domingo, 6 de julio de 2008

MARÍA VERSUS EVA -I-


 


MARÍA VERSUS EVA


A humildade de María derrotou a soberbia de Eva

 

Xosé María Gómez Vilabella

 

¿Que sabemos da Avoa? Xénese 3, 1 – 6, 15. Chamada “muller” (na nosa lingua). Invita ao seu Adán a cometer o primeiro dos pecados transcendentes: ¡A soberbia, inconcibible, de querer igualarse ao seu Creador! Co Adán de cómplice, no seu libre albedrío aceptaron a invitación do diabro, ¡do anxo caído! E despois diso, ¡xa carnívoros de por vida!,  puxéronse a criar sabendo que estaban transmitindo o veleno, tanto corpóreo como anímico, da súa traizón!



¿E de María, que? Xoán 2, 1 – 12; 19, 25 – 27. Unha muller boísima, que por iso a escolleu Deus, librada do pecado transmitido. Nas vodas de Caná pediulle ao Fillo (Fillo de Deus) que se presentase á Humanidade facendo o primeiro dos seus milagres. Con Xesús na crucifixión, o  Fillo de Deus decláraa nai de Xoán, e por extensión, nosa, de toda a Humanidade. O diabro, por María e con María, queda derrotado: ¡perde a batalla infernal, na que estivo aliado con Eva!



 

Asunción significa que María foi levada en corpo e alma ao Ceo polo poder de Deus, a diferencia da Ascensión do Señor que o fixo polo seu propio poder.

 



 

A DEFINICIÓN DOGMÁTICA

El Papa Pío XII, en la Bula Munificentissimus Deus, del 1-XI-1950, proclamó solemnemente el dogma de la Asunción de María con estas palabras:

Pronunciamos, declaramos y definimos ser dogma divinamente revelado que la Inmaculada Madre de Dios, siempre Virgen María, cumplido el curso de su vida terrena, fue asunta en cuerpo y alma a la gloria celeste" (DZ. 2333

-.-

 

 Poñámonos en garda: -¡Sentinela, alerta!. -¡Alerta está!, por se acaso: A cultura aumenta a prosperidade, ¡pero a inversa é discutible!, e coa prosperidade incítase, foméntase, a soberbia; coa soberbia..., xa sabemos o que lle pasou á pobre Eva, ¡miña pobre, que á pobre, pinchándolle Satanás o seu libre albedrío, mandouna aos infernos, e con ela a súa descendencia! ¡Ah, pero o Xefe, infinitamente misericordioso, compadeceuse das nosas miserias, así que, utilizando a humildade da Virxe María, ¡sempre virxe, por suposto, pois as outras non lle servían!, xeroulle un fillo, seu propio Fillo, que foi capaz de sufrir un Calvario por nós..., aínda que sen merecelo! ¡O caso foi que nos redimiu, así que, póñome de xeonllos para agradecérvolo, a vosoutros, Santísima Trindade, e con vosoutros, á nosa nai celestial, María!

Vade retro, Satana! Que tempos tan propicios ten agora, neste próspero XXI, pero cóllenos co Noso Pai ben sabido e ben practicado: “... Non nos deixes caer na tentación, e líbranos do mal, ¡do Maligno!”

Falar das tentacións é un tema delicado, pois nesta ciencia se cadra é onde menos avanzamos, pero a min gustaríame que os Curas nos curasen diso, ¡tamén diso!, pois son eles os que saben teoloxía, ou lles incumbe sabela.

Claro que hai dogmas e misterios, pero tamén se nos pode falar en parábolas, que xa lles ensinou / nos ensinou, o Mestre, a facelo.

Falando de responsos: Estes versos mandoumos o Arcebispo Santiago Agrelo Martínez, coa información adicional de que lles puxo música o P. Manuel Feijoo, que “El agora canta no Ceo, e eu aínda vou recordando por aquí palabras –coma responsos- que nos achegan ó misterio. Unha aperta, meu irmán”.

 

SANTA MARÍA ROSEIRA

(Santiago Agrelo / Manuel Feixoo)

 

- Ten unha Rosa branca, fermosa,

Santa María, Roseira, ten unha Rosa.

Ten unha Rosa branca, fermosa,

Santa María, Roseira, ten unha Rosa.

 

Ten unha Rosa, branca, fermosa,

Santa María, Roseira ten unha Rosa.

 

-Arrecende Deus no mundo.

Nunca o mundo arrecendeu

como cando na Roseira

aquela Rosa apareceu..

 

Ten unha Rosa branca, fermosa,

Santa María, Roseira, ten unha Rosa.

-.-

 

En el adviento: María, puerta del Cielo.

 

Analizando o advento, o cóengo Indalecio Gómez Varela, dixo, ¡e díxoo ben, moi ben, que nin que estivese redactando unha tese doutoral:

 

“¿Cómo ha sido el proceso? Una mujer, que santificada por la que los teólogos llaman “redención preservativa”, es preservada del pecado original, y enriquecida con plenitud de gracia y de virtudes, dijo “Sí” al ángel anunciador del misterio de la encarnación, y el milagro se produjo. Desde ese momento, el mundo, que estaba impresentable por el pecado que afeaba el corazón de los hombres, ahora es objeto de complacencia del Señor porque en él está Cristo, su Hijo santísimo, y porque María, con su “Sí”, se convirtió en el primer templo que Dios se construyó en la tierra. Con el “Sí” de María comienza una humanidad nueva”.

-.-

 

 

Estou escribindo na noite boa...

¡Púxeno mal: Estou escribindo na Noite Boa, na mellor do ano, así que as felicitacións teñen que ser universais, rotundas, recíprocas, saturadas de felicidade, pois tal día coma o que hoxe celebramos, evocamos, unha Virxe que pariu un Fillo, Fillo de Deus, nada menos, así que, Deus coma seu Pai, tres persoas divinas e un só Deus verdadeiro!

Un neto preguntoume: “-Que explicación ten a Igrexa, que explicación dá diso de que tardase tanto en vir estando tan cerca de nós, séxase, en todas partes?

-Para contestarche, primeiro ten presente que Xesús sempre falou explicando os dogmas con parábolas... Pois iso quere dicir, significa, que aínda daquela había pouca ilustración para entendelo, así que, figúrate se chega a vir, a presentarse, cando aínda estabamos na civilización das cavernas! E logo que non viña falar tan só para os presentes, para os coetáneos de María e de Xosé: ¡Era necesario que a Escritura pasase pola escritura, inspirada obviamente polo Espírito Santo, que así quedaron indelebles as súas leccións, os seus feitos, incluída Paixón, Morte e Resurrección! Tamén hai, tamén houbo, outra razón: Que agora, os que lemos e entendemos, ¡algo!, a Biblia, podemos darnos o goce de participar no apostolado, predicando, dando exemplo, pois no cristianismo os leigos, os segrares, tamén temos a obriga, e coa obriga o mérito, o honor, de ser apóstolos, propagadores da fe, función na que imos moi atrasados, que non deixa de ser outro pecado, e non dos veniais!

¿Díxenllo ben? ¡Eu non son teólogo, senón un pecador que pide perdón, incluso por non saber, por non poder, explicarme mellor, pero disto último non me avergoño pois os pastores tamén eran simples pastores, como eu fun na miña infancia, e con iso e con todo foron recibidos en audiencia, alí en Belén, nada menos que polo Mestre dos mestres!



Tradicionalmente, las únicas acciones que son de libre voluntad son consideradas merecedoras de crédito o culpa. (Ángel con las virtudes Temperancia y Humildad contra Demonio con los pecados Ira y Odio. Fresco de 1717Iglesia de San NicolásCukovets, provincia PernikBulgaria.)

Despois de rumialo un pouco, o neno volveu á carga: -Para Deus todo é presente, ¿non si? Daquela, ¿por que fixo aos avós infundíndolles iso do “libre albedrío”, sabendo que igual facían mal uso desas facultades? Por exemplo, no Banco non vos daban poderes irrevogables..., supoño que era por se algún apoderado saía infiel!

-Meu neno, tan aló non chega a miña intelixencia, pero supoño que se debeu a que, como lle fallaron algúns anxos no Ceo quixo suplir aquelas vacantes cunha especie térrea, medio anxos e medio animais, corpo e alma. ¡As consecuencias de ser boísimo, bo ata o infinito! Por certo, que a mellor proba do bo que é témola en que, fronte á insubordinación dos avós, someteunos a súa Segunda Persoa a un tribunal humano, pero..., ¡de morto, resucitou, que niso, e co perdón bautismal, abriunos as portas do Ceo, resucitando incluso, xa daquela, a tódolos humanos que fosen boas persoa, quero dicir, aos retidos no Seo de Abraham!

¡Isto de facer de crego cos netos ten o seu goce, pero tamén é unha responsabilidade; atroz!

-.-

 

A miña panxoliña

(Dedícolla ao meu neto, Miguel, para que lle poña música)

 

Noite Grande, noite boa,

que se foi a lúa

e veu o sol.

Noite foi a de Eva,

pois María,

sen deixar de ser virxe,

deu a luz un Redentor.

¡Xa temos luz,

que veu o sol!

¡Xa temos abertas

as portas do Ceo,

que nolas abriu

o Fillo de Deus!

Xosé María Gómez Vilabella

(Música: Miguel Nó Gómez)

 

-.-

O noso Advento é anual

O noso “Belén”, ademais das imaxes, témolo no noso próximo, onde sempre hai alguén máis pobre cá nós; incluso durmindo en cartóns xunto dos portais das casas: Collamos algo de roupa e algo de comida e vaiamos ao portal, a calquera deles, pois todos son, todos lembran aquel do Neno Xesús. ¡Fagamos de Magos, pois iso é o que quere o Neno, tódolos anos! E coa mesma avisemos telefonicamente aos diversos centros que prestan auxilios e recollidas.

-.-

 

No Ceo, coa Sagrada Familia, esperando recibir a nosa.

¡Que decepción máis grande, infinita, a que levarán / levaremos todos aqueles que non podan,   que non merezan, entrar no Ceo, onde nos están esperando aqueles parentes que nos precederon! Só pensar nisto, nesta desgraza, xa é un aliciente para o noso arrepentimento, para a nosa corrección, mentres estamos en tempos de merecer, ou o que é igual, de lavar. O bautismo lava, pero, despois, a continuación, vén, u pode vir, a soberbia, a deserción. Por tanto, ”Cave ne cadas”!

Tamén para nós, se os seguintes esperan vernos na súa espera, cando cheguen á porta de San Pedro. ¡Ai, Deus de bondade, ábrenos os ollos para que eduquemos con acerto aos nosos descendentes, para que nin eles, nin nós, teñamos que pasar por unha situación frustrante!

-.-

 

Obsequios e outras atencións

¿Quen son o Papá Noel, Santa Claus..., a árbore do Nadal..., e demais teatros garatuxeiros, que me veñen a desvirtuar o Nadal? ¡O Nadal e mailo seu complemento, a adoración do Neno Deus, foi, é, un anticipo do Ceo, así que, regalos, si, obsequios, si, máxima celebración, pero, ao natural, con cantos regalos se poda, da familia e dos íntimos, nun ambiente cristián, recollido, saudable!

¿Parécenos pouco acontecemento o Nadal, o natalicio do Fillo de Deus, que encarnou nunha Virxe, ¡e total para Redimirnos, case nada!, que temos que ornalo con figuracións imaxinativas?

O Nadal non é imaxinativo, así que o ensino dos nenos non require..., desviacións! ¡Si, son desviacións, pois a Sacrosanta Conmemoración merece, e debemos darlle, outra seriedade, outro afecto, de máis..., de máis respecto e intimidade! Cantarlle panxoliñas, iso si, imaxinándonos que xa estamos no Ceo, no coro dos Coros, cousa que é certa: ¡Nós aínda non subimos, pero Xesús baixou..., para ternos con El!

-.-

 

Celebración do Día da Sagrada Familia.

Témolo reservado para o domingo seguinte á Noite Boa. ¿Un domingo, só un domingo? ¡Pois si, que así o temos no calendario litúrxico, pero a Sagrada Familia é, ten que ser, o noso Código cotián; ¡é o noso Código de Conducta Familiar! Non sempre se pode vivir no lar familiar, orixinal, pero si se pode ter un ara, un altar, no corazón de cada quen, para render culto, constante, a cantos familiares teñamos ou coñezamos, aínda que só sexa por fotos.

A miña dona e más eu temos á vista, no dormitorio, as fotos dos nosos entregos; ¡e que ben está chamarlles así, xa que a eles, ao seu acatamento, debemos entregarnos, tanto durmidos como espertos. No Levítico 19:32: “Poraste de pé ante os cabelos brancos e honrara-la presenza do ancián, temendo ó teu Deus”. ¿Temendo? ¡Pois si, que Deus é amor, pero as nosas maldades obrígano a facer xustiza, e por tanto, o prudente  é temerlle!

O que queira saber a fondo, o que queira estimar a súa familia como Deus manda, que emigre; ¡non hai nada como emigrar, ou enterralos, para botalos en falta, para acordarse deles, dos nosos entregos!

-.-

 

¿Que sabemos, ou que podemos deducir, do comportamento da Avoa?

Somos lacónicos na transmisión das noticias malas, desagradables, e/ou vergonzosas, así que esa é a explicación que lles dou aos misterios do Xénese; e por outra banda, milenios despois, o Mestre aínda nos falou con proverbios, unha proba máis do lenta que foi, e que está sendo, a nosa recuperación cultural. ¡Maldito pecado, que nos deixou petrificados, incluso por debaixo da idade da pedra!

Na “Introdución ó Xénese” da nosa Biblia, da galega, dísenos, explícasenos, que “O Xénese non é un libro de ciencia nin de historia”. Sobre esa base, con esta precisión, ben o fixeron os que redactaron as primeiras explicacións, iso de que, “... despois dixo (díxose) Deus: -Imos face-lo home á  nosa imaxe e á nosa semellanza...” Digo eu, penso, que, frustrado coa sublevación satánica, decidiuse a crear uns seres equidistantes entre os animais e mailos anxos, se cadra para cubrir o baleiro que deixara no Ceo a expulsión dos rebeldes, pero..., -e dígoo con mentalidade humana-, pasouse de espléndido pois dotou a aqueles ¿desagradecidos? con libre albedrío! No de ser persoa consciente, libre, con soberanía sobre o mundo, o home, niso, atinxe o punto da semellanza con Deus... ¡Xa; pero, na terra, desterrado nela, castigado nela, daquela andaba Satán, Satán e maila súa cuadrilla de bandoleiros, así que...

Se Deus me perdoa os pecados... A verdade é que os teño, moitos e grandes, pero tamén teño os Evanxeos para coñecer que Deus é Altísimo, e por tanto, altamente misericordioso, así que, humildemente pero con esperanza, espero e confío na súa benevolencia. ¿Que puxen da  miña parte? ¡Un feixe de remorsos, e tamén a cruz de Cristo como bandeira da miña militancia!

Ía dicindo, quixen dicir, que se Deus me perdoa e me recibe no Ceo, aló terei ocasión de relacionarme cos anxos, cos bos, cos que seguen no Ceo, e eses, con máis detalle có Xénese, xa me explicarán e informarán de como foi aquela terrible, segunda batalla, entre Deus e mailo rebelde. No ínterim, que me cabe facer máis que botarlle imaxinación ao tráxico episodio do Paraíso?

Vexo dúas circunstancias concorrentes: O expulsado do Ceo, comandando a súa lexión de rebeldes, sentiuse xusta, pero dobremente castigado, coa creación e asentamento na terra, ¡nun Paraíso!, da parella interactiva, con un corpo material coma os animais, pero un ánima espiritual coma os anxos fieis.

Por outra banda, Lucifer, o anxo guapo, que viña de ser Príncipe da Luz, ante a beleza da muller, aquela Eva encantadora, quedou tentado; ¡houbo unha tentación recíproca!

A malicia satánica púxose en acción: ¡Teño que facer unha maldade, das gordas, para escacharrarlles este Paraíso!

-Oes, Eva, guapísima, se te deitas comigo aquí debaixo da árbore do libre albedrío..., fareite unha deusa, e terás uns fillos dominantes; o primeiro deles xa será Caín..., que quere dicir, que caíches, que caeu, da burra en baixo!

-Pero, Lucifer, anxo guapo, o Creador ténnolo vedado...

-O Creador é un mandón..., e non quere competencias!

Eva, tan guapa como soberbia, claudicou, e Adán, un adán, un pasmón, quedou prendado de habilidade satánica, ¡pois a el non se lle tiña ocorrido aquela xogada infernal, aquel trío! ¡Pobre Adán, que fora criado para santo e acabou en diabro, ademais de consentidor!

A todo isto, Deus, ¡que por algo e para algo é Deus!, fixo xustiza: ¡Degradounos: fíxoos máis animais e menos anxos, pecadores en definitiva! E deron en ter fillos; como é natural dexenerados, contaminados!

Tampouco sabemos como sería a proliferación se non se producise aquel inicio satánico; pero todo isto son divagacións, meras curiosidades, pois o importante é o dogma do perdón, o da salvación.

-.-

 

¡Pobriños; que pena teño por eles!

Eva, Adán, Xudas Iscariote... Dada a monstruosidade dos seus feitos, o lóxico é que Deus non admita rogativas no seu favor, pero eu, ¡mísero de min, outro pecador!, veño de rezar por eles... “... perdoa as nosas ofensas como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido;…”, ¡por se acaso! Ninguén nos pode ofender máis que aquel que ofende a Deus, Noso Señor, así que..., ¡o que Deus queira, que iso será, e nós, a obedecelo, que é o propio dos que somos, ou queremos ser, cristiáns!

 

Se eu fose o xuíz do caso, ¡outra figuración!, ía castigar máis ao Adán que á Eva. Á Eva tentouna Lucifer, pero a aquel..., ¿aquel parvo?, tentouno a súa muller. Por namorado que esteas, por encima da túa muller, Deus; e se ela non razoaba, que estreasen, que inventasen o divorcio. O caso de Xudas paréceme máis complexo posto e suposto que o Fillo de Deus viñera ao mundo para redimirnos, e dalgún xeito se tiña que producir a súa detención, a súa entrega aos tiranos deste mundo.

 

Non me saen as bágoas, pois para chorar hai que estar certos de como rematou o drama, mais polas ganas si que me apetecen, de tan grande que é o meu dolor, a miña pena. Mais, ¿para que me vou preocupar por este tema, por algo que está nas mans, no poder, e tamén na infinita sabedoría de Deus? ¡Xa é atrevemento poñerme a escribir sobre algo que nin sei nin entendo...!

-.-

 

 

O primeiro dos santos da Historia Sagrada

 

teño para min que foi Abel, seguramente que avergoñado dos feitos, e por ende das súas consecuencias, daquela sublevación monstruosa de seus pais. Na Biblia (Xénese, 4,  4 – 5), “O señor miraba con bos ollos para Abel e para a súa ofrenda (¡porque se portaba ben, con humildade, obviamente). Pero non para Caín...“ (¡Por algo sería; e non sería porque Caín fose fillo de Lucifer? A maldade de Caín acabou en crime, tamén o primeiro da Historia).

 

Coñezo algún varón ao que lle puxeron “Abel”, na pía, e non me parece ningún despropósito; pero tamén hai criminais que non se chaman “Caín”, e sonos!

 



 

¡Coa queixada dun burro, así que, dobre crime, dobre burrada!

-.-

 

Inmaculada Virxe María, miña / nosa Corredentora,

que nunca me cansarei de agradecerche a túa intercesión permanente,

sen esquecer aquel milagre que fixeches con miña nai,

en Madrid, no Hospital da Princesa,

arrincándolle milagrosamente,

un 27 de Novembro,

exactamente ao terminar coa tu novena,

as raiceiras do seu quiste hidatídico

que le quedaran para unha segunda intervención,

que, milagrosamente, segundo os doutores,

xa non fixo falta facerlla!

 



Coa miña dona, nas Vodas de Ouro, diante da nosa Milagrosa de Montecubeiro.

-.-

María, Xosé, Isabel...

 

¡Que pouco sabemos deles, para o que quixésemos saber, pero o que sabemos é insuperable, excelso, conmovedor; tan só se quedan impasibles con esta lembranza os..., ¡os do outro partido!

 

Lucas 1, 39 – 56: “Naqueles mesmos días saíu María con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá. Entrou na casa de Zacarías e saudou a Isabel. (Súa prima).

 


 

Isabel, que xa ía vella.

 

En oíndo Isabel o saúdo de María, o neno (Xoán Bautista) brincoulle no ventre. Entón, chea do Espírito Santo, exclamou Isabel, a grandes voces: -Bendita ti entre as mulleres e bendito o froito do teu ventre. ¿Quen son eu para que me visite a nai do meu Señor? Pois ó que chegou o teu saúdo ós meus oídos, brincou de alegría a criatura no meu ventre. ¡Ditosa ti que criches que se cumpriría canto che anunciaron de parte do Señor! O magníficat. Entón María exclamou: A miña alma proclama a grandeza do Señor, e alégrase o meu espírito en Deus, o meu Salvador, porque reparou na súa humilde escraviña. Velaí: desde agora tódalas xeracións me van felicitar. ¡Marabillas o Poderoso fixo en min! O seu nome é Santo; a súa misericordia chega, xeración tras xeración, a todos os que o temen. Manifesta o poder do seu brazo, desbaratando os plans dos soberbios (dos satánicos). Derruba do seu trono ós poderosos, e fai subir ós humildes; ós famentos éncheos de bens, e ós ricos despídeos baleiros. Ampara a Israel, o seu Servidor, lembrándose da súa misericordia, conforme prometera ós nosos pais, en favor de Abraham e da súa descendencia, para sempre. María permaneceu con ela (con Isabel) tres meses, e logo volveuse para a súa casa”. (Protexida e acompañada de Xosé, por suposto, que non a ía deixar soa nos perigos daqueles carreiros).

 

Seu primo, o Bautista, que xa se aledou da vida de Xesús estando aínda no ventre de Isabel, estreou o Bautismo, que non foi pouco privilexio. En Lucas, 3, 15 – 16: “Como o pobo estaba esperando polo Mesías, empezaba a pensar se acaso non o sería Xoán; pero el declarou diante de todos: -Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte cá min, e a quen eu non son digno de lle desata-los amallós do seu calzado. El havos bautizar co Espírito Santo e con lume”.

 

Deus, que marabillas naqueles días de Advento, e nós, os imaxinativos diabólicos, ridiculizando aquelas celebracións divinas cos inventos mercantís dun Nadal teatral, reinventando a Historia Sacra, a Real, con figuracións ridículas! ¡Señor, non nos deixes caer na tentación; ilumínanos o entendemento, líbranos desta cegueira mercantil, para que vexamos a luz divina, a verdadeira.

-.-

 

María, a túa humildade...

 

fronte, en contraposición, coa soberbia da Avoa, foi a salvación da Humanidade. Reparte con nós unha parte daqueles sufrimentos do Calvario xa que fomos os causantes; e para comezar, adorémoste de xeonllos, bendita Santa Nai de Deus; e nosa, tamén!

-.-

 


 

¡Poñámonos de xeonllos!

Xoán, e mailas outras mulleres, no Calvario. ¿Onde ían os homes? ¡As mulleres merecen ser, e son, auténticos sacerdotes de Cristo!

“Ó pé da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais María a Magdalena. Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba, díxolle á nai: -Muller, velaí o teu fillo. Despois díxolle ó discípulo: Velaí a túa nai”. (Xoán 19, 25 – 27). Daquela, somos, ou non somos, fillos de María? ¡Bendita sexa a nosa Nai adoptiva, que así, coa súa humildade, contribuíu á nosa salvación!

Virxe Santísima, Santa Nai de Deus, do Deus Fillo, Ti es a Nai da Humanidade, a leal, a verdadeira, pois a outra, a inicial, fallounos; con aquela soberbia do Paraíso deixounos orfos de Deus, ¡pasounos, nela e con ela, ao inimigo! Virxe Santísima, que ben escolleu Deus entre tódalas mulleres para honrarse contigo naquel Belén, naquel Belén da Humildade! Os pastores da veciñanza, e tras dos pastores aqueles ¿Magos, ou Majos? de Oriente ben honrados foron honrándote, pois non só adoraron ao Neno Deus senón, e tamén, á Nai que estivera nove meses nutrindo ao Fillo de Deus. ¡Aquela Familia, Sagrada Familia, tiña que servirnos de exemplo, de exemplo insuperable, pero, a veces, volve á carga Satán, ofrecéndonos o ouro, o incenso e maila mirra que só lle corresponden ao Fillo de Deus e á súa Santísima Nai, acompañada e protexida por aquel pai adoptivo, San Xosé, outro Santo dos santos, patriarca da Igrexa!

Virxe Santísima, que cando che rezamos poñemos unha frase que non está ben traducida, por abreviación, pois en lugar de dicir, “Deus te salvou do pecado orixinal, Santa María”, atallamos e dicimos “Deus te salve...” Non, non é unha petición, pois salvada xa estás desde o intre da túa Concepción Inmaculada; e foi o Anxo o que che comunicou o teu salvamento. Pois en virtude e por graza daquel salvamento, o que realmente che pedimos, o que realmente queremos pedirche, é que pregues a Deus que nos conceda un anaco de imitación da túa, da vosa, Sagrada Familia: ¡Só con parecernos, aínda que sexa un case nada, xa nos atreveremos a petar nas portas do Ceo!

-.-

 

A Anunciación

Seriedade nas cousas serias, e con total rigor nas sacrosantas. ¿A imaxinación ao poder? ¡A imaxinación para todo o que sexa diversión, comezando polos encantamentos dos políticos, que teñen a función de facernos felices, confiados..., para que nos deixemos administrar neste mundo das reviravoltas!

Esas bonitas historias de Papá Noel, Santa Clara, os “Reis” de Oriente, que seica seguen vivos, vivos e pródigos, etc., son teatriños que predispoñen ao neno a dubidar, que non a gozar coas verdades. ¡Afacémolos ao conto, a vivir do conto; en definitiva, a teatralizar, a participar nas mentiras..., que nin que estivésemos no colo da avoa Eva!

A imaxinación do neno cultívase con outros temas, pero sen ridiculizar a nosa sacrosanta relixión, nunhas celebracións que nos foron transmitidas polos apóstolos, vividas en primeira persoa e aclaradas, afirmadas, no pentecoste, por uns discípulos tan certos que no dubidaron en perder as súas vidas, mártires, confirmando as verdades transmitidas polo Mestre, polo propio Fillo de Deus. ¡Non fagamos das festas, das celebracións sacrosantas, unhas ¿aborrecibles? comedias, coas que seguramente está gozando Satán ao vernos felices co noso materialismo mercantil! Eses xogos, eses xoguetes ladinos, deixémosllelos aos desviados; ou mellor aínda, que non nos fagan proselitismo teatral; o noso ten que ser pura ortodoxia, que así tamén lles axudaremos a recapitular, a apearse das súas desviacións.

¿Que de nenos non entendemos algunhas cousas? ¡É cuestión de ir explicándollelas con naturalidade, a pequenas “diócesis”, como dicía aquel curiña de carreira curta da miña parroquia! Con todo ser un misterio, ben claro o temos en Lucas, 1, 26 – 38:



“Deus mandou o anxo Gabriel a unha vila chamada Nazaret, onda unha mociña prometida a un home da casa de David (da familia, descendente deles), que se chamaba Xosé; o nome da mociña era María. (Prometida significaba que se tiñan prometido matrimonio, pero só iso, pois Deus preparounos para vivir xuntos, para que así criasen e coidasen o fillo que ía ter María, Fillo de Deus, xerado por Deus nas entrañas de María, que seguiría sendo virxe. ¿Está claro?). “Entrando onde estaba ela, (o anxo, que actuaba de mensaxeiro de Deus) díxolle: Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo. Ela turbouse con estas palabras, cavilando que podería significar aquel saúdo, pero o anxo continuou: -Non teñas medo, María, porque atopaches gracia ante Deus; (e tanto, que xa nacera en graza de Deus, séxase, inmaculada, libre, exenta por obra e graza de Deus, predestinada a ser a nosa Corredentora); e, fíxate, vas concibir no teu ventre e darás a luz un fillo, ó que poñerás por nome Xesús. Será grande e chamarase Fillo do Altísimo, (porque o será realmente, séxase, xerado polo propio Deus, que vai salvar á Humanidade por este medio, nutríndose da humildade da que seguiría sendo virxe a tódolos efectos),... María respondeulle ó anxo: ¿Como pode ser iso, pois eu son virxe? O anxo replicoulle (explicoulle aquel sacrosanto misterio): -O Espírito Santo baixará sobre ti, e o poder do Altísimo cubrirate coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo, (¡a Santidade Suma, Absoluta!), e chamarase (porque o será) Fillo de Deus... María contestou: (María, todo humildade, todo acatamento aos mandatos do Creador, diametralmente oposta con respecto á Avoa, á que só se parecía en que era muller!) -Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches”.

Ai Avoíña, Avoíña, que distinto sería o mundo se non fose pola túa soberbia; aquí temos o caso, o antagonismo, de María, disposta a colaborar na depuración deste mundo, maldito e castigado, con toda razón, pola vosa absurda infidelidade a Deus, noso Señor!

 Neniños, vedes, comprendedes, que o Nadal é a nosa chave para entrar no Ceo, despois de ser expulsados del, por castigo divino? ¡Con regalos, ou sen regalos, con xoguetes ou sen eles, celebrar esta conmemoración, este regalo que nos fixo a Virxe María, é, ten que ser, de todo o imaxinable, o gozo meirande!

-.-

Pasa a

MARÍA VERSUS EVA

-II-

Xosé María Gómez Vilabella


 

No hay comentarios: