domingo, 6 de julio de 2008

MARÍA VERSUS EVA -II-

.../...

 

A colaboración de San Xosé na nosa Redención tamén é admirable.

En segundo plano, por suposto, con respecto á Virxe María, pero o papel, o “rol”, de Xosé tenme asombrado; e ben agradecido estou de que meus padriños mo puxesen de “titor”, pois mellor non o pode haber no santoral.



Meu ilustre carpinteiro, se fixeches algunha cruz, e llas deches ao Neno para xogar con elas, era o que che faltaba para participar plenamente na Redención!

Mais para predicar a San Xosé, os seus méritos, o seu poder de intercesión, eu son un  ninguén, así que vos invito para que leades a Santa Teresa de Ahumada y de Cepeda, que deixou escrito: “Parece que Jesucristo quiere demostrar que así como San José lo trató tan sumamente bien a El en esta tierra, El le concede ahora en el Cielo todo lo que le pida para nosotros. (Así que) pido a todos que hagan la prueba y se darán cuenta de cuan ventajoso es ser devotos de este santo Patriarca”.

Facédelle caso á Santa, que non nos parecemos en nada, senón todo o contrario: A de Ávila colleu a seu irmán e marcharon á terra dos mouros, para que os fixesen mártires, pero saíron tras deles, así que non puideron, non lles deixaron, cumprir coa promesa. Este servidor, en cambio, por culpa de que os quixeron matar, nun atentado, en Safí, non puido asistir á voda de seu irmán. ¡Ela quería o martirio con seu irmán, e eu, pasar desapercibido por terra de mouros..., para chegar á voda do irmán!

Daquela saímos vivos de milagre, así que, entre a Virxe Milagrosa, que sempre levamos a súa medalla, e mailo meu “Padriño” San Xosé, quixéronme na terra, outro pouco, para que faga méritos, ou o intente, aquí abaixo, neste val das bágoas.

San Xosé, carpinteiro, e eu, zoqueiro, polo menos temos en común a devoción á madeira. ¿No resto? ¡Eu tamén convivo cunha santa, pero cústame traballo imitar, ¡nin de lonxe!, á Sagrada Familia, pois son da raza dos pecadores..., ¡e menos mal que me bautizaron!

A aceptación, a humildade, de San José.

Mateo 1, 18 – 25: “O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida (só prometida) a Xosé; e antes de vivir xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo. Xosé, o seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente. Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: -Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo. Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará ó seu pobo de tódolos seus pecados. Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta: “Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poñeranlle de nome Emmanuel” (que quere dicir, “Deus connosco”). Acordou Xosé do seu soño, e fixo tal como lle mandara o anxo do Señor, levando consigo a súa prometida; e sen que a tocase, ela deu á luz un fillo. E el púxolle de nome Xesús”.

¡Bendito San Xosé, que distancia entre a túa humildade, o teu respecto ao Creador, e aquela soberbia do Avó! Teño para min que ti tamén foras concibido en graza, pois o coidador do Fillo de Deus non podía arrastrar sucidade, malformación ou deformación ancestrais!

A San Xosé hai que aliñalo con Xesús e con María, e non cos demais santos, por moi santos que sexan, tal que Xoán Bautista e os Apóstolos. ¡Bendita, Sagrada, Familia, que graza tan especial coñecerte, coñecer a túa historia, e acollerse á vosa especial protección!

-.-

Os pastores e mailos Reis

Lucas 2, 8 – 20: “Había naquela comarca uns pastores que pasaban a noite ó descuberto vixiando o seu rabaño. Presentóuselles un anxo do Señor, e a gloria do Señor rodeounos co seu resplandor. Eles levaron un gran susto, pero o anxo díxolles: -Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha gran alegría para todo o pobo. Hoxe na vila de David naceuvos un Salvador, o Mesías, Señor. Este é o sinal: atoparedes unha criatura embrollada e deitada nunha manxadoira, nunha corte. De súpeto, arredor do anxo apareceu unha multitude do exército celestial, que louvaba a Deus dicindo:

¡Gloria a Deus no Ceo,

e na terra paz ós homes

que gozan do seu amor!

“Cando os anxos se retiraron marchándose ó Ceo, comentaban os pastores entre eles: -Vaiamos a Belén ve-lo que sucede e que o Señor nos manifestou. Foron ás carreiras (¡non era para menos, e se chegan a ter ás coma os anxos, voarían!) e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura deitada na manxadoira”.



En el portal de Belén

hay estrellas Sol y luna,

la Virgen y San José

el Niño que está en la cuna.

 

Cando eu gardaba ovellas no meu Bergland, ¡cantas veces teño cavilado en como sería aquela adoración de Belén!

-.-

 

Despois viñeron os Reis.



Fosen Magos ou “Majos”, o caso é que se portaron ben, maiormente na súa astucia de non retornar por xunto do infanticida Herodes.

Mateo, 2, 2-12: “-Onde está o Rei dos xudeus, que acaba de nacer? Porque vimos saí-la súa estrela alá no Oriente, e vimos para lle rendermos homenaxe. Oíndo isto, o Rei Herodes alporizouse, e con el toda Xerusalén. Convocou a tódolos sacerdotes e letrados do pobo, para preguntarlles onde tiña que nacer o Mesías. Eles responderon: -En Belén de Xudea, que así o deixou escrito o profeta: E ti Belén, terra de Xudea, de ningún xeito é-la máis pequena entre as vilas de Xudea, que de ti ha saí-lo guía que será o pastor do meu pobo Israel”. Entón Herodes, ás agachadas, chamou ós magos, para se enterar ben de cando lles aparecera a estrela. Logo mandounos a Belén, dicíndolles: Ide e informádevos ben  de que é o que hai dese neno; e unha vez que o atopedes, avisádeme, para ir eu tamén a lle render homenaxe... (Maldito; outro Satanás; outro Adán ás ordes do diabro!). “... avisados en soños de que non volvesen por onda Herodes, (despois da adoración e dos seus regalos), saíron para a súa terra por outro camiño”.

¡Ben que llelo agradecería Xesús, e ben premiados que estarán no Ceo, así que, evocalos, evocar a súa santidade, o seu comportamento, está ben, magnífico, pero nada de ridiculizalos con imaxinacións circenses!

-.-

 



A Sagrada Familia entrando en Exipto

O exilio, ¡maldito Herodes, que estará no inferno, lonxe dos Inocentes que fixo matar, a feito, por non saber cal deles era o Fillo de Deus!, en Exipto, foille acaído a Xosé para gañar o pan de cada día pois daquela en ningún outro país eran tan axeitados, e tan apropiados, os carpinteiros, para a madeira, tan escasa e tan necesaria, que se precisou para arma-las pirámides.

-.-

 

Outros exiliados

Lin isto nalgunha parte, e anoseino, pero esquecéuseme apuntar o nome do autor. Fose quen fose, doulle a razón: A Sagrada Familia foi un caso de emigrantes inocentes. Daquela foi por culpa de Herodes, e hoxe adoita ser en busca de traballo, ou porque, a causa da envexa dos soberbios, dos poderosos, outros non poden realizar a súa vocación ou desenrolar a súa personalidade. Coma eles, coma os de sempre, (¡As mulleres, sempre devotas, e nin con esas! Mateo, 26, 6 – 13). “-Pero, ¿a que vén este estrago? Podíase vender por moitos cartos e dárllelos ós pobres. Xesús, decatándose, díxolles: -¿Por que molestades a esta muller? Ben está o que fixo comigo. Ós pobres sempre os tendes convosco, pero a min non sempre me teredes. Unxindo con este perfume o meu corpo, preparoume para a sepultura. E asegúrovos que onde queira que se anuncie a Boa Nova, polo mundo enteiro, falarase, para honra dela, do que acaba de facer)”. Viña dicindo: ... Coma eles, coma os de sempre, Xesús, irmán dos desterrados de todas las clases, e por tódalas causas, en todo semellante aos homes.

Para obviar estas e outras dificultades, é precisa e indispensable unha catequese clara e positiva, o recurso á austeridade, a ascese constante propia dunha vida cristiá chea, plena, satisfactoria, así como a oración incesante para que non nos deixe caer na tentación, o que é igual a dicir, na soberbia.

Dificilmente superaremos os cristiáns de hoxe en día todos estes asedios sen o recurso á intercesión da Sagrada Familia e ao establecemento no propio fogar daquel clima humano e celestial, feliz e sinxelo, cheo de probas e de privacións, de candor, pero tamén da suor do traballo, e algo de poesía, achegándonos ao ambiente de Nazaret.

-.-

 

De volta para Nazaret

Mateo 2, 19 – 23: “En morrendo Herodes, (¡desde que o levou o demo, pois eran íntimos amigos!), o anxo do Señor aparecéuselle en soños a Xosé en Exipto e díxolle: -Érguete, colle o neno e maila nai e volve para a terra de Israel, que xa morreron os que querían acabar co neno. Ergueuse Xosé, e collendo o neno e maila nai foise para a terra de Israel. Pero, ó saber que Arquelao reinaba en Xudea, en lugar de seu pai, sentiu medo e non se atreveu a ir alá. Avisado en soños, marchou para a banda de Galilea, indo vivir a unha vila chamada Nazaret. Cumpriuse así o que dixeran os profetas: que se chamaría nazareno”.

¡Ai Xosé, Xosé, bendito Xosé, que cargazo o teu, non o houbo de máis categoría, defendendo e protexendo ao Neno Deus, Fillo de Deus!

-.-

 

Nazaret, unha sucursal do Ceo

Era tantísimo o que tiñan para contar de Xesús, daqueles tres anos de vida pública, aqueles Evanxelistas, que os trinta da privada deixáronos para a nosa imaxinación. Pero é fácil de imaxinar: ¡Nazaret foi unha sucursal do Ceo, presidida por un Neno, Fillo de Deus, coa Virxe María e San Xosé de criadores seus, os anxos invisibles, ou non tanto, pois a súa labor, a súa colaboración tivo que facerse notar naquel ambiente lugareño!

Lucas 2, 1 – 5: “Saíu daquela un decreto do emperador Augusto ordenando o empadroamento de todo o mundo. (Do mundo controlado polos romanos). Foi o primeiro censo que se fixo; por entón era Quirino gobernador de Siria. E todos, en cadansúa cidade, fóronse empadroar. Tamén subiu Xosé desde Galilea, da vila de Nazaret, ata Xudea, á vila de David chamada Belén, pois pertencía á casa e familia de David, para empadroarse con María... E resultando que, estando alí, chegoulle o tempo do parto, e deu á luz... Envolveuno nuns capizos e deitouno nunha manxadoira, na corte das bestas, porque dentro da pousada non queda lugar (dispoñible, se entende)”.

Poñamos un exemplo: Nas nosas escolas, curso a curso, adoita ser visible o neno prodixio, que sempre hai algún. ¡Pois nada comparable coa presencia de Xesús en Belén!

Alí non sabían que María e Xosé non eran matrimonio, no senso humano, pero si que vían, e tiñan que admirar, o ben que se entendían, que nunca houbo convento onde mellor se levase, e colaborase, a Comunidade. Traballaban; facían de todo, incluso mobles de encarga. E os cativos do lugar sentíanse felices, ¡como nunca!, con aqueles veciños, naquel ambiente..., ¿de paz? ¡Máis cá iso: de gloria pura, absoluta, ata entón descoñecida!

Claro que tamén habería veciños desconformes, que por detrás se sentían incómodos de que unha familia tan humilde mandase, influíse, tantísimo, na convivencia local: ¡Eran os demoníacos, os partidarios da soberbia, os luciferinos, que ademais de incómodos estaban intrigados: “Unha xentiña tan influente estorba as nosas apetencias de mangoneo e de troula viciosa”. ¡Pero tiveron que aguantalos, como se aguantan as virtudes dun convento cando os hai na veciñanza!

Pero algún ben que se decatou do que estaba sucedendo, tal que o velliño Simeón, que estaba no templo aquel día da circuncisión do Neno Deus. Pero vexámolo ao pé da letra, que o temos perfectamente descrito en Lucas 2, 21 – 39: “Ós oito días tocaba circuncida-lo neno, (aquel lei antiga, tan daqueles tempos), e puxéronlle de nome Xesús, tal como o chamara o anxo antes da súa concepción.

“E cando chegou o tempo da purificación, conforme á Lei de Moisés, (¿Purificación de María? ¡Que absurdo, pero eles cumpriron o que viña sendo normal e ritual!). Levaron o neno a Xerusalén, para presentarllo ó Señor (pois así está escrito na Lei antiga: “Todo varón primoxénito consagraredes ó Señor”), e tamén para faceren unha ofrenda, conforme se di na Lei do Señor: “Un par de rulas ou dous pombiños”.



Simeón e Ana, no templo, na Presentación.

Vivía naquel tempo en Xerusalén un home xusto e piadoso, chamado Simeón, que agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que estaba con el, tíñalle prometido que non había morrer sen ve-lo Unxido do Señor. Movido polo Espírito, foi ó templo, e, cando entraban os pais do neno Xesús para cumpriren o mandado pola Lei do Señor, el, colléndoo nos brazos, louvou a Deus dicindo: -Agora podes, Señor, segundo a túa promesa, despedir en paz ó teu servo, porque xa os meus ollos viron o teu Salvador, o que preparaches para tódolos pobos: luz de revelación para os xentís, e gloria do teu pobo Israel... Había tamén unha profetisa moi vella, chamada Ana...” (As mulleres, cerca de Deus, sempre!).

“Cando remataron todo o ordenado pola Lei do Señor, volveron para Galilea, á vila de Nazaret. (Este dato implica que a presentación fixérona despois da morte de Herodes, retrasada por causa e por culpa do seu exilio a Exipto). O neno ía medrando, lanzal, forte e intelixente; e a gracia de Deus estaba con el”.

O dito: ¡Vaia sorte, e vaia satisfacción a dos seus veciños conviventes, aqueles de Nazaret! Naquel clima non se levaban zocas, pero aínda así eu ofrézolles as miñas, que as baixo do meu altar, con efectos retroactivos, se tal puidera ser!



O altar das miñas zocas, as últimas que fixen.

-.-

 

Aquel neno, que naceu Mestre, pero aínda non se sabía...

Lucas 2, 41 – 52: “Polas festas da Pascua, (Pascha = Pascua, saída dos israelitas de Exipto, dirixidos por Moisés; así que, pasamento, traslado, cambio para mellor), os pais (a nai e mailo pai adoptivo), ían tódolos anos a Xerusalén. E así, cando o neno tivo doce anos, subiron á festa (á festa relixiosa), conforme á tradición. Pasados aqueles días, cando eles volvían, o neno Xesús quedou en Xerusalén, sen que os seus pais se decatasen. (Obviamente deixaran ir, retornar, ao seu neno cos demais da bisbarra; tiña 12 anos, e co tratable que era, os outros nenos encantados, e seus pais era lóxico que estivesen ben gozosos de que fose tan ben recibido naquelas compañías tan fraternas).

“Coidando que iría na comitiva (cos outros nenos), fixeron unha xornada de camiño; entón buscárono entre os parentes e coñecidos, pero como non deron con el, volveron a Xerusalén para buscalo. (¡Pobriños; seguro             que pasaron os tres días desesperados, chorando bágoas de a quilo!). E resulta que, ó cabo de tres días, atopárono no templo, sentado no medio dos doutores e dialogando con eles. (Máis que dialogando, seguro que ensinando, ensinándolles aos doutores!).Tódolos que o escoitaban estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións. (¡O Doutor era Xesús, e alumnos os doutores da lei hebraica!). Ó velo, ficaron moi impresionados, (¡E iso que xa sabían que era Fillo de Deus!), e a súa nai preguntoulle: -¡Meu fillo! ¿Como te portaches así connosco? Mira que teu pai (Xosé, pai adoptivo) e mais eu andamos cheos de angustia (¡Angustia suma, indescritible, por suposto!) en busca túa. El respondeu: (Cargado de razón, por suposto) -¿E logo, por que me buscades? ¿Seica non sabiades que teño que estar na casa de meu Pai? Pero eles non entenderon a resposta. (Obnubilados que se quedaron coa mesma!). Baixou con eles a Nazaret, e vivía baixo a súa autoridade. (¡Aquilo si que era humildade, exemplo filial!). A nai conservaba todas estas cousas no seu corazón. (E tamén no seu cerebro, no seu entendemento, obviamente). Xesús medraba en estatura, en sabedoría e en gracia diante de Deus e mais dos homes”. (Feito home, o Fillo de Deus tiña que demostrarnos a súa dobre, santísima, perfecta, personalidade).

-.-

 

O anunciante anunciado

Lucas 3, 7 - 9: “Ía onda el moita xente a que os bautizase, e el dicíalles: -¡Camada de víboras! ¿Quen vos ensinou a fuxir do castigo que está a chegar? (Para os de Eva, o dilema era purificarse ou condenarse; mais para os de María todo era albor, advento!). Dade froitos dignos dunha verdadeira conversión, e non empecedes a dicir entre vós: “Somos fillos de Abraham”. Asegúrovos que destas mesmísimas pedras pode sacar Deus fillos de Abraham. Xa está a machada posta á raíz das árbores, e toda árbore que non dea bo froito, será cortada e botada no lume”. (¡Chegara o momento de rozar, de decidir, de elixir novamente a árbore!). A xente preguntáballe: -¿E logo, que temos que facer? El respondíalles: -O que teña dúas túnicas, que as reparta con quen non teña ningunha; e que faga o mesmo o que teña que comer. Foron tamén uns recadadores a se bautizar, e preguntáronlle: -Mestre, ¿que temos que facer? El contestoulles: -Non esixades nada máis do que vos está mandado. Tamén uns soldados lle preguntaron: -E nós, ¿que temos que facer? El contestoulles: -Non asoballedes nin saqueedes a ninguén, e contentádevos coas vosas pagas.

“Como o pobo estaba esperando polo Mesías, empezaba a pensar se acaso non o sería Xoán; pero el declarou diante de todos: -Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte cá min, (Seu primo Xesús, o fillo de Deus, o fillo de María), e a quen eu non son digno de lle desata-los amallós do seu calzado. (¡Volvía a reinar a humildade!). El havos bautizar con Espírito Santo e con lume. Porque trae a forcada na man, para limpa-la súa eira e recoller na hucha o seu trigo; pero a palla ha de queimala no lume que nunca se apaga. (Os malos que treman, e os bos que gocen coa chegada do Salvador!).”Con esta e outras moitas exhortacións anunciáballe a Boa Nova á xente. Pero Herodes, o tetrarca, a quen Xoán reprendía por causa de Herodías, a súa cuñada, e por outros crimes, colmounos todos facendo aínda este: meteu a Xoán na cadea...

Ah, pero antes da súa prisión colaborou nun acto apoteósico: ¡O bautismo de Xesús! Aquí deteñámonos, que é de precepto ler,  o só a Lucas, senón, e tamén, a Mateo (3, 13 - 17; e a Marcos 1, 9 – 11).



Bautismo de Xesús (Goya)

Se o bautismo perdoa o pecado orixinal (e tódolos demais pecados), como Xesús nunca pecou, nin herdou pecados, ¿por que foi bautizado? Xa se nos ten explicado na Catequese, pero non está demais matizalo:

O primeiro no que temos que deternos é en que Xesús non recibiu o sacramento do bautismo como o coñecemos hoxe. Aquel bautismo de San Xoán (do Bautista) era simbólico, buscando a preparación, o arrepentimento, das persoas daquela época, mentres que o bautismo cristián contén realmente a gracia do perdón. ¡Cristo estaba convertendo o bautismo nun sacramento; así, publicamente, dándolle forma. Leamos a San Ámbrosio, Pai e Doutor da Igrexa o explicou moi ben (no século III): “O Noso Señor  foi bautizado non para ser limpado senón para limpa-las augas, que, ao ser purificadas pola carne do propio Cristo, que non coñecía pecado, puideran ter a virtude do bautismo”. (Aplicando a fórmula da Igrexa, por suposto, pero tamén o anticipo na “auga de socorro” se tal fose, ou temese ser, necesaria).

Cristo, como Deus, Fillo do Pai, é tan santo, tan poderoso, que inverteu o proceso normal. El iniciou deste xeito unha era nova na que a gracia de Deus irrompeu no mundo, invertendo o proceso do pecado e da corrupción. ¡Convertendo, santificando, tódalas cousas!

En San Lucas (3, 21 – 22), pero tamén en Mateo e en Marcos: “Durante un  bautismo xeral, e despois de se bautizar tamén Xesús, mentres oraba, abriuse o ceo e baixou sobre el o Espírito Santo na aparencia corporal dunha pomba. Entón oíuse unha vez desde o ceo: -Ti é-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto”

-.-

 

Gloria In Excelsis Deo

Glória in excelsis Deo

Et in terra pax homínibus bonae voluntátis

Laudámus te

Benedícimus te

Glorificámus te

Grátias ágimus tibi propter magnam glóriam

Tuam

Dómine Deus, Rex caeléstis

Deus Pater omnípotens

Dómini Fili Unigénite, Iesu Christe

Dómine Deus, Agnus Dei, Filius Patris

Qui tollis peccáta mundi, miserére nobis

Qui tollis peccáta mindi, súscipe

deprecateiónem nostram

Qui sedes ad déxteram Patris, miserére

nobis

Quóniam tu solus Altíssimus

Iesu Christe, cum Sancto Spíritu: in gdloria

Dei Patris.

Amén

-.-

 

Oínllo ao sacerdote de Santiago, Manuel Blanco Vázquez, ¡un bo sementador,     que merece chegar a bispo!

“Deus sempre é Pai; ser fillo depende de cada un de nós”

-.-

 

Tradiçôes de Natal em Portugal

Seguindo a tradiçäo, as familias portuguesas (nosos veciños, e ademais parentes) reúnem-se no dia 24 de Dezembro para jantar e à mesa servem-se pratos de bacalhau, embora o peru assado e outros pratos de carne, que eram habitualmentge saboreados nos días seguintes, já comecem igualmente a integrar as ementas. Para sobremesa, nâo poderá faltar o Bolo-Rei, recheado com frutas cristalizadas ou com frutos secos, além de outros bolos característicos da época como as broas castelares e os tradicionais fritos como as filhoses, os sonhos e as rabanadas.

À meia-noite, celebra-se a Missa do Galo e nas igrejas, assim como em casa, há um lugdar especial para o presépio, a recriaçâo do estábulo onde nasceu Jesus que Sâo Francisco de Assis idealizou, no séc. XIII, eque é bastante popular em Portugal.

As prendas de Natal trocam-se despois da meia-noite ou na manhâ seguinte, consoante o hábito de cada familia. Em tempos idos, antes de ser o Pai Natal a animar o naztal português e a deixar as prendas na Árvore, era o Menino Jesus quem as entregava. Ao deitar, as crianças deixavam o sapatinho na chaminé e de manhâ, ao acordar, iam ver qual a surpresa que lhes tinha deixado. Se se tivessem portador bem durante o ano, claro...

Em localidades como Bragança, Guarda, Castelo Branco e nalgumas aldeias, ainda se queima um madeirso durante a noite de 24 de dezembro, numa grande fogueira no adro da Igreja. Serve de ponto de encontro para reunir amigos e vizinhos e desejar um Feliz Natal a todos.

Despois da passagem de ano, as festas terminam no Dia de Reis, a 6 de janeiro. Na rua ou em monumentose igrejas, ouvem-se as “Janeiras”, cantos tradicionais que desejam votos de um Bom ano.

-.-

 

Ahora en castellano

Tradiciones típicas navideñas en Portugal

Las Navidades en Portugal son unas fiestas muy familiares que se celebran con los seres queridos. Existen muchas tradiciones de Navidad en Portugal que varían de una región a otra, algunas de ellas son herederas de antiguas tradiciones normandas, pero la mayoría son de origen católico.

 

El Madero de Navidad

Un elemento típico que nunca falta en la Navidad portuguesa es el fuego. En Portugal, es costumbre encender hogueras en Nochebuena, quemando leña y tocones, cuánto más grandes mejor. Esta tradición antigua simboliza el triunfo de la luz sobre las tinieblas y por ello, cuanto más tiempo arda el fuego, mejor será el Año Nuevo.

En el interior del país, la Navidad se caracteriza por la ceremonia de la quema del Madero, durante la noche del día 24 de Diciembre. Se realiza, sobre todo, en el área que va de Trás-os-Montes hasta el Alto Alentejo, abarcando localidades de los distritos de Bragança, Guarda, Castelo Branco y Portalegre.

Es una manifestación con vocación de convivencia, en la que se comparte la costumbre privada de reunión alrededor de la chimenea, consolidando la cohesión del grupo local. Consiste en una gran hoguera que se realiza en el atrio de la iglesia, o en otro lugar semejante de organización social y espacial, donde la población se reúne después de la Misa del Gallo. La hoguera llega a alcanzar la altura de la iglesia, ardiendo toda la noche hasta que se apaga. Sus restos se guardan para su consumo a lo largo del Inverno.

 

Misa del Gallo.

Al igual que en España, durante la Nochebuena en Portugal, también es típico asistir a la Missa do Galo (misa del gallo). Esta misa nocturna suele finalizar besando los pies de una figura que representa al niño Jesús. En muchos lugares, después del oficio religioso se sale a la calle para quemar el tronco de Navidad.

Es también durante esta mágica noche,  cuando Pai Natal (Papá Noel) trae regalos para los niños. Los regalos de Navidad se dejan junto a los pesebres que representan el nacimiento del niño Jesús y  que  durante estas fechas están presentes en casi todas las casas.

 

Cena típica de Nochebuena en Portugal (Consoada)

En la cena de Nochebuena, el bacalao,  plato nacional portugués por excelencia, suele ser el protagonista. Lo típico es prepararlo como se hacía antiguamente, con berza, patata, zanahoria y huevos.  En otras zonas de Portugal, en cambio, es costumbre cenar pavo en lugar de bacalao.

Entre los aperitivos, sobretodo al norte del país, es muy habitual incluir pulpo y jamón ibérico. De postre se toman los filhoses (dulces tradicionales fritos) y el Bolo Rei (un bizcocho relleno de frutas confitadas que equivale al roscón de reyes español). También se toman frutos secos y se asan castañas que se acompañan con vinos y orujo.

Algunas familias colocan lugares extra en la mesa para invitar a las almas de los fallecidos, esperando atraer su  protección y buena fortuna en el Año Nuevo. Se trata de una costumbre antigua y que hoy en día ya no es muy habitual.

 

Las cruces de harina de Benquerença

En Benquerença (en la región de Castelo Branco), donde no se celebra la Misa del Gallo, los jóvenes recorren las calles con platos de harina dibujando cruces blancas en las puertas de las casas. Cuenta la tradición a propósito de esta costumbre que uno de los soldados de Herodes, mientras buscaba a Jesús por las calles de Belén, dio con la puerta trasera del lugar donde se ocultaba la Virgen María con el Niño Jesús y la marcó con harina antes de ir a buscar ayuda. Cuando volvió con el resto de la soldadesca descubrió espantado que todas las puertas de la calle estaban marcadas con la misma señal.

 

Matanzas en Madeira y las Azores

En Madeira la «lapinha» es la reina de las fiestas de Navidad. Se trata de una especie de belén que se recrea en una escalera de tres peldaños y que se decora con plantas de lenteja, trigo o centeno, con panes y con una tradicional lamparita de aceite. Es costumbre en Madeira y en las Azores sacrificar a un cerdo días antes de las fiestas navideñas para elaborar los suculentos platos de esos días y del resto del año.

 

Marionetas en Oporto

Desde 1989 la Navidad de Oporto comparte protagonismo durante el mes de diciembre con el Festival Internacional de Marionetas, que aunque está destinado especialmente a un público adulto, organiza también paralelamente un circuito para las escuelas.

 

El chocalheiro de Bemposa

En la región norteña de Bemposa se siguen celebrando del 26 de diciembre al 1 de enero los «días del cencerro». Se trata de una tradición que consiste en subastar una máscara que otorga al licitante que puja más alto el mandato del cencerro, que le permite salir a medianoche a pedir limosna de casa en casa para la iglesia, aunque además se suele aprovechar la licencia para dar rienda suelta a otros actos menos benévolos como perseguir a las mujeres del pueblo.


La música, que no falte

Además de luces, adornos navideños y felicitaciones, la Navidad lisboeta no se priva de disfrutar de buena música. Los días 19 y 20 la orquesta Gulbenkian interpreta en el auditorio grande de la fundación que lleva su nombre piezas de Bach y Mozart.

-.-

 

Grándola, vila morena..

Zeca Afonso

¡Terra da fraternidade! Veño presumindo de que acheguei aos dos Castro -verdes (Lugo e Portugal), pero, para ser humilde ao cen por cen, teño que recoñecer que a miña entrevista co Presidente da Cámara de Castro Verde estivo precedida por unha visita do meu fillo, que ardía en desexos de coñecer Grándola, e de Grándola pasou a Castro Verde...



¡Deus, que imán ten a fraternidade! E con iso e con todo, dous veciños, dous pobos veciños, ¡máis que veciños, irmáns!, e estabamos sen darnos unha aperta! Entre irmáns de sangue pode haber desavinzas, malos entendidos, cousas así, que as enreda Satanás, pero nas veciñanzas non hai partillas; en todo caso, preitos de augas.

Que eu saiba, ao Zeca Afonso aínda non o subiron aos altares, pero, no que a min respecta, predicar a fraternidade xa beatifica; ou non?

Fraternidade a de María e Xosé, e iso que só estaban unidos por unha misión fogareña: ¡criar o fillo de Deus!

-.-

 

A Terra, terra de partillas.

Aínda que naceron antes os fillos de Eva, séxase, os soberbios, a mellora perténcelles aos fillos de María, aos humildes, pero aínda seguimos en preitos.

En vinte séculos de cristianismo, constituída e divulgada a Sagrada Familia, era tempo sobrado para que a humildade, séxase, o Catolicismo, fose pregoada, pregoada e exercida, polo orbe enteiro. ¿Onde estivo o fallo, sendo mellores, únicas, as armas de Cristo, os argumentos de Cristo, a vontade de Deus de avogar polos seus? ¡Non caben dúbidas de que esta loita, este preito, é satánico, pero o Mestre, na súa Cruz, izou a bandeira da Vitoria, así que, non vai cara ao Ceo todo aquel que prefire a mentira, os do “pelotón dos torpes”! ¡Ser maligno, ademais dunha maldade, é unha torpeza, a torpeza dos malignos!

A favor dos cristiáns temos: Os anticipos que recibiron os profetas de Israel, a estrela que brillou sobre Belén, ¡que máis que unha estrela foi un firmamento!, as advertencias de Xoán, os consellos do Mestre, coa súa Paixón, Monte e Resurrección, os Evanxeos, testemuñados polo propio Espírito Santo, etc., etc., e aínda así unha gran maioría seguimos errantes e errados. ¡Errados, non, de cascos ferrados, coma os burros, de tan burros, ¡de tan malignos!, que somos! Os burros, animais, son algo teimosos, pero algúns dos bípedes gañámoslles. ¡Hai que espertar, que vai sendo hora; e facer apostolado, que é a nosa obriga; lembrémonos da parábola dos talentos...; ¿que facemos cos nosos, cos recibidos, que no actuamos, que non predicamos con eles?

-.-

 

Volvamos os ollos á Sagrada Familia, e copiemos!



Todos facían algo, algo ben feito, moral e material, que alí empezaron as leccións de Xesús: recibíaas, pero tamén as daba!

A exemplaridade da Sagrada Familia. Para este modelo de sociedade non pasan os anos, nin os anos nin os séculos; outros contratos son mercantilistas, se acaso de proveito material, pero  nunca, en absoluto, de beneficio espiritual. ¡Pero que Mestre tivemos, tan divino que ata nos puxo exemplo na humildade, e na intimidade, do seu Nacemento!

Un bo retratista, dos da Historia Sagrada, Jesús Martí, Ballester, deixounos este cadro da Sagrada Familia:

“Podemos considerar a la Sagrada Familia en la crianza y educación del Niño Jesús, (¿Quen criaba a quen? ¡Eu considero que, xa de neno, o Mestre, polifacético, era Xesús!), con la monotonía del trabajo diario, duro y constante. Son pobres (e viven pobremente), y si no trabajan no pueden comer. Con la tarea diaria: María lleva la casa: lavar, hacer la comida, asear el hogar, moler el grano, hacer la compra, amasar el pan y cocerlo, visitar a algún enfermo, ayudar a alguna vecina. San José, en su carpintería, y en las casas que le reclaman: arados, mesas, construir ventanas, hacer de albañil y de herrero, y también cultivar su pequeño huerto de verduras. Jesús, aprendiendo (¡ensinando!) y ayudando a su padre. Monotonía, fatiga, cansancio, actividad sin brillo, ordinaria, vulgar, con música callada al fondo. Y el misterio de la vida oculta de Nazaret, donde José y María ven crecer al Niño en edad, en sabiduría y en gracia. El misterio del cuidado de Jesús, criarle, alimentarle, trabajar para él, vestirle y educarle. Y viendo cómo ese niño, que es su hijo (de María; y de José por adopción), Y viendo cómo ese hijo, que es su hijo, que es su Dios, les obedece y se les confía, y oran juntos, y juntos van a la sinagoga, y leen los libros sagrados, y juntos pasean y se distraen, y juntos trabajan. Y juntos aman, y juntos viven, y juntos redimen al mundo. ¡Qué maravilla, y cuanto amor! Modelo y estampa para reproducir en todos los hogares, talleres, en los campos, en las carpinterías, en las oficinas y laboratorios, en las consultas, y en cualquier lugar donde los hombres (el hombre y la mujer) trabajan. Pidamos a Dios que todas las familias tengan una casa donde vivir, y un techo que les proteja”.

En canto ao Neno hai un aspecto materno-filial que non lle pasou desapercibido ao P. Juán Manuel del Río, que así o describe no seu “¿Yo? ¡Con Jesús de Nazaret!”:

“En el amor de las madres. Jesús, lo viviste personalmente. Hay personas que se molestan si los niños alborotan, si meten bulla, si lloran. Tú, todo lo contrario. Disfrutaban jugando con los niños. Lo cuenta el Evangelio. Protagonistas los niños. Coprotagonistas, entre bambalinas, las madres. ¿Qué veían en ti? En cuanto se enteraban de que andabas por allí, se te acercaban a escucharte. Naturalmente, venían con sus hijitos. Estos se lo pasaban bomba. Y tu también. Te agarraban, jugaban contigo. Y tú con ellos, sin dejar por ello de dar tu mensaje. No te molestaban para nada. Al contrario. Esto enojaba a los discípulos. Tenían poco aguante. Querían que todos escucharan tu mensaje, sin interferencias. Las madres encantadas de ver a sus hijos jugar contigo”.

Do mesmo Juán Manuel del Río, tan enamorado que está de María, no libro “Poemas de andar por casa”:

Tu nombre es mujer

Tu nombre es Mujer,

aunque te llames María,

que está tu nombre grabado

en el fervor de mis días.

Callaste la sinfonía

de tu música por dentro

mientras José se inquietaba

por no entender el misterio.

Y entre sueño y sobresaltos

al fin comprendió el por qué

cuando el ángel le aclaró:

Toma a tu mujer José

que es del Espíritu Santo

el hijo que  va a nacer

para alegrar tu vejez

y bendecir tu piedad.

Y de este modo campanas

de boda alegres sonaron

cuando María y José

hasta el altar se acercaron.

Un tiempo nuevo nacía

a la esperanza del mundo

mientras María acunaba

a su Niño rubicundo,

y ángeles y querubines

volaban por las majadas

glorias y loas cantando

al Dios nacido entre paja.

Rebaño, perro y pastor

van deprisa hasta la cueva

donde una Virgen y Madre

les presenta la gran nueva:

Que Cristo nació en Belén,

y hoy estrellas, sol y luna

adoran al Emmanuel

que está dormido en la cuna.

 

Noutro libro, ¡ten moitos, a cal mellor!, do mesmo Juán Manuel  del Río, que titula, ¡tamén, coma sempre, con todo acerto!, “María, evangelio en el Evangelio”, pon, en letras de imprenta, pero merecían ser de ouro:

“El centro de nuestra fe, por supuesto, es siempre Cristo. María supo girar en torno a ese centro. Desde su silencio elocuente de Madre, vivió sin duda en su corazón el gozo de ver a su Hijo pasar “haciendo siempre el bien” a todos. Llevando a todos consuelo y esperanza. O la alegría de ser perdonados. O el gozo de haber recobrado la salud, o la vista, o la movilidad de sus miembros.

“Pero es que, también María ha pasado por el mundo haciendo el bien. Ella, igual que Cristo, estuvo, está, y seguirá estando siempre con los más débiles, con los más necesitados, como “Madre del Evangelio viviente”. Ése es su gozo y alegría y, como por ósmosis, diremos: y nuestro gozo y alegría.

“Que vivificante resulta, al respecto, en la Exhortación Evangelii Gaudium, del Papa Francisco, el resumen que hace del Evangelio en el nº  5 en referencia a María, como tema de alegría:

El Evangelio, donde deslumbra gloriosa la Cruz de Cristo, invita insistentemente a la alegría. Bastan algunos ejemplos: “Alégrate” es el saludo del ángel a María (Lc 1, 28). La visita de María a Isabel hace que Juan salte de alegría en el seno de su madre (cf. Lc 1, 41). En su canto María proclama: “Mi espíritu se estremece de alegría en Dios, mi salvador” (Lc 1, 47). Cuando Jesús comienza su ministerio, Juan exclama: “Esta es mi alegría, que ha llegado a su plenitud (Jn 3, 29). Jesús mismo “se llenó de alegría en el Espíritu Santo” (Lc 10, 21). Su mensaje es fuente de gozo: “Os he dicho estas cosas para que mi alegría esté en vosotros y vuestra alegría sea plena” (Jn 15, 11).

Para terminar. También nosotros, cristianos y no cristianos, hijos e hijas, fieles admiradores de María, mirando al sagrado Icono del Perpetuo Socorro, le decimos: “Alégrate, María”, porque siendo tú “La Alegría del Evangelio”, eres también causa de nuestra alegría. Tu eres Evangelio en el Evangelio”.

-.-

 

O rosario en familia



¡Como boto en falta aqueles rosarios en familia, con dobre calor: o familiar e maila lareira! As lareiras desapareceron, substituídas polo que deu en chamarse “cociñas económicas”; e as familias, con iso da especialización, tanto nos estudos coma no traballo, escangalláronse, dividíronse, e xa non repousan xuntos, cabe dos tizóns, atidos ao Santo Rosario e aos consellos dos patrucios.

Agora comeza a tomar arraigo iso do Rosario con “Misterios de luz”, que se definen como tradicionais momentos da infancia, da paixón e da gloria de Cristo, con outros igualmente importantes da súa “vida pública”. (Véxase Carta Apostólica “Rosarium Virginis Mariae”, 19).

“O Bautismo no Xordán, as vodas de Caná, o anuncio do Reino, a Transfiguración no monte Tabor, e a Institución da Eucaristía, son momentos de revelación, misterios “luminosos” que deixan brillar o esplendor da natureza divina de Deus en Xesús Cristo ...”(Juan Pablo II “Angelus” Domingo 21 setembro do 2003).

-.-

 

Cara a onde imos; cal é, ou debe ser, a nosa opción?

Pensando nisto, ocórreseme que o mellor que herdamos daqueles romanos foi aquela advertencia que lles facían aos vitoriosos: ¡Cave, ne cadas! Este é o noso problema, o noso risco; non temos outro: ¡Fomos bautizados, redimidos, así que, xa non somos escravos das tentacións; e ademais temos unha vacina excelente, no Noso Pai: “... Non nos deixes caer na tentación...”

Definitivamente: Acollámonos a María, que non hai mellor “madriña” para conseguir un enchufe, eterno, definitivo, no Ceo!

-oOo-

 

Xosé María Gómez Vilabella



No hay comentarios: