SEMANA SANTA...,
¡SANTA!
¿Simbolismo, evocación? ¡Si, o máximo, pero sen teatralidade!
XOSÉ MARÍA GÓMEZ VILABELLA
¿Que estou morado, coa cor
penitencial? ¡Xa o sei, pero non son o único que non distingue entre evocación
e teatralidade! Daquela quitareime a capucha:
Os disfraces son propios do
Carnaval, ¿non si? O Carnaval é unha despedida dos nosos pecados, saturarnos
deles para despois aborrecelos, que por iso tapamos a cara, escondendo a
vergoña, e poñemos unha careta encima das nosas, das cotiáns, das habituais;
pero cunha corentena de penitencias chegamos á Semana Santa, e daquela,
depurados que estaremos, ou se nos supón, quitamos a última das capuchas para
dicirlle ao mundo: “Este que aquí vedes é un pecador; pecador, si, pero,
arrepentido”. Para evidenciar a nosa sinceridade, para mostrarnos tal e como
somos agora, tal e como nos quedaron os ollos despois das bágoas, ¡fóra careta,
fóra carapucha; sinceridade, tanto interior como exterior!
A teatralidade ten a súa
explicación no Carnaval; na Coresma non, en absoluto! Xesús foise ao deserto,
como todo canto dixo e fixo para darnos exemplaridade; daquilo vén a nosa
Coresma, para dicirlle que estamos dispostos a seguilo, a frear as nosas
debilidades, a enfrontarnos a Satanás...; ¡coa axuda de Deus, claro!
Mateo 4, 10-11: “Entón replicoulle
Xesús: -Arreda, Satanás, porque está escrito: “Só ó Señor, o teu Deus, adorarás, e só a El darás culto”. Deixouno
Satán, e achegáronse os anxos para servilo”. ¡Incluso nisto nos deu exemplo,
para que aprendésemos a vencer as tentacións, para non caer nelas, para arredar
ao Satán!
Coa Coresma, na Coresma, armámonos
de valor, de valor e de humildade, para enfrontarnos, por enésima vez, á
soberbia. ¡Vade retro, Satana!
Crux Sacra Sit Mihi
Lux
Non Draco Sit Mihi Dux
Vade Retro Satana
Numquam Suade Mihi
Vana
Sunt Mala Quae Libas
Ipse Venena Bibas
Coa careta carnavalesca ía, debe
quedar, o que dixen: a nosa soberbia; ¡debeu ir, debeu irse, para seguidamente
entrar en penitencia, coa cara descuberta, para que o próximo nos vexa
arrepentidos, e por tanto, exemplares, exemplarizantes! ¿Sen careta, pero,
descalzos? Non fai falta ese requisito, esa moda, se de verdade nos quitamos os
coturnos da soberbia. Os pés temos que conservalos para facer, ben feito, o
camiño restante, o das restitucións, o das reparacións; en definitiva, o noso
Calvario!
As Saetas si que as vexo
oportunas. Estou con Antonio Machado en que son, “coplas disparadas a modo de
flechazos contra el empedernido corazón de los fieles”. Toda a Coresma tiña que
ser iso, unha saeta de corenta
estrofas, corenta días de prédica. Comezando por min mesmo, obviamente, que non
sei cantar pero podo facelo cos dedos, así, tecleando, ¡tecleándome!, oracións.
¡Ai, Deus, que desagradecidos
somos, cantas levamos feito, e que pouco nos esforzamos por rexenerarnos! Tan
señoritos somos que, para lavar os pés na auga salgada, collemos o auto, ¡e con
iso, tira millas! Na praia ímonos manchar máis que lavar, pero, ¿volver ás
augas bautismais? ¡Daquela fomos a elas porque nos levaron os padriños; que
Deu-llelo pague, amén!
Pía bautismal
de Montecubeiro; hoxe retirada de uso porque..., ¡porque lles pareceu pobre!
¿Pobre unha pía bautismal, da que naceron / nacemos milleiros de cristiáns?
Para predicar co exemplo temos que
aprender, primeiro, a levar a cruz dos nosos pecados, que moitos Cireneos,
todos, tanta xente, tanto apóstolo ao noso redor, predicándonos, axudándonos,
mentres o noso Cristo Xesús só tivo un, un cireneo, e para iso porque o
obrigaron aqueles romanos. Todo se nos volve botarlle a culpa á Avoa, á Eva,
cando a verdade é que ela sentou un precedente, un precedente contaxioso e
contaminante, pero nós, con todo estar bautizados, volvemos, caemos,
recaemos..., ¡na maldita, satánica, inicial, soberbia!
Coas cruces de madeira cargamos, e
iso que agora xa se lles pode poñer motor, e guialas co propio, no propio,
altar, pero, ¿coas outras, con eses borróns monstruosos que nos deixaron os
nosos pecados? Escandalizámonos de que os infieis, os incrédulos, os pagáns,
ataquen aos cristiáns, hoxe coma daquela, ou máis, que ata queiman as nosas
igrexas, pero pásanos desapercibido que a culpa é nosa, ¡toda, absolutamente!
Se nestes vinte séculos fósemos verdadeiros alumnos do noso Mestre, coa nosa
exemplaridade xa non quedarían ateos, ou idólatras, e con iso desaparecería o
calvario actual; ¡estaríamos, viviríaos, na Gloria, todos, absolutamente todos!
-.-
Mércores
de Cinsa
Esperando
pola cruz no deserto da vida.
¡Que horror: de cinsa! Alédate,
cristián, pois da cinsa resucítase; terribles son as brasas, esas que non
acaban, esas que non rematan en cinsa, as perennes, esas do inferno satánico, e
por ende, eterno!
O Mércores de Cinsa vén a ser a
Xura da Cruz, a Xura da bandeira cristiá. Co Bautismo alistámonos; ou mais
exactamente, ¡alístannos! Na Confirmación vestimos o uniforme, confirmamos o
noso alistamento. E no Mércores penitencial xuramos bandeira, xuramos defender
a Cruz, aceptala. Os pecados son as desercións, as chamadas que nos fai Satán
desde as súas trincheiras, e nós, pecadores, ¡imbéciles!, facémoslle caso a
sabendas de que ten a batalla perdida, tanto el como tódolos traidores,
seguidores seus. ¡Imbéciles; nós máis aínda, por non escarmentar en cabeza
allea!
Deus, qui humiliatióne flécteris, et satisfactióne placáris: aurem tuae
pietátis inclína précibus nostris; et capítibus servórum tuórum, horum cínerum
aspersióne contáctis, effúnde propítius grátiam tuae benedictiónis: ut eos et
spíritu compunctiónis répleas, et quae iuste postuláverint, efficáciter
tribuas; et concéssa perpétuo stabilita et intacta manére decérnas. Per
Christum Dóminum Nostrum. Amén.
Ao toque de corneta, ¡ao toque da
fe, cos Evanxeos por diante!, estamos convocados para sufrir con Cristo, ¿INRI,
Rei dos xudeus?, ¡Rei do Ceo, e por ende, tamén da terra, noso! Convocados para
morrer, ¡para morrernos a nós mesmos, e de paso, ao pecado! Tamén, por
conseguinte, para renunciar ao mal dentro de nós mesmos, en nós, con nós, séxase,
ao noso redor, de modo que podamos resucitar, como individuos, pero tamén como
comunidade.
¿O Camiño? Está despexado, témolo
libre, redimido: Só require arrepentimento, conversión, ¡Coresma! Requisitos:
Obras de Caridade, Oración, Penitencia... En definitiva, deixa-la careta do
Carnaval, deixa-las xoldas viciosas...; ¡pasar de fariseos a evanxelizados, a
evanxelizadores! No Exército terrestre premían con cruces, ¿non si? ¡Pois no
celestial premian levando con resignación as nosas, as nosas cruces, e participando
na de Xesús..., que a levou por nós, para nós, en auténtica Redención. Pero hai
un pero: Cristo, agónico, a quen lle prometeu, a quen respondeu, foi ao bo
ladrón, ¡ao bo! “Asegúroche que hoxe estarás comigo no paraíso”. ¡Era ladrón,
estaba condenado, pero o seu arrepentimento salvouno..., que o subiu o propio
Cristo ao seu paraíso! ¡Señor, que precedente tan fermoso, tan esperanzador,
nos deches, nos deixaches: ¡Deo gratias!
Día de
preparativos.
As vésperas, todas, as de calquera
cousa, as dun acontecemento calquera, sempre teñen, sempre comportan, nervios,
emoción; ¡ou emocións, en plural, xa que por veces son un cóctel, un cóctel
agridoce! Pois iso é este mércores: Un preámbulo, unhas vésperas.
O mércores, todos, pero en especial
o da Cinsa, é un día infinito, abraiante; o máis axeitado para recoñecer a nosa
fraxilidade, esa fraxilidade que nos levará ao día do transo, ao día en que
comezaremos a ser, ¡e xa non sexa a non ser!, entrando na eternidade, na vida
definitiva, comezo do gozo, do premio, coa amnistía na man. Terminada a
carreira, ¡aprobado ou suspenso, a elixir, pois tivemos toda unha vida, esta, a
térrea, para decidir a nosa opción!
Dos sermóns xesuíticos do século
XVIII: “O culto na casa, santifica; na igrexa, edifica; e na rúa, exemplariza”.
¡Esas foron, e son, as nosas oportunidades! Internémonos na Coresma sen
exhibicións, con recollemento; botémonos a andar polo camiño do sufrimento
e da expiación, que aí está a nosa esperanza, ou máis exactamente, ¡a nosa
seguranza!
Xesús preparouse no deserto para o
seu Calvario; ¡para o noso, xa que por nós o padeceu! Coa súa bondade
infinita decidiu tomar o lugar da humanidade, e recibir no seu propio corpo o
castigo redentor, para librarnos das consecuencias dese pecado terrible que
tiñamos herdado; en definitiva, para purgar por nós, por todos e por cada un de
nós. ¡Que menos que agradecerllo imitándoo, sequera un pouquiño!
Sl. 56, 2.4.
Miserére mei, Deus, miserére mei: quóniam in te confídit ánima mea. V/ Misit de
caelo, et liberávit me: dedit in oppróbrium conculcántes me.
Xa sei, xa sabemos, que a cinsa non
é un rito máxico; non suple o Sacramento da Reconciliación, pero axúdanos a
entrar en humildade, axúdanos a frear esa maldita soberbia que temos herdada,
axúdanos a lembrar que a Conversión é ir cara a diante no seguimento a Xesús.
Entrando na Coresma, entrando na
penitencia, entramos nun tempo específico, ¡aínda que todos o son!, de pedirlle
perdón a Deus, pero tamén ao próximo, por lonxe que o teñamos, por lonxe que
del nos situásemos; pero tamén é tempo e ocasión perfecta de perdoar a tódolos
que dalgún xeito nos teñan ofendido, insistindo, reiterando, a promesa que lle
vimos facendo no Noso Pai: “...perdoa as nosas ofensas como tamén nós
perdoamos a quen nos ten ofendido...”
Antífona.
Mudemos
de vestido, cubrámonos de cinsa e de cilicios; xaxuemos e choremos ante o
Señor, pois moi misericordioso é o noso Deus xa que perdoo os nosos pecados.
Se somos agradecidos, se somos
leais ao noso Exército, ao Exército da Salvación Eterna, avancemos, ¡de fronte,
Ar!, pola penitencia coresmal.
-.-
Exercicios
¿Onde?
Se
me fose posible, se aínda estivese apto para conducir, non me retiraría a
ningún deserto, ¡que xa estiven no Sáhara, e chegoume!, senón ao meu verxel,
debaixo dos meus carballos, que para min, igual que seica facía Prisciliano, é
o mellor sitio para adorar a Deus, e tamén para recrearse, de paso, na súa
Creación.
¡Nin que
fosen Adán e Eva, retorcéndose do seu pecado!
Daquela,
Xosé María, colle a Biblia, e vaite para debaixo deses carballos:
¿Por
onde comezamos, polos pecados de acción ou polos de omisión? Teño para
min que son máis ilocalizables, menos evocables, os de omisión..., porque, se
no seu momento non tivemos conciencia do alcance de certas accións, tempo adiante
máis borrosas se nos presentarán; non obstante, podemos ter caído en omisións
dunha transcendencia monstruosa, e non sempre reparables. ¡O exame de
conciencia é algo moi serio, pero tamén esquecible!
Nos
de omisión
aínda podemos ter oportunidades para resarcir, para restituír, pero sen tomar
conciencia deles mal, ou pouco, podemos actuar. ¿As accións humanas son todas,
sempre, transcendentes? ¡Si; unhas para ben, e outras para mal! Algo así como
se tiramos unha pedra nunha charca de augas mansas: instantaneamente fórmanse
olas concéntricas, que avanzan todo ao redor. Xa o dixen máis veces, pero coido
que non sempre o tiven presente nos meus actos, nas miñas accións, nos meus
pecados de omisión. Pero non todo é culpa miña pois disto, disto das omisións
culpables, predícase e fálase pouco; segundo o meu criterio, por suposto.
Pola contra, cantas persoas,
directa ou indirectamente, sabéndoo ou descoñecéndoo nós, eu mesmo, me terán
auxiliado, beneficiado? Daquela, ¿dinlles as gracias? ¡Por suposto que non, que
esa débeda aínda está no meu debe, no Debe dos libros da miña Contabilidade
Persoal! Aínda que sexa tarde: ¡Gracias, mil gracias; a todos; e que Deus volo
pague!
¿A cantos terei mancado,
defraudado, amargado, sen decatarme diso? ¡Seguro que outras tantas, dada a
miña debilidade pecadora! ¿Para estas, que? ¡Posto de xeonllos, perdón, mil
veces perdón! Non vale, de atenuante, dicir que a carne é débil; débil, si,
pero Deus dotounos de libre albedrío,
(que xa o tiñan aqueles avós, pero tamén foron débiles, ¿débiles ou
soberbios?). Tendo, como temos, libre albedrío, o propio é pensalas antes de
facelas, que despois..., ¡desde que o burro vai no po, desde que caeu, xo
burro, xo!
Gústannos os deportes de risco...,
con todo ser cousa perigosa para o corpo; pero nos da alma aínda o pensamos
menos. Lémolo no Xénese, predicóunolo o Crego, aconselláronnos os pais, os
avós, os padriños, os veciños, os amigos..., e aínda así tirámonos de cabeza ao
pozo dos vicios, sabendo, de antemán, que aló abaixo a auga non está bendita:
¡No pozo das malicias non hai auga senón augardente, lume infernal! Daquela,
hai que seguir predicando...
Non houbo omisión na Virxe María;
nela, non, que aceptou, de primeiras, humilde, encantada, e díxolle ao Anxo:
“¡Aquí está a escrava do Señor; fágase en min segundo a túa palabra!”.
Exactamente o contrario da súa/da
nosa Avoa: ¡Humildade versus soberbia! María, María Inmaculada, abríchesnos as
portas do Ceo, as mesmas que nos pechara Eva, entregada á súa soberbia, ao seu
desagradecemento! Pero María só se entregou a Deus; Eva..., Eva foi infiel, non
só ao seu Creador, senón, e tamén, ao seu Adán, que a saber como foi aquela
entrega a Satanás! (¡Ao ser plena non teño dúbida de que foi en corpo e alma!).
Hai que deterse en explicar a antítese que houbo entre Eva e María, que nos
paramos pouco niso.
Como di, como opina, a teóloga
Carmen Camino (nada en Perú): “Eva era unha muller extraordinaria. Tíñao todo,
fisicamente; tíñao todo persoalmente; e tíñao todo espiritualmente. ¡Asombroso!
Pero, “téndoo todo” non lle foi, non lle era, suficiente”. Digo eu: A maldita
soberbia, que brotou do seu libre albedrío. Carmen Camino, sen saírse do seu
camiño, na súa lóxica, analiza e conclúe: “Pero sen aterse ás consecuencias
traspasou o seu pecado (ao xerarnos, con Adán, aquela semente na que ían corpo
e alma) a toda a súa descendencia”. (¿Cando subirán ao presbiterio esas
teólogas que tan ben entenden, e nos explican, a Biblia?) O pecado da muller,
aquela desviación da Eva, xa está redimido, que llo debemos a María, á Virxe,
que esta foi pura, casta, e humilde. Daquela, de aquí en diante, recoñezamos na
muller o seu maxisterio, a súa colaboración, a súa aportación redentora.
Desa hipótese de que Caín, a
maldade en persoa, era fillo, xeración, de Satanás, que? ¡Trazas diso hai, pero
o Xénese non está claro, nin falta que nos fai; a nosa salvación, que é o
importante, está en cumprir os Evanxeos, en seguir a doutrina do Mestre, en
admirar e venerar á Virxe María, en repudiar a soberbia, pois o que deserte
está maldito, de sempre e para sempre!
-.-
O
xaxún coresmal
Mateo
6, 16-18. “Cando
xaxuedes non poñades caras tristeiras, como fan os hipócritas: desfiguran as
súas caras para que a xente llelo note. Asegúrovos que xa recibiron a súa
recompensa. Ti, en troques, cando xaxúes, perfuma a cabeza e lava a cara, para
que non se che note ante os homes, senón ante teu Pai celestial; e teu Pai, que
ve o que está escondido, hate compensar”.
-.-
Oración
do primeiro domingo de Coresma.
“Oh, Deus, que tódolos anos purificas
a túa Igrexa coa observancia da Coresma: Concede a esta familia que consiga,
con boas obras, o que se esforza por obter de ti coa abstinencia. Polo Noso
Señor Xesús Cristo, Amén”.
-.-
PACTA SUNT SERVANDA
¿Que obrigan os pactos; todos? E
logo, sendo así, ¿como é que cumprimos tan mal esa pax que nos damos ao final das Misas?
Observando que as mulleres, en
particular as mulleres, ¡algunhas!, me daban a paz coa punta dos dedos, eu, que
son, ou me teño, por pícaro, descorrín darlles, ¡e así o fago!, as miñas mans,
as dúas, ¡que nin que fosen irmás!, e así demóstrolles, ¡pretendo
demostrarlles!, que me entrego a elas en corpo e alma, ¡coas dúas mans! Agora
cambian, ¡pícaras elas!, que incluso me sorrín, como satisfeitas da miña
promesa.
¿Por que antes de comungar?
Pregunteillo a San Mateo, que nolo dixo no seu 5, 23: “Se ao presentáre-la túa
ofrenda no altar te acordas de que o teu irmán ten queixas contra ti, (¡claro
que as temos, todos, recíprocas!), pousa a ofrenda alí mesmo, diante do altar. Vaite
primeiro reconciliar co teu irmán; e logo volve a presenta-la ofrenda”. ¡Máis
claro e máis rotundo, imposible!
Pero tamén o temos claro, claro e
rotundo, no seu colega Xoán, (14, 25-27), que especifica o mandato divino:
“Díxenvos estas cousas mentres estaba convosco; pero o Paráclito, o Espírito
Santo que meu Pai mandará no meu nome, ese havos ensinar todo, e traeravos á lembranza canto eu vos dixen.
(Así se explica que os Apóstolos tivesen tan boa memoria!). Déixovo-la paz,
dóuvo-la miña paz: eu non vola dou como o mundo a dá. Non vos agoniedes, nin
teñades medo”.
¡Aquilo si que foi dá-la paz: O
Fillo de Deus, que para perdoarnos, para redimirnos, estaba disposto a firmar
connosco, coa humanidade, o pacto definitivo, e de tinta o seu propio sangue,
que xa nos perdoou incluso antes da súa crucifixión; só o Deus da bondade
infinita foi capaz de facer iso!
¡Que distinto sería o mundo se a
carne non fose tan egoísta, se nos désemos con máis xenerosidade, con máis
caridade, pois, ao vernos nesa actitude, e tamén nesa aptitude, os ateos, e con
eles os pagáns, colleríannos envexa, e coa envexa admiración, decidíndose a
imitarnos, a levar connosco a cruz de Cristo! Vennos inmaturos e, xa se sabe, a
froita inmatura repele!
-.-
Danos,
¿só aos vivos?
Maiormente, si, pero tamén se poden
aldraxar os mortos, e con iso perderlles o respecto, borrar a súa veneración, a
súa exemplaridade. Facémolo os incultos, maiormente nós, pero tamén hai cultos
incultos. Un caso ben cerca do meu corazón, en Montecubeiro, na miña parroquia.
¿As pas da Concentración Parcelaria? ¡As pas, miñas pobres, non; certo é que o
fixeron elas, con elas, pero as responsabilidades estiveron nos enxeñeiros,
aínda que tamén nos controladores parroquiais:
-Achaiaron dúas fontes, ¡ou máis!,
de augas férreas, tan útiles que estaban sendo para a saúde da contorna, pois
levaban a súa auga lo menos, lo menos, os dunha legua á redonda: a da
Faladoira, e mailas da Serra de Ferradura. ¡Canto lles terían alargado a vida
aos nosos entregos!
-Achaiaron o rego, e co rego os
restos, do antiquísimo eremitorio da Valga do Santo Estevo. Nunca paso por esa
estrada que non me acorde do seu significado, da relixiosidade daqueles
anacoretas que elixiron o noso monte, o Monte Cubeiro, para recoñecerlle e
agradecerlle ao Creador a grandeza da súa obra.
¡Menos mal que viñeron as árbores
para darlles culto aos anacoretas; elas, si!
-Achaiaron o cemiterio do Zarro
Novo, enterramento que foi, ata avanzado o XX, dos abortos (fosen naturais ou
provocados), dos recén aínda non bautizados, dos suicidas, etc. ¿Quen di que
non son anxos os fetos?
Con meu avó,
rezándolles aos ausentes, ¡aqueles ausentes do cemiterio parroquial!
-Achaiaron as mámoas do Campo da
Eiladrán, e tamén as do Campo de Cobula.
-Por se fose pouco, romperon, cunha
pista polo medio, o Castro da Graña, (antigo graneiro, celeiro) ¡outro panteón
histórico!
E máis erros que non esquezo, pero
que calo, que escondo, para simplificar.
Que a incultura faga, ocasione,
danos, é doloroso, pero que os motive, ou non os evite, a cultura,
¡imperdoable!
Outro Si digo: Na estrada de
Piñeiro (Corgo), mesmo fronte á igrexa parroquial, ¡un sartego na cuneta, tendo
o cemiterio actual a dez metros! Isto é rirse da morte, pero tamén dos mortos.
-.-
Repasemos
iso das virtudes..., para cultivalas, para non esquecernos delas.
Segundo o Catecismo da Igrexa
Católica, a virtude é unha disposición
habitual e firme para facer o ben. ¿Habitual e firme? Daquela é preciso
te-las gravadas por duplicado: no corazón, pero tamén no cerebro, ¡por días de
vida!
Esta Igrexa, a nosa, a verdadeira,
non se cansa de ensinarnos que, Valores
como a bondade, a responsabilidade, a fidelidade, a sinceridade, a honradez, e
virtudes como a prudencia, a xustiza, a esperanza..., son, e sempre serán,
obxectivos aos que o ser humano tenderá, ¡debe tender!, séxase, algo que
buscará, ¡que temos que buscar!, para ser felices, e tamén, ¡tamén!, para facer
felices aos demais. Tomo nota, e firmo esta promesa; aquí mesmo, neste
ordenador, que por algo, e para algo, estou de Exercicios coresmais!
Hoxe en día que tanto se fala dos
valores, ¡dos materiais, por suposto!, que ata inventamos esa frase tan
estúpida de “poñer en valor”, ¿que sabemos, que lembramos dos valores
espirituais, desas muletas que nos axudan a subir esa costa que nos leva á
porta celestial?
¿Que non sabedes a que me refiro?
Repasemos: Os valores morais, que son os importantes, son eses referentes, esas
pautas, que orientan o comportamento humano cara á transformación social,
séxase a realización da persoa en canto apóstolo das ensinanzas do Mestre.
¿Vale? ¡Daquela, aprendelo, e non esquecelo!
En esencia: A virtude permite ao
home facer perfectas as obras morais, e nese exercicio, nesa ximnasia
espiritual, autoamansámonos, robustecémonos, perfeccionámonos. Segundo San
Gregorio de Nisa, “O obxectivo dunha vida virtuosa consiste en chegar a ser
semellante (nunca igual, que iso, ademais de imposible é unha soberbia, non si
Eva, non si Adán?) a Deus”.
Sen unha familia virtuosa, de pouco
vale que o sexa o entorno; sen un próximo virtuoso estaremos multiplicando,
reproducindo, as Sodomas e mailas Gomorras. ¿Daquela, que facemos? ¡Predicar,
por suposto; e se non conseguimos influír positivamente, fagamos a maleta,
emigremos, que iso é o que fixo Lot fuxindo do país da maldade!
Nunha noite de insomnio, buscando
emisoras, din cunha musulmá na que estaban dicindo, aconsellando, que,
“Prefiramos infieis que sexan prudentes e comedidos a fieis que sexan
imprudentes e levantiscos”. Non todo o Corán di isto, pero o seu predicador si
o dixo; daquela teñamos coidado coa súa expansión, e prediquémoslles,
aclarémoslles, que Xesús foi xerado e non creado, pois coa súa obstinación
expansionista e machista, tan cridos que están nesas hurís, ¡sempre virxes!, do
sétimo, e coa sura 215/218 sempre presente, “Os que creen, os que emigran e
combaten na senda de Deus (¡na de Alá, que non do de acá!), estes poden esperar
a misericordia de Deus, pois Deus é indulxente, misericordioso”, eses
fornicadores islamitas, se non os freamos, están dispostos a impoñernos o seu
Ramadán por todo o orbe, ¡que esa si que é Coresma!
No seu paraíso, (Corán 37, 47-48),
¡case nada!, “Terán virxes de mirada recatada, con ollos coma ovos de avestruz,
semi ocultos”. ¡Caramba; que tentación máis grande para os varóns; pero non é
verdade: trucos, gaioladas, de Muhammad!
Falando en serio, e volvendo ao
Evanxeo, que nel si que temos a verdade xustificada, demostrada, e non esas
desviacións, esas interpretacións nestorianas:
Xoán 14, 5-21: “Díxolle Tomé:
Señor, se non sabemos onde vas, ¿como imos sabe-lo camiño? Xesús respondeulle:
Eu son o camiño, a verdade e a vida: ninguén chega onda o Pai máis que por min.
Se me coñecésedes, coñeceriades tamén a meu pai; aínda que xa desde agora o
coñecedes e o tedes visto. Felipe díxolle: Señor, móstrano-lo Pai e abóndanos.
Xesús replicoulle: -Pero, Felipe, ¿levo tanto tempo convosco e aínda non me
coñeces? Quen me viu a min, viu o Pai. ¿Como dis entón “móstrano-lo Pai? ¿Non
cres que eu estou no Pai e o Pai en min? As palabras que vos digo non as falo
pola miña conta; é o Pai, que permanece en min, que fai as súas obras”.
Así os foi preparando Xesús para
que logo desen testemuño da súa Paixón, Morte, e Resurrección. ¿Que máis
lección queremos? ¡Pois, daquela, aprendela, aprendela e practicala;
particularmente na Coresma! ¿Só practicala? ¡Practicala tamén implica
predicala!
-.-
¿Que
sería de nós se Deus non nos perdoase?
O Papa
confesándose; ¡isto si que é dar exemplo!
Deus perdóanos na igrexa; ¡na Igrexa!
Por vontade expresa de Xesús Cristo ten a Igrexa o poder e maila facultade de
perdoar os pecados. “Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoéde-los
pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles
retidos”. (Xoán 20, 22-23). Deste poder -pola sagrada ordenación- participan os
bispos, sucesores dos apóstolos, e mailos sacerdotes. Representan a Cristo e
actúan no seu Nome.
De persoa a persoa, ¡que difícil é
perdoar! Pero aí temos a Deus, noso Señor, noso Creador, noso Amo, posto que
nunca delegou o seu mando, o mando que ten en nós, e aló, no principio dos
tempos dos humanos, inspirados naquela tentación satánica, aqueles feitizos de
barro foron tan soberbios que se quixeron igualar ao seu Superior...,
subleváronselle, sublevámonos, xa de entrada, nun desacato total, e con iso e
con todo, que pecado meirande non cabía, aplacounos o corpo, debilitóunolo,
pero con respecto a alma deulle unha oportunidade, ¡unha oportunidade de
salvación eterna!, nada máis e nada menos que xerando un fillo, un Redentor,
que cargou con tódolos sufrimentos imaxinables, para..., ¡para salvarnos, para
abrirnos as portas do Ceo! Se unha persoa humana nos fixese, nos puidese facer,
un favor parecido, seríamos escravos seus de por vida, ¿non si? ¡Daquela
meditemos, que vale a pena facelo!
-.-
As
obras de caridade
Díxosenos, e é certo, que San Pedro
recibiu as chaves do Reino do Ceo; si, pero coido que non sobra un pequeno
matiz, unha simple aclaración: ¡Pedro o que ten é a pechadura, pois as chaves
son múltiples, e todas iguais, que consisten na Cruz de Cristo (Paixón, Morte e
Resurrección), que nolas deu o propio Xesús, á vez que nos explicaba o seu
funcionamento.
Deunos graciosamente, gracialmente,
a herdanza do Reino do Ceo, en principio a partes iguais, pero detrás diso vén
o uso que fagamos delas, ¡que niso están os nosos méritos, pero tamén os
deméritos!
Adida esta herdanza, comezamos aquí
na terra a administrala, irmandados. Daquela, xa que somos irmáns, ¿por que
lles temos envexa aos que recibiron outro tanto? Se temos dúbidas, ao Evanxeo!
Así:
Mateo 22, 36-40: “Mestre, ¿cal é o
mandamento máis importante da Lei? El respondeulle: -“Amarás ó Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma
e con todo o teu entendemento”. Este é o mandamento primeiro e máis grande.
O segundo é semellante a el: “Amarás ó
teu próximo como a ti mesmo”. Destes dous mandamentos dependen a Lei
enteira e mailos profetas”.
Consecuencias diso; o xuízo final:
(No mesmo Mateo 25, 37-46) “Entón preguntáronlle os xustos: -¿Señor, cando te
vimos famento e che demos de comer; ou sedento e che demos de beber? ¿Cando te
vimos forasteiro e te acollemos; ou en coiro e te vestimos? ¿Cando te vimos
enfermo ou na cadea e te visitamos? O rei contestaralles: -Asegúrovos que canto
fixestes cun destes irmáns meus máis pequenos fixéstelo comigo. E diralles logo
ós da súa esquerda: -Arredade de min, malditos; ide para o lume eterno
preparado para Satán e para os seus anxos. Porque tiven fame e non me destes de
comer; sede, e non me destes de beber; fun forasteiro e non me acollestes;
estiven en coiro e non me vestistes; enfermo e na cadea e non me visitastes.
Eles replicaranlle: -Señor, ¿cando te vimos famento ou sedento, forasteiro ou
en coiro, enfermo ou na cadea e non acudimos? El responderalles: -Asegúrovos
que canto deixastes de facerlle a un destes máis pequenos, deixastes de facermo
a min. Estes irán ó castigo eterno, e os xustos á vida eterna”.
Á vida eterna, eh? ¿Está claro o
uso que podemos, e debemos, facer da nosa chave? As obras de caridade ás veces
non as facemos, non as cumprimos, por soberbia, pero tamén temos omisións que
se deben á pereza, ao pasotismo, tan de moda neste XXI. E aínda hai outro
perigo: ¡O mal exemplo que con iso lles damos aos nosos netos!
-.-
A
oración
Xesús en
oración, debaixo da oliveira.
O teléfono de Deus nunca está
ocupado; ¡ten unha infinidade deles, e aténdeos todos, á vez! Pero máis lle
gusta se rezamos en grupo, tal e como nos dixo por mediación de Mateo, no seu
18, 19-20: “Asegúrovos tamén que se dous de vós se poñen de acordo na terra
para pedir calquera cousa, conseguirano do meu Pai Celestial. Porque onde están
dous ou tres reunidos no meu nome, alí no medio estou eu”.
Fins
e formas da oración: Na oración o cristián ispe ante Deus a
súa alma. Glorificamos a Deus pola súa divindade, agradecemos as gracias e
mailos beneficios recibidos, e de paso pedimos polas nosas necesidades e polas
nosas preocupacións. Disto se derivan as cinco principais clases de oración: de glorificación, de acción de gracias, de
súplica, de intercesión, e de contemplación.
¿Protocolo? ¡É máis doado falar con
Deus que facelo coas persoas, que ata nos permite atualo, atrevemento que non
temos nin sequera cos caciques do noso lugar! Pero hai modos e maneiras:
-Cando lle falamos, cando rezamos,
non podemos, non debemos, traer á imaxinación figuras distorsionantes ou
irreverentes. A entrega e maila atención teñen que ser absolutas posto, e
suposto, que estamos, iso, ¡ante Deus!
-Persignámonos para que fuxa Satán,
para que o noso acatamentos sexa total, de toda fidelidade.
-Nada de rutinas, que iso non vale,
non o quere Deus: Cada palabra ten que ser profundada, comprendida, expresada
co máximo respecto. Unha cousa é que Deus nos dea a súa confianza, e outra caer
en desacato.
-Que non sempre sexa pedir; a cada
gracia recibida, un Deo gratias!
Mateo 6, 5-15, e Lucas 11, 2-24:
“Cando recedes, -díxonos o Mestre-, non fagades coma os hipócritas, que gustan
de rezar moi ergueitos nas sinagogas e nos recantos das rúas para que os vexa a
xente. Ti, pola contra, cando queiras rezar métete no teu cuarto, pecha a porta
e rézalle a teu Pai que está no secreto; e teu Pai, que ve o secreto, hate
recompensar. E cando vos poñades a rezar non sexades lareteiros coma os pagáns.
Botan de conta que os van escoitar polo moito falar. Non sexades coma eles,
porque voso Pai ben sabe o que precisades, xa antes de que llo pidades. Vós
rezade así: Noso Pai, que estás no Ceo, etc., etc.”
A
oración: Sincera e sinxela.
Mateo
6: 5-15; Lucas 18: 9-14
A oración sincera é a que sae dun
corazón que sinte que está comunicando con seu Pai Deus. A primeira
recomendación que nos fixo Xesús sobre como aprender a comunicarnos con Deus
foi que a oración debe nacer do corazón,
debe ser auténtica. Insisto: En realidade, o que a Deus lle interesa é a
actitude do corazón e non a elocuencia das verbas xa que o único que coñece o
íntimo do noso ser é Deus.
Preces
á Virxe e aos Santos. ¡Coa de avogados que temos no Ceo e non
imos aproveitarnos da súa mediación, da súa influencia? Falando en serio: Son
tantos os medios de salvación que puxo Deus ao noso alcance que é unha
temeridade non aproveitalos! Ante todo, María. Xa en vida, por unha simple
necesidade gastronómica, protocolaria, fíxolle ao seu fillo a primeira das peticións
que coñezamos, e con todo tratarse dunha necesidade relativa, Xesús
compraceuna. Vaiamos ao capítulo 2, de Xoán:
“Naquelas vodas de Caná..., María apúntalle ao
Fillo: -Non che teñen viño... Replicoulle Xesús: -Muller, ¿que ten que ver iso
comigo e contigo? Aínda non chegou a miña hora. Súa nai (segura de que ía ser
atendida a súa suxestión) díxolles entón ós servidores: -Facede o que el vos
diga”. ¡E fíxose o primeiro dos seus milagres: A auga converteuse en viño!
María intercedeu, aquí na terra, e fíxose
o milagre; ¡que non fará desde o Ceo!
Lembremos tamén que o noso
Santiago, falando sobre a intercesión, deixounos dito na súa carta (5, 16):
“Así que confesádevos mutuamente os vosos pecados e rezade uns polos outros
para que teñades saúde. Moito pode a oración teimosa do xusto”.
A miña dona e
mais eu sacando en procesión a imaxe da Virxe Milagrosa, doada por nós á miña
parroquia daquela cando tivemos o atentado dos mouros, do que non saímos ilesos
pero si vivos.
Polos
defuntos. Temos
dous tipos de oración: “Por”, e “Para”. ¡Que si! “Por” eles rezamos e
comungamos, pedíndolle a Deus que se compadeza deles, que igual que converteu a
auga en viño, lles converta os seus pecados en virtudes; en definitiva, que
llelos borre, que lles perdoe e lles permita entrar pola porta grande. “Para”,
porque, dando por suposto que foron bos, e que mereceron unha entrada directa,
sen ou con pouco purgatorio, agora terémolos na sala grande, na dos Santos, e
desde alí, sexa directamente, ou pedíndollo, eles, á Virxe, á Intercesora, á
Corredentora, lograrán para nós, e de paso para a nosa xente, aquilo que nós
mesmos, en primeira persoa, teríamos difícil..., pola mediocridade dos nosos
méritos! ¡Isto é o que vimos chamando “comuñón dos Santos”!
Nos
enterros das nosas parroquias, cando os ataúdes se levaban ao lombo, ¡bendita
costume aquela de deternos nos cruceiros para rezar polo defunto!
Cruceiro das
Cavozas
Réquiem aetérnam dona eis, Dómine: et lux perpétua lúceat eis.
Léctio Epístolae beáti Pauli
Apóstoli ad Thessalonicénses 1ª, 4, 13-18: “Non queremos, irmáns, que esteades
desinformados verbo dos mortos, para que non vos agoniedes coma os outros, os
que non teñen esperanza. Porque, se cremos que Xesús morreu e que resucitou, do
mesmo xeito Deus, por medio de Xesús, levará con El ós que xa morreron. Iso é o
que vos dicimos apoiados na palabra do Señor: non teremos avantaxe sobre os que
xa morreron, pois a un sinal de mando, á voz do arcanxo e ó son da trompeta de
Deus, o Señor en persoa baixará do Ceo: entón os cristiáns defuntos resucitarán
primeiro; despois, nós, os que quedemos vivos, seremos arrebatados xunto con
eles nas nubes, para irnos ó encontro do Señor no aire e así estaremos sempre
co Señor. Polo tanto, consoládevos uns a outros con estas palabras”.
-.-
Calvarios
Viacrucis,
sinxelos pero sentidos, con tódolos asistentes ao unísono, tan abatidos coma se
estivesen presenciando a paixón de Cristo Xesús, eran aqueles que
andaba meu pai en Montecubeiro, tres ou catro, ¡e sempre de memoria!
Un deles, en castelán, pois o
galego, daquela, era a lingua dos fogares pero non a dos actos públicos:
Por la señal de la
Santa Cruz, etc.
Señor mío
Jesucristo, que
a todos los que queremos seguirte nos invitas a tomar cada uno la cruz que tu providencia
nos destinas en esta vida, y a llevarla con ánimo y abnegación detrás de ti, oh
buen Maestro, que para darnos ejemplo tomaste tú la más pesada de todas las
cruces, y caminando delante de todos, nos incitaste a seguirte con nuestras
cruces: danos tu luz y tu gracia al meditar en este Vía Crucis tus pasos, para
saber y querer seguirte. Y vos, oh Madre de los Dolores, inspiradnos los
sentimientos de amor con que acompañasteis en este camino de amargura a vuestro
divino Hijo.
I estación. Jesús es condenado a
muerte. Señor mío Jesucristo, que quisiste ser condenado a muerte por mis
pecados, para que yo fuese perdonado de ellos: te suplico que me perdones en
vida mis culpas, y en el día del juicio me absuelvas de las penas eternas.
II estación. Jesús toma la cruz.
Señor mío Jesucristo, que con tanto ánimo tomaste en tus hombros la cruz de
mis pecados: te suplico me concedas resignación y ánimo para llevar la merecida
cruz de mis trabajos por tu amor.
III estación. Jesús cae por
primera vez. Señor mío Jesucristo, cuando yo caiga desfallecido y sin ánimo
para cumplir mi deber, te suplico me levantes y reanimes con tu gracia para
seguir con mi cruz, cumpliendo hasta morir tu santa voluntad.
IV estación. Jesús se encuentra
con su Santísima Madre. Señor mío Jesucristo, no sólo a ti, sino también a
tu Madre, fui causa de dolor. En la calle de la Amargura de mi vida, envíame el
consuelo de encontrar a tu Madre, pues con su presencia tendré más ánimo. Y
vos, oh Virgen Dolorosa, Madre mía, perdonadme, y no os apartéis jamás de mí.
V estación. Jesús es ayudado por
el Cirineo. Señor mío Jesucristo, te suplico me des la gracia de que yo sea
tu Cirineo, cooperando a la salvación de los hombres; que yo sea el Cirineo de
los afligidos, pobres y necesitados, aliviando sus penas, y que tu seas nuestro
Cirineo, para que perseveremos hasta el fin.
VI estación. Jesús se encuentra
con la Verónica. Señor mío Jesucristo, te suplico que grabes en mi corazón
aquella imagen que dejaste a la Verónica en el lienzo con que enjugó tu rostro,
para que, teniendo presente lo que sufriste por mí, me anime a sufrir cualquier
cosa por ti.
VII estación. Jesús cae por
segunda vez. Señor mío Jesucristo, te suplico que, aun cuando yo caiga
segunda vez, , y muchas veces en mi camino, no me dejes, no me abandones caído.
Ten paciencia conmigo; levántame, anímame, ayúdame, para que siga adelante con
tu cruz, a tu lado.
VIII estación. Jesús habla a las
hijas de Jerusalén. Señor mío Jesucristo, que a pesar de ser árbol florido
y fructuoso, tan duramente fuiste castigado por mis culpas, dame tu santo amor,
temor y humilde resignación para que, pues soy tronco árido y leño seco, acepte
gustoso lo que tu providencia me envía, que es mucho menos de lo que merezco, y
sin comparación menos de lo que padeciste Tú por mí.
IX estación. Jesús cae por
tercer vez. Señor mío Jesucristo, yo te suplico que, si es posible, me
libres de las grandes tribulaciones y cruces, como la que te hizo caer tres
veces; pero si tu voluntad me las da y mis pecados las exigen, auxíliame con tu
gracia, y levántame en mis desmayos con tu amor.
X estación. Jesús es despojado
de sus vestidos. Señor mío Jesucristo, te suplico que me concedas gran
conformidad con la pobreza, y profundo desprecio de los bienes de esta vida, de
modo que, así como dejaste tus vestidos por mí, así yo me despoje de lo
superfluo y lujoso por ti y por los pobres.
XI estación. Jesús es
crucificado. Señor mío Jesucristo, aunque estás en la cruz humillado,
ajusticiado, deshecho, eres mi Dios, mi Rey y mi Redentor. Como a mi Dios te
adoro con viva fe; como a mi Rey te saludo y ofrezco cuanto tengo y poseo; como
a mi Redentor te amo con toda mi alma y te consagro todo mi corazón.
XII estación. Jesús muere en la
cruz. Señor mío Jesucristo, que en la cruz mueres por mí: más me amaste a
mí que yo a ti, pues quisiste morir por mí. Concédeme vivir y morir por ti como
tú viviste y moriste por mí. Dame una buena muerte: morir en tu gracia, morir
en tu amor, morir en tu voluntad, morir en tu cruz contigo.
XIII estación. Jesús es bajado
de la cruz. Señor mío Jesucristo, muerto y deshecho por mí, yo venero tu
santísimo y divino cuerpo reclinado en los brazos de tu piadosísima madre, y te
suplico que me concedas un vivo dolor de tanto como a ti y a tu Madre os hice
padecer con mis pecados, y gracia para enmendarme de todos ellos.
XIV estación. Jesús es
sepultado. Señor mío Jesucristo, te suplico me concedas la gracia de morir
de tal manera, que por haber participado de tu Pasión pueda, al expirar,
participar de tu gloria y, en el día del juicio, de tu resurrección. Que tu
cruz gobierne mi vida, y cobije mi muerte en el sepulcro.
Oración final: Dígnate, Señor,
mirar por esta familia, por la cual nuestro Señor Jesucristo no vaciló en ser
entregado en manos de los malvados y sufrir el suplicio de la cruz. Por Nuestro
Señor Jesucristo , que contigo vive y reina, Dios por todos los siglos de los
siglos. Amén.
-.-
Nunca volvín á miña igrexa que non
se me viñese á memoria aquela figura de meu pai, arrastrando unha sela, de
estación en estación, para axeonllarse coa devoción dun santo, ¡e mais foi
perseguido por “roxo”! Talmente parecía que levase unha cruz ao lombo, pois o
seu acento piadoso, reverente, explicativo, mesmo facía estremecer á xente.
¡Aqueles Calvarios sí que eran
evocativos e non esas teatralidades que facemos agora nas cidades!
Encapuchámonos; ¡por algo será!
O Domingo de Ramos deixáramos sen
ramas as oliveiras, os sabugueiros, os loureiros..., pero na semana seguinte
aqueles ramallos tornábanse cruces..., ¡e pesaban tanto coma os nosos pecados,
que para iso eran, para culmina-la nosa Corentena!
-.-
Colaboración
nos cultos e coas asociacións
Un católico que se prece de tal é,
ante todo, debe ser, un colaborador coa Igrexa, na igrexa; contribuír aos seus
cultos, as súas expresións públicas, caritativas e divulgativas. Xesús predicou
a todos e para todos, non resgardándose de ninguén. ¿Onde temos a lección? ¡No
propio Mestre!
Os Terciarios
franciscanos de Ifni.
Xosefina e
mais eu, na primeira fila, de branco, sentados no chan.
O catolicismo pasivo non é
catolicismo; é avergoñarse de selo. Só Deus sabe se co noso exemplo
convertemos, daquela, algún islamita, pero do que non me cabe dúbida é de que
algunha impresión positiva fixemos.
Da Comisión Permanente da
Conferencia Episcopal: Los católicos en
la vida pública. Madrid, 22 de abril 1986. (Que segue, e seguirá, de
actualidade).
“El fenómeno asociativo:
La vida pública y democrática necesita una red de
asociaciones cuya ideología y programas han de corresponder a las convicciones
de sus miembros.
72.- Para actuar eficazmente en la vida pública no bastan
la acción o el compromiso individuales. Una vida democrática sana cuyo
verdadero protagonista sea la sociedad, tiene que contar con una amplia red de
asociaciones por medio de las cuales los ciudadanos hagan valer en el conjunto
de la vida pública sus propios puntos de vista y defiendan sus legítimos
intereses materiales o espirituales.
73.- La incorporación a cualquier asociación supone una
decisión personal, un esfuerzo de clarificación, un ejercicio de libertad y
responsabilidad. También es cierto que quien se asocia se obliga a observar
unas pautas de comportamiento, a sostener unas determinadas ideas o actitudes.
Por eso es importante que la ideología y los programas de las asociaciones
correspondan sinceramente a las convicciones profundas de sus miembros. De lo
contrario, se crean situaciones violentas que destruyen la identidad interior
de las personas o bloquean el dinamismo social de las propias asociaciones.
74.- En todo caso, el cristiano y el ciudadano
verdaderamente libres no deben someter los imperativos de su conciencia a las
imposiciones del grupo o partido en el que militen. Una claudicación semejante
allana el camino a procedimientos dictatoriales, incompatibles con el respeto
debido a la persona humana, que es siempre la base de cualquier proyecto
auténticamente democrático”.
-.-
¡Ecce
homo!
¡Eu tamén
estiven alí, pois aquelas espiñas eran da miña roseira, da roseira dos meus
vicios e dos meus pecados!
Da Análise feito por Santiago Santidrián, catedrático de Fisiología da Facultad de
Medicina da Universidade de Navarra:
“La corona de espinas.- Posiblemente las espinas
provinieran de la planta Euphorbia esplendens, también
llamada “corona de Cristo”. Las espinas son hojas modificadas que
dan lugar a formaciones agudas, aleznadas, a veces ramificadas, provistas de
tejido vascular, rígidas por ser ricas en tejidos de sostén. Las
espinas pueden tener una longitud 2 o 3 cm. Se producen múltiples
heridas pequeñas punzantes (pinchazos), incisiones (cortes) e
inciso-contusiones (cortes unidos a golpes o cortes producidos por
instrumentos no cortantes), que abarcan la parte superior de la frente y se
continúan hacia atrás por ambos lados de la cabeza, afectando a los huesos
parietales, temporales y occipital. Las heridas son profundas,
afectando a toda la galea capitis (cuero cabelludo), una de
las regiones cutáneas con más capilares del cuerpo. Los pabellones
auriculares se hallan igualmente perforados por la acción de los pinchos
punzantes de la corona. No podemos olvidar que, como narran los Evangelios, la
corona de espinas fue hendida, presionada, apretada sobre la cabeza con
golpes de palos que los soldados romanos propinaron a Jesús (Mt 27,
30). Como consecuencia de las profusas hemorragias provocadas por las
múltiples heridas, todo el cabello, en toda su longitud, se encuentra empapado
de sangre húmeda o con costras originadas al secarse y coagularse la
sangre. El dolor generado en las muy abundantes terminaciones
nerviosas cutáneas craneales que captan estímulos dolorosos (nocirreceptores)
es muy agudo. Además, la pérdida adicional de sangre, que debió resbalar por la
frente, cayendo hasta los ojos (impidiendo una correcta visión), sienes y
cabello pudo ser considerable. También es posible que parte de la
abundante sangre que caía desde la cabeza y desde la frente pasara a la boca,
fuera sorbida y contribuyera a aliviar en alguna medida la intensa sed
que Jesús ya sin duda padecía, por la fuerte deshidratación (por
sudoración y hemorragias) y por la pérdida de electrolitos (sal), además de la
sensación de calor por la fiebre que sin duda padecía. Ya es la tercera
hemorragia: sudor de
sangre, flagelación, la coronación de espinas. Es probable que comenzara a
instaurarse un proceso de coagulación intravascular diseminada como
consecuencia de la existencia de muchas lesiones y traumas del cuerpo de Jesús.
Las bacterias que aprovecharon la debilidad de Jesús durante la flagelación
para infectar las heridas, empiezan a segregar toxinas que
contribuyen a agravar el proceso de coagulación. Puede que la capacidad
hepática de sintetizar y liberar factores de la coagulación pudiera estar tan
agotada por aporte de oxígeno insuficiente al hígado, que la capacidad
de mantener el equilibrio de coagulación en la sangre de Jesús podría haber
estado muy comprometida.
“Ecce
Homo!.- Pilato lo presenta al pueblo con un aspecto espantosamente
deplorable: “Ahí tenéis a vuestro rey” (Jn, 19, 14). Jesucristo
flagelado, con la corona de espinas en la cabeza, cubierto con un mugriento y
maloliente manto de burla, somnoliento, con gran debilidad, el pelo revuelto y
desgreñado y con costras de sangre coagulada, encogido, doblado por la
fuerte descarga nerviosa y el intenso dolor, con contusiones y hematomas en
la cara por el trato brutal, y quizás temblando y tiritando por el
dolor intenso, el frío y la fiebre que se produce cuando se pierde
mucha sangre. Con una sed aún más intensa, saliva pastosa y espesa, la lengua
seca y los labios agrietados de la propia sequedad.
“Dolor
de cabeza tensional. Le hacen llevar un trozo de palo en la mano a modo de
cetro… y se le presenta como un Rey “Varón de dolores, no hay en El
parecer ni hermosura, con el rostro que espanta”
“La
debilidad es ya muy grande: progresa el shock por
falta de sangre, posiblemente complicado con inicio de shock infeccioso.
Posible comienzo de insuficiencia cardíaca, por menor retorno venoso y
arritmias provocadas por el alto potasio en sangre complicadas por fuertes
taquicardias a causa de la reacción de stress, por descarga
nerviosa. Progresa el posible derrame pulmonar y pericárdico que
comenzó en la flagelación, lo que dificulta la respiración, aún más complicada
por la referida postura de flexión del tronco y la pleuritis.
“Jesús
sufre una sed fortísima por la gran deshidratación, que activa
fuertemente el sistema renal y los centros cerebrales reguladores de la ingesta
de agua y de la sensación de sed. Se produce una retención renal –en la medida
que los riñones funcionaran competentemente- de sal y agua y aumenta de la
secreción de potasio gracias a una hormona: la aldosterona, en un intento para
paliar algo la altísima concentración de potasio (porcitolisis muscular
y de glóbulos rojos masiva).
“Cualquiera
que sea el estado final de alteración de la concentración de potasio, es
razonable que contribuyera a complicar la excitabilidad nerviosa,
neuromuscular y cardíaca.
“Ya se
ha mencionado un posible comienzo de insuficiencia renal, en el que
pudieran estar actuando, al menos, tres mecanismos:
“a)
Las células musculares, al ser rotas por las contusiones
fortísimas de la flagelación, vierten una proteína a sangre, la mioglobina, que
obstruye el sistema de filtración del riñón.
“b)
Las fuertes lesiones de la flagelación en la región lumbar que
pudieron contusionar directamente los riñones
“c) La
intensa vasoconstricción arteriolar aferente y eferente
causada por la angiotensina-II, otra hormona hepática segregada junto a la
aldosterona, deja casi sin sangre al riñón.
“Y en
todo momento, Jesús
permanece callado, perdonando, aceptando el sufrimiento, quizá preparándose ya para el duro camino que le espera hasta el
Calvario”.
-.-
A
Pascua de Resurrección
Non a merecíamos, pero Xesús
déunola coa súa Resurrección. ¡Traxe novo..., cando se podía chegar a telo; e
Pascua florida, que nunca faltaba na bisbarra unha corrida do galo para
botarlles, tanto ao galo como á moneca (pirotécnica) da Pascua, a culpa de
tódolos excesos humanos imaxinables. ¡Daquela si que crucificabamos a Barrabás
nos corpos do galo e no da boneca, pois a nosa xustiza era correcta, e non a
daqueles xudeus obcecados, mal aconsellados polo propio Satanás, estúpidos,
ignorantes de que, crucificando inxustamente ao Fillo de Deus, estaban
propiciando a Redención de toda a humanidade!
A Resurrección foi o sumun liberatorio, o testemuño máis
rotundo de que Xesús era o Fillo de Deus, segunda persoa da Santísima Trindade.
Para min aínda ten outra lectura que adoitamos esquecer: ¿A quen se apareceu o
Resucitado, de primeiras? ¡Ás mulleres; e nin con iso as queren, as queremos,
subidas no presbiterio! Mira que hai pecados de omisión, pero coido que nisto
estamos en desacato co Resucitado.
-.-
¡De
primeiras, ás mulleres!
¡Que pouco nos fixamos nisto, e iso
que tamén está nos evanxeos! Xoán 20,
11-18: Mentres tanto, María (a de Magdala) quedara ó pé do sepulcro, na
parte de fóra, chorando. Sen deixar de chorar, abaixouse a ollar no sepulcro.
Viu dous anxos de branco, sentados, un á cabeceira e outro ós pés do sitio onde
xacera o corpo de Xesús. Eles preguntáronlle: -Muller, ¿por que choras? Ela
respondeulles: Porque colleron ó meu Señor e non sei onde o puxeron. Dito isto,
virouse cara atrás e viu a Xesús alí de pé, pero sen se decatar de que era
Xesús. Xesús preguntoulle: -Muller, ¿por que choras? ¿A quen buscas? Ela,
coidando que era o xardineiro, díxolle: -Señor, se o levaches ti, dime onde o
puxeches, que eu o collerei. Xesús díxolle: -¡María! Ela, virándose, exclamou
en hebreo: -“¡Rabbuni!” (que quere dicir “Mestre”). Xesús díxolle: -Sóltame,
que aínda non subín onda o Pai; máis ben, vai onda os meus irmáns (os
discípulos) e dilles: “Subo onda meu Pai e voso Pai, o meu Deus e o voso Deus”.
María Magdalena foilles contar ós
discípulos que vira ó Señor, e que lle dixera estas cousas”.
-.-
Ascensión
do Señor
Feitos
dos Apóstolos 1, 8-11: “-Pero recibiréde-la forza do Espírito
Santo, que virá sobre vós e seréde-las miñas testemuñas en Xerusalén, en toda a
Xudea e Samaria e ata os confíns da terra. En dicindo isto, elevouse á vista
deles, e unha nube quitóullelo da súa vista . Estando eles fitando para o ceo
mentres el marchaba, presentáronselles dous homes con vestidos brancos, que
dixeron: -Galileos, que facedes ollando para o ceo? Este Xesús, que vos foi
levado de entre vós ó ceo, ha de volver do mesmo xeito que o vistes ir”.
Conclusión
do Evanxeo de San Xoán: 21, 24-25. “Este é o discípulo que dá
testemuño destas cousas e o que as escribiu; sabemos que o seu testemuño é
verdadeiro. Hai aínda moitas máis cousas que fixo Xesús, que, se se escriben
unha por unha, coido que o propio mundo non podería conte-los libros que se
habían escribir”.
-.-
A
Misa das muletas
Para ver xuventude nas igrexas hai
que ir á Misa da Catequese; no resto, selas de rodas e calvos; ¡como moito, un
negro!
¡Canto sinto ser vello pois, do que
non, iríame para Herbón..., con tal de que deixasen casa-los curas, coa falta
que temos deles!
E logo, a xuventude...? Entre a
fatiga dos estudios, a do traballo, as durmidas tardías por culpa dos
televexos, ¿os domingos, que? ¡Aos domingos non precisan espertadores, pois a
xuventude esperta cando oe renxer a porta, que a abrimos os vellos ao retornar da
igrexa!
O padriño do
meu fillo, Pedro Sánchez Pumariño, Comandante Capelán, na guerra de Ifni,
misando de cara aos mouros, nas trincheiras da primeira liña.
“Credo”..., rezou, ¡por tres
veces!, aquel Mariscal, tan amigo de Portugal, Pedro Pardo de Cela Aguiar e
Ribadeneira, cando aquel ¿gobernador? dos chamados Reis ¿Católicos? o mandou
decapitar. Eu, tamén servidor e amigo dos portugueses, ¡máis que de Isabel!,
tamén rezo o Credo, tamén, e non deixo de crer, aínda que pecador, na Santa
Igrexa Católica, Apostólica e Romana, que nunca unha “bula” lle falsifiquei!
-.-
¿Como
pode ser que existan, e que perduren, esas pseudo relixións tan absurdas, esas
seitas pragadas de aberracións, de deformacións, en definitiva, desinformadas,
ou mal formadas, cando tan clariño e tan documentado temos o noso catolicismo;
será por falta de predicadores, ou simplemente por iso de que, “predícame
frade, que por un oído me entra e por outro me sae?
Cada
vez que o penso, estállame a cabeza, oprimido pola nosa impotencia en resolver
este problema, con XX séculos que levamos de apostolado! Está claro que facemos
pouco, pouco e mal feito; a semente é boa, perfecta, pero sementamos mal,
desintegrándoa con malos exemplos. ¡Oh, si, os malos exemplos; os
incumprimentos, que nos desacreditan!
Marcos 4, 2-9, e Lucas 8, 4-8:
“Ensinoulles moitas cousas en parábolas, e instruíaos así: -Escoitade: Unha vez
saíu un labrador a sementar. E resulta que, ó bota-la semente, parte dela foi
caendo polo camiño adiante; viñeron os paxaros, e comérona. Outra caeu entre as
pedras, onde apenas había terra; e naceu de contado, porque a terra non tiña
fondura; pero non ben saíu o sol, queimouna, e, como non tiña raíz, secou.
Outra parte caeu na silveira, e, ó medraren as silvas, afogárona, e non a deixaron
dar froitos. Outra caeu en boa terra; naceu, creceu, e chegou a dar froitos; o
trinta, o sesenta, e aínda o cento por un. Concluíu: “Quen teña oídos que
escoite”.
¡Ese é o problema, que nos fallan
os oídos; ou é que nos fallan, ou que os tapamos; precisaríamos audífonos
apostólicos, pero, se os temos, non os usamos! (Os meus avaríanse de cando en
vez). Conclusión: ¡Hai que sementar, non perder ocasión para falar ben, con
coñecemento de causa, e tanto como falar, cumprir; como sempre direi: dar
exemplo bo, atinado, oportuno, construtivo..., para que a semente boa, o
catolicismo, medre, dea froitos!
¡Señor meu, e Deus meu: con tanta
semente que levo recibida, rega a miña alma coa túa gracia para que, no
sucesivo, nestes catro días que me falten, os meus feitos non sirvan de
escándalo, senón de evanxelización modélica, que é o que temos a obriga de
facer todos aqueles que recibimos a semente evanxélica!
-.-
Morir
habemus...
“-Morir habemus. -Ya lo sabemos” Os
cartuxos (San Bruno), están equivocados. Un católico, con tal de que o sexa de
verdade, non morre: ¡Pasa da vida terreal, da efémera, á eterna, á gloriosa, á
definitiva. Xa o dixen antes: ¡Témo-la chave; o problema está en usala con
piedade, devotamente!
Morrer é un “¡Deica logo, irmáns!
O xuíz seremos nós, nós mesmos,
acusándonos das nosas faltas. O defensor, Xesús, daranos a absolución, sempre e
cando morramos en gracia, arrepentidos, á imaxe e semellanza do Bo Ladrón, que
o invitou a pasar, desde a mesmísima cruz: “-Asegúroche que hoxe estarás comigo
no Paraíso!”. (Lucas 23, 43).
Incomodidade foi a dos nados antes
da Pascua, posto que pasaron, ¡séculos!, esperando pola vida de Cristo Xesús.
¿Por que tardou tanto? Reintegrados ao reino animal polo pecado orixinal,
tiveron que pasar milenios para que o home se cultivase un pouco, ¡e aínda así
Xesús, para facerse entender, tivo que explicar con parábolas a súa doutrina!
Nós, os posteriores, se fósemos agradecidos non levantariamos os xeonllos da
terra, de tanta caridade como lle debemos a Deus; tanta, que logo parece
imposible o seu perdón para aquela soberbia deicida, tida e transmitida. ¡Deo
gratias; ao Pai, ao Fillo, e con eles, ao seu Espírito, ao Espírito Santo!
Tárdame o reencontro coa miña
xente, ¡tanta que levo coñecida! Pero a morte, séxase, o traslado espiritual, é
cousa do meu Creador, así que, no entrementres, Señor, non me deixes caer nas
tentacións deste século, tan materialista que xa non pode ser máis!
-.-
Xosé
María Gómez Vilabella
A
Misa da Catequese Parroquial
Considero que é unha devoción asistir,
participar nela, de cando en vez. É rexenerativa: Sérvenos para evocar a nosa
crianza, a nosa formación/deformación, e de paso damos aos nenos a visión duns
vellos que non perden de asistir á celebración eucarística.
Cos nenos diante, ata os cregos son
máis amenos; esfórzanse por facerlles entender a Misa, e así tamén renovan e
avivan a nosa devoción.
Deixade que os nenos se acheguen a
min..., ¡e vaia se se achegan, pois comungan cunha ledicia que lles fai saltar
os ollos ante a presencia de Xesús-Eucaristía! Marcos 10, 13-16: “E leváronlle
uns nenos para que os tocase. Pero os discípulos rifábanlles. Mais a Xesús non
lle gustou aquilo e dixo: -Deixade que os nenos se acheguen a min; non llelo
impidades, porque deles é o Reino do Ceo. Asegúrovos que aquel que non reciba
coma un neno o Reino de Deus, non entrará nel. E abrazounos e bendíxoos e
impúxolle-las mans”.
-.-
Confirmación
A
do meu neto Andrés:
Se o bautismo foi o alistamento
para o Exército de Xesús, a confirmación é o noso, actual, perenne,
Pentecostés: A vida do Espíritu Santo, que nos titula, que nos confirma, que
nos arma cabaleiros do apostolado e da milicia celeste. ¡Deo gratias!
Feitos
dos Apóstolos, 2, 1-4: “Cando se cumpriron os días de
Pentecostés, estaban todos xuntos no mesmo sitio. De súpeto veu do ceo un
ruxido coma dun forte golpe de vento, que encheu toda a casa onde estaban; e
apareceron talmente coma linguas de lume, que, repartidas, foron pousándose
unha sobre cada un deles. Quedaron cheos do Espírito Santo...”
A Confirmación é o noso Pentecostés
persoal. O Espírito Santo está actuando continuamente sobre a Igrexa de modo
moi diverso. A Confirmación -ao descender o Espírito Santo sobre nós- é unha
das formas en que El se fai presente ao pobo de Deus. ¡Deo gratias!
A partires da Confirmación
convertémonos en cristiáns maduros, e podemos levar unha vida cristiá máis
perfecta, máis activa. ¡Deo gratias; e felicitacións aos confirmados!
-.-
O
“Que dirán”, foi un fariseísmo moderno?
Definición: “A opinión pública
reflexada en murmuracións que cohiben os autos” ¿Que era farisea? ¡Si, foino,
pero tamén moi útil..., ata que pasou de moda! Nas aldeíñas, onde todo o mundo
se coñecía a fondo nunha legua ou dúas á redonda, o pánico que se lle tivo ao
“que dirán” freou moitos vicios, moitos escándalos. Daquela o vicio, os malos
comportamentos, arraigaron nas cidades, onde nin os veciños do propio edificio
te coñecían...; ¡tan só de vista, e pouco máis!
¡Os freos son bos, sempre, que ata
amansan os cabalos!
-.-
Aquelas
“misións” do século XX
No segundo terzo do XX volveu a
Inquisición! As “misións” foron inter parroquiais, concorrendo aos campos onde
se celebraron, en procesión, coas mellores imaxes de cada parroquia. Triduos, e
nalgún caso, novenas.
Curas e frades habíaos a granel,
pero todos, ou a maioría, cortados, preparados, adoutrinados, polo mesmo
patrón: ¡terroríficos!
Comezaban e terminaban os sermóns
ameazando co inferno, así que a xente, incluso os homes, de xeonllos no campo,
na terra, tremían coma se fosen varas verdes. Incluso se deu algún caso de
brutiños e incultos que saían da misión..., ¡blasfemando! Non se queixaban das
opresións franquistas, porque iso levaba aparellada detención, seguida de
prisión, pero si dun Deus que, fixesen o que fixesen, sería un milagre que os
librase do lume eterno.
¿Era eficaz aquel ambiente
inquisitorial? Moito me temo que foi contraproducente; o único que se libraba
era aquel San Francisco do Ferrol, pois ese, pecase o que pecase, e matase a
cantos máis mellor, a clerecía rendíalle un culto especial. Pero non todos,
pois dicíase do bispo de Canarias, Pildain, que, para non ofrecerlle o palio
cando o ¿caudillo? visitou As Palmas, para librarse do compromiso, pechou a
catedral e foise cos seus cóengos para o santuario da Virxe do Pino..., ¡que
alí non tiñan palio!
Nuestra
Señora del Pino, en Teror.
Tamén se contaba que o Cura de Gondel,
desesperado pola incredulidade dos seus fregueses, díxolle ao sancristán:
Súbete á tribuna do fondo da igrexa con un tizón, e cando eu diga o que vou
dicir, ti estiras o brazo e axitas..., ¡para que caian raios! Dito e feito: “-Queridos feligreses, -en castelán, por suposto-, hoy haré un milagro para
que empecéis a tener fe, que buena falta os hace. Así, cuando yo pida al Cielo
que caigan rayos, rayos caerán!”. Nisto, o sancristán, deu un berro
desde aló arriba: “¡Ao carajo, señor Cura, que tardou moito, e apagóuseme o
tizón!”.
Conclusión: Que o noso Deus é un
Deus de amor, de perdón; o deus vingativo non é Deus; o deus do lume era un tal
Hefesto, daqueles romanos que tiñan un deus para cada cousa, para cada
situación. ¡Bendito Concilio Vaticano II, que cortaches aqueles pánicos,
aquelas atricións desmedidas, aquelas desviacións pseudoteolóxicas do clero de
entón!
-.-
Martes,
e trece.
¡Que casualidade: hoxe, neste
capítulo, a non sei cantos anos, volve a coincidir martes e trece, tal que na
data na que casei...; ¡non, na que me casaron, xa que foi á distancia de tres
mil quilómetros, mediante un poder notarial! Da miña experiencia persoal tirei
a certeza de que non hai, non pode haber “casamento” sen Casamento, sen
Casamento Sacramental!
As Vodas de
Ouro, en Montecubeiro, cos fillos, cos netos..., e catro Curas!
¿Tedes a curiosidade de saber como
foi a miña voda? Non teño ningún receo en contalo: No Banco non me aceptaban o
traslado para Sidi Ifni se ía casado pois aqueles días por aló había unha peste
bubónica atroz, e non querían responsabilizarse dos perigos das esposas. ¿Ben
feito? ¡Moito; grazas, don Manuel Arburua! Agora dubido se as gracias llas debo
a Arburua ou á miña temeridade de non retirar a instancia, que así resultei
elixido en lugar dos cinco compañeiros que, con máis méritos e menos audacia,
retiraron as súas..., ocasionándome un ascenso de 18 anos naquel escalafón!
Agora vén o de como pasei a voda:
Estivemos traballando no Banco ata as dúas, e saímos para comer no Casino de
Ifni, onde invitei a toda a plantilla. Entramos por..., ¡un caldeiro de
percebes, que llelos encargara ao mouro “Gallina”, un rapaciño que se colgaba
dos acantilados por só 5 pesetas! Despois dun cacho de xolda, aguantándolles as
bromas, “casado sen noiva”, funme para o
hotel, “Suerte Loca”, onde durmín unha sesta de 8 ou 10 horas, ¡seguidas!, a
soas cos meus pensamentos; cando me entrou o apetito baixei para cear, pero...,
¡xa cerraran o comedor!
No episodio seguinte resultou que
non me deixaron baixar ao avión, segundo era costume cando chegaba algún
familiar: “Orden expresa del Gobernador...” Na primeira ocasión na que me vin a
soas co General Tutor non dubidei en darlle a queixa: “-Por que me prohibió bajar..., y sólo a mí, cuando llegó mi mujer?”.
“-Disculpa; pero lo hice a petición de aquellas señoras que estaban en la
terraza, ansiosas de veros besar!”.
Do avión fomos á igrexa, onde nos
esperaba o P. Santiago, para celebrar a nosa “Misa votiva pro Sponsis”. ¡Aquel
día si que cenamos, ámbolos dous, no Suerte Loca: Cus cus e tarta de almendra!
¡Despois..., a funcionar, que rematara a soidade! Párate, rapaz, que tes un
lapsus: ¡Volviches a ter soidade cando a guerra do 57/58; ti quedácheste
defendendo o Banco, como Somatén armado, e a túa dona, co neno, saíron para
Madrid, evacuados nun avión militar, daqueles que nos levaban as bombas, pero
tamén algo de comida!
Casarse pola Igrexa é casarse; as
outras cerimonias son..., circensis, como dicían os romanos!
-.-
Os
fillos...
Os fillos, primeiro anúncianse, e
despois chegan; a continuación comeza a educación, que é un traballo de
xigantes..., pola atención que merecen, e tamén pola que necesitan; ¡en todo caso,
benvidos sexan!
Para educar e para instruír aos
fillos non hai nada como casarse cunha Mestra, cunha mestra que o sexa de
maiúsculas, pero o caso é que non as hai para todos!
Eu tiven a sorte, ¡desgracia
doutros!, de que daquela abundaban, elas, porque escaseaban os mestres,
depurados polo franquismo, e as rapazas tampouco tiñan moito onde escoller
carreira.
Se xa éramos apóstolos fronte á
humanidade, a concesión dun fillo, de cada fillo, engade unha responsabilidade,
outra, e non de menor contía. Claro que, levada entre dous, responsabilidade
compartida, aparentemente, pois cada un deles ten o seu papel, o seu rol, que
son complementarios pero non desligables.
Tódalas especies teñen a súa
reprodución, conferida e concedida polo Creador, pero na humana dáse a
inmensidade de que, formando un corpo tamén formamos un alma, destinada,
predestinada, a ser eterna, a salvarse ou a condenarse. ¡Case nada!
O caso é que non adoitamos pararnos
nesta meditación: ¡Deus, con cada fillo, faino socios seus, danos a compartir a
salvación doutro ser, doutra alma! El, da súa parte, dálle á criatura un
albedrío libre, pero aos pais dálles a carga formativa, o apostolado de
ensinarlle a salvarse. ¡Que mérito, que concesión, pero tamén, o dito: que
responsabilidade!
¿Como se cría, e como se educa, un
neno? Hai leccións, que cada vez se vai divulgando máis este tipo de
coñecementos, pero cada ser é distinto, así que compre aplicar as teorías a
cada caso, a cada mentalidade; nesta construción, coma en todas, cada pedra
sostén á seguinte, así que temos que elixilas ben, escuadralas ben,
asentalas ben!
-.-
Tras
dos fillos, as noras e mailos xenros.
Se delicada é a convivencia cos
fillos, fillos e fillas, non che digo nada coas noras e cos xenros: Veñen
doutro mundo, doutra familia, doutra escola, doutros valores..., e daquela
temos que aprender, aprender outro tipo de convivencias, e facelo con afecto e
con consideración, para que a ampliación territorial sexa grata, aceptable; en
definitiva, froiteira.
Ten máis mérito a reciprocidade do
afecto de e con os fillos políticos que cos propios porque eses son volitivos,
cultivados, graciables. O que non quero nin pensar é no drama, na
responsabilidade que supón emparentar con xente doutras relixións, verlles e
oírlles os seus disparates e non poder facer nada, ou pouco, por catequizalos.
Ás noras e aos xenros debémoslles
os netos, que adoitan ser a nosa despedida xeracional; ¡déulle-lo pague, por
máis que o fixeron sen contar con nós, sen decatarse de que nos estaban facendo
un regalo, pero, aínda así, é moito de agradecer.
A chegada dos netos é un pracer
insuperable, pero tamén unha preocupación: ¿criarémolos ben, como Deus manda,
en puro catolicismo? ¡Hai que poñernos en garda, e aportarlles a máxima
atención, o meirande dos afectos, que se demostra, que se inicia, ensinándolles
a persignarse..., ¡por se os pais se esquecen de facérllelo saber! Os pais de
agora, xeralmente traballando os dous, na casa e fóra dela, aínda que o desexen
pouco tempo lles queda para a debida atención das criaturas; ¡pero estamos os
avós, cando os hai, cando cumprimos coas obrigas do relevo xeracional!
-.-
Mestres
dos netos
Non hai obra de caridade meirande,
por máis que non estea recollida no Catecismo: ¡unha omisión! Sempre se deu
como obrigación natural, e por tanto, ninguén o pasou á escrita.
Comuñón do
primeiro dos meus netos
Se xa é obra a de criar, a de
educar, aos fillos, cos netos a obriga é meirande. ¡Mostrade como? Elixida a
nai dos nosos fillos, dáse por sentado de que concorda con nós, cos nosos
sentimentos, coas nosas crenzas, así que a coeducación non presenta problemas
meirandes; ora ben: Para a crianza dos netos entra en xogo unha nora ou un
xenro que a saber que ideas trae, que tendencias aporta, así que, para que non
torzan nos nenos hai que ser diplomáticos, estar atentos, actuar con
oportunidade pero sen dilación. ¡En definitiva, acudir se fai falta suplir!
A comuñón de
Pauliña
-.-
Para os bisnetos, se chegamos a
coñecelos, daquela xa estaremos xubilados, e se non mortos, amortizados;
séxase, no Ceo. Para os bisnetos pidamos desde o Ceo, no Ceo, pois hai obrigas
que traspasan a morte.
-.-
No hay comentarios:
Publicar un comentario