lunes, 7 de julio de 2008

VIVIR A VIDA . ADVENTO -III-

.../...

-.-

 

NA VIDA HUMANA TODO É ADVENTO, ESPERANZA.

Esperanza, non, seguridade, pois Deus non falta á súa palabra: Xerou un Fillo nunha Virxe, que sen deixar de ser Deus pasou a ser Home, e, compadecido da humanidade corrupta, aceptou unha Paixón terrible, con norte de cruz, PERO, ao terceiro día Resucitou, e despois subiu ao Ceo, PARA DEVOLVERNOS A GLORIA, QUE A TIÑAMOS PERDIDA POR CAUSA E POR CUPA DAQUELA SOBERBIA INICIAL.

 

Xesús vén, e eu vou. ¿Daquela, onde nos atoparemos, nas portas do Ceo, ou nas do Purgatorio? ¡Todo depende de min, pois Deus xa puxo da súa parte o Camiño, a Ruta, para ir a un encontro feliz! O seu Fillo unixénito veu á terra, -visiblemente, quero dicir-, naquel gozoso Nadal, pero eu, mísero de min, en vez de facerlle o obsequio da miña alma, favorecida e lavada co seu bautismo, sulfureime e, a imitación da Avoa, obnubilado polo orgullo herdado, desertei do seu ensino, latei as clases do meu Mestre, meu insigne Señor! ¡Apaguei a luz da misericordia de Deus, que foi tan xeneroso comigo que me deixou entrar no mundo en pleno auxe do Cristianismo! Receita para esta enfermidade anímica? ¡Confesión e comuñón, por suposto; non temos outra!

 

Reflexións para un Advento ben avido:

 

Comecei o meu Catecismo convencido de que se cantaban os Reis para recibir un aguinaldo; e nisto me baseaba:

 

Canteiche os Reis, guedellos de cabra;

canteiche os Reis e non me deches nada!

 

Como nacín con mal oído, en vez de cantar escoitaba; escoitaba ao meu entender, simplemente observando aqueles regalos que lles facía miña madriña aos veciños cantores.

 

-Madriña, esa libra de chocolate..., ¡co ben que sabe!

 

-Dóullela aos Reis, a estes pastorciños do lugar, que están recadando para que o Neno Xesús nos teña por agradecidos, tantos favores que lle debemos, e logo están os que esperamos recibir, de hoxe en diante!

 

-Madriña, onde está o favor, pois o de cantar calquera o fai..., tendo un bo oído!

 

-Cantes ben, cantes mal, tamén tes que ensaiar, pois na Gloria todo é gloria, todo é cantar..., en loanzas ao Rei, ao auténtico, que foi capaz de dar a súa vida por salvarnos; claro que, como é Fillo de Deus, despois resucitou. ¡É o único rei que o fai, pois os outros, os deste mundo, que á Historia me remito, en vez de dar a súa vida aprovéitanse da dos súbditos..., para nutrir o seu peito, quero dicir, o seu reinado!

 

Así comezou o meu Catecismo! ¿Que tal? ¡Peor puido ser, que non todos teñen, ou tiveron, unha madriña de pías!

-.-

 

De catecúmeno pasei a catequista

 

Xoán 1, 19-23:Eu son a voz do que clama no deserto, “Endereitade o camiño do Señor”.

 


 

¿Que aqueles “mestres de a ferrado” non eran / non éramos catequistas? ¡Todos somos, e todos fomos, catequistas, en tanto en canto algo predicásemos, sequera fose co noso exemplo de cristiáns!

 

O primeiro dos catequistas foi a Virxe María, que nos deixou dito, ¡demostrado!, que hai que cumprir, e para iso encantados, a vontade do noso Xefe, a de Deus:  “Velaquí a escrava do Señor: cúmprase en min o que dixeches”. (Lucas, 1, 38).

 

Outro da mesma familia, outro que lle foi leal ao Creador, cada quen no seu papel, foi o Bautista, Xoán, o Presentador da Obra Salvífica.

 

¿E nós, os sucesivos alumnos, que? ¡Como receptores do mandato divino, temos a obriga de, “Déuseme todo poder no Ceo e mais na terra. Ide, pois, e facede discípulos meus a tódolos pobos, bautizándoos no nome do Pai, e do Fillo, e do Espírito Santo; ensinándolles a gardar canto vos mandei. Asegúrovos que estarei sempre convosco ata a fin do mundo”. (Mateo 28, 18-20; e Marcos 16, 15-16).

 

Sendo a escola unha porta da ciencia, a meirande...; a meirande, non, pois a ciencia grande está en asegurarnos a entrada no Ceo, así que a ciencia terráquea, do noso Creador arranca, arranca e se nutre posto que tódolos inventos, tódolos descubrimentos, fanse, facémolos, cos produtos que Deus puxo ao noso dispor. Daquela, ¡que Grande e Deus, e que analfabetiños somos os seus servos, por listos que nos teñamos!

 

Un mestre nunca pode substituír aos pais, aos avós, aos achegados de cada familia, pero si compartir con eles a gloria da Relixión. Aquel Cura de Luaces seica denunciou ao Mestre Rielo porque lle contestou: “-Señor Cura, vostede ensínelles relixión, que a min incúmbenme as matemáticas”. Non era motivo para denuncialo aos falanxistas, pero a contestación tamén foi algo simplista, pois o Rielo tiña que contestarlle, máis ou menos: “Señor Cura, xa estou ensinando relixión..., co meu exemplo, pois ben que o dixo o Mestre dos mestres, “Coñecerédelos polas súas obras”. Aquel equívoco ocasionou a denuncia, e coa denuncia o fusilamento, precisamente na horta do Seminario Maior de Lugo..., ¡pero equivocáronse, tamén eles, pois a relixión non se ensina a tiros senón copiando de Cristo, coa bondade e coa humildade de Cristo!

 

O belicismo da fe

 

Nisto meditamos pouco: Os países cristianizados padecemos un nivel máis alto de tentacións. ¿Pourquoi? ¡Obvio: Satanás préstanos máis atención, afina as súas tentacións para lograr que nos pasen desapercibidas! Os cristiáns, co bautizo, somos combatentes de Cristo, e por tanto, amigos do seu inimigo! ¿Receita? Recemos o Noso Pai con ganas, con fe, con entusiasmo: “... Non nos deixes caer na tentación, e líbranos do mal”.

 

Nesta competencia entre o bo e o malo, entre a humildade e aquela soberbia herdada, claro que Deus nos defende..., se nos mantemos firmes nas súas filas, se predicamos, se cultivamos a súa doutrina. Non esquezamos iso do libre albedrío, aquela libertinaxe herdada de Eva, sempre perigosa. Coidamos que nos chega coa nosa filiación, así que metemos as mans no peto; daquela, ¿onde está a nosa militancia, por que enterramos os talentos recibidos?

 

Nas nosas aldeíñas ben defendidos estivemos, e nos criamos, con un crucifixo e mailo santo rosario pendurados da parede frontal das nosas, ¡benditas!, lareiriñas, pero, maiormente no XX, a ¿civilización? tróuxonos novas, inéditas, tentacións, particularmente por medio da radio e da televisión, así que o diabro, igual que fixo con Eva, utiliza as nosas soberbias, as nosas apetencias, máis que carnais carnívoras, grandilocuentes, para levarnos a novos antollos, que só se vacinan, só deixan de ser absorbentes, en todo tempo e lugar, se conservamos a humildade relixiosa. Pero, iso, ¿como se fai? Pois..., dedicándolle máis atención; por poñer un exemplo, dándolle á cruz unha reverencia que non sexa inferior á do balón futboleiro! Xa pouca xente se ve de hábitos, ou con medallas e cruces, pero abundan as insignias do equipo local, camisas incluídas.

 


Para miña rapaza. Por detrás púxenlle: “Soy ese a quien tú dices amar..., y que a su vez también te ama!

 

Daquela si que éramos relixiosos, si que estabamos á defensiva, ¡incluso de mortos! Si, de mortos, pois os vivos ben que axudabamos a face-lo transo. ¿Algunha proba diso? ¡Un cento, pois incluso botabamos sal polo chan da habitación onde estivese o cadáver, ¡sa de despedida de familiares, amigos e veciños!, para que o diabro, se intentaba achegarse, patinase no sal. Tamén se poñía un caldeiro con auga bendita ao lado do corpo, unha rama de loureiro sobre do defunto, para que entrase con ela no Ceo, tal que Xesús na marcha triunfal do seu domingo de Ramos, etc. ¿Eran supersticións? ¡En absoluto: era un alistamento, unha confirmación no bando dos bos, de Deus, dos triunfantes!

 

A todo iso a principal declaración de guerra era aquela de queimar os diabros con augardente; queimadas, lles chamabamos. Pero vouno poñer en castelán para que se entenda mellor, por máis xente:

 

“Búhos, lechuzas, sapos y brujas. Demonios, trasgos y diablos, espíritus de los nebulosos valles. Cuervos, salamandras y brujas: hechizos de las curanderas. Podridas cañas agujereadas, hogar de los gusanos y alimañas. Fuego de las Santas Compañas, mal de ojo, negros hechizos, olor de los muertos, truenos y rayos. Aullido del perro, pregón de la muerte; hocico del sátiro y pie del conejo. Pecadora lengua de la mala mujer casada con un hombre viejo. Infierno de Satán y Belcebú, fuego de los cadáveres ardientes, cuerpos mutilados de los indecentes, pedos de los infernales culos, mugido de la mar embravecida. Vientre inútil de la mujer soltera, maullar de los gatos que andan en celo, greña sucia de la cabra mal parida. Con este fuelle levantaré las llamas de este fuego que se asemeja al del infierno, y huirán las brujas a caballo de sus escobas, yéndose a bañar en la playa de las arenas gordas. ¡Oíd, oíd! los rugidos que dan las que no pueden dejar de quemarse en el aguardiente quedando así purificadas. Y cuando este brebaje baje por nuestras gargantas, quedaremos libres de los males de nuestra alma y de todo embrujo. Fuerzas del aire, tierra, mar y fuego, a vosotros hago esta llamada: si es verdad que tenéis más poder que la humana gente, aquí y ahora, haced que los espíritus de los amigos que están fuera, participen con nosotros de esta Queimada.”

-.-

 

“Heiche dar todo isto se te postras e me adoras”

 

Entón replicoulle Xesús: “Arreda, Satanás, porque está escrito : “Só ó Señor, ó teu Deus, adorarás, e só a El darás culto”. Deixouno Satán, e achegáronse os anxos para servilo”. (Mateo, 4, 9 – 11).

 

Tan explícito foi o Mestre, aquel, o noso, o de maiúsculas, que incluso lles soprou aos Evanxelistas cómo tiñamos que comportarnos nas tentacións diabólicas, nas do inimigo malo. Outra lección témola aquí cerca, ben visible: Os romanos, para que non lles roubasen o roubado, fixéronlles construír aos seus escravos as murallas de Lugo. Satán, para nos perder os seus avances, móstranos o libro dos vicios, esa pantalla da tele, poñéndonola diante do libro dos Evanxeos, que case sempre o temos, ¡pero!, na librería. Á súa “pelota” si que temos que darlle unha boa patada, para desviala, para que non entre o seu “gol” na nosa portería!

 

Desas tentacións ofertadas pola tele hainas que son divertidas, e incluso cultas, pero o pecado está en non distinguir unha árbore da outra, as de froito san das diabólicas, séxase, das que teñen malas consecuencias, sexa para nós ou para o próximo. ¿Ides vendo, queridos nenos, que o deporte da nosa salvación tamén require instrución, sabernos o regulamento? ¡Canto máis pícaro, canto máis hábil é o rival, máis preparación a nosa; e cando progresamos moito, o rival de Cristo tamén se supera..., para levarnos a dianteira! ¿Está claro que o Advento require preparación, abastecer o noso arsenal con boas armas, quero dicir, con virtudes? Volvamos, sempre, á parábola dos “talentos”: (Mateo, 25, 14 – 30), e Lucas, 19, 11-27). ¿É clariña, instrutiva, non si?

 


 

¡Cantos máis talentos recibamos, canto mellore a nosa cultura no noso ambiente socio-cultural, máis obrigados estamos a facer un bo uso dos talentos que Deus nos vaia dando; e se somos pais, ou mestres, dobremente, dada a nosa responsabilidade, que neste caso si que é “ante Dios y la Historia”, e non aquela bufonada do noso Ditador!

-.-

 

O noso Xoán Bautista, o actual, é o papa Francisco.

 

Así nos anunciou o Nadal; escoitémolo, pero con acatamento, con humildade, con devoción:

 


O Nadal adoita ser unha festa ruidosa: pintaríamos ben un pouco de silencio…, para oír a voz do Amor!

A árbore do Nadal es ti..., cando resistes vigoroso os ventos, as dificultades da vida!

Os adornos do Nadal son teus..., cando as túas virtudes son as cores que ornan a túa vida!

A campaña do Nadal es ti..., cando chamas, congregas e buscas unir!

Tamén esa a luz do Nadal..., cando iluminas coa túa propia vida o camiño dos demais coa bondade, coa paciencia, coa alegría e coa xenerosidade!

Anxo do Nadal es ti..., cando lle cantas ao mundo (cos teus feitos) un mensaxe de paz, de xustiza e de amor!

A estrela do Nadal tamén es ti..., cando conduces a alguén ao encontro co señor!

Tamén es Rei, Rei Mago..., cando das o mellor do que tes sen importarche a quen (sexa amigo ou inimigo)!

A música do Nadal, (o son das panxoliñas)..., cando conquistas (e concentras) a harmonía que hai dentro de ti!

O regalo do Nadal es ti..., cando es de verdade amigo, irmán de todo ser humano!

A tarxeta do Nadal es ti (ti mesmo)..., cando a bondade está escrita nas túas mans! (¿Mans que non dades, que esperades?).

¡A felicitación do Nadal? Es ti..., (pero só) cando perdoas e restableces a paz, aínda que sufras!

A cea do Nadal es ti..., cando sacias de pan e de esperanza ao pobre que está ao teu lado! (¡Os pobres sempre están cerca, de tantos que hai, lamentablemente!).

(Isto no o dixo o Papa, se cadra cumprindo co segredo da confesión: Os Reis Magos leváronlle a Xesús ouro, incenso e mirra; ¡porque eran majos, que os Reis de agora estes si que son magos: rouban ao pobo para quedarse co ouro!)

Ti, ¡eu!, si que son a noite do Nadal, cando (son) humilde e consciente; cando recibo no silencio da noite ao Salvador do mundo, sen ruxidos nin grandes celebracións. (Séxase, devotamente!).Eu son (¡debera ser!) o sorriso da confianza e da tenrura, na paz interior dun Nadal perenne que establece (dentro de min) o Reino dos ceos.

Como complemento do favor que nos fai, Francisco desexounos “un Nadal moi feliz para tódolos que se parezan (e aprecien) o Nadal”. (O auténtico, humilde, evocativo).

 


-.-

Nestes días de advento, de espera austera e reflexiva, de transo do Antigo ao Novo Testamento, o diabro adoita facernos a súa oferta máis carnívora.

Lino nalgunha parte:

 

Lujuria, pereza, gula, ira, envidia, avaricia y soberbia. Sí, los siete pecados capitales, aquellos de los cuales se ramifican los demás pecados del mundo. Siete inclinaciones naturales del ser humano que en estas fiestas navideñas multiplican sus efectos y nos arrastran al pecado y, en esto, tienen mucho que ver las marcas. Vicios de la moral que nos llevan a consumir. Seguro que has oído alguna vez la frase «Todo lo bueno de la vida es ilegal o inmoral o engorda».

Es una época de buenas intenciones, amistades, abrazos…, pero no nos descuidemos, los pecados están ahí… para alegría de muchos. Está claro en estas fechas, que las marcas deben pensar que el pecado da sentido a la vida, con su marketing parece que la hace más atractiva, peligrosa y hasta parece que más vital. Efectos secundarios que producen sobre todo cuando son veniales y dan alegría a estas fechas.

Avaricia: el deseo excesivo por obtener bienes materiales y riquezas. Amigo invisible, Papa Noel, los Reyes Magos, los Elfos, los regalos de empresa, las cestas de Navidad, la lotería.... Demasiadas excusas para regalar en las que marcas como (…) nos llevan al pecado del consumismo excesivo. España es el segundo país de Europa que más gasta en estas fechas con una media de 265 € solo en regalos de Navidad, llegando a 517 € si incluimos todos los gastos asociados a estas fechas.

Gula: glotonería, apetito descontrolado por la comida y la bebida. Comidas y más comidas. Época en que los kilos caen para alegría de restauradores, charcuteros, fabricantes de turrones, polvorones y peladillas y empresas de bebidas alcohólicas. Alegría de marcas como (…). Papá Noel, su gran referente. Los turrones siguen siendo el producto estrella, momento en el que se compran más de la mitad de sus ventas anuales. La sidra, los bombones, el cava o los langostinos, sus acompañantes de excesos. Entre 2 y 5 kilos solemos engordar de media en estas fechas para regocijo de gimnasios y nutricionistas.

Pereza: afición desequilibrada al descanso y al ocio. Es época de vacaciones y excusas para descansar en casa cerca de la chimenea con un buen libro para alegría de escritores y editores. También época de consumo excesivo de televisión para gozo de (…) Los libros son uno de los grandes regalos de estas fiestas. El regalo con el que siempre se acierta. La venta de libros infantiles aumenta un 85% en estas fechas para esperanza de la humanidad.

Soberbia: Apreciación descontrolada del valor propio, búsqueda intensa de atención y honor. Pecado que da su máxima visibilidad en centros comerciales. Escaparates que intentan captar la atención respecto a su competencia. Indicador claro de inseguridad y falta de autoestima de muchas personas y también muchas marcas, que lleva a sobrepromocionar y buscar la venta descontrolada y poco efectiva de sus productos. Debilidad española por excelencia.

Envidia: deseo desordenado de poseer lo que otros tienen. Muy intenso en estas fechas gracias a las redes sociales. (…) grandes protagonistas de este pecado. También muy desarrollado en la decoración navideña para alegría de (…) El protestante Martín Lutero, el gran artífice de la decoración navideña y de este pecado ya que es considerado la primera persona que decoró un árbol de Navidad al ver las estrellas brillar entre sus ramas, decidió compartirlo con toda su familia y amigos.

Ira: tiene que ver con el enfado y el odio hacia los demás que nos lleva a comportarnos de forma cruel y violenta. Protagonismo absoluto de los cuñados. Eventos de todo tipo nos lleva a juntarnos más de la cuenta con la familia y que de ahí lo de los amores reñidos son los más queridos. La política y el fútbol, su ingrediente más desestabilizador. En estas fechas su protagonismo también lo tiene los juguetes y los niños maleducados. Y también del enfrentamiento entre Papá Noel y los Reyes Magos.

Lujuria: (Tamén, pois uns vicios, uns desenfreos, desatan outros, así que a súa multiplicación é indiscutible).

-.-

 

¿Que festa celebramos, a do Neno Xesús, ou a nosa?

 

Se a facemos con devoción é a do noso Salvador que, feito Home sen deixar de ser Deus, veu a por nós, púxose á fronte do cristianismo, que é igual a dicir, do Exército Salvador, PERO..., pero temos un pero grandísimo, que engadimos outro pecado se non acollemos con devoción estrita ao Neno Deus. ¡Xesús é Deus, non un ídolo festeiro, tales que aqueles do paganismo!

-.-º

 

DEBILIDADE DE CARÁCTER

 

 

O oso dubida, e mentres o fai, o xeo derrétese.

 

Carácter, un vocábulo de orixe grego, aplícase hoxe en día á suma de tódolos atributos, como a integridade, a coraxe, a fortaleza, a honestidade, e tamén a lealdade dunha persoa. O carácter da persoa define quen é realmente; vén a ser a radiografía do noso espírito.

 

O noso carácter non é só noso, xa que ten repercusións sobre os demais, prexudicando ou beneficiando a convivencia, segundo actuemos, así que convén temperalo, e despois, controlalo. Un carácter maduro e forte ten por bandeira a sinceridade, mentres que a mentira adoita ser un expoñente negativo de toda debilidade de carácter.

 

Un débil retrátase naquelas mentes inestables que cambian a miúdo. ¡Non hai forma de entenderse con eles! Un carácter forte, sa, maduro, é aquel que é capaz de soportar os pros e mailos contras das súas eleccións: ¡meditei, e despois decidín; ben decidido está! A vacilación só é admisible en tanto en canto meditamos e analizamos. Cultivar a mente con lóxica, e despois conduci-los nosos asuntos en consecuencia. O consello é: Practicar a serenidade e maila prudencia, un criterio cultivado e documentado, amén dunha gran dose de cautela, particularmente nos negocios, que é onde nos esperan as artimañas do contrario. ¡Ser honrado é o mellor dos negocios!, -dicía un vello amigo meu-, pero non chega con selo, hai que demostralo, día a día, caso a caso!

 

Consellos que andan por aí:

 

.Ten disciplina e autocontrol. Evita os malos impulsos, e de telos, contrólaos. Os comportamentos obsesivo-compulsivos tenden a converterse en hábito e deforman, ¡deforman!, o carácter.

 

. Se home / muller de palabra; a verdade reforza o carácter; as decisións madúranse, e despois, sostéñense.

 

. Procura ser feliz. A felicidade é un estado mental, pero tamén é saúde para o corpo. A felicidade dá forzas para superar as monotonías da vida; disipa os aburrimentos. Busca un equilibrio, e fíxate na cara dos ricos-ricos: ¿Teñen trazas, indicios, de ser máis felices cá ti?

 

. Fai exercicio físico, aínda que moderado, para adestrar a túa resistencia; a mente e mailo corpo están inter conectados: ¡Mens sana in corpore sano!

 

. Sacrifícate polos amigos, incluso por egoísmo, pois non sabes se algún día dependerás deles. Os incidentes minúsculos..., ao pano dos mocos!

 

. Egoísmo tan só en querer ser mellor, mañá, mellor do que es hoxe.

 

Da mesma familia son estoutros:

 

. Domina os teus medos: ¡Con timidez non hai festas! Desde que venzas os medos, tirarás forzas do teu carácter para pensar e para resolver; despois, actúa. Non aceptes feitos que non estean baseados en razóns sólidas.

 

. Nada de fatalismo. Busca ti, en ti, a felicidade, e procura evitar as desgrazas previsibles; aló fóra, se trona que trone, pois ocorre por causas certas, sabidas ou non, pero non porque o gato mouro, etc.

 

. Manter a calma, que iso permitirache concentrar e ensamblar os pensamentos; sen pensar é moi difícil, por non dicir improbable, acertar.

 

. As dores físicas e mentais poden aliviarse con un esforzo da vontade distraéndonos en asuntos distantes, opostos; darlles demasiadas voltas ás cousas malas é..., queimar a tortilla!

 

. Fíxate neste, que é de categoría: O éxito é un proceso progresivo, nunca un destino. Unha persoa de carácter, con carácter forte, non se dá por vencida cando se enfronta aos obstáculos senón que persevera, insiste, tira forzas da súa fraqueza, e acabará vencendo!

 

-.-

 


 

Que si, Calderón, pero hai que vivila espertos:

de cada 24 horas, 16; dous terzos!

 

Os soños comezan con un desexo, e, se o aceptamos, se lle damos entrada, paulatinamente, ou non tanto, irá tomando forma, corpo, realidade. Por iso somos responsables da nosa vida, porque a elaboramos nós a base de decisións. ¿Con erros? ¡Aí está o miolo da cuestión, que hai que esforzarnos por e para evitalos, pero, de cometidos, responsabilizarnos deles, convertelos en utilidades, que iso é a experiencia!

 

¡Canta responsabilidade, e nós aquí abaixo, neste val das bágoas, soíños! ¡Mentira: nin é val das bágoas nin estamos sos! Unha parte das bágoas vén dos erros evitables e son as dolorosas pois das outras non somos culpables: Se nos vén unha desgraza, pidámoslle a Deus que nola apunte ao Haber, no Libro dos Méritos, que así, na segunda vida, na definitiva, teremos un ascenso asegurado..., por méritos de guerra! En canto ao de estar sos: Só está so o que quere pois nunca falta un próximo ao que aproximarse..., salvo que sexamos uns túzaros! A familia non se escolle, salvo o casoiro, por suposto, pero as amizades son punto e á parte; o malo do caso está en que adoitamos escoller aqueles que nos divirten e non aqueles que nos converten, aqueles que nos axudan, coa súa exemplaridade, a ser mellores, máis sufridos, máis pacientes nas desgrazas, e de paso..., máis triunfadores! ¿Estamos á recíproca? ¡Isto merece un exame de conciencia ben estrito, obxectivo!

 

Os latinos somos algo fatalistas, e de paso algo cómodos; máis barulleiros que efectivos; copiamos dos musulmáns iso de, “Séntate na porta da túa casa e verás pasar o cadáver do teu inimigo”. Non é cousa de sentarse a velas vir, que hai que saírlles ao camiño, estar armados, precavidos. Se non nos valoramos, se non nos coidamos, se non nos afirmamos en nós mesmos, afirmando e asentando a nosa personalidade, estamos perdidos, seremos como follas outonías, así que, ¡a loitar contra os elementos!, cousa que non fixo aquela flota ¿invencible? de Felipe II mandada por un inexperto, por un mariño da Meseta. Os problemas non adoitan desaparecer per se: ¡hai que solucionalos; hai que facer o que podamos, cando podamos! O próximo sabe respectar aos vencedores, pero despreza aos vencidos, aos covardes, aos ineptos, aos comodóns.

 

Aprendamos dos nosos erros, e vacinémonos fronte os posibles con tal de que sexan previsibles. Ben mirado, os erros son a base do noso progreso: avísannos, alertan de que hai un inimigo en cada descoido, en cada pasividade. A propósito: escarmentar en cabeza allea é moi sa, moi saudable!

 

Primum vivere, deinde philosophari. Díxeno nun dos meus primeiros libros e alguén tomoume de prosaico, de pesimista. ¡Xa! ¡Neniño, da vida tíranse os experimentos, e con eses experimentos, de analizados, xa podemos montar teorías filosóficas; máis ou menos científicas, pero prácticas para o noso vivir, e de paso, para o convivir cotián!

 

¿Cal é a verdade? Non sempre é fácil de descubrir, maiormente se os datos nos veñen de terceiros. Fóra dos Evanxeos, no resto confío pouco porque hai moito produto adulterado; unha certa dose de desconfianza, pois, mirar onde piso, axuda a avanzar. O caso é que os relatores dos Evanxeos deron a súa vida en defensa do seu testemuño; iso a maiores; pero, os outros testemuños? Adoitan disfrazalos moi ben, tanto que gran parte das veces de grandes trolas ata se fan versos. Meu avó, ¡sempre meu avó, aquel talento do que más puiden ter apreso se máis atención lle puxese!, aseveraba que, “Do oído nada crido, e do visto..., a metade!”. ¿Era miope? ¡En absoluto: víaas vir!

 

¿Cal é a realidade? ¡Uf; será cousa de palpala; o malo é que, de metidos nela, igual xa é tarde para escapulirnos! As realidades comezan nunha potencialidade, e van tomando corpo... Teñen esencia, e por tanto, existencia, existencia real, con consecuencias. En certas ocasións vivimos a vida tan afumados que estamos pisando lodo e nós sen decatarnos. Sarna con gusto non pica, pero mortifica; hai realidades penosas, agresivas, inconvenientes, pero, se nos gustan? As torpezas son elásticas, e dan para todo, que incluso cambiamos os ollos polo rabo, en tantas ocasións!

 

¿Cal é a previsión? A previsión sempre está en velas vir, pero como as hai invisibles, neses casos hai que aterse ao cheiro. Por exemplo, o demo sempre cheira a xofre; tódalas maldades cheiran, dan de si a pouco que nos molestemos en outealas. Os vellos dicían: Home prevido, home previsor, vale por dous!”. ¿Non se quedarían curtos? Aplicado aos cartos: No Banco sempre lles dixen aos clientes que non era bo poñer tódolos ovos no mesmo cesto, nos mesmos valores, maiormente se eran moitos, e teño a satisfacción de que evitei cracs terribles, a máis de catro.

-.-

 

Sóbrame civilización; que fago con ela?

 


 

 

Buscar a felicidade, amigo; e se che sobran medios, reparte, que folgazáns hai, e parados, tamén!

 

Aquí estamos de camiño, e por iso necesitamos alforxas, previsións e provisións, que se hoxe nos sobra algo mañá pode faltarnos. ¿Cultura? ¡Nunca sobra! ¿Honradez? ¡Pero que sexa intrínseca, sincera, e non fariseísmo! ¿Traballo? Ata onde se chegue, traballo ben feito; e se é por conta allea máis obrigados aínda..., porque temos a obriga de ser exemplares, que no mundo estamos para perfeccionarnos, e perfeccionando perfeccionamos ao próximo! Co traballo satisfacemos as nosas necesidades, e de paso cultivamos a caridade, que por certo non é dar do sobrante senón compartir o que teñamos. O que non podamos facer ben feito, está mellor no tinteiro.  

 

Amargados no traballo, co traballo? ¡Iso nunca, que é contraproducente: nin estaremos contentos nin o faremos ben! Comer o pan coa suor da nosa fronte non é unha maldición senón un mérito; malditos son os que comen coa suor dos de enfronte.

 

Para comer e para amar non pidas axuda aos demais. Por moito que nos bloquee o paro, tendo saúde, humildade e ganas, sempre teremos ao noso dispor aquelo que non quixeron os outros; e para mañá, Deus dirá. Téñenme impresionado eses homes que se ocupan de certos traballos circenses nas cidades, con incomodidades e riscos aterradores, tal que subidos as estadas dos rañaceos, e eu sen atopar un rozador das miñas silvas! ¿Que imán terán as cidades para que así desprecemos o campo?

 

Coidado tamén coa mecanización, co mecanicismo da cidade, que nos robotiza, e non pouco a pouco. Tal diverxencia de ocupacións ao longo do día, enlazadas a toda velocidade, cus inquedos, cadora nun sitio diferente, nun ambiente distinto, e case sempre distante, comida envasada, rutinas encadeadas, etcétera, que logo parecemos a engrenaxe dunha máquina, estannos levando a unha existencia deshumanizada, irregular e irreflexiva, pouco persoal, e non sempre sa. ¿Seguiremos así; resistirémolo? Hai que facer o posible por normalizar, por aquietar este trasfego, que non se poden vivir catro vidas nunha soa persoa por ben que nos organicemos. Actividade si, a máis posible, pero, controlada!

 

-.-

 

Esculcar

 


 

Esculco, esculcas, esculcamos..., é o verbo máis difícil de conxugar! Ditosos aqueles anos, aquelas idades, nas que o padriño, e de non habelo, un veciño, nos proporcionaba as mellores suxestións, as mellores oportunidades..., despois de ben informado, por suposto! ¿Agora? ¡Agora non temos a quen botarlle as culpas dos nosos erros, dos nosos desacertos! E cos mozos, ás mozas pásalles outro tanto!

 

“Casamiento y mortaja, del Cielo bajan”. ¡Axá; daquela hai que subir ao Ceo para esculcar, para face-lo casting! ¿Por que? ¡Obvio: porque os outros / as outras, as que concorren aos antros..., eses/esas, para o veciño/para a veciña!

 

Ante todo, sinceridade, pois quen mente no pouco tamén o fai no moito..., se lle convén, ou aínda sen convirlle, se lle apetece! Que pena que non exista un detector de mentiras, ad hoc! Xa que non existe hai que esmerarse en suplilo. ¿Como? Conversando, pois os frechazos son só iso, frechazos, e non serven para profundar se o elixido/a ¿aguantará? na fidelidade por días de vida.

 

¿Queremos boa vida? ¡Daquela casemos ben, que así o resto é máis doado de lograr! Pegoulla Eva ao Adán, ¡burro!, convencéndoo para que catase aquela mazá da soberbia inicial, e iso que non tiña alternativas se fracasaba nos seus arrumacos!

 

A mazá hai que examinala previamente, e incluso, ¡incluso!, se se queren ter fillos facerse recoñecer..., por se hai, nun deles, ¡chega que a haxa nun deles!, esterilidade xeracional.

 

¿A outra dote, a de metálico? ¡Iso é o de menos, tendo saúde e virtudes, que máis mazás quedan no Paraíso, das boas, para ir comendo, para ir vivindo!  

 

-.-

 

As dores máis atroces...

 

neste “Val das Bágoas”, caso á parte das fisiolóxicas, son os baleiros familiares. ¡Cruces sen cireneo!

 

As ausencias definitivas doen, ¡claro que doen!, pero teñen de contrapartida gozosa esa fe, esa esperanza, de que se nos anticiparon, que están Arriba, que velan por nós, que en definitiva esa é a meta da nosa redención: ¡incorporarnos á eternidade salvífica!

 

Graves son as outras, eses enconos nos que unha das partes se nega á reconciliación, pois a outra parte desespérase nesa ansia, nesa espera desesperada, ante esa porta familiar que damos por definitivamente pechada.

 

A forma de relacionarnos co noso entorno está condicionada por como construímos, ¡ou nos construíron!, desde a infancia as nosas relacións familiares, así que, mentres todo vai ben, temos un motivo máis de felicidade, pero o problema xorde, estoura, cando un, ou varios, dos membros familiares se obnubila, cando deixa de razoar, e por tanto, de comunicar. Sanear os vínculos rotos non sempre é factible por boa vontade que poña a parte ofendida, que é, por tanto, a sufrida, a sofrente. Por engado, na práctica cotiá, os ofensores, os ladróns, sempre adoitan negar, presumindo de dignidade. ¡A ver que din Arriba cando os examinen no Tribunal da Verdade, no de San Pedro!

-.-

 

Mandamentos sociais

 

Só hai dous: 1º. Non provoques aos inimigos. 2º. Se queres ser respectado, respecta!

 

Eu, persoalmente, estou contentísimo, e agradecido, dos meus inimigos; moito me axudaron, moito me espelín grazas a eles. O máis difícil é descubrilos, desenmascaralos, porque non hai inimigo que non se disfrace de amigo. Coñécense polas súas obras con terceiros; e de aí aplícaselles o refrán do cesteiro, que di que, Quen fai un cesto fai un cento, se lle damos bringas e tempo! ¿Que se porta mal noutros círculos? ¡Prepárate para cando se lembre de ti, do que lle estorbas, da luz que el pensa que lle tapas! Os amigos, ao loarte, déixante satisfeito, e daquela paras..., paras de medrar, de esforzarte! ¿Entendida a comparanza?

 

Os inimigos son o demo, que sempre dispara disfrazado de anxo. O dilema está na distancia, porque, se te achegas moito, ademais do risco de contaxiarte, el pescudará demasiado das túas cousas, das túas debilidades, e terá un abano de motivacións e de probabilidades para difamarte; pero se te distancias bruscamente darase por ofendido, xustificando así as súas puñaladas trapeiras. ¿Puñaladas trapeiras? ¿E logo, que esperabas, bicos a estilo Xudas? ¡Pois tamén, tamén!

 


 

-.-

 

O segundo dos mandamentos é o que define ás persoas nobres, ás respectables. Habendo tanta xente decente neste mundo, no propio barrio, para que ir bailar a Sodoma, ou a Gomorra?

 


 

O can e mailo gato, con todo ser distintos enténdense e conviven.

 

¡Hai animais que nos ensinan! ¿Quen lles daría a lección? Voume fixar no que fan a ver se de aí tiro experiencias.

-.-

 

Para comezar, humildade.

 


 

Que nos é relativamente fácil para os que nacemos en casa pobre, mais, ¡coidado!, porque a soberbia suma é a dos pobres cando chegan a algo. ¡Afellas que si; observade e veredes!

 

Non hai que confundir a humildade co complexo de interioridade, tan nocivo se se converte en obsesivo. É unha estupidez, unha parvada, a pretensión de ser igual ou mellor que algún coñecido noso. Todos somos mellores en algo, ou peores e inferiores; a igualdade absoluta, na variedade humana, non existe, a Deus grazas, que miúdo aburrimento sería. Os desniveis están aí, e témolos que aceptar; precisamente son un estímulo para esforzarnos en mellorar no factible, no mellorable; o que importa é non sentirse mal, expulsar todo sentimento de inadecuación e de malestar, séxase, que se debe mirar de fronte e non quita-la pucha máis que ante Deus..., ou ante as damas!

 

¿Queda claro que “complexo” é un pensamento irracional, unha idea distorsionada que temos de nós mesmos? ¡Daquela, “safi” co tema!

-.-

 

Centrémonos agora niso do respecto,

que é tema para un libro e non só para un capítulo.

 

Unha cousa é o respecto e outra o temor. Pobre daquel que sexa temido, e bendito aquel que sexa respectado. O respecto ténselles aos que se portan con integridade, aos que nos tratan con dignidade, coa recíproca. Ser respectable tampouco é ser infalible; infalible, non, pero con ganas de acertar, si, que se nos note a boa vontade. A eses que se portan ben para quedar ben socialmente, e só por iso e para iso, antes chamábaselles fariseos; agora, hipócritas.

 

Ao respecto do respecto poderíanse dar mil consellos, pero os consellos sempre son xenéricos, así que mellor nos remitimos ao propio criterio do interesado, que igual se di, nesas mil variantes: Trata de descubrir en que es bo, e úsao, pono en obra, pois, obras son amores e non boas razóns. Pórtate ao natural, sempre ao natural, para darte a coñecer tal cal es, pois mal se pode respectar a quen non se ten por verdadeiro. Se tes fillos, un baremo que che aplicará o próximo será o de comprobar como os tratas, como os educas, que non hai retrato máis elocuente. Se leal a ti mesmo, que iso é compatible con respectar opinións alleas. Discute con mesura, e máxime cando non teñas probabilidades de convencer. Non dar opinións sen razoalas. ¿Que non lles interesan? ¡Daquela mutis polo foro do teatro!

 

¿Regras de convivencia? Pensa en deixar sitio aos demais, pois, tanto na aldea como na cidade, todos necesitamos, e temos dereito, a un espazo, así que non cales se te pisan. Aseo persoal e vida regular tamén importan, tamén te retratan.

 

-.-

 

Poñerse no sitio do outro.

 

Mal se pode convivir se non vivimos deixando vivir. Para iso hai que distinguir entre a miña verdade e maila súa: poñámonos nos seus zapatos para entender os seus andares. Por absurdas que nos parezan as súas decisións, sempre vale a pena indagar as súas motivacións, ¡que igual merecen un respecto!

 

As moedas teñen dúas caras, e a vida de dúas persoas, ¡quen sabe! Eu, de posto no seu lugar, ¿que? Pero na vida cotiá disto faise pouco uso: ¡só sabemos medir pola nosa tega, pola vella, e cada convento ten a súa... ¡Tíñana, daquela dos foros! Todo é tan subxectivo e tan cambiante que xulgar un feito dado non é doado, así que non está de máis apelar á prudencia, á moderación.

 

¿Se nolo fixesen a nós, doeríanos? Unha persoa respectable, e por tanto, respectuosa, ten a obriga de ser obxectiva, que tampouco é doado; a quen teña, e cultive, esta virtude, poñámola no santoral dos respectables.

-.-

 

En definitiva: Ser obxectivos.


 

 

¡Non hai que inventalo: xa está feito, dito e feito, pero, facémolo nós?

 

-.-

 

 

 


 

O futuro constrúese no presente

 

¿O título, o diploma desta carreira, da carreira da vida? ¡Iso despáchase Arriba, entrando pola porta grande, pola de San Pedro!

-.-

 

Como broche, o agradecemento, en todo e para todo.

 

Non podo concluír estas reflexións sen referirme o broche do agradecemento, unha virtude que (temo) teñamos un pouco descoidada; esta tamén. Para iso farei miñas aquelas verbas de Joan Manuel Serrat, que máis que dun artista parecéronme dun filósofo, pronunciadas cando lle entregaron o Doutorado Honoris Causa na Universidade Complutense, de Madrid. Ben distante daquel “Do ut des”, dos romanos, dixo: 

“... La gratitud no es una virtud frecuente; más bien lo contrario. La historia está llena de hombres que mucho han contribuido en este u otro aspecto de la vida y que no han recibido a cambio más que el desprecio y la ingratitud de sus contemporáneos, aunque coincidirán conmigo en que un hombre que disfruta del privilegio de dedicarse a una profesión que le hace feliz, que hace lo que le gusta hacer, que le pagan por hacerlo y que además constantemente percibe que la gente le quiere, más que un mérito tiene una bendición.

“Probablemente a lo largo de mi vida no haya hecho otra cosa (de mayor mérito) que lo que estoy tratando de hacer ahora mismo: Que me quieran mis amigos. Y tener cada vez más. Que es la única acumulación que merece la pena en la vida…, y por la que no se pagan impuestos!”.

-oOo- 

Xosé María Gómez Vilabella

 


No hay comentarios: