de toda oportunidade para infiltrarse, para levarlle a contraria a Deus.

 

¿Quen mandaba nas cavernas? ¡Seguro que o más forte fisicamente, o mais bruto! Tempo adiante viñeron os gregos, folgazáns eles, pensadores eles, e comezaron a escoller entre os mellores. Non hai pobo ao que a Humanidade non lle deba algo, algún invento, algún pensamento, pero nós, aos gregos, ata lle debemos unha raíña, caladiña e sufrida; ¡Deus llo pague, pola súa humildade! Fixeron falta séculos, ou máis ben milenios, para descubrir que incluso escollendo, ¡votando!, non acertamos con plenitude. (É que os políticos parécense a Amaro; venden facendo que regalan!).

-.-

Para subir ao Ceo hai que ir de cara, e con humildade,

 

 

pois de cu non vemos as consecuencias dos nosos pasos..., e tropézase nada máis romper a camiñar pola vida.

 

¿Está lonxe o Ceo? ¡Para os soberbios, si! Só hai dez chanzos, dez mandamentos, pero Deus tira de nós para arriba, e o diabro para abaixo, así que todo depende de a cal lle demos a nosa man; séxase, cara a onde miremos. ¡O de sempre: cuestión de medidas!

 

Nunha ocasión dixen que hai once; ¡si, once, pois á marxe dos dez, ou como complemento deles, está o de resarcir polos danos causados! O camiño do Ceo évos precioso; ¡canto máis repaso nos Evanxeos máis seguro o teño! ¿Pero, señor Xosé María, aínda así dubida? ¡É que tamén teño libre albedrío, e pásame o que á Avoa: quero máis! A miña esperanza está en que rezo tódolos días..., “... non nos deixes caer na tentación, e líbranos do mal. Amén!”. Teño que vacinarme, teño que volver a Marcos 8:34,  38, que lle oíu dicir ao Mestre: “-Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, cargue coa súa cruz, e que me siga. Pois o que queira poñer a salvo a súa vida, perderaa; pero quen perde a súa vida pola miña causa e pola do Evanxeo, ese poñeraa a salvo. Pois, ¿de que lle serve o home gaña-lo mundo enteiro, se perde a súa vida? Porque quen se avergoñe de min e das miñas palabras , nesta xeración idólatra e pecadora, tamén o Fillo do Home se avergoñará del cando veña na gloria de seu Pai, entre os santos anxos”.

 

¿Avergoñarse das palabras de Cristo, avergoñarse da verdade? ¡Deus nos libre de tal!

 

Tivemos un Mestre que nos ensinou a medir, pero tamén unha Mestra, que nos predicou con humildade divina: “Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches”. (Lucas 1: 38). ¡Que ben o entendeu o arcebispo Santiago Agrelo para dicir, no seu artigo “Fijos los ojos en el Cielo”, publicado en Galicia Digital: “... Comulgar y caminar, como la Virgen María, la más pequeña entre los humildes, la más de todos entre los necesitados, la más de Dios entre los hombres”!

-.-

Dereitas ou esquerdas? Votar, ou botar?

 

O ideal, o perfecto, sería votar ao final de cada lexislatura, pero isto é unha utopía, un imposible, así que, ante o irremediable, encomendarse a Deus!

 

Eu tiven na familia, aínda que non o cheguei a coñecer, un semideus: ¡Nicolás Salmerón y Alonso, sogro de miña tía-avoa Hortensia Ramona Lombardero San Miguel, aquí enterrada, neste panteón do Cemiterio Civil de Madrid, onde só podíamos ir a rezar en presencia unha vez ao ano, o Día de Defuntos; tíñao prohibido Don Francisco! Lóxico: Un matón escandalízase de que alguén mate, ou deixe matar, ou mande matar, salvo que se apelide Franco!

 

 

¿Semideus? Só alguén que así fose, alguén con tales virtudes, naqueles tempos, deixaría o poder..., ¡por negarse a firmar sentenzas de morte, un precedente do que pouco se leva falado!

 

Pero Salmerón está no Ceo, e aquí abaixo seguimos esperando por outro parecido; ¡si, para darlle o voto!

-.-

 

 

O Estado ideal?

 

¿Houbo algún, tivemos algún? ¿Listas abertas, ou cerradas? ¡Moito lle debemos a esa Institución, pero aínda admite melloras! ¿Acaso con listas abertas...? As dúas teñen vantaxes e inconvenientes, así que será cousa de inventar unha terceira fórmula para que podamos sentirnos, estar, mellor rexidos e mellor representados. ¡Que nos representen os mellores, os superdotados, os honestos, eses de conciencia recta e madura..., que habelos hainos, pero, ¿onde están, por que se esconden nos anonimatos dos seus partidos? ¡Deus, querido Xesús, querido Mestre, xa pasaron vinte séculos, e aínda estamos verdes; axúdanos a madurar coa fraternidade, coa calor da túa verdade!

 

Certo é que o mellor escribán pode botar un borrón, pero..., se para todo se precisa un noviciado, para político farían falta tres carreiras: Socioloxía, Económicas, e ..., votos! Pero que sexan votos deles, antes cós nosos, prometendo o xurando que nos van facer leis xustas, xustas e prudentes. Igual que Salmerón deixou o poder por negarse a firmar sentenzas de morte, se os de agora non están dispostos a ser exemplares, que se vaian tamén, que emigren, ou que se dediquen a escribir comedias, xa que esa vén sendo a súa especialidade.

 

Din por aí, ¿e será certo?, que o actual sistema premia a fidelidade ao partido, ¡máis que ao votante! Vimos afeitos a un tipo de políticos que chegan arriba, (ao “arriba” con minúsculas), pola súa capacidade de medrar dentro da estrutura do seu partido, máis que polas súas ideas, ou pola súa valía, pola súa capacidade de traballo, etc. ¡Claro que, moito e ben, non o fai ninguén!

 

Esta referencia é das varas coas que medimos, nós, os votantes, pero, as deles?

 

 

 

 

Esta terra, esta onde desembarcou Noé, (Noia), está tan ben situada, nesta encrucillada de rutas, tanto, que resultou apetitosa para ducias de razas, para ducias de pobos, así que as consecuencias á vista as temos: un cóctel racista, e por tanto ideolóxico, que nin os vinte séculos do cristianismo foron capaces de moderarnos, de compatibilizarnos. ¿Cantos faltan...? ¡Isto hai que preguntarllo a Deus!

 

Pero aquilo foi Atapuerca... ¡Porca tiña que ser..., outra avoa, a nosa!

 

¿En Atapuerca? ¡Non; na cova da Valiña, que é a nosa!

 

Mentres agardamos pola madurez, nin os agora chamados hispanos, nin os sucesivos gobernantes, foron, nin son, capaces de lexislar a gusto de todos; así que, entre os seus fallos, e maila nosa diverxencia, unha torre de Babel, outra!

 

Aló na Idade Media os guerreiros seica lle pedían ao Boanerges, ao Fillo do trono: “¡Santiago, cerra, pecha España!”. ¿Para que, para que non viñesen máis, ou para que se fosen os intrusos?

¡Intrusos, ou fillos de intrusos, éramos todos, coa excepción dalgún cavernícola, e para iso..., ¡cavernícula!

 

¿Que tivemos malos gobernantes? Pero, mereciámo-los mellores? ¿Queredes probas? ¡Pois botádelle unha ollada aos países por nós conquistados, colonizados, ¿civilizados? En América os ingleses, como a súa illa era pequeneira, mataban indios para amplia-la tenza; ¿e nos, que? ¡Ademais de fornicar, mestizaxe, roubar; non si, querida Torre del Oro? ¡E todo iso iniciado, propiciado, baixo os auspicios dunha raíña que se tiña por católica! Seica a queren canonizar... ¡Pois iso sería o colmo de tódolos colmos!

 

Coido que os fillos aínda non verán esta civilización peninsular tan esperada, tan esperada e tan necesaria; ¡a ver se os netos...!

-.-

 

Cada raza e cada país teñen unha idiosincrasia especial, particular...

 

pero a nosa, a dos españois, é multiforme. Que oportuno aquilo de Unamuno cando lle preguntaron a súa opinión sobre España (é certo que pasou, pois confirmoumo o seu neto Miguel, Médico, gran amigo meu). Unamuno pensouno un pouquiño, ¡era o seu hábito, pensar antes de opinar!, e con toda sorna respondeu, mirando ao ceo: “¡Que país, que paisaje..., y que paisanaje!”.

 

 

Miguel Quiroga de Unamuno, comendo na miña casa, co xesto meditabundo herdado de seu avó.

 

Idiosincrasia: do grego idios, peculiar, persoal + synkrasis, temperamento.

 

¿Que non, que non teño razón; nin eu, nin Unamuno? ¡Pois invítovos a que presenciedes unha ducia de sesións do noso Parlamento; ¡non parlan, discuten! Co tempo que dedicamos a discutir, eu faría zocas para media humanidade; ¡e con iso, adeus catarros!

 

Para máis certeza: Collamos unha ducia de libros de Historia, (menos non vale, porque todos opinan na tona, sen baixarse ao fondo dos episodios), e decatarémonos de que o noventa e nove por cen dos tesouros roubados en América destinámolos a facer guerras, ou a participar nelas, mentres os nosos reis ían de..., diso, de caza! Co resto, por non pararnos a facelas, mercamos sabas de Holanda. ¡Deus, que país, que paisaxe, e que paisanaxe!

 

Pero volvamos, ou sigamos, na nosa idiosincrasia, comezando tal que pola obediencia á lei: Sendo, como somos, un pan de vinte, ¡ou trinta!, fermentos, ¿como cabe esperar que nos gusten as leis, esas leis que nos igualan nas súas esixencias? ¡A mesma distancia que dunhas zocas a unhas avarcas menorquinas!  

 

Na última Constitución dividíronnos en Autonomías... ¡Divididos xa estabamos; o que aínda ninguén conseguiu foi emparentarnos, atraernos a unha causa común, pacífica e próspera! Por vestir diferente, por calzar diferente, ou por falar tal e como o facía a nai que nos pariu, ¿temos que ser inimigos, facer paredes entre leira e leira? ¡Deus nos libre de tal! Caín e Abel eran irmáns, pero levábanse mal, peor có can e mailo gato. Sobre a Fraternidade Humana leamos ao Papa Francisco, que ten demostrado que é un especialista nisto, tamén nisto!

 

-.-

 

 

A meticulosidade das mulleres

 

As comparacións sempre son odiosas por inexactas xa que non hai dous seres idénticos, nin sequera entre individuos do mesmo sexo, pero si que admitimos que a distribución dos roles ao longo dos séculos, así como a tenrura da maternidade, algún selo, algunha particularidade, foron imprimindo, e aínda son visibles, perceptibles, como é o caso da especial sensibilidade e meticulosidade, do perfeccionismo, calidades, ¡ou defectos!, no que nos ganan as mulleres.

 

Sobre o perfeccionismo apelo a este artigo do The Huffington Post que enumera catorce signos nos que coincido bastante:

 

1.- Siempre estás dispuesta/to a agradar: se trata de una conducta que se cultiva desde la niñez, y que es incentivada por padres y profesores. Funciona con el mecanismo de premio-castigo: si alcanzas grandes logros, te recompensan; si no tienes un buen desempeño, recibes una sanción. Como consecuencia, a las personas perfeccionistas siempre les entusiasma impresionar a los demás. El problema es que cuando no lo hacen, las invade la frustración e inseguridad.

2.- Sabes que buscar la perfección te hace daño, pero crees que es el precio que debes pagar por el éxito: "sin dolor no hay ganancia" es el lema que prima en la mentalidad de quienes son perfeccionistas. Así, están dispuestos a hacer un gran esfuerzo para evitar ser mediocres o "del montón", incluso si para ello deben regirse por normas que a ojos de los demás son estresantes y poco razonables.

3.- Te gusta dilatar: el perfeccionismo está muy relacionado con el miedo al fracaso. De esta manera, muchos perfeccionistas tienden a posponer tareas u obligaciones como una forma de anticiparse a la desaprobación de los demás.

4.- Criticas a los otros: juzgar a los demás es un mecanismo de defensa muy común: rechazamos en los otros lo que no podemos aceptar en nosotros mismos. Y los perfeccionistas son expertos en esto, además de ser muy exigentes y tener dificultades para ver más allá de su ojo crítico.

5.- Apuntas siempre a lo grande: las personas perfeccionistas comúnmente se embarcan en los proyectos que de seguro serán exitosos. Si no lo creen así, prefieren evitarlos, es decir, tienen aversión al riesgo. Asimismo, viven su vida con la regla del "todo o nada": si se les mete una cosa en la cabeza, su empuje y ambición los pueden llevar a no detenerse ante nada con tal de lograr lo que pretenden.

6.- Te cuesta abrirte hacia los demás: debido a su intenso miedo a equivocarse y ser rechazados, a quienes son perfeccionistas les es difícil verse expuestos o vulnerables. Por esta razón, evitan hablar de sus miedos personales, inseguridades o decepciones, incluso con sus más cercanos. 7.- Lloras sobre la leche derramada, aunque sabes que no debes hacerlo: las personas que buscan la perfección tienden a obsesionarse con cada pequeño error. El problema es que al enfocarse en ellos e intentar evitarlos, cada vez que cometen uno lo toman como un gran fracaso personal.

8.- Tomas todo a modo personal: el pensamiento "no soy lo suficientemente buena/no" abunda en la mente de quienes son perfeccionistas. Esto debido a que en lugar de sobreponerse a las dificultades y errores, estos las/los vencen, haciéndoles pensar continuamente que ellas/ellos son el problema.

9.- Te pones a la defensiva cuando te critican: es fácil detectar a una persona perfeccionista cuando en una conversación "saltan" a defenderse ante el más mínimo atisbo de crítica o amenaza. Su objetivo es proteger su frágil imagen personal y la forma en que los otros la/lo ven.

10.- Sientes que nunca es suficiente: encontrar la perfección es imposible y es por esto que las/los perfeccionistas tienden a tener el sentimiento constante de que algo les falta y que hagan lo que hagan no logran el éxito que desean. Así, su motivación permanente es concretar sus "pendientes".

11.- Ser del "montón" te pone nerviosa/so: quienes son perfeccionistas no aceptan ser buenos o estar dentro del promedio. Siempre quieren destacar por sobre el resto y ser consideradas/dos las/los mejores.

12.- Disfrutas con los errores de los otros: cuando otra persona es la que se equivoca, las/los perfeccionistas sienten alivio e incluso placer. En otras palabras, los errores de los otros hacen que las/los perfeccionistas se sientan mejor sobre sí mismas/mos.

13.- Sientes nostalgia de tu época escolar: en el colegio el éxito es cuantificable: notas, profesores que le tienen "barra" a quienes les va bien, etc. Y ese ambiente es agradable para la mayoría de los perfeccionistas. En cambio, en el mundo real, el éxito se mide de manera diferente.

14.- Tienes un alma culpable: el perfeccionismo está muy relacionado con la depresión, la ansiedad, la vergüenza y la culpa. ¿La razón? Los perfeccionistas no son auténticos, no dejan que los otros los vean como realmente son, tienen una especie de escudo que les impide mostrar su vulnerabilidad.

-.-

 

 

 

 

Os preitos en Galicia (os predominantes) sempre foron eróticos: ¡De amor, de amor ao terruño..., ás leiras!

 

Deste cariño, desta querenza, segundo as estatísticas, arrincaron a maioría das desavinzas. ¿Celos? ¡Pois claro, que onde non hai amor os celos sobran! A cousa, o litixio, seica comezou

con aquilo de que os romanos só lles concedían aos suevos a terceira parte dos territorios desocupados (¡abandonados!). Algúns eran, e aínda son, boísimos: Bergland e Suegos, en Lugo; Suevos, na Coruña; etc.

 

Os terzos de mellora veñen daqueles foedus romanos polos que concedían aos invasores a terceira parte das terras, ¡pero nas desocupadas! Co tempo, en vez de sobrantes os morgados premiáronse co terzo de mellora, ¡na casa e nos seus arredores! Pero logo apareceron os señoríos, e cos señoríos os foros, así que o cultivo do Paraíso, ¡do noso!, pasou de privilexio a penitencia.

 

Cerramentos de fincas: ¡Cada leira, catro murallas, que non chegaba facelo con marcos..., porque os marcos son cambiables, mudables!

 

 

Pero isto das murallas non vén dos suevos senón dos romanos..., ¡para pechar os seus tesouros! ¿Que tesouros? Para os romanos, ouro e prata; para os suevos, leiras e vacas!

 

¿Por que foron tan frecuentes en Galicia os preitos sobre lindes e servidumes de paso? ¡O dito: celos, amores sublimes, en xeral polo arraigo que lle tiñamos á terra, á nosa, e coa nosa, a dos nosos entregos; o pan de cada día! Ben nolo dicían os Xitanos nas súas maldicións: “¡Pleitos tengas..., y los ganes!”. Mirade se fomos especialistas en preitos que íamos a dous avogados: Ao primeiro deles poñéndonos no lugar do contrincante, expoñéndolle como nosos os argumentos do contrario; e despois, con esta experiencia, con esta sabedoría, xa podíamos acudir ao noso, ao noso apoderado. ¡Para listos, para suaves, nós, os galegos; como que vimos dos suevos, nunha alta porcentaxe!

 

Hoxe en día, cando saio de mozas co meu coche, quero dicir, de paisaxes, moitas decepcións me levo: ¡Solteironas, quero dicir, terras abandonadas, cheirando a eucalipto, que nin que estivesen acatarradas! En parte tiveron a culpa aquelas becas baseadas na contribución, que non nos saberes, pois serviron para converter labreguiños en avogados, pero como, co abandono das terras tamén se abandonaron os preitos, agora, un paso máis: ¡De avogados a políticos! Seica hai bancos de terras... ¡Si, en efecto, hai terras de sobra para asenta-los bancos, os bancos onde repousan, e contan contos, os nosos vellos!

-.-

 

 

Próximo non é o que está cerca senón aquel que temos cerca, aquel que queremos ter cerca.

 

O cerebro adoita medir con medidas de comenencia, pero o corazón, coas proximidades afectivas, late, acelera, emociónase, achégase, acurta as distancias. O caso é que fan falta os dous órganos, pois non é igual achegarse ás pombas que ás pinchorras.

 

Pero voulle dar a palabra a Lucas, que llo escoitou ao Mestre, ¡e tampouco é igual oír que escoitar! No seu 6: 32, 38: “Se amades ós que vos aman, ¿que facedes de máis? Os pecadores tamén aman ós que os aman a eles. E se lles facedes ben os que vos fan ben, ¿que mérito tedes? Os pecadores fan outro tanto. E, se non emprestades máis que cando esperades cobrar, ¡poucas gracias! Os pecadores tamén se emprestan entre eles para cobraren despois outro tanto. Vosoutros non; vós amade ós vosos inimigos, facede o ben e emprestade sen esperardes nada a cambio. (Xesús meu, que ben coñecías a Banca, que daquela xa estaba inventada!). Así teredes unha gran recompensa e seredes fillos do Altísimo, pois El é bo cos malos e desagradecidos. Sede compasivos como o voso Pai é compasivo. Non xulguedes, e non vos xulgarán; non condenedes, e non vos condenarán; perdoade, e hanvos perdoar. Dade, e darásevos a vos: unha boa medida -acugulada, rebordada, apertada- seravos botada no voso regazo, pois coa medida que midades hanvos medir a vós”. ¡Aquí temos a mellor advertencia para escoller as varas de medir, non si?

 

Disto podemos tirar a lot of de reflexións, que dirían os ingleses, tan comerciais eles, pero unha delas é ben clara, sinxela: Os amigos poden facernos favores, útiles, importantes, pero os inimigos fánnolos mellores, aínda sen querer, pois é máis meritorio servilos, e logo que sempre nos estimulan: ¿Que falan mal de nós? ¡Outro acicate para subir máis, para mellorar, para subir ao Ceo, que é onde máis se valoran as cruces!

 

No Noso Pai temos un forte compromiso, outro: “... perdoa as nosas ofensas, como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido...” ¿Que non é compromiso? ¡Vaia se o é: Un pacto co noso Creador, e de paso co seu Fillo, noso Redentor! Incluso nos permite poñe-las condicións: “...como tamén perdoamos nós...” ¡Isto si que é medir coa vara axeitada!

-.-

 

O sorriso hipócrita dos locutores cando relatan dramas

 

Nesas ocasións lévame o demo velos sorrir. ¿Cando xurdirá un director de orquestra que os atempere co relatado? Xa que ninguén os censura, comezo eu:

 

Se a cara é o espello da alma, moura ten que ser a alma que sorrí pola ventá da tele en tales ocasións. Dos dramas non se poden facer comedias; Deus nos libre de tal. Tampouco fai falta chorar..., cando non apetece, pero, polo menos, como mínimo, unha cara de circunstancias. Unha das primeiras consecuencias xa é que os nenos, que o imitan todo, o bo pero tamén o malo, con esas experiencias quedan, fanse, insensibles, ante a dor allea.

 

O Avó dicía: Ollos que non ven, corazón que non sinte. ¡Pero na tele vémolos, tanto aos relatores coma os feitos relatados, comentados! Hai que ter coidado con volver a vista atrás, coma se nada pasase; lembremos o caso da muller de Lot:

 

 

Cando pasa algo, o que sexa, temos que tirar leccións diso; non valen ignorancias, non vale esconde-los dramas: hai que tirar, deles, a lección pertinente; e sufrilos participando no sufrimento do próximo, que así resultarán educativos..., para aprender en cabeza allea!

 

O polo oposto, pero igualmente nefasto, témolo nas escenas dos veciños dos criminais que, cando os periodistas lles preguntan polos interfeutos, eses tales, diante da cámara, cambian de lugar, de veciñanza: “-Non sei nada malo deles; comigo nunca se meteron!”. O que non queira declarar, nin a favor nin en contra, que cerre o postigo, que se quede dentro. Non é bo, nin bo nin xusto, interferir na xustiza, acusar sen necesidade nin fundamente, pero tampouco é lícito encubrir as inxustizas. A paz búscase mellor buscando a verdade, contribuíndo a fomentala.

 

Hai unha virtude que se chama “naturalidade”, pero non adoitan poñela nos libros. Naturalidade é vivir o presente, ¡tal e como se presente! Se é malo, podemos convertelo en bo ofrecéndollo a Deus como penitencia polas nosas faltas, que así se converten as bágoas en perlas: “Señor meu, e Deus meu, dáme penitencia en vida, e na morte salvación, que se morro esta noite me sirva de confesión!”.

-.-

 

 

Del dicho al hecho hay un gran trecho

 

Niso, ¡niso e noutras cousas, tamén!, teñen razón os casteláns; os pobres criáronse encastelados, así que teñen un certo illamento da realidade, pero neste dito acertan! Con este dito afirman, e recrean, as súas circunstancias: eles encastelados, e ao redor, todo chan; pero non, non é así, pois o treito está, medra, segundo se mida, coas mans, ou cos ollos.

 

Cando hai sinceridade, os ditos igualan aos feitos. O que dicía, o que nos predicou Xesús, coincidía rigorosamente cos seus feitos. O noso privilexio foi ter de Mestre ao propio fillo de Deus, e nin así o acatamos! Aí tedes, por poñer un exemplo, aos musulmáns, que acatan rigorosamente ao seu Muhammad, ¡e iso só que era, que so foi, un político; pero moi hábil, moi convincente! Haberá que dicirlle ao discípulo daquel Nestor, entre outras cousas, que os tempos cambiaron, que xa non é perigoso o jalufo..., que xa curamos a triquinose dos porcos!

 

¡A sinceridade; que escasa é, que pouco abunda, pero tamén ocorre que adoita ser perigosa neste mundo endemoñado! Por veces hai que esconde-la verdade, que é tanto como envaiña-la nosa arma. Claro que sen defende-la verdade non hai martirios; ¿verdade que iso foi o que che pasou a ti, San José María Díaz Sanjurjo, tío-avó da miña dona, mártir en Ton-King?

 

 

Cumpri-las promesas, miña querida Xosefina, ¡que grato é! Tres mil quilómetros, do Rois de Lugo ao Sidi Ifni da África Occidental, e casei contigo, ¡un trece, un martes, por poderes!, tan pronto pasou aquel siroco da peste bubónica. O peor foi durmir só: deiteime para a sexta, e non espertei ata as dúas da mañá, ¡desde que xa deran a cea no meu hotel, naquel Suerte Loca, que para min foi unha sorte Corda, pois aos poucos chegaría Iberia, e na Iberia unha Estrela.

 

¿Tres mil quilómetros; un gran treito? ¡Que va; o meu corazón e mailo teu sempre estiveron xuntos; e non só iso, que tamén me prometiches pedirlle a Deus que nos teña xuntos Aló Arriba, nunha desas escolas do Ceo, a Mestra da Normal co mestre de a ferrado! ¡Singular parella, non si?

-.-

A distancia dos fillos aos pais é meirande cá existente entre pais e fillos.

 

Pode haber excepcións, deformidades mentais, pero, en xeral, si: Os fillos son cousa nosa, extremidade corporal nosa, ramificacións, algo así coma as rosas da roseira, que van caendo pero perduran os pinchos, as espiñas do seu baleiro.

 

Co pai non tiveron cordón umbilical pero si afectivo; na súa responsabilidade de proxenitores, na chamada do sangue, dáse unha vinculación que vén do Deus Creador, do Pai protector; pero cando hai desavinzas, malo, que estragan o corazón, e amargan a vida.

 

Os pais, se fixese falta, darían a vida por nós. ¿Os fillos? ¡A veces, si, tamén, pero non sempre! Os fillos son algo así coma a froita caída da árbore, disposta a reproducirse, a xerminar, pero non se volve atrás, non volve ao tronco, mira e atende ao seu porvir, que tamén é natural, básico para a súa subsistencia.

 

Dos pais, ademais dos xenes, recibimos a nosa modulación inicial, básica, sobre a que asentaremos o futuro, eses cultivos cos que amasaremos o noso pan de cada día, a nosa moral, eses goces vitais que nos darán fortaleza para resistir, e sobrepoñernos, ás caídas deste vivir térreo, tan abrupto.

 

Sempre houbo máis agradecemento, máis empatía, no que dá que no que recibe. Dar, ademais dunha obriga é un pracer; ensinounos Deus a facelo, así que é unha virtude, á que chamamos caridade, amor, desprendemento, etc., segundo as circunstancias. O de recibir? ¡Segundo os casos, segundo as circunstancias!

 

Ese egoísmo natural dos fillos, ¡nacen con dereito a recibir!, por veces lévanos á tentación, ¡ou realidade!, de matinar que “A vaca do veciño dá máis leite cá miña”. ¿Que o veciño coida, ampara, instrúe, nutre, aos seus fillos mellor do que o fan os nosos? A envexa non foi a menos desde Caín, pero poucas veces estará xustificada pois non hai pais que, podendo e sabendo, nos neguen o preciso, dentro do que eles teñan, claro. (A envexa, que a temos por pecado, por veces é boa, pois fai de estímulo para puír os nosos comportamentos).

 

Cando os bos fillos perden aos bos pais, que por lei natural adoitan subir con antelación, desfanse en bágoas: Nese momento, nese ¡Deica logo!,  é cando revisamos as medicións das nosas varas, cando abrimos os ollos..., precisa e oportunamente coas bágoas! (A min, neste intre, vólvenme a repuntar, pois estoume vendo, alí no presbiterio de Montecubeiro, xunto cos cregos, na despedida de meu pai, que foi cando lle dixen, así, en público, na miña oración fúnebre: “Meu querido pai, ensináchesnos a ler, e tamén a rezar; así o fago a tal momento, dándoche as gracias con todo o meu cariño filial..., á vez que che pido que, desde Aí, desde Arriba, nos sigas educando e protexendo!”).

 

Igrexa de Montecubeiro. ¡Non está baleira, pois no chan están os enterramentos antigos, e no aire millóns de oracións de toda a freguesía, comezando por aqueles frades que a levantaron!

No Altar Maior a imaxe da Virxe Milagrosa, doazón nosa cando nos salvou a vida naquel atentado dos mouros, en Safí.

-.-

 

Teño que poñer esta fotografía para demostrar que durmín catro anos encima do tesouro de España, e con iso e con todo, nunca me atafegaron os cartos.

 

Meu primo, José Lombardero Gómez, como Conserxe do Banco de España gozaba do pavillón núm. 20, na Cibeles, pero no verán, ata que chegaba o día de saír de vacacións para Castroverde,  o noso gozo caía nun pozo pola calor que nos metían aquelas azoteas, e como daquela non se estilaba andar mal vestidos, con escaparlle ao diñeiro, con subirse á azotea vestidos de gala, refrixeración. ¿Total? ¡Non; parcial!

 

¿Como se medía o tufo daquel diñeiro? ¡Vóuvolo contar! Cando se construíu este edificio, ou máis exactamente unha das súas ampliacións, tívose por obstáculo que o “arroyo” Abroñigal baixase esquinando o solar elixido, pero a solución foi práctica: Entubar o rego, pero con tal arte e de tal forma que, en caso de atraco, os directivos do Banco podían abrir unha especie de comporta..., e inundar o soto da prata! Daquela o tesouro era así, precisamente en ouro e prata, así que non había deterioro posible. Por último, na ampliación do ano 1934, ampliouse a cámara subterránea, onde Yamoz contou co asesoramento dos arquitectos Pedro Muguruza e Martínez Cumillas, así como co enxeñeiro Peña Boeuf, que entre os tres resolveron aqueles problemas das augas subterráneas. A superficie total da cámara, ¡unha cámara santa!, acada os 2.500 metros cadrados, e o seu blindaxe especial foi construído en Nova York.

 

Aquel problema, hoxe, entre o ouro e maila prata que se foron para Moscú, ¡ademais doutros petos aproveitados!, e logo eses papeliños do euro, convertidos aqueles pavillóns en oficinas, etc., o Banco de España segue sendo de España, pero meu, xa non!

 

En definitiva, que para min foi una riqueza inmensa, inmedible, subir de garabata ás azoteas do Banco de España. No peto non tiña unha cadela, pero, aló abaixo..., aló abaixo estaban, quedaban, os restos do noso tesouro! ¡Nada, que nesta vida todo é relativo, mutable, efémero; pero as lembranzas son..., inconmensurables!

-.-

 

Pasa a

A SUBXECTIVIDASDE DAS VARAS DE MEDIR

-II-

 

Xosé María Gómez Vilabella



No hay comentarios: