.../...
O Cego dos Vilares
As coplas do cego
No acerbo cultural de Castroverde
debémoslles moito, que moito nos abriron os ollos, a pesares, ou precisamente,
pola súa desgraza. Non só vendían coplas, escritas a man antes de popularizarse
a imprenta, ¡senón que as inventaban, improvisando verbalmente, segundo a
ocasión!
O seu era o violín, e resgándoo, recitaban. Cando se achegaban a unha merenda, fose de feira ou de festa, o seu lazarillo dáballes o nome e/ou as características de cada un dos alí reunidos. Daquela o cego/a botaba man do seu instrumento, e adaptando unhas estrofas axeitadas, memorizadas, ou mesmo improvisando, facía de inmediato algo que se parecía a un retrato físico, e por veces, moral, de cada asistente; por suposto que en loa.
O seu era o violín, e resgándoo, recitaban. Cando se achegaban a unha merenda, fose de feira ou de festa, o seu lazarillo dáballes o nome e/ou as características de cada un dos alí reunidos. Daquela o cego/a botaba man do seu instrumento, e adaptando unhas estrofas axeitadas, memorizadas, ou mesmo improvisando, facía de inmediato algo que se parecía a un retrato físico, e por veces, moral, de cada asistente; por suposto que en loa.
O premio daquel solo tanto
podía ser unha cadeliña coma un anaco de compango, do mesmo que estivesen
comendo os festeiros. A venda de coplas multiplicábase cando os versos facían
referencia dalgún crime ou incidente notable acaecido en lugar inmediato. Un
daqueles recitados foi o "sermón" dun Entroido na Meda, polos
carnavais de 1928. Esta é a súa introdución temática. Fustrigábanse os vicios,
os crimes, as modas, o xeito de ser das persoas, os incidentes singulares ou
xocosos..., ¡pero sempre en forma moralizante!
Non
extrañedes, rapaces, - que anque son vello e mal feito,
queira poñer en compase - o que hoxe me sinte o peito.
Obrigado a dicir algo - nesta festa feiticieira,
pareceume moi do caso - contar cousas da lareira.
Pra espircarvos, pois, en prata - i entendais o que vos digo
vinde conmigo á cociña - i escoitai polo postigo
dunha casa das da aldea - anque sea a do tío Mingos.
Escoitai de boa gana - e mirai polo zorrollo
cómo conta a tía Froilana - moitas cousas do mal de ollo.
Mais Mingos non lle fai caso, - que está tirando a caldeira
e de veces, entre tanto, - chámalle faranduleira.
...
queira poñer en compase - o que hoxe me sinte o peito.
Obrigado a dicir algo - nesta festa feiticieira,
pareceume moi do caso - contar cousas da lareira.
Pra espircarvos, pois, en prata - i entendais o que vos digo
vinde conmigo á cociña - i escoitai polo postigo
dunha casa das da aldea - anque sea a do tío Mingos.
Escoitai de boa gana - e mirai polo zorrollo
cómo conta a tía Froilana - moitas cousas do mal de ollo.
Mais Mingos non lle fai caso, - que está tirando a caldeira
e de veces, entre tanto, - chámalle faranduleira.
...
En tempos da II República houbo un
crime en Montecubeiro, e trataron de achacarllo á Unión. A copla
correspondente, ¡de cen pés!, reproducírona á man un fato de rapaces, para que
non se soubese ou divulgase quen fora o autor da mesma:
.../...
Tres casas de la parroquia,
las más horrendas y viles,
prepararon en su casa
oficinas caciquiles.
Allí se hace el sobrecrimen
más feo y más repugnante:
Hacen prender siete hombres
declarándoles culpables.
¡Que dolor el de estos hombres,
conducidos y esposados,
en garras monarquizantes
porque son republicanos!
...
Los jefes del caciquismo,
juntados en reunión,
querían salvar al culpable
y destrozar la Unión.
.../...
Tres casas de la parroquia,
las más horrendas y viles,
prepararon en su casa
oficinas caciquiles.
Allí se hace el sobrecrimen
más feo y más repugnante:
Hacen prender siete hombres
declarándoles culpables.
¡Que dolor el de estos hombres,
conducidos y esposados,
en garras monarquizantes
porque son republicanos!
...
Los jefes del caciquismo,
juntados en reunión,
querían salvar al culpable
y destrozar la Unión.
.../...
Cantigas alusivas a certos lugares. Só unha mostra delas:
Á túa nai xa llo dixen,
a teu pai téñolle medo,
e a ti non che digo nada,
Maruxiña do Escouredo.
A subila i a baixala
a costa do Verducedo;
a subila y a baixala
perdín a cinta do pelo.
O gaiteiro de Pena,
mala centella cho mate,
non quere tocar a gaita
sen comer o chocolate.
Picarescas. Outra mostra:
O Merlo e maila Merla
ían polo prado abaixo,
e o merlo como é tan pillo
meteuna debaixo.
Esta noite e mais a outra
e mais a outra pasada,
abalei unha pereira
que nunca fora abalada.
O cura cando vai a fóra
déixalle dito á criada:
-Veña tarde, veña cedo,
espérame na miña cama.
-.-
Á túa nai xa llo dixen,
a teu pai téñolle medo,
e a ti non che digo nada,
Maruxiña do Escouredo.
A subila i a baixala
a costa do Verducedo;
a subila y a baixala
perdín a cinta do pelo.
O gaiteiro de Pena,
mala centella cho mate,
non quere tocar a gaita
sen comer o chocolate.
Picarescas. Outra mostra:
O Merlo e maila Merla
ían polo prado abaixo,
e o merlo como é tan pillo
meteuna debaixo.
Esta noite e mais a outra
e mais a outra pasada,
abalei unha pereira
que nunca fora abalada.
O cura cando vai a fóra
déixalle dito á criada:
-Veña tarde, veña cedo,
espérame na miña cama.
-.-
Dos Reis.
Abundaron nesta bisbarra de Castroverde.
Tan só un anaco desta, que era moi coñecida na bisbarra:
A Belén camina
la Virgen María,
y a San José lleva
en su compañía;
compañía más noble
no la pudo hallar...
Y antes de la doce,
a Belén llegar.
.../...
Preguntado
Henrique, o neto da
famosísima Cega de Gondel, que agora vive en Santadrao, por aquelas incontables
actuacións que deu por terras de Castroverde, a mediados do século XX, díxonos
que o lamentaba moitísimo pero que ata el non chegara, non lle deran, ningunha
daquelas magníficas coplas que cantaba súa avoa ao son do seu violín. Como
ceguiña que era, cabe pensar que llas ensinaron de viva voz, e que así as
repetía na súa feliz memoria.
-.-
É máis que probable que pasasen
polas mans dos ceguiños da feira copias da Víspora de San Xoán, do poeta
de Montecubeiro, residente en Madrid, Luís González López, "Lois do
Cando", que obtivera un premio en Lugo, polo San Froilán. Para esta
conxectura baséome en que teño visto reproducións das mesmas en boa e distinta
caligrafía, estrañándome que alguén se tomase a molestia, gratuíta, dunhas
copias tan extensas, que seguramente as fixeron como exercicio escolar copiando
das que se vendesen nas feiras. Como a súa ortografía difire de copia a copia,
¡para o caligráfico non había correctores de probas!, aquí reprodúcese, tal
cal, un fragmento da mesma, tirado do libro "Poesías...", editado
pola Asociación de Escritores y Artistas de Lugo, Imp. de El Regional, ano
1891:
.../...
-¡Ouh, Lugo. Non me morrín;
¡chamácheme, e respondín!
...
Xa se foi poñend´ó sol,
y-os seus tintes d´arrebol
fóron-se d´o ceyo azul,
e d´a noite ven ó tul
e son´a gaita de fol.
Xa s´están vistind´as nenas
que fixeron cedo as cenas
pra sair ó lume novo,
q´hoxe, a xente d´aquel povo,
bota n´un currunch´as penas.
E vai a xente saíndo,
e van as casas pechando,
y-estas´á praza cheando,
e van os vellos bulindo,
e van os novos choutando.
...
-¡Ouh, Lugo. Non me morrín;
¡chamácheme, e respondín!
...
Xa se foi poñend´ó sol,
y-os seus tintes d´arrebol
fóron-se d´o ceyo azul,
e d´a noite ven ó tul
e son´a gaita de fol.
Xa s´están vistind´as nenas
que fixeron cedo as cenas
pra sair ó lume novo,
q´hoxe, a xente d´aquel povo,
bota n´un currunch´as penas.
E vai a xente saíndo,
e van as casas pechando,
y-estas´á praza cheando,
e van os vellos bulindo,
e van os novos choutando.
...
A copla que é seguro que non pasou
por mans de cego, pois afortunadamente xa non os había daquela nas nosas
feiras, que estaban ocupados nas cidades coa venda do seu cupón, foi esta, de
tema político, que está datada precisamente na súa última estrofa: "Pra
cumplir a palabra / vou rematar como vés / dicindo que foi feita en maio / do
ano ochenta e tres".
Entre outros temas, ironiza coas
promesas de certo partido:
Dicen que lles prometeu
os da Frairía e Peredo
facerlles na Vaqueriza
un grande invernadero.
Na Vila de Castroverde,
-¡e cómo recordatorio!-
íbase facer mui pronto
un xigantesco sanatorio.
Habería transporte urbano;
funcionaría o alumbrado;
iban restaurar o castillo,
á Lomba facerlle un aplanado.
En Pena unha autopista;
e pra Montecubeiro
pedirían un aeroporto
a construír no Cruceiro.
En Serés sala de festas;
piscifactoría en San Miguel;
en Rebordaos un parque público;
en Mirandela un hotel.
Un túnel en San Julián,
que comunique ca feira;
e no monte de Vilalle
faríase unha gran leira.
Na Meda un repetidor;
en Barredo un zoológico;
En Sampaio unha urbanización;
en Moreira un gran negocio.
De Bolaño a Pereiroá
un teleférico grande;
circo permanente en Goi;
unha fábrica en Espasande.
De Paderne a Miranda e Páramo,
e a Vilabade con ramales,
unha praia artificial
cos cartos municipales.
Como estou mui ledo,
como estou de trangallada,
non sei se me quedaría
algunha parroquia olvidada.
.../...
Non se diga que se ornaron con
crespóns as feiras de Castroverde, ¡maldito cousa!, particularmente ao
longo do último século, como cabería supoñer dadas as penalidades e miserias
vividas, padecidas, unhas propias e outras repercutidas. Este humor noso,
inconformista pero alegre, estas exteriorizacións rachadas, son unha herdanza
patrimonial que non está perdida. ¡Simplemente, substituída!
Precisamente, non foi por
casualidade que D. Celestino Fernández de la Vega fose o mellor especialista, o
máis grande dos filósofos do humor galego: ¡Tiña as raizames en Castroverde, de
par dun castelo altivo!
-.-
Juanjo Fernández, biografando a Bonifacio Pereira, un dos últimos arrieiros, que pasou directamente das mulas ao camión, ¡iso si, con rodas de ferro, sen pneumáticos!, atribúelle este cantar localista:
Dende Lugo á
Fonsagrada / hai que pasar por Baleira,
pero eu estaría en Castroverde / unha semaniña enteira
...
pero eu estaría en Castroverde / unha semaniña enteira
...
E tamén estoutro, inspirado, seica,
no desplante que lle deu unha daquelas mozas "conservadoras" da
Fonsagrada:
...
Monte sin leña / fonte sin auga,
mulleres sin honra / homes sin palabra.
...
Monte sin leña / fonte sin auga,
mulleres sin honra / homes sin palabra.
...
Deste
epigrama a versión que recollín eu mesmo en Montecubeiro, é algo máis crúa, así
que a porei entre parénteses:
(Fonsagrada, Fonsagrada / monte sen leña / fonte sen auga / mulleres sen honra / e homes sen caralla!).
-.-
Recollo, formulo, de aquí en diante, un esquema, unha
síntese, de como estaban as cousas ao remate do SÉCULO XX, entendendo
que deste xeito, conservando estes antecedentes, as xeracións futuras terán un
punto de referencia para calibrar o esperado rexurdimento, a evolución socio - económica,
que poidan acadar no sucesivo estas terras, de sempre cobizadas, do noso Castroverde.
O Parlamento Europeo, nas súas reunións dos
días 26 e 27 de Xaneiro do ano 1993, a petición da Universidade de Santiago,
recoñeceu que a lingua galega "debe recibi-lo mesmo trato que a
catalá". ¡Quedaba declarada, por tanto, lingua oficial da CE!
Deste xeito aquel Castrum de Vallis Viridis, ¡o
noso Castroverde!, aquel fortín camiñeiro, viario, da vella Gallaecia, que do
latín pasara ao galego, confirmouse na súa lingua ancestral, incorporándose ao
Mercado, ¡á Feira Europea!, que iso é, no fondo, pero tamén na forma, hoxe, e
para mañá tamén, polo menos mentres non estea debidamente aprobada unha
Constitución Política, Xeral, a tal Comunidade. ¿Con isto acabouse aquel
chapurreo en castelán dos nosos emigrantes para facerse entender alén dos
Perineos? ¡A resposta encoméndollela aos netos!
-.-
Esta foto, obtida por Villarabid, condensa e reflicte,
coido que perfectamente, a despedida destas mulleres do século XX: Xa non vai á
feira, que non leva o cesto dela.
Transita vacilante, e párase no medio da vía, ¡que non
da vida! Meteuse nun mundo novo, inesperado, acaso no mesmo sitio onde gardara
aquelas ovellas... Segue cos pés na terra, pero..., ¡achaiada! Trátase dunha
pista, dun adianto, acaso financiada cos fondos da Feira Nova, esa do Mercado
Común.
Estas novidades desconcértana, fana tremer, que por
iso se acoiraza no seu mandil de liño da tea, tinguido con caparrosa e con
cascas de amieiro, negro, tan mouro coma o resto dos seus despoxos. ¡É toda
unha imaxe, unha páxina histórica! Daquela falemos
do papel da muller nas feiras de
Castroverde:
Aquí non se pode falar de machismo, porque nunca o
tivemos; de roles específicos e/ou predominantes, si.
Na muller de Castroverde estaría pensando o noso
político por antonomasia, aquel Manuel Cordero Pérez, cando nas constituíntes
da II República defendeu o voto da muller, en plena sincronización e
colaboración cos postulados da santanderina, da feminista, Clara Campoamor.
O único que se lles pode censurar ás mulleres do Castroverde actual é que non lle teñan erixido un busto, ou similar, a un eximio defensor da muller galega, ¡paisano seu!
O único que se lles pode censurar ás mulleres do Castroverde actual é que non lle teñan erixido un busto, ou similar, a un eximio defensor da muller galega, ¡paisano seu!
As desta zona non volvían á feira ata despois de
acollidas á Misa nos seus partos, e daquela facíano levando no cesto os
excedentes, os sobrantes perecedoiros, dos seus "cestos". Os
frigoríficos xa se vendían nas de San Froilán antes da Guerra, pero os nosos
mandantes, ou máis ben, mangantes, ignorantes e vaidosos os máis deles, no
dilema "manteiga ou fusís", optaron polas armas...; ¡sería para que
non se enferruxasen aqueles Maüser sobrantes da de África! Leva-lo cesto á
parida foi un uso elocuente que fala por si mesmo do pouco frecuentes que eran
os litixios nesta bisbarra, se ben non todo foi por convivencia harmoniosa
senón porque os impedía ou dificultaba a endogamia dalgunhas parroquias nas que
escaseaban as testemuñas para os preitos civís: ¡Todos, ou case todos, eran
curmáns! ¿Por que? Dunha parte, obedecendo aquel refrán que advertía: ¡Quen
lonxe vai casar, tacha leva ou a vai buscar! Pero, doutra, ¡a concentración das
leiras, as dotes, as herdanzas, a compensación da lexítima das irmás...!
Os nenos levábanse á feira coma quen os leva á escola:
¡para que aprendesen, tanto a vivir como a convivir, para que coñecesen xente,
maiormente a de lonxe, para que se tratasen cos seus parentes da zona...! A iso
chamábaselle, "sacalos". De mozos, íase xeralmente á feira da tarde,
¡para mocear!
Dos homes da época dicíase que tanto fritían unha
camisa como lles pasaban o ferro aos ovos! ¡Deus, que convivencias tan
igualitarias, canta comprensión, colaboración e tolerancia, e iso que se
chegaba ao matrimonio, xeralmente, con pouco coñecemento recíproco, cando non
baseados na esculca ou proposta de compadres, amigos e veciños! A muller, dona
si, ama tamén, pero ben que arrimaba o ombro nas ocasións, tal que daquela da
guerra, que incluso araban, ¡co pesadísimo, co de ferro, tan difícil de voltear
nos cadullos daquelas leiras minúsculas!
Neste equilibrio, coido que exemplarmente harmonioso,
nunca unha muller desta bisbarra desautorizou a palabra do seu home, por
relativo ou negativo que lle resultase un trato; nin home houbo, coa muller ao
lado, que non lle chiscase o ollo para obte-lo seu placet. De non estar
presente, o argumento dilatorio sempre foi: "¡Teño que consultalo coa ama!”.
Se algunha desigualdade se producía, hai que atribuíla, no dereito, ao arraigo
dunhas normas de exclusividade tradicionais; e no facer / ou no obrar, ás condicións
físicas, vigor, maña, resistencia, adestramento, musculatura..., pero nunca, ou
con poucas excepcións, ao abuso dunha autoridade imposta. En poucos lugares
deste país se terá pronunciado con tanta sinceridade e cortesía iso tan
definitorio de "miña dona".
Hai que ponderar que a nosa edafoloxía, tan propicia
para horta como para herbas, levounos, tradicionalmente, a un sistema de
produtividade marcadamente caseiro, de intensa convivencia laboral, que fundía
e confundía labores e afáns.
¿Leas por culpa, ou a causa, das mozas na feira de
Castroverde? No século XX algunha ten habido, que algunha lembro, pero debíanse
máis que ao viño ao gran conservadorismo das rapazas, que adoitaban comprometerse
para o paseo da tarde con máis dun rapaz..., ¡por se lles fallaba o outro!
Os nosos produtos, a nosa cociña.
Un país que viña de satisfacer a grandes larpeiros,
maiormente señoríos e conventos, como é o caso do noso Castroverde, á forza
tiña que converterse nunha escola de cociña. Para a súa plenitude, a proverbial
calidade dos nosos produtos, matanzas, leña de carballo, hortalizas variadas,
castañas, patacas, cereais a escoller...
Isto non quere dicir que sobrase algo, que todo se
aproveitaba, ¡e máis houbese!, pero a calidade de seu esixe arte culinaria axeitada,
para non desmerecela.
Nos castros, e grazas ás cazolas de barro, xa pasaran
aos utensilios cerámicos, que foi tanto como pasar do asado cotián ao cocido
alternativo. O forno, na época romana, arrimouse á domus, nunha das
paredes do patio, que así se conservaron por todo Castroverde, insertados nunha
corte - leñeira.
A cociña medieval sostíñase na gandería e na caza, que
esta foi unha das razóns fundamentais para que os peregrinos non fosen a
Santiago polas lameiras, polos esteiros da costa, pois había que cazar e asar,
ademais de non entrollarse, así como no cultivo das especies máis comúns de
legumes e de froitos secos. Os porcos, por todo Castroverde, de día andaron
soltos, nos meses que precedían á matanza, ata mediados do século XX, vixiados
nos arredores de cada lugar, e nutríndose a pracer coas mazás, landras e
castañas dos camiños, exercicio e plenitude que se incorporaba á bondade do seu
despece. Os ranchiños capábanse a pouco de nacer, e as cochas destinadas á ceba
sufríana de tres a seis meses antes da matanza, que por aquí nunca se cebaron
animais sen capar, precaución positiva que tamén se notaba na sabenza das
carnes.
Dada a variedade e maila riqueza culinaria naqueles
anos do autoconsumo, non é doado reconstruír unha carta de especialidades das
nosas cociñeiras, pero se temos que singularizar un prato estrela, de xeral
preferencia, subiremos ao pódium da exquisitez aquelas filloas de sangue
con trigo do monte, ¡e por engadido, con mel! O mel de Castroverde tamén merece
un capítulo pola variedade floral, singularmente pola riqueza e variedade das
nosas ericáceas.
O polbo á feira, visitante asiduo, prato de ricos, bocata,
ou bocatto, di cardinali, ¡dos cardeais, pero tamén o eran as tapas de
Claudia Cardinale!, con todo ser un produto alleo, aquí en Castroverde podemos
presumir do seu cocemento rotundo, boa auga e brasas de carballo, así como do
pracer de degustalo á sombra, coa sinfonía dun parque arbóreo milenario.
As tabernas.
Pouca autoridade teño para falar delas, máis ben por
indocumentado, porque cando ía as feiras para vende-las miñas zocas tiña por
costume levar no mesmo saco un anaco de pan, con algo de compango caseiro, e de
viño, o branco, ¡nunha botella das da auga de Caravaña, que tiñan un tapón
permanente, cun resorte de arame!, por certo un licor exquisito, de calquera
das dez fontes que rodean a Vila. As zocas sobrantes gardábanmas na taberna da
Escardela, fixéselles ou non gasto, pero aos de Montecubeiro tratábannos con
preferencia xa que a súa nora, Celsa, de Montecubeiro procedía. Pero a anécdota
que vou referir non a presenciei, que me foi contada, anos despois, polo propio
protagonista:
Trátase, e que de gloria goce, de Don José Lavandeira,
de Suegos; así, con "don", que lle debo correspondencia, pois el
tamén me aplicaba este tratamento. O caso contoumo na Coruña, aí por 1970 ou
71, un día que me desaconsellou toma-las tapas de certo bar da Avenida de
Rubine...
"... Eu daquela adoitaba
venderlles aos de Lugo, maiormente na de Castroverde. porque.., ¡para fodelos,
xa que tan de señoritos se daban, os de Lugo, digo!, pero certo día acaeceu que
o meu tratante lle revendese á señora Josefa do Escardel unha restra de
chourizos... Sóubeno por casualidade, e sen pensalo, polo aprecio que lle tiña
a aquela muller, arrimeille espolas á besta... Nun santiamén entraba na
taberna...
-Señora Josefa, veño pedirlle que
me ceda eses chourizos..., que mo dixo o Tratante..., pois para o estilo da súa
cociña vanlle resultar picantes..., e daquela xa lle traerei outros..., ¡de boa
natureza!
Xa tiña referencias da "industria macelar" do señor Lavandeira, ¡don José!, un especialista en matalotas clandestinas, ¡pero non o único!, así que alarguei as orellas, ¡canto me deron de si! O "especialista", completoume aquela confidencia:
Xa tiña referencias da "industria macelar" do señor Lavandeira, ¡don José!, un especialista en matalotas clandestinas, ¡pero non o único!, así que alarguei as orellas, ¡canto me deron de si! O "especialista", completoume aquela confidencia:
... O caso foi que estaban de
panzada, na cociña, na mesa de levante, uns cantos daqueles mandamáis de
Castroverde, que adoitan celebrar un xantar tardío, ¡tardío pero
pantagruélico!, gozando das propinas da mañá. Eu nin case reparara neles porque
me daban de cara as lumieiras do lar..., ¡cando deron en vomitar, todos, e
todos a compás!
-Don José, afórreme o remate, que o
podo adiviñar: ¿Avisaron á Garda Civil, e durmiu aquela noite no cuartel, moído
a lategazos, non si?
-¡Coñécesme menos do que eu
pensaba! Nin tempo lles din, que tiña a besta arramalada na argola da porta,
así que..., ¡a galope! Mira, chacho, ¡cousa tal...! ¡Foi de Historia, e como é
certo, quedas autorizado para referilo nas túas escrituras: Foi a primeira vez
na que os caciques do teu Castroverde devolveron algo..., mal adquirido!
-.-
Artesáns
desaparecidos, ou en transo diso.
O muiñeiro
Non é que moesen a man, ¡xa non!, pero máis artesáns
cós muiñeiros, imposible. As aceas, o seu perfeccionamento, debémosllo aos
mouros: unha, porque viñan dunha terra escasa en auga, e dábanlle categoría ao
seu aproveitamento; e outra, que non eran tan burros como os facemos, pois
incluso inventaron iso de moe-la améndoa, a pesares de non celebra-lo Nadal!
Daqueles mouros de Castela copiaron os nosos antepasados
ese cento de muíños, ¡ao máis, que máis aparecerían se rozásemos as silvas!,
ancorados nos nosos regatos.
Cando se foron avellentando os muíños "de
herdeiros", certos artesáns, dos máis competentes, inventaron os públicos,
os de maquía, co muiñeiro/muiñeira á fronte: Picaba as pedras, trasfegaba,
atendíalle á peneira, ao nivel da auga no banzado..., e por último, maquiaba!
(¿Non lle vería o apelido a Maquiavelo diso, das maquías?) Agardando pola
moenda, seica foi como deron os rapaces en bailar a muiñeira, coa Muiñeira! Os
de Mosteiro, que nunca foron menos pícaros cós de Castroverde, preguntábanlle á
súa:
¿Que pasou, muiñeira,
que lle fixeches ao troiteiro de Castro do Rei?
Señor, picoume a pedra, e picouma de vez:
tanto se emocionou, tanto acelerou,
dálle que te pego, dálle que che dou,
que se lle foi o martelo..., pola miña moxega!
¡Escangallamos a peneira de tanto que peneiramos...,
para atopar o que del quedou!
que lle fixeches ao troiteiro de Castro do Rei?
Señor, picoume a pedra, e picouma de vez:
tanto se emocionou, tanto acelerou,
dálle que te pego, dálle que che dou,
que se lle foi o martelo..., pola miña moxega!
¡Escangallamos a peneira de tanto que peneiramos...,
para atopar o que del quedou!
Os muiñeiros non precisaban levar á feira aquelas
maquías, pois tratándose de cereal vendíase canto houbese e máis..., sen sacalo
da hucha! Iso si, informábanse dos prezos que rexeran na última delas para
cobrar outro tanto polos seus ferrados. Quen non collese para si nas leiras,
cavaba; e o que non quería, ou non podía, outra solución non tiña se non era
abaixándose á acea máis próxima, onde adoitaban fiarse dos seus paisanos. ¡Xa
che pagarei..., cando venda unha xata!
No verán, de escasea-la auga nas cabeceiras dos nosos
ríos, ¡todos eles de cabeceira, e por tanto, puros, pero, escasos!, os do Sur
adoitaban moer nas aceas da Pedra, preto de Adai; e os do Norte, baixaban a
Martín, ás aceas "do Frade", dos irmáns Portela.
Esta imaxe, actual, do muíño de Bascuas, pertence ao panteón do noso Condado: A cousa comezou polo decaemento do castelo de Castroverde, que se librou dos irmandiños precisamente por iso, porque daquela xa se estaba esmorecendo o pavor que inspiraba. No segundo terzo do XX, coas fames da guerra, os trigais de Chamoso volveron a flamexar, pero a subseguinte emigración, primeiro para América, reactivada, e despois polo mapa de Europa arriba, deixounos a folgado, así que viñeron os piñeiros e invadiron as searas. Detrás dos piñeiros, os nitens... ¡Padre Rosendo Salvado, que Deus che perdoe por traelos, desde Australia, pero tes a desculpa de que os trouxeches como ornamento, só como curiosidade e ornamento, non para invadi-las nosas hortas! Os ríos, agora a folgado, que xa non regan prados nin moven muíños, foron abandonados, incluso polas troitas, que xa non se senten a gusto neles; a herdanza pasou aos amieiros, que tampouco se utilizan para zocas nin para cascas de tinguir co seu tanino e coa caparrosa, pero..., ¡son axeitados para ese verniz, co que se falsifican ou imitan madeiras nobres!
O ferreiro
Aínda queda algún, pois á de Castroverde adoitan ir, e
por veces, segundo a estación, máis de un. Pero aquela ducia, e tamén os seus
complementarios, aqueles carboeiros que lles levaban o carbón vexetal,
elaborado principalmente nas fragas da Marronda, eclipsáronse gradualmente nas
últimas décadas do século XX. Foron auténticas institucións aqueles mazos de
utilización intensiva e colectiva de Suaeirexe (San Cosme de Barreiros), dos
Penallos de Bascuas (Montecubeiro), do Augueiro (en Rebordaos), o de Souto...;
iso sen esquece-lo último dos activos, o de Goi, no que traballou por moito
tempo José Gude López, natural de Rubial, Fonteita, que acaso foi o derradeiro
nesta clase de especialistas.
O zoqueiro
Non é igual a zoca có zoco, e cando oio que confunden o termo, enfurézome. ¡Que pouco aguante ten a memoria histórica, que todo se nos fai que nada hai de onte, que todo é de antonte! As zocas podían levar "cañas" ou "empeñas", un cilindro de goma, pero ese aditamento poñíaselles na casa de cada quen, simplemente fixando no empeine as empeñas, cunha vira e con puntas de cabeza, ou con chatolas pequeneiras. Os zocos, co seu solado de madeira, e a "caña" de coiro curtido, con amallós, nunca foron o calzado típico en Castroverde. Tampouco se xeneralizaron as madroñas, al-madreñas, utilizadas con zapatillas e/ou escarpíns de lá, máis ben por xastres e costureiras, aínda que tamén por mestres, dependentes de comercio e demais profesionais que exercesen a pé firme. Aos curas e aos xateiros sempre os coñecín con botas de coiro, tipo Monforte.
Un zoqueiro experimentado tiña que facer catro pares
diarios, salvo se lle pedían das de ir á Misa, pois aquelas ían de máis alegre,
mellor cepilladas e máis repenicadas, ¡con lixa e todo! as enteirizas, un toro
para cada zoca, non tiñan saída na nosa feira, nin eran necesarias daba a
abundancia de bidueiros e de amieiros, cuxos toros daban como mínimo para un
par, e os da primeira torada, permitían facer cuarteiróns.
As zocas previron de moitas enfermidades, maiormente
das pulmonares, pero tamén fomentaron a venda de calicidas..., ¡segundo quen as fixese!
Apoñendo as vacas ao carro, pero primeiro é o
parrafeo,
¡que as vacas poden esperar!
O carpinteiro
¡que as vacas poden esperar!
O carpinteiro
Ían á feira tan só como propagandistas da súa obra,
buscando encargos, fose no propio taller ou a domicilio. Este é un oficio que,
coas madeiras da bisbarra, ben puido acadar a categoría de fábrica, pero
faltaron capitais ou cooperativismo, amén de iniciativa. Daba pena ver aos
madeireiros, nas últimas décadas do século, pinchando e carrexando as nosas
nogueiras para que en Coruña, na Fábrica de Armas, as trocasen en culatas das
armas de fogo. Coas cerdeiras, ídem de lenzo, dándose a circunstancia de que
nas nosas cidades vendían mobles de cerdeira, si, pereo..., ¡importados de
Italia!
Adquiría a categoría de ebanista, ¡sen toca-lo
ébano!, aquel artesán que lograba cómodas e camas, huchas e armarios, elemento
básico, mínimo, para dota-las mozas casadeiras.
Non te cases cun ferreiro,
tra-la-ri-ro,
que te van queimar as muxicas;
cásate cun carpinteiro,
tra-la-rá,
que che fará huchas bonitas.
tra-la-ri-ro,
que te van queimar as muxicas;
cásate cun carpinteiro,
tra-la-rá,
que che fará huchas bonitas.
Unha especialidade de alta consideración era a dos facedores
de carros do país, en particular aqueles que se daban maña para ferra-las
rodas, "a fogo".
Outra especialidade era a dos feitores de hórreos; os
de tipo asturiano, cuadrangulares e amplos, foron unha modalidade que non
culminou o século, pois ultimamente, escasa tamén a palla, só se reparou algún
dos existentes, recubríndoos, de paso, con lousa do país.
Os serradores
Así serraban os escravos en América;
aquí facíano os portugueses.
As dificultades para o transporte da madeira obrigaban
ao serrado in situ, que para iso practicábase un pozo rectangular, de
pouco máis dun metro de profundidade, sobre o que se tendían as viguetas de
apoio. A falca labrábase coa propia serra de aire, que así tiñan
aproveitamento as táboas externas, irregulares, para cangos, cancelas,
etcétera. De rectangulada, procedíase á marcación dos grosores, cunha liña
tinguida en barro, segundo o destino, travesas, trabes, táboas, etcétera. Teño
serrado con meu pai, e co avó tamén, utilizando a de "aire". Se
escollías para arriba daba moito que tirar o de subi-la serra; e aos de abaixo,
aquel diluvio de serraduras metíaselles nos ollos, na boca, e na camisa; ¡se
levabas tirantes, as serraduras pasábanche da galladura para abaixo!
Despois da Guerra deron en vir os portugueses, que
traían serras lixeiriñas, comparativamente, de brazos tensados e non de cornos,
que aliviaron á xente do país. Os portugueses, para aproveita-lo tempo, nin ás
feiras ían, así que tiñamos que localizalos no bosque, ou nos seus paradoiros
habituais.
As louseiras e mailas canteiras
Non constituíron propiamente un oficio, xa que se
acudía a elas por días, ou por obras concretas, fosen propias ou da veciñanza.
Cando a Guerra, pasaron por unha crise tremenda xa que se fixo punto menos que
imposible, por anos, adquiri-la dinamita para os barrenos.
Os segadores
Especialistas de temporada, que adoitaban concerta-las
súas cuadrillas xa na feira de Pascua, para ir preparando ferramentas e
poñéndose de acordo nas circunstancias da viaxe, subindo ao tren Correo entre
as Flores e San Xoán. Os segadores de Castroverde teñen chegado a Toledo, pero
a ricos, ¡ningún! Á volta segaban pola parte de Gomeán, río Chamoso arriba. Os
imberbes tiñan de función carrexarlles a auga, ¡que non era pouco, en plena
canícula!
Oficio maldito que non prosperou nas terras de
Castroverde, pese a abundancia de materia prima, carballos, castiros,
salgueiros..., debido ao amor que se lles tiña ás árbores. Os cesteiros
adoitaban roubar exemplares tenros para fende-las talas. Por todo iso, o
mercado dos cestos/cestas sempre foi de importación.
A premonición de Unamuno:
¡Que inventen ellos!
Actividades agrícolas desaparecidas
ou en transo de tal.
Unamuno, ¡que sublime intelixencia!, xa albiscou o
abandono radical do campo e a incorporación masiva ao sector Servizos. ¡Nada de
valores engadidos: consumo e diversión! ¡Que inventen eles..., que nós, os
importantes, compraremos, importaremos, divertirémonos..., cos cartos da
emigración, mentres duren!
Que as outras actividades tivesen unha incidencia
directa nas feiras de Castroverde, practicamente ningunha xa que nas catro
décadas do franquismo estivo rigorosamente prohibido o traballo comunal nos
festivos.
Rogas para gadañar, cavar, segar, mallar..., en
domingo, ¡presenza e atestados fulminantes da Garda Civil, aínda que se fixesen
pola ameaza do trono! Daquela, ¡todos á feira dominical!
Por suposto que se notaban moito as estacións na
concorrencia das feiras, pero non precisamente por causa directa dun traballo
concreto, polo menos na primeira metade do século XX. Máis repercusión tivo a
Guerra, e incluso a Posguerra, tempos nos que non había humor para deterse en
exteriorizacións, que incluso puideran resultar comprometedoras, dependendo das
relacións persoais, sociais, de cada quen. ¡Dime con quen te tratas, e direiche
de que pata coxeas! Na época dos fuxidos, o retorno, ¡cos cartiños no peto!,
facíase máis cedo, sempre con día, e por agrupamentos, o máis numerosos
posibles. Nas bifurcacións do Rego dos Lagartos teño visto parellas..., ¡non
pensedes mal, pois eran da Garda Civil!, por tras das paredes; dicíase que
estaban á espreita do que fósemos falando os de Montecubeiro.
O arranxo dos camiños.- Actividade agrícola, por suposto, ou do que non, ¿por onde se ía á feira? Cada parroquia tiña o seu Pedáneo; e cada lugar, un Celador. Voltos do San Froilán, e con présas para outonar antes de que aumentasen as choivas, estas autoridades dispoñían o arranxo dos camiños, en "réxime de prestación persoal", incluído o carreto, desde a canteira ou mesmo de alpendres caídos, eliminados, en estorbo, de canta pedra se precisase para calza-los camiños, en "rachadela", que se dicía, imitando, recordando, aquelas leccións viarias dos romanos.
Función especialísima, indiscutible, acatada, de pedáneos
e celadores, máxima autoridade nestes cometidos, foi a de xestionar
o enterro dos pobres de solemnidade, aos que en vida buscaran, e designaran,
casas de acollida, por noites, "con asento diante da lareira, e cama de
pallas nas propias cociñas". Das Ordenanzas de Carlos III subsistía outra
obriga, e como tal, de obrigado cumprimento: A de proporcionar ás tropas que
circulasen polo lugar, xeralmente en manobras, que as facían para
familiarizarse co territorio encomendado, e a nosa zona era frecuentada
maiormente polas tropas do Campo de Tiro de San Cibrao (xunto a Lugo):
"casa cuberta, auga, sal, vinagre, e asento por xunto do lume".
Quédanos falar do liño, que como os fiadeiros
tiñan lugar no inverno, tamén ao redor das lareiras, para iso non había
denuncias aínda que se celebrasen en domingo. No de feira, nunca, pois a xente
volvía, se non limpa, cansada!
O liño tivo en Castroverde unha importancia secular
considerable: Viña da idade dos castros, e perdurou ata mediados do século XX.
A razón deste arraigo estribaba na calidade das nosas terras e no noso
microclima de bocarribeira, que non valían tódolos terreos para cultivalo. E
logo estaba a súa simbiose coa lá, produción na que tamén fomos punteiros,
tanto en calidade como en cantidade.
Certo é que daba traballo, moito, pero o liño de
Castroverde era tan bo, tan fino e tan suave, que aínda se ven por aí, en casas
coidadosas, espléndidas sabas de dobre ancho convertidas en mantelerías de
luxo.
Para lembrarlles aquel traballo aos que opinen que os
seus vellos pasaban a vida a contos, co único coidado de catro vaquiñas, aquí
lles vai un resume das sucesivas fases, ¡da horta á saba!
Sementar, e nalgún caso regar;
limpar ou escardar; arrigar ou arrincar, enfeixando; ripar, empozar ou enriar,
estender, recoller; mazar, estrigar, tascar, asedar ou restrelar; fiar, urdir,
ensarillar; branquear, canelar, tecer, e, nalgún caso, abatanar.
Sería desexable conservar, á pública exposición, tal
que nun posible pero pouco probable Museo Etnográfico de Castroverde, polo
menos algún dos instrumentos utilizados nestas faenas, ¡se antes non podrecen
nas palleiras! Principalmente: O ripo, a maza, a espadela, o restrelo, o
fuso e maila roca, a urdidoira, o sarillo, a lanzadeira, o tear...
A liñaza vendíase na feira, igual que se facía co
dentón (cornella do centeo), que para a semente en Castroverde, entre
veciños e amigos, o tradicional era acudir, graciosamente, ás amizades.
Vendíaselles, tanto na antiga feira do liño de Vilabade como seguidamente na
xeral da Vila, aos de lonxe, pois cambiando de terra rexenerábase a especie. Da
liñaza extraíase o aceite de ídem, básico en pinturas, pero tamén se utilizaba
para facer emplastos pectorais. (Do dentón do centeo extraían a ergotina, que
facía milagres nas hemorraxias).
Unha curiosidade: No enrío do liño non se podían
utilizar, por culpa das tintas do tanino, ramas de carballo ou de castiñeiro,
así que o máis usual era arroupar os feixes con ramas de bieiteiro, ancoradas
con pedras limpas, ou cos propios cantos rodados do mesmo río.
-.-
Cadro
do pintor M. Sanmartín,
que podería sintetizarse nesta escena:
que podería sintetizarse nesta escena:
-Avoíño, agora que vou moza, que xa
me veu iso..., iso que lles vén ás mozas, ¿déixasme ir á feira de Carnaval?
-Cando se marcharon teus pais para
Cuba, a por pesos para redimi-los foros, nin eles nin eu nos decatamos de que
ti medrarías, e me achicaría eu..., ¡cargado, abafado, de novas
responsabilidades.
-¡Heime portar ben...!
-Daquela, vai..., ¡sequera sexa
para que teñas algo que contar aos teus netos no día de mañá!
-.-
Clásico autobús de "Feiras e Mercados"
INVENTARIO DE FEIRAS E MERCADOS
na provincia de Lugo,
a últimos do século XX.
na provincia de Lugo,
a últimos do século XX.
Moitas delas hoxe desaparecidas.
Dalgunhas, a últimos do século, só quedaba a Pulpeira, e doutras, nin os
pendellos se conservan. ¡Sic transit gloria mundi!
O Calendario que segue está compulsado co que figura
no "Mintireiro Verdadeiro" de Lugo, edición do ano 2002, que, como é
sabido, sabido e estimado, trátase do devocionario de cabeceira de todo labrego
que se prezase de selo.
Os vellos do lugar dan referencias das feiras que ten
habido en Vilabade, especializada en liño, e tamén en Miranda, e no Páramo,
segundo tradición dos seus patrucios. Non deberon ser grandes suposto que foron
extinguíndose prematuramente, absorbidas, evidentemente, polo auxe da dominical
de Vilariño (Castroverde), que de anual que era a finais do XVIII, pasou a
bisemanal.
O edificio do Mercado Gandeiro de Castroverde
construíuse polos anos 1985 / 6.
Municipios, lugares, e datas de
celebración:
ABADIN. Gontán. Domingo ante derradeiro de cada mes.
ALFOZ. Alfoz, o 25 de xullo. En Carballido, días 13. En Correlos, o 1º mércores.
ABADIN. Gontán. Domingo ante derradeiro de cada mes.
ALFOZ. Alfoz, o 25 de xullo. En Carballido, días 13. En Correlos, o 1º mércores.
ANTAS
DE ULLA. O día 10.
BALEIRA. (Terra de Vales). No Cádavo, día 12.
BARALLA. En Baralla, días 1 e 18. En Sobrado, o día 7.
BARREIROS. O 4º domingo. Unha anual, o 1º de marzo. En Reinante, o 1º venres.
BECERREÁ. A anual, o 12 de decembro. As outras, días 3, 12 e 19.
BÓVEDA. Rubián, días 14 e 29.
CARBALLEDO. Na Barrela, o día 13. En Castro, días 17 e 29.
CASTRO DE REI. O 1º domingo de agosto. Nas Ribeiras do Lea, aos mércores.
CASTROVERDE. Domingos alternos con Meira.
CERVANTES. En Quindous, o día 28.
CERVO. O primeiro domingo, e mailo 16.
CORGO. En Adai, os 13. En Gomeán, o 23.
COSPEITO. En Muimenta, 1º xoves. Feira do Monte, o 1º mércores, e o 3º domingo.
CHANTADA. Días 5 e 21.
O COUREL. En Folgoso, días 1 e 19. En Seoane, 2º e 4º domingos.
FERREIRA DO VALDOURO. Tódolos sábados, e mailo mércores despois do 3º domingo.
FONSAGRADA. 1º e 3º sábados. 20.1, 20.3, 25.4, e 24-6. Ascensión. E despois, 6-7, 15-8, 8-9, 10 setembro; e ao 8 de Samartiño. Tamén 1º e 3º sábados.
FOZ. Tódolos martes. Na Espiñeira, aos 24.
FRIOL. Días 4 e 21. En Cotá, aos 18. En Guimarei, aos 26. En Roimil, día 16.
GUITIRIZ. O derradeiro domingo.
GUNTÍN. En Grolos, día 23. En Lousada, día 5. En Lousadela, día 11. En San Román, día 15
O INCIO. Día 22.
LÁNCARA. En Carracedo, día 24. Na Poboa de S. X., días 2 e 27.
LOURENZÁ. 1º e 3º sábados. Días 9 e 28. Anual, o 9 de outubro.
LUGO. Do 1 ao 10 de outubro (San Froilán). Mercado, tódolos martes e venres. En Nadela, o día 15, e tamén o domingo ante derradeiro.
MEIRA. Domingos alternos con Castroverde.
MONDOÑEDO. 1º de maio. Do 17 ao 20 de Outubro, As San Lucas. 1º e 3º xoves.
MONFORTE. 6, 16, 24, e 30.
MONTERROSO. Feira de Santos, o 1º de novembro. A do queixo. E ao 1 de cada mes.
MURAS. 2º e 4º sábados. Día 9. En Viveiró, os 4º domingos.
NAVIA DE SUARNA. En Navia, 2º domingo, e 29. Tamén o 23-2.
AS NOGAIS. Día 15.
OUROL. No Carme, 1º domingo.
PALAS DE REI. Días 7 e 19.
PANTÓN. En Espasantes, o día 9. En Ferreira, días 1 e 15.
PARADELA. Día 15. En Castro de Rei de Lemos, día 3.
O PÁRAMO. Vilar-Mosteiro, días 10 e 25. Anual, o 10-6.
PARGA. 2º domingo, e mailo día 28.
PASTORIZA. En Reigosa, 2º e 4º sábados.
PEDRAFITA. Días 5 e 21. Tamén o 8-9.
POBOA DO BROLLÓN. 2, 11 e 25.
POL. Hóuboa en Rioxoán. En Mosteiro celebrábase aos 7 e 21; agora: 1º venres de cada mes.
PONTENOVA. Domingos alternos. E tamén o 4 e o 5 de outubro.
PORTOMARÍN. Días 9.
QUIROGA. Días 10 e 27. En Montefurado, os 19.
RÁBADE. Días 2 e 22.
RIBADEO. O 7 de outubro; e mailos mércores.
RIBAS DE SIL. O día 21.
RIBEIRA DE PIQUÍN. En Piquín, o último sábado.
RIOTORTO. Tódolos sábados. Tamén o 2-9, e o 14-10. En Augaxosa, os 14 e 26; tamén o 2º sábado de setembcro.
SAMOS. Día 1. En Lóuzara, día 17.
SAN MIGUEL DE REINANTE. 1º domingo, e derradeiro venres.
SARRIA. 6, 20 e 27. Tamén o 4-4.
SAVIÑAO. En Currelos, os 13 e 26. En Escairón, días 8 e 19.
SOBER. Días 12 e 28. en Canaval, o 17.
TABOADA. Días 4 e 20.
TRABADA. 1º domingo. E tamén 25 e 3o de maio.
TRIACASTELA. Día 28.
O VALADOURO. En Ferreira, aos sábados.
VILALBA. Día 20-12, a dos capóns. 14-10, e mailos martes entre os 15 e 21 de cada mes. 1º domingo e 3º martes.
VIVEIRO. 24 de agosto, e mailo luns de Pascua. 1º e 3º domingos. Días 1 e 15. En Galdo, o 2º domingo.
XERMADE. En Roupar, o día 13. En Momán, días 4 e 19.
XOVE. Día 24 de agosto.
-.-
BALEIRA. (Terra de Vales). No Cádavo, día 12.
BARALLA. En Baralla, días 1 e 18. En Sobrado, o día 7.
BARREIROS. O 4º domingo. Unha anual, o 1º de marzo. En Reinante, o 1º venres.
BECERREÁ. A anual, o 12 de decembro. As outras, días 3, 12 e 19.
BÓVEDA. Rubián, días 14 e 29.
CARBALLEDO. Na Barrela, o día 13. En Castro, días 17 e 29.
CASTRO DE REI. O 1º domingo de agosto. Nas Ribeiras do Lea, aos mércores.
CASTROVERDE. Domingos alternos con Meira.
CERVANTES. En Quindous, o día 28.
CERVO. O primeiro domingo, e mailo 16.
CORGO. En Adai, os 13. En Gomeán, o 23.
COSPEITO. En Muimenta, 1º xoves. Feira do Monte, o 1º mércores, e o 3º domingo.
CHANTADA. Días 5 e 21.
O COUREL. En Folgoso, días 1 e 19. En Seoane, 2º e 4º domingos.
FERREIRA DO VALDOURO. Tódolos sábados, e mailo mércores despois do 3º domingo.
FONSAGRADA. 1º e 3º sábados. 20.1, 20.3, 25.4, e 24-6. Ascensión. E despois, 6-7, 15-8, 8-9, 10 setembro; e ao 8 de Samartiño. Tamén 1º e 3º sábados.
FOZ. Tódolos martes. Na Espiñeira, aos 24.
FRIOL. Días 4 e 21. En Cotá, aos 18. En Guimarei, aos 26. En Roimil, día 16.
GUITIRIZ. O derradeiro domingo.
GUNTÍN. En Grolos, día 23. En Lousada, día 5. En Lousadela, día 11. En San Román, día 15
O INCIO. Día 22.
LÁNCARA. En Carracedo, día 24. Na Poboa de S. X., días 2 e 27.
LOURENZÁ. 1º e 3º sábados. Días 9 e 28. Anual, o 9 de outubro.
LUGO. Do 1 ao 10 de outubro (San Froilán). Mercado, tódolos martes e venres. En Nadela, o día 15, e tamén o domingo ante derradeiro.
MEIRA. Domingos alternos con Castroverde.
MONDOÑEDO. 1º de maio. Do 17 ao 20 de Outubro, As San Lucas. 1º e 3º xoves.
MONFORTE. 6, 16, 24, e 30.
MONTERROSO. Feira de Santos, o 1º de novembro. A do queixo. E ao 1 de cada mes.
MURAS. 2º e 4º sábados. Día 9. En Viveiró, os 4º domingos.
NAVIA DE SUARNA. En Navia, 2º domingo, e 29. Tamén o 23-2.
AS NOGAIS. Día 15.
OUROL. No Carme, 1º domingo.
PALAS DE REI. Días 7 e 19.
PANTÓN. En Espasantes, o día 9. En Ferreira, días 1 e 15.
PARADELA. Día 15. En Castro de Rei de Lemos, día 3.
O PÁRAMO. Vilar-Mosteiro, días 10 e 25. Anual, o 10-6.
PARGA. 2º domingo, e mailo día 28.
PASTORIZA. En Reigosa, 2º e 4º sábados.
PEDRAFITA. Días 5 e 21. Tamén o 8-9.
POBOA DO BROLLÓN. 2, 11 e 25.
POL. Hóuboa en Rioxoán. En Mosteiro celebrábase aos 7 e 21; agora: 1º venres de cada mes.
PONTENOVA. Domingos alternos. E tamén o 4 e o 5 de outubro.
PORTOMARÍN. Días 9.
QUIROGA. Días 10 e 27. En Montefurado, os 19.
RÁBADE. Días 2 e 22.
RIBADEO. O 7 de outubro; e mailos mércores.
RIBAS DE SIL. O día 21.
RIBEIRA DE PIQUÍN. En Piquín, o último sábado.
RIOTORTO. Tódolos sábados. Tamén o 2-9, e o 14-10. En Augaxosa, os 14 e 26; tamén o 2º sábado de setembcro.
SAMOS. Día 1. En Lóuzara, día 17.
SAN MIGUEL DE REINANTE. 1º domingo, e derradeiro venres.
SARRIA. 6, 20 e 27. Tamén o 4-4.
SAVIÑAO. En Currelos, os 13 e 26. En Escairón, días 8 e 19.
SOBER. Días 12 e 28. en Canaval, o 17.
TABOADA. Días 4 e 20.
TRABADA. 1º domingo. E tamén 25 e 3o de maio.
TRIACASTELA. Día 28.
O VALADOURO. En Ferreira, aos sábados.
VILALBA. Día 20-12, a dos capóns. 14-10, e mailos martes entre os 15 e 21 de cada mes. 1º domingo e 3º martes.
VIVEIRO. 24 de agosto, e mailo luns de Pascua. 1º e 3º domingos. Días 1 e 15. En Galdo, o 2º domingo.
XERMADE. En Roupar, o día 13. En Momán, días 4 e 19.
XOVE. Día 24 de agosto.
-.-
Algunhas feiras foron descaradamente sabotadas polos comerciantes con establecemento fixo, na localidade, ou nas súas inmediacións, que coidaron ter mellores ventas se non competían cos tendeiros concorrentes ás mesmas. Á larga, coido que os levou a erro ese egoísmo, freando a actividade da zona respectiva.
Do endomingamento, do acicalado prestado ás feiras,
quedounos este dito de profunda filosofía popular:
Non busques muller na feira,
nin tampouco na romaría;
búscaa na propia casa,
vestida de cada día.
nin tampouco na romaría;
búscaa na propia casa,
vestida de cada día.
Mercurio, para os romanos deus do comercio.
-.-
-.-
Lexislación vixente ao remate do
século XX
sobre
FEIRAS, MERCADOS E PRODUTOS.
sobre
FEIRAS, MERCADOS E PRODUTOS.
Estas traducións, estas reducións, un tanto
esquemáticas, son simplemente indiciarias do contexto legal no que se asentaba
a produción, a distribución, e maila venda dos nosos produtos na época
analizada; quen desexe afondar neste tema, terá que acudir aos correspondentes
textos oficiais, e traducilos a partir do idioma en que foron sancionados.
Constitución Española
Art. 38.- Recoñécese a liberdade de empresa no marco
da economía de mercado.
Art. 45.- 1.- Todos teñen dereito a gozar dun medio
ambiente axeitado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de
conservalo. 2.- Os poderes públicos promoverán a información e a educación dos
consumidores e usuarios, fomentarán as súas organizacións e oiranas nas
cuestións que podan afectar a aqueles, nos termos que a Lei estableza. 3.- No marco
do disposto polos apartados anteriores, a Lei regulará o comercio interior así
como o réxime de autorización de produtos comerciais.
Art. 51.- 1.- Os poderes públicos garantirán a defensa
dos consumidores e usuarios, protexendo, mediante procedementos eficaces, a
seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos dos mesmos. 2.- Os
poderes públicos promoverán a información e maila educación dos consumidores e
usuarios, fomentarán as súas organizacións e oiranas nas cuestións que podan
afectar a aqueles, nos termos que a Lei estableza. 3.- No marco do disposto
polos apartados anteriores, a lei regulará o comercio interior e o réxime de
autorización de produtos comerciais.
Código Civil
Art. 464.- A posesións dos bens mobles adquiridos de
boa fe equivale ao título; etcétera. En canto aso adquiridos na bolsa, feira ou
mercado, ou dun comerciante legalmente establecido e dedicado habitualmente ao
tráfico de obxectos análogos, estarase ao que dispón o Código de Comercio.
Art. 1494.- Non serán obxecto de contrato de venda os
ganados e animais que padezan enfermidades contaxiosas. Calquera contrato que
se fixese respecto deles será nulo.
(Os artigos do C.C. que van do 1484
ao 1499 tratan do saneamento polos defectos ou gravames ocultos da cousa
vendida).
Código
de Comercio
Art. 82.- A Autoridade competente anunciará
o sitio e maila época na que se celebrarán as feiras e tamén as condicións de
policía que deberán observarse nelas. (A este respecto tamén pode verse o
art. 23 do D. de 16-5-1943).
Art. 83.- Os contratos de compravenda celebrados nas
feiras poderán ser ao contado ou a prazos; os primeiros terán que cumprirse no
mesmo día da súa celebración, ou, a máis tardar, nas 24 horas seguintes.
Pasadas estas sen que ningún dos contratantes teña reclamado o seu cumprimento,
consideraranse nulos, e os gaxes, sinais ou arras que mediaren quedarán a favor
de que os houbese recibido.
Art. 84.- As cuestións que se susciten nas feiras
sobre contratos celebrados nelas, decidiranse en xuízo verbal polo Xuíz
Municipal do lugar, sempre que o valor da cousa litixiosa non exceda de 1.500
pesetas. (Pódese ver o art. 1.500 do C. Civil).
Art. 85.- A compra de mercadorías en almacéns ou en
tendas abertas ao público causará prescrición de dereito a favor do comprador
respecto das mercadorías adquiridas, quedando a salvo, no seu caso, os dereitos
do propietario dos obxectos vendidos para exercita-las accións civís ou
criminais que podan corresponderlle contra o que llas vendese indebidamente.
Art. 87.- As compras e as vendas verificadas no
establecemento presumiranse sempre feitas ao contado, salvo proba en contrario.
Lei de Defensa da Competencia.
(É do 17-7-1989, número 16/89; BOE
do día 18, núm. 170)
No Título I trata das condutas prohibidas e das
autorizadas. Vexamos algunha das prohibidas:
1.- Prohíbese todo acordo, decisión ou recomendación
colectiva, ou práctica concertada e conscientemente paralela, que teña por
obxecto, produza ou poda produci-lo efecto de, impedir, restrinxir, ou
falsea-la competencia en todo ou en parte do mercado nacional e, en particular,
os que consistan en:
a) A fixación, de forma directa ou indirecta, de
prezos ou de outras condicións comerciais ou de servizo.
b) A limitación ou o control da produción, a
distribución, o desenvolvemento técnico ou as inversións.
c) O reparto do mercado ou das fontes de
aprovisionamento. Etcétera.
Art. 50.- Supletoriedade da Lei de Procedemento
Administrativo.- No que non estea previsto expresamente nesta Lei ou nas
disposicións regulamentarias (da mesma), o Tribunal e o Servizo de Defensa da
Competencia axustarán a súa actuación aos preceptos da Lei de Procedemento
Administrativo e ás normas xerais que a desenvolvan, que en todo caso terán
carácter supletorio.
Código Alimentario Español
(Aprobado por Decreto 2.484/1967)
É aconsellable telo nas casas,
particularmente se se é produtora de artigos agroalimentarios, pero como está tan adicionado
por unha serie complexa de disposicións posteriores, amén das Directivas
Comunitarias, que se expandiron neste ámbito, non está de máis manterse en
contacto cunha Biblioteca Pública, ou cun Asesor especializado, para o estudo
de casos concretos.
Manuais de Formación Municipal
Os labregos, empresarios en definitiva, deben estar ao
corrente das Ordenanzas do seu Concello que lles podan afectar en calquera
aspecto da súa actividade. Tamén son accesibles os Manuais de Formación
Municipal. Lembremos que cada cidadán con inquietudes culturais, maiormente no
rural, onde a confección das listas é máis dificultosa por razóns obvias, é un
Concelleiro potencial.
Compilación de Dereito Civil
Especial de Galicia
¿Sabía o lector que un grupo de xuristas galegos lle
meteu un gol en propia portería ao seu Caudillo? ¡Tal cal! Baseándose nos
acordos do Congreso Jurídico Español de outubro do ano 1946, e a pretexto de ir
preparando un Código que rexese para toda España, recollendo as institucións
aproveitables do "Derecho Foral", van uns cantos galegos e, ¡zas!,
obtiveron que lles sancionase unha "Compilación del Derecho Civil Especial
en Galicia". Lei 2-12-1963 (Rep. Leg. 2.254).
Pois, ao que íamos:
O artigo 73 desta "Compilación", di que,
"La valoración del ganado al comenzar la aparcería se hará de mutuo
acuerdo, y, a falta de este, se hará por el valor más alto que se ofrezca por
el ganado en la feria más próxima".
Polos anos 40 / 50 esta institución do gando en
"aparcería" aínda estaba en pleno auxe nesta provincia de Lugo, e moi
particularmente en Castroverde, a pesares do seu esplendor tradicional e da súa
especialización gandeira, pero a poboación era moi densa para o desenvolvemento
económico que tiñan daquela, así que ata que se foron producindo novas
emigracións, e se reduciu bastante a natalidade, a recuperación levada a termo
despois da Guerra Civil foi lentísima. Por estas causas, moitas familias
subsistiron grazas ao traballo a domicilio, pagado en especie, pan, castañas e
patacas, en paralelo coas vacas de cabana; todo iso, obviamente, dun
xeito faragulleiro.
A norma institucional básica do Ordenamento galego é o
Estatuto de Autonomía para Galicia,
aprobado pola Lei Orgánica do 6 de Abril de 1981, que
no seu artigo 27, parágrafo cuarto, sinala que corresponde á Comunidade
Autónoma galega a competencia exclusiva en materia de "conservación,
modificación e desenvolvemento das institucións de Dereito Civil galego".
Suxírese a posesión, maiormente no rural, dun
libro/libros que traten deste tema, pero actualizados, porque, ademais da Lei
de Dereito Civil de Galicia do 24-5-1995, sancionáronse ultimamente outras leis
especiais de claro contido xurídico-privado. Un libro, de varios autores, que
trata este asunto con certa profundidade, é o "Manual de Derecho Civil
Gallego", editado en 1999 pola Editorial COLEX. (Por iso se menciona aquí,
sen outro interese publicitario, xa que a edición consultada é histórica, do
século XX, momento, época, á que nos vimos referindo).
Regulación da venda directa do
leite e produtos derivados
A O.M. que regulaba a aplicación e maila cobranza da
taxa suplementaria no sector lácteo entrou en vigor o día 1-4-1993.
Todo isto do leite é un tema de especial interese para
os nosos gandeiros, así que, -coido-, o que lles interesa non é o pasado senón
o futuro.
Concentración Parcelaria
Ao remate do século XX estábase aplicando a Lei
10/1985, do 14 de agosto, que foi substituída/refundida pola Lei 12/2001, do 10
de setembro, publicada no DOG do 29 de outubro do 2001, núm. 209.
Tratado da Unión Europea
O seguinte é un dos seus considerandos principais:
"... resoltos a logra-lo esforzo e a converxencia das súas economías e a
crear unha unión económica e monetaria que inclúa, de conformidade co disposto
no presente Tratado, unha moeda estable e única..."
(A moeda "estable e única" logrouse coa
posta en circulación do EURO; ata qué punto nos favoreceu/prexudicou sería
longo de contar, e logo que é un asunto bastante subxectivo).
En canto á coordinación das políticas económicas
estipulouse que: Os Estados membros considerarán as súas políticas económicas
como unha cuestión de interese común e coordinaranas no seo do Consello de
Ministros, con subxección ás orientacións xerais que estableza o Consello
Europeo. Co fin de garantir unha estreita colaboración e supervisión das
políticas económicas dos Estados membros, o Consello procederá periodicamente,
sobre a base dos informes presentados pola Comisión, á vixilancia multilateral
da evolución económica de cada un dos países membros da Comunidade. Se se
comproba que a política económica dun Estado membro contradí as orientacións
xerais elaboradas polo Consello Europeo, o Consello de Ministros poderá, por
maioría cualificada, formula-las necesarias recomendacións, que no seu caso
tamén poderán ser feitas públicas.
A Unión Europea vén a ser a feira
das feiras, ¡a feira continental!, así que non hai que perder de vista a súa
evolución: Sabemos de onde vimos, que aquí o estamos relembrando, sequera sexa
sucintamente, pero non a onde imos, pois , hoxe por hoxe, nisto, aínda estamos
verdes, ¡e non só os do Castroverde! Polo antedito hai que estar atentos á
normativa que vaia elaborando e aprobando a susodita Unión.
Tratado polo que se tenta establecer unha auténtica e completa
CONSTITUCIÓN para EUROPA
Por unha banda, que nos foi sometida a votación
recentemente, xa no século XXI; e por outra, que aínda están dubitativos ao
respecto países de certa potencialidade económica e de poboamento, así que, ¡Ojo
al parche!, como lles dicía Millán Astray aos seus lexionarios cando os
arriscaba nas batallas. Toda decisión político - económica ten os seus riscos,
pero a humanidade está na terra para arriscarse, para esforzarse, que sen
zancadas non hai progreso. ¡O camiño faise andando!
De chegados aquí, como se dicía nos libros antigos:
¡O que veña despois, que o escriba
o lector!
.../...
Pasa a
AS FEIRAS ...
-III-
Xosé María Gómez Vilabella
No hay comentarios:
Publicar un comentario