QUERIDO MESTRE,
QUE OBRIGADO CHE ESTOU!
Grazas polas túas leccións,
pero,
serei capaz de transmitilas?
Xosé
María Gómez Vilabella
Porque
me redimiches coa túa Paixón, Morte e Resurrección,
pero
tamén,
¡tamén!,
porque,
en Xoán, déchesme en adopción a túa nai,
¡que
agora tamén é miña!
Dáme,
Señor, meu querido Mestre, unha gota de elocuencia para que che faga algo de
apostolado,
que
é o mínimo ao que estou obrigado!
Xoán,
19, 25-27:
“Ó pe da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai (curmá, diríamos
hoxe), María de Cleofás, e mais María a Magdalena. Xesús, vendo a súa nai e,
onda ela, o discípulo a quen amaba, díxolle á nai: -Muller, velaí o teu fillo.
Despois díxolle ó discípulo: Velaí túa
nai. Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el”.
Na
Biblia, de Sept, 19-26: “A escena da cruz representa o cume da
obra de Cristo, cun marcado senso eclesiolóxico. Xesús chámalle muller á súa nai, por relacionala con
Eva, nomeada no Xénese como “a muller” e “a nai dos que viven”. A María vénlle
encomendada unha misión que pertence á obra mesiánica de Xesús. Por iso, a
misión de María ten un senso eclesiolóxico: en María témolo prototipo da
Igrexa. Xoán acolle a María na súa misión, e así nace a nova comunidade
mesiánica”.
As
obrigas
A principal, a primordial,
xenérica, de todo cristián é..., ¡ser
agradecidos! Esta inspiración, esta devoción, xa a tivemos antes de vir
Cristo, pero El, ¡como en tantas outras cousas!, remachounos a lección,
transmitida polos Evanxelistas, aos que lles debemos os testemuños presenciais,
inspirados e animados polo Espírito Santo.
Para comezar estas reflexións
mirémonos no espello da vida: ¿Quen somos, e como somos; a que estamos? Vou
acudir ao gran teólogo, Juán Manuel del Río Lerga, que no seu libro “¿Yo...?
¡Con Jesús de Nazaret!”, ábrenos os ollos:
“El cristiano,
seguidor tuyo (Jesús) por vocación, está llamado a trabajar para hacer posible
un humanismo pleno. El salmo 8 dice del hombre: -“Lo hiciste apenas inferior a un dios” (Sal 8, 4)
“Su meta es la
divinización. No en el sentido de que el hombre se vaya a convertir en Dios,
sino en el sentido de la gloria que el mismo Dios le tiene reservada, al
convertirlo e imagen y semejanza suyas.
“Individual y
socialmente el hombre tiene que impulsar un humanismo tal que todo adquiera una
transcendencia que revalorice no sólo al mismo hombre sino a toda la creación.
“La creación está
sometida al hombre. Esto es un gran honor para la persona humana, pero también
su responsabilidad, y su peligro. No llevar a cabo esta misión sería lo mismo
que frustrar el plan de Dios sobre la creación. ¿No es así, Jesús? De ahí que
siempre habrá que mirarte a ti como el modelo perfecto de hombre. Hombre-puente
que ha unido a Dios con toda la creación. Tú, Jesús, eres la síntesis de la
Creación. De ahí que el cristiano no puede salirse del modelo único, que eres
tú, si de verdad quiere cumplir con su cometido de ser y dar sentido al mundo.
“En ti, Jesús, reside
la plenitud del Espíritu. En ti se une lo divino con lo humano bajo la
soberanía y fuerza del amor de Dios. El cristiano, unido a ti, es un
comunicador y dador de vida. La misma que Dios le ha dado, para que, a su vez,
la comunique a los demás. El cristiano sabe que sin santidad de vida no se es
cristiano.
“La santidad no
consiste en andarse vegetando y flotando por encima de alguna nube, sino en
imitarte y seguirte a ti, Jesús. No hay verdadera santidad si el hombre no
lucha por salir del subdesarrollo, o sacar a los demás del mismo. Porque el
hombre es el responsable de llevar las riendas de la creación y conducirla a
buen término. Para eso Dios le ha dotado de inteligencia, de libertad y de
voluntad.
“Cuanto más
plenamente humano sea el hombre más cerca estará de Dios. El cristiano está
llamado a mantener viva la esperanza, y trabajar por un mundo más humano, donde
todos puedan vivir, al menos, mínimamente bien. El cristiano es un testigo de
la Verdad. Dios es la verdad. Está llamado a tener encendida la luz de la fe, a
pesar de vivir en un mundo atormentado por los conflictos y la violencia.
Precisamente por eso, porque hay tanto desorden, se necesita un esfuerzo mayor.
A la agresividad se responde con la paz. Y al odio con el amor. Sin amor no
puede haber verdadera amistad. Y tú, Jesús, eres el amigo insustituible”.
(Ademais dos seus libros, que é
unha gozada lelos, débolle ao P. Del Río, a título persoal, que fose predicar á
miña parroquia, Montecubeiro).
-.-
San
Mateo.
1.20-25. (e tamén Lucas, no 2, 1-7). “Tal era a súa
resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: -Xosé, fillo de David (descendente del),
non repares en levar contigo a María,
a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo. Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará ó seu pobo de
tódolos seus pecados.
“Todo isto aconteceu para que se
cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta: Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poñeranlle de nome
Emmanuel. (que quere dicir “Deus connosco”).
“Acordou Xosé do seu soño, e fixo
tal como lle mandara o anxo do Señor, levando consigo a súa prometida; e sen
que a tocase, ela deu a luz un fillo. E el púxolle de nome Xesús”.
Aclaracións nominais: Segundo
algúns teólogos, significa o mesmo Xesús que Emmanuel, non ao oído senón ao
sentido. Cristo, ou Mesías, non son nomes senón títulos; outros opinan que
sería máis correcto dicir Cristo Xesús, ou Xesús o Cristo, que nomealo
Xesucristo.
¡Salvará
ao seu pobo; e salvounos! ¿Cabe un obsequio de xenerosidade meirande
cá de perdoar, cá de salvar á descendencia daqueles soberbios da soberbia do
Paraíso que, blasfemando do libre albedrío que lles concedera o Creador,
alzáronse contra Deus pretendendo endeusarse, pasándose ao bando do único
inimigo que tiña o seu Creador? ¡Señor,
póñome de xeonllos, que aínda así é pouco!
Entendámolo: Os anxos tamén teñen o
seu libre albedrío. Son seres espirituais cunha personalidade que inclúe
emocións (Lucas 2: 13-14), intelixencia (2 Corintios 11: 3, 14), e vontade (2
Timoteo 2: 26). Satanás, e con el uns cantos que lle foron adictos, elixiron
pecar (2 Pedro 2: 4). Envexosos dos privilexiados daquel Paraíso..., ¡o que xa
sabemos, pero con Deus non puideron, que nos mostrou o Camiño da nosa
rexeneración!
Abundando
no tema das tentacións:
Cristo, en cando
home, tamén foi tentado (Hebreos 4:15) pero El non cometeu pecado. Xesús tiña a
capacidade de elixir o que quería (Xoán 10: 17-18). Porén, a primeira prioridade
de Xesús sempre foi compracer a Seu Pai, e iso foi o que sempre elixiu (Xoán 4:
34). De igual xeito, os anxos escollidos alaban e serven a Deus ¡porque eles o
elixen!
Daquela, os seres
humanos temos libre albedrío, pero non nos libramos da loita porque a natureza
humana foi danada polo pecado. Esta é a razón pola que nos resulta máis difícil
ser bos que ser malos (Romanos 5: 12). Os santos anxos no teñen esta natureza
pecaminosa, non están inclinados ao pecado, e por iso fan, sen vacilación, todo
o que lle agrada a Deus. Gozan a perpetuidade do Ceo, ese Ceo do que di o
Apocalipse (21: 4 e 27) que alí non hai choros, nin clamor nin dolor; que non
se permite a entrada a quen faga cousas malas..., ¡salvo que as levemos
perdoadas!
Parémonos
a considerar todo isto, pois nisto está, nisto estriba, a nosa salvación. ¡De
xeonllos che pido, Señor, que me tires desde o Ceo un balde de auga bendita,
pois é moito o que teño que lavar, e de limpo, déixame entrar..., para xunto
dos anxos, dos bos, do limpos, dos que nin pecan nin pecaron!
Entrando
no Ceo
O bautismo
Mt.3, 1-3; Mc 1,
2-8; Lc 3, 1-18). ¡Aleluia; ábrensenos as portas do Ceo! Xoán Bautista. “Naqueles días apareceu Xoán Bautista no deserto
proclamando: -Convertédevos. que xa chega o Reino do Ceo. El era de quen dixera
o profeta Isaías: “Unha voz clama no
deserto: Preparade o Camiño do Señor, endereitade os seus vieiros”.
Bautismo
de Xesús
Non tiña que
facelo; El, non. Veu a este mundo, manifestouse, tomando forma humana, pero,
como Fillo de Deus, e por tanto, igualmente Deus, Segunda Persoa da Santísima
Trindade, non tiña nada que lavar, ¡absolutamente!, pero quixo ser Mestre en
todo, darnos exemplaridade en todo. ¡Grazas, Señor; grazas; mais direino na
forma antiga, na completa: “Grazas a
Deus”, que así foi, que así é, e así debe ser!
non era máis que un xeito externo de
manifesta-lo arrepentimento, un símbolo de purificación, ós que tan afeitos
estaban os xudeus. Específico de Xoán é, con todo, que era el ou os seus
discípulos quen bautizaba (nos demais casos era o mesmo suxeito quen se
mergullaba na auga). O bautismo
cristián, en troques, é un xeito de comuñón de Deus co home, “no Espírito
Santo”, lume purificador” (Mt 3, 2). Dito en termos vulgares, mundanos: O Bautismo é a nosa afiliación ao Partido
de Deus!
Daquela, o noso
Credo, o Credo do noso Partido, é este:
Credo
in unum Deum, Patrem omnipoténtem, factórem caeli et terrae; visibílium ómnium
et invisibílium. Et in unum Dóminum Iesum Christum, Fílium Dei unigénitum. Et
ex Patre natum ante ómnia saecula. Deum de Deo, lumen de lúmine, Deum verum de
Deu vero. Génitum, non factum, consubstantiálem Patri: per quem ómnia facta
sunt. Qui propter nos hómines et propter nostram salútem descéndit de caelis. (Xenuflexión).
Et
incarnátus est de Spíritu Sancto ex María Vírgine et homo factus est. Crucifíxus étiam pro nobis: sub Póntio
Piláto passus et sepúltus est. Et resurréxit tértia die, secúndum Scripturas.
Et ascéndit in caelum: sedet ad déxteram Patris. Et íterum ventúrus est cum
gloria iudicáre vivos et mórtuos: cuius regni non erit finis. Et in Spíritum
Sanctum, Dóminum et vivificántem: qui ex Patre Filióque procédit. Qui cum Patre et Filio simul adorátur et
conglorificátur: qui locútus est per Prophétas. Et unam, sanctam, cathólicam et
apostólicam Ecclésiam. Confíteor unum baptísma in remissiónem peccatórum . Et
exspécto resurrectiónem mortuórum. Et vitam ventúri saeculi. Amén.
-.-
Bautismo
de Cristo. (Mt 3, 13-17; Mc 1, 9-15; Lc 3, 21-22) “Entón apareceu Xesús,
que viña desde Galilea ó Xordán, para que Xoán o bautizase. Xoán trataba de
impedilo dicindo: -¿Como vés ti onda min, se es ti quen me tes que bautizar a
min? Xesús respondeulle: -Deixa, que agora convén que cumprámo-la vontade de
Deus. Xoán accedeu. Tan pronto como foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí
que se abriron os ceos, e viu o Espírito de Deus baixar como unha pomba ata
pousarse enriba del. E oíuse desde o ceo unha voz que dicía: Este é o meu fillo
benquerido, o predilecto”.
¡Ai, Deus, que
así, actuando o teu Fillo, instituíches o Bautismo cristián, o Sacramento polo
que renunciamos (ou renuncian por nós) a adir a herdanza maldita, a que traemos
incrustada na alma de cada quen! Señor, mentalmente, que non podo facelo doutro
xeito por culpa de atenderlle ao ordenador, aquí me tes, de xeonllos, e sen
paraugas diabólicos, agardando que me laves a sucidade que fun recollendo dende
aquel día do meu bautismo para acó; faino, Señor, que xa recei o Credo!
Agora abramos o
Catecismo da Igrexa Católica. 1223 “Tódalas prefiguracións
da Antiga Alianza culminan en Cristo Xesús. Comeza a súa vida pública despois
de facerse bautizar por San Xoán o Bautista no Xordán (Mt 3,13 ) e,
despois da súa Resurrección, confire esta misión aos seus Apóstolos: "Ide,
pois, e facede discípulos a toda a xente, bautizándoos no nome do Pai e do
Fillo e do Espírito Santo, ensinándolles a gardar todo o que eu vos
mandei" (Mt 28,19-20; Mc 16,15)”.
Advertencia, porque se está esquecendo, e coa falta de cregos,
pode darse ocasión de perigo nos nenos: 1284 En caso de necesidade, toda persoa pode bautizar,
con tal que teña a intención de facer o que fai a Igrexa, e que derrame auga
sobre a cabeza do candidato dicindo: "Bautízote no nome do Pai e do
Fillo e do Espírito Santo". (Non se di Amén, porque
sería como unha dúbida, como pedir que así fose).
Tamén é bo lembrar que, desde o día de
Pentecoste, a Igrexa vén celebrando e administrando o santo Bautismo. San Pedro
declarou á multitude conmovida pola súa predicación: “Convertédevos... e que cada un de vosoutros se faga bautizar no nome
de Xesús Cristo para remisión dos vosos pecados; e recibiredes o don do
Espírito Santo”. (Feitos 2,38).
Curiosidade. San Hixinio, pontífice entre
os anos 138 ao 142, instituíu o padriño e maila madriña no bautismo dos recén
nados para que guíen aos cativos na súa vida cristiá.
De
posto a aconsellar..., pero non vos escandalicedes pois
aconsellar é propio dos vellos, ¡e non só dos Apóstolos! Fáiseme que nos
bautizos actuais estamos entrando nunha desviación, que consiste en darlle máis
importancia á festa que ao Sacramento. E tamén que se buscan padriños que podan
ser útiles ao neófito no seu devir económico. ¡Útiles, si, pero no seu devir
relixioso! Facédeme caso, e detédevos un anaco en meditar na importancia deste
apadriñamento; se non vos entra esa xenerosidade, deixade o sitio, que volo
agradecerá Deus, pero tamén a alma do bautizado!
Bautizo
da miña filla Stella, na igrexa da Nova, en Lugo.
¿Os
outros, que? ¡Señor,
é un tema moi importante, no que se me fai que pensamos pouco! Daquela,
botándolle algo de lóxica:
Lucas
23, 34:
“Xesús (na cruz) dixo: -Meu Pai,
perdóaos que eles non saben o que fan”.
Quen está disposto
a perdoar “aos que non saben o que fan”, ¿como non vai perdoar aos que morreron
cunha vida de bondade pero sen chegar a coñecer a relixión de Cristo? ¡Temos
máis culpa, cá eles, os bautizados, que por facer un apostolado cutre, egoísta,
pasota, non divulgamos como é debido as ensinanzas salvíficas! Van XX séculos
de cristianismo, e aínda estamos así, coas misións esmorecidas. ¿É, ou non é,
para pensar niso, para emendarnos? ¡Nós si sabemos o que facemos, pero non o
cumprimos, non lle botamos coraxe á nosa labor, á nosa esixencia, de
apostolado! ¿Como? ¡Transixindo cos incrédulos que nos rodean, cortándonos de
predicar, polo menos, co exemplo; o Domund, etc.!
Vexamos,
ao pé da letra, o que opinan uns cantos teólogos:
¿Puede alguien
salvarse
fuera de la Iglesia Católica?
fuera de la Iglesia Católica?
“¿Existe salvación fuera de Cristo, existe
salvación fuera de la Iglesia fundada por Jesucristo? Este tema es siempre de
actualidad.
“Y el Papa Juan Pablo II lo trató con gran claridad
y precisión para enfrentar “ideas y opiniones erróneas y confusas, presentes en
la discusión teológica y entre grupos y asociaciones eclesiales”, ideas que
tienden a desconocer a Cristo como Salvador único y universal, y a disminuir la
necesidad de la Iglesia de Cristo para la salvación.
“Tal es el caso, comentaba el Papa, de algunos que
piensan y predican un supuesto “carácter limitado de la revelación de Cristo,
que encontraría un complemento en las demás religiones”, como si la verdad
sobre Dios no pudiera ser captada y manifestada en su totalidad por ninguna
religión, tampoco por el cristianismo y, ni siquiera, por el mismo Jesucristo.
“Nos decía que es erróneo considerar a la Iglesia
como un camino de salvación más, junto con otras religiones que serían
complementarias a la Iglesia. Y pide que se excluya una cierta mentalidad que
piensa que “una religión vale por otra”.
“El Papa nos dio seguridad sobre la “unicidad y
universalidad salvífica de Cristo y de la Iglesia que El fundó. En efecto, el
Señor Jesús constituyó su Iglesia como realidad salvífica: como su Cuerpo,
mediante el cual El mismo actúa en la historia de la salvación ... El Concilio
Vaticano II dice al respecto: ‘El santo Concilio, basado en la Sagrada
Escritura y en la Tradición, enseña que esta Iglesia peregrina es necesaria
para la salvación’ (LG, 14)”.
“El Catecismo de la Iglesia Católica (#774-776),
siguiendo la enseñanza milenaria de la Iglesia y citando al Concilio Vaticano
II, nos recuerda que la Iglesia Católica es “instrumento de salvación
universal” (LG 9). Y añade el Catecismo en su resumen de este tema: “La Iglesia
es, en este mundo, el sacramento de la salvación, el signo y el instrumento de
la comunión con Dios y entre los hombres” (Catecismo de la Iglesia Católica
#780).
“Esta ha sido la posición de la Iglesia desde sus
comienzos y durante sus dos milenios de existencia. Sin embargo, si bien en
forma general se dice que es necesaria la pertenencia a la Iglesia Católica
para la salvación, el Catecismo explica lo siguiente en un capítulo
que titula “Fuera de la Iglesia no hay salvación”:
“Entendida esta afirmación “de modo positivo significa
que toda salvación viene de Cristo-Cabeza por la Iglesia que es su Cuerpo”. Es
decir, quien se salve, dentro o fuera de la Iglesia, se salva por la
gracia de Cristo y a través de su Iglesia.
La afirmación de que no hay
salvación fuera de la Iglesia no se refiere a los que, sin culpa suya no
conocen a Cristo y a la Iglesia por El fundada.
“Y, citando nuevamente al Concilio, nos dice el
Catecismo que si éstos “buscan a Dios con sincero corazón e intentan en su
vida, con la ayuda de la gracia, hacer la voluntad de Dios, conocida a través
de lo que les dice su conciencia, pueden conseguir la salvación eterna (Vat.II,
LG 16)”. (Catecismo de la Iglesia Católica #847)
“Pero –advertía el Papa- que “en su
búsqueda sincera de la verdad de Dios están de hecho ‘ordenados’ a Cristo y a
su Cuerpo, la Iglesia.
“Añadió el Papa un dato importante de considerar:
“De todos modos, se encuentran en una situación deficitaria si
se compara con la de los que en la Iglesia tienen la plenitud de los medios
salvíficos” (JP II, 28-1-2000).
“Sabemos que Cristo dejó bien especificada la
necesidad de la fe y el bautismo para la salvación: “El que crea y se
bautice se salvará. El que se resista a creer se condenará” (Mr. 16, 16).
Además, instituyó su Iglesia como instrumento de salvación, en la que entramos
a formar parte desde el momento de nuestro Bautismo.
“De allí que no podrían salvarse
aquéllos que, sabiendo que Cristo (Dios) fundó su Iglesia como necesaria para
la salvación, sin embargo no hubieran querido entrar a ella o hubieran escogido
separarse de la misma. (cf. Catecismo de la Iglesia Católica #846)
“Aclaremos un poco más: para todos aquéllos
que rechazan la doctrina de Cristo, que evaden la pertenencia a la Iglesia, o
que se separan formalmente o informalmente de ella, que es el instrumento de
salvación que Dios mismo nos ha dejado, y esto lo hacen con pleno conocimiento
y con pleno consentimiento, ponen en grave peligro su salvación eterna.
“Pero existe la posibilidad de salvación para muchas
personas fuera de la Iglesia de Cristo. Por ejemplo, aquéllos que vivieron
antes de Cristo y que no formaron parte del pueblo de Israel, que era la
prefiguración de la Iglesia en el Antiguo Testamento. Igualmente también tenían
y tienen posibilidad de salvación los que no conocieron o no conocen de Cristo
y de su Iglesia. ¿Qué decir, por ejemplo de los aborígenes de América que
vivieron antes de la evangelización?
“Y ¿qué sucede con las personas que pertenecen a
otras religiones? Un documento emitido por la Iglesia Católica sobre este tema,
la Declaración “Dominus Iesus” (2000), dice al respecto:
“Ante todo debe ser firmemente creído que la
‘Iglesia peregrinante es necesaria para la salvación, pues Cristo es el único
Mediador y el camino de salvación presente a nosotros en su Cuerpo, que es la
Iglesia’ (Vat.II, LG #14). Esta doctrina no se contrapone a la voluntad
salvífica universal de Dios; por tanto, ‘es necesario mantener unidas estas dos
verdades, o sea, la posibilidad real de la salvación en Cristo para todos los
hombres y la necesidad de la Iglesia en orden a esta misma salvación’ (RM #9)”.
“Para aquéllos que no son formal y visiblemente
miembros de la Iglesia, ‘la salvación de Cristo es accesible en virtud de la
gracia, que, aun teniendo una misteriosa relación con la Iglesia, no les
introduce formalmente en ella, sino que los ilumina de manera adecuada en su
situación interior y ambiental. Esta gracia proviene de Cristo; es fruto de su
sacrifico y es comunicada por el Espíritu Santo’ (RM # 10).”
“Sobre el modo en que la gracia salvífica de Dios
llega a los individuos no cristianos, el Concilio Vaticano II se limitó a
afirmar que Dios la dona ‘por caminos que El Sabe’ (Vat. II, Ad gentes #7)”. La
teología está tratando de profundizar este argumento. Sin embargo,
queda claro que sería contrario a la fe católica considerar que la Iglesia
Católica sería un camino más de salvación que vendría a ser complementado por
otras religiones”.
“En relación a la existencia de numerosos elementos
de santificación y de verdad fuera de la estructura visible de la Iglesia
Católica, es necesario afirmar que la eficacia de esos elementos de verdad, de
bondad y de santificación que existen fuera de la Iglesia “deriva de la misma
plenitud de gracia y verdad que fue confiada a la Iglesia Católica (Vat. II, Unitatis
et redintegratio # 3)”.
“El Espíritu Santo, que es el Espíritu de Cristo
enviado por el Padre, actúa en modo salvífico tanto en los cristianos como en
los no-cristianos y lo hace de manera misteriosa. Pero sabemos que todo
aquél que se salva, se salva por los méritos y por la gracia de Cristo, no por
sus propios medios, ya que la voluntad de Dios de que todos los hombres se
salven, se nos ofrece y de hecho se cumple, por la encarnación de Dios en la
persona de Jesucristo y por los méritos de su pasión, muerte y resurrección.
“No significa todo esto que los
que pertenecemos a la Iglesia Católica estamos automáticamente salvados por el
hecho de pertenecer a ella. Es necesaria nuestra cooperación a las gracias que
nos vienen de Cristo a través de su Iglesia.
“Tampoco significa todo esto que
porque algunos puedan salvarse fuera de la Iglesia de Cristo, los católicos
estamos excusados de cumplir el mandato de Jesucristo de evangelizar, pues
todos los seres humanos, pertenecientes o no a otras religiones, están llamados
a formar parte de la Iglesia Católica, instrumento de salvación universal que
el mismo Cristo nos dejó”.
-.-
Por
favor, reléase todo isto, este espigoteo de diversas colleitas, para entendelo
ben, ata sabelo de memoria. Medítese, e de ter dúbidas, consulten con un
sacerdote que lles mereza confianza. ¡Pola miña parte, queridos irmáns,
queridos lectores, grazas!
-.-
VOLVO A ESPIGAR EN MATEO
Isto
de espigar, de apañar as espigas salteadas, venme da infancia, daquelas
miserias do meu Montecubeiro; ¡eran poucas, pero..., de trigo!
Rut
nos campos de Boaz
Nós,
como crentes, sabemos que o Espírito está detrás destes traballos (os Evanxeos)
de tan decidida e decisiva importancia para mante-la vida cristiá da comunidade.
¡Son inspirados, así que, non o esquezamos, nin o discutamos!
Espigando:
Mt 4, 17: “Desde
aquela empezou Xesús a predicar, dicindo: -Arrepentídevos, que xa está aquí o
Reino de Deus”.
¿Así que a
primeira de todas é arrepentirse? ¡Lóxico! Pois nesas estou, querido Mestre;
así que, voume poñer o traxe novo, o das
festas de gardar, e coa mesma..., a ver que Evanxeo nos predican hoxe! Se
aprendo a lección, a obriga seguinte, a inmediata, será transmitir a boa Nova,
non si?
Dicía a miña
paisana Enriqueta Otero Blanco, ¡Comunista verdadeira, quere dicirse, amiga do
común!, que, “É moito o que temos recibido, así que a nosa obriga é conservalo,
perfeccionalo, e..., transmitilo!”. Se isto opinaba referíndose ao meramente
cultural, agora, que estará no Ceo, -mal que lle pese ao entón Cura de Miranda,
pois o día do seu enterro deixou a igrexa aberta..., ¡por se acaso alguén
quería rezar!, pero el ausentouse-, con ou sen purgatorio pero no Ceo, seguro
que opina comigo: ¡Moito lle debemos ao Mestre; cumpride, pois, o seu mandato:
Transmitide o seu legado!
Mt 4, 23-25:
“Xesús percorría a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa
Nova do Reino, curando canta doenza padecía o pobo. Falábase del en toda Siria
e traíanlle enfermos con toda clase de doenzas e de padecementos, endemoñados,
epilépticos, tolleitos; e a todos curaba. Eran moitos os que o seguían, un
mundo de xente chegada de Galilea, Decápolis, Xerusalén, Xudea e da outra banda
do Xordán”.
¡Incrible nun
home, por profeta que sexa; iso só o poder facer Deus, sexa na persoa do Pai,
do Fillo, ou do Espírito Santo! Tenme abraiado o feito de que tivésemos falsos
profetas, falsos predicadores, que inventasen, ou modificasen, relixións, sen
outra sapiencia e sen outros méritos que a súa presunción; con todo, tiveron
crentes, tiveron seguidores! Só cabe unha explicación: Chamamos burros a certos
animais, cando, de feito, sómolo nós! ¡Canto nos queda que facer para
desasna-lo mundo; cantos mestres, alumnos do Mestre, se precisan para contrarrestar
aos falsarios..., e por engado, de presente, os seminarios baleiros!
¿Nas sinagogas,
que? Tamén o explicou Xesús, tamén, que El non viñera para derrogar a Lei senón
a perfeccionala. Está en Mt. 5, 17: “Non pensedes que vin derroga-la Lei e os
Profetas; non vin para derrogar senón para dar cumprimento”. ¡Oh, Deus, que
favor nos fixeches ao permitirnos nacer no cristianismo, contigo de Mestre,
pois os anteriores, demostrado quedou, era simples substitutos, embaixadores
mínimos, coa única misión de iniciar as leccións, de anunciar que, cando os
tempos fosen chegados, oportunos, teríamos un Plenipotenciario celestial,
concretamente na segunda persoa da Santísima Trindade! ¿Daquela, por que non
veu antes? Esta pregunta téñoma feito xa de neno, pero agora, con algo máis de
coñecementos históricos, comprendo que só había un pobo, e unha cultura, que
medio o entendese; os outros estaban, seguían, adorando naqueles ídolos da súa
imaxinación diabólica.
Amor
ós inimigos. (Mt
5, 43-48; Lc 6, 27-28. 32-36). “Tedes oído que se vos dixo: Amarás ó teu
próximo e aborrecerás ó teu inimigo. Pero eu dígovos: amade ós vosos inimigos,
e pregade polos que vos perseguen. Así seredes fillos de voso Pai que está no
Ceo, que fai saí-lo seu sol sobre malos e bos, e chover sobre xustos e
inxustos. Porque, se amades ós que vos aman, ¿que recompensa ides ter? ¿Non fan
o mesmo os recadadores de impostos? E se saudades soamente a vosos irmáns, ¿que
facedes de máis? ¿Non fan outro tanto os pagáns? Daquela sede bos sen
exclusivismos, como o voso Pai Celestial é totalmente bo”.
Señor, a miña
experiencia persoal, ¡e xa pasei dos oitenta!, coido que ten algo de
evanxélica: ¡Débolles moitísimo aos inimigos, e sería un desagradecido se non
llelo recoñecese! Débolles máis que aos amigos, pois os inimigos, resaltando os
meus defectos, puxéronme en garda, estimuláronme para capacitarme, para
emendarme, para espelirme; en definitiva, para ser prudente, cousa que, aínda
que non a vexo no Catecismo, non deixa de ser unha virtude!
Cando
recedes... (Mt
6, 5; e Lc 11, 2-24) “Cando recedes non fagades coma os hipócritas, que gustan
de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas..., para que os
vexa a xente!”. (Cando lin esta advertencia, non sei se foi Deus ou o diabro,
non me librei da lembranza de don Hermenegildo entrando e saíndo das catedrais,
¡baixo palio!).
¡Oh, Deus,
Santísimo Pai, que nos permites invocarte de “ti” no Noso Pai; non cabe un
paternalismo meirande, non Señor! ¿E con iso e con todo, hai blasfemos? ¡Só nos
falta levar unha albarda!
¿Meu
querido Mestre, son o teu morgado, teño mellora? ¡Pobriño! ¿Apéate
da soberbia e mira ao redor: ti es un de tantos, un dos netos daquela Eva, así
que, xa volo dixen, que así o recolle Mateo, en 7, 1-5, (pero tamén Lc 6,
37-38. 41.42)! “Non xulguedes para que nos vos xulguen a vós. Porque co xuízo
que xulguedes hanvos xulgar a vós, e coa medida coa que midades hanvos medir a
vós. ¿Por que reparas no lixo que hai no ollo de teu irmán e non te decatas da
trabe que hai no teu? E, ¿como lle vas dicir a teu irmán: “Deixa que che quite
o lixo que tes no ollo”, tendo ti unha trabe no teu? ¡Hipócrita! Quita primeiro
a trabe do teu ollo e logo verás mellor para quita-lo lixo do ollo de teu
irmán”.
¡Señor, volvo a
poñerme de xeonllos porque..., porque non reparara niso! Houbo, aquí en España,
unha obra de teatro que se titulaba, “Mecachis, que guapo soy”, e daquela, eu,
na micha soberbia, cheguei a pensar que ía por min. ¡Guapo quedei co bautizo,
no bautizo, pero despois diso vaguei polas cortes da vida; polas cortes do
esterco, pero tamén estiven en Madrid, que xa daquela era contaminante! Señor,
o que me reste de vida quero vivilo no mundo real, e non no teatral. Tres
agradecementos teño, debo, entre outros que sería prolixo enumerar: A Ti, meu
Cristo, Mestre perfecto, non sempre atendido, nin entendido; á Nai que me
adoptou daquela no Calvario; e tamén, ¡tamén!, a nai que me pariu, pois, en
colaboración co resto da familia, ben que se esmerou en educarme na humildade,
pero..., ¡a miña xordeira, que só oía a quen non debía!
Dicían na miña
aldeíña que, “O falar non ten cancelas”; pois convén poñerllas pois a lingua é
coma o gatillo das pistolas, doado de darlle, pero con consecuencias que poden
chegar a ser mortais. Difamar é como tirar pedras no mar, que se expanden os
círculos!
De aquí en diante
heille facer máis caso á miña dona, que ela ven dos Sanxurxo, e con iso, ou por
iso, ten saberes de santidade.
-.-
Hai unha cita en
Mateo, (7, 15-16), pero tamén en Lucas, (6, 43-44), que tampouco nos debera
pasar desapercibida, maiormente aos que nos criamos nas leiras: A árbore coñecese polos froitos. “¡Gardádevos
dos falsos profetas que veñen onda vós con aparencia de ovelliñas, pero no
fondo non son máis que lobos rapineiros! Polos seus froitos coñecerédelos”.
¡Canto hai que
aprender para aprender a coñecer a xente que nos rodea, que nos aconsella, que
nos empurra por barrancos satánicos! Os de daquela atrevéronse a crucificar a
Cristo, pero estes diabros actuais, de ter ocasión, farían outro tanto;
¡atentos aos seus froitos se queremos coñecelos, se queremos manternos en garda
permanente!
¿A
quen temer? (Mt
10, 26-28), e (Lc 12, 2-7). “Pero non lles teñades medo, que non hai cousa
encuberta que non se acabe descubrindo, nin cousa oculta que non se acabe
sabendo... Non lles teñades medo ós que matan o corpo pero non poden mata-la
alma; temede máis ben a aquel que pode arruina-lo corpo e a alma no inferno”.
¿Quen dixo que non hai inferno se o di o propio Xesús? ¡Pero é igualmente certo
que só vai ao inferno o que quere ir! ¿Ti queres ir? ¡Pois eu, non; non o
quero, nin para min, nin para a miña xente!
Podemos identificar a
un falso mestre ou a un falso profeta ao examinar primeiramente as súas
ensinanzas, e posteriormente a súa conducta á luz das Escrituras. Se o que eles
están ensinando non é conforme co que o Espírito Santo ten revelado claramente
nas Escrituras, é que son falsos mestres, e deberán ser ignorados, aínda que
vivan vidas extraordinarias, incluso se parecen ter visións sobrenaturais, ou
aínda que parezan realizar milagres. ¿Por que admiramos os trucos do circo?
¡Simplemente porque o noso cerebro é lento, e non dá procesadas as secuencias
das visións recibidas!
É difícil ser un pobo
de verdades nun mundo de falsidades, e é correcto que un home se preocupe, no
só por si mesmo, senón tamén pola súa esposa/o e fillos. Porén, a Biblia non
nos deixa quedar na escuridade. Existen algúns pasos fundamentais que podemos
tomar para protexer á nosa xente na súa xuventude e preparalos para que
permanezan firmes na madurez na medida en que medran e deixan os nosos fogares.
¡Como sentinelas que somos das sucesivas xeracións, “ollo ao parche”, que dicía
aquel “noivo da morte”, Millán Astray!
Outro máis sensato e
máis práctico que Millán Astray, Henry Ford, dixo: “Ninguén logra unha
reputación polo que vai facer (polo que promete facer)”. ¡Isto si que é
acertado: Aternos aos feitos, ao pretérito, pois no futuro pode haber
esquecementos, esquecementos e/ou imposibilidades!
-.-
Señor,
somos uns alumnos tan cerrís, agora coma daquela, que precisamos de bos
mestres, de bos teólogos, pero...! (Mt 9, 37-38). Entón díxolles ós discípulos: -A anada é boa, pero os
xornaleiros son poucos, así que rogádelle ó dono da sega que mande xornaleiros
á súa ceifa”. Señor, eu, ao de hoxe, de boa gana, pero, ¡vou vello, e ademais
estou casado; non che sirvo para o Seminario!
Xa o teño referido
máis veces: Na miña infancia o noso párroco adoitaba levar predicadores de
cando en vez. Aquel ano foi un Franciscano, dos de Herbón. O “Pepiño”, que é
como me chamaban daquela, sóubolle o Catecismo do P. Astete do dereito, pero
tamén do revés; todo, a feito. ¡Aquela memoria que ti me deras, Señor, e...,
agora que me lembro: aínda non che din as grazas por aquel don! O Franciscano
chamou a meu pai e ofreceulle levarme para Herbón, sen gastos. Pero díxolle que
non, e despois, a min, deume as súas razóns: -Ti es o morgado; de casa pobre,
pero, morgado; e a maiores está que os frades tampouco se poden casar; ¡o que é
poder poden, pero, non lles deixan..., por agora!
Señor, tal e como
está España a tal momento non chega con saberse o Catecismo; ¡precísanse
teólogos, e eu, diso, un analfabeto! O único que podo facer é isto que ves:
expresar os meus sentimentos..., baseado no que aprendín da Biblia de Sept!
¡Virxe
Milagrosa, de Montecubeiro, imaxe que doamos á parroquia a miña dona e mais eu,
de recén casados, igual que aquel día te seguimos na procesión, concédenos
seguirte no teu exemplo, no que nos reste de vida, para ter a graza de verte e
de seguirte en persoa no Ceo do teu Fillo! ¡Amén!
Virxe Milagrosa,
que connosco fixeches milagres, ¡moitos!, concédeme estoutro, o máis importante
de todos: o de ser exemplar no arrepentimento das miñas faltas, que estou en vésperas
de ser chamado a xuízo e non quixese deixar un mal rastro, un mal exemplo, unha
mala lembranza. Xa que non puiden ser frade, que polo menos me pareza aos
frades na súa exemplaridade. Ben sei que é moito pedir, pero apelo ás verbas do
teu Fillo Xesús: “Con toda verdade volo aseguro: o que lle pidades ó Pai no meu
nome, El hávolo dar. Ata agora non pedistes nada no meu nome. Pedide e recibiredes, de xeito que a
vosa alegría sexa plena”. (Xoán 16, 23-24).
A importancia e
maila transcendencia da exemplaridade descubrinas en Sidi Ifni observando que
os musulmáns, pero dun xeito máis apreciable os seus fillos, gozaban falando
cos franciscanos, bicándolles o cordón, sempre atentos e correspondendo á súa
cordialidade. ¿Cal era o misterio? Non había outro máis que a súa
exemplaridade, tan distinta dos nosos militares, que os trataban como cousas
máis que como persoas, chamándolles invariablemente “Mohamed”, que nin se
molestaban en saberse o nome de cada quen. Botáronos porque o P. Santiago,
seguindo, acatando, as instrucións, do bispo de Canarias, Pildain, negoulle a
comuñón a unha cuñada do entón Secretario General; uns dicían que por ir
escotada, e outros que por ir escandalosamente pintada. ¡A través do Nuncio, os
nosos gobernadores frustraron a mellor das colonizacións, a mellor das
evanxelizacións: humanidade, cordialidade, exemplaridade!
Coa
miña dona, e cos franciscanos de Ifni.
Falando
de teólogos: ¡que aínda queda algún! “El tentador intentará
apartarte de esa condición, de esa verdad, de ese mundo que fue el de Jesús y
es tuyo; intentará seducirte con la idolatría del éxito, de la riqueza, del
poder. No olvides que tu forma de vida es el evangelio de Cristo pobre y
crucificado”. Fr. Santiago Agrelo, Bispo de Tánger.
-.-
Pasa a
QUERIDO MESTRE
-II-
Xosé María Gómez Vilabella
No hay comentarios:
Publicar un comentario